SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 16
Descargar para leer sin conexión
ESTE É UN PROXECTO DE
Oficina para a Igualdade de Xénero
Vicerreitoria de Igualdade Cultura e Deporte
NON BOTES
BALÓNS FÓRA
TI ES QUEN CREA O XOGO,
MÉRCORES 8
DE MARZO DE 2023
WWW.UDC.ES
GRATUÍTO
AMARA GARCÍA ADÁN
INVESTIGADORA EN
DEREITO CON
PERSPECTIVA DE XÉNERO
JULIA VAQUERO
JULIA VAQUERO
DEPORTISTA DE
ALTO NIVEL
PÁX. 2 PÁX. 16
ANA LÓPEZ SUEVOS
ANA LÓPEZ SUEVOS
XUÍZA COMPROMETIDA
XUÍZA COMPROMETIDA
CO FEMINISMO
CO FEMINISMO
PÁX. 8
2 DESligaTE
NO CAMPUS
Falta de credibilidade ou falta de perspectiva?
A necesidade da incorporación da perspectiva de xénero
no dereito.
Amara García Adán
Amara García Adán
Contratada predoutoral
Departamento de Dereito Público
Área de Dereito Procesual
Universidade da Coruña
As mulleres crecemos escoitando o mansas
que debemos ser, dísenos que non debemos
gritar, que pelexar é cousa de nenos e que
debemos entregar os nosos coidados a un
home por amor. Crecemos escoitando no-
ticias de mulleres violadas, maltratadas e
asasinadas, ben por non resistirse ou ben
porque ao resistirse as mataron. Crecemos
con medo de saír soas á rúa, con medo de
que nos violen e incluso de que, se a situa-
ción empeora, nos maten. Este medo acom-
páñanos a nós mesmas, ás nosas nais e ás
nosas amigas. Preguntarlles se chegaron á
casa despois de saír de festa ou de ir tomar
algo é unha práctica habitual, e témola tan
naturalizada que resulta algo cotián, cando
non debería selo.
Crecemos escoitando que non temos razón,
que non temos a mesma capacidade que un
varón para realizar as mesmas actividades,
que non imos chegar a postos de represen-
tación ou que, para facelo, temos que re-
nunciar a parte das nosas vidas. Crecemos
dentro da cultura da violación, onde se nor-
malizan mensaxes misóxinas e sexistas na
publicidade, en Internet, nas películas e en
todos os ámbitos sociais. Por unha banda,
non podemos pelexar, pero, pola outr,a se
non pelexas en caso de ser agredida non es
digna de crédito no teu testemuño.
Todos estes temas eran algo que, desde
nova, estaban no meu pensamento como
problemas que había que abordar. Cando
se fixo pública a Sentenza da Audiencia
Provincial de Navarra 38/2018, coñecida
como a de «La Manada de Pamplona», eu
estaba en terceiro de carreira. Lembro ese
día como un punto de inflexión na miña
traxectoria. Sentía que debía investigar a
aparente falta de credibilidade que temos
as mulleres cando denunciamos un caso de
violencia sexual. O eterno cuestionamento
do noso comportamento, a nosa vestimenta,
os nosos testemuños, as nosas verdades, os
nosos praceres.
Estes últimos anos déronse acontecementos
en relación cos axuizamentos de casos de
violencia sexual que están mobilizando o
movemento feminista e a toda a poboación.
As sentenzas son á vez descritivas e pres-
critivas, é dicir, describen unha situación e
mándanlle unha mensaxe á poboación so-
bre como debe ser entendido un acto. E é
por iso que, como sociedade, se cuestiona
a obxectividade dalgunhas resolucións xu-
diciais nesta materia. Como pode existir
unha fenda tan profunda entre a sociedade
e a xustiza ao entender unha determinada
acción?
No caso da mencionada sentenza da Au-
diencia Provincial de Navarra, o que agro-
ma é unha inxustiza epistémica testemuñal.
A filósofa Miranda Fricker acuña o termo
«inxustiza epistémetica» no seu libro Injus-
ticia epistémica. El poder y la ética del co-
nocimiento (2017). Enténdeo como outro
tipo de inxustiza que existe nas sociedades
alén das, por exemplo, de tipo social ou
económico. Esta supón aquel dano que se
lle causa a alguén na súa condición espe-
cífica de suxeito de coñecemento restando
credibilidade ao seu testemuño debido aos
prexuízos identitarios negativos. Isto ten
como consecuencia que a vítima non poida
transmitir a súa experiencia da violación en
forma de coñecemento, xa que o tribunal
exerce un poder identitario de xénero que
dana a súa confianza epistémica.
Imaxinemos un tribunal que está xulgando
un caso de violación formado por homes
que nunca viviron esa experiencia, diante
do cal a vítima ten problemas para relatar
o que lle aconteceu debido ao trauma que
supuxo. O tribunal comeza a exercer un
poder identitario de xénero sobre ela, ao
emitir xuízos, xestos, e crear unha atmosfe-
ra que van danando a confianza epistémica
da vítima para relatar o ocorrido, é dicir, a
súa confianza na propia experiencia vivida.
Ao mesmo tempo, tamén se cuestiona o seu
relato na prensa e nas redes sociais. A súa
credibilidade vai ir pouco a pouco sendo
menos consistente, xa que aprecia que non
ten a confianza do tribunal xulgador.
Aquí podemos ver como os prexuízos teñen
como consecuencia que a vítima non poida
transmitir a súa experiencia en forma de co-
ñecemento sobre a súa violación. Isto supón
un fracaso epistémico e ético por parte dese
tribunal.
Sen entrar a un debate a respecto da neu-
tralidade ou obxectividade das normas,
considero importante destacar a utilidade
da noción de inxustiza epistémica para so-
meter a unha análise crítica e feminista a
argumentación xurídica. En moitas ocasións
asúmese unha suposta neutralidade sen re-
parar nos estereotipos e prexuízos que per-
viven durante séculos nas concepcións máis
profundas da sociedade, nomeadamente, os
prexuízos de xénero. Levado ao plano da
violencia sexual, isto comporta unha sospei-
ta permanente sobre a vítima e unha excul-
pación a priori do agresor ou os agresores.
Os xuíces, como o resto dos seres humanos,
nacen, crecen e opositan nunha sociedade
chea de prexuízos e estereotipos que non
desaparecen por acceder á carreira xudicial
se non se lles presta a atención debida. É
por iso que cómpre introducir a perspec-
tiva de xénero no dereito e dispoñer das
ferramentas necesarias para poder revisar a
obxectividade e a neutralidade, sobre todo
nos contextos de valoración probatoria.
No proceso penal español rexe a libre valo-
ración da proba, o que non quere dicir que
a persoa que xulga teña discrecionalidade á
hora de valorar nin que deba afastarse do
deber de xustificar a súa decisión. Quere
dicir que vai ter que atender as normas da
lóxica, as máximas de experiencia ou a sa
crítica. É aquí onde podemos preguntarnos:
que son as máximas de experiencia?, quen as
dota de sentido?, poden chegar a reproducir
prexuízos que existen na sociedade sobre
determinadas accións?
Empréganse as máximas de experiencia
como referencia a unha especie de imaxi-
nario colectivo que se toma como exemplo
de consenso social ou científico sobre cal
será a dogmática xurisprudencial sobre a
previsibilidade dos acontecementos. É di-
cir, as máximas de experiencia supoñen
un concepto caótico e indeterminado. Ao
englobarse dentro dun coñecemento natu-
ralizado sobre como son as cousas ou como
se cre que deben ser, tal concepto pode ser
susceptible de reproducir estereotipos e
prexuízos dunha cultura hexemónica. O se-
xismo, o racismo, o clasismo, o capaticismo,
o heteronormativismo e as chamadas fobias
(homofobia, transfobia, xenofobia etc), son
fenómenos endémicos na nosa sociedade e
non existe un dereito que sexa alleo a eles.
Por todas estas razóns, é imprescindible
a adopción dunha perspectiva de xénero
dentro do dereito, e en concreto na valo-
ración probatoria, para poder substituír as
máximas de experiencia machistas tradicio-
nalmente asumidas por novas máximas de
valoración probatoria baseadas na igualdade
real e efectiva. O proceso penal e a valora-
ción das probas teñen un papel fundamental
no acceso á xustiza para minorar o risco de
que certos actos volvan cometerse e evitar a
impunidade. Ser conscientes de que os este-
reotipos e prexuízos existen, identificalos e
neutralizalos segue a ser un obxectivo que
a xustiza ten que perseguir para evitar non
dar respostas equivocadas a aquelas persoas
que precisan de protección xurídica.
O dereito penal non pode ser a única solu-
ción. Co paso do tempo máis condutas se
recoñecen como violencia sexual e, porén,
o número de delitos cometidos –dos que se
ten constancia– segue sendo moi elevado.
A violencia sexual, así como a violencia de
xénero en xeral, é un tipo de violencia es-
trutural e non son casos illados. O poder
punitivo do Estado debe ser a última res-
posta e non podemos confiar totalmente un
cambio social a ese ius puniendi. Por iso,
se queremos ter unha sociedade máis xusta
e humanitaria, tense que comezar desde as
escolas para educar en valores de igualdade
de xénero e respecto.
DESligaTE 3
NO CAMPUS
ENTREVISTA A YARA CAGIAO DÍAZ,
autora do TFM Estudio cualitativo sobre o impacto
da violencia de xénero na saúde mental.
Fálanos un pouquiño sobre ti. Quen es?
Que estudaches, a que te dedicas agora
mesmo?
Estudiei o grao en Terapia Ocupacional
na UDC, grao que rematei no ano 2021,
e continuei estudando posteriormente no
Mestrado en Asistencia e Investigación Sa-
nitaria. Actualmente, comecei a traballar
como terapeuta ocupacional nunha asocia-
ción situada en Narón.
O teu traballo de fin de mestrado (TFM)
foi un estudo sobre o impacto da violen-
cia de xénero na saúde mental. Que te
levou a escoller este tema?
O certo é que a selección da temática foi
ligada á realización anterior do meu traba-
llo de fin de grao. Nese intre ou nese ano
en concreto centreime, acompañada polas
miñas titoras, no impacto dun momento
concreto, ou máis que nun momento, nun
fenómeno concreto: o da pandemia. E iso,
de cara ao mestrado, levoume a reflexionar
sobre o impacto que leva consigo a violen-
cia de xénero en si mesma sobre todas as
esferas da vida das mulleres superviventes, a
todos os niveis, e especialmente na súa saú-
de mental, que ao final é un piar nos seu
día a día.
Ademais, aínda que eu non son ningunha
experta neste ámbito, si que penso que as
investigacións sobre a violencia de xénero
continúan sendo escasas, e máis se busca-
mos investigacións específicas sobre o seu
impacto na saúde mental. É moi complexo,
ou polo menos para min o foi, atopar inves-
tigacións que vaian máis alá de outorgar un
diagnóstico concreto e recollan o que hai
detrás, que sen dúbida é moito e é necesario
indagar nese aspecto, ese impacto nas súas
vidas.
Cales cres que son as liñas de mellora
necesarias para acompañar as vítimas de
violencia de xénero? E ás súas familias?
Penso que a esta pregunta poderiamos res-
ponder moitas xa simplemente polo que
continuamos vendo no noso día a día. Por
moito que intentemos avanzar, a realidade
é que temos unhas cifras de feminicidios,
tanto as oficiais como as que descoñecemos,
que xa din moito respecto a esta pregunta.
O primeiro, e quizais o máis importante,
ao final, é poder garantir unha seguridade
real tanto para a supervivente como para
a súa familia. E non só iso, senón que ao
final este é un fenómeno moi complicado,
no que todo inflúe, e tamén impacta moito
a visión dos profesionais, o xeito de actuar
dos profesionais que están en contacto coas
superviventes, a importancia de non xulgar
as súas decisións.
Pero realmente hai moitos aspectos que
cómpre ter en conta, o aspecto económi-
co, o aspecto social, o aspecto psicolóxico,
inmenso; pode haber menores de por me-
dio, medos, condicionantes etc.; incluso os
propios aspectos familiares; e que ao final
as mulleres se atopan, na maioría das situa-
cións, completamente anuladas. En verdade
paréceme moi complexo trazar esas liñas de
mellora e plasmalas aquí nun par de frases.
Que conclusións ou aprendizaxes saca-
ches deste traballo con mulleres super-
viventes da violencia de xénero en rela-
ción coa saúde mental?
O certo é que investigar nestas liñas, véndoo
agora desde fóra, leva consigo o feito de ter
que intentar ver máis alá. Quero dicir que
se acaba indagando a e na realidade das mu-
lleres superviventes, a cal abrangue moitos
aspectos, necesidades, apoios, os elementos
que impactan na súa saúde mental e non só
a consecuencia directa. Falamos do proceso,
do ciclo da violencia de xénero, dun proceso
que leva ao illamento e a anulación total das
mulleres, a anulación da súa personalidade,
da súa autonomía, da súa independencia,
dos seus gustos, no que desde esta perspec-
tiva é moi importante non incrementar a
súa vulnerabilidade e a súa desprotección,
baixo ningún concepto. Tamén destaca
moito a importancia de contar ou non cun
círculo de apoio familiar e social, e o impac-
to que pode ter que o agresor perciba que
conta cun control completo sobre a muller,
que esta se encontra completamente illada
xunto a el, máis a presenza de menores.
O pasado mes de novembro participa-
ches, xunto con outras compañeiras, na
IV Xornada de Sensibilización e Preven-
ción da Violencia Sexual na Mocidade
que organizou a UDC. Cal cres que é o
impacto deste tipo de violencia na saú-
de mental das mozas e mulleres que a
sofren?
A verdade é que eu non cheguei a investi-
gar acerca da violencia sexual de maneira
concreta, nin non traballo de fin de grao
nin no traballo de fin de mestrado. Polo
tanto, falando desde a miña perspectiva
persoal, non como investigadora ou como
estudante, senón como muller, a violencia
sexual implica prexuízos e, moitas veces, a
sinalización da vítima, a súa culpabilización,
e iso impacta directamente sobre a súa saú-
de mental. Non só iso, senón que a expo-
sición á violencia sexual, e tamén a outras
tipoloxías de violencia contra a muller, aos
feminicidios, pode vir dada pola parella, por
algún familiar, por un amigo, por un coñeci-
do, por un descoñecido ou por un grupo dos
anteriores. E a vivencia, a exposición, pode
comportar un estado de alerta continuo, de
medo, de ansiedade, de anulación etc. que
vai impactar directamente sobre a vida cotiá
da supervivente.
Que recursos ou ferramentas existen
para mulleres que estean vivindo unha
situación de violencia de xénero e pre-
cisen axuda?
O máis coñecido quizais sexa o teléfono 016
de atención a todas as formas de violencia
contra as mulleres, e asociados a el existen
unha charla en liña e un correo electrónico.
Logo encóntranse os centro de información
á muller, os centros de rehabilitación inte-
gral, as casas de acollida..., aínda que moi-
tos deles requiren que exista unha denuncia
previa para poder actuar. Ademais, hai fun-
dacións e asociacións, quizais algunhas me-
nos coñecidas, con diversos recursos para
poder brindar resposta a estas situacións.
Como cres que se pode realizar un bo
traballo preventivo e de sensibilización
respecto da violencia sexual? Tes algún
novo proxecto neste sentido?
Penso que a prevención ten que comezar
desde un momento temperán, desde a in-
fancia, e máis tendo en conta que os nenos
e as nenas poden ser testemuñas e sobrevi-
ventes da violencia de xénero, que ao final
viven e asumen esa violencia como algo co-
ñecido. E o ideal sería previr desde a educa-
ción. De feito, para traballar a prevención e
a sensibilización creo que tamén é necesario
que as persoas que se encarguen de facelo se
encontren en continua formación.
Agora mesmo non teño ningún proxecto
novo neste sentido, aínda que si que estou
intentando complementar a miña formación
con cursos vinculados á abordaxe da violen-
cia de xénero, entre outras cousas. Actual-
mente atópome centrada no inicio da miña
vida laboral.
Violencia de xénero, despedimento disciplinario e custodia e réxime de vi-
sitas dos fillos menores
Alicia Debasa Corral
2.º premio na modalidade de TFG-Ciencias Sociais e Xurídicas do X Concurso de Traballos
Académicos con Perspectiva e Xénero Ángeles Alvariño
Neste traballo Alicia aborda, desde o ámbito xurídico, a faceta máis dura da desigualdade:
a violencia de xénero. Sinala que, pese ás modificacións que introduciron a perspectiva de
xénero en diferentes ramas do dereito, o certo é que no ámbito xudicial, imprescindible na
loita efectiva contra a violencia de xénero, se aprecia unha importante reticencia a aplicalas.
O traballo achega luz en tres puntos: 1) mostra que é posible percibir un caso desde a pers-
pectiva de xénero aplicando con rigorosidade as regras procesuais e substantivas, con estrito
cumprimento das garantías e os dereitos de ambas as partes; 2) mostra que a violencia de
xénero ten moitas facetas ademais da física; e 3) aborda un caso realista e actualizado de
violencia de xénero, con que fai un percorrido polas solucións e ferramentas específicas que
ofrece o ordenamento xurídico grazas á introdución da perspectiva de xénero.
4 DESligaTE
A FONDO
ROMPENDO REGRAS LAB
Rompendo Regras é un proxecto transversal
e interdisciplinar coa menstruación como
obxecto de investigación e como tema xe-
rador que impulsa experiencias formativas
e mobiliza saberes na Universidade. Aplica
unha perspectiva crítica e feminista desde
a xustiza ecosocial. A menstruación abre
un espazo de coñecemento moi amplo para
producir saberes corporeizados, proceden-
tes da experiencia, da reflexión compartida
cunha ollada de botrato.
Os obxectivos son:
• Definir e implementar participativamen-
te unha alfabetización menstrual crítica a
partir de materias específicas en graos e
mestrados diversos.
• Construír unha comunidade de práctica
entre Facultades e Servizos para incluír a
menstruación na investigación, na forma-
ción e na vida académica.
• Imaxinar escenarios de transformación
cara a promoción dunha menstruación
digna e ecosaudable na Universidade e na
sociedade.
QUEN?
Está promovido polo Grupo de Traballo en
Igualdade de Xénero da Facultade de Cien-
cias da Educación, constituído o 28/09/2020
co profesorado: Neves Arza, Montserrat Mu-
riano, Carmen Rodríguez, Cathyn Teastely,
Juanjo Lorenzo; o persoal da biblioteca: Inma
Doval; as alumnas: Ari García, Uxía Hadaly
Romero, Sabela Quintillán, Celia López Vi-
cario, Andrea Cougaño e Gabriela Frías;
e como coordinadora: a representante de
Igualdade, Mar Rodríguez Romero.
Na rede tamén participan: por unha ban-
da, de Ciencias do Deporte e da Educación
Física: Alicia Martínez Rodríguez, Zeltia
Naya Entonado, Sandra Martínez Bustelo
da Facultade de Fisioterapia, María José
Mosquera González; por outra, de Socio-
loxía: Ángeles María Longarela Ares, Este-
fanía Mourelle Espasandín, Noelia Salido
Andrés de Economía e Empresa, Elvira
Santiago Gómez; por outra, da Oficina de
Medio Ambiente (OMA): Verónica Torrijos
Pérez; e para finalizar, da Oficina de Coope-
ración e Voluntariado (OCV): Lorena Rilo
Pérez. Apoian esta iniciativa, a Oficina de
Igualdade (OIX) e o Centro de Estudos de
Xénero e Feministas (CEXEF).
COMO?
Rompendo Regras desenvólvese dun xeito
emerxente e aberto e vai adoptando forma-
tos variados segundo as sinerxías creadas,
abríndose a novos escenarios e cuestións.
Como a menstruación é unha poderosa
lente para explorar e interconectar as des-
igualdades e violencias que experimentan
as mulleres a nivel biolóxico, sociopolítico,
económico, cultural e histórico, busca dife-
rentes eixos interdisciplinais para aglutinar
colaboracións diversas e producións trans-
versais. Dado o esquecemento evidente da
menstruación, tanto na investigación como
na docencia, froito do mandato patriarcal
que ignora as inxustizas de todo tipo que
provoca o período, tenta deconstruír as
prácticas formativas e de indagación cientí-
fica aplicando metodoloxías feministas, par-
ticipativas e sinérxicas
CANDO?
Curso 20/21- Fotovoz: unha iniciativa cu-
rricular aplicando a metodoloxía feminista
da fotografía participativa en materias de
graos e mestrados das Facultades de Cien-
cias de la Educación, Fisioterapia, Educa-
ción Física e Ciencias do Deporte e Socio-
loxía. Incluíu a realización dunhas xornadas
de 10 horas en Instagram para conmemorar
8 de marzo do 2021, 8menstrual, organiza-
das totalmente polas estudantes do Grupo.
Curso 21/22 – LAB: Laboratorio de par-
Podcast gañador do III Concurso de creacións artísticas
para a prevención do acoso e para dar publicidade ao
Protocolo de actuación ante situacións de acoso sexual,
por razón de sexo, por orientación sexual e identidade
ou expresión de xénero na UDC (2022).
Autora: Sara Bernárdez Veiga.
Podes escoitar o podcast premendo aquí.
DESligaTE 5
ticipación cidadá, apoiado por Medialab
Matadero (https://labsbibliotecarios.es/
laboratorio/rompendo-regras-lab-mens-
truacion-digna-y-ecosaludable/poñer como
enlace), para promover procesos participa-
tivos de aprendizaxe experiencial e produ-
cir coñecemento transferible, sobrepasando
límites institucionais, disciplinares, culturais
e sociais. Desenvolvéronse nove proxectos:
Imáxes que manchan: fotografía participa-
tiva; Menstruación e Universidade: retos e
sinerxías; Capa Rossa: ciclogramas e ilus-
tracións; O sanguento impacto dos pro-
dutos menstruais dun só uso; Aprendizaxe
Colaborativo: intervención fisioterápica na
dismenorrea primaria; EducAcción mens-
trual, feminista, sustentable e global; Mens-
trualizando a formación e a investigación;
Imaxinando regras: imaxinación sociológica
e menstruación e Eu Poemas: artivismo e
menstruación.
As súas promotoras foron moi diversas:
A FONDO
Políticas públicas sobre a menstruación na Universidade da Co-
ruña: propostas para engadir unha menstruación digna e eco-
saudable
Alba Fernández Blanco
1.º premio na modalidade de TFG-Ciencias e Ciencias da Saúde do X Con-
curso de Traballos Académicos con Perspectiva e Xénero Ángeles Alvariño
Neste traballo Alba aplica a perspectiva de xénero para investigar diferentes
iniciativas públicas sobre a menstruación digna e ecosaudable, e emprega a in-
formación recollida para ofrecer propostas que poidan ser aplicadas na UDC.
Entre as propostas que presenta inclúense as dun grupo de estudantes da Fa-
cultade de Ciencias da Educación que está a colaborar co proxecto Rompendo
regras. Algunhas delas son: a posta á disposición do público de produtos de
hixiene menstrual gratuítos e ecosaudables, a adaptación de aseos ao uso de
produtos sostibles e a organización de círculos de persoas menstruantes, en
que poder formarse e conversar sobre as vivencias propias.
Segundo premio no III Concurso de creacións artísticas para a prevención
do acoso e para dar publicidade ao Protocolo de actuación ante situacións
de acoso sexual, por razón de sexo, por orientación sexual e identidade ou
expresión de xénero na UDC (2022).
Autor: Isaac Guillermo Darriba López.
alumnas, como Alba Lestón Casais do
proxecto Capa Rossa profesoras, biblioteca-
rias e técnicas das Facultades de Ciencias da
Educación, Fisioterapia, Socioloxía, Ciencias
Económicas, Ciencias do Deporte, a Oficina
de Igualdade de Xénero (OIX), a Oficina
de Medio Ambiente (OMA) e a Oficina de
Cooperación e Voluntariado (OCV). Como
colaboradoras, participaron a técnica de
Igualdade da Universidade de Vigo, a Bi-
blioteca Municipal Durán Loriga, a ONGD
Solidaridade Internacional de Galicia, as
ecoartistas Retoque Reto, Xerminando, o
proxecto Punto Vermello, etc. Ofreceron
unha ollada caleidoscópica para dignificar
unha condición biolóxica escondida e pór o
coidado de nós e do noso planeta no centro
compartindo saberes e prácticas.
Curso 22/23 – Proxecto-acción na Edu-
cación Secundaria: co apoio do CEXEF e
patrocinado polo Concello da Coruña. Bus-
couse resignificar a menstruación e traballar
as masculinidades disidentes en dous aulas
da ESO no IES Menéndez Pidal e no IES
Urgano Lugrís da Coruña. Contouse co
asesoramento en educación menstrual de
Noelia Darriba García da cooperativa Ata-
laiAS e implementarónse tres obradoiros
(Fotografía participativa co Charo López,
Eu poemas co Enma Pedreira e Compres-
tea co Proxecto Xerminando). Mellorose e
ampliouse, tamén, o repositorio de recursos
sobre menstruación que estaba sendo ela-
borado desde 2021, grazas á colaboración
das Bibliotecas Municipais da Coruña que-
nes por outra banda crearon a clasificación
Rompendo Regras dentro o seu catálogo
web.
No seu perfil de IG seguirás todas as accións
deste suxerente inspirador (desafiante, pro-
vocativo) proxecto:
https://www.instagram.com/ollarmosvioleta/
6 DESligaTE
NA MASCULINIDADE
ENTREVISTA A PEPE CABIDO
«O machinazi é o gran irmán, é o ollo
que todos os nenos e homes temos.»
Pepe Cabido é profesor de filosofía no ensino público galego.
Cóntanos, quen es e a que te dedicas?
Son Pepe Cabido. Actualmente son docen-
te, profesor de Filosofía no ensino público
galego. Dou clase de Filosofía e tamén de
Historia da Filosofía e algunha optativa afín:
Psicoloxía, Valores, Antropoloxía, pero ba-
sicamente o meu marco é a filosofía, que
ao ser tan grande permite a reflexión sobre
temáticas moi diversas.
Levo 30 anos dedicándome á filosofía e ade-
mais, sempre vinculado co tema da igualda-
de e os feminismos. Tamén sempre formei
parte das equipas de igualdade dos IES nos
que organizamos actividades específicas so-
bre igualdade, etc.
Tamén quero destacar que durante seis
anos participei activamente cun sindicado
(STEG) valorado polo seu traballa político
e educativo feminista, o que marcou moito
a miña evolución sobre o que é o feminismo
e as súas implicacións na vida das mulleres,
pero tamén na vida das nenas e nos nenos
e, no medio prazo, na vida do conxunto da
sociedade.
Que observas no teu día a día nos cen-
tros educativos en canto á construción
da feminidade e a masculinidade?
Distingo dous planos: aqueles que nos ve-
ñen sempre coa mochila do que significa ser
home ou muller na sociedade, vemos como
moitos nenos teñen moi construído o con-
cepto de fortaleza, e as rapazas o mito da
beleza sobre todo, moi sexualizadas e moi
preocupadas co aspecto externo. E outro
grupo de nenas e nenos no que xa se ob-
servan os cambios sociais impulsados pola
formación en feminismos, hai nenos e nenas
que veñen con outros discursos. Observa-
mos avances pero lentos e, sobre todo, eses
cambios son máis visibles nas rapazas.
No caso dos homes o proceso é máis lento:
seguen tendo protagonismo os modelos que
empregan a agresividade e a corporeidade,
ocupan máis espazos, e os que son dife-
rentes (non heteronormativos) están nun
segundo plano e, incluso moitas veces, son
nenos que van sentir o rexeitamento, can-
do non a agresión, do grupo de iguais. Polo
tanto, podemos dicir que seguen chegando
uns modelos de feminidade e masculinida-
de máis ou menos ríxido e normativo aínda
que cada vez é maior o cuestionamento dos
estereotipos por parte das mulleres.
Outra cousa interesante é que observar que
tamén o profesorado e o resto da comuni-
dade educativa reproducimos esos estereo-
tipos, posicionándonos como modelos coa
mesma óptica patriarcal. Eu mesmo son
consciente de que tiven e teño eses com-
portamentos. Os homes debemos asumir
esa autocrítica para comenzar un proceso
de deconstrucción da masculinidade hete-
ropatriarcal. Se non realizamos ese proceso
seguiremos exercendo como modelos de
masculinidades tóxica. É moi importante,
como docentes, mostrar aos rapaces mode-
los de masculinidades alternativas para que
así imiten outras formas de ser home, máis
