SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 2
Descargar para leer sin conexión
Comunicado do Consello Escolar do IES Illa de Arousa
Chegou ao noso centro comunicación da Consellaría de Educación de que, de cara ao curso 13-14
teríamos unha redución de profesorado: de 24 docentes pasaríamos a ter 21, unha diminución do
12'5 %. Nin sequera chegan a cubrir o Equipo Directivo do centro, pois dotan con dúas prazas o
traballo de tres persoas, habendo como hai profesorado que, tendo a praza gañada, ve cada mes
de Setembro que non ten destino de traballo. A perda de profesorado non é de agora: hai catro
anos o centro contaba con 27 docentes. Até onde vai seguir a redución? A canto pasaremos o
curso que vén?
Un 12'5 % de profesorado é só unha porcentaxe, mais ten consecuencias reais en persoas reais: o
noso alumnado. Nos centros escolares non se traballa envasando mexillón, ou montando
cadeiras, trabállase con persoas.
O primeiro efecto deste corte vai ser que imos ter dous grupos con case 30 alumn@s, con 9
alumn@s cada un en risco de abandono académico. Non poder reducir a ratio destes grupos
implica, desde a nosa experiencia profesional, que aquelas que máis axuda precisan van ter moi
difícil recibila.
Dísenos que temos que reducir as medidas de atención à diversidade. Con este recorte temos
que ELIMINALAS de 1º ESO a 3º ESO, o que pon en perigo a titulación de alumnas e alumnos que
teñen nomes e apelidos, que non son números. Parece que o alumnado está a ser privilexiado
por recibir atención, e de paso, o noso centro. Porén é un dereito que lles recoñece a lei e que
ten como obxectivo reducir os índices de Fracaso Escolar.
Véndennos o Espazo Abalar como un dos proxectos estrela da Consellaría cando a oferta de horas
non dá para cubrir nin a persoa coordinadora. Pensan que 120 equipos informáticos igual poden
ser controlados co pensamento.
Con esta dotación quedaríamos sen horas para a Biblioteca Escolar. Para que se anima aos
centros a participar no PLAMBE? As bibliotecas funcionan co esforzo do profesorado e, polo
menos no noso centro, adícanselle máis horas das asignadas. Cren que eliminando as horas de
biblioteca podemos sacar adiante Proxectos Interdisciplinares como o deste ano? Facer funcionar
tres Clubs de Lectura? Como queren que fomentemos a lectura coa biblioteca pechada?
No noso centro contamos cunha Horta Escolar que funciona co esforzo voluntario de alumnado e
profesorado. Contabamos no horario con dúas horas semanais (dúas!) para coordinación dos
traballos. Seica ninguén nos manda facer iso e, por tanto, non temos dereito a esas horas.
De analizarmos o factor convivencia nestes cursos pasados, vemos que a Biblioteca e a Horta
contribúen a reducir a conflitividade durante os recreos. Ademais, a Comisión de Convivencia
traballa todas as semanas, mes a mes, para solucionar todo tipo de conflitos, atendendo a
alumnado e familias. Resultado: un só expediente disciplinario en todo o curso. Mais resulta que
as tres horas semanais desa Coordinación (tres!), tamén están de máis. Despois aos nosos xefes
se lles enche a boca falando de medidas contra o acoso escolar...
A sensación que nos queda é que os centros onde hai implicación no traballo son castigados por
facer de máis. Quen lles manda! Sinceramente, cremos que iso é o que quere a nosa
administración, desprestixiar a educación pública para que as familias renuncien a ela.
Por que non se fan estudos reais das necesidades dos centros, tendo en conta índices de fracaso
escolar, ISEC das familias, actividades complementarias ofertadas, en vez de reducir todo a unha
simple ecuación de tant@s nen@s, tant@s docentes?
Con aulas a 28 alumn@s, sen medidas de atención à diversidade para aqueles/as con
dificultades, e sen actividades complementarias, non é preciso ter experiencia docente para
saber que os centros escolares se verán convertidos en auténticos polvoríns. E a culpa será nosa:
do profesorado que non é profesional de abondo para aproveitar o potencial de aprendizaxe do
alumnado; e das familias, que non se implican na educación das súas fillas e fillos.
Arousa, 10 de Xullo de 2013

Más contenido relacionado

Destacado

Listado libros de texto curso 2013 2014
Listado libros de texto curso 2013 2014Listado libros de texto curso 2013 2014
Listado libros de texto curso 2013 2014Illa Tecnoloxia
 
O Renacemento
O RenacementoO Renacemento
O RenacementoIolanda
 
Tarefas inicio
Tarefas inicioTarefas inicio
Tarefas inicioIolanda
 
Calendario exames setembro 2014
Calendario exames setembro 2014Calendario exames setembro 2014
Calendario exames setembro 2014Ies Numeroun
 
Proposta Plan Lingüístico de Centro
Proposta Plan Lingüístico de CentroProposta Plan Lingüístico de Centro
Proposta Plan Lingüístico de CentroSusana Arins
 
