SlideShare a Scribd company logo
1 of 23
qwertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwerty
uiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasd
fghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzx
cvbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmq
          Modelo e Plan de Futuro para a
                Economía Galega
wertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyui
              Propostas e alternativas

opasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfg
                 20/09/2012


hjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzxc
            Marcelino Fernández Mallo


vbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmq
wertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyui
opasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfg
hjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzxc
vbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmq
wertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyui
opasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfg
hjklzxcvbnmrtyuiopasdfghjklzxcvbn
mqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwert
yuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopas
1. DIAGNÓSTICO ESTRUTURAL



1.1 Economía Xeral
Unicamente catro factores para entender a situación de calquera economía
dentro do mundo actual:

a) A globalización está desestabilizando o status quo económico das últimas
   décadas. Economías como a chinesa, a brasileira, a india, a rusa, a
   mexicana ou a sudafricana están a transformar os fluxos de relacións
   comerciais e a xerar unha demanda que o mundo non está preparado
   para enfrontar.

b) A “financiarización” da economía ó abeiro do elevado crecemento nas
   décadas anteriores á crise actual. O crecemento prodúcese por tres vías
   básicas: o resultado da xestión, a asunción dun maior nivel de risco e o
   grao de endebedamento. A principal razón daquel período de bonanza
   localízase perniciosamente no enorme incremento dos riscos asumidos e
   o aumento exponencial do endebedamento das unidades produtivas e
   familiares.

c) O consumo enerxético aumenta de maneira sostida. Distintas previsións
   falan dun período de entre 25 e 50 anos para o esgotamento dos
   combustibles fósiles. Este elemento capital obriga a fomentar o consumo
   optimizado da enerxía e a desenvolver alternativas ós combustibles
   fósiles, principais causantes, por outra banda, do quecemento da
   atmosfera.

d) O crecemento español das décadas anteriores á crise sustentouse nunha
   burbulla inmobiliaria de dimensións colosais. Resulta imprescindible
   buscar canto antes as actividades que deben cubrir a porcentaxe no PIB
   que desocupou o estoupido da burbulla. Ademais, por mor dos excesos
   construtivos, España pasou en pouco máis de dez anos de ser o país da
   Unión cunha fenda máis estreita entre ricos e pobres, a ser o cuarto
   cunha diferenza maior. Hase recordar que canta meirande sexa esta
   fenda, menos estabilidade terá a economía, pois os ciclos incidirán na
   demanda interna con superior virulencia cá nos países de renda mellor
   distribuída.




Xornadas Programáticas CxG   Marcelino Fernández Mallo             Página 2
1.2 Economía Galega


1.2.1 Factores estruturais

Estes son os elementos que caracterizan a Economía Galega na súa na súa
evolución das últimas décadas e os elementos estruturais, favorables e
desfavorables, da nosa economía:

Factores Favorables

a) Recursos Naturales: terra produtiva e notable tradición agrogandeira;
   recursos hídricos, eólicos e mariñeiros.

b) Identificación pública de Galicia coa condición de “natureza”, “paisaxe” e
   “saúde”.

c) Especialización sectorial en sectores industriais como a construción
   naval, compoñentes de automoción ou conservas. Reputación do deseño
   galego en moda téxtil.

d) Numerosos portos de dimensión media, Vigo como principal porto
   pesqueiro e portos exterior en Coruña e Ferrol.

e) Fenómeno Inditex. Empresarios de éxito no exterior, tanto en España
   como en América.

f) Destino da Ruta Xacobea.


Factores Desfavorables

g) Localización periférica e precarias rías de comunicación, tanto interior
   coma cos principais eixos de desenvolvemento.

h) Avellentamento e despoboamento interior; agudo desaxuste entre zona
   de litoral e interior. A perda de traballadores novos por mor da
   emigración mantén a presión sobre a idade media da poboación, o que
   xera unha pirámide demográfica invertida.

i) Falta de corporacións fortes en sectores básicos para o desenvolvemento
   como a enerxía ou as telecomunicacións. Malia o crecemento da
   dimensión media da empresa galega nos últimos anos, o tamaño segue
   a ser un hándicap salientable, o que dificulta a competitividade e
   aumenta o risco de absorcións foráneas.



Xornadas Programáticas CxG    Marcelino Fernández Mallo              Página 3
j) Saldo comercial negativo nuns 7.000 millóns de euros (positivo en 3.000
   co estranxeiro, negativo en 10.000 con España).

k) Nula capacidade de atracción de capital exterior. Cifras anecdóticas ano
   tras ano.

Como consecuencia do desequilibrio negativo entre os factores anteriores, o
PIB galego amosa un devalo imparable ó longo dos séculos XX e XXI
respecto á economía española. Se en 1940, representaba un 7% do total
español, en 1960 era un 6% e na actualidade se sitúa no 5%. O caso de
poboación é máis extremo pois en 1940 Galicia representaba o 10% da
poboación española, un 8% en 1975 e un 8% e na actualidade se sitúa no
6%. É dicir, o censo galego está a perder 2 puntos de peso cada 35 anos
respecto do total español, unha tendencia que dirixe a economía galega
aceleradamente cara á insignificancia.

A pesar da perda de poboación, o PIB per cápita de Galicia mantense
alonxado da media española e de Comunidades Autónomas como Cataluña
ou o País Vasco. En 2011, era de 21.112 € en Galicia, 23.271 € en España,
27.430 en Cataluña e 31.288 € en Euskadi.

O motivo desta situación tan extremadamente desfavorable cabe atopala,
ademais de nos factores sinalados con anterioridade, nas políticas
económicas aplicadas, entre as cales cabe salientar tres liñas:

l) O primeiro motivo foi non ter implantado coa decisión debida a
   innovación tecnolóxica nas empresas. Como dato, o esforzo galego de
   I+D+I representa a penas unha cuarta parte do esforzo das empresas
   vascas. Como se sabe, a innovación de procesos xera vantaxes de custo
   e eficiencia mentres que a de produto fomenta a capacidade de competir
   por diferenciación. Con excepcións sempre presentes, debemos afirmar
   que Galicia non avanzou dabondo en ningunha das dúas liñas. Malia
   presentar unha situación similar a Galicia hai vinte e cinco anos, o País
   Vasco conseguiu colocar compañías punteiras na maioría dos sectores de
   alta tecnificación e, polo tanto, de elevado valor engadido e potencial de
   crecemento.

m) Un segundo factor implica á propia esencia da economía: a óptima
   administración dos recursos públicos, que en Galicia resultou
   especialmente lamentable dada a querencia de moitos dirixentes por
   proxectos improdutivos de alto valor propagandístico.

n) O terceiro factor supón unha condición básica da competencia territorial:
   o fortalecemento dos factores endóxenos, xa apuntados en parágrafos
   anteriores. As políticas económicas aplicadas foron precisamente en
   contra dos factores endóxenos, debilitando deste xeito o conxunto da


Xornadas Programáticas CxG    Marcelino Fernández Mallo              Página 4
economía. A fertilidade da terra foi “combatida” co abandono do campo;
   a produtividade das rías, con proxectos contaminantes; o valor
   paisaxístico e medioambiental, co espallamento de especies alóctonas e
   co desprezo de valores ecolóxicos; a cultura e lingua propias, co
   desmantelamento da industria asociada e a persecución do idioma; a
   capacidade de investimento foi desviada cara a outros territorios, etc.



1.2.2 A balanza comercial

Desenvolvemos brevemente este apartado dada a súa importancia capital.

Galicia presenta unha balanza comercial claramente deficitaria. Debe
matizarse esta afirmación: a balanza comercial exterior galega presenta un
aparente superávit (arredor de 3.000 millóns € en 2011) dado que se
calcula respecto ás importacións e exportacións co exterior de España.
Debido principalmente ó efecto de Citröen e Inditex, Galicia exporta a
países estranxeiros máis do que importa. Porén, esa tal avaliación carece de
sentido pois a realidade é que as compras exteriores de Galicia, incluíndo
naturalmente o conxunto de Comunidades Autónomas, superan
amplamente as vendas galegas fóra do noso mercado. O déficit con España
oscila en torno ós 10.000 millóns €. Esta eiva revélase de enorme
transcendencia para a economía galega pois lastra de xeito decisivo as súas
opcións de crecemento.

No capítulo 3 verase a incidencia deste factor na elección dun modelo
económico para o noso País.



1.2.3 A organización territorial

Inda que non sempre se considere un factor de natureza económica,
entendemos que a organización territorial xoga un papel decisivo na
economía do País.

Lembremos algúns datos esenciais: Galicia ten 315 concellos, dos cales
dous de cada tres contan con menos de 5.000 habitantes. Dende 1950, a
poboación española medrou un 64% por un 7% de crecemento demográfico
en Galicia. Nese período, só 80 concellos galegos aumentaron poboación. En
moitos dos concellos do interior, a recesión demográfica sobordou o 40% de
perda de habitantes. A gran maioría de municipios galegos non conseguen
xerar de seu nin sequera o 50% dos ingresos que precisan para cubrir os
seus orzamentos anuais.

Por riba destas cifras abondo significativas, as provincias carecen de
calquera xustificación social e económica e amósanse incapaces para


Xornadas Programáticas CxG    Marcelino Fernández Mallo             Página 5
inverter a dinámica regresiva daquelas cun menor grao de dinamismo. De
feito, as deputacións revélanse coma un axente máis da vaga de
clientelismo e mesmo nepotismo que cubre tanto as actividades cotiás dos
concellos coma unha posíbel planificación cara ó seu desenvolvemento
futuro.



1.2.4 Mencións sectoriais: o sector primario e o enerxético

a) Malia contar Galicia cunhas condicións meteorolóxicas e edáficas
   privilexiadas e unha secular tradición agraria e gandeira, a balanza
   comercial do sector agroalimentario galego presenta un déficit
   salientable, tanto considerando o comercio internacional coma o que se
   deriva das transaccións co resto de comunidades autónomas.

   Vexamos algún dato: agás a carne de vacún e de ave, que amosan
   crecementos sostidos relevantes entre 1985 e 2007, o resto da
   produción agrogandeira presenta unha situación de devalo continuo:
   estancamento do sector lácteo dende 1995 lastrado pola cota láctea e o
   prezo do litro en orixe; forte perda no peso do porco respecto ó total
   español; drástico retroceso da pataca, das hortalizas e das froitas;
   crecemento nulo dos cereais e do millo forraxeiro, etc.

   Interesante os datos de agricultura ecolóxica. En 2009, Andalucía
   contaba con 8.444 operadores deste ramo (produtores, elaboradores,
   importadores e comercializadores), Castela - A Mancha con 4.896,
   Extremadura     con   3.743;   Galicia    con  528.   Fixándonos     na
   comercialización, Andalucía tiña 95 comercializadoras de agricultura
   ecolóxica por 112 de Cataluña. Galicia ningunha segundo o Ministerio de
   Agricultura.

b) A explotación forestal derivou cara a unha perniciosa especialización en
   especies arbóreas alóctonas de crecemento rápido como piñeiro e, sobre
   todo, eucalipto, que está a producir un cambio radical da paisaxe así
   como o empobrecemento da fauna e flora e a redución do valor engadido
   da madeira. Hai que subliñar que este fenómeno de “eucaliptización” é
   exclusivo de Galicia (e en menor medida de Asturias e Cantanbria) en
   toda Europa.

c) Enerxía: segundo datos de UNESA, Galicia produciu a través de centrais
   eléctricas instaladas nos leitos dos ríos, 27 mil qwh en 2009 para un
   consumo de 18 mil qwh, o cal implica un 50% de excedente. Das 900
   centrais españolas, 150 son galegas, e que mentres a porcentaxe do
   PIB galego sobre o español é do 5, a proporción na produción eléctrica
   acada o 9%.



Xornadas Programáticas CxG   Marcelino Fernández Mallo             Página 6
Se tomamos a situación do Estado como valor neutral, podemos
   consultar o ratio que compara o peso da produción e o consumo de cada
   Comunidade sobre o total español, dato que para Galicia é dun 1,25 (9%
   da produción sobre 7,2% do consumo). Excedentarias como Galicia
   atopamos Estremadura, Castela - León, Castela - La Mancha ou Aragón;
   encontramos a balanza equilibrada en CC.AA. como Cataluña, Andalucía
   ou Navarra; e detectamos que Euskadi presenta un ratio do 0,27 e
   Madrid do 0,01. Noutras palabras, toda a enerxía que a economía
   madrileña precisa recíbea doutras Comunidades Autónomas mentres que
   Euskadi recibiría 3/4 partes.




