1. Ciencias do mundo contemporáneo 1ºBAC A I.E.S ANXEL FOLE
José Luis Carballeira de Benito Nº 2 Rubén López Gómez Nº 14
Carlos Castro García Nº 3 Brais López Quijada Nº 16
Miguel Ángel Fernández Rodríguez Nº 8 Jairo Méndez Sánchez Nº 18
Jonathan Gómez Fernández Nº 13
2. Guión:
1. Introdución:
Título: “O Universo: compoñentes.”
Introdución: En este traballo falamos un a un dos compoñentes que forman o
universo.
2. Definición do Universo:
-Tamaño
-Forma
-Composición (Gráfica coa porcentaxe dos compoñentes do universo)
3. Galaxias. Os elementos que forman o Universo.
4. Información sobre os diversos compoñentes do universo (Materia Oscura, Enerxía
escura, Hidróxeno e Helio, Estrelas, Neutrinos e Corpos Celestes).
5. Relación do traballo con outros temas.
6. Conclusión, reflexión personal.
7. Fontes de información.
3. O universo
• Definición: O Universo é a suma de todo o que existe coas súas
correspontentes leis físicas; esto engloba ao tempo, ó espacio, á materia, á
enerxía, etc.
• Tamaño: Moi pouco se coñece con certeza sobre o tamaña do universo. Pode
ter unha lonxitude de billóns de anos luz ou incluso ter un tamaño infinito.
• Forma: Unha pregunta importante aberta en cosmoloxía é a forma do
Universo. Actualmente moitos cosmólogos creen que o universo observable está
moi preto de ser especialmente plano.
4. As Galaxias
Definición: Denomínase co término de Galaxia a cada unha das agrupación
de estrelas, nebulosas, polvo interestelar, planetas, partículas e gases que se
encontras esparcidos por todo o Universo e que se encontran unidos entre si
gravitacionalmente.
Tipos de Galaxias:
-Elípticas: Son aquelas que seu contorno forman dende unha esfera ata unha elipse.
-Lenticulares: Cuxa forma exterior é unha elipse aplastada sen ningunha estrutura
espiral, unha condensación central noble e unha envoltura extensa.
-Espirales: De forma moi aplastada, os seus brazos forman unha espiral.
-Irregulares: Son estrels e nubes oscuras de materia, con apariencia desordeada.
Vía Láctea: A Vía Láctea é a galaxia onde se atopa o Sistema Solar e polo
tanto o noso planeta, é unha galaxia de tipo espiral
5. Composición do Universo
Enerxía Escura
Materia Escura
Hidróxeno e Helio
Estrelas
Neutrinos
Corpos Celestes
6. Hidróxeno e helio
De cada 1000 átomos, aproximadamente, tomados
ao azar no Universo, 839 son de hidróxeno, 159 de
helio e apenas 2 de outros elementos máis pesados.
O hidróxeno é o elemento máis livián, simple e
abundante que existe na natureza. O seu átomo está
formado por un só protón no centro e un electrón
que xira ao seu redor. Atópase no Universo
principalmente en 3 formas: neutro, ionizado e
molecular.
O helio, en maior parte, orixinouse despois do Big
Bang mentres que só un 15% sería o resultado das
reacción nucleares que se levan a cabo no interior
das estrelas.
7. Enerxía escura
Enerxía escura
Este é o maior misterio da cosmoloxía actual. A enerxía
escura é unha presencia misteriosa que ofrece a mellor
explicación ata o momento acerca do porqué da expansión do
Universo de forma tan acelerada. No modelo de cosmoloxía
actual , a enerxía escura conforma o 65% do total da masa-
enerxía do Universo. Hoxe en día propóñense dúas hipóteses
explicativas posibles para a enerxía escura: a constante
cosmolóxica (unha densidade enerxética que preenchería o
espazo de forma homoxénea) e a "quintesencia" (un campo
dinámico cuxa densidade enerxética podería variar no tempo e
no espazo).
Os científicos coinciden en que ten baixa densidade, (10-29
gramos por centímetros cúbico), e non interactúa coas forzas
fundamentais agás a gravidade.