afectivas, menos violentas e máis cariñosas.
Se non somos conscientes da importancia
do cambio que temos que operar os homes
converterémonos en potenciadores de mo-
delos masculinos tóxicos e, polo tanto dun-
ha sociedade tóxica.
Es partidario de traballar de forma se-
parada con rapaces e rapazas. Que be-
neficios observas? Que destacarías deste
traballo?
Si, en 2014 comezo no IES de Muros a
traballar, con moitas dúbidas e medos, en
obradoiros separados por sexos. No caso
das rapazas, xa teñen moita formación gra-
zas ás teóricas feministas, pero escasamente
se ten reflexionado sobre como afecta o pa-
triarcado á vida dos nenos e homes en xeral.
Os motivos que me levaron a facer iso foron
varios. Primeiro, porque unha socialización
diferente require actuacións diferentes, as
mensaxes que ofrece a sociedade sobre o
amor, o sexo e as relacións son diferentes en
función do sexo polo que as intervencións
deben ser diferentes. O segundo moitivo é
porque nos debates en espazos mixtos os
rapaces acaban sentíndose atacados polo
feminismo, polo que observaba que non
se conseguía o obxectivo da formación en
igualdade, mesmo cheguei a considerar eses
debates contraproducentes. Ademais, nes-
tas actividades os rapaces seguen ocupan-
do o espazo público da palabra, e por iso
é precisa a separación. Tamén é preciso a
separación ao permitir xerar un espazo de
intimidade na que a adoitan agromar temas
referentes a cada un dos sexos que non se
abordan, moitas veces por vergoña, nos es-
pazos mixtos.
Do traballo destacaría a importancia de
axudar aos meniños pero sobre todo abrir
un espazo para a seguintes reflexións:
desexas seguir sendo así? cara onde queres
camiñar? Advertirlle cara onde o leva esa
masculinidade tóxica: traballo esixente, fra-
caso escolar, riscos para ser valentes, mortes
violentas, drogadicción, frustración, etc. Eu
sempre lles falo das gafas azuis, da nece-
sidade de poñer esas gafas para axudarlles
a identificar eses procesos condutuais e
psicolóxicos que fan que vivir como home
heteropatriarcal é un paradigma tóxico. É
esencial que vexan o dano que o patriarcado
nos fai aos homes e como homes o dano
que podemos facer a outros homes non
normativos. Desde esta conciencia temos
que potenciar a necesidade de exercer como
referentes de outros nenos, de romper ese
modelos, re rachar co círculo da hipermas-
culinidade. É necesario que os nenos vexan
que se poñen as gafas azuis concienciaranse
de que o mundo que nos espera será moito
mellor. En definitiva poñer as gafas azuis
sería a identificación das consecuencias ne-
gativas na vida dos homes da masculinidade
heteropatriarcal ao mesmo tempo que lles
ofrece un novo espazo para ser home.
Que bo o concepto de gafas azuis...
Tamén empregas «machinacis», poderías
explicarnos que significa?
DESligaTE 7
NA MASCULINIDADE
Poderíasnos dar 10 consellos para saber construílas?
1. Escoitar, en especial os discursos do feminismo, da igualdade.
2. Abrir a ventá da crítica de ti mesmo como home. Coñecer a orixe dos mandatos masculinos que nos obrigan a
ser dun determinado xeito.
3. Coñecer as consecuencias da masculinidade tradicional/heteropatriarcal.
4. Cambiar a ética da violencia pola ética revolucionaria do coidado
5. Aprender a valorar aquilo que feminiza ao home. Feminizar a masculinidade non nos fai menos homes, senón
máis felices e máis xustos.
6. Aprender que a masculinidade que temos non é escollida, e case nunca querida, converténdose moitas veces na
nosa prisión.
7. Recoñecer os privilexios masculinos e traballar para a súa eliminación.
8. Ser conscientes das consecuencias positivas da disidencia: maior liberdade e mais felicidade.
9. Botarse a andar polo camiño da disidencia.
10. Preguntarte que home futuro queres para o teu fillo e que home queres para a túa filla.
Empreguei este concepto porque estaba
canso de que os nenos que non teñen nin
idea de feminismo si coñecen o termo fe-
minazi e o empregan cun evidente desprezo
cara as mulleres defensoras da igualdade.
Machinazi e o gran irmán, é o ollo que to-
dos os nenos e homes temos e que vixía o
cumprimento da masculinidade. Aquel neno
que é máis cariñoso, que ten máis sensibi-
lidade, que ten hobbys que son diferentes,
nenos que fisicamente non cumpren o mito
da beleza masculina de fortaleza e mús-
culo, posiblemente será obxecto de burla
e de rexeitamento por parte do grupo de
amigos. Ese machinazi obríganos a ser un
home “de verdade” e a reproducir com-
portamentos que se esperan de nós como
home, comportamentos relacionados coa
fortaleza, coa violencia, co poder, coa do-
minación, coa competitividade, etc. sancio-
nando calquera emoción non masculina:
medo, vergoña, covardía, etc
Nos últimos anos, observas algún cam-
bio na construción das masculinidades?
Si, é certo que existe unha evolución tanto
no pensamento como nas condutas pero
aínda queda moito camiño por andar. O
discurso sobre a masculinidade comenza
a visibilizarse máis estamos a anos luz do
discurso teórico das mulleres. Ao femi-
nismo debémoslle atribuír o cambio no
modelo que o patriarcado constrúe para a
muller. No caso dos homes estamos em-
pezando a construír un discurso crítico so-
bre o que significa ser home. Esta falla de
discurso provoca que a maioría dos homes
aínda non sexamos quen de realizar o pro-
ceso da deconstrucción. Aínda así, a miña
valoración da realidade que observo é positi-
va na medida en que na actualidade moitos
nenos e homes empezan a reflexionar sobre
isto, ampliando a aceptación e tolerancia cara
as distintas formas de ser home. Tamén nos
IES observamos que moitas familias interiori-
zaron a tarefa da coeducación, o que axuda no
cuestionamento do modelo heteropatriarcal.
A pesares dos avances, non podemos negar
que os estereotipos de xénero aínda están
moi presentes no ADN da nosa cultura, e
iso fai que o cambio sexa lento.
O traballo das escolas é imprescindible,
creo que os equipos de igualdade deberían
ser obrigatorios en todos os centros, xa que
así facilita que se visibilice outros modelos
de ser, potenciando unha maior tolerancia e
permisividade cara o diferente.
Falas de masculinidades disidentes, que
son?
As masculinidades diversas e disidentes
sempre estiveron aquí: sempre existiron
homes coidadores, pacifistas, non violentos,
afectivos, etc. Estes modelos sempre existi-
ron, pero invisibilizáronse triunfando o mo-
delo do guerreiro (o modelo malote). Por
isto prefiro falar de home disidente: disi-
dente sería aquel home que toma conscien-
cia da súa posición de ser privilexiado e non
quere seguir a contribuír nun modelo que
somete e fai submisas as mulleres e a outros
homes. Outro modelo de home é posible.
Na medida en que somos os beneficiarios
dos privilexios do patriarcado fará máis
difícil a disidencia do modelo normativo.
Ademais a disidencia implica un cuestio-
namento persoal e das relacións afectivas
masculinas do entorno. Esta disidencia im-
plica pasar a acción no entorno próximo
censurando comportamentos machistas. A
disidencia é o único lugar da liberdade, da
igualdade e, en definitiva, da felicidade polo
que é importante que os mozos se fagan
conscientes para que comprendan o moito
que teñen que gañar abrazando o feminis-
mo. Ser disidente vainos situar á beira dos
heroes.
Do conto tradicional ó álbum ilustrado. Análise da colec-
ción «Os contos do trasno»
Pilar Rey Muiños
1.º premio TFG – Ciencias Sociais e Xurídicas do X Concurso de
Traballos Académicos con Perspectiva e Xénero Ángeles Alvariño
Neste traballo Pilar analiza os contos de tradición oral en formato
de álbum ilustrado que chegan actualmente á infancia, a se centrar
en concreto nos pertencentes á colección «Os contos do trasno» de
Kalandraka, editorial que pretende poñer en valor este tipo de contos
e promover a súa difusión como patrimonio cultural, ademais de con-
tribuír á normalización do galego coa súa publicación neste idioma.
Como sinala Pilar, os contos tradicionais levan a ser utilizados desde
tempos inmemoriais para educar nos valores de cada época. Porén,
a vaga de pensamento feminista provocou que se cuestionasen, por
reproducir valores machistas e discriminatorios.
8 DESligaTE
NA XUSTIZA
Entrevista a Ana López Suevos, maxistrada titular
do Xulgado de Santiago de Compostela.
Cales son os maiores desafíos que teñen
que superar as mulleres na carreira xu-
dicial?
Hoxe entran máis mulleres que homes na
carreira xudicial. Aínda así, os órganos su-
periores ou tribunais superiores –o mesmo
Tribunal Supremo– seguen estando ocupa-
dos maioritariamente por homes. Isto dé-
bese a dúas razóns: por unha banda, a estes
postos chégase por antigüidade, e as mulle-
res somos de máis recente incorporación; e,
pola outra, hai tamén que pasar outra serie
de filtros que modulan unha certa tendencia
a escoller homes antes que mulleres, e esta é
aínda unha inercia que cómpre romper. As
mulleres postulámonos en menor medida
a determinados postos, non soamente por
causa dos coidados e a maternidade, senón
porque somos ambiciosas noutro sentido da
palabra, á hora de levar a cabo proxectos
profesionais doutro perfil, como por exem-
plo centrados nos dereitos sexuais. Nese
sentido eu non estou tan interesada no que
supón a cúpula do Tribunal Supremo, senón
que teño outras ambicións moi diferentes.
Que opinas sobre a situación actual da vio-
lencia sexual desde o teu labor profesional?
A violencia sexual afecta maioritariamente
a mulleres, nenas e adolescentes, aínda que
tamén hai nenos varóns que sofren violencia
sexual, e algún home adulto; con todo, esta
última cifra é mínima. Centrando a aten-
ción nas nenas e adolescentes, elas sofren en
maior medida abusos intrafamiliares, unha
tipoloxía de delito que existiu sempre e que
consiste en abusos no contorno familiar ou
por parte do seu contorno de coñecidos ou
amigos.
Se poñemos o foco no censo de vítimas, hai
un aumento exponencial dos delitos contra
as mulleres entre 15 e 30 anos, mozas que
son agredidas sexualmente polos mozos ou
por persoas coñecidas, amigos ou contac-
tos que se fan a través das redes sociais.
Igualmente existe un aumento dos casos de
submisión química. Estas dúas modalidades
da violencia a través das redes sociais e a
submisión química non existían hai anos, xa
que non se tiña acceso ás redes sociais nin
ás substancias que provocan a submisión
química; este feito é o que me leva a afirmar
que aumentou o número de delitos.
Cales dirías que son os maiores retos
arestora en materia de violencia sexual?
Penso que o principal problema é que non
sabemos que incidencia social alcanza a vio-
lencia sexual, xa que non existen estatísticas.
O Estado español nunca mediu a inciden-
cia destes delitos na sociedade. Agora por
primeira vez, coa Lei de garantía integral
da liberdade sexual, introdúcese a obrigato-
riedade de elaborar estas estatísticas. Hoxe
as poucas cifras que sabemos son as que
ofrecen o Ministerio do Interior ou o Ob-
servatorio da Violencia de Xénero, e eu creo
que estas cifras subestiman o fenómeno,
porque soamente reflicten as denuncias que
entran por atestados da policía e da Garda
Civil. Como xuíza de instrución, teño coñe-
cemento de delitos sexuais por outras vías:
polos centros de ensino, polas traballadoras
sociais, polas forenses...
Un dos desafíos fundamentais é lograr que
as vítimas confíen no sistema, e que por
tanto denuncien, porque actualmente non
podemos perseguir estes delitos se non exis-
te denuncia, o cal é moi discutible, pero é
así. Temos que lograr que as vítimas confíen
no sistema policial e xudicial, e para logralo
cómprenos reducir ao máximo posible a súa
vitimización secundaria. Polo tanto, o que
hai que mellorar é o proceso desde que as
vítimas acoden ao hospital até que chegan
ao xuízo (teñen que recibir unha asistencia
psicolóxica co maior nivel de confort posi-
ble, teñen que recibir información...).
Eu son crítica con algúns aspectos da Lei
de só o si é si porque se centra no deba-
te da reforma do Código penal e non tanto
no que se refire á mellora do procedemento
xudicial e policial. Esta lei introduce dispo-
sitivos de asistencia moi interesantes e ne-
cesarios, pero, na miña opinión, perdeuse a
oportunidade de introducir outras melloras.
Para min a máis importante sería a de reali-
zar unha proba preconstituída para vítimas
adultas, o que significaría que declarasen
soamente unha vez no procedemento, que
se gravase a súa declaración con todas ga-
rantías e que non tivesen que asistir ao xuí-
zo. Esta é unha posibilidade que arestora só
se prevé para menores e persoas vulnerables
con algún tipo de discapacidade.
Cóntanos un pouco en que consistiu o
proceso de elaboración do Protocolo de
actuación sobre delitos sexuais? Que
avances trae consigo?
Empecei a suscitar a idea do protocolo polo
ano 2019 porque estaba moi preocupada
polo aumento de vítimas. Por isto, solicitei
autorización ao Tribunal Superior de Xusti-
za de Galicia para dirixir un grupo de traba-
llo conformado por diferentes axentes para
traballar con dous obxectivos fundamentais.
O primeiro foi conseguir que a persecución
e a investigación deste tipo de delitos fosen
máis eficaces. E o segundo foi reducir a vi-
timización secundaria das persoas afectadas.
Finalmente, o protocolo foi máis alá do ám-
bito de Santiago de Compostela e estendeu-
se a toda a Comunidade Autónoma.
O proceso de elaboración do protocolo
consistiu nun traballo forte de sensibiliza-
ción e concienciación que durou máis ou
menos un ano. Hoxe non teño garantías de
que estea funcionando, non hai seguimento
sobre isto. Hai que ter en conta que os pro-
tocolos non son obrigatorios, senón que son
orientativos.
Neste pasado ano 2022 foi recoñecido
o teu labor contra a violencia machista
a través do Premio Meninas 2022. Que
representou para ti este recoñecemento?
Foi unha sorpresa, pero a verdade é que eu
non son moi de premios. Si que é certo que
o mesmo día que se entregaron os premios
estabamos inmersas nos debates sobre a
aplicación retroactiva da Lei de só o si é si.
Así, na entrega aproveitei para falar sobre o
que estaba pasando, sobre todo para pedir
moderación nas acusacións que se lles lan-
zaban a todas as xuízas e todos os xuíces de
ser machistas e fascistas. Para min foi unha
oportunidade para dicir o que pensaba nun
momento difícil. Non se pode descualificar
a todo un sector.
Manda unha mensaxe para o alumnado
da UDC!
Gustaríame pedirlles a todas as alumnas
da UDC que tomen conciencia sobre a si-
tuación actual das mulleres, de que existen
moitos tipos de violencias que nos afectan.
As alumnas universitarias viven nun marco
de privilexios onde poden tomar o espazo
público e social, por iso é importante que o
fagan, que se xunten para traballar en ini-
ciativas de concienciación. Debemos estar
atentas e ocupar o espazo público a través
da mobilización para traballar polo feminis-
mo. Eu animaríaas a todas elas a que así o
fagan desde o ámbito universitario.
DESligaTE 9
NA XUSTIZA
Entrevista a Patricia Faraldo, redactora da Lei
de Só o Si é Si.
«As vítimas terán un dereito á asistencia integral especializa-
da e accesible, que comprenderá información e orientación.»
Que ten que ver Patricia Faraldo coa lei
de só o si é si?
Todo empezou cunha colaboración con Po-
demos-En Marea, en que tiven a ocasión de
participar na redacción dun anteproxecto
de lei de garantía integral da liberdade se-
xual. Cando o partido chegou ao Goberno,
o Ministerio de Igualdade asumiu ese ante-
proxecto e continuou traballando sobre el.
Tras os correspondentes trámites, foi apro-
bado como Lei orgánica 10/2022, do 6 de
setembro.
Tres titulares para entender por que é
importante a lei de só o si é si...
Porque os delitos sexuais que se denuncian
non son máis que a punta dun iceberg de-
solador.
Porque non só hai que animar as vítimas a
denunciar, senón tamén acompañalas e pro-
porcionarlles apoio psicolóxico, económico
e social, así como unha experiencia menos
traumática durante o proceso penal.
Porque o medo á violación segue a condi-
cionar a vida social das mulleres e limita a
nosa liberdade
Catro grandes avances que trae a lei de
só o si é SI?
No ámbito penal, produciuse un cambio de
paradigma: pasamos da dispoñibilidade por
principio dos corpos das mulleres, salvo que
digan que non, á indispoñibilidade por prin-
cipio, salvo que digan que si. A mensaxe é
clara: hai que asegurarse da disposición da
outra persoa a participar, antes de iniciar o
contacto sexual.
Con todo, o máis importante son as medi-
das non penais: recóllense medidas destina-
das a conseguir máis datos sobre o fenóme-
no da violencia sexual, así como a prevela,
sensibilizando a cidadanía nos ámbitos edu-
cativo, sanitario, sociosanitario e de servizos
sociais.
Tamén se prevén medidas de formación
para todas/os as/os profesionais implicadas/
os, desde as forzas e os corpos de seguridad,
aos órganos xudiciais, o ministerio fiscal, o
persoal médico forense, as profesionais da
avogacía e o persoal de centros penitencia-
rios.
Garántese o dereito das vítimas á asistencia
integral especializada e accesible, e ofrécen-
selles múltiples dereitos laborais e de segu-
ridade social, así como axudas económicas
e unha reparación efectiva, máis alá do pa-
gamento dunha indemnización económica.
Dous retos da lei de só o si é si...
Superar a campaña en contra liderada por
algúns partidos e medios de comunicación,
que transmiten á cidadanía a impresión de
que todo se reduce a unha inesperada redu-
ción de penas que pon na rúa delincuentes
perigosos.
Todo pode ser obxectivo da crítica, por su-
posto, pero nun debate científico espéranse
argumentos científicos, non meros insultos.
Non acabo de entender a falta de respec-
to que observo nalgúns colegas contrarios
á Lei.
Sete puntos da lei de só o si é si para
garantir unha vida libre de violencias
sexuais...
Agora, o consentimento para ter unha rela-
ción sexual non se pode deducir sen máis do
mero silencio, o sometemento ou a pasivi-
dade da vítima. Xa non vale o de «quen cala,
outorga». Ao contrario, «quen cala, nega».
Agora, que a vítima sexa muller parella ou
exparella do autor agrava a pena, o que con-
tribúe a visibilizar o dano que causa unha
forma de violencia moi pouco denunciada,
pero lamentablemente de frecuente comi-
sión.
Agora, as vítimas teñen un dereito á repa-
ración que vai máis alá da responsabilidade
civil, cun enfoque reparador integral trans-
formador que se acompaña de garantías
para facelo efectivo.
Agora, todos os operadores xurídicos debe-
rán formarse non soamente en igualdade,
senón en perspectiva de xénero, para garan-
tir unha mellor asistencia, un mellor acom-
pañamento e un mellor apoio ás vítimas.
Agora, habe-
rá protocolos e
formación para
a detección da
violencia sexual
nos ámbitos edu-
cativo, sanitario e
sociosanitario, o
Informe sobre delitos contra a liberdade sexual do Ministerio do
Interior (2021)*:
• Durante o ano 20 21 produciuse un aumento dos delitos con-
tra a liberdade sexual.
• A proporción de vítimas mulleres alcanza o 86% do total,
sendo as ¾ partes nacionais e o resto estranxeiras.
• O maior número de vítimas por agresións sexuais con pene-
tración son mulleres de 18 a 30 anos.
• O maior número de vítimas por abusos sexuais son menores
de idade.
• O perfil máis habitual de detido é un home, español de 41 a
64 anos.
• A maior parte das vítimas non teñen relación co agresor.
*os delitos contra a liberdade sexual analizados son abuso sexual, agresión sexual, agresión
sexual con penetración, abuso sexual con penetración, pornografía de menores, exhibicio-
nismo, ciberdelitos, corrupción con menores, acoso sexual, delitos relativos a prostitución
e provocación sexual.
que permitirá descubrir a violencia sexual
oculta, como as violacións no matrimonio, a
mutilación xenital feminina ou os casos de
aborto e esterilización forzosos.
Agora, as vítimas terán un dereito á asis-
tencia integral especializada e accesible, que
comprenderá información e orientación;
atención médica e psicolóxica, tanto inme-
diata como de recuperación no longo prazo;
atención ás súas necesidades económicas,
laborais, de vivenda e sociais; asesoramento
xurídico previo e asistencia xurídica gratuíta
nos procesos derivados da violencia sexual
sufrida; seguimento das súas reclamacións
de dereitos; servizos de tradución e inter-
pretación; e asistencia especializada para
mulleres con discapacidade.
Agora, haberá unha estratexia estatal contra
a violencia sexual.
Xénero e verdade xudicial: violencia sexual e máximas de experiencia
Amara García Adán
2.º premio na modalidade de TFM do X Concurso de Traballos Académicos
con Perspectiva e Xénero Ángeles Alvariño
Neste traballo Amara fai unha reflexión práctica sobre a necesidade de in-
troducir a perspectiva de xénero no ámbito do dereito, e, máis en concreto,
sobre como xulgar e valorar unha proba con perspectiva de xénero en casos
de violencia sexual. Vaise destacar como no procedemento probatorio poden
agromar prexuízos que aínda existen sobre a sexualidade das mulleres e nenas,
que é preciso identificar para poder neutralizalos.
Amara sinala que, para formular o debate, é necesario afastarse da falacia da
redución ad absurdum de que a perspectiva de xénero e a presunción de ino-
cencia son incompatibles. Cómpre facer unha crítica da suposta neutralidade
das leis e das normas que tomaron o home branco, heterosexual e de clase
media como referencia e medida da realidade única e universal.
10 DESligaTE
ENTREVISTA A TERESA PIÑEIRO,
REPRESENTANTE DE IGUALDADE E DIRECTORA DO CEXEF
NA FACULTADE DE CIENCIAS DA COMUNICACIÓN.
Cóntanos, quen es e a que te dedicas?
Son profesora na Facultade de Ciencias da
Comunicación da UDC, onde tamén desen-
volvo as funcións de representante de Igual-
dade, e directora do Centro de Estudos de
Xénero e Feministas (CEXEF).
Cal foi a orixe do proxecto de podcasts
feministas? A que necesidade(s) respon-
de?
Imparto materias sobre comunicación e
deseño sonoro nos graos en Comunicación
Audiovisual e en Creación Dixital, Anima-
ción e Videoxogos, polo que a aproxima-
ción aos podcasts feministas foi unha for-
ma natural de unir dous dos meus ámbitos
de interese. Non é nada novo, ao igual que
previamente sucedeu coa radio, existen nu-
merosos proxectos que empregan o podcast
como unha forma de ter voz e dar voz para
tratar temáticas e enfoques de interese para
as mulleres, así como doutras colectivida-
des.
Se lle botamos un ollo á televisión ou a cal-
quera xornal, podemos darnos conta de que
as mulleres están representadas de forma
parcial. Non só están infrarrepresentadas
como suxeitos, senón que a súa presenza
está vinculada a temáticas e enfoques tra-
dicionalmente considerados femininos, o
que contribúe a alimentar as nosas ideas e
percepcións e reforza a orde patriarcal. Nes-
te contexto os contidos dos medios están
dominados por unha perspectiva masculina,
en detrimento de temáticas e enfoques máis
plurais e inclusivos.
A facilidade de acceso, creación e distribu-
ción dos podcasts convérteos en vehículos
de interese para facer escoitar outras voces,
outros enfoques e perspectivas habitual-
mente alleos aos medios de comunicación
tradicionais. Por iso, o desenvolvemento de
pílulas de formación sobre podcasts busca
capacitar e apoderar as persoas interesadas
para crear os seus propios contidos e desen-
volver estratexias de autocomunicación de
masas.
A temática sobre o discurso do odio nas
redes é algo que vés traballando de for-
ma máis estable, poderíasnos contar un
pouco máis sobre isto?
Ao igual que o podcast esta temática, xurdiu
un pouco de casualidade, pola miña propia
experiencia como usuaria. A rapidez das
redes sociais, así como a sensación de ano-
nimato, fai que a nosa comunicación sexa
máis «natural», que presentemos a nosa for-
ma de pensar, sen filtros. A sensación que
tiña en espazos como Twitter é que había
un dominio dos usuarios varóns ou, polo
menos, que tiñan máis presenza na conversa
social.Malia que partiamos da hipótese das
redes como espazos tóxicos para as mu-
lleres, os datos permitíronnos obter unha
realidade máis complexa en que as usuarias
eran con frecuencia obxecto de linguaxe
odiosa, así como doutro tipo de violencias,
o que facía que moitas deixasen de partici-
par de forma activa en determinadas redes
e nas conversas sobre determinadas temáti-
cas. Asemade, puidemos comprobar que a
elevada incidencia desta toxicidade levaba
as mulleres a desenvolver unha especie de
cegueira ou autodesconexión mental ante
os contidos negativos, como mecanismo de
autoprotección.
Cales son as maiores alegrías e os maio-
res retos deste proxecto? (entendo que o
de discurso do odio)
É un proxecto que tivo unha importante di-
fusión e que chegou tanto á academia como
ao gran público. Grazas a el tiven a sorte de
participar en formacións para estudantado
preuniversitario, así como en actividades de
sensibilización para nais e pais.
O maior reto –probablemente– sexa in-
tentar ir máis alá do plano descritivo para
explicar cales son as relacións de poder e o
seu porqué.
Que podcasts nos recomendarías para
recomendar no desLIGAte III ?
Buf, que complexo... Depende do que bus-
quedes, hai moitísima oferta. Desde humor,
como en Estirando el chicle ou Deforme
Semanal, a documentais como De eso no se
habla ou Las Raras... Mais o que me levou
a interesarme por esta cuestión foi Sangre
Fucsia.
NA REDE
DESligaTE 11
As cápsulas xorden desde o grupo Igualdade
da ETSAC e trata de pequenos textos que
se publican quincenalmente sobre autoras e
autores, obras e iniciativas que, ao longo da
historia e na actualidade, permiten poñer o
acento sobre a perspectiva de xénero. CÁP.
Recupéranse os nomes de mulleres que tra-
ballaron en diversos campos, especialmente
aqueles que teñen relación coas diferentes
disciplinas das integrantes do grupo de
Igualdade da ETSAC: arquitectura, urbanis-
mo, arte, deseño, matemáticas, física, estru-
turas, construción etc. A profesora Yolanda
Pérez Sánchez encárgase da súa coordina-
ción e a súa publicación, lémbranos a todas
cando nos toca publicar, revisa os textos e
sóbeos á web. Nese momento contamos con
27 cápsulas, a primeira de xullo de 2021.
Cremos que con esta iniciativa podemos
axudar a visibilizar e introducir, de maneira
informal, na ETSAC, cuestións relacionadas
coa perspectiva de xénero, a igualdade e o
feminismo.
Por que condensar información en pe-
quenas cápsulas?
Buscabamos un formato que fora ameno
á hora de o ler, que espertase a curiosida-
de e que tampouco nos levase moito tem-
po escribir. É unha maneira de chamar a
atención sobre un tema ou unha figura en
concreto respecto dos cales, se queres saber
máis, na propia cápsula contas con ligazóns
e referencias para profundar.
Cal é a maior alegría destas cápsulas?
O compromiso das persoas integrantes do
grupo, a súa constancia. Ademais, a calidade