Xornadas Programáticas CxG   Marcelino Fernández Mallo            Página 7
2. DIAGNÓSTICO CONXUNTURAL


Tendo en conta o valor de síntese das variables de poboación, resumiremos
a evolución económica de Galicia nos últimos tres anos (última lexislatura)
a partir dos datos de actividade e desemprego comparados con España e
que amosamos na táboa a seguir:


                                                                                    INCREMENTO
                                   GALICIA                    ESPAÑA             GALICIA     ESPAÑA
                         T1 2009         T2 2012       T1 2009      T2 2012


POBOACIÓN                    2.738.423   2.720.467     45.870.483   46.163.116      -0,7%       0,6%
POBOACIÓN > 16 ANOS          2.387.500   2.365.700     38.408.600   38.467.300      -0,9%       0,2%
POBOACIÓN ACTIVA             1.331.100   1.309.600     23.101.500   23.110.400      -1,6%       0,0%
POBOACIÓN OCUPADA            1.168.500   1.033.700     19.090.800   17.417.300     -11,5%      -8,8%
DESEMPREGADOS                 162.700        275.900    4.010.700    5.693.100      69,6%      41,9%


TASA ACTIVIDADE                 55,8%         55,4%        60,1%        60,1%         -0,4       -0,1
TASA PARO                       12,2%         21,1%        17,4%        24,6%         8,8        7,3


Fonte: INE


A evolución da economía galega queda reflectida observando as tres
variables esenciais na táboa anterior as cales demostran que Galicia se
comportou peor cá economía española mesmo cando esta amosou un
comportamento extremadamente negativo. Así:

a) A taxa de actividade descendeu en Galicia 0,4 puntos mentres que se
   mantivo en España
b) A taxa de paro, que estaba 8,8 puntos por debaixo da estatal, recorta
   esa diferenza positiva ata 7,3 puntos.
c) O crecemento do número de desempregados é do 69,6% en Galicia por
   un 41,9% en España.

A evolución do PIB confirma a tendencia negativa. No último exercicio, en
termos reais, o PIB do País Vasco medrou un 1,3%, en Cataluña un 0,8%,
un 0,7% en España e un exiguo 0,3% en Galicia.




Xornadas Programáticas CxG          Marcelino Fernández Mallo                    Página 8
3. UN MODELO PARA A ECONOMÍA GALEGA


Partindo das forzas motrices da economía global do século XXI, das
deficiencias estruturais da economía galega sinaladas nos apartados
anteriores e máis da negativa evolución dos últimos anos, cabe definir o
Modelo Económico polo que aposta o País para reverter esta situación de
extrema fraxilidade xeral. De cara ó futuro, en principio, caben dúas
grandes opcións:

a) Modelo “asiático” baseado en rendas baixas, captación de investimento
   produtivo e exportación.

b) Modelo “occidental” baseado nun mercado interior desenvolvido e a
   competitividade sobre os eixos da innovación e a diferenciación.

Para determinar o modelo acaído, habemos saber que o PIB galego destina,
de modo aproximado, un 35% ó mercado interior, outro 35% ó mercado
español e un 30% ós mercados exteriores, principalmente a Unión Europea.
A rebaixa dos custos salariais que supón o modelo a) implicaría a retracción
do mercado interior pola súa menor capacidade de consumo. O efecto desta
redución sobre os mercados español e europeo sería marxinal e non podería
compensar a retracción do mercado galego. Pensemos que, sendo
obviamente relevante, o factor custo non é o elemento crítico na
comercialización nos mercados desenvolvidos senón a calidade e a
diferenciación, así como a penetración nas canles de distribución. Aínda
máis, a maioría das importacións galegas proceden de rexións económicas
con custos salariais máis elevados cós galegos.

Para que o impacto da redución de custos fose importante, a rebaixa
habería ser de tal contía que achegase os prezos galegos ós niveis dos
países emerxentes. O cal provocaría a pobreza da poboación galega, a
segura emigración dos traballadores cualificados e unha rebaixa notable dos
ingresos públicos, co cal o investimento nos elementos de progreso como
I+D ou formación se vería negativamente afectada, creando un círculo
vicioso que conduciría o País cara a miseria.

Unha demostración da falacia que supoñen as recomendacións para reducir
os custos laborais co adaxo de facer fronte á globalización e á crise, está na
listaxe dos países cun maior saldo excedentario da balanza corrente.
Eliminando as exportacións enerxéticas, os líderes mundiais son China,
Alemaña, Xapón, Suíza e Holanda. Dentro de España, as Comunidades
Autónomas con maior saldo da balanza comercial (resto de España máis
comercio exterior) son Euskadi e Cataluña. En tódolos casos agás China,


Xornadas Programáticas CxG     Marcelino Fernández Mallo              Página 9
falamos de economías con custos salariais notablemente por riba dos
galegos.

O modelo ten que conducir a superar as eivas descritas nos apartados
anteriores e a xerar unha dinámica produtiva sobre a base da innovación e
a tecnoloxía capaz de competir nos mercados da UE así como nos países
emerxentes, e de crear os 40.000 postos de traballo anuais que han manter
o índice de desemprego por debaixo do 10% ó tempo que detén a
persistente emigración que segue a sufrir a nosa economía.

Asemade debe compensar o déficit da balanza comercial con España, tanto
potenciando a penetración de produto galego no mercado interior como a
súa comercialización no resto de Comunidades Autónomas. Tendo en
consideración a atonía prevista no mercado peninsular durante os vindeiros
anos,    debe    tamén   procurar   a   expansión   da    súa   actividade
internacionalizadora entre os países da UE e igualmente entre os países
emerxentes.

A cuestión clave é como crearmos eses 40.000 postos de traballo que
necesitamos para manter un ritmo de crecemento similar ó tendencial
español? O sector privado en Galicia demostrou durante décadas a súa
insuficiencia para dinamizar a economía do País, a cal, como se viu, perde
peso ano tras ano no conxunto da economía española. Por este motivo,
faise indispensable a acción decidida e decisiva dos poderes públicos. Os
representantes da Xunta actual manifestaron repetidamente a falta de
ferramentas do goberno autonómico para facer fronte á crise. A seguir
propomos o conxunto de accións directoras para unha intervención da
administración pública galega na procura dun crecemento económico
suficiente e sostible.




Xornadas Programáticas CxG   Marcelino Fernández Mallo           Página 10
4. PROPOSTAS DE MEDIDAS ECONÓMICAS DE ALCANCE


4.1   De ámbito estatal
A economía española está a ser xestionada sobre a base exclusiva do
control do déficit público. Non entraremos en recomendacións xerais pero si
brevemente nas que afectan ós ingresos fiscais pois deles dependen en boa
parte as contas públicas de Galicia e, así pois, a dispoñibilidade de fondos
para o estímulo da actividade.

Hai que subliñar que España no carece de capacidade recadatoria senón que
padece unha extrema redución do seu volume recadador por mor da falta
de actividade. Xa que logo, será preciso incidir nos ingresos públicos
mentres non se recupere a dinámica produtiva. Estas serían catro medidas
a propor ó goberno central.

a) Equiparar o tratamento das rendas do capital ás do traballo, de xeito que
   se aplique a progresividade fiscal tamén a aquel concepto incrementando
   notablemente a capacidade recadatoria.

b) Crear un tramo fiscal para constituír un Fondo investidor de modo que o
   cidadán mantén a titularidade deses capitais (e recibiría os rendementos
   dos mesmos) inda que a súa xestión pasa a ser competencia do Fondo.
   Con esta medida, se liberarían capitais para a súa aplicación a proxectos
   produtivos. Un exemplo: as rendas superiores a 500.000 euros
   tributarían ó 50% máis un 25% que se destinaría ó Fondo.

c) Medida a aplicar sobre o imposto de sociedades. Desdobrar en dous
   tramos o tipo impositivo en función da contribución das empresas á
   recuperación. Súbanse 3 puntos, por exemplo, a aquelas que no cren
   emprego e redúzase esa mesma contía ás empresas que si o cren. Desta
   maneira, o 30% de tipo impositivo aplicable ás grandes empresas se
   desdobraría en 33 e 27 mentres que o 25 das PEMES pasaría a 28 e 22.

d) Simultaneamente ó punto c) anterior, facilítese de forma notable a
   contratación, introducindo a exención total da contribución á Seguridade
   Social durante o primeiro ano (quizais tamén durante o segundo) e
   achéguese un 40% da carga salarial dos novos empregos. Esíxanse o
   5% de creación neta de emprego para acollerse ó tramo fiscal bonificado
   e que os novos traballadores se dediquen maioritariamente a actividades
   de Innovación, Internacionalización e Mellora da Produtividade.

   Cun programa como o definido nos puntos anteriores, as empresas
   verían incrementar o seu custo salarial en torno ao 1,5%, importe
   similar ao beneficio fiscal que obterían. Para a Administración, as contas

Xornadas Programáticas CxG    Marcelino Fernández Mallo             Página 11
tamén cadrarían, pois os ingresos tributarios non se resentirían mentres
   que o efecto sobre o gasto social sería igualmente neutro. A gran
   diferenza é que a Economía se reactivaría ao tempo que se melloraba a
   competitividade das empresas.



4.2 De ámbito galego
Unha acción de goberno debe ser consciente das capacidades existentes
para emprender políticas públicas activas de promoción industrial con
potencial de transformación da economía galega. É preciso desenvolver un
programa continuo de dinamización con múltiples polas de actividade e
baseado na promoción / mobilización pública e na xestión privada.

Os obxectivos básicos dun programa desta natureza haberían ser:

a) Intelixencia de Mercado: profundar notablemente no coñecemento das
   potencialidades das distintas cadeas produtivas galegas e nos seus
   mercados de destino ó obxecto de gañar cota e penetración.

b) Recursos Especializados: canto maior sexa o grao de formación e
   especialización dos traballadores galegos, maior será o valor engadido
   que se poderá acadar en cada proxecto.

c) Canles de Comercialización: resulta capital reforzar notablemente a
   capacidade de distribución dos produtos galegos, tanto por canles
   tradicionais como a través das chamadas novas tecnoloxías.

d) Reforzo do Capital: o capital é un elemento clave no desenvolvemento
   de proxectos empresariais, nas súas distintas formas de investimento
   directo, financiamento ou garantía.

e) Optimización do Territorio e Solo industrial: os factores vencellados á
   terra e ás comunicacións son outro elemento básico da produción onde
   cómpre incidir en clave transformadora.

f) A Recuperación do Rural: tanto as tendencias dos mercados globais
   como as propiedades xeomorfolóxicas de Galicia, inciden na necesidade
   de recuperarmos o sector agrogandeiro.

g) Tecnoloxía, Enerxía e I + D: son os elementos clave da competitividade,
   entendendo por tal non só a innovación de produto, senón tamén de
   custo, en especial en ciclo recesivo. O factor enerxía entraría dentro
   deste obxectivo.

h) Marca: fundamental en determinadas actividades e mercados.

i) Medidas sectoriais: con independencia das accións horizontais, cada
   unha das cadeas produtivas básicas da economía galega debe ter o seu

Xornadas Programáticas CxG   Marcelino Fernández Mallo            Página 12
plan de acción para incidir nas eivas principais que lastran a súa
   continuidade e crecemento.

Velaquí o Plan de Actuación en detalle:



Intelixencia de Mercado

1) Estudo Proxectivo para determinar as cadeas produtivas (Anexo 1)
   xeradoras de emprego a medio prazo. Galicia ten que saber sobre
   que actividades económicas se vai sustentar tanto o seu PIB coma o
   emprego no futuro. É preciso realizar unha análise das principais cadeas
   produtivas de maneira que sirva de referencia para o conxunto das
   políticas a aplicar. A actual estrutura produtiva amósase claramente
   descompensada, cun peso da construción e sectores afíns que duplica a
   media da Unión Europea. O novo modelo económico habería identificar
   e promover os sectores que deben encher ese baleiro do 10% do PIB
   que deixa o sector inmobiliario.

