1. 8 de marzo 2016
Día internacional das
mulleres
Maria Montessori
(Chiaravalle, Italia, 1870- Noordwijk,
Holanda,1952)
2. • Foi unha das primeiras mulleres
graduadas en medicina no seu
país (1896), pese á inicial
oposición familiar.
Posteriormente estudaría tamén
Pedagoxía, Antropoloxía e
Filosofía. Encamiñou
inicialmente a súa carreira hacia a
psiquiatría, interesándose logo
polos nenos con retraso mental e
polos rapaces marxinados pola
sociedade
• En 1907 inaugurou a primeira
Casa dos nenos en Roma, no
barrio popular de San Lorenzo,
traballando con nenos da clase
máis humilde da poboación. A
partir deste momento se
inauguraron varias Casas dos
nenos en Italia, e en 1909
publicou un libro sobre a
pedagoxía científica aplicada
nestas casas dos nenos. Foi
adquirindo notoriedade
internacional a partir de 1913,
cando foi invitada a realizar unha
xira de conferencias por Estados
Unidos para difundir o seu
método.
3. • O Método Montessori pon
énfase na autoeducación do
alumno, entendendo esta máis
aló da acumulación de
información. Defende o
respeto ás necesidades e os
intereses de cada estudante
como individualidade,
conducindo estes o seu propio
aprendizaxe. O profesorado é
acompañante no proceso e o
que detecta de modo
particular o potencial que
manifesta cada un. O sistema
educativo de Montessori
proponse crear un “neno
novo” como principio dun
“home novo”.
• Inda que inicialmente recibe o
apoio do réxime de Mussolini,
acaba abandonando Italia por
mor do fascismo en 1934.
Continuou traballando noutros
países como España ou India
ata a súa norte en 1952 en
Holanda.
5. A pesar de que o seu método ten detractores, as
escolas montessorianas están actualmente
repartidas por todo o mundo, o que sinala a súa
importante influencia no ámbito educativo
internacional.
Biblioteca de Psicoloxía e Ciencias da Educación
Síguenos en: https://plus.google.com/109382392011335140369/posts
https://www.pinterest.com/buscpsi/