dos textos, que abordando temas diversos
que responden aos intereses diferentes de
cada autora, é boa. Por unha banda, pode-
mos atopar cápsulas centradas na traxec-
toria dunha muller (arquitecta, científica,
matemática etc.) do pasado ou do momento
actual. Pola outra, hai textos máis reivindi-
cativos que denuncian situacións ou defen-
den determinadas liñas dentro do feminismo.
E se tiveses que escoller tres cápsulas,
cales serían?
Non podería! Creo que a forza do proxec-
to reside na suma de todos os textos, pero
veña, voume arriscar! Creo que unha das
cápsulas máis divertidas foi a da profesora
Mónica Mesejo titulada «Arrebato. Elogio a
las mujeres cápsula», en que se dirixe a nós
como «mulleres cápsula» e explica moi ben
como podemos entender o grupo de Igual-
dade da ETSAC. Tamén destacaría aquelas
que teñen unha liña máis reivindicativa,
como «De las maléficas para los príncipes
encantadores», escrita pola alumna Sara Ro-
mán Carracedo, ou a «Carta a las Estudian-
tes de Arquitectura», escrita pola profesora
Luz Paz Agras. E para finalizar, pola súa
calidade e o seu calor, a cápsula de Mayra
SanJuan Pedreira, directora da nosa biblio-
teca, titulada «Carmiña sororidade», en que,
mirando ao pasado, nos reafirma na defensa
da igualdade de xénero.
NA REDE
El humor y la mujer negra: Mala feminista de Roxane Gay
Sarai Sánchez Prieto
1.º premio na modalidade de TFG-Artes e Humanidades do X Concurso de Traballos
Académicos con Perspectiva e Xénero Ángeles Alvariño
Neste traballo Sarai estuda a obra ensaística de Roxane Gay (Bad Feminist Mala femi-
nista) para demostrar como o humor pode funcionar como método de protesta social,
en particular para a muller afroamericana.
O humor permite expresar opinións sobre temas complexos nun ambiente seguro, o
que posibilita xerar debates (sobre xénero, raza, sexualidade...), ao tempo que consegue
que as demandas das protestas calen na sociedade e se avance cara á transformación
social. No caso de Roxane Gay, o seu traballo usa o humor tanto para cambiar a imaxe
da muller negra na comunidade como para unir forzas entre as mulleres afroamericanas.
Cápsula de Igualdade “Quero vivir con
Skibniewska”… ¿e ela, viviría connosco?”
12 DESligaTE
TARXETA VERMELLA
NO AIRE
• O cadro arbitral do Mundial de Qatar
2022 estivo composto por 36 árbitros,
69 asistentes e 24 persoas na videoar-
bitraxe (VAR), das cales só eran mulle-
res tres árbitras: a francesa Stephanie
Frappart, a ruandesa Salima Mukasanga
e a xaponesa Yoshimi Yamashita; e tres
asistentes: Neuza Back (Brasil), Karen
Díaz Medina (México) e Kathryn Nes-
bitt (Estados Unidos). Aínda que se lle
deu publicidade a este feito como un
fito histórico atinxido no devandito
mundial, por ser a primeira vez que hai
árbitras na modalidade masculina do
torneo, seguen a parecernos poucas!
• Restricións da liberdade de expresión
e desigualdades na lei e na práctica en
relación cos dereitos das mulleres e do
colectivo LGTBI.
• A poboación traballadora migrante,
pese ás reformas gobernamentais, con-
tinuou sufrindo abusos laborais e tendo
dificultades para cambiar de emprego
libremente.
• Qatar é un país que conta con 2,9 mi-
llóns de habitantes, un 25 % de mulle-
res. Porén, o 75 % restante ten a súa
tutela. Rosalía Perera, avogada de Bada-
xoz experta en dereitos humanos, fala
do sistema discriminatorio a que está
sometido a poboación feminina en cin-
co claves:
1. Permisos para saír do país a cargo
do seu titor legal (pai, esposo, tío,
irmán…): as menores de 25 anos de-
ben pedir permiso para viaxar fóra
do país, casar, estudar no estranxei-
ro, traballar en moitos postos do Go-
berno etc.
2. O sexo, ilegal fóra do matrimonio:
«Quedar embarazada estando soltei-
ra pode supoñer penas de cárcere».
Isto provoca que as violacións se si-
lencien, xa que aquelas mulleres que
non estean casadas poden ser conde-
nadas ata con 12 meses de prisión
por ter relacións sexuais.
3. A violencia de xénero non é delito:
legalmente, os maridos teñen prohi-
bido facerlles dano ás súas esposas;
porén, non existen os delitos por
violencia de xénero. «Nin está tipi-
ficado no código penal nin se fala
diso».
4. O seu testemuño vale a metade nos
tribunais: «Os hombres teñen dereito
unilateral ao divorcio, mentres que
as mulleres só por motivos taxados
e limitados». Ademais, «as divorcia-
das non poden exercer de titoras dos
seus fillos/as, só pode ser o pai», e en
cuestións de herdanzas, «discrimína-
selles, ao recibir a metade da cantida-
de ca os seus irmáns varóns».
5. Obriga de que regresen co seu mal-
tratador: no caso de que unha muller
fuxa dun agresor, a policía pódea fa-
cer volver onda el. “«Se abandonan
o seu domicilio por estar fuxindo do
seu maltratador ou abusador sexual,
as autoridades poderían obrigalas a
volver ás súas casas»; é por iso que
moitas deciden vivir nas súas resi-
dencias habituais en lugar de buscar
outro refuxio.
LocaYo??
Maldito Bollodrama
@locayopodcast
@Malditobollodrama
Equipo de redacción: Raquel Veiga Teijeiro |
Beatriz López Rey | Belén Gavín Bermúdez |
Noelia Darriba García
Deseño e maquetación: manchea
STAFF
LA PALABRA MAS SEXY ES SÍ: GUÍA
PARA EL CONSENTIMIENTO SEXUAL
SHAINA JOY MACHLUS
A palabra máis sexy é si é unha guía infor-
mativa fresca e atractiva sobre o consen-
timento, a educación sexual e a cultura da
violación. Acompañada de ilustracións a
toda cor da artista sueca Petra Eriksson –
ilustradora habitual de The New Yorker–,
ofrécenos, dun xeito claro e conciso, a in-
formación necesaria para sabermos máis
sobre orientación sexual, xénero, feminis-
mo e consentimento.
ENTÉRATE!
Todo o que nunca se contou sobre o sexo
e as relacións.
Platanomelon naceu co obxectivo de na-
turalizar a sexualidade, romper tabús e
desmontar mitos. Mediante a creación de
contidos profesionais e de interese para
todas as idades, especialmente comparti-
dos nas súas redes sociais, loita para que a
sociedade tome conciencia da importancia
da educación sexual. Ademais, promove o
autocoñecemento para vivir o sexo como
o que é: algo natural, saudable e divertido.
Biblioteca Universitaria da UDC: Guía sobre
feminismos, xénero e igualdade.
Procedemento de atención a mulleres vítimas
de agresión sexual. Aprobado polo Observato-
rio Galego da Violencia de Xénero. Outubro de
2022.
DESligaTE 13
08:00 A hora da 1
13:00 Falando claro
14:00 Informativo territorial
14:10 Agora ou nunca, con
Mónica López
15:00 Telediario 1, presentado
por Alejandra Herranz
15:50 Informativo territorial
16:15 O tempo
16:30 Serie A promesa
17:25 Serie Poldark
18:25 O comodín da 1
19:25 Concurso O cazador
20:30 Aquí a Terra
21:00 Telediario 2
22:00 10.000 días
22:50 Programa de variedades:
Días de tele, presentado
por Julia Otero
01:05 Comando actualidade
02:02 Comando actualidade
03:00 A noite en 24:00
8:10 Espazos incribles, con
George Clarke
9:00 Piper en ruta
9:30 Aquí hai traballo
9:55 A aventura do saber
10:50 Turismo rural no mundo.
Irlanda
11:25 Amazonas
12:15 Into de blue: Bali
13:00 Cine: Las niñas, de Pilar
Palomero. 2020. 97 min
14:40 As recetas de Julie
15:10 Turismo rural no mundo.
Suecia
15:45 Saber e gañar
16:25 A leoparda
17:17 Mamá xirafa
18:10 Cazadores de tumbas
18:55 Un pouco máis lonxe,
coa viaxeira Mariia
Khandus
19:45 Arqueomanía
20:15 Culturas 2
20:45 Paixón por Italia, con
Alessandra Poli
21:10 Espazos incribles
21:55 Turismo rural polo
mundo. Illas Canarias
22:30 Cine: Cerdita, de Calota
Pereda. 2022. 90 min
00:10 Escandimanía
01:35 Concertos de Radio-3
07:55 Baloncesto: Copa
Intercontinental
09:40 Fútbol sala amigable:
Internacional Feminino.
11:10 Reportaxe: Mujeres al
volante del bádminton
11:30 Programa Evasión
12:00 Vela Volvo Ocean Race
12:30 Programa Estudio
Estadio
14:00 Directo: ciclismo
15:45 Directo: tenis
18:55 Directo: fútbol sala
amigable: Internacional
feminino.
20:50 Directo: baloncesto,
Champions League
23:00 Directo: programa
Estudio Estadio
00:30 Fútbol Copa das Nacións
Feminina
02:30 Tenis WTA 500 DOHA
08:00 Bos días, presentado
por Almudena R. de
Urzáiz
10:30 A revista, presentado
por Loly Gómez.
12:00 A bóla extra
12:30 Estache bo, cociña
saudable da man de
Moisés Rodríguez
12:50 Estache bo, co chef
Iván Mariñas
13:30 Atmosféricos: progra-
ma meteorolóxico por
Sevi Martínez
13:50 Galicia noticias
14:25 Telexornal mediodía,
presentado por Marta
Darriba
15:15 Telexornal deportes
mediodía, por Terio
Carrera.
15:35 O tempo
15:40 Quen anda aí?, presen-
tado por Roberto Vilar e
Juan Fuentes
19:10 Hora galega 111,
programa presentado
por David Espiño e
Rocío Durán
20:25 Telexornal serán
21:40 O tempo
21:50 Atrápame se podes,
con Paco Lodeiro
22:30 Malicia noticias
23:00 Unha historia de crimes
23:45 Unha cuestión de xéne-
ro: biopic sobre a xuíza
do Tribunal Supremo
dos EUA Ruth Bader
O MÁIS DESTACADO DA TEMPADA
RTVE Play estrea en exclusiva El techo amarillo, un documental de Isabel Coixet sobre un escándalo de abusos sexuais que
foi proclamado candidato nos Premios Goya 2023.
Elenco: Aida Flix, Miriam Fuentes, Núria Juanico, Albert Llimós, Marta Pachón, Violeta Porta e Goretti Narcís.
Sinopse. En 2018 un grupo de nove mulleres presentou unha denuncia contra dous dos seus profesores da Aula de Teatro
de Lleida por abusos sexuais ocorridos entre os anos 2001 e 2008, cando eran unhas adolescentes. Foi demasiado tarde. Por
medo, por vergoña, porque tardaron moito tempo en entender e dixerir o que pasara, a denuncia chegou cando o caso xa
estaba prescrito e arquivouse. O que non sabían é que, a pesar de que o caso prescribira, os seus testemuños estaban abrindo
unha porta e, talvez, non todo estaba perdido.
OCIO
SUELTA
2022. España. Duración: 20 min
Dirección: Javier Pereira. Elenco: Olivia Ba-
glivi, Eduardo Lloveras, Alex Portela, María
Jaiméz, Natalia Rodríguez e José Milán.
Alba esperta unha mañá xunto a dous rapaces.
Algo ocorreu a noite anterior, pero non lembra
nada. Só ten unha estraña sensación que non
logra definir.
Proclamada candidata na Sección Oficial-Na-
cional do Skyline Film Festival Benidorm e
seleccionada na Semana do Cine de Medina del
Campo.
OCIO & TELEVISION
1. Corresponde a aquela que ten como obxectivo danar a muller a través dos seus seres queridos,
especialmente dos seus fillos e das súas fillas.
2.Trátase de calquera acción que provoca danos ou sufrimento corporal e que afecta á integridade
da muller.
3. Fai referencia ás dificultades de acceso das mulleres a postos de responsabilidade nos traballos, ao
desenvolvemento ou a estabilidade na empresa; á desigualdade nos salarios entre homes e mulleres
en idénticos postos; ao despedimento ou non contratación por causa de posibles embarazos etc.
4. Fai referencia a aquela que recolle estereotipos, mensaxes, valores ou signos que transmiten e
favorecen o feito de que se repitan relacións baseadas na desigualdade, o machismo, a discriminación
ou a subordinación das mulleres na sociedade.
5. Refírese a aquela que xorde co maltrato que sofren algunhas mulleres embarazadas ao ser xul-
gadas, atemorizadas, humilladas ou mancadas física e/ou psicoloxicamente mediante prácticas ou
condutas realizadas por profesionais da saúde.
6. Corresponde a calquera acción que busca unha perda de recursos económicos ou patrimoniais das
mulleres, e inclúe todo tipo de actos que xeren limitacións de cartos, control dos gastos ou privación
de medios para vivir de maneira autónoma.
7. Consiste en calquera acción que degrade a muller como persoa ou trate de controlar as súas ac-
cións ou decisións: acoso, humillación, manipulación, illamento etc., que produza danos emocionais
e prexudique o desenvolvemento persoal.
8. Aquela mediante a que o funcionariado ou as autoridades dificultan, atrasan ou impiden o acceso
á vida pública, a adhesión a certas políticas e incluso a posibilidade de que as mulleres exerzan os
seus dereitos.
9. Refírese a toda acción que ameaza ou viola o dereito dunha muller a decidir sobre a súa sexua-
lidade e abarca calquera forma de contacto íntimo en contra da súa vontade, acoso, explotación,
abuso ou intimidación.
XEROGLÍFICO
1.VICARIA
2.
FÍSICA
3.
LABORAL
4.
SIMBÓLICA
5.
OBSTÉTRICA
6.
ECONÓMICA
7.
PSICOLÓXICA
8.
INSTITUCIONAL
9.
SEXUAL
14 DESligaTE
SABÍAS QUE?
Sabías que en case todos os centros da
UDC hai unha representante de igualda-
de???
A figura da representante de Igualdade nos
centros xorde do II Plan de igualdade da
UDC, co obxectivo de desenvolver propos-
tas para orientar a actividade das facultades
e escolas en materia de igualdade.
Almudena Filgueira Vizoso. Escola Poli-
técnica Superior de Deseño Industrial.
Ana Isabel Ares Pernas. Escola Universi-
taria de Deseño Industrial. O meu traballo
como representante de Igualdade é difundir
o labor da Oficina para a Igualdade de Xé-
nero (OIX) da UDC e as actividades que
organiza, así como as políticas de igualdade,
e organizar distintas actividades de difusión
a prol da igualdade da muller fundamental-
mente no eido da enxeñaría.
Ángeles María Longarela Ares. Facultade
de Economía e Empresa.
O meu labor consiste en organizar e pro-
mover iniciativas para concienciar en ma-
teria de igualdade; fomentar a divulgación,
investigación e formación con perspectiva
de xénero, especialmente a relacionada coa
economía e a empresa; valorizar o papel de
mulleres referentes; ofrecer apoio e infor-
mación ante situacións de discriminación
ou violencia de xénero; e resolver consultas
de alumnado, PDI e PAS. Sirvo de nexo en-
tre a Facultade e a OIX.
Beatriz Pérez Sánchez. Facultade de Infor-
mática.
As miñas dúas actividades principais son as
seguintes:
a. Organización de cursos de formación
en igualdade para o alumnado da Faculta-
de. No curso 2021/22 implantamos unha
experiencia piloto cun grupo pequeno, de
aproximadamente 30 alumnos, divididos
en dos subgrupos. A súa particularidade
é que a actividade non se comunicou con
anterioridade, aspecto que se considerou
imprescindible para asegurar a participa-
ción. A retroalimentación foi moi positiva
en diferentes aspectos: do feito de traballar
desde a «masculinidade» e potenciar a in-
teracción entre estudantes ata indagar nos
aspectos máis emocionais que nos afectan
do patriarcado a homes e mulleres. No cur-
so 2022/23 repetimos con outro formato e
coa idea de chegar a un maior número de
estudantes. O plan é que estas formacións se
proporcionen ao inicio de curso de forma
permanente.
b. Canal de comunicación entre a OIX e o
centro no caso de situacións susceptibles de
activar o protocolo de acoso.
Carla Freijomil Vázquez. Facultade de En-
fermaría e Podoloxía.
O meu labor é visibilizar as funcións da
OIX, organizar actividades de sensibiliza-
ción sobre igualdade e violencia de xéne-
ro, e promover a inclusión da perspectiva
de xénero na docencia. O estudantado do
centro debe saber detectar precozmente a
violencia de xénero e dar soporte ás mu-
lleres que se encontran nesa situación, polo
que diferentes profesoras do centro estamos
a traballar na inclusión de contidos e me-
todoloxías que faciliten a adquisición desta
competencia.
Emma López Bahut. Escola Técnica Supe-
rior de Arquitectura.
«De mujer libre, Dios nos libre». Las paremias y la ima-
gen de la mujer en el refranero español
Silvia Iglesias Martínez
2.º premio na modalidade de TFG-Artes e Humanidades
do X Concurso de Traballos Académicos con Perspectiva e
Xénero Ángeles Alvariño
Neste traballo Silvia busca mostrar cal era a imaxe asociada
á figura feminina na antiga sociedade española a través do
uso de diferentes paremias pertencentes ao refraneiro español, e, así, demostrar que as dife-
rentes sentenzas poden actuar como un espello fiable para reflectir a misoxinia presente na
cultura e sociedade españolas desde o noso pasado máis remoto até a actualidade.
O estudo tamén incide na necesidade de observar a realidade exposta no refraneiro como
algo maioritariamente afastado e propio da época en que se inventaron ou recolleron as
paremias, xa que son reflexo dun mundo protagonizado por homes e produto dunha socie-
dade patriarcal e misóxina.
DESligaTE 15
O meu labor é colaborar coa OIX na di-
fusión das súas actividades, accións etc. na
Escola. Ademais, fago de canal de comuni-
cación entre a OIX e a dirección do centro.
Se tivese que destacar unha actividade con
que gozo, esta sería a presentación para o
alumnado de primeiro ano o día da apertura
de curso, en que falo sobre a igualdade de
xénero e os recursos con que contamos na
UDC.
María Asunción López Arranz. Facultade
de Ciencias do Traballo.
Coa creación da figura de responsable de
Políticas de Igualdade nos distintos centros
da UDC no II Plan de igualdade, nomeáron-
me responsable de Igualdade na Facultade
de Ciencias do Traballo, no campus de Es-
teiro, en Ferrol. A miña principal función é
promover a asunción de responsabilidades
por parte de cada centro no desenvolve-
mento das políticas de xénero. Por iso, o
meu traballo consiste en potenciar o papel
da muller e visibilizar o traballo da OIX,
para o cal informo en cada momento dos
cursos de formación, xornadas, concursos e
campañas de sensibilización que realiza.
O desenvolvemento destas funcións ten
unha incidencia directa sobre todo no alum-
nado que recibe toda esta información e que
ademais é coñecedor de que na Facultade
hai unha persoa a que pode dirixirse para
consultar sobre os temas de igualdade. A
figura é de vital importancia porque é co-
ñecedora das peculiaridades de cada centro
e serve de ligazón entre este e a OIX. Así
tamén se pode coñecer de forma directa o
compromiso de cada centro coa igualdade
de xénero.
María José Mosquera González. Faculta-
de de Ciencias do Deporte e a Educación
Física.
Eu destacaría a creación dun espazo de
igualdade e diversidade no vestíbulo da Fa-
cultade: un gran panel de cortiza onde están
colocados os carteis das campañas da UDC
e unha bandeira LGTBI. É unha zona de
paso obrigado para acceder ás aulas e, polo
tanto, todo o alumnado ten a posibilidade
de acceder á información e os recursos que,
en ocasións, se distribúen coas campañas
(adhesivos, pulseiras etc.)
María Mar Rodríguez Romero. Facultade
de Ciencias da Educación.
O meu labor céntrase en visibilizar e facili-
tar a implementación das iniciativas da OIX,
impulsar as medidas dos plans de igualdade
da UDC e dinamizar accións variadas na
Facultade, dun xeito colaborativo dentro do
Grupo de Traballo en Igualdade de Xénero.
Entre elas: o proxecto Rompendo regras,
por unha menstruación digna e ecosauda-
ble; a organización de xornadas e obradoi-
ros, así como de conmemoracións feminis-
tas; e o apoio a un docencia con perspectiva
de xénero en canto á linguaxe, os recursos,
a interacción e a citación. Ademais tenta-
mos crear alianzas internas, por exemplo co
Comité Ambiental da Facultade, e externas,
tanto con outras facultades, a Oficina de
Medio Ambiente (OMA), a de Cooperación
e Voluntariado (OCV) e o CEXEF, como
con entidades de fóra da UDC, por exemplo
con asociacións e ONGD feministas.
De cara á docencia, tentamos facilitar a in-
corporación nas guías docentes de obxecti-
vos, contidos e estratexias sobre a igualdade
entre mulleres e homes; así como difundi-
mos algunhas pautas e, tamén, referencias
á normativa vixente, para facer realidade o
compromiso que temos coa formación de
profesionais que sexan quen de aplicar un
labor docente coeducativo. Estamos a facer
especial fincapé na linguaxe inclusiva, no
uso de recursos con perspectiva de xénero,
na interacción nas aulas e na aplicación de
normas de citación que nomean a autoría
para visibilizar o coñecemento producido
polas mulleres.
Zeltia Naia Entonado. Facultade de Fisio-
terapia.
Como representante de Igualdade, colaboro
coa OIX na difusión de información, acti-
vidades etc.; recollo iniciativas do profeso-
rado, o PAS ou o estudantado que poidan
promover a igualdade; e informo sobre po-
sibles situacións de desigualdade ou discri-
minación que se puidesen producir, etc.
Montserrat Golías Pérez. Facultade de So-
cioloxía.
Nereida María Canosa Domínguez. Fa-
cultade de Ciencias da Saúde.
Sabina Rodríguez Hermida. Edificio de
Servizos Centrais de Investigación.
Teresa Piñeiro Otero. Facultade de Cien-
cias da Comunicación.
María del Pilar Roel Vilas. Escola Técnica
Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais
e Portos.
(In)seguridade e «camiñabilidade» no Concello de Narón: perspectiva de xé-
nero e deseño urbano
Claudia Buyo Fernández
1.º premio na modalidade de TFG-Ciencias Sociais e Xurídicas do X Concurso de
Traballos Académicos con Perspectiva e Xénero Ángeles Alvariño
Neste traballo Claudia realiza unha investigación con perspectiva de xénero sobre
a seguridade percibida por parte da poboación do municipio de Narón á hora de
camiñar polas rúas da zona urbana deste concello.
Os resultados obtidos amosan que determinados barrios e puntos concretos da zona urbana de Narón producen
unha maior sensación de temor na cidadanía e evidencian unha clara fenda de xénero na percepción de inseguridade.
A investigación de Claudia achega tamén datos prácticos que poden ser aplicados por parte do Goberno local nun
plan urbanístico para construír un municipio máis igualitario que posibilite o «dereito á cidade» (Harvey, 2011).
SABÍAS QUE?
Julia, ser unha deportista cunha carreira
exitosa como a túa non é fácil. Que cues-
tións son as que máis destacas dos teus
inicios como atleta?
Non foi doado, non, para min supuxo moito
esforzo e traballo. Compaxinar e conseguir
obxectivos deportivos e académicos altos
foi o resultado dun alto nivel de esixencia,
compromiso, disciplina e forza de vontade.
Foi unha etapa da miña vida de moitísima
responsabilidade e estrés.
Cando naces cunhas capacidades ou calida-
des determinadas que sobresaen no deporti-
vo e comezas a vincularte ao deporte dunha
maneira profesional, vives experiencias dife-
rentes ás dunha moza de 19 anos. Entre as
cuestións positivas destaco as viaxes a cam-
pionatos, que, pese a non ser viaxes de pra-
cer, si permiten que te relaciones e coñezas
persoas de diferentes comunidades, países e
culturas, e vexas realidades diferentes.
A túa carreira comezou con éxito xa sen-
do estudante. Supoñemos que ser cam-
pioa mundial universitaria en 1990 sen-
do estudante do que agora é a Facultade
de Ciencias do Deporte e a Educación
Física, antes o INEF, xa foi toda unha
alegría. Podes contarnos como foi o teu
percorrido unha vez que finalizaches os
teus estudos de INEF na UDC?
Claro. Cando gañas algo sempre te satis-
fai, e máis cando o compaxinas cos estu-
dos, e sendo precisamente unha estudante
de INEF. Aínda que teño que matizar que
era máis doado gañar unha medalla dun
campionato universitario que de federados.
Despois de rematar a carreira presenteime
a unha oposición que non aprobei, mais,
como saín da segunda promoción de INEF
e daquela non había moito profesorado
destas ensinanzas, era doado conseguir
praza de interina. Así, estiven un ano dan-
do clase, o que compaxinando cos adestra-
mentos. Logo dun tempo, chegou o mo-
mento de parar e pensar na decisión que
debía tomar: ser profesora ou deportista de
alto nivel.
Tendo en conta que a oportunidade de ser
deportista pasa unha vez na vida e os anos
para selo e render a un alto nivel teñen
caducidade... escollín o deporte.
Cando estudaba destaquei a nivel nacional
e dei o meu gran salto a nivel internacio-
nal, e conseguín eses campionatos de cross,
a medalla olímpica e o récord de España. O
ano de maior éxito foi o de 1996.
Contas con dúas medallas de prata no
Campionato de Europa (1994 e 1996),
CONVERSANDO
CON JULIA VAQUERO
MÉRCORES
8 MARZO 2023
«Cando estudaba destaquei a nivel nacional
«Cando estudaba destaquei a nivel nacional
tomando esa decisión: adestrar, comer, durmir...»
tomando esa decisión: adestrar, comer, durmir...»
alcanzaches o 9.º posto nos Xogos Olím-
picos (1996), conseguiches o récord
de España vixente de 5000 m en Oslo
(1996), lograches o 4.º posto no Cam-
pionato do Mundo (1997)... e máis ale-
grías... Para ti cales foron as máis gratifi-
cantes? Cales destacarías e por que?
Todas teñen unha historia detrás que as fai
únicas e especiais. Sinto especial cariño po-
las miñas actuacións e experiencias vividas
en cross: eses sete campionatos consecuti-
vos, ese torneo de Alwikc, eses mundiais
onde me rodeaba das capacidades e calida-
des xenéticas por antonomasia das atletas
africanas...
O certo é que eu gozaba máis no cross que
na pista, sentía máis liberdade. Iso de dar
voltas a unha pista de 400 m non é moi
gratificante...
Sen dúbida un dos elementos que máis
destaca na miña traxectoria e avala o meu
currículo é ese récord de España que con-
seguín fai 26 anos. Si que é certo que coas
olimpíadas me quedou un mal sabor de
boca...
Desde logo a túa carreira está chea de
éxitos. Mais sabemos que ser muller e
deportista de alto nivel supón enfrontar-
se a diferentes retos... Para ti cales foron
os máis importantes?
Daquela un dos primeiros retos foi superar
os comentarios ridículos froito da ignoran-
cia dos anos oitenta, cando se descoñecían
os beneficios positivos dunha práctica de-
portiva regulada... «Vaste cansar, vas romper
as pernas, estás tola...». Agora esbozo un
sorriso ao me lembrar deles e vendo como
cambiou a percepción.
Foi tamén un reto enfrontar comentarios
machistas cando unha muller ía en mallas
ou practicaba deporte, porque nesa época o
deporte acoutábase aos homes e considerá-
base que era pouco feminino.
Outro dos retos era practicar deporte a
pesar da discriminación que sufriamos as
mulleres en canto á contía dos premios eco-
nómicos. Tamén o era aceptar a discrimina-
ción que vivimos con respecto aos medios
de comunicación, xa que sempre se empeza-
ban as crónicas salientando o acordado po-
los homes, a nós deixábannos para o final.
Só cando o éxito era relevante saiamos si
ou si. Iso tamén pasaba de maneira xeral, na
sociedade, onde o resultado masculino era
máis valorado que o feminino.
Estamos segures? Unha exploración do concepto de espazo seguro
LGBTIQ desde os activismos galegos
Martín Vázquez Añel
2.º premio na modalidade de TFG-Ciencias Sociais e Xurídicas do X
Concurso de Traballos Académicos con Perspectiva e Xénero Ángeles
Alvariño
Neste traballo Martín indaga sobre o concepto de seguridade desde unha
óptica feminista e interseccional, para así profundar sobre como perciben
este concepto no ámbito da participación e dos movementos sociais os
suxeitos que habitan as marxes.
O concepto de seguridade foi definido en numerosas ocasións polo feminismo e pola acade-
mia, mais este traballo trata de lle dar unha volta máis e rescatar os discursos do colectivo
LGBTQI desde unha óptica interseccional, a través da metodoloxía do «café do mundo» e
a investigación-acción-participación. Isto quere dicir que esta investigación foi alimentada
polas persoas que foron investigadas, cun rol activo e participativo en todo o estudo.