2) Estratexia de vendas ó exterior por sector e mercado de destino.
   É preciso analizar as posibilidades de penetración do produto galego, de
   consumo e industrial, nos mercados españois, europeos, USA, brasileiro,
   mexicano, indio e chinés, entre outros, e deseñar de acordo con
   consultores especializados a estratexia acaída a cada sector e mercado
   para gañar cota de vendas.

3) Sistema de detección de alertas empresariais. A partir de arquivos
   existentes de información financeira, é posible deseñar un sistema de
   detección de crises empresariais; por exemplo, co estudo da evolución
   da variable “distancia á quebra”. Desta maneira, habería a posibilidade
   de adiantarse á posíbeis dificultades en empresas importantes para o
   País.

Recursos especializados

4) Especialización formativa das Universidades galegas e busca da
   excelencia internacional en cadanseu campo. P. ex: Santiago:
   biotecnoloxía e enerxía. Vigo: enxeñerías. Coruña: tecnoloxías da
   comunicación. Entrada das empresas punteiras en cada actividade nos
   Consellos Reitores de I+D das Universidades. Liderado de I+D galego
   por parte das empresas e dependente das necesidades de innovación do
   tecido empresarial galego. Nun País pequeno, os recursos son
   especialmente reducidos. Eis a necesidade de seleccionar os sectores e
   proxectos ós que orientar o I+D.



Xornadas Programáticas CxG    Marcelino Fernández Mallo           Página 13
5) Recuperación dunha parte importante dos traballadores especializados
   galegos que están fóra de Galicia e amosan desexos de retorno. É
   necesario crear unha base de datos destes traballadores para a súa
   consideración a efectos dos proxectos que xere este Plan de Actividade.

6) Como caso expreso do punto 5) anterior, intento de recuperación para
   Galicia das empresas ou departamentos especializados de compañías
   galegas.

7) Emprendedores: Unha lei de emprendedores debe facilitar o labor de
   lanzamento de proxectos empresariais, facilitando os trámites de
   constitución e reducindo as cargas dos primeiros exercicios. A creación
   dunha Unidade de Asesoramento ó Desempregado, dependente de
   Traballo, tería un impacto positivo sobre a actividade emprendedora,
   hoxe completamente desatendida pola Administración.

Canles de Comercialización

8) Faise   imprescindible    crear    Unidades      Comercializadoras,
   probablemente de promoción pública e xestión privada, que potencien
   de modo notable a penetración do produto galego no mercado español.

9) O fenómeno exportador estase espallando entre a empresa galega pero
   nin ó ritmo necesario nin coa capacidade de distribución suficiente. É
   necesario promover dende o sector público Consorcios de
   Internacionalización multiproduto e profesionalizar a función
   exportadora de xeito que se amplíen decididamente tanto o número de
   empresas afectadas como os mercados de destino.

10) Internet representa unha canle comercializadora de primeiro
    nivel, tanto en versión B2B como B2C. A empresa galega despreza este
    feito de maneira incomprensible. Resulta clave introducir nas primeiras
    500 empresas galegas o comercio electrónico con criterios profesionales
    e dotalas de servizos cooperativos de difusión e soporte.

11) Mercados locais en itinerancia. A recuperación dos mercados locais
    tería efectos positivos sobre o produto galego. A creación dun mercado
    local en itinerancia, con exposición, venda e divulgación, que chegue ás
    principais vilas galegas e españolas, permitiría un maior coñecemento
    dos beneficios de cada artigo e un superior recoñecemento de marca.



Reforzo do Capital




Xornadas Programáticas CxG    Marcelino Fernández Mallo            Página 14
12) Novo papel do IGAPE. O acceso ó financiamento será un factor
    competitivo esencial no novo marco económico. O IGAPE debe
    promover a súa actividade cara a captación de proxectos de
    investimento e das fontes de financiamento.

13) Banca galega: Trala perda das Caixas galegas e do Banco Pastor, é
    preciso garantir a propiedade pública de Novagalicia Banco e a súa
    adscrición a Galicia. Mais tamén é preciso que os 4.000 millóns que leva
    colocados o Estado, máis os outros 5.000 millóns que previsiblemente
    recibirá, sexan destinados nunha proporción relevante ó financiamento
    empresarial dentro de Galicia. Adicionalmente, non se pode permitir de
    novo a xestión dolosa da etapa anterior así que deberán poñerse
    medidas de control dos planes de dirección e dos seus resultados.

14) Reforzo das garantías públicas. Hai espazo para potenciar en maior
    medida o recurso ós avais públicos. O reforzo de AFIGAL e SOGARPO e
    a súa expansión con maiores dotacións e presenza no mercado sería
    unha medida acaída a tempos de recesión.

15) Os grandes capitais galegos deben ser motivados a participar de
    xeito importante nos planes de investimento do goberno galego.

16) A base de empresarios galegos no exterior tampouco non está a
    ser aproveitada debidamente. Eles deben ser protagonistas tamén deste
    Plan de Actuación pois son os empresarios exteriores que amosarán
    unha maior receptividade cara ás propostas do goberno galego no eido
    do investimento produtivo dentro do País.

17) Capacidade de atracción de investimento exterior (FDI: foreign
    direct investment). Existe un mercado global de investimentos
    exteriores no cal Galicia nunca participou. Velaí o seu raquítico 0,12%
    de cota sobre os investimentos foráneos que se captaron en España en
    2011 e que dá boa conta da pasividade galaica nesta liña de acción.
    Galicia non está presente no organismo especializado neste eido, a
    World Association of Investment Promotion Agencies, tal como están
    España, Andalucía, Madrid ou Cataluña, que conta con dúas institucións
    representadas. Galicia nunca recorreu ás ferramentas de captación de
    FDIs como o FDI Promotion Center, o Investment Map ou o Investment
    Gateway, entre outros, e tampouco nunca fixo achegamento ningún as
    chamadas Outward Investment Agencies, institucións que participan de
    maneira decisiva na localización dos proxectos internacionais.

    Os factores máis tidos en conta á hora de determinar a localización para
    un proxecto son as conexións exteriores, a facilidade de emprazamento
    e o número e cualificación dos recursos humanos. Sería preciso abordar
    xa a rede multimodal de transporte de mercadorías, dispoñer de solo

Xornadas Programáticas CxG    Marcelino Fernández Mallo            Página 15
industrial a prezos competitivos e mellorar o noso ensino universitario
    (cuestións abordadas noutros puntos).

Optimización do Territorio

18) A Estruturación Territorial de Galicia, nos seus dous ámbitos
    (Organización e Ordenación), resulta absolutamente fundamental para
    unha asignación eficiente dos recursos públicos e para unha maior
    capacidade de captación de investimentos así como para o artellamento
    de infraestruturas empresariais. A creación de Áreas Metropolitanas e a
    agrupación económica de Concellos, ademais da ordenación do territorio
    en función do seu uso, son factores elementais para un programa de
    desenvolvemento. Deste xeito, se reforzaría a capacidade de
    mobilización de recursos e de coordinación de servizos en torno ás
    principais urbes de Galicia, nada para artellar unhas bisbarras ou
    comarcas que, superando os caducos límites provinciais e as
    inmobilistas fronteiras municipais, permitisen xerar políticas activas de
    reconstrución social, nada para coaligar os infraconcellos que atrofian a
    administración e empecen calquera estratexia territorial.

19) Deseño propio da rede de transporte de mercadorías, a partir dun
    modelo integrador dos portos e o ferrocarril. Axilización da conexión
    ferroviaria dos portos exteriores de Caneliñas e Punta Langosteira.

20) Deseño propio da rede de transporte de viaxeiros, a partir dun
    modelo integrador dos aeroportos e o ferrocarril.

21) Polígonos industriais de última xeración. Superficies construídas con
    criterios ecolóxicos e dotados de equipamento residencial, de lecer,
    atención infantil, telecomunicacións, aulas formacións, heliportos. Custo
    moi competitivo por m2, que multiplicará a capacidade de asentamento
    de proxectos.

Recuperación do Rural

22) Plan integral de Recuperación do Rural: No rural reside unha das
    chaves para o desenvolvemento de Galicia. Por unha banda, as
    condicións dos mercados internacionais, coa demanda alimenticia
    medrando a ritmo inalcanzable para a oferta; por outra banda, unhas
    rendas laborais en devalo que provocarán o empeoramento da calidade
    de vida ou o desprazamento cara a zonas co custo de vida inferior; e
    finalmente, unha ampla dispoñibilidade de terreo en Galicia e uns
    recursos naturais privilexiados. Todo apunta ó rural. Artellando un
    programa de acción que contase coas cooperativas e principais firmas
    agrogandeiras e industrias alimentarias galegas, e cos sindicatos
    agrarios, e coas deputacións, mancomunidades e concellos, para poñer

Xornadas Programáticas CxG    Marcelino Fernández Mallo             Página 16
en rendemento tanta superficie estéril e para recuperar tanto cultivo
    irresponsablemente abandonado; captando asesores en materia técnica,
    tecnolóxica, de mercados e de desenvolvemento e incorporándoos ó
    programa; mellorando as redes de servizos tanto de transporte como de
    infraestrutura tecnolóxica, educación e sanidade; fomentando a
    rehabilitación de edificios e vivendas abandonadas e dotando de
    condicións atractivas á residencia nas zonas rurais; diversificando as
    accións cara a áreas económicas complementarias en especial aquelas
    vinculadas ó medioambiente, á enerxía e ó I+D+i; e integrando o
    coñecemento rural nos programas de ensino do País. Habemos crear un
    “banco de proxectos agrarios” da man das Cooperativas e Empresas
    agrogandeiras do País mailas empresas do sector alimentación para
    facer produtivo o rural galego.

23) Rede de Centros de Demostración Rural (CEDROS). Unidades
    estratexicamente situadas en distintas áreas do rural con funcións
    innovadoras e de gran potencial de desenvolvemento. Terían múltiples
    funcións de alto valor: apoio ó ensino no rural sobre o soporte das
    novas tecnoloxías (videoconferencias, encerados electrónicos...);
    obradoiros permanentes especializados en técnicas agrarias, gandeiras
    e de oficios artesanais; granxa escola (p.ex. asistencia para o ensino en
    Galicia dunha semana por curso e aula), asesoramento á poboación
    rural, conexión Internet, demostración para o sector turístico, venda
    produtos da zona, mantemento equipamento cultural, sinalética...

Tecnoloxía, enerxía e I+D

24) Mando único do I+D na Consellería de Industria, de modo que se
    optimice a función innovadora e sexa liderado polo sector económico
    (complementario do punto 4).

25) Pór en marcha unha Matriz de xeración de proxectos de I+D a
    partir do cruzamento da táboa de cadeas produtivas (Anexo 1) e das
    tecnoloxías con maior potencialidade innovadora (Anexos 2 e 3) para a
    inspiración dos programas de I+D das distintas Consellerías, Centros
    Tecnolóxicos, Empresas e Universidade (neste caso, de acordo co punto
    5). Desta maneira se garantiría a transferencia tecnolóxica, auténtica
    cuestión pendente na cadea do I+D. Ante a conxuntura actual de
    recesión, énfase especial nas tecnoloxías de proceso (optimización de
    custos e recursos). Anos importantes para aproveitar os Fondos
    Comunitarios destinados a I+D.

26) Tan relevante como xerar proxectos de innovación baseados en novos
    deseños, procesos e tecnoloxías, é realizar a adquisición tecnolóxica
    axeitada a cada empresa que asegure a súa permanente adaptación á

Xornadas Programáticas CxG    Marcelino Fernández Mallo             Página 17
contorna competitiva dentro do seu mercado. Unha entidade coma o
    FEUGA ou a propia OPIDI haberían facilitar a adquisición tecnolóxica
    mediante a transmisión dun coñecemento especializado dentro das
    cadeas produtivas identificadas no anexo 1.

27) Resulta imprescindible renegociar as concesións das centrais
    hidroeléctricas do País, pechar aquelas cunha maior incidencia nos
    leitos, na auga, na fauna e na paisaxe, e aplicar unha taxa autonómica
    polas externalidades que comportan os proxectos hidroeléctricos.

28) Galicia, País do Hidróxeno. O colapso previsible das principais fontes
    de enerxía esixe avanzar ineludiblemente na eficiencia enerxética e isto
    pódese conseguir a través da tecnoloxía do hidróxeno que permite
    almacenar a enerxía non consumida. A captura e almacenamento de
    enerxía a través do hidróxeno (p.ex. dos aeroxeradores) e a súa
    aplicación mediante baterías a usos distintos (p.ex. buques) pode
    constituír unha auténtica revolución. Galicia precisa un plan de acción
    que garanta a súa presenza nos proxectos actuais máis avanzados e o
    desenvolvemento de capacidades propias.

