SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 13
Descargar para leer sin conexión
Todos contra
o acoso escolar
CEIP Coutada Beade
Departamento de orientación
Comisión de convivencia
Que é o acoso?
Consiste en que un alumno ou un grupo ataca,
amola, molesta, abusa, chantaxea, … a outro
compañeiro mais débil, unha e outra vez, de
maneira reiterada.
Se o teu fillo é o maltratado:
 Tranquilízao e dálle apoio. Faille ver que el non
ten culpa.
 Planifica con el estratexias para acabar coa
situación, por exemplo:
o Pedirlle que evite o contacto coas persoas
agresoras.
o Que busque protección no círculo de
amizades.
o Que evite os lugares nos que se pode
producir o maltrato.
 Aclararlle que vos non tedes medo nin
calaredes. O voso exemplo é importante.
 Informa ao centro para que inicien as medidas
que eliminen o maltrato e preveñan futuras
reincidencias. Insiste en que manteñan o
anonimato.
 Non incites ao teu fillo a solucionar só o
problema, nin o fagas ti.
Se o teu fillo é o maltratador:
 Pídelle que abandone a súa conduta e mostrarlle que
estades en contra dese comportamento. Explícalle as
consecuencias e que se poña no lugar da vítima..
 Ofrécelle o teu apoio. Explícalle que entender o porqué
dos seus comportamentos non é o mesmo que
xustificalos.
 Pídelle que rompa os seus vínculos coas persoas que
participan tamén no maltrato.
 Establece as correccións derivadas da súa conduta.
Ensínalle a asumir as propias responsabilidades.
 Informa ao profesor titor da situación do teu fillo. Pide
axuda e consello.
 Valora e mantén os avances do teu fillo. Mantén contacto
co centro e colabora nas intervencións que se realicen.
Se o teu fillo é testigo do maltrato:
 Se presenza actos de maltrato e non fai nada por axudar
á vítima, debes explicarlle que o seu comportamento non
é solidario, que sempre hai que axudar aos máis débiles.
 Anímao a que non cale e non ignore os efectos da
violencia, que se poña no lugar da vítima.
 Faille entender que, aínda que non agrede directamente a
ninguén, está implicado moralmente, porque colabora a
que eses feitos se sigan producindo.
 Axúdalle a contar os feitos ao profesorado. Non pode
existir unha lei do silencio nestes casos; debe ter moi
claro que isto non é “chivarse”, senón axudar.
O noso colexio ante
o acoso escolar
CEIP Coutada Beade
Departamento de orientación
Observatorio da convivencia
COMO ACTUAMOS CONTRA O ACOSO?
•Profesores, alumnos ou familias informan a
dirección
•Aténdese á victima, infórmase ás familias e
desígnase ao responsable da investigación
1º: ENTERÁMONOS DUN CASO
•Falamos coa vítima, co acosador, cos
expectadores e coas familias
•Pedimos asesoramento a algún especialista
2º: RECOLLEMOS INFORMACIÓN
•Adoptamos correccións e medidas reeducadoras
para os agresores
•Protexemos e apoiamos á vítima
•Tomamos medidas co resto do alumnado, familias
e profesorado
3º: ACTUAMOS
•Vemos se as medidas foron efectivas
•Vixiamos a posible reaparición
4º: AVALIAMOS E VIXIAMOS
AS FORMAS DO ACOSO
Aínda que todos temos unha idea do que pode ser o acoso,
debedes saber que na escola consideramos os seguintes
tipos:
Acoso verbal
Agresións repetidas como insultar, poñer motes, falar
mal de alguén ás súas costas, ameazar, …
Acoso físico
Agresións repetidas de tipo : pegar, romperlle cousas,
roubarlle, agacharlle obxectos persoais, obrigarlle a
facer algo,...
Acoso social
Accións repetidas consistentes en excluír a alguén do
grupo, marxinalo, non deixarlle participar…
Ciberacoso
Accións de acoso empregando medios como o móbil,
ordenador, ou tablet, a través de internet. As accións
consisten en ameazas, insultos, rumores
difamatorios, difusión de imaxes denigrantes, etc.
¿SABÍAS QUE…?
 O colexio debe intervir aínda que as
agresións sexan fóra do centro, ou
incluso fóra do horario escolar.
 Existe un protocolo de convivencia
onde se establecen as normas de
actuación en caso de abusos e acoso.
 Os insultos a través de móbil, ou
ordenador, tamén son considerados
agresións (ou acoso cando se repiten)
 No colexio Coutada funciona dende hai
mais de 15 anos un plan contra o acoso
escolar, coordinado polo Observatorio da