Más contenido relacionado

Similar a DeslígateIII.pdf

Violencia de xénero.
Violencia de xénero.Violencia de xénero.
Violencia de xénero.luscofusco13
 
Manifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da cela
Manifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da celaManifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da cela
Manifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da celaYolanda Castro
 
Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.
Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.
Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.Yolanda Castro
 
Panel de presentación
Panel de presentación Panel de presentación
Panel de presentación uiacovx
 
Cartas de-amor
Cartas de-amorCartas de-amor
Cartas de-amorsatelite1
 
Manifesto 25 novembro 2016
Manifesto 25 novembro 2016Manifesto 25 novembro 2016
Manifesto 25 novembro 2016Marlou
 
Conceptos básicos en torno á igualdade de oportunidades
Conceptos básicos en torno á igualdade de oportunidadesConceptos básicos en torno á igualdade de oportunidades
Conceptos básicos en torno á igualdade de oportunidadesmarcendon
 
Manifesto 8 marzo, Día da Muller. CPI As MIrandas
Manifesto 8 marzo, Día da Muller. CPI As MIrandasManifesto 8 marzo, Día da Muller. CPI As MIrandas
Manifesto 8 marzo, Día da Muller. CPI As MIrandasYolanda Castro
 
Tema 1-Conceptos básicos en torno á igualdade de oportunidades
Tema 1-Conceptos básicos en torno á igualdade de oportunidadesTema 1-Conceptos básicos en torno á igualdade de oportunidades
Tema 1-Conceptos básicos en torno á igualdade de oportunidadesmarcendon
 
CAMPAÑA DE PREVENCIÓN
CAMPAÑA DE PREVENCIÓN CAMPAÑA DE PREVENCIÓN
CAMPAÑA DE PREVENCIÓN lauritamc2000
 
Tema 1 Xénero, poder e privilexios
Tema 1 Xénero, poder e privilexiosTema 1 Xénero, poder e privilexios
Tema 1 Xénero, poder e privilexiosmarcendon
 
Tema 1. Desmontando o sistema sexo-xénero
Tema 1. Desmontando o sistema sexo-xéneroTema 1. Desmontando o sistema sexo-xénero
Tema 1. Desmontando o sistema sexo-xéneromarcendon
 

Similar a DeslígateIII.pdf (20)

Violencia de xénero.
Violencia de xénero.Violencia de xénero.
Violencia de xénero.
 