29) Programa de implantación do teletraballo na Administración e posible
    extensión asesorada a institucións, organismos e empresas galegas.

Marca

30) Ecoloxía como forza motriz da política industrial de Galicia. Galicia ten
    as condicións para explotar a tendencia á protección medioambiental
    que existe en case que tódolos sectores de actividade. Crear a marca
    “Galicia, Empresa Verde” como garantía de control ecolóxico e de
    instalacións eficientes dende o punto de vista medioambiental pode
    aumentar a capacidade de captación de investimentos, así como a
    notoriedade exterior dos produtos galegos.

Medidas sectoriais (por cadea produtiva)

31) Busca dunha catarse transformadora dos principais sectores
    produtivos para a súa adaptación competitiva á nova era post-crise.
    Euskadi pode ser un exemplo digno de ter en conta: da man da
    consultora Monitor, revolucionou a súa industria. Colaboración con
    consultores internacionais (os mercados son internacionais) para
    deseñar a mellor estratexia en cada caso. Exemplos:
     Compoñentes automóbil: diversificación e adquisición compañías
       complementarias. Adaptación a esixencias ecolóxicas.
     Conservas: xeración de produtos de maior valor engadido, fusións e
       ampliación de mercados.

Xornadas Programáticas CxG    Marcelino Fernández Mallo             Página 18
   Carne de porco: profesionalización e tamaño
       Cereais: recuperación de superficie cultivada e integración vertical
       Hortalizas: recuperación de superficie e agricultura ecolóxica
       Moble: deseño, posibles sinerxías con sector téxtil

32) Como extensión e exemplo do punto 17. anterior, tomemos o sector
    lácteo. Imaxinemos un gran proxecto galego liderado por Coren
    (destinada a converterse na “Nestlé” galega) e a participación do
    proxecto de explotacións agrupadas ata xuntar gandos dun mínimo de
    vacas, para a xestión leiteira automatizada, integrando ademais terreos
    ermos para a produción de cereal. Imaxinemos un distribuidor como
    Gadisa integrado no proxecto: teríamos capacidade produtiva, proceso
    automatizado, I+D para produción de valor engadido, e fórmula de
    distribución. Un esquema similar habería de reproducirse no resto de
    cadeas produtivas identificadas no anexo 1.

33) Unha das respostas á parálise do sector inmobiliario está a ser a
    rehabilitación de vivendas.       Sen embargo, é posible multiplicar
    notablemente esta liña de actividade. Os cascos vellos da maioría das
    cidades galegas están en mala situación e mesmo hai múltiples edificios
    senlleiros en estado ruinoso. É preciso acelerar os programas de
    colaboración coas empresas construtoras para un plan integral a 4-5
    anos. Necesario igualmente introducir criterios ecolóxicos e de aforro de
    enerxía.

34) Potenciación do Valor Turístico de Galicia. Galicia presenta un enorme
    potencial para a captación de importantes fluxos turísticos alén do
    Xacobeo. A través da multiplicación da oferta e a promoción
    diferenciada pódese conseguir o aproveitamento desta oportunidade. A
    proposta sería a creazóns dos sete espazos integrados de xestión e
    promoción, que serían: Compostela, O Arco Ártabro, Galicia Natural
    (Ancares e O Courel), Galicia romana, A Ribeira Sacra, A Costa da Morte
    e As Rías Baixas. Desenvolver a industria de servizos turísticos: guías
    especializados, contact center de asesoramento, relación con axencias e
    tour operadores, artigos comerciais, sinalética urbana e en estradas,
    merchandising…

35) A industria da cultura e a lingua galega. O noso idioma ten un
    amplo potencial de desenvolvemento económico que se está a
    desaproveitar. A música, a literatura, o teatro, o audiovisual… galegos
    deben multiplicar a súa difusión a través de usos eficientes dos medios
    de comunicación e o labor de apoio das institucións culturais principais
    do País (exemplo: co orzamento dunha soa das grandes exposicións que
    se adquiren nos mercados foráneos, poderíase financiar boa parte do
    labor creativo musical de Galicia).

Xornadas Programáticas CxG     Marcelino Fernández Mallo              Página 19
5. CONCLUSIÓNS



O Modelo económico aplicado secularmente en Galicia está a demostrar a
súa incapacidade para xerar valor engadido, para propiciar un crecemento
sostible e para reter os cidadáns galegos nas fronteiras do seu País. Como
consecuencia, Galicia encarréirase cara a marxinalidade económica e, xa
que logo, tamén institucional.

As propostas recollidas neste documento xustifican a necesidade
imprescindible dunha acción decidida e ambiciosa dos poderes públicos que
complementen a iniciativa privada, claramente insuficiente. O obxectivo é
marcar e manter unha senda de dinamismo no eido da economía sostible,
con innovación especialmente nos terreos da enerxía, a biotecnoloxía e o
sector agroalimentario, capaz de atraer proxectos de vangarda,
administrando con eficiencia os recursos, participando activamente do
comercio español e internacional, recuperando a paisaxe tanto rural coma
urbana e semiurbana e aprendendo a utilizar a súa cultura e idioma como
factores de diferenciación. Temos recursos e condicións para que así sexa.
Falta crer verdadeiramente nas nosas posibilidades, aplicar as capacidades
á nosa disposición e desterrar as prácticas do pasado que a ningures nos
conducirán.




Xornadas Programáticas CxG   Marcelino Fernández Mallo           Página 20
ANEXO 1: Cadeas produtivas básicas no futuro económico de Galicia
1.    Pesca, produtos conxelados e conserva
2.    Mexillón fresco e conserva
3.    Acuicultura intensiva
4.    Marisqueo e conserva de marisco
5.    Gando vacún e procesamento de carne
6.    Leite e produtos derivados
7.    Gando porcino e procesamento de porco
8.    Aves e produtos derivados
9.    Outras gandeirías
10.   Alimentación animal
11.   Cereais e produtos forraxeiros
12.   Hortaliza fresca e produtos elaborados
13.   Pataca e procesamento
14.   Froita fresca e produtos elaborados
15.   Industria do viño
16.   Industria da auga
17.   Textil e confección
18.   Madeira, produtos derivados e tratamento de refugallos
19.   Moble
20.   Industria química
21.   Metalurxia e maquinaria
22.   Informática e Equipos electrónicos
23.   Tecnoloxías da Información e as Comunicacións
24.   Biotecnoloxía
25.   Automóvil e empresa auxiliar
26.   Construción naval
27.   Industria da pedra e materiais de construción
28.   Industria da pizarra
29.   Xoiería, artesanía e precisión
30.   Enerxía eléctrica
31.   Enerxía eólica
32.   Enerxía solar
33.   Enerxía por biocombustibles
34.   Industria medioambiental
35.   Industrias de aforro enerxético
36.   Rehabilitación de edificios
37.   Xestión portuaria
38.   Loxística e distribución
39.   Publicidade e industria multimedia e audiovisual
40.   Turismo e industria cultural




Xornadas Programáticas CxG     Marcelino Fernández Mallo       Página 21
Anexo 2. Tendencias de innovación horizontal
1. Solucións empresariais baseadas na mobilidade tecnolóxica
2. Converxencia comunicación voz e datos
3. Sofware de xestión
4. Domótica
5. Tecnoloxías inalámbricas
6. Información e localización a distancia
7. Tratamento imaxes tridimensionais
8. Utilización de refugallos e subprodutos
9. Seguridade e normalización
10.Intelixencia artificial
11.Robótica
12.Nanotecnoloxía
13.Especialización infantil



               Anexo 3. Tendencias de innovación sectorial
Enerxía
1. Produtividade parques eólicos e parques eólicos mariños
2. Enerxía fotovoltaica (células fotoeléctricas e tratamento silicio)
3. Enerxía por paneis solares
4. Biomasa a partir de residuos o cultivos enerxéticos
5. Biogás a partir de residuos biodegradables
6. Biocarburantes a partir de aceites vexetais e cereais
7. Sistemas de aforro enerxético
8. A economía do hidróxeno
9. Sistemas de minimización do impacto medioambiental das minicentrais
10.Desaladores solares
Industria
1.   Eficiencia xeral dos procesos produtivos
2.   Automatización procesos
3.   Envasado
4.   Deseño industrial
5.   Materiais
6.   Alimentación funcional
7.   Industria dos videoxogos (especialización en xogos-nicho)
8.   Tecnoloxía educativa
9.   Biotecnoloxía e saúde
Medio ambiente
1. Detección, medición e eliminación de produtos tóxicos
2. Medidas antipolución do aire
3. Sistemas de conservación e preservación das augas
4. Produtos sustitutivos da auga en usos substituíbles
5. Reprodución e supervivencia animal
6. Reprodución e supervivencia vexetal
7. Protección dos bosques, prevención e extinción de incendios
8. Tratamento de residuos e reciclaxe
9. Aproveitamento silvopastoril
10. Edificios “verdes”


Xornadas Programáticas CxG     Marcelino Fernández Mallo         Página 22
Xornadas Programáticas CxG   Marcelino Fernández Mallo   Página 23

More Related Content

Similar to Modelo e Plan de Futuro para a Economía Galega

La desaparición de las cuotas. ¿Amenaza u oportunidad? ¿Qué actuaciones son p...
La desaparición de las cuotas. ¿Amenaza u oportunidad? ¿Qué actuaciones son p...La desaparición de las cuotas. ¿Amenaza u oportunidad? ¿Qué actuaciones son p...
La desaparición de las cuotas. ¿Amenaza u oportunidad? ¿Qué actuaciones son p...Feiraco
 
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...BNG - Bloque Nacionalista Galego
 
Presentación balance ano de goberno
Presentación balance ano de gobernoPresentación balance ano de goberno
Presentación balance ano de gobernoGabitorren
 
030410 Np Isarel E Mercados Duty Free10
030410 Np Isarel E Mercados Duty Free10030410 Np Isarel E Mercados Duty Free10
030410 Np Isarel E Mercados Duty Free10GZ-Israel
 
Galicia en Común-Anova Mareas programa elecciones gallegas 2020
Galicia en Común-Anova Mareas programa elecciones gallegas 2020Galicia en Común-Anova Mareas programa elecciones gallegas 2020
Galicia en Común-Anova Mareas programa elecciones gallegas 202020minutos
 
UD 13 Prácticos
UD 13 PrácticosUD 13 Prácticos
UD 13 PrácticosEvaPaula
 
Tema 9: Situación actual da industria en España e Galicia
Tema 9: Situación actual da industria en España e GaliciaTema 9: Situación actual da industria en España e Galicia
Tema 9: Situación actual da industria en España e GaliciaGloria Martínez Marín
 
Xª humana de Galicia - Sectores Económicos
Xª humana de Galicia  - Sectores EconómicosXª humana de Galicia  - Sectores Económicos
Xª humana de Galicia - Sectores Económicosccssdidactica ddoval
 
Tema 10 España unha economía de servizos. Xeografía 2º BACH:
Tema 10 España unha economía de servizos. Xeografía 2º BACH:Tema 10 España unha economía de servizos. Xeografía 2º BACH:
Tema 10 España unha economía de servizos. Xeografía 2º BACH:Gloria Martínez Marín
 
A reestruturación dos espazos industriais
A reestruturación dos espazos industriais A reestruturación dos espazos industriais
A reestruturación dos espazos industriais EvaPaula
 
Pesca en Galicia
 Pesca en Galicia Pesca en Galicia
Pesca en GaliciaGabitorren
 
Programa pp galicia
Programa pp galiciaPrograma pp galicia
Programa pp galicia20minutos
 
CxG Vigo - Programa Municipais 2015
CxG Vigo - Programa Municipais 2015CxG Vigo - Programa Municipais 2015
CxG Vigo - Programa Municipais 2015Mortadelo007
 

Similar to Modelo e Plan de Futuro para a Economía Galega (20)

A economia globalizada
A economia globalizadaA economia globalizada
A economia globalizada
 
11. os espazos industriais.
11. os espazos industriais.11. os espazos industriais.
11. os espazos industriais.
 
12. A terciarización da economía.
12. A terciarización da economía.12. A terciarización da economía.
12. A terciarización da economía.
 