Convivencia, e organizamos
periódicamente actividades de
prevención.
 Nestes casos o ideal é acudir ao centro e
informar, pero tamén existe o teléfono
gratuíto 900 018 018.
Prevención do
acoso escolar
CEIP Coutada Beade
Departamento de orientación
Comisión de convivencia
BASTA
DE ACOSO
NON QUEDES
CALADO
Testigos
Agresor
Vítima
PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOLAR
Cando falamos de previr o maltrato non só falamos de ter un fillo que o
sufra, senón de evitar que
sexa calquera das
persoas implicadas
nun acoso: a vítima,
o agresor ou
agresores, e os
testigos mudos.
Loitar contra o acoso
significa traballar con
todos eles.
PREVIR DENDE A EDUCACIÓN INFANTIL
A psicóloga Maria José Diaz-Aguado, experta en acoso e violencia
infantil, indica estas claves para previr o acoso escolar dende que os
nenos son pequenos:
1. A familia debe ser unha fonte de apoio emocional
incondicional. Trátase de aceptar e amar aos nosos fillos polo
que son, non polo que fan. Esta é una boa forma de previr
problemas coma o resentimento, a culpabilidade ou a
inseguridade.
2. Vínculos baseados na confianza e a seguridade. Os nenos
aprenden da relación de apego cos seus pais a forma de
relacionarse, o que poden esperar dos demais e de si mesmo. O
vínculo regula a súa conduta e a forma de responder ás
dificultades e frustracións.
3. O reparto de tarefas equilibradas na casa. Tense comprobado
que nas familias nas que os dous pais participan na educación
dos nenos e nas tarefas domésticas, os nenos adquiren modelos
menos sexistas e mais igualitarios.
4. Responder ás demandas de atención do neno. Cando
respondemos ás demandas do fillo con sensibilidade e
coherencia, axudámoslle a desenvolver un modelo empático,
seguro, baseado na confianza en si mesmo e nos demais.
5. Transmitir de mensaxes positivas. Cando un neno recibe
palabras de caiño, de eloxio, de afirmación e de ánimo, estamos
axudándolle tamén a autorregular e controlar a súa conduta.
6. Criticar a conduta específica, non ao neno. Por exemplo:
“Fixécheslle daño ó teu irmán ¿Qué podes facer para arreglalo?”,
en vez de “Que bruto eres!”
7. Crear un tempo de calidade entre país e fillos. Cada día
debemos adicar un tempo exclusivo para os fillos, onde falar,
relaxarse e favorecer una atención compartida: xogar, ler un
conto, dar un masaxe ou falar.
8. Motivarlles. Axudarlles a esforzarse por ser eficaces, por
superarse e como conseguilo. Un neno desmotivado pode buscar
atención e protgonismo de maneiras negativas (como a
violencia).
9. Anticiparse e ofrecer alternativas. Coñecendo os momentos en
que o noso fillo pode ter condutas agresivas e rabietas, debemos
estar preparados e ofrecer outras solucións positivas.
10. Coidar as mensaxes que os nenos reciben indirectamente.
Os amigos, o colexio, pero tamén os medios de comunicación
como a televisión, internet, os contos e os xoguetes, danlle
significado ao mundo que rodea ao neno. Por iso, debemos estar
alerta a estas mensaxes e desenvolver nos nenos una
actitude reflexiva sobre o que ven e escoitan.
ENTRE TODOS É FÁCIL EVITAR O ACOSO
O colexio necesita que todos actuemos xuntos para evitar esta lacra,
sendo imprescindible que as familias:
 Nos informen dos problemas que coñezan, ou incluso das
sospeitas. Teñan en conta que, aínda que ás veces hai casos
que non son realmente acoso, debemos estar vixiantes.
 Ensinen aos seus fillos a facer fronte a un caso de acoso. Para
elo, o mellor é seguir as recomendacións que podedes ler no
folleto anterior. O mais importante: que os nenos avisen
a un adulto, e que non respondan ao acoso con violencia.
 Nos axuden a transmitirlles a idea de que avisarnos non é
ser “chivato”, senón que significa ser un “salvador”, un
“heroe” que evita sufrimento aos demais.
 Poñan límites con respecto á tecnoloxía, o uso de móbiles e
ordenadores, as precaucións a tomar, os filtros, etc.
Coñecemos as relacións sociais dos nosos fillos, pero o
problema das que se fan na rede é que poden quedar ocultas.
A “vacuna” para calquer tipo de acoso: AMIZADE.
Ter amistades e autoconfianza son os factores
que mellor evitan o acoso escolar.
Acoso Escolar CEIP Coutada-Beade