Guía de coeducación gallego
Guía de coeducación gallegoGuía de coeducación gallego
Guía de coeducación gallego
 
Manifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da cela
Manifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da celaManifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da cela
Manifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da cela
 
Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.
Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.
Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.
 
Panel de presentación
Panel de presentación Panel de presentación
Panel de presentación
 
Cartas de-amor
Cartas de-amorCartas de-amor
Cartas de-amor
 
Equidade de xénero 3º eso
Equidade de xénero 3º esoEquidade de xénero 3º eso
Equidade de xénero 3º eso
 
Manifesto 25 novembro 2016
Manifesto 25 novembro 2016Manifesto 25 novembro 2016
Manifesto 25 novembro 2016
 
Conceptos básicos en torno á igualdade de oportunidades
Conceptos básicos en torno á igualdade de oportunidadesConceptos básicos en torno á igualdade de oportunidades
Conceptos básicos en torno á igualdade de oportunidades
 
Xornada contra homofobia
Xornada contra homofobiaXornada contra homofobia
Xornada contra homofobia
 
Noa lorenzo 1 b
Noa lorenzo 1 b Noa lorenzo 1 b
Noa lorenzo 1 b
 
Feminismo para avanzar. Xuntas nunha mesma loita
Feminismo para avanzar. Xuntas nunha mesma loitaFeminismo para avanzar. Xuntas nunha mesma loita
Feminismo para avanzar. Xuntas nunha mesma loita
 
Manifesto 8 marzo, Día da Muller. CPI As MIrandas
Manifesto 8 marzo, Día da Muller. CPI As MIrandasManifesto 8 marzo, Día da Muller. CPI As MIrandas
Manifesto 8 marzo, Día da Muller. CPI As MIrandas
 
365 días respecto e igualdade
365 días respecto e igualdade365 días respecto e igualdade
365 días respecto e igualdade
 
Equidad e diversidad
Equidad e diversidadEquidad e diversidad
Equidad e diversidad
 
Micromachismos
MicromachismosMicromachismos
Micromachismos
 
Tema 1-Conceptos básicos en torno á igualdade de oportunidades
Tema 1-Conceptos básicos en torno á igualdade de oportunidadesTema 1-Conceptos básicos en torno á igualdade de oportunidades
Tema 1-Conceptos básicos en torno á igualdade de oportunidades
 
CAMPAÑA DE PREVENCIÓN
CAMPAÑA DE PREVENCIÓN CAMPAÑA DE PREVENCIÓN
CAMPAÑA DE PREVENCIÓN
 
Tema 1 Xénero, poder e privilexios
Tema 1 Xénero, poder e privilexiosTema 1 Xénero, poder e privilexios
Tema 1 Xénero, poder e privilexios
 
Tema 1. Desmontando o sistema sexo-xénero
Tema 1. Desmontando o sistema sexo-xéneroTema 1. Desmontando o sistema sexo-xénero
Tema 1. Desmontando o sistema sexo-xénero
 