[Xerais 2019 (10N)] 30 ideas claras
[Xerais 2019 (10N)] 30 ideas claras[Xerais 2019 (10N)] 30 ideas claras
[Xerais 2019 (10N)] 30 ideas claras
 
La desaparición de las cuotas. ¿Amenaza u oportunidad? ¿Qué actuaciones son p...
La desaparición de las cuotas. ¿Amenaza u oportunidad? ¿Qué actuaciones son p...La desaparición de las cuotas. ¿Amenaza u oportunidad? ¿Qué actuaciones son p...
La desaparición de las cuotas. ¿Amenaza u oportunidad? ¿Qué actuaciones son p...
 
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
 
Presentación balance ano de goberno
Presentación balance ano de gobernoPresentación balance ano de goberno
Presentación balance ano de goberno
 
030410 Np Isarel E Mercados Duty Free10
030410 Np Isarel E Mercados Duty Free10030410 Np Isarel E Mercados Duty Free10
030410 Np Isarel E Mercados Duty Free10
 
Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023
Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023
Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023
 
Galicia en Común-Anova Mareas programa elecciones gallegas 2020
Galicia en Común-Anova Mareas programa elecciones gallegas 2020Galicia en Común-Anova Mareas programa elecciones gallegas 2020
Galicia en Común-Anova Mareas programa elecciones gallegas 2020
 
UD 13 Prácticos
UD 13 PrácticosUD 13 Prácticos
UD 13 Prácticos
 
Tema 9: Situación actual da industria en España e Galicia
Tema 9: Situación actual da industria en España e GaliciaTema 9: Situación actual da industria en España e Galicia
Tema 9: Situación actual da industria en España e Galicia
 
Xª humana de Galicia - Sectores Económicos
Xª humana de Galicia  - Sectores EconómicosXª humana de Galicia  - Sectores Económicos
Xª humana de Galicia - Sectores Económicos
 
Ocaso da inclusión social
Ocaso da inclusión socialOcaso da inclusión social
Ocaso da inclusión social
 
Tema 10 España unha economía de servizos. Xeografía 2º BACH:
Tema 10 España unha economía de servizos. Xeografía 2º BACH:Tema 10 España unha economía de servizos. Xeografía 2º BACH:
Tema 10 España unha economía de servizos. Xeografía 2º BACH:
 
A reestruturación dos espazos industriais
A reestruturación dos espazos industriais A reestruturación dos espazos industriais
A reestruturación dos espazos industriais
 
Pesca en Galicia
 Pesca en Galicia Pesca en Galicia
Pesca en Galicia
 
Programa pp galicia
Programa pp galiciaPrograma pp galicia
Programa pp galicia
 
CxG Vigo - Programa Municipais 2015
CxG Vigo - Programa Municipais 2015CxG Vigo - Programa Municipais 2015
CxG Vigo - Programa Municipais 2015
 
O proceso industrializador
O proceso industrializadorO proceso industrializador
O proceso industrializador
 

More from Marcelino Fernández Mallo

17 Microrrelatos alrededor de El émulo de Reginald Perrin
17 Microrrelatos alrededor de El émulo de Reginald Perrin17 Microrrelatos alrededor de El émulo de Reginald Perrin
17 Microrrelatos alrededor de El émulo de Reginald PerrinMarcelino Fernández Mallo
 
Entender los estados financieros de la empresa
Entender los estados financieros de la empresa Entender los estados financieros de la empresa
Entender los estados financieros de la empresa Marcelino Fernández Mallo
 
Claves elementales para entender la Economía
Claves elementales para entender la Economía Claves elementales para entender la Economía
Claves elementales para entender la Economía Marcelino Fernández Mallo
 
Presentación de "El Danubio no pasa por Buenos Aires" en la Feria Internacion...
Presentación de "El Danubio no pasa por Buenos Aires" en la Feria Internacion...Presentación de "El Danubio no pasa por Buenos Aires" en la Feria Internacion...
Presentación de "El Danubio no pasa por Buenos Aires" en la Feria Internacion...Marcelino Fernández Mallo
 

More from Marcelino Fernández Mallo (7)

eucaliptos falacias (1).pdf
eucaliptos falacias (1).pdfeucaliptos falacias (1).pdf
eucaliptos falacias (1).pdf
 
Economía de Proximidade en Galicia
Economía de Proximidade en GaliciaEconomía de Proximidade en Galicia
Economía de Proximidade en Galicia
 
17 Microrrelatos alrededor de El émulo de Reginald Perrin
17 Microrrelatos alrededor de El émulo de Reginald Perrin17 Microrrelatos alrededor de El émulo de Reginald Perrin
17 Microrrelatos alrededor de El émulo de Reginald Perrin
 
Un sector lácteo próspero (set 15)
Un sector lácteo próspero (set 15)Un sector lácteo próspero (set 15)
Un sector lácteo próspero (set 15)
 
Entender los estados financieros de la empresa
Entender los estados financieros de la empresa Entender los estados financieros de la empresa
Entender los estados financieros de la empresa
 
Claves elementales para entender la Economía
Claves elementales para entender la Economía Claves elementales para entender la Economía
Claves elementales para entender la Economía
 
Presentación de "El Danubio no pasa por Buenos Aires" en la Feria Internacion...
Presentación de "El Danubio no pasa por Buenos Aires" en la Feria Internacion...Presentación de "El Danubio no pasa por Buenos Aires" en la Feria Internacion...
Presentación de "El Danubio no pasa por Buenos Aires" en la Feria Internacion...
 