8. Materia escura
É unha forma de materia hipotética
que ten máis masa que a materia
visible, pero que a diferencia desta
última non interactúa coa forza
electromagnética. Os científicos
infiren a súa presencia porque ten
efectos gravitacionais na materia
visible. Por exemplo, as velocidades de
rotación das galaxias, as velocidades
orbitais das galaxias dentro dos
cúmulos e a distribución das
temperaturas dos gases das galaxias
apuntan a que ten que haber algo
máis alí. Ao parecer, o 30% do
universo está formado de materia
escura. Descubrir a súa natureza é
unha das metas máis importantes da
astronomía moderna.
9. Estrelas
As estrelas son masas de gases, principalmente
hidróxeno e helio, que emiten luz. Encontranse
a temperaturas muy elevadas e no seu interior
hai reaccións nucleares.
O número de estrelas observables a simple
vista dende a Terra calculouse nunhas 8.000, a
metade en cada hemisferio.
Hai diferentes criterios para clasificar as
estrelas:
•Clasificación gravitacional de estrelas
•Clasificación segundo magnitudes
•Clasificación por tipos espectrais
•Clasificación por clases de luminosidade
10. Neutrinos s
Os neutrinos son partículas subatómicas de tipo
fermiónico, sen carga e espín ½.
Estas partículas descubríronse a finales da década
dos cincuenta nunha central nuclear. Diferencianse
en tres tipos: o neutrino de electrón (o máis
corrente), o muónico e o tau.
Caracterízanse por ter unha masa moi pequena e
iteraccionan moi pouca coa materia.
11. Corpos Celestes
•Planetas: Elemento que orbita ao redor dunha estrela e ten forma
practicamente esférica (aplanada nos polos)
•Satélites: Calquera obxecto que orbita ao redor dun planeta, de menor
tamaño que este e acompañao no camiño que segue ao redor da estrela
sobre a que orbitan.
•Asteroides: Conxuno de elementos rochosos ou metálicos que orbitan ao
redor dunha estrela, xeralmente agrupados nun cinturón principal.
Dependendo do tamaño poden chegar a denominarse como planetas
menores.
•Cometas: Corpos constituídos por rochas e xeo que orbitan seguindo
diferentes traxectorias tomando unha estrela como o centro do seu
movento.
12. Relación do tema con outra disciplina:
'La Noche Estrellada' é posiblemente un
dos óleos máis coñecidos de Vicent van
Gogh. Unha obra mestra que o autor
pintou de memoria, a luz do día no
sanatorio Saint-Rémy-de-Provence.
Debuxado desde o seu cuarto trece
meses antes do seu suicidio, representa a
paisaxe idealizada que van Gogh veía
desde a fiestra do cuarto onde estaba
recluído.
E para descifrar que espiral, cometa ou
resto de supernova están ocultas no
óleo, un grupo de “Cazadores de
tesouros en Internet” crearon este
maravilloso collage:
13. É fácil distinguir a galaxia do remolino:
Se observas atentamente poderás
atopar neste ceo estrelado á
nebulosas como “a do esquimal”:
Unha das galaxias espirales máis
coñecidas e brillantes do
firmamento, visible cuns simples
prismáticos.
14. Ou tamén “a da formiga”: Pero tamén poderás divisar galaxias
como a de “Cartwheel”:
Estrelas luminosas dunha bóveda celeste que xurdiron da imaxinacióndunxenio.
15. Canción infantil do Universo:
• http://www.youtube.com/watch?feature=play
er_detailpage&v=w7ase4U1ePc
16. Reflexión persoal:
En resumo o que coñecemos do Universo é unha pequena parte xa que non
coñecemos con certeza a súa forma, o seu tamaño…, ademais tampouco sabemos
con total seguridade a porcentaxe exacta dos compoñentes que forman o
Universo.
Por outra parte hai varias teorías da orixe do universo e ningunha se sabe ao 100%
que sexa certa.
Pese a que hai moita xente traballando en descubrir todas estas incógnitas, parece
moi lonxano o chegar a ter información completa de todo o Universo, xa que nin
se quera sabemos se o Universo é infinito e polo tanto nunca se chegaría a
descubrir todo.