DeslígateIII.pdf

  • 1. ESTE É UN PROXECTO DE Oficina para a Igualdade de Xénero Vicerreitoria de Igualdade Cultura e Deporte NON BOTES BALÓNS FÓRA TI ES QUEN CREA O XOGO, MÉRCORES 8 DE MARZO DE 2023 WWW.UDC.ES GRATUÍTO AMARA GARCÍA ADÁN INVESTIGADORA EN DEREITO CON PERSPECTIVA DE XÉNERO JULIA VAQUERO JULIA VAQUERO DEPORTISTA DE ALTO NIVEL PÁX. 2 PÁX. 16 ANA LÓPEZ SUEVOS ANA LÓPEZ SUEVOS XUÍZA COMPROMETIDA XUÍZA COMPROMETIDA CO FEMINISMO CO FEMINISMO PÁX. 8
  • 2. 2 DESligaTE NO CAMPUS Falta de credibilidade ou falta de perspectiva? A necesidade da incorporación da perspectiva de xénero no dereito. Amara García Adán Amara García Adán Contratada predoutoral Departamento de Dereito Público Área de Dereito Procesual Universidade da Coruña As mulleres crecemos escoitando o mansas que debemos ser, dísenos que non debemos gritar, que pelexar é cousa de nenos e que debemos entregar os nosos coidados a un home por amor. Crecemos escoitando no- ticias de mulleres violadas, maltratadas e asasinadas, ben por non resistirse ou ben porque ao resistirse as mataron. Crecemos con medo de saír soas á rúa, con medo de que nos violen e incluso de que, se a situa- ción empeora, nos maten. Este medo acom- páñanos a nós mesmas, ás nosas nais e ás nosas amigas. Preguntarlles se chegaron á casa despois de saír de festa ou de ir tomar algo é unha práctica habitual, e témola tan naturalizada que resulta algo cotián, cando non debería selo. Crecemos escoitando que non temos razón, que non temos a mesma capacidade que un varón para realizar as mesmas actividades, que non imos chegar a postos de represen- tación ou que, para facelo, temos que re- nunciar a parte das nosas vidas. Crecemos dentro da cultura da violación, onde se nor- malizan mensaxes misóxinas e sexistas na publicidade, en Internet, nas películas e en todos os ámbitos sociais. Por unha banda, non podemos pelexar, pero, pola outr,a se non pelexas en caso de ser agredida non es digna de crédito no teu testemuño. Todos estes temas eran algo que, desde nova, estaban no meu pensamento como problemas que había que abordar. Cando se fixo pública a Sentenza da Audiencia Provincial de Navarra 38/2018, coñecida como a de «La Manada de Pamplona», eu estaba en terceiro de carreira. Lembro ese día como un punto de inflexión na miña traxectoria. Sentía que debía investigar a aparente falta de credibilidade que temos as mulleres cando denunciamos un caso de violencia sexual. O eterno cuestionamento do noso comportamento, a nosa vestimenta, os nosos testemuños, as nosas verdades, os nosos praceres. Estes últimos anos déronse acontecementos en relación cos axuizamentos de casos de violencia sexual que están mobilizando o movemento feminista e a toda a poboación. As sentenzas son á vez descritivas e pres- critivas, é dicir, describen unha situación e mándanlle unha mensaxe á poboación so- bre como debe ser entendido un acto. E é por iso que, como sociedade, se cuestiona a obxectividade dalgunhas resolucións xu- diciais nesta materia. Como pode existir unha fenda tan profunda entre a sociedade e a xustiza ao entender unha determinada acción? No caso da mencionada sentenza da Au- diencia Provincial de Navarra, o que agro- ma é unha inxustiza epistémica testemuñal. A filósofa Miranda Fricker acuña o termo «inxustiza epistémetica» no seu libro Injus- ticia epistémica. El poder y la ética del co- nocimiento (2017). Enténdeo como outro tipo de inxustiza que existe nas sociedades alén das, por exemplo, de tipo social ou económico. Esta supón aquel dano que se lle causa a alguén na súa condición espe- cífica de suxeito de coñecemento restando credibilidade ao seu testemuño debido aos prexuízos identitarios negativos. Isto ten como consecuencia que a vítima non poida transmitir a súa experiencia da violación en forma de coñecemento, xa que o tribunal exerce un poder identitario de xénero que dana a súa confianza epistémica. Imaxinemos un tribunal que está xulgando un caso de violación formado por homes que nunca viviron esa experiencia, diante do cal a vítima ten problemas para relatar o que lle aconteceu debido ao trauma que supuxo. O tribunal comeza a exercer un poder identitario de xénero sobre ela, ao emitir xuízos, xestos, e crear unha atmosfe- ra que van danando a confianza epistémica da vítima para relatar o ocorrido, é dicir, a súa confianza na propia experiencia vivida. Ao mesmo tempo, tamén se cuestiona o seu relato na prensa e nas redes sociais. A súa credibilidade vai ir pouco a pouco sendo menos consistente, xa que aprecia que non ten a confianza do tribunal xulgador. Aquí podemos ver como os prexuízos teñen como consecuencia que a vítima non poida transmitir a súa experiencia en forma de co- ñecemento sobre a súa violación. Isto supón un fracaso epistémico e ético por parte dese tribunal. Sen entrar a un debate a respecto da neu- tralidade ou obxectividade das normas, considero importante destacar a utilidade da noción de inxustiza epistémica para so- meter a unha análise crítica e feminista a argumentación xurídica. En moitas ocasións asúmese unha suposta neutralidade sen re- parar nos estereotipos e prexuízos que per- viven durante séculos nas concepcións máis profundas da sociedade, nomeadamente, os prexuízos de xénero. Levado ao plano da violencia sexual, isto comporta unha sospei- ta permanente sobre a vítima e unha excul- pación a priori do agresor ou os agresores. Os xuíces, como o resto dos seres humanos, nacen, crecen e opositan nunha sociedade chea de prexuízos e estereotipos que non desaparecen por acceder á carreira xudicial se non se lles presta a atención debida. É por iso que cómpre introducir a perspec- tiva de xénero no dereito e dispoñer das ferramentas necesarias para poder revisar a obxectividade e a neutralidade, sobre todo nos contextos de valoración probatoria. No proceso penal español rexe a libre valo- ración da proba, o que non quere dicir que a persoa que xulga teña discrecionalidade á hora de valorar nin que deba afastarse do deber de xustificar a súa decisión. Quere dicir que vai ter que atender as normas da lóxica, as máximas de experiencia ou a sa crítica. É aquí onde podemos preguntarnos: que son as máximas de experiencia?, quen as dota de sentido?, poden chegar a reproducir prexuízos que existen na sociedade sobre determinadas accións? Empréganse as máximas de experiencia como referencia a unha especie de imaxi- nario colectivo que se toma como exemplo de consenso social ou científico sobre cal será a dogmática xurisprudencial sobre a previsibilidade dos acontecementos. É di- cir, as máximas de experiencia supoñen un concepto caótico e indeterminado. Ao englobarse dentro dun coñecemento natu- ralizado sobre como son as cousas ou como se cre que deben ser, tal concepto pode ser susceptible de reproducir estereotipos e prexuízos dunha cultura hexemónica. O se- xismo, o racismo, o clasismo, o capaticismo, o heteronormativismo e as chamadas fobias (homofobia, transfobia, xenofobia etc), son fenómenos endémicos na nosa sociedade e non existe un dereito que sexa alleo a eles. Por todas estas razóns, é imprescindible a adopción dunha perspectiva de xénero dentro do dereito, e en concreto na valo- ración probatoria, para poder substituír as máximas de experiencia machistas tradicio- nalmente asumidas por novas máximas de valoración probatoria baseadas na igualdade real e efectiva. O proceso penal e a valora- ción das probas teñen un papel fundamental no acceso á xustiza para minorar o risco de que certos actos volvan cometerse e evitar a impunidade. Ser conscientes de que os este- reotipos e prexuízos existen, identificalos e neutralizalos segue a ser un obxectivo que a xustiza ten que perseguir para evitar non dar respostas equivocadas a aquelas persoas que precisan de protección xurídica. O dereito penal non pode ser a única solu- ción. Co paso do tempo máis condutas se recoñecen como violencia sexual e, porén, o número de delitos cometidos –dos que se ten constancia– segue sendo moi elevado. A violencia sexual, así como a violencia de xénero en xeral, é un tipo de violencia es- trutural e non son casos illados. O poder punitivo do Estado debe ser a última res- posta e non podemos confiar totalmente un cambio social a ese ius puniendi. Por iso, se queremos ter unha sociedade máis xusta e humanitaria, tense que comezar desde as escolas para educar en valores de igualdade de xénero e respecto.
  • 3. DESligaTE 3 NO CAMPUS ENTREVISTA A YARA CAGIAO DÍAZ, autora do TFM Estudio cualitativo sobre o impacto da violencia de xénero na saúde mental. Fálanos un pouquiño sobre ti. Quen es? Que estudaches, a que te dedicas agora mesmo? Estudiei o grao en Terapia Ocupacional na UDC, grao que rematei no ano 2021, e continuei estudando posteriormente no Mestrado en Asistencia e Investigación Sa- nitaria. Actualmente, comecei a traballar como terapeuta ocupacional nunha asocia- ción situada en Narón. O teu traballo de fin de mestrado (TFM) foi un estudo sobre o impacto da violen- cia de xénero na saúde mental. Que te levou a escoller este tema? O certo é que a selección da temática foi ligada á realización anterior do meu traba- llo de fin de grao. Nese intre ou nese ano en concreto centreime, acompañada polas miñas titoras, no impacto dun momento concreto, ou máis que nun momento, nun fenómeno concreto: o da pandemia. E iso, de cara ao mestrado, levoume a reflexionar sobre o impacto que leva consigo a violen- cia de xénero en si mesma sobre todas as esferas da vida das mulleres superviventes, a todos os niveis, e especialmente na súa saú- de mental, que ao final é un piar nos seu día a día. Ademais, aínda que eu non son ningunha experta neste ámbito, si que penso que as investigacións sobre a violencia de xénero continúan sendo escasas, e máis se busca- mos investigacións específicas sobre o seu impacto na saúde mental. É moi complexo, ou polo menos para min o foi, atopar inves- tigacións que vaian máis alá de outorgar un diagnóstico concreto e recollan o que hai detrás, que sen dúbida é moito e é necesario indagar nese aspecto, ese impacto nas súas vidas. Cales cres que son as liñas de mellora necesarias para acompañar as vítimas de violencia de xénero? E ás súas familias? Penso que a esta pregunta poderiamos res- ponder moitas xa simplemente polo que continuamos vendo no noso día a día. Por moito que intentemos avanzar, a realidade é que temos unhas cifras de feminicidios, tanto as oficiais como as que descoñecemos, que xa din moito respecto a esta pregunta. O primeiro, e quizais o máis importante, ao final, é poder garantir unha seguridade real tanto para a supervivente como para a súa familia. E non só iso, senón que ao final este é un fenómeno moi complicado, no que todo inflúe, e tamén impacta moito a visión dos profesionais, o xeito de actuar dos profesionais que están en contacto coas superviventes, a importancia de non xulgar as súas decisións. Pero realmente hai moitos aspectos que cómpre ter en conta, o aspecto económi- co, o aspecto social, o aspecto psicolóxico, inmenso; pode haber menores de por me- dio, medos, condicionantes etc.; incluso os propios aspectos familiares; e que ao final as mulleres se atopan, na maioría das situa- cións, completamente anuladas. En verdade paréceme moi complexo trazar esas liñas de mellora e plasmalas aquí nun par de frases. Que conclusións ou aprendizaxes saca- ches deste traballo con mulleres super- viventes da violencia de xénero en rela- ción coa saúde mental? O certo é que investigar nestas liñas, véndoo agora desde fóra, leva consigo o feito de ter que intentar ver máis alá. Quero dicir que se acaba indagando a e na realidade das mu- lleres superviventes, a cal abrangue moitos aspectos, necesidades, apoios, os elementos que impactan na súa saúde mental e non só a consecuencia directa. Falamos do proceso, do ciclo da violencia de xénero, dun proceso que leva ao illamento e a anulación total das mulleres, a anulación da súa personalidade, da súa autonomía, da súa independencia, dos seus gustos, no que desde esta perspec- tiva é moi importante non incrementar a súa vulnerabilidade e a súa desprotección, baixo ningún concepto. Tamén destaca moito a importancia de contar ou non cun círculo de apoio familiar e social, e o impac- to que pode ter que o agresor perciba que conta cun control completo sobre a muller, que esta se encontra completamente illada xunto a el, máis a presenza de menores. O pasado mes de novembro participa- ches, xunto con outras compañeiras, na IV Xornada de Sensibilización e Preven- ción da Violencia Sexual na Mocidade que organizou a UDC. Cal cres que é o impacto deste tipo de violencia na saú- de mental das mozas e mulleres que a sofren? A verdade é que eu non cheguei a investi- gar acerca da violencia sexual de maneira concreta, nin non traballo de fin de grao nin no traballo de fin de mestrado. Polo tanto, falando desde a miña perspectiva persoal, non como investigadora ou como estudante, senón como muller, a violencia sexual implica prexuízos e, moitas veces, a sinalización da vítima, a súa culpabilización, e iso impacta directamente sobre a súa saú- de mental. Non só iso, senón que a expo- sición á violencia sexual, e tamén a outras tipoloxías de violencia contra a muller, aos feminicidios, pode vir dada pola parella, por algún familiar, por un amigo, por un coñeci- do, por un descoñecido ou por un grupo dos anteriores. E a vivencia, a exposición, pode comportar un estado de alerta continuo, de medo, de ansiedade, de anulación etc. que vai impactar directamente sobre a vida cotiá da supervivente. Que recursos ou ferramentas existen para mulleres que estean vivindo unha situación de violencia de xénero e pre- cisen axuda? O máis coñecido quizais sexa o teléfono 016 de atención a todas as formas de violencia contra as mulleres, e asociados a el existen unha charla en liña e un correo electrónico. Logo encóntranse os centro de información á muller, os centros de rehabilitación inte- gral, as casas de acollida..., aínda que moi- tos deles requiren que exista unha denuncia previa para poder actuar. Ademais, hai fun- dacións e asociacións, quizais algunhas me- nos coñecidas, con diversos recursos para poder brindar resposta a estas situacións. Como cres que se pode realizar un bo traballo preventivo e de sensibilización respecto da violencia sexual? Tes algún novo proxecto neste sentido? Penso que a prevención ten que comezar desde un momento temperán, desde a in- fancia, e máis tendo en conta que os nenos e as nenas poden ser testemuñas e sobrevi- ventes da violencia de xénero, que ao final viven e asumen esa violencia como algo co- ñecido. E o ideal sería previr desde a educa- ción. De feito, para traballar a prevención e a sensibilización creo que tamén é necesario que as persoas que se encarguen de facelo se encontren en continua formación. Agora mesmo non teño ningún proxecto novo neste sentido, aínda que si que estou intentando complementar a miña formación con cursos vinculados á abordaxe da violen- cia de xénero, entre outras cousas. Actual- mente atópome centrada no inicio da miña vida laboral. Violencia de xénero, despedimento disciplinario e custodia e réxime de vi- sitas dos fillos menores Alicia Debasa Corral 2.º premio na modalidade de TFG-Ciencias Sociais e Xurídicas do X Concurso de Traballos Académicos con Perspectiva e Xénero Ángeles Alvariño Neste traballo Alicia aborda, desde o ámbito xurídico, a faceta máis dura da desigualdade: a violencia de xénero. Sinala que, pese ás modificacións que introduciron a perspectiva de xénero en diferentes ramas do dereito, o certo é que no ámbito xudicial, imprescindible na loita efectiva contra a violencia de xénero, se aprecia unha importante reticencia a aplicalas. O traballo achega luz en tres puntos: 1) mostra que é posible percibir un caso desde a pers- pectiva de xénero aplicando con rigorosidade as regras procesuais e substantivas, con estrito cumprimento das garantías e os dereitos de ambas as partes; 2) mostra que a violencia de xénero ten moitas facetas ademais da física; e 3) aborda un caso realista e actualizado de violencia de xénero, con que fai un percorrido polas solucións e ferramentas específicas que ofrece o ordenamento xurídico grazas á introdución da perspectiva de xénero.
  • 4. 4 DESligaTE A FONDO ROMPENDO REGRAS LAB Rompendo Regras é un proxecto transversal e interdisciplinar coa menstruación como obxecto de investigación e como tema xe- rador que impulsa experiencias formativas e mobiliza saberes na Universidade. Aplica unha perspectiva crítica e feminista desde a xustiza ecosocial. A menstruación abre un espazo de coñecemento moi amplo para producir saberes corporeizados, proceden- tes da experiencia, da reflexión compartida cunha ollada de botrato. Os obxectivos son: • Definir e implementar participativamen- te unha alfabetización menstrual crítica a partir de materias específicas en graos e mestrados diversos. • Construír unha comunidade de práctica entre Facultades e Servizos para incluír a menstruación na investigación, na forma- ción e na vida académica. • Imaxinar escenarios de transformación cara a promoción dunha menstruación digna e ecosaudable na Universidade e na sociedade. QUEN? Está promovido polo Grupo de Traballo en Igualdade de Xénero da Facultade de Cien- cias da Educación, constituído o 28/09/2020 co profesorado: Neves Arza, Montserrat Mu- riano, Carmen Rodríguez, Cathyn Teastely, Juanjo Lorenzo; o persoal da biblioteca: Inma Doval; as alumnas: Ari García, Uxía Hadaly Romero, Sabela Quintillán, Celia López Vi- cario, Andrea Cougaño e Gabriela Frías; e como coordinadora: a representante de Igualdade, Mar Rodríguez Romero. Na rede tamén participan: por unha ban- da, de Ciencias do Deporte e da Educación Física: Alicia Martínez Rodríguez, Zeltia Naya Entonado, Sandra Martínez Bustelo da Facultade de Fisioterapia, María José Mosquera González; por outra, de Socio- loxía: Ángeles María Longarela Ares, Este- fanía Mourelle Espasandín, Noelia Salido Andrés de Economía e Empresa, Elvira Santiago Gómez; por outra, da Oficina de Medio Ambiente (OMA): Verónica Torrijos Pérez; e para finalizar, da Oficina de Coope- ración e Voluntariado (OCV): Lorena Rilo Pérez. Apoian esta iniciativa, a Oficina de Igualdade (OIX) e o Centro de Estudos de Xénero e Feministas (CEXEF). COMO? Rompendo Regras desenvólvese dun xeito emerxente e aberto e vai adoptando forma- tos variados segundo as sinerxías creadas, abríndose a novos escenarios e cuestións. Como a menstruación é unha poderosa lente para explorar e interconectar as des- igualdades e violencias que experimentan as mulleres a nivel biolóxico, sociopolítico, económico, cultural e histórico, busca dife- rentes eixos interdisciplinais para aglutinar colaboracións diversas e producións trans- versais. Dado o esquecemento evidente da menstruación, tanto na investigación como na docencia, froito do mandato patriarcal que ignora as inxustizas de todo tipo que provoca o período, tenta deconstruír as prácticas formativas e de indagación cientí- fica aplicando metodoloxías feministas, par- ticipativas e sinérxicas CANDO? Curso 20/21- Fotovoz: unha iniciativa cu- rricular aplicando a metodoloxía feminista da fotografía participativa en materias de graos e mestrados das Facultades de Cien- cias de la Educación, Fisioterapia, Educa- ción Física e Ciencias do Deporte e Socio- loxía. Incluíu a realización dunhas xornadas de 10 horas en Instagram para conmemorar 8 de marzo do 2021, 8menstrual, organiza- das totalmente polas estudantes do Grupo. Curso 21/22 – LAB: Laboratorio de par- Podcast gañador do III Concurso de creacións artísticas para a prevención do acoso e para dar publicidade ao Protocolo de actuación ante situacións de acoso sexual, por razón de sexo, por orientación sexual e identidade ou expresión de xénero na UDC (2022). Autora: Sara Bernárdez Veiga. Podes escoitar o podcast premendo aquí.
  • 5. DESligaTE 5 ticipación cidadá, apoiado por Medialab Matadero (https://labsbibliotecarios.es/ laboratorio/rompendo-regras-lab-mens- truacion-digna-y-ecosaludable/poñer como enlace), para promover procesos participa- tivos de aprendizaxe experiencial e produ- cir coñecemento transferible, sobrepasando límites institucionais, disciplinares, culturais e sociais. Desenvolvéronse nove proxectos: Imáxes que manchan: fotografía participa- tiva; Menstruación e Universidade: retos e sinerxías; Capa Rossa: ciclogramas e ilus- tracións; O sanguento impacto dos pro- dutos menstruais dun só uso; Aprendizaxe Colaborativo: intervención fisioterápica na dismenorrea primaria; EducAcción mens- trual, feminista, sustentable e global; Mens- trualizando a formación e a investigación; Imaxinando regras: imaxinación sociológica e menstruación e Eu Poemas: artivismo e menstruación. As súas promotoras foron moi diversas: A FONDO Políticas públicas sobre a menstruación na Universidade da Co- ruña: propostas para engadir unha menstruación digna e eco- saudable Alba Fernández Blanco 1.º premio na modalidade de TFG-Ciencias e Ciencias da Saúde do X Con- curso de Traballos Académicos con Perspectiva e Xénero Ángeles Alvariño Neste traballo Alba aplica a perspectiva de xénero para investigar diferentes iniciativas públicas sobre a menstruación digna e ecosaudable, e emprega a in- formación recollida para ofrecer propostas que poidan ser aplicadas na UDC. Entre as propostas que presenta inclúense as dun grupo de estudantes da Fa- cultade de Ciencias da Educación que está a colaborar co proxecto Rompendo regras. Algunhas delas son: a posta á disposición do público de produtos de hixiene menstrual gratuítos e ecosaudables, a adaptación de aseos ao uso de produtos sostibles e a organización de círculos de persoas menstruantes, en que poder formarse e conversar sobre as vivencias propias. Segundo premio no III Concurso de creacións artísticas para a prevención do acoso e para dar publicidade ao Protocolo de actuación ante situacións de acoso sexual, por razón de sexo, por orientación sexual e identidade ou expresión de xénero na UDC (2022). Autor: Isaac Guillermo Darriba López. alumnas, como Alba Lestón Casais do proxecto Capa Rossa profesoras, biblioteca- rias e técnicas das Facultades de Ciencias da Educación, Fisioterapia, Socioloxía, Ciencias Económicas, Ciencias do Deporte, a Oficina de Igualdade de Xénero (OIX), a Oficina de Medio Ambiente (OMA) e a Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV). Como colaboradoras, participaron a técnica de Igualdade da Universidade de Vigo, a Bi- blioteca Municipal Durán Loriga, a ONGD Solidaridade Internacional de Galicia, as ecoartistas Retoque Reto, Xerminando, o proxecto Punto Vermello, etc. Ofreceron unha ollada caleidoscópica para dignificar unha condición biolóxica escondida e pór o coidado de nós e do noso planeta no centro compartindo saberes e prácticas. Curso 22/23 – Proxecto-acción na Edu- cación Secundaria: co apoio do CEXEF e patrocinado polo Concello da Coruña. Bus- couse resignificar a menstruación e traballar as masculinidades disidentes en dous aulas da ESO no IES Menéndez Pidal e no IES Urgano Lugrís da Coruña. Contouse co asesoramento en educación menstrual de Noelia Darriba García da cooperativa Ata- laiAS e implementarónse tres obradoiros (Fotografía participativa co Charo López, Eu poemas co Enma Pedreira e Compres- tea co Proxecto Xerminando). Mellorose e ampliouse, tamén, o repositorio de recursos sobre menstruación que estaba sendo ela- borado desde 2021, grazas á colaboración das Bibliotecas Municipais da Coruña que- nes por outra banda crearon a clasificación Rompendo Regras dentro o seu catálogo web. No seu perfil de IG seguirás todas as accións deste suxerente inspirador (desafiante, pro- vocativo) proxecto: https://www.instagram.com/ollarmosvioleta/
  • 6. 6 DESligaTE NA MASCULINIDADE ENTREVISTA A PEPE CABIDO «O machinazi é o gran irmán, é o ollo que todos os nenos e homes temos.» Pepe Cabido é profesor de filosofía no ensino público galego. Cóntanos, quen es e a que te dedicas? Son Pepe Cabido. Actualmente son docen- te, profesor de Filosofía no ensino público galego. Dou clase de Filosofía e tamén de Historia da Filosofía e algunha optativa afín: Psicoloxía, Valores, Antropoloxía, pero ba- sicamente o meu marco é a filosofía, que ao ser tan grande permite a reflexión sobre temáticas moi diversas. Levo 30 anos dedicándome á filosofía e ade- mais, sempre vinculado co tema da igualda- de e os feminismos. Tamén sempre formei parte das equipas de igualdade dos IES nos que organizamos actividades específicas so- bre igualdade, etc. Tamén quero destacar que durante seis anos participei activamente cun sindicado (STEG) valorado polo seu traballa político e educativo feminista, o que marcou moito a miña evolución sobre o que é o feminismo e as súas implicacións na vida das mulleres, pero tamén na vida das nenas e nos nenos e, no medio prazo, na vida do conxunto da sociedade. Que observas no teu día a día nos cen- tros educativos en canto á construción da feminidade e a masculinidade? Distingo dous planos: aqueles que nos ve- ñen sempre coa mochila do que significa ser home ou muller na sociedade, vemos como moitos nenos teñen moi construído o con- cepto de fortaleza, e as rapazas o mito da beleza sobre todo, moi sexualizadas e moi preocupadas co aspecto externo. E outro grupo de nenas e nenos no que xa se ob- servan os cambios sociais impulsados pola formación en feminismos, hai nenos e nenas que veñen con outros discursos. Observa- mos avances pero lentos e, sobre todo, eses cambios son máis visibles nas rapazas. No caso dos homes o proceso é máis lento: seguen tendo protagonismo os modelos que empregan a agresividade e a corporeidade, ocupan máis espazos, e os que son dife- rentes (non heteronormativos) están nun segundo plano e, incluso moitas veces, son nenos que van sentir o rexeitamento, can- do non a agresión, do grupo de iguais. Polo tanto, podemos dicir que seguen chegando uns modelos de feminidade e masculinida- de máis ou menos ríxido e normativo aínda que cada vez é maior o cuestionamento dos estereotipos por parte das mulleres. Outra cousa interesante é que observar que tamén o profesorado e o resto da comuni- dade educativa reproducimos esos estereo- tipos, posicionándonos como modelos coa mesma óptica patriarcal. Eu mesmo son consciente de que tiven e teño eses com- portamentos. Os homes debemos asumir esa autocrítica para comenzar un proceso de deconstrucción da masculinidade hete- ropatriarcal. Se non realizamos ese proceso seguiremos exercendo como modelos de masculinidades tóxica. É moi importante, como docentes, mostrar aos rapaces mode- los de masculinidades alternativas para que así imiten outras formas de ser home, máis afectivas, menos violentas e máis cariñosas. Se non somos conscientes da importancia do cambio que temos que operar os homes converterémonos en potenciadores de mo- delos masculinos tóxicos e, polo tanto dun- ha sociedade tóxica. Es partidario de traballar de forma se- parada con rapaces e rapazas. Que be- neficios observas? Que destacarías deste traballo? Si, en 2014 comezo no IES de Muros a traballar, con moitas dúbidas e medos, en obradoiros separados por sexos. No caso das rapazas, xa teñen moita formación gra- zas ás teóricas feministas, pero escasamente se ten reflexionado sobre como afecta o pa- triarcado á vida dos nenos e homes en xeral. Os motivos que me levaron a facer iso foron varios. Primeiro, porque unha socialización diferente require actuacións diferentes, as mensaxes que ofrece a sociedade sobre o amor, o sexo e as relacións son diferentes en función do sexo polo que as intervencións deben ser diferentes. O segundo moitivo é porque nos debates en espazos mixtos os rapaces acaban sentíndose atacados polo feminismo, polo que observaba que non se conseguía o obxectivo da formación en igualdade, mesmo cheguei a considerar eses debates contraproducentes. Ademais, nes- tas actividades os rapaces seguen ocupan- do o espazo público da palabra, e por iso é precisa a separación. Tamén é preciso a separación ao permitir xerar un espazo de intimidade na que a adoitan agromar temas referentes a cada un dos sexos que non se abordan, moitas veces por vergoña, nos es- pazos mixtos. Do traballo destacaría a importancia de axudar aos meniños pero sobre todo abrir un espazo para a seguintes reflexións: desexas seguir sendo así? cara onde queres camiñar? Advertirlle cara onde o leva esa masculinidade tóxica: traballo esixente, fra- caso escolar, riscos para ser valentes, mortes violentas, drogadicción, frustración, etc. Eu sempre lles falo das gafas azuis, da nece- sidade de poñer esas gafas para axudarlles a identificar eses procesos condutuais e psicolóxicos que fan que vivir como home heteropatriarcal é un paradigma tóxico. É esencial que vexan o dano que o patriarcado nos fai aos homes e como homes o dano que podemos facer a outros homes non normativos. Desde esta conciencia temos que potenciar a necesidade de exercer como referentes de outros nenos, de romper ese modelos, re rachar co círculo da hipermas- culinidade. É necesario que os nenos vexan que se poñen as gafas azuis concienciaranse de que o mundo que nos espera será moito mellor. En definitiva poñer as gafas azuis sería a identificación das consecuencias ne- gativas na vida dos homes da masculinidade heteropatriarcal ao mesmo tempo que lles ofrece un novo espazo para ser home. Que bo o concepto de gafas azuis... Tamén empregas «machinacis», poderías explicarnos que significa?