Modelo e Plan de Futuro para a Economía Galega

  • 1. qwertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwerty uiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasd fghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzx cvbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmq Modelo e Plan de Futuro para a Economía Galega wertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyui Propostas e alternativas opasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfg 20/09/2012 hjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzxc Marcelino Fernández Mallo vbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmq wertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyui opasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfg hjklzxcvbnmqwertyuiopasdfghjklzxc vbnmqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmq wertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyui opasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasdfg hjklzxcvbnmrtyuiopasdfghjklzxcvbn mqwertyuiopasdfghjklzxcvbnmqwert yuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopas
  • 2. 1. DIAGNÓSTICO ESTRUTURAL 1.1 Economía Xeral Unicamente catro factores para entender a situación de calquera economía dentro do mundo actual: a) A globalización está desestabilizando o status quo económico das últimas décadas. Economías como a chinesa, a brasileira, a india, a rusa, a mexicana ou a sudafricana están a transformar os fluxos de relacións comerciais e a xerar unha demanda que o mundo non está preparado para enfrontar. b) A “financiarización” da economía ó abeiro do elevado crecemento nas décadas anteriores á crise actual. O crecemento prodúcese por tres vías básicas: o resultado da xestión, a asunción dun maior nivel de risco e o grao de endebedamento. A principal razón daquel período de bonanza localízase perniciosamente no enorme incremento dos riscos asumidos e o aumento exponencial do endebedamento das unidades produtivas e familiares. c) O consumo enerxético aumenta de maneira sostida. Distintas previsións falan dun período de entre 25 e 50 anos para o esgotamento dos combustibles fósiles. Este elemento capital obriga a fomentar o consumo optimizado da enerxía e a desenvolver alternativas ós combustibles fósiles, principais causantes, por outra banda, do quecemento da atmosfera. d) O crecemento español das décadas anteriores á crise sustentouse nunha burbulla inmobiliaria de dimensións colosais. Resulta imprescindible buscar canto antes as actividades que deben cubrir a porcentaxe no PIB que desocupou o estoupido da burbulla. Ademais, por mor dos excesos construtivos, España pasou en pouco máis de dez anos de ser o país da Unión cunha fenda máis estreita entre ricos e pobres, a ser o cuarto cunha diferenza maior. Hase recordar que canta meirande sexa esta fenda, menos estabilidade terá a economía, pois os ciclos incidirán na demanda interna con superior virulencia cá nos países de renda mellor distribuída. Xornadas Programáticas CxG Marcelino Fernández Mallo Página 2
  • 3. 1.2 Economía Galega 1.2.1 Factores estruturais Estes son os elementos que caracterizan a Economía Galega na súa na súa evolución das últimas décadas e os elementos estruturais, favorables e desfavorables, da nosa economía: Factores Favorables a) Recursos Naturales: terra produtiva e notable tradición agrogandeira; recursos hídricos, eólicos e mariñeiros. b) Identificación pública de Galicia coa condición de “natureza”, “paisaxe” e “saúde”. c) Especialización sectorial en sectores industriais como a construción naval, compoñentes de automoción ou conservas. Reputación do deseño galego en moda téxtil. d) Numerosos portos de dimensión media, Vigo como principal porto pesqueiro e portos exterior en Coruña e Ferrol. e) Fenómeno Inditex. Empresarios de éxito no exterior, tanto en España como en América. f) Destino da Ruta Xacobea. Factores Desfavorables g) Localización periférica e precarias rías de comunicación, tanto interior coma cos principais eixos de desenvolvemento. h) Avellentamento e despoboamento interior; agudo desaxuste entre zona de litoral e interior. A perda de traballadores novos por mor da emigración mantén a presión sobre a idade media da poboación, o que xera unha pirámide demográfica invertida. i) Falta de corporacións fortes en sectores básicos para o desenvolvemento como a enerxía ou as telecomunicacións. Malia o crecemento da dimensión media da empresa galega nos últimos anos, o tamaño segue a ser un hándicap salientable, o que dificulta a competitividade e aumenta o risco de absorcións foráneas. Xornadas Programáticas CxG Marcelino Fernández Mallo Página 3
  • 4. j) Saldo comercial negativo nuns 7.000 millóns de euros (positivo en 3.000 co estranxeiro, negativo en 10.000 con España). k) Nula capacidade de atracción de capital exterior. Cifras anecdóticas ano tras ano. Como consecuencia do desequilibrio negativo entre os factores anteriores, o PIB galego amosa un devalo imparable ó longo dos séculos XX e XXI respecto á economía española. Se en 1940, representaba un 7% do total español, en 1960 era un 6% e na actualidade se sitúa no 5%. O caso de poboación é máis extremo pois en 1940 Galicia representaba o 10% da poboación española, un 8% en 1975 e un 8% e na actualidade se sitúa no 6%. É dicir, o censo galego está a perder 2 puntos de peso cada 35 anos respecto do total español, unha tendencia que dirixe a economía galega aceleradamente cara á insignificancia. A pesar da perda de poboación, o PIB per cápita de Galicia mantense alonxado da media española e de Comunidades Autónomas como Cataluña ou o País Vasco. En 2011, era de 21.112 € en Galicia, 23.271 € en España, 27.430 en Cataluña e 31.288 € en Euskadi. O motivo desta situación tan extremadamente desfavorable cabe atopala, ademais de nos factores sinalados con anterioridade, nas políticas económicas aplicadas, entre as cales cabe salientar tres liñas: l) O primeiro motivo foi non ter implantado coa decisión debida a innovación tecnolóxica nas empresas. Como dato, o esforzo galego de I+D+I representa a penas unha cuarta parte do esforzo das empresas vascas. Como se sabe, a innovación de procesos xera vantaxes de custo e eficiencia mentres que a de produto fomenta a capacidade de competir por diferenciación. Con excepcións sempre presentes, debemos afirmar que Galicia non avanzou dabondo en ningunha das dúas liñas. Malia presentar unha situación similar a Galicia hai vinte e cinco anos, o País Vasco conseguiu colocar compañías punteiras na maioría dos sectores de alta tecnificación e, polo tanto, de elevado valor engadido e potencial de crecemento. m) Un segundo factor implica á propia esencia da economía: a óptima administración dos recursos públicos, que en Galicia resultou especialmente lamentable dada a querencia de moitos dirixentes por proxectos improdutivos de alto valor propagandístico. n) O terceiro factor supón unha condición básica da competencia territorial: o fortalecemento dos factores endóxenos, xa apuntados en parágrafos anteriores. As políticas económicas aplicadas foron precisamente en contra dos factores endóxenos, debilitando deste xeito o conxunto da Xornadas Programáticas CxG Marcelino Fernández Mallo Página 4
  • 5. economía. A fertilidade da terra foi “combatida” co abandono do campo; a produtividade das rías, con proxectos contaminantes; o valor paisaxístico e medioambiental, co espallamento de especies alóctonas e co desprezo de valores ecolóxicos; a cultura e lingua propias, co desmantelamento da industria asociada e a persecución do idioma; a capacidade de investimento foi desviada cara a outros territorios, etc. 1.2.2 A balanza comercial Desenvolvemos brevemente este apartado dada a súa importancia capital. Galicia presenta unha balanza comercial claramente deficitaria. Debe matizarse esta afirmación: a balanza comercial exterior galega presenta un aparente superávit (arredor de 3.000 millóns € en 2011) dado que se calcula respecto ás importacións e exportacións co exterior de España. Debido principalmente ó efecto de Citröen e Inditex, Galicia exporta a países estranxeiros máis do que importa. Porén, esa tal avaliación carece de sentido pois a realidade é que as compras exteriores de Galicia, incluíndo naturalmente o conxunto de Comunidades Autónomas, superan amplamente as vendas galegas fóra do noso mercado. O déficit con España oscila en torno ós 10.000 millóns €. Esta eiva revélase de enorme transcendencia para a economía galega pois lastra de xeito decisivo as súas opcións de crecemento. No capítulo 3 verase a incidencia deste factor na elección dun modelo económico para o noso País. 1.2.3 A organización territorial Inda que non sempre se considere un factor de natureza económica, entendemos que a organización territorial xoga un papel decisivo na economía do País. Lembremos algúns datos esenciais: Galicia ten 315 concellos, dos cales dous de cada tres contan con menos de 5.000 habitantes. Dende 1950, a poboación española medrou un 64% por un 7% de crecemento demográfico en Galicia. Nese período, só 80 concellos galegos aumentaron poboación. En moitos dos concellos do interior, a recesión demográfica sobordou o 40% de perda de habitantes. A gran maioría de municipios galegos non conseguen xerar de seu nin sequera o 50% dos ingresos que precisan para cubrir os seus orzamentos anuais. Por riba destas cifras abondo significativas, as provincias carecen de calquera xustificación social e económica e amósanse incapaces para Xornadas Programáticas CxG Marcelino Fernández Mallo Página 5
  • 6. inverter a dinámica regresiva daquelas cun menor grao de dinamismo. De feito, as deputacións revélanse coma un axente máis da vaga de clientelismo e mesmo nepotismo que cubre tanto as actividades cotiás dos concellos coma unha posíbel planificación cara ó seu desenvolvemento futuro. 1.2.4 Mencións sectoriais: o sector primario e o enerxético a) Malia contar Galicia cunhas condicións meteorolóxicas e edáficas privilexiadas e unha secular tradición agraria e gandeira, a balanza comercial do sector agroalimentario galego presenta un déficit salientable, tanto considerando o comercio internacional coma o que se deriva das transaccións co resto de comunidades autónomas. Vexamos algún dato: agás a carne de vacún e de ave, que amosan crecementos sostidos relevantes entre 1985 e 2007, o resto da produción agrogandeira presenta unha situación de devalo continuo: estancamento do sector lácteo dende 1995 lastrado pola cota láctea e o prezo do litro en orixe; forte perda no peso do porco respecto ó total español; drástico retroceso da pataca, das hortalizas e das froitas; crecemento nulo dos cereais e do millo forraxeiro, etc. Interesante os datos de agricultura ecolóxica. En 2009, Andalucía contaba con 8.444 operadores deste ramo (produtores, elaboradores, importadores e comercializadores), Castela - A Mancha con 4.896, Extremadura con 3.743; Galicia con 528. Fixándonos na comercialización, Andalucía tiña 95 comercializadoras de agricultura ecolóxica por 112 de Cataluña. Galicia ningunha segundo o Ministerio de Agricultura. b) A explotación forestal derivou cara a unha perniciosa especialización en especies arbóreas alóctonas de crecemento rápido como piñeiro e, sobre todo, eucalipto, que está a producir un cambio radical da paisaxe así como o empobrecemento da fauna e flora e a redución do valor engadido da madeira. Hai que subliñar que este fenómeno de “eucaliptización” é exclusivo de Galicia (e en menor medida de Asturias e Cantanbria) en toda Europa. c) Enerxía: segundo datos de UNESA, Galicia produciu a través de centrais eléctricas instaladas nos leitos dos ríos, 27 mil qwh en 2009 para un consumo de 18 mil qwh, o cal implica un 50% de excedente. Das 900 centrais españolas, 150 son galegas, e que mentres a porcentaxe do PIB galego sobre o español é do 5, a proporción na produción eléctrica acada o 9%. Xornadas Programáticas CxG Marcelino Fernández Mallo Página 6
  • 7. Se tomamos a situación do Estado como valor neutral, podemos consultar o ratio que compara o peso da produción e o consumo de cada Comunidade sobre o total español, dato que para Galicia é dun 1,25 (9% da produción sobre 7,2% do consumo). Excedentarias como Galicia atopamos Estremadura, Castela - León, Castela - La Mancha ou Aragón; encontramos a balanza equilibrada en CC.AA. como Cataluña, Andalucía ou Navarra; e detectamos que Euskadi presenta un ratio do 0,27 e Madrid do 0,01. Noutras palabras, toda a enerxía que a economía madrileña precisa recíbea doutras Comunidades Autónomas mentres que Euskadi recibiría 3/4 partes. Xornadas Programáticas CxG Marcelino Fernández Mallo Página 7
  • 8. 2. DIAGNÓSTICO CONXUNTURAL Tendo en conta o valor de síntese das variables de poboación, resumiremos a evolución económica de Galicia nos últimos tres anos (última lexislatura) a partir dos datos de actividade e desemprego comparados con España e que amosamos na táboa a seguir: INCREMENTO GALICIA ESPAÑA GALICIA ESPAÑA T1 2009 T2 2012 T1 2009 T2 2012 POBOACIÓN 2.738.423 2.720.467 45.870.483 46.163.116 -0,7% 0,6% POBOACIÓN > 16 ANOS 2.387.500 2.365.700 38.408.600 38.467.300 -0,9% 0,2% POBOACIÓN ACTIVA 1.331.100 1.309.600 23.101.500 23.110.400 -1,6% 0,0% POBOACIÓN OCUPADA 1.168.500 1.033.700 19.090.800 17.417.300 -11,5% -8,8% DESEMPREGADOS 162.700 275.900 4.010.700 5.693.100 69,6% 41,9% TASA ACTIVIDADE 55,8% 55,4% 60,1% 60,1% -0,4 -0,1 TASA PARO 12,2% 21,1% 17,4% 24,6% 8,8 7,3 Fonte: INE A evolución da economía galega queda reflectida observando as tres variables esenciais na táboa anterior as cales demostran que Galicia se comportou peor cá economía española mesmo cando esta amosou un comportamento extremadamente negativo. Así: a) A taxa de actividade descendeu en Galicia 0,4 puntos mentres que se mantivo en España b) A taxa de paro, que estaba 8,8 puntos por debaixo da estatal, recorta esa diferenza positiva ata 7,3 puntos. c) O crecemento do número de desempregados é do 69,6% en Galicia por un 41,9% en España. A evolución do PIB confirma a tendencia negativa. No último exercicio, en termos reais, o PIB do País Vasco medrou un 1,3%, en Cataluña un 0,8%, un 0,7% en España e un exiguo 0,3% en Galicia. Xornadas Programáticas CxG Marcelino Fernández Mallo Página 8