A actividade económica
A actividade económicaA actividade económica
A actividade económicaIolanda
 
Obradoiro de papel reciclado
Obradoiro de papel recicladoObradoiro de papel reciclado
Obradoiro de papel recicladoIlla Tecnoloxia
 

Destacado (12)

Listado libros de texto curso 2013 2014
Listado libros de texto curso 2013 2014Listado libros de texto curso 2013 2014
Listado libros de texto curso 2013 2014
 
O Renacemento
O RenacementoO Renacemento
O Renacemento
 
Tarefas inicio
Tarefas inicioTarefas inicio
Tarefas inicio
 
Calendario exames setembro 2014
Calendario exames setembro 2014Calendario exames setembro 2014
Calendario exames setembro 2014
 
Hoxe conñecín a Uxío Novoneyra
Hoxe conñecín a Uxío NovoneyraHoxe conñecín a Uxío Novoneyra
Hoxe conñecín a Uxío Novoneyra
 
Proposta Plan Lingüístico de Centro
Proposta Plan Lingüístico de CentroProposta Plan Lingüístico de Centro
Proposta Plan Lingüístico de Centro
 
A actividade económica
A actividade económicaA actividade económica
A actividade económica
 
Lajartiño13
Lajartiño13Lajartiño13
Lajartiño13
 
Estrategias de Precio
Estrategias de PrecioEstrategias de Precio
Estrategias de Precio
 
Obradoiro de papel reciclado
Obradoiro de papel recicladoObradoiro de papel reciclado
Obradoiro de papel reciclado
 
Ollos de aula. Nº 8
Ollos de aula. Nº 8Ollos de aula. Nº 8
Ollos de aula. Nº 8
 
Lomce
LomceLomce
Lomce
 

Similar a Comunicado consello escolar_ies_illa_arousa

Revista quinsa xxii definitivo.
Revista quinsa xxii definitivo.Revista quinsa xxii definitivo.
Revista quinsa xxii definitivo.fjsi69
 
Memoria biblio2019
Memoria biblio2019Memoria biblio2019
Memoria biblio2019vilabarreiro
 
Memoria biblio2020
Memoria biblio2020Memoria biblio2020
Memoria biblio2020vilabarreiro
 
Cuestionario De Convivencia Pais
Cuestionario De Convivencia PaisCuestionario De Convivencia Pais
Cuestionario De Convivencia Paismgvaamonde
 
Intercambios de experiencias de boas prácticas
Intercambios de experiencias de boas prácticasIntercambios de experiencias de boas prácticas
Intercambios de experiencias de boas prácticasLoudes Otero
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimirOllos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimirCoordinadora Galega ENDL
 
Memoria Somos quen. 2022-23.pdf
Memoria Somos quen. 2022-23.pdfMemoria Somos quen. 2022-23.pdf
Memoria Somos quen. 2022-23.pdfvilabarreiro
 
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 

Similar a Comunicado consello escolar_ies_illa_arousa (16)

Revista quinsa xxii definitivo.
Revista quinsa xxii definitivo.Revista quinsa xxii definitivo.
Revista quinsa xxii definitivo.
 
Memoria biblio2019
Memoria biblio2019Memoria biblio2019
Memoria biblio2019
 
Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)
Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)
Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)
 
Memoria biblio2020
Memoria biblio2020Memoria biblio2020
Memoria biblio2020
 
Ollos de aula. Nº 9
Ollos de aula. Nº 9Ollos de aula. Nº 9
Ollos de aula. Nº 9
 
Cuestionario De Convivencia Pais
Cuestionario De Convivencia PaisCuestionario De Convivencia Pais
Cuestionario De Convivencia Pais
 
Intercambios de experiencias de boas prácticas
Intercambios de experiencias de boas prácticasIntercambios de experiencias de boas prácticas
Intercambios de experiencias de boas prácticas
 
Carta aos pais do IES As Lagoas
Carta  aos pais do IES As LagoasCarta  aos pais do IES As Lagoas
Carta aos pais do IES As Lagoas
 
Escrito aos pais
Escrito aos paisEscrito aos pais
Escrito aos pais
 
Escrito aos pais
Escrito aos paisEscrito aos pais
Escrito aos pais
 
Escrito aos pais do IES As Lagoas
Escrito aos pais do IES As LagoasEscrito aos pais do IES As Lagoas
Escrito aos pais do IES As Lagoas
 
Escrito aos pais
Escrito aos paisEscrito aos pais
Escrito aos pais
 
Albares 2016
Albares 2016Albares 2016
Albares 2016
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimirOllos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
 
Memoria Somos quen. 2022-23.pdf
Memoria Somos quen. 2022-23.pdfMemoria Somos quen. 2022-23.pdf
Memoria Somos quen. 2022-23.pdf
 
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 

Más de Illa Tecnoloxia

Más de Illa Tecnoloxia (10)

Tecno b i_ie_u01
Tecno b i_ie_u01Tecno b i_ie_u01
Tecno b i_ie_u01
 
Obradoiro de papel reciclado
Obradoiro de papel recicladoObradoiro de papel reciclado
Obradoiro de papel reciclado
 