  • 7. DESligaTE 7 NA MASCULINIDADE Poderíasnos dar 10 consellos para saber construílas? 1. Escoitar, en especial os discursos do feminismo, da igualdade. 2. Abrir a ventá da crítica de ti mesmo como home. Coñecer a orixe dos mandatos masculinos que nos obrigan a ser dun determinado xeito. 3. Coñecer as consecuencias da masculinidade tradicional/heteropatriarcal. 4. Cambiar a ética da violencia pola ética revolucionaria do coidado 5. Aprender a valorar aquilo que feminiza ao home. Feminizar a masculinidade non nos fai menos homes, senón máis felices e máis xustos. 6. Aprender que a masculinidade que temos non é escollida, e case nunca querida, converténdose moitas veces na nosa prisión. 7. Recoñecer os privilexios masculinos e traballar para a súa eliminación. 8. Ser conscientes das consecuencias positivas da disidencia: maior liberdade e mais felicidade. 9. Botarse a andar polo camiño da disidencia. 10. Preguntarte que home futuro queres para o teu fillo e que home queres para a túa filla. Empreguei este concepto porque estaba canso de que os nenos que non teñen nin idea de feminismo si coñecen o termo fe- minazi e o empregan cun evidente desprezo cara as mulleres defensoras da igualdade. Machinazi e o gran irmán, é o ollo que to- dos os nenos e homes temos e que vixía o cumprimento da masculinidade. Aquel neno que é máis cariñoso, que ten máis sensibi- lidade, que ten hobbys que son diferentes, nenos que fisicamente non cumpren o mito da beleza masculina de fortaleza e mús- culo, posiblemente será obxecto de burla e de rexeitamento por parte do grupo de amigos. Ese machinazi obríganos a ser un home “de verdade” e a reproducir com- portamentos que se esperan de nós como home, comportamentos relacionados coa fortaleza, coa violencia, co poder, coa do- minación, coa competitividade, etc. sancio- nando calquera emoción non masculina: medo, vergoña, covardía, etc Nos últimos anos, observas algún cam- bio na construción das masculinidades? Si, é certo que existe unha evolución tanto no pensamento como nas condutas pero aínda queda moito camiño por andar. O discurso sobre a masculinidade comenza a visibilizarse máis estamos a anos luz do discurso teórico das mulleres. Ao femi- nismo debémoslle atribuír o cambio no modelo que o patriarcado constrúe para a muller. No caso dos homes estamos em- pezando a construír un discurso crítico so- bre o que significa ser home. Esta falla de discurso provoca que a maioría dos homes aínda non sexamos quen de realizar o pro- ceso da deconstrucción. Aínda así, a miña valoración da realidade que observo é positi- va na medida en que na actualidade moitos nenos e homes empezan a reflexionar sobre isto, ampliando a aceptación e tolerancia cara as distintas formas de ser home. Tamén nos IES observamos que moitas familias interiori- zaron a tarefa da coeducación, o que axuda no cuestionamento do modelo heteropatriarcal. A pesares dos avances, non podemos negar que os estereotipos de xénero aínda están moi presentes no ADN da nosa cultura, e iso fai que o cambio sexa lento. O traballo das escolas é imprescindible, creo que os equipos de igualdade deberían ser obrigatorios en todos os centros, xa que así facilita que se visibilice outros modelos de ser, potenciando unha maior tolerancia e permisividade cara o diferente. Falas de masculinidades disidentes, que son? As masculinidades diversas e disidentes sempre estiveron aquí: sempre existiron homes coidadores, pacifistas, non violentos, afectivos, etc. Estes modelos sempre existi- ron, pero invisibilizáronse triunfando o mo- delo do guerreiro (o modelo malote). Por isto prefiro falar de home disidente: disi- dente sería aquel home que toma conscien- cia da súa posición de ser privilexiado e non quere seguir a contribuír nun modelo que somete e fai submisas as mulleres e a outros homes. Outro modelo de home é posible. Na medida en que somos os beneficiarios dos privilexios do patriarcado fará máis difícil a disidencia do modelo normativo. Ademais a disidencia implica un cuestio- namento persoal e das relacións afectivas masculinas do entorno. Esta disidencia im- plica pasar a acción no entorno próximo censurando comportamentos machistas. A disidencia é o único lugar da liberdade, da igualdade e, en definitiva, da felicidade polo que é importante que os mozos se fagan conscientes para que comprendan o moito que teñen que gañar abrazando o feminis- mo. Ser disidente vainos situar á beira dos heroes. Do conto tradicional ó álbum ilustrado. Análise da colec- ción «Os contos do trasno» Pilar Rey Muiños 1.º premio TFG – Ciencias Sociais e Xurídicas do X Concurso de Traballos Académicos con Perspectiva e Xénero Ángeles Alvariño Neste traballo Pilar analiza os contos de tradición oral en formato de álbum ilustrado que chegan actualmente á infancia, a se centrar en concreto nos pertencentes á colección «Os contos do trasno» de Kalandraka, editorial que pretende poñer en valor este tipo de contos e promover a súa difusión como patrimonio cultural, ademais de con- tribuír á normalización do galego coa súa publicación neste idioma. Como sinala Pilar, os contos tradicionais levan a ser utilizados desde tempos inmemoriais para educar nos valores de cada época. Porén, a vaga de pensamento feminista provocou que se cuestionasen, por reproducir valores machistas e discriminatorios.
  • 8. 8 DESligaTE NA XUSTIZA Entrevista a Ana López Suevos, maxistrada titular do Xulgado de Santiago de Compostela. Cales son os maiores desafíos que teñen que superar as mulleres na carreira xu- dicial? Hoxe entran máis mulleres que homes na carreira xudicial. Aínda así, os órganos su- periores ou tribunais superiores –o mesmo Tribunal Supremo– seguen estando ocupa- dos maioritariamente por homes. Isto dé- bese a dúas razóns: por unha banda, a estes postos chégase por antigüidade, e as mulle- res somos de máis recente incorporación; e, pola outra, hai tamén que pasar outra serie de filtros que modulan unha certa tendencia a escoller homes antes que mulleres, e esta é aínda unha inercia que cómpre romper. As mulleres postulámonos en menor medida a determinados postos, non soamente por causa dos coidados e a maternidade, senón porque somos ambiciosas noutro sentido da palabra, á hora de levar a cabo proxectos profesionais doutro perfil, como por exem- plo centrados nos dereitos sexuais. Nese sentido eu non estou tan interesada no que supón a cúpula do Tribunal Supremo, senón que teño outras ambicións moi diferentes. Que opinas sobre a situación actual da vio- lencia sexual desde o teu labor profesional? A violencia sexual afecta maioritariamente a mulleres, nenas e adolescentes, aínda que tamén hai nenos varóns que sofren violencia sexual, e algún home adulto; con todo, esta última cifra é mínima. Centrando a aten- ción nas nenas e adolescentes, elas sofren en maior medida abusos intrafamiliares, unha tipoloxía de delito que existiu sempre e que consiste en abusos no contorno familiar ou por parte do seu contorno de coñecidos ou amigos. Se poñemos o foco no censo de vítimas, hai un aumento exponencial dos delitos contra as mulleres entre 15 e 30 anos, mozas que son agredidas sexualmente polos mozos ou por persoas coñecidas, amigos ou contac- tos que se fan a través das redes sociais. Igualmente existe un aumento dos casos de submisión química. Estas dúas modalidades da violencia a través das redes sociais e a submisión química non existían hai anos, xa que non se tiña acceso ás redes sociais nin ás substancias que provocan a submisión química; este feito é o que me leva a afirmar que aumentou o número de delitos. Cales dirías que son os maiores retos arestora en materia de violencia sexual? Penso que o principal problema é que non sabemos que incidencia social alcanza a vio- lencia sexual, xa que non existen estatísticas. O Estado español nunca mediu a inciden- cia destes delitos na sociedade. Agora por primeira vez, coa Lei de garantía integral da liberdade sexual, introdúcese a obrigato- riedade de elaborar estas estatísticas. Hoxe as poucas cifras que sabemos son as que ofrecen o Ministerio do Interior ou o Ob- servatorio da Violencia de Xénero, e eu creo que estas cifras subestiman o fenómeno, porque soamente reflicten as denuncias que entran por atestados da policía e da Garda Civil. Como xuíza de instrución, teño coñe- cemento de delitos sexuais por outras vías: polos centros de ensino, polas traballadoras sociais, polas forenses... Un dos desafíos fundamentais é lograr que as vítimas confíen no sistema, e que por tanto denuncien, porque actualmente non podemos perseguir estes delitos se non exis- te denuncia, o cal é moi discutible, pero é así. Temos que lograr que as vítimas confíen no sistema policial e xudicial, e para logralo cómprenos reducir ao máximo posible a súa vitimización secundaria. Polo tanto, o que hai que mellorar é o proceso desde que as vítimas acoden ao hospital até que chegan ao xuízo (teñen que recibir unha asistencia psicolóxica co maior nivel de confort posi- ble, teñen que recibir información...). Eu son crítica con algúns aspectos da Lei de só o si é si porque se centra no deba- te da reforma do Código penal e non tanto no que se refire á mellora do procedemento xudicial e policial. Esta lei introduce dispo- sitivos de asistencia moi interesantes e ne- cesarios, pero, na miña opinión, perdeuse a oportunidade de introducir outras melloras. Para min a máis importante sería a de reali- zar unha proba preconstituída para vítimas adultas, o que significaría que declarasen soamente unha vez no procedemento, que se gravase a súa declaración con todas ga- rantías e que non tivesen que asistir ao xuí- zo. Esta é unha posibilidade que arestora só se prevé para menores e persoas vulnerables con algún tipo de discapacidade. Cóntanos un pouco en que consistiu o proceso de elaboración do Protocolo de actuación sobre delitos sexuais? Que avances trae consigo? Empecei a suscitar a idea do protocolo polo ano 2019 porque estaba moi preocupada polo aumento de vítimas. Por isto, solicitei autorización ao Tribunal Superior de Xusti- za de Galicia para dirixir un grupo de traba- llo conformado por diferentes axentes para traballar con dous obxectivos fundamentais. O primeiro foi conseguir que a persecución e a investigación deste tipo de delitos fosen máis eficaces. E o segundo foi reducir a vi- timización secundaria das persoas afectadas. Finalmente, o protocolo foi máis alá do ám- bito de Santiago de Compostela e estendeu- se a toda a Comunidade Autónoma. O proceso de elaboración do protocolo consistiu nun traballo forte de sensibiliza- ción e concienciación que durou máis ou menos un ano. Hoxe non teño garantías de que estea funcionando, non hai seguimento sobre isto. Hai que ter en conta que os pro- tocolos non son obrigatorios, senón que son orientativos. Neste pasado ano 2022 foi recoñecido o teu labor contra a violencia machista a través do Premio Meninas 2022. Que representou para ti este recoñecemento? Foi unha sorpresa, pero a verdade é que eu non son moi de premios. Si que é certo que o mesmo día que se entregaron os premios estabamos inmersas nos debates sobre a aplicación retroactiva da Lei de só o si é si. Así, na entrega aproveitei para falar sobre o que estaba pasando, sobre todo para pedir moderación nas acusacións que se lles lan- zaban a todas as xuízas e todos os xuíces de ser machistas e fascistas. Para min foi unha oportunidade para dicir o que pensaba nun momento difícil. Non se pode descualificar a todo un sector. Manda unha mensaxe para o alumnado da UDC! Gustaríame pedirlles a todas as alumnas da UDC que tomen conciencia sobre a si- tuación actual das mulleres, de que existen moitos tipos de violencias que nos afectan. As alumnas universitarias viven nun marco de privilexios onde poden tomar o espazo público e social, por iso é importante que o fagan, que se xunten para traballar en ini- ciativas de concienciación. Debemos estar atentas e ocupar o espazo público a través da mobilización para traballar polo feminis- mo. Eu animaríaas a todas elas a que así o fagan desde o ámbito universitario.
  • 9. DESligaTE 9 NA XUSTIZA Entrevista a Patricia Faraldo, redactora da Lei de Só o Si é Si. «As vítimas terán un dereito á asistencia integral especializa- da e accesible, que comprenderá información e orientación.» Que ten que ver Patricia Faraldo coa lei de só o si é si? Todo empezou cunha colaboración con Po- demos-En Marea, en que tiven a ocasión de participar na redacción dun anteproxecto de lei de garantía integral da liberdade se- xual. Cando o partido chegou ao Goberno, o Ministerio de Igualdade asumiu ese ante- proxecto e continuou traballando sobre el. Tras os correspondentes trámites, foi apro- bado como Lei orgánica 10/2022, do 6 de setembro. Tres titulares para entender por que é importante a lei de só o si é si... Porque os delitos sexuais que se denuncian non son máis que a punta dun iceberg de- solador. Porque non só hai que animar as vítimas a denunciar, senón tamén acompañalas e pro- porcionarlles apoio psicolóxico, económico e social, así como unha experiencia menos traumática durante o proceso penal. Porque o medo á violación segue a condi- cionar a vida social das mulleres e limita a nosa liberdade Catro grandes avances que trae a lei de só o si é SI? No ámbito penal, produciuse un cambio de paradigma: pasamos da dispoñibilidade por principio dos corpos das mulleres, salvo que digan que non, á indispoñibilidade por prin- cipio, salvo que digan que si. A mensaxe é clara: hai que asegurarse da disposición da outra persoa a participar, antes de iniciar o contacto sexual. Con todo, o máis importante son as medi- das non penais: recóllense medidas destina- das a conseguir máis datos sobre o fenóme- no da violencia sexual, así como a prevela, sensibilizando a cidadanía nos ámbitos edu- cativo, sanitario, sociosanitario e de servizos sociais. Tamén se prevén medidas de formación para todas/os as/os profesionais implicadas/ os, desde as forzas e os corpos de seguridad, aos órganos xudiciais, o ministerio fiscal, o persoal médico forense, as profesionais da avogacía e o persoal de centros penitencia- rios. Garántese o dereito das vítimas á asistencia integral especializada e accesible, e ofrécen- selles múltiples dereitos laborais e de segu- ridade social, así como axudas económicas e unha reparación efectiva, máis alá do pa- gamento dunha indemnización económica. Dous retos da lei de só o si é si... Superar a campaña en contra liderada por algúns partidos e medios de comunicación, que transmiten á cidadanía a impresión de que todo se reduce a unha inesperada redu- ción de penas que pon na rúa delincuentes perigosos. Todo pode ser obxectivo da crítica, por su- posto, pero nun debate científico espéranse argumentos científicos, non meros insultos. Non acabo de entender a falta de respec- to que observo nalgúns colegas contrarios á Lei. Sete puntos da lei de só o si é si para garantir unha vida libre de violencias sexuais... Agora, o consentimento para ter unha rela- ción sexual non se pode deducir sen máis do mero silencio, o sometemento ou a pasivi- dade da vítima. Xa non vale o de «quen cala, outorga». Ao contrario, «quen cala, nega». Agora, que a vítima sexa muller parella ou exparella do autor agrava a pena, o que con- tribúe a visibilizar o dano que causa unha forma de violencia moi pouco denunciada, pero lamentablemente de frecuente comi- sión. Agora, as vítimas teñen un dereito á repa- ración que vai máis alá da responsabilidade civil, cun enfoque reparador integral trans- formador que se acompaña de garantías para facelo efectivo. Agora, todos os operadores xurídicos debe- rán formarse non soamente en igualdade, senón en perspectiva de xénero, para garan- tir unha mellor asistencia, un mellor acom- pañamento e un mellor apoio ás vítimas. Agora, habe- rá protocolos e formación para a detección da violencia sexual nos ámbitos edu- cativo, sanitario e sociosanitario, o Informe sobre delitos contra a liberdade sexual do Ministerio do Interior (2021)*: • Durante o ano 20 21 produciuse un aumento dos delitos con- tra a liberdade sexual. • A proporción de vítimas mulleres alcanza o 86% do total, sendo as ¾ partes nacionais e o resto estranxeiras. • O maior número de vítimas por agresións sexuais con pene- tración son mulleres de 18 a 30 anos. • O maior número de vítimas por abusos sexuais son menores de idade. • O perfil máis habitual de detido é un home, español de 41 a 64 anos. • A maior parte das vítimas non teñen relación co agresor. *os delitos contra a liberdade sexual analizados son abuso sexual, agresión sexual, agresión sexual con penetración, abuso sexual con penetración, pornografía de menores, exhibicio- nismo, ciberdelitos, corrupción con menores, acoso sexual, delitos relativos a prostitución e provocación sexual. que permitirá descubrir a violencia sexual oculta, como as violacións no matrimonio, a mutilación xenital feminina ou os casos de aborto e esterilización forzosos. Agora, as vítimas terán un dereito á asis- tencia integral especializada e accesible, que comprenderá información e orientación; atención médica e psicolóxica, tanto inme- diata como de recuperación no longo prazo; atención ás súas necesidades económicas, laborais, de vivenda e sociais; asesoramento xurídico previo e asistencia xurídica gratuíta nos procesos derivados da violencia sexual sufrida; seguimento das súas reclamacións de dereitos; servizos de tradución e inter- pretación; e asistencia especializada para mulleres con discapacidade. Agora, haberá unha estratexia estatal contra a violencia sexual. Xénero e verdade xudicial: violencia sexual e máximas de experiencia Amara García Adán 2.º premio na modalidade de TFM do X Concurso de Traballos Académicos con Perspectiva e Xénero Ángeles Alvariño Neste traballo Amara fai unha reflexión práctica sobre a necesidade de in- troducir a perspectiva de xénero no ámbito do dereito, e, máis en concreto, sobre como xulgar e valorar unha proba con perspectiva de xénero en casos de violencia sexual. Vaise destacar como no procedemento probatorio poden agromar prexuízos que aínda existen sobre a sexualidade das mulleres e nenas, que é preciso identificar para poder neutralizalos. Amara sinala que, para formular o debate, é necesario afastarse da falacia da redución ad absurdum de que a perspectiva de xénero e a presunción de ino- cencia son incompatibles. Cómpre facer unha crítica da suposta neutralidade das leis e das normas que tomaron o home branco, heterosexual e de clase media como referencia e medida da realidade única e universal.
  • 10. 10 DESligaTE ENTREVISTA A TERESA PIÑEIRO, REPRESENTANTE DE IGUALDADE E DIRECTORA DO CEXEF NA FACULTADE DE CIENCIAS DA COMUNICACIÓN. Cóntanos, quen es e a que te dedicas? Son profesora na Facultade de Ciencias da Comunicación da UDC, onde tamén desen- volvo as funcións de representante de Igual- dade, e directora do Centro de Estudos de Xénero e Feministas (CEXEF). Cal foi a orixe do proxecto de podcasts feministas? A que necesidade(s) respon- de? Imparto materias sobre comunicación e deseño sonoro nos graos en Comunicación Audiovisual e en Creación Dixital, Anima- ción e Videoxogos, polo que a aproxima- ción aos podcasts feministas foi unha for- ma natural de unir dous dos meus ámbitos de interese. Non é nada novo, ao igual que previamente sucedeu coa radio, existen nu- merosos proxectos que empregan o podcast como unha forma de ter voz e dar voz para tratar temáticas e enfoques de interese para as mulleres, así como doutras colectivida- des. Se lle botamos un ollo á televisión ou a cal- quera xornal, podemos darnos conta de que as mulleres están representadas de forma parcial. Non só están infrarrepresentadas como suxeitos, senón que a súa presenza está vinculada a temáticas e enfoques tra- dicionalmente considerados femininos, o que contribúe a alimentar as nosas ideas e percepcións e reforza a orde patriarcal. Nes- te contexto os contidos dos medios están dominados por unha perspectiva masculina, en detrimento de temáticas e enfoques máis plurais e inclusivos. A facilidade de acceso, creación e distribu- ción dos podcasts convérteos en vehículos de interese para facer escoitar outras voces, outros enfoques e perspectivas habitual- mente alleos aos medios de comunicación tradicionais. Por iso, o desenvolvemento de pílulas de formación sobre podcasts busca capacitar e apoderar as persoas interesadas para crear os seus propios contidos e desen- volver estratexias de autocomunicación de masas. A temática sobre o discurso do odio nas redes é algo que vés traballando de for- ma máis estable, poderíasnos contar un pouco máis sobre isto? Ao igual que o podcast esta temática, xurdiu un pouco de casualidade, pola miña propia experiencia como usuaria. A rapidez das redes sociais, así como a sensación de ano- nimato, fai que a nosa comunicación sexa máis «natural», que presentemos a nosa for- ma de pensar, sen filtros. A sensación que tiña en espazos como Twitter é que había un dominio dos usuarios varóns ou, polo menos, que tiñan máis presenza na conversa social.Malia que partiamos da hipótese das redes como espazos tóxicos para as mu- lleres, os datos permitíronnos obter unha realidade máis complexa en que as usuarias eran con frecuencia obxecto de linguaxe odiosa, así como doutro tipo de violencias, o que facía que moitas deixasen de partici- par de forma activa en determinadas redes e nas conversas sobre determinadas temáti- cas. Asemade, puidemos comprobar que a elevada incidencia desta toxicidade levaba as mulleres a desenvolver unha especie de cegueira ou autodesconexión mental ante os contidos negativos, como mecanismo de autoprotección. Cales son as maiores alegrías e os maio- res retos deste proxecto? (entendo que o de discurso do odio) É un proxecto que tivo unha importante di- fusión e que chegou tanto á academia como ao gran público. Grazas a el tiven a sorte de participar en formacións para estudantado preuniversitario, así como en actividades de sensibilización para nais e pais. O maior reto –probablemente– sexa in- tentar ir máis alá do plano descritivo para explicar cales son as relacións de poder e o seu porqué. Que podcasts nos recomendarías para recomendar no desLIGAte III ? Buf, que complexo... Depende do que bus- quedes, hai moitísima oferta. Desde humor, como en Estirando el chicle ou Deforme Semanal, a documentais como De eso no se habla ou Las Raras... Mais o que me levou a interesarme por esta cuestión foi Sangre Fucsia. NA REDE