  • 9. 3. UN MODELO PARA A ECONOMÍA GALEGA Partindo das forzas motrices da economía global do século XXI, das deficiencias estruturais da economía galega sinaladas nos apartados anteriores e máis da negativa evolución dos últimos anos, cabe definir o Modelo Económico polo que aposta o País para reverter esta situación de extrema fraxilidade xeral. De cara ó futuro, en principio, caben dúas grandes opcións: a) Modelo “asiático” baseado en rendas baixas, captación de investimento produtivo e exportación. b) Modelo “occidental” baseado nun mercado interior desenvolvido e a competitividade sobre os eixos da innovación e a diferenciación. Para determinar o modelo acaído, habemos saber que o PIB galego destina, de modo aproximado, un 35% ó mercado interior, outro 35% ó mercado español e un 30% ós mercados exteriores, principalmente a Unión Europea. A rebaixa dos custos salariais que supón o modelo a) implicaría a retracción do mercado interior pola súa menor capacidade de consumo. O efecto desta redución sobre os mercados español e europeo sería marxinal e non podería compensar a retracción do mercado galego. Pensemos que, sendo obviamente relevante, o factor custo non é o elemento crítico na comercialización nos mercados desenvolvidos senón a calidade e a diferenciación, así como a penetración nas canles de distribución. Aínda máis, a maioría das importacións galegas proceden de rexións económicas con custos salariais máis elevados cós galegos. Para que o impacto da redución de custos fose importante, a rebaixa habería ser de tal contía que achegase os prezos galegos ós niveis dos países emerxentes. O cal provocaría a pobreza da poboación galega, a segura emigración dos traballadores cualificados e unha rebaixa notable dos ingresos públicos, co cal o investimento nos elementos de progreso como I+D ou formación se vería negativamente afectada, creando un círculo vicioso que conduciría o País cara a miseria. Unha demostración da falacia que supoñen as recomendacións para reducir os custos laborais co adaxo de facer fronte á globalización e á crise, está na listaxe dos países cun maior saldo excedentario da balanza corrente. Eliminando as exportacións enerxéticas, os líderes mundiais son China, Alemaña, Xapón, Suíza e Holanda. Dentro de España, as Comunidades Autónomas con maior saldo da balanza comercial (resto de España máis comercio exterior) son Euskadi e Cataluña. En tódolos casos agás China, Xornadas Programáticas CxG Marcelino Fernández Mallo Página 9
  • 10. falamos de economías con custos salariais notablemente por riba dos galegos. O modelo ten que conducir a superar as eivas descritas nos apartados anteriores e a xerar unha dinámica produtiva sobre a base da innovación e a tecnoloxía capaz de competir nos mercados da UE así como nos países emerxentes, e de crear os 40.000 postos de traballo anuais que han manter o índice de desemprego por debaixo do 10% ó tempo que detén a persistente emigración que segue a sufrir a nosa economía. Asemade debe compensar o déficit da balanza comercial con España, tanto potenciando a penetración de produto galego no mercado interior como a súa comercialización no resto de Comunidades Autónomas. Tendo en consideración a atonía prevista no mercado peninsular durante os vindeiros anos, debe tamén procurar a expansión da súa actividade internacionalizadora entre os países da UE e igualmente entre os países emerxentes. A cuestión clave é como crearmos eses 40.000 postos de traballo que necesitamos para manter un ritmo de crecemento similar ó tendencial español? O sector privado en Galicia demostrou durante décadas a súa insuficiencia para dinamizar a economía do País, a cal, como se viu, perde peso ano tras ano no conxunto da economía española. Por este motivo, faise indispensable a acción decidida e decisiva dos poderes públicos. Os representantes da Xunta actual manifestaron repetidamente a falta de ferramentas do goberno autonómico para facer fronte á crise. A seguir propomos o conxunto de accións directoras para unha intervención da administración pública galega na procura dun crecemento económico suficiente e sostible. Xornadas Programáticas CxG Marcelino Fernández Mallo Página 10
  • 11. 4. PROPOSTAS DE MEDIDAS ECONÓMICAS DE ALCANCE 4.1 De ámbito estatal A economía española está a ser xestionada sobre a base exclusiva do control do déficit público. Non entraremos en recomendacións xerais pero si brevemente nas que afectan ós ingresos fiscais pois deles dependen en boa parte as contas públicas de Galicia e, así pois, a dispoñibilidade de fondos para o estímulo da actividade. Hai que subliñar que España no carece de capacidade recadatoria senón que padece unha extrema redución do seu volume recadador por mor da falta de actividade. Xa que logo, será preciso incidir nos ingresos públicos mentres non se recupere a dinámica produtiva. Estas serían catro medidas a propor ó goberno central. a) Equiparar o tratamento das rendas do capital ás do traballo, de xeito que se aplique a progresividade fiscal tamén a aquel concepto incrementando notablemente a capacidade recadatoria. b) Crear un tramo fiscal para constituír un Fondo investidor de modo que o cidadán mantén a titularidade deses capitais (e recibiría os rendementos dos mesmos) inda que a súa xestión pasa a ser competencia do Fondo. Con esta medida, se liberarían capitais para a súa aplicación a proxectos produtivos. Un exemplo: as rendas superiores a 500.000 euros tributarían ó 50% máis un 25% que se destinaría ó Fondo. c) Medida a aplicar sobre o imposto de sociedades. Desdobrar en dous tramos o tipo impositivo en función da contribución das empresas á recuperación. Súbanse 3 puntos, por exemplo, a aquelas que no cren emprego e redúzase esa mesma contía ás empresas que si o cren. Desta maneira, o 30% de tipo impositivo aplicable ás grandes empresas se desdobraría en 33 e 27 mentres que o 25 das PEMES pasaría a 28 e 22. d) Simultaneamente ó punto c) anterior, facilítese de forma notable a contratación, introducindo a exención total da contribución á Seguridade Social durante o primeiro ano (quizais tamén durante o segundo) e achéguese un 40% da carga salarial dos novos empregos. Esíxanse o 5% de creación neta de emprego para acollerse ó tramo fiscal bonificado e que os novos traballadores se dediquen maioritariamente a actividades de Innovación, Internacionalización e Mellora da Produtividade. Cun programa como o definido nos puntos anteriores, as empresas verían incrementar o seu custo salarial en torno ao 1,5%, importe similar ao beneficio fiscal que obterían. Para a Administración, as contas Xornadas Programáticas CxG Marcelino Fernández Mallo Página 11
  • 12. tamén cadrarían, pois os ingresos tributarios non se resentirían mentres que o efecto sobre o gasto social sería igualmente neutro. A gran diferenza é que a Economía se reactivaría ao tempo que se melloraba a competitividade das empresas. 4.2 De ámbito galego Unha acción de goberno debe ser consciente das capacidades existentes para emprender políticas públicas activas de promoción industrial con potencial de transformación da economía galega. É preciso desenvolver un programa continuo de dinamización con múltiples polas de actividade e baseado na promoción / mobilización pública e na xestión privada. Os obxectivos básicos dun programa desta natureza haberían ser: a) Intelixencia de Mercado: profundar notablemente no coñecemento das potencialidades das distintas cadeas produtivas galegas e nos seus mercados de destino ó obxecto de gañar cota e penetración. b) Recursos Especializados: canto maior sexa o grao de formación e especialización dos traballadores galegos, maior será o valor engadido que se poderá acadar en cada proxecto. c) Canles de Comercialización: resulta capital reforzar notablemente a capacidade de distribución dos produtos galegos, tanto por canles tradicionais como a través das chamadas novas tecnoloxías. d) Reforzo do Capital: o capital é un elemento clave no desenvolvemento de proxectos empresariais, nas súas distintas formas de investimento directo, financiamento ou garantía. e) Optimización do Territorio e Solo industrial: os factores vencellados á terra e ás comunicacións son outro elemento básico da produción onde cómpre incidir en clave transformadora. f) A Recuperación do Rural: tanto as tendencias dos mercados globais como as propiedades xeomorfolóxicas de Galicia, inciden na necesidade de recuperarmos o sector agrogandeiro. g) Tecnoloxía, Enerxía e I + D: son os elementos clave da competitividade, entendendo por tal non só a innovación de produto, senón tamén de custo, en especial en ciclo recesivo. O factor enerxía entraría dentro deste obxectivo. h) Marca: fundamental en determinadas actividades e mercados. i) Medidas sectoriais: con independencia das accións horizontais, cada unha das cadeas produtivas básicas da economía galega debe ter o seu Xornadas Programáticas CxG Marcelino Fernández Mallo Página 12
  • 13. plan de acción para incidir nas eivas principais que lastran a súa continuidade e crecemento. Velaquí o Plan de Actuación en detalle: Intelixencia de Mercado 1) Estudo Proxectivo para determinar as cadeas produtivas (Anexo 1) xeradoras de emprego a medio prazo. Galicia ten que saber sobre que actividades económicas se vai sustentar tanto o seu PIB coma o emprego no futuro. É preciso realizar unha análise das principais cadeas produtivas de maneira que sirva de referencia para o conxunto das políticas a aplicar. A actual estrutura produtiva amósase claramente descompensada, cun peso da construción e sectores afíns que duplica a media da Unión Europea. O novo modelo económico habería identificar e promover os sectores que deben encher ese baleiro do 10% do PIB que deixa o sector inmobiliario. 2) Estratexia de vendas ó exterior por sector e mercado de destino. É preciso analizar as posibilidades de penetración do produto galego, de consumo e industrial, nos mercados españois, europeos, USA, brasileiro, mexicano, indio e chinés, entre outros, e deseñar de acordo con consultores especializados a estratexia acaída a cada sector e mercado para gañar cota de vendas. 3) Sistema de detección de alertas empresariais. A partir de arquivos existentes de información financeira, é posible deseñar un sistema de detección de crises empresariais; por exemplo, co estudo da evolución da variable “distancia á quebra”. Desta maneira, habería a posibilidade de adiantarse á posíbeis dificultades en empresas importantes para o País. Recursos especializados 4) Especialización formativa das Universidades galegas e busca da excelencia internacional en cadanseu campo. P. ex: Santiago: biotecnoloxía e enerxía. Vigo: enxeñerías. Coruña: tecnoloxías da comunicación. Entrada das empresas punteiras en cada actividade nos Consellos Reitores de I+D das Universidades. Liderado de I+D galego por parte das empresas e dependente das necesidades de innovación do tecido empresarial galego. Nun País pequeno, os recursos son especialmente reducidos. Eis a necesidade de seleccionar os sectores e proxectos ós que orientar o I+D. Xornadas Programáticas CxG Marcelino Fernández Mallo Página 13
  • 14. 5) Recuperación dunha parte importante dos traballadores especializados galegos que están fóra de Galicia e amosan desexos de retorno. É necesario crear unha base de datos destes traballadores para a súa consideración a efectos dos proxectos que xere este Plan de Actividade. 6) Como caso expreso do punto 5) anterior, intento de recuperación para Galicia das empresas ou departamentos especializados de compañías galegas. 7) Emprendedores: Unha lei de emprendedores debe facilitar o labor de lanzamento de proxectos empresariais, facilitando os trámites de constitución e reducindo as cargas dos primeiros exercicios. A creación dunha Unidade de Asesoramento ó Desempregado, dependente de Traballo, tería un impacto positivo sobre a actividade emprendedora, hoxe completamente desatendida pola Administración. Canles de Comercialización 8) Faise imprescindible crear Unidades Comercializadoras, probablemente de promoción pública e xestión privada, que potencien de modo notable a penetración do produto galego no mercado español. 9) O fenómeno exportador estase espallando entre a empresa galega pero nin ó ritmo necesario nin coa capacidade de distribución suficiente. É necesario promover dende o sector público Consorcios de Internacionalización multiproduto e profesionalizar a función exportadora de xeito que se amplíen decididamente tanto o número de empresas afectadas como os mercados de destino. 10) Internet representa unha canle comercializadora de primeiro nivel, tanto en versión B2B como B2C. A empresa galega despreza este feito de maneira incomprensible. Resulta clave introducir nas primeiras 500 empresas galegas o comercio electrónico con criterios profesionales e dotalas de servizos cooperativos de difusión e soporte. 11) Mercados locais en itinerancia. A recuperación dos mercados locais tería efectos positivos sobre o produto galego. A creación dun mercado local en itinerancia, con exposición, venda e divulgación, que chegue ás principais vilas galegas e españolas, permitiría un maior coñecemento dos beneficios de cada artigo e un superior recoñecemento de marca. Reforzo do Capital Xornadas Programáticas CxG Marcelino Fernández Mallo Página 14
  • 15. 12) Novo papel do IGAPE. O acceso ó financiamento será un factor competitivo esencial no novo marco económico. O IGAPE debe promover a súa actividade cara a captación de proxectos de investimento e das fontes de financiamento. 13) Banca galega: Trala perda das Caixas galegas e do Banco Pastor, é preciso garantir a propiedade pública de Novagalicia Banco e a súa adscrición a Galicia. Mais tamén é preciso que os 4.000 millóns que leva colocados o Estado, máis os outros 5.000 millóns que previsiblemente recibirá, sexan destinados nunha proporción relevante ó financiamento empresarial dentro de Galicia. Adicionalmente, non se pode permitir de novo a xestión dolosa da etapa anterior así que deberán poñerse medidas de control dos planes de dirección e dos seus resultados. 14) Reforzo das garantías públicas. Hai espazo para potenciar en maior medida o recurso ós avais públicos. O reforzo de AFIGAL e SOGARPO e a súa expansión con maiores dotacións e presenza no mercado sería unha medida acaída a tempos de recesión. 15) Os grandes capitais galegos deben ser motivados a participar de xeito importante nos planes de investimento do goberno galego. 16) A base de empresarios galegos no exterior tampouco non está a ser aproveitada debidamente. Eles deben ser protagonistas tamén deste Plan de Actuación pois son os empresarios exteriores que amosarán unha maior receptividade cara ás propostas do goberno galego no eido do investimento produtivo dentro do País. 17) Capacidade de atracción de investimento exterior (FDI: foreign direct investment). Existe un mercado global de investimentos exteriores no cal Galicia nunca participou. Velaí o seu raquítico 0,12% de cota sobre os investimentos foráneos que se captaron en España en 2011 e que dá boa conta da pasividade galaica nesta liña de acción. Galicia non está presente no organismo especializado neste eido, a World Association of Investment Promotion Agencies, tal como están España, Andalucía, Madrid ou Cataluña, que conta con dúas institucións representadas. Galicia nunca recorreu ás ferramentas de captación de FDIs como o FDI Promotion Center, o Investment Map ou o Investment Gateway, entre outros, e tampouco nunca fixo achegamento ningún as chamadas Outward Investment Agencies, institucións que participan de maneira decisiva na localización dos proxectos internacionais. Os factores máis tidos en conta á hora de determinar a localización para un proxecto son as conexións exteriores, a facilidade de emprazamento e o número e cualificación dos recursos humanos. Sería preciso abordar xa a rede multimodal de transporte de mercadorías, dispoñer de solo Xornadas Programáticas CxG Marcelino Fernández Mallo Página 15