Más contenido relacionado

Similar a Acoso Escolar CEIP Coutada-Beade

A aprendizaxe de actitudes e que facer ante as rabietas
A aprendizaxe de actitudes e que facer ante as rabietasA aprendizaxe de actitudes e que facer ante as rabietas
A aprendizaxe de actitudes e que facer ante as rabietas
equipodeei
 
A etapa evolutiva da adolescencia
A etapa evolutiva da adolescencia A etapa evolutiva da adolescencia
A etapa evolutiva da adolescencia
pazlgalego
 
De nais e pais a fillas e fillos
De nais e pais a fillas e fillosDe nais e pais a fillas e fillos
De nais e pais a fillas e fillos
cigformacion
 
Campaña
CampañaCampaña
Campaña
UxiJDR
 
Como afrontar tensións e conflitos coas fillas e
Como afrontar tensións e conflitos coas fillas eComo afrontar tensións e conflitos coas fillas e
Como afrontar tensións e conflitos coas fillas e
PilarGarcia1967
 

Similar a Acoso Escolar CEIP Coutada-Beade (20)

Todos contra o acoso escolar
Todos contra o acoso escolarTodos contra o acoso escolar
Todos contra o acoso escolar
 
Convivencia
ConvivenciaConvivencia
Convivencia
 
Objetivos BáSicos De Tratamiento Con Los Padres
Objetivos BáSicos De Tratamiento Con Los PadresObjetivos BáSicos De Tratamiento Con Los Padres
Objetivos BáSicos De Tratamiento Con Los Padres
 
Bullying power point
Bullying power pointBullying power point
Bullying power point
 
Bullying power point
Bullying power pointBullying power point
Bullying power point
 
A necesidade de por normas
A necesidade de por normasA necesidade de por normas
A necesidade de por normas
 
A aprendizaxe de actitudes e que facer ante as rabietas
A aprendizaxe de actitudes e que facer ante as rabietasA aprendizaxe de actitudes e que facer ante as rabietas
A aprendizaxe de actitudes e que facer ante as rabietas
 
Pps acoso
Pps acosoPps acoso
Pps acoso
 
A etapa evolutiva da adolescencia
A etapa evolutiva da adolescencia A etapa evolutiva da adolescencia
A etapa evolutiva da adolescencia
 
De nais e pais a fillas e fillos
De nais e pais a fillas e fillosDe nais e pais a fillas e fillos
De nais e pais a fillas e fillos
 
Pautas básicas de educación
Pautas básicas de educaciónPautas básicas de educación
Pautas básicas de educación
 
Pautas para una buena educación
Pautas para una buena educaciónPautas para una buena educación
Pautas para una buena educación
 
Pps acoso
Pps acosoPps acoso
Pps acoso
 
Campaña
CampañaCampaña
Campaña
 
Relacións entre mozas e mozos.
Relacións entre mozas e mozos.Relacións entre mozas e mozos.
Relacións entre mozas e mozos.
 
Revoluciona a educación
Revoluciona a educaciónRevoluciona a educación
Revoluciona a educación
 
Boletin unidad de drogodependencias de monforte decembro 2015
Boletin unidad de drogodependencias de monforte decembro 2015Boletin unidad de drogodependencias de monforte decembro 2015
Boletin unidad de drogodependencias de monforte decembro 2015
 
Folleto eso
Folleto esoFolleto eso
Folleto eso
 
Escola de Familias: Sexualidade e adolescencia (Quérote +)
Escola de Familias: Sexualidade e adolescencia (Quérote +)Escola de Familias: Sexualidade e adolescencia (Quérote +)
Escola de Familias: Sexualidade e adolescencia (Quérote +)
 
Como afrontar tensións e conflitos coas fillas e
Como afrontar tensións e conflitos coas fillas eComo afrontar tensións e conflitos coas fillas e
Como afrontar tensións e conflitos coas fillas e
 

Último (7)

Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 

Acoso Escolar CEIP Coutada-Beade

  • 1. Todos contra o acoso escolar CEIP Coutada Beade Departamento de orientación Comisión de convivencia
  • 2. Que é o acoso? Consiste en que un alumno ou un grupo ataca, amola, molesta, abusa, chantaxea, … a outro compañeiro mais débil, unha e outra vez, de maneira reiterada. Se o teu fillo é o maltratado:  Tranquilízao e dálle apoio. Faille ver que el non ten culpa.  Planifica con el estratexias para acabar coa situación, por exemplo: o Pedirlle que evite o contacto coas persoas agresoras. o Que busque protección no círculo de amizades. o Que evite os lugares nos que se pode producir o maltrato.  Aclararlle que vos non tedes medo nin calaredes. O voso exemplo é importante.  Informa ao centro para que inicien as medidas que eliminen o maltrato e preveñan futuras reincidencias. Insiste en que manteñan o anonimato.  Non incites ao teu fillo a solucionar só o problema, nin o fagas ti.
  • 3. Se o teu fillo é o maltratador:  Pídelle que abandone a súa conduta e mostrarlle que estades en contra dese comportamento. Explícalle as consecuencias e que se poña no lugar da vítima..  Ofrécelle o teu apoio. Explícalle que entender o porqué dos seus comportamentos non é o mesmo que xustificalos.  Pídelle que rompa os seus vínculos coas persoas que participan tamén no maltrato.  Establece as correccións derivadas da súa conduta. Ensínalle a asumir as propias responsabilidades.  Informa ao profesor titor da situación do teu fillo. Pide axuda e consello.  Valora e mantén os avances do teu fillo. Mantén contacto co centro e colabora nas intervencións que se realicen.
  • 4. Se o teu fillo é testigo do maltrato:  Se presenza actos de maltrato e non fai nada por axudar á vítima, debes explicarlle que o seu comportamento non é solidario, que sempre hai que axudar aos máis débiles.  Anímao a que non cale e non ignore os efectos da violencia, que se poña no lugar da vítima.  Faille entender que, aínda que non agrede directamente a ninguén, está implicado moralmente, porque colabora a que eses feitos se sigan producindo.  Axúdalle a contar os feitos ao profesorado. Non pode existir unha lei do silencio nestes casos; debe ter moi claro que isto non é “chivarse”, senón axudar.
  • 5. O noso colexio ante o acoso escolar CEIP Coutada Beade Departamento de orientación Observatorio da convivencia
  • 6. COMO ACTUAMOS CONTRA O ACOSO? •Profesores, alumnos ou familias informan a dirección •Aténdese á victima, infórmase ás familias e desígnase ao responsable da investigación 1º: ENTERÁMONOS DUN CASO •Falamos coa vítima, co acosador, cos expectadores e coas familias •Pedimos asesoramento a algún especialista 2º: RECOLLEMOS INFORMACIÓN •Adoptamos correccións e medidas reeducadoras para os agresores •Protexemos e apoiamos á vítima •Tomamos medidas co resto do alumnado, familias e profesorado 3º: ACTUAMOS •Vemos se as medidas foron efectivas •Vixiamos a posible reaparición 4º: AVALIAMOS E VIXIAMOS
  • 7. AS FORMAS DO ACOSO Aínda que todos temos unha idea do que pode ser o acoso, debedes saber que na escola consideramos os seguintes tipos: Acoso verbal Agresións repetidas como insultar, poñer motes, falar mal de alguén ás súas costas, ameazar, … Acoso físico Agresións repetidas de tipo : pegar, romperlle cousas, roubarlle, agacharlle obxectos persoais, obrigarlle a facer algo,... Acoso social Accións repetidas consistentes en excluír a alguén do grupo, marxinalo, non deixarlle participar… Ciberacoso Accións de acoso empregando medios como o móbil, ordenador, ou tablet, a través de internet. As accións consisten en ameazas, insultos, rumores difamatorios, difusión de imaxes denigrantes, etc.
  • 8. ¿SABÍAS QUE…?  O colexio debe intervir aínda que as agresións sexan fóra do centro, ou incluso fóra do horario escolar.  Existe un protocolo de convivencia onde se establecen as normas de actuación en caso de abusos e acoso.  Os insultos a través de móbil, ou ordenador, tamén son considerados agresións (ou acoso cando se repiten)  No colexio Coutada funciona dende hai mais de 15 anos un plan contra o acoso escolar, coordinado polo Observatorio da Convivencia, e organizamos periódicamente actividades de prevención.  Nestes casos o ideal é acudir ao centro e informar, pero tamén existe o teléfono gratuíto 900 018 018.