  • 11. DESligaTE 11 As cápsulas xorden desde o grupo Igualdade da ETSAC e trata de pequenos textos que se publican quincenalmente sobre autoras e autores, obras e iniciativas que, ao longo da historia e na actualidade, permiten poñer o acento sobre a perspectiva de xénero. CÁP. Recupéranse os nomes de mulleres que tra- ballaron en diversos campos, especialmente aqueles que teñen relación coas diferentes disciplinas das integrantes do grupo de Igualdade da ETSAC: arquitectura, urbanis- mo, arte, deseño, matemáticas, física, estru- turas, construción etc. A profesora Yolanda Pérez Sánchez encárgase da súa coordina- ción e a súa publicación, lémbranos a todas cando nos toca publicar, revisa os textos e sóbeos á web. Nese momento contamos con 27 cápsulas, a primeira de xullo de 2021. Cremos que con esta iniciativa podemos axudar a visibilizar e introducir, de maneira informal, na ETSAC, cuestións relacionadas coa perspectiva de xénero, a igualdade e o feminismo. Por que condensar información en pe- quenas cápsulas? Buscabamos un formato que fora ameno á hora de o ler, que espertase a curiosida- de e que tampouco nos levase moito tem- po escribir. É unha maneira de chamar a atención sobre un tema ou unha figura en concreto respecto dos cales, se queres saber máis, na propia cápsula contas con ligazóns e referencias para profundar. Cal é a maior alegría destas cápsulas? O compromiso das persoas integrantes do grupo, a súa constancia. Ademais, a calidade dos textos, que abordando temas diversos que responden aos intereses diferentes de cada autora, é boa. Por unha banda, pode- mos atopar cápsulas centradas na traxec- toria dunha muller (arquitecta, científica, matemática etc.) do pasado ou do momento actual. Pola outra, hai textos máis reivindi- cativos que denuncian situacións ou defen- den determinadas liñas dentro do feminismo. E se tiveses que escoller tres cápsulas, cales serían? Non podería! Creo que a forza do proxec- to reside na suma de todos os textos, pero veña, voume arriscar! Creo que unha das cápsulas máis divertidas foi a da profesora Mónica Mesejo titulada «Arrebato. Elogio a las mujeres cápsula», en que se dirixe a nós como «mulleres cápsula» e explica moi ben como podemos entender o grupo de Igual- dade da ETSAC. Tamén destacaría aquelas que teñen unha liña máis reivindicativa, como «De las maléficas para los príncipes encantadores», escrita pola alumna Sara Ro- mán Carracedo, ou a «Carta a las Estudian- tes de Arquitectura», escrita pola profesora Luz Paz Agras. E para finalizar, pola súa calidade e o seu calor, a cápsula de Mayra SanJuan Pedreira, directora da nosa biblio- teca, titulada «Carmiña sororidade», en que, mirando ao pasado, nos reafirma na defensa da igualdade de xénero. NA REDE El humor y la mujer negra: Mala feminista de Roxane Gay Sarai Sánchez Prieto 1.º premio na modalidade de TFG-Artes e Humanidades do X Concurso de Traballos Académicos con Perspectiva e Xénero Ángeles Alvariño Neste traballo Sarai estuda a obra ensaística de Roxane Gay (Bad Feminist Mala femi- nista) para demostrar como o humor pode funcionar como método de protesta social, en particular para a muller afroamericana. O humor permite expresar opinións sobre temas complexos nun ambiente seguro, o que posibilita xerar debates (sobre xénero, raza, sexualidade...), ao tempo que consegue que as demandas das protestas calen na sociedade e se avance cara á transformación social. No caso de Roxane Gay, o seu traballo usa o humor tanto para cambiar a imaxe da muller negra na comunidade como para unir forzas entre as mulleres afroamericanas. Cápsula de Igualdade “Quero vivir con Skibniewska”… ¿e ela, viviría connosco?”
  • 12. 12 DESligaTE TARXETA VERMELLA NO AIRE • O cadro arbitral do Mundial de Qatar 2022 estivo composto por 36 árbitros, 69 asistentes e 24 persoas na videoar- bitraxe (VAR), das cales só eran mulle- res tres árbitras: a francesa Stephanie Frappart, a ruandesa Salima Mukasanga e a xaponesa Yoshimi Yamashita; e tres asistentes: Neuza Back (Brasil), Karen Díaz Medina (México) e Kathryn Nes- bitt (Estados Unidos). Aínda que se lle deu publicidade a este feito como un fito histórico atinxido no devandito mundial, por ser a primeira vez que hai árbitras na modalidade masculina do torneo, seguen a parecernos poucas! • Restricións da liberdade de expresión e desigualdades na lei e na práctica en relación cos dereitos das mulleres e do colectivo LGTBI. • A poboación traballadora migrante, pese ás reformas gobernamentais, con- tinuou sufrindo abusos laborais e tendo dificultades para cambiar de emprego libremente. • Qatar é un país que conta con 2,9 mi- llóns de habitantes, un 25 % de mulle- res. Porén, o 75 % restante ten a súa tutela. Rosalía Perera, avogada de Bada- xoz experta en dereitos humanos, fala do sistema discriminatorio a que está sometido a poboación feminina en cin- co claves: 1. Permisos para saír do país a cargo do seu titor legal (pai, esposo, tío, irmán…): as menores de 25 anos de- ben pedir permiso para viaxar fóra do país, casar, estudar no estranxei- ro, traballar en moitos postos do Go- berno etc. 2. O sexo, ilegal fóra do matrimonio: «Quedar embarazada estando soltei- ra pode supoñer penas de cárcere». Isto provoca que as violacións se si- lencien, xa que aquelas mulleres que non estean casadas poden ser conde- nadas ata con 12 meses de prisión por ter relacións sexuais. 3. A violencia de xénero non é delito: legalmente, os maridos teñen prohi- bido facerlles dano ás súas esposas; porén, non existen os delitos por violencia de xénero. «Nin está tipi- ficado no código penal nin se fala diso». 4. O seu testemuño vale a metade nos tribunais: «Os hombres teñen dereito unilateral ao divorcio, mentres que as mulleres só por motivos taxados e limitados». Ademais, «as divorcia- das non poden exercer de titoras dos seus fillos/as, só pode ser o pai», e en cuestións de herdanzas, «discrimína- selles, ao recibir a metade da cantida- de ca os seus irmáns varóns». 5. Obriga de que regresen co seu mal- tratador: no caso de que unha muller fuxa dun agresor, a policía pódea fa- cer volver onda el. “«Se abandonan o seu domicilio por estar fuxindo do seu maltratador ou abusador sexual, as autoridades poderían obrigalas a volver ás súas casas»; é por iso que moitas deciden vivir nas súas resi- dencias habituais en lugar de buscar outro refuxio. LocaYo?? Maldito Bollodrama @locayopodcast @Malditobollodrama Equipo de redacción: Raquel Veiga Teijeiro | Beatriz López Rey | Belén Gavín Bermúdez | Noelia Darriba García Deseño e maquetación: manchea STAFF LA PALABRA MAS SEXY ES SÍ: GUÍA PARA EL CONSENTIMIENTO SEXUAL SHAINA JOY MACHLUS A palabra máis sexy é si é unha guía infor- mativa fresca e atractiva sobre o consen- timento, a educación sexual e a cultura da violación. Acompañada de ilustracións a toda cor da artista sueca Petra Eriksson – ilustradora habitual de The New Yorker–, ofrécenos, dun xeito claro e conciso, a in- formación necesaria para sabermos máis sobre orientación sexual, xénero, feminis- mo e consentimento. ENTÉRATE! Todo o que nunca se contou sobre o sexo e as relacións. Platanomelon naceu co obxectivo de na- turalizar a sexualidade, romper tabús e desmontar mitos. Mediante a creación de contidos profesionais e de interese para todas as idades, especialmente comparti- dos nas súas redes sociais, loita para que a sociedade tome conciencia da importancia da educación sexual. Ademais, promove o autocoñecemento para vivir o sexo como o que é: algo natural, saudable e divertido. Biblioteca Universitaria da UDC: Guía sobre feminismos, xénero e igualdade. Procedemento de atención a mulleres vítimas de agresión sexual. Aprobado polo Observato- rio Galego da Violencia de Xénero. Outubro de 2022.
  • 13. DESligaTE 13 08:00 A hora da 1 13:00 Falando claro 14:00 Informativo territorial 14:10 Agora ou nunca, con Mónica López 15:00 Telediario 1, presentado por Alejandra Herranz 15:50 Informativo territorial 16:15 O tempo 16:30 Serie A promesa 17:25 Serie Poldark 18:25 O comodín da 1 19:25 Concurso O cazador 20:30 Aquí a Terra 21:00 Telediario 2 22:00 10.000 días 22:50 Programa de variedades: Días de tele, presentado por Julia Otero 01:05 Comando actualidade 02:02 Comando actualidade 03:00 A noite en 24:00 8:10 Espazos incribles, con George Clarke 9:00 Piper en ruta 9:30 Aquí hai traballo 9:55 A aventura do saber 10:50 Turismo rural no mundo. Irlanda 11:25 Amazonas 12:15 Into de blue: Bali 13:00 Cine: Las niñas, de Pilar Palomero. 2020. 97 min 14:40 As recetas de Julie 15:10 Turismo rural no mundo. Suecia 15:45 Saber e gañar 16:25 A leoparda 17:17 Mamá xirafa 18:10 Cazadores de tumbas 18:55 Un pouco máis lonxe, coa viaxeira Mariia Khandus 19:45 Arqueomanía 20:15 Culturas 2 20:45 Paixón por Italia, con Alessandra Poli 21:10 Espazos incribles 21:55 Turismo rural polo mundo. Illas Canarias 22:30 Cine: Cerdita, de Calota Pereda. 2022. 90 min 00:10 Escandimanía 01:35 Concertos de Radio-3 07:55 Baloncesto: Copa Intercontinental 09:40 Fútbol sala amigable: Internacional Feminino. 11:10 Reportaxe: Mujeres al volante del bádminton 11:30 Programa Evasión 12:00 Vela Volvo Ocean Race 12:30 Programa Estudio Estadio 14:00 Directo: ciclismo 15:45 Directo: tenis 18:55 Directo: fútbol sala amigable: Internacional feminino. 20:50 Directo: baloncesto, Champions League 23:00 Directo: programa Estudio Estadio 00:30 Fútbol Copa das Nacións Feminina 02:30 Tenis WTA 500 DOHA 08:00 Bos días, presentado por Almudena R. de Urzáiz 10:30 A revista, presentado por Loly Gómez. 12:00 A bóla extra 12:30 Estache bo, cociña saudable da man de Moisés Rodríguez 12:50 Estache bo, co chef Iván Mariñas 13:30 Atmosféricos: progra- ma meteorolóxico por Sevi Martínez 13:50 Galicia noticias 14:25 Telexornal mediodía, presentado por Marta Darriba 15:15 Telexornal deportes mediodía, por Terio Carrera. 15:35 O tempo 15:40 Quen anda aí?, presen- tado por Roberto Vilar e Juan Fuentes 19:10 Hora galega 111, programa presentado por David Espiño e Rocío Durán 20:25 Telexornal serán 21:40 O tempo 21:50 Atrápame se podes, con Paco Lodeiro 22:30 Malicia noticias 23:00 Unha historia de crimes 23:45 Unha cuestión de xéne- ro: biopic sobre a xuíza do Tribunal Supremo dos EUA Ruth Bader O MÁIS DESTACADO DA TEMPADA RTVE Play estrea en exclusiva El techo amarillo, un documental de Isabel Coixet sobre un escándalo de abusos sexuais que foi proclamado candidato nos Premios Goya 2023. Elenco: Aida Flix, Miriam Fuentes, Núria Juanico, Albert Llimós, Marta Pachón, Violeta Porta e Goretti Narcís. Sinopse. En 2018 un grupo de nove mulleres presentou unha denuncia contra dous dos seus profesores da Aula de Teatro de Lleida por abusos sexuais ocorridos entre os anos 2001 e 2008, cando eran unhas adolescentes. Foi demasiado tarde. Por medo, por vergoña, porque tardaron moito tempo en entender e dixerir o que pasara, a denuncia chegou cando o caso xa estaba prescrito e arquivouse. O que non sabían é que, a pesar de que o caso prescribira, os seus testemuños estaban abrindo unha porta e, talvez, non todo estaba perdido. OCIO SUELTA 2022. España. Duración: 20 min Dirección: Javier Pereira. Elenco: Olivia Ba- glivi, Eduardo Lloveras, Alex Portela, María Jaiméz, Natalia Rodríguez e José Milán. Alba esperta unha mañá xunto a dous rapaces. Algo ocorreu a noite anterior, pero non lembra nada. Só ten unha estraña sensación que non logra definir. Proclamada candidata na Sección Oficial-Na- cional do Skyline Film Festival Benidorm e seleccionada na Semana do Cine de Medina del Campo. OCIO & TELEVISION 1. Corresponde a aquela que ten como obxectivo danar a muller a través dos seus seres queridos, especialmente dos seus fillos e das súas fillas. 2.Trátase de calquera acción que provoca danos ou sufrimento corporal e que afecta á integridade da muller. 3. Fai referencia ás dificultades de acceso das mulleres a postos de responsabilidade nos traballos, ao desenvolvemento ou a estabilidade na empresa; á desigualdade nos salarios entre homes e mulleres en idénticos postos; ao despedimento ou non contratación por causa de posibles embarazos etc. 4. Fai referencia a aquela que recolle estereotipos, mensaxes, valores ou signos que transmiten e favorecen o feito de que se repitan relacións baseadas na desigualdade, o machismo, a discriminación ou a subordinación das mulleres na sociedade. 5. Refírese a aquela que xorde co maltrato que sofren algunhas mulleres embarazadas ao ser xul- gadas, atemorizadas, humilladas ou mancadas física e/ou psicoloxicamente mediante prácticas ou condutas realizadas por profesionais da saúde. 6. Corresponde a calquera acción que busca unha perda de recursos económicos ou patrimoniais das mulleres, e inclúe todo tipo de actos que xeren limitacións de cartos, control dos gastos ou privación de medios para vivir de maneira autónoma. 7. Consiste en calquera acción que degrade a muller como persoa ou trate de controlar as súas ac- cións ou decisións: acoso, humillación, manipulación, illamento etc., que produza danos emocionais e prexudique o desenvolvemento persoal. 8. Aquela mediante a que o funcionariado ou as autoridades dificultan, atrasan ou impiden o acceso á vida pública, a adhesión a certas políticas e incluso a posibilidade de que as mulleres exerzan os seus dereitos. 9. Refírese a toda acción que ameaza ou viola o dereito dunha muller a decidir sobre a súa sexua- lidade e abarca calquera forma de contacto íntimo en contra da súa vontade, acoso, explotación, abuso ou intimidación. XEROGLÍFICO 1.VICARIA 2. FÍSICA 3. LABORAL 4. SIMBÓLICA 5. OBSTÉTRICA 6. ECONÓMICA 7. PSICOLÓXICA 8. INSTITUCIONAL 9. SEXUAL
  • 14. 14 DESligaTE SABÍAS QUE? Sabías que en case todos os centros da UDC hai unha representante de igualda- de??? A figura da representante de Igualdade nos centros xorde do II Plan de igualdade da UDC, co obxectivo de desenvolver propos- tas para orientar a actividade das facultades e escolas en materia de igualdade. Almudena Filgueira Vizoso. Escola Poli- técnica Superior de Deseño Industrial. Ana Isabel Ares Pernas. Escola Universi- taria de Deseño Industrial. O meu traballo como representante de Igualdade é difundir o labor da Oficina para a Igualdade de Xé- nero (OIX) da UDC e as actividades que organiza, así como as políticas de igualdade, e organizar distintas actividades de difusión a prol da igualdade da muller fundamental- mente no eido da enxeñaría. Ángeles María Longarela Ares. Facultade de Economía e Empresa. O meu labor consiste en organizar e pro- mover iniciativas para concienciar en ma- teria de igualdade; fomentar a divulgación, investigación e formación con perspectiva de xénero, especialmente a relacionada coa economía e a empresa; valorizar o papel de mulleres referentes; ofrecer apoio e infor- mación ante situacións de discriminación ou violencia de xénero; e resolver consultas de alumnado, PDI e PAS. Sirvo de nexo en- tre a Facultade e a OIX. Beatriz Pérez Sánchez. Facultade de Infor- mática. As miñas dúas actividades principais son as seguintes: a. Organización de cursos de formación en igualdade para o alumnado da Faculta- de. No curso 2021/22 implantamos unha experiencia piloto cun grupo pequeno, de aproximadamente 30 alumnos, divididos en dos subgrupos. A súa particularidade é que a actividade non se comunicou con anterioridade, aspecto que se considerou imprescindible para asegurar a participa- ción. A retroalimentación foi moi positiva en diferentes aspectos: do feito de traballar desde a «masculinidade» e potenciar a in- teracción entre estudantes ata indagar nos aspectos máis emocionais que nos afectan do patriarcado a homes e mulleres. No cur- so 2022/23 repetimos con outro formato e coa idea de chegar a un maior número de estudantes. O plan é que estas formacións se proporcionen ao inicio de curso de forma permanente. b. Canal de comunicación entre a OIX e o centro no caso de situacións susceptibles de activar o protocolo de acoso. Carla Freijomil Vázquez. Facultade de En- fermaría e Podoloxía. O meu labor é visibilizar as funcións da OIX, organizar actividades de sensibiliza- ción sobre igualdade e violencia de xéne- ro, e promover a inclusión da perspectiva de xénero na docencia. O estudantado do centro debe saber detectar precozmente a violencia de xénero e dar soporte ás mu- lleres que se encontran nesa situación, polo que diferentes profesoras do centro estamos a traballar na inclusión de contidos e me- todoloxías que faciliten a adquisición desta competencia. Emma López Bahut. Escola Técnica Supe- rior de Arquitectura. «De mujer libre, Dios nos libre». Las paremias y la ima- gen de la mujer en el refranero español Silvia Iglesias Martínez 2.º premio na modalidade de TFG-Artes e Humanidades do X Concurso de Traballos Académicos con Perspectiva e Xénero Ángeles Alvariño Neste traballo Silvia busca mostrar cal era a imaxe asociada á figura feminina na antiga sociedade española a través do uso de diferentes paremias pertencentes ao refraneiro español, e, así, demostrar que as dife- rentes sentenzas poden actuar como un espello fiable para reflectir a misoxinia presente na cultura e sociedade españolas desde o noso pasado máis remoto até a actualidade. O estudo tamén incide na necesidade de observar a realidade exposta no refraneiro como algo maioritariamente afastado e propio da época en que se inventaron ou recolleron as paremias, xa que son reflexo dun mundo protagonizado por homes e produto dunha socie- dade patriarcal e misóxina.
  • 15. DESligaTE 15 O meu labor é colaborar coa OIX na di- fusión das súas actividades, accións etc. na Escola. Ademais, fago de canal de comuni- cación entre a OIX e a dirección do centro. Se tivese que destacar unha actividade con que gozo, esta sería a presentación para o alumnado de primeiro ano o día da apertura de curso, en que falo sobre a igualdade de xénero e os recursos con que contamos na UDC. María Asunción López Arranz. Facultade de Ciencias do Traballo. Coa creación da figura de responsable de Políticas de Igualdade nos distintos centros da UDC no II Plan de igualdade, nomeáron- me responsable de Igualdade na Facultade de Ciencias do Traballo, no campus de Es- teiro, en Ferrol. A miña principal función é promover a asunción de responsabilidades por parte de cada centro no desenvolve- mento das políticas de xénero. Por iso, o meu traballo consiste en potenciar o papel da muller e visibilizar o traballo da OIX, para o cal informo en cada momento dos cursos de formación, xornadas, concursos e campañas de sensibilización que realiza. O desenvolvemento destas funcións ten unha incidencia directa sobre todo no alum- nado que recibe toda esta información e que ademais é coñecedor de que na Facultade hai unha persoa a que pode dirixirse para consultar sobre os temas de igualdade. A figura é de vital importancia porque é co- ñecedora das peculiaridades de cada centro e serve de ligazón entre este e a OIX. Así tamén se pode coñecer de forma directa o compromiso de cada centro coa igualdade de xénero. María José Mosquera González. Faculta- de de Ciencias do Deporte e a Educación Física. Eu destacaría a creación dun espazo de igualdade e diversidade no vestíbulo da Fa- cultade: un gran panel de cortiza onde están colocados os carteis das campañas da UDC e unha bandeira LGTBI. É unha zona de paso obrigado para acceder ás aulas e, polo tanto, todo o alumnado ten a posibilidade de acceder á información e os recursos que, en ocasións, se distribúen coas campañas (adhesivos, pulseiras etc.) María Mar Rodríguez Romero. Facultade de Ciencias da Educación. O meu labor céntrase en visibilizar e facili- tar a implementación das iniciativas da OIX, impulsar as medidas dos plans de igualdade da UDC e dinamizar accións variadas na Facultade, dun xeito colaborativo dentro do Grupo de Traballo en Igualdade de Xénero. Entre elas: o proxecto Rompendo regras, por unha menstruación digna e ecosauda- ble; a organización de xornadas e obradoi- ros, así como de conmemoracións feminis- tas; e o apoio a un docencia con perspectiva de xénero en canto á linguaxe, os recursos, a interacción e a citación. Ademais tenta- mos crear alianzas internas, por exemplo co Comité Ambiental da Facultade, e externas, tanto con outras facultades, a Oficina de Medio Ambiente (OMA), a de Cooperación e Voluntariado (OCV) e o CEXEF, como con entidades de fóra da UDC, por exemplo con asociacións e ONGD feministas. De cara á docencia, tentamos facilitar a in- corporación nas guías docentes de obxecti- vos, contidos e estratexias sobre a igualdade entre mulleres e homes; así como difundi- mos algunhas pautas e, tamén, referencias á normativa vixente, para facer realidade o compromiso que temos coa formación de profesionais que sexan quen de aplicar un labor docente coeducativo. Estamos a facer especial fincapé na linguaxe inclusiva, no uso de recursos con perspectiva de xénero, na interacción nas aulas e na aplicación de normas de citación que nomean a autoría para visibilizar o coñecemento producido polas mulleres. Zeltia Naia Entonado. Facultade de Fisio- terapia. Como representante de Igualdade, colaboro coa OIX na difusión de información, acti- vidades etc.; recollo iniciativas do profeso- rado, o PAS ou o estudantado que poidan promover a igualdade; e informo sobre po- sibles situacións de desigualdade ou discri- minación que se puidesen producir, etc. Montserrat Golías Pérez. Facultade de So- cioloxía. Nereida María Canosa Domínguez. Fa- cultade de Ciencias da Saúde. Sabina Rodríguez Hermida. Edificio de Servizos Centrais de Investigación. Teresa Piñeiro Otero. Facultade de Cien- cias da Comunicación. María del Pilar Roel Vilas. Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos. (In)seguridade e «camiñabilidade» no Concello de Narón: perspectiva de xé- nero e deseño urbano Claudia Buyo Fernández 1.º premio na modalidade de TFG-Ciencias Sociais e Xurídicas do X Concurso de Traballos Académicos con Perspectiva e Xénero Ángeles Alvariño Neste traballo Claudia realiza unha investigación con perspectiva de xénero sobre a seguridade percibida por parte da poboación do municipio de Narón á hora de camiñar polas rúas da zona urbana deste concello. Os resultados obtidos amosan que determinados barrios e puntos concretos da zona urbana de Narón producen unha maior sensación de temor na cidadanía e evidencian unha clara fenda de xénero na percepción de inseguridade. A investigación de Claudia achega tamén datos prácticos que poden ser aplicados por parte do Goberno local nun plan urbanístico para construír un municipio máis igualitario que posibilite o «dereito á cidade» (Harvey, 2011). SABÍAS QUE?
  • 16. Julia, ser unha deportista cunha carreira exitosa como a túa non é fácil. Que cues- tións son as que máis destacas dos teus inicios como atleta? Non foi doado, non, para min supuxo moito esforzo e traballo. Compaxinar e conseguir obxectivos deportivos e académicos altos foi o resultado dun alto nivel de esixencia, compromiso, disciplina e forza de vontade. Foi unha etapa da miña vida de moitísima responsabilidade e estrés. Cando naces cunhas capacidades ou calida- des determinadas que sobresaen no deporti- vo e comezas a vincularte ao deporte dunha maneira profesional, vives experiencias dife- rentes ás dunha moza de 19 anos. Entre as cuestións positivas destaco as viaxes a cam- pionatos, que, pese a non ser viaxes de pra- cer, si permiten que te relaciones e coñezas persoas de diferentes comunidades, países e culturas, e vexas realidades diferentes. A túa carreira comezou con éxito xa sen- do estudante. Supoñemos que ser cam- pioa mundial universitaria en 1990 sen- do estudante do que agora é a Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física, antes o INEF, xa foi toda unha alegría. Podes contarnos como foi o teu percorrido unha vez que finalizaches os teus estudos de INEF na UDC? Claro. Cando gañas algo sempre te satis- fai, e máis cando o compaxinas cos estu- dos, e sendo precisamente unha estudante de INEF. Aínda que teño que matizar que era máis doado gañar unha medalla dun campionato universitario que de federados. Despois de rematar a carreira presenteime a unha oposición que non aprobei, mais, como saín da segunda promoción de INEF e daquela non había moito profesorado destas ensinanzas, era doado conseguir praza de interina. Así, estiven un ano dan- do clase, o que compaxinando cos adestra- mentos. Logo dun tempo, chegou o mo- mento de parar e pensar na decisión que debía tomar: ser profesora ou deportista de alto nivel. Tendo en conta que a oportunidade de ser deportista pasa unha vez na vida e os anos para selo e render a un alto nivel teñen caducidade... escollín o deporte. Cando estudaba destaquei a nivel nacional e dei o meu gran salto a nivel internacio- nal, e conseguín eses campionatos de cross, a medalla olímpica e o récord de España. O ano de maior éxito foi o de 1996. Contas con dúas medallas de prata no Campionato de Europa (1994 e 1996), CONVERSANDO CON JULIA VAQUERO MÉRCORES 8 MARZO 2023 «Cando estudaba destaquei a nivel nacional «Cando estudaba destaquei a nivel nacional tomando esa decisión: adestrar, comer, durmir...» tomando esa decisión: adestrar, comer, durmir...» alcanzaches o 9.º posto nos Xogos Olím- picos (1996), conseguiches o récord de España vixente de 5000 m en Oslo (1996), lograches o 4.º posto no Cam- pionato do Mundo (1997)... e máis ale- grías... Para ti cales foron as máis gratifi- cantes? Cales destacarías e por que? Todas teñen unha historia detrás que as fai únicas e especiais. Sinto especial cariño po- las miñas actuacións e experiencias vividas en cross: eses sete campionatos consecuti- vos, ese torneo de Alwikc, eses mundiais onde me rodeaba das capacidades e calida- des xenéticas por antonomasia das atletas africanas... O certo é que eu gozaba máis no cross que na pista, sentía máis liberdade. Iso de dar voltas a unha pista de 400 m non é moi gratificante... Sen dúbida un dos elementos que máis destaca na miña traxectoria e avala o meu currículo é ese récord de España que con- seguín fai 26 anos. Si que é certo que coas olimpíadas me quedou un mal sabor de boca... Desde logo a túa carreira está chea de éxitos. Mais sabemos que ser muller e deportista de alto nivel supón enfrontar- se a diferentes retos... Para ti cales foron os máis importantes? Daquela un dos primeiros retos foi superar os comentarios ridículos froito da ignoran- cia dos anos oitenta, cando se descoñecían os beneficios positivos dunha práctica de- portiva regulada... «Vaste cansar, vas romper as pernas, estás tola...». Agora esbozo un sorriso ao me lembrar deles e vendo como cambiou a percepción. Foi tamén un reto enfrontar comentarios machistas cando unha muller ía en mallas ou practicaba deporte, porque nesa época o deporte acoutábase aos homes e considerá- base que era pouco feminino. Outro dos retos era practicar deporte a pesar da discriminación que sufriamos as mulleres en canto á contía dos premios eco- nómicos. Tamén o era aceptar a discrimina- ción que vivimos con respecto aos medios de comunicación, xa que sempre se empeza- ban as crónicas salientando o acordado po- los homes, a nós deixábannos para o final. Só cando o éxito era relevante saiamos si ou si. Iso tamén pasaba de maneira xeral, na sociedade, onde o resultado masculino era máis valorado que o feminino. Estamos segures? Unha exploración do concepto de espazo seguro LGBTIQ desde os activismos galegos Martín Vázquez Añel 2.º premio na modalidade de TFG-Ciencias Sociais e Xurídicas do X Concurso de Traballos Académicos con Perspectiva e Xénero Ángeles Alvariño Neste traballo Martín indaga sobre o concepto de seguridade desde unha óptica feminista e interseccional, para así profundar sobre como perciben este concepto no ámbito da participación e dos movementos sociais os suxeitos que habitan as marxes. O concepto de seguridade foi definido en numerosas ocasións polo feminismo e pola acade- mia, mais este traballo trata de lle dar unha volta máis e rescatar os discursos do colectivo LGBTQI desde unha óptica interseccional, a través da metodoloxía do «café do mundo» e a investigación-acción-participación. Isto quere dicir que esta investigación foi alimentada polas persoas que foron investigadas, cun rol activo e participativo en todo o estudo.