Obradoiro de papel reciclado
Obradoiro de papel recicladoObradoiro de papel reciclado
Obradoiro de papel reciclado
 
Proba 6
Proba 6Proba 6
Proba 6
 
Boletín 1 Pneumática 4º ESO
Boletín 1 Pneumática 4º ESOBoletín 1 Pneumática 4º ESO
Boletín 1 Pneumática 4º ESO
 
Transxénicos
TransxénicosTransxénicos
Transxénicos
 
Transxénicos Greenpeace
Transxénicos GreenpeaceTransxénicos Greenpeace
Transxénicos Greenpeace
 
Nuclear
NuclearNuclear
Nuclear
 
Google avanzado
Google avanzadoGoogle avanzado
Google avanzado
 
Pedido 1 Final
Pedido 1 FinalPedido 1 Final
Pedido 1 Final
 

Comunicado consello escolar_ies_illa_arousa

  • 1. Comunicado do Consello Escolar do IES Illa de Arousa Chegou ao noso centro comunicación da Consellaría de Educación de que, de cara ao curso 13-14 teríamos unha redución de profesorado: de 24 docentes pasaríamos a ter 21, unha diminución do 12'5 %. Nin sequera chegan a cubrir o Equipo Directivo do centro, pois dotan con dúas prazas o traballo de tres persoas, habendo como hai profesorado que, tendo a praza gañada, ve cada mes de Setembro que non ten destino de traballo. A perda de profesorado non é de agora: hai catro anos o centro contaba con 27 docentes. Até onde vai seguir a redución? A canto pasaremos o curso que vén? Un 12'5 % de profesorado é só unha porcentaxe, mais ten consecuencias reais en persoas reais: o noso alumnado. Nos centros escolares non se traballa envasando mexillón, ou montando cadeiras, trabállase con persoas. O primeiro efecto deste corte vai ser que imos ter dous grupos con case 30 alumn@s, con 9 alumn@s cada un en risco de abandono académico. Non poder reducir a ratio destes grupos implica, desde a nosa experiencia profesional, que aquelas que máis axuda precisan van ter moi difícil recibila. Dísenos que temos que reducir as medidas de atención à diversidade. Con este recorte temos que ELIMINALAS de 1º ESO a 3º ESO, o que pon en perigo a titulación de alumnas e alumnos que teñen nomes e apelidos, que non son números. Parece que o alumnado está a ser privilexiado por recibir atención, e de paso, o noso centro. Porén é un dereito que lles recoñece a lei e que ten como obxectivo reducir os índices de Fracaso Escolar. Véndennos o Espazo Abalar como un dos proxectos estrela da Consellaría cando a oferta de horas non dá para cubrir nin a persoa coordinadora. Pensan que 120 equipos informáticos igual poden ser controlados co pensamento. Con esta dotación quedaríamos sen horas para a Biblioteca Escolar. Para que se anima aos centros a participar no PLAMBE? As bibliotecas funcionan co esforzo do profesorado e, polo menos no noso centro, adícanselle máis horas das asignadas. Cren que eliminando as horas de biblioteca podemos sacar adiante Proxectos Interdisciplinares como o deste ano? Facer funcionar tres Clubs de Lectura? Como queren que fomentemos a lectura coa biblioteca pechada? No noso centro contamos cunha Horta Escolar que funciona co esforzo voluntario de alumnado e profesorado. Contabamos no horario con dúas horas semanais (dúas!) para coordinación dos traballos. Seica ninguén nos manda facer iso e, por tanto, non temos dereito a esas horas. De analizarmos o factor convivencia nestes cursos pasados, vemos que a Biblioteca e a Horta contribúen a reducir a conflitividade durante os recreos. Ademais, a Comisión de Convivencia traballa todas as semanas, mes a mes, para solucionar todo tipo de conflitos, atendendo a alumnado e familias. Resultado: un só expediente disciplinario en todo o curso. Mais resulta que as tres horas semanais desa Coordinación (tres!), tamén están de máis. Despois aos nosos xefes se lles enche a boca falando de medidas contra o acoso escolar...
  • 2. A sensación que nos queda é que os centros onde hai implicación no traballo son castigados por facer de máis. Quen lles manda! Sinceramente, cremos que iso é o que quere a nosa administración, desprestixiar a educación pública para que as familias renuncien a ela. Por que non se fan estudos reais das necesidades dos centros, tendo en conta índices de fracaso escolar, ISEC das familias, actividades complementarias ofertadas, en vez de reducir todo a unha simple ecuación de tant@s nen@s, tant@s docentes? Con aulas a 28 alumn@s, sen medidas de atención à diversidade para aqueles/as con dificultades, e sen actividades complementarias, non é preciso ter experiencia docente para saber que os centros escolares se verán convertidos en auténticos polvoríns. E a culpa será nosa: do profesorado que non é profesional de abondo para aproveitar o potencial de aprendizaxe do alumnado; e das familias, que non se implican na educación das súas fillas e fillos. Arousa, 10 de Xullo de 2013