  • 9. Prevención do acoso escolar CEIP Coutada Beade Departamento de orientación Comisión de convivencia BASTA DE ACOSO NON QUEDES CALADO
  • 10. Testigos Agresor Vítima PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOLAR Cando falamos de previr o maltrato non só falamos de ter un fillo que o sufra, senón de evitar que sexa calquera das persoas implicadas nun acoso: a vítima, o agresor ou agresores, e os testigos mudos. Loitar contra o acoso significa traballar con todos eles. PREVIR DENDE A EDUCACIÓN INFANTIL A psicóloga Maria José Diaz-Aguado, experta en acoso e violencia infantil, indica estas claves para previr o acoso escolar dende que os nenos son pequenos: 1. A familia debe ser unha fonte de apoio emocional incondicional. Trátase de aceptar e amar aos nosos fillos polo que son, non polo que fan. Esta é una boa forma de previr problemas coma o resentimento, a culpabilidade ou a inseguridade. 2. Vínculos baseados na confianza e a seguridade. Os nenos aprenden da relación de apego cos seus pais a forma de relacionarse, o que poden esperar dos demais e de si mesmo. O vínculo regula a súa conduta e a forma de responder ás dificultades e frustracións. 3. O reparto de tarefas equilibradas na casa. Tense comprobado que nas familias nas que os dous pais participan na educación dos nenos e nas tarefas domésticas, os nenos adquiren modelos menos sexistas e mais igualitarios.
  • 11. 4. Responder ás demandas de atención do neno. Cando respondemos ás demandas do fillo con sensibilidade e coherencia, axudámoslle a desenvolver un modelo empático, seguro, baseado na confianza en si mesmo e nos demais. 5. Transmitir de mensaxes positivas. Cando un neno recibe palabras de caiño, de eloxio, de afirmación e de ánimo, estamos axudándolle tamén a autorregular e controlar a súa conduta. 6. Criticar a conduta específica, non ao neno. Por exemplo: “Fixécheslle daño ó teu irmán ¿Qué podes facer para arreglalo?”, en vez de “Que bruto eres!” 7. Crear un tempo de calidade entre país e fillos. Cada día debemos adicar un tempo exclusivo para os fillos, onde falar, relaxarse e favorecer una atención compartida: xogar, ler un conto, dar un masaxe ou falar. 8. Motivarlles. Axudarlles a esforzarse por ser eficaces, por superarse e como conseguilo. Un neno desmotivado pode buscar atención e protgonismo de maneiras negativas (como a violencia). 9. Anticiparse e ofrecer alternativas. Coñecendo os momentos en que o noso fillo pode ter condutas agresivas e rabietas, debemos estar preparados e ofrecer outras solucións positivas. 10. Coidar as mensaxes que os nenos reciben indirectamente. Os amigos, o colexio, pero tamén os medios de comunicación como a televisión, internet, os contos e os xoguetes, danlle significado ao mundo que rodea ao neno. Por iso, debemos estar alerta a estas mensaxes e desenvolver nos nenos una actitude reflexiva sobre o que ven e escoitan.
  • 12. ENTRE TODOS É FÁCIL EVITAR O ACOSO O colexio necesita que todos actuemos xuntos para evitar esta lacra, sendo imprescindible que as familias:  Nos informen dos problemas que coñezan, ou incluso das sospeitas. Teñan en conta que, aínda que ás veces hai casos que non son realmente acoso, debemos estar vixiantes.  Ensinen aos seus fillos a facer fronte a un caso de acoso. Para elo, o mellor é seguir as recomendacións que podedes ler no folleto anterior. O mais importante: que os nenos avisen a un adulto, e que non respondan ao acoso con violencia.  Nos axuden a transmitirlles a idea de que avisarnos non é ser “chivato”, senón que significa ser un “salvador”, un “heroe” que evita sufrimento aos demais.  Poñan límites con respecto á tecnoloxía, o uso de móbiles e ordenadores, as precaucións a tomar, os filtros, etc. Coñecemos as relacións sociais dos nosos fillos, pero o problema das que se fan na rede é que poden quedar ocultas. A “vacuna” para calquer tipo de acoso: AMIZADE. Ter amistades e autoconfianza son os factores que mellor evitan o acoso escolar.