  • 16. industrial a prezos competitivos e mellorar o noso ensino universitario (cuestións abordadas noutros puntos). Optimización do Territorio 18) A Estruturación Territorial de Galicia, nos seus dous ámbitos (Organización e Ordenación), resulta absolutamente fundamental para unha asignación eficiente dos recursos públicos e para unha maior capacidade de captación de investimentos así como para o artellamento de infraestruturas empresariais. A creación de Áreas Metropolitanas e a agrupación económica de Concellos, ademais da ordenación do territorio en función do seu uso, son factores elementais para un programa de desenvolvemento. Deste xeito, se reforzaría a capacidade de mobilización de recursos e de coordinación de servizos en torno ás principais urbes de Galicia, nada para artellar unhas bisbarras ou comarcas que, superando os caducos límites provinciais e as inmobilistas fronteiras municipais, permitisen xerar políticas activas de reconstrución social, nada para coaligar os infraconcellos que atrofian a administración e empecen calquera estratexia territorial. 19) Deseño propio da rede de transporte de mercadorías, a partir dun modelo integrador dos portos e o ferrocarril. Axilización da conexión ferroviaria dos portos exteriores de Caneliñas e Punta Langosteira. 20) Deseño propio da rede de transporte de viaxeiros, a partir dun modelo integrador dos aeroportos e o ferrocarril. 21) Polígonos industriais de última xeración. Superficies construídas con criterios ecolóxicos e dotados de equipamento residencial, de lecer, atención infantil, telecomunicacións, aulas formacións, heliportos. Custo moi competitivo por m2, que multiplicará a capacidade de asentamento de proxectos. Recuperación do Rural 22) Plan integral de Recuperación do Rural: No rural reside unha das chaves para o desenvolvemento de Galicia. Por unha banda, as condicións dos mercados internacionais, coa demanda alimenticia medrando a ritmo inalcanzable para a oferta; por outra banda, unhas rendas laborais en devalo que provocarán o empeoramento da calidade de vida ou o desprazamento cara a zonas co custo de vida inferior; e finalmente, unha ampla dispoñibilidade de terreo en Galicia e uns recursos naturais privilexiados. Todo apunta ó rural. Artellando un programa de acción que contase coas cooperativas e principais firmas agrogandeiras e industrias alimentarias galegas, e cos sindicatos agrarios, e coas deputacións, mancomunidades e concellos, para poñer Xornadas Programáticas CxG Marcelino Fernández Mallo Página 16
  • 17. en rendemento tanta superficie estéril e para recuperar tanto cultivo irresponsablemente abandonado; captando asesores en materia técnica, tecnolóxica, de mercados e de desenvolvemento e incorporándoos ó programa; mellorando as redes de servizos tanto de transporte como de infraestrutura tecnolóxica, educación e sanidade; fomentando a rehabilitación de edificios e vivendas abandonadas e dotando de condicións atractivas á residencia nas zonas rurais; diversificando as accións cara a áreas económicas complementarias en especial aquelas vinculadas ó medioambiente, á enerxía e ó I+D+i; e integrando o coñecemento rural nos programas de ensino do País. Habemos crear un “banco de proxectos agrarios” da man das Cooperativas e Empresas agrogandeiras do País mailas empresas do sector alimentación para facer produtivo o rural galego. 23) Rede de Centros de Demostración Rural (CEDROS). Unidades estratexicamente situadas en distintas áreas do rural con funcións innovadoras e de gran potencial de desenvolvemento. Terían múltiples funcións de alto valor: apoio ó ensino no rural sobre o soporte das novas tecnoloxías (videoconferencias, encerados electrónicos...); obradoiros permanentes especializados en técnicas agrarias, gandeiras e de oficios artesanais; granxa escola (p.ex. asistencia para o ensino en Galicia dunha semana por curso e aula), asesoramento á poboación rural, conexión Internet, demostración para o sector turístico, venda produtos da zona, mantemento equipamento cultural, sinalética... Tecnoloxía, enerxía e I+D 24) Mando único do I+D na Consellería de Industria, de modo que se optimice a función innovadora e sexa liderado polo sector económico (complementario do punto 4). 25) Pór en marcha unha Matriz de xeración de proxectos de I+D a partir do cruzamento da táboa de cadeas produtivas (Anexo 1) e das tecnoloxías con maior potencialidade innovadora (Anexos 2 e 3) para a inspiración dos programas de I+D das distintas Consellerías, Centros Tecnolóxicos, Empresas e Universidade (neste caso, de acordo co punto 5). Desta maneira se garantiría a transferencia tecnolóxica, auténtica cuestión pendente na cadea do I+D. Ante a conxuntura actual de recesión, énfase especial nas tecnoloxías de proceso (optimización de custos e recursos). Anos importantes para aproveitar os Fondos Comunitarios destinados a I+D. 26) Tan relevante como xerar proxectos de innovación baseados en novos deseños, procesos e tecnoloxías, é realizar a adquisición tecnolóxica axeitada a cada empresa que asegure a súa permanente adaptación á Xornadas Programáticas CxG Marcelino Fernández Mallo Página 17
  • 18. contorna competitiva dentro do seu mercado. Unha entidade coma o FEUGA ou a propia OPIDI haberían facilitar a adquisición tecnolóxica mediante a transmisión dun coñecemento especializado dentro das cadeas produtivas identificadas no anexo 1. 27) Resulta imprescindible renegociar as concesións das centrais hidroeléctricas do País, pechar aquelas cunha maior incidencia nos leitos, na auga, na fauna e na paisaxe, e aplicar unha taxa autonómica polas externalidades que comportan os proxectos hidroeléctricos. 28) Galicia, País do Hidróxeno. O colapso previsible das principais fontes de enerxía esixe avanzar ineludiblemente na eficiencia enerxética e isto pódese conseguir a través da tecnoloxía do hidróxeno que permite almacenar a enerxía non consumida. A captura e almacenamento de enerxía a través do hidróxeno (p.ex. dos aeroxeradores) e a súa aplicación mediante baterías a usos distintos (p.ex. buques) pode constituír unha auténtica revolución. Galicia precisa un plan de acción que garanta a súa presenza nos proxectos actuais máis avanzados e o desenvolvemento de capacidades propias. 29) Programa de implantación do teletraballo na Administración e posible extensión asesorada a institucións, organismos e empresas galegas. Marca 30) Ecoloxía como forza motriz da política industrial de Galicia. Galicia ten as condicións para explotar a tendencia á protección medioambiental que existe en case que tódolos sectores de actividade. Crear a marca “Galicia, Empresa Verde” como garantía de control ecolóxico e de instalacións eficientes dende o punto de vista medioambiental pode aumentar a capacidade de captación de investimentos, así como a notoriedade exterior dos produtos galegos. Medidas sectoriais (por cadea produtiva) 31) Busca dunha catarse transformadora dos principais sectores produtivos para a súa adaptación competitiva á nova era post-crise. Euskadi pode ser un exemplo digno de ter en conta: da man da consultora Monitor, revolucionou a súa industria. Colaboración con consultores internacionais (os mercados son internacionais) para deseñar a mellor estratexia en cada caso. Exemplos:  Compoñentes automóbil: diversificación e adquisición compañías complementarias. Adaptación a esixencias ecolóxicas.  Conservas: xeración de produtos de maior valor engadido, fusións e ampliación de mercados. Xornadas Programáticas CxG Marcelino Fernández Mallo Página 18
  • 19. Carne de porco: profesionalización e tamaño  Cereais: recuperación de superficie cultivada e integración vertical  Hortalizas: recuperación de superficie e agricultura ecolóxica  Moble: deseño, posibles sinerxías con sector téxtil 32) Como extensión e exemplo do punto 17. anterior, tomemos o sector lácteo. Imaxinemos un gran proxecto galego liderado por Coren (destinada a converterse na “Nestlé” galega) e a participación do proxecto de explotacións agrupadas ata xuntar gandos dun mínimo de vacas, para a xestión leiteira automatizada, integrando ademais terreos ermos para a produción de cereal. Imaxinemos un distribuidor como Gadisa integrado no proxecto: teríamos capacidade produtiva, proceso automatizado, I+D para produción de valor engadido, e fórmula de distribución. Un esquema similar habería de reproducirse no resto de cadeas produtivas identificadas no anexo 1. 33) Unha das respostas á parálise do sector inmobiliario está a ser a rehabilitación de vivendas. Sen embargo, é posible multiplicar notablemente esta liña de actividade. Os cascos vellos da maioría das cidades galegas están en mala situación e mesmo hai múltiples edificios senlleiros en estado ruinoso. É preciso acelerar os programas de colaboración coas empresas construtoras para un plan integral a 4-5 anos. Necesario igualmente introducir criterios ecolóxicos e de aforro de enerxía. 34) Potenciación do Valor Turístico de Galicia. Galicia presenta un enorme potencial para a captación de importantes fluxos turísticos alén do Xacobeo. A través da multiplicación da oferta e a promoción diferenciada pódese conseguir o aproveitamento desta oportunidade. A proposta sería a creazóns dos sete espazos integrados de xestión e promoción, que serían: Compostela, O Arco Ártabro, Galicia Natural (Ancares e O Courel), Galicia romana, A Ribeira Sacra, A Costa da Morte e As Rías Baixas. Desenvolver a industria de servizos turísticos: guías especializados, contact center de asesoramento, relación con axencias e tour operadores, artigos comerciais, sinalética urbana e en estradas, merchandising… 35) A industria da cultura e a lingua galega. O noso idioma ten un amplo potencial de desenvolvemento económico que se está a desaproveitar. A música, a literatura, o teatro, o audiovisual… galegos deben multiplicar a súa difusión a través de usos eficientes dos medios de comunicación e o labor de apoio das institucións culturais principais do País (exemplo: co orzamento dunha soa das grandes exposicións que se adquiren nos mercados foráneos, poderíase financiar boa parte do labor creativo musical de Galicia). Xornadas Programáticas CxG Marcelino Fernández Mallo Página 19
  • 20. 5. CONCLUSIÓNS O Modelo económico aplicado secularmente en Galicia está a demostrar a súa incapacidade para xerar valor engadido, para propiciar un crecemento sostible e para reter os cidadáns galegos nas fronteiras do seu País. Como consecuencia, Galicia encarréirase cara a marxinalidade económica e, xa que logo, tamén institucional. As propostas recollidas neste documento xustifican a necesidade imprescindible dunha acción decidida e ambiciosa dos poderes públicos que complementen a iniciativa privada, claramente insuficiente. O obxectivo é marcar e manter unha senda de dinamismo no eido da economía sostible, con innovación especialmente nos terreos da enerxía, a biotecnoloxía e o sector agroalimentario, capaz de atraer proxectos de vangarda, administrando con eficiencia os recursos, participando activamente do comercio español e internacional, recuperando a paisaxe tanto rural coma urbana e semiurbana e aprendendo a utilizar a súa cultura e idioma como factores de diferenciación. Temos recursos e condicións para que así sexa. Falta crer verdadeiramente nas nosas posibilidades, aplicar as capacidades á nosa disposición e desterrar as prácticas do pasado que a ningures nos conducirán. Xornadas Programáticas CxG Marcelino Fernández Mallo Página 20
  • 21. ANEXO 1: Cadeas produtivas básicas no futuro económico de Galicia 1. Pesca, produtos conxelados e conserva 2. Mexillón fresco e conserva 3. Acuicultura intensiva 4. Marisqueo e conserva de marisco 5. Gando vacún e procesamento de carne 6. Leite e produtos derivados 7. Gando porcino e procesamento de porco 8. Aves e produtos derivados 9. Outras gandeirías 10. Alimentación animal 11. Cereais e produtos forraxeiros 12. Hortaliza fresca e produtos elaborados 13. Pataca e procesamento 14. Froita fresca e produtos elaborados 15. Industria do viño 16. Industria da auga 17. Textil e confección 18. Madeira, produtos derivados e tratamento de refugallos 19. Moble 20. Industria química 21. Metalurxia e maquinaria 22. Informática e Equipos electrónicos 23. Tecnoloxías da Información e as Comunicacións 24. Biotecnoloxía 25. Automóvil e empresa auxiliar 26. Construción naval 27. Industria da pedra e materiais de construción 28. Industria da pizarra 29. Xoiería, artesanía e precisión 30. Enerxía eléctrica 31. Enerxía eólica 32. Enerxía solar 33. Enerxía por biocombustibles 34. Industria medioambiental 35. Industrias de aforro enerxético 36. Rehabilitación de edificios 37. Xestión portuaria 38. Loxística e distribución 39. Publicidade e industria multimedia e audiovisual 40. Turismo e industria cultural Xornadas Programáticas CxG Marcelino Fernández Mallo Página 21
  • 22. Anexo 2. Tendencias de innovación horizontal 1. Solucións empresariais baseadas na mobilidade tecnolóxica 2. Converxencia comunicación voz e datos 3. Sofware de xestión 4. Domótica 5. Tecnoloxías inalámbricas 6. Información e localización a distancia 7. Tratamento imaxes tridimensionais 8. Utilización de refugallos e subprodutos 9. Seguridade e normalización 10.Intelixencia artificial 11.Robótica 12.Nanotecnoloxía 13.Especialización infantil Anexo 3. Tendencias de innovación sectorial Enerxía 1. Produtividade parques eólicos e parques eólicos mariños 2. Enerxía fotovoltaica (células fotoeléctricas e tratamento silicio) 3. Enerxía por paneis solares 4. Biomasa a partir de residuos o cultivos enerxéticos 5. Biogás a partir de residuos biodegradables 6. Biocarburantes a partir de aceites vexetais e cereais 7. Sistemas de aforro enerxético 8. A economía do hidróxeno 9. Sistemas de minimización do impacto medioambiental das minicentrais 10.Desaladores solares Industria 1. Eficiencia xeral dos procesos produtivos 2. Automatización procesos 3. Envasado 4. Deseño industrial 5. Materiais 6. Alimentación funcional 7. Industria dos videoxogos (especialización en xogos-nicho) 8. Tecnoloxía educativa 9. Biotecnoloxía e saúde Medio ambiente 1. Detección, medición e eliminación de produtos tóxicos 2. Medidas antipolución do aire 3. Sistemas de conservación e preservación das augas 4. Produtos sustitutivos da auga en usos substituíbles 5. Reprodución e supervivencia animal 6. Reprodución e supervivencia vexetal 7. Protección dos bosques, prevención e extinción de incendios 8. Tratamento de residuos e reciclaxe 9. Aproveitamento silvopastoril 10. Edificios “verdes” Xornadas Programáticas CxG Marcelino Fernández Mallo Página 22
  • 23. Xornadas Programáticas CxG Marcelino Fernández Mallo Página 23