Se ha denunciado esta presentación.
Se está descargando tu SlideShare. ×
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Cargando en…3
×

Eche un vistazo a continuación

1 de 49 Anuncio

Más Contenido Relacionado

Más reciente (20)

Anuncio

a rolada.pptx

  1. 1. a rolada COUSIÑAS FEITAS NA CASA
  2. 2. Ía a galiña polo rueiro... chea, feliz, estirada,...
  3. 3. e alancando, detrás dela, os dez pitiños da súa rolada
  4. 4. Mais non ve o que pasa detrás e... un parou, non sei a que,
  5. 5. e xa so a seguen nove... na volta de seren dez.
  6. 6. Outro quedou atrás, alasando... Corrían moito.
  7. 7. E agora xa non van nove, agora so a seguen oito
  8. 8. E dos oito, un parou a papar unhas sementes.
  9. 9. Xa non volveu da parada. So seguen á galiña sete.
  10. 10. Outro perdeunos de vista nunha revolta da rúa…
  11. 11. agora so quedan seis... So a seguen media ducia!
  12. 12. Un saíuse da ringleira para pillar un mosquito.
  13. 13. Correu atrás del, e perdeuse. Dos seis que eran... seguen cinco.
  14. 14. Seguían cinco á súa nai, mais un caeu nun burato.
  15. 15. Ían cinco detrás da galiña e agora xa so van catro
  16. 16. Dos catro que a seguían, un mancouse nun traspés.
  17. 17. Sentou á beira do camino… e agora so a seguen tres.
  18. 18. Dos tres pitos que a seguían un quedou a mirar unha flor.
  19. 19. Antes ían detrás tres pitos e agora so seguen dous
  20. 20. Dos dous que aínda quedaban, un veu una xoaniña,
  21. 21. quedou, e so seguíu un andando detrás da galiña.
  22. 22. e o último, ao verse so, volveu a buscar aos irmáns...
  23. 23. e a galiña seguíu tan chea, sen ningún pito detrás
  24. 24. Até que, un pouco adiante, atopou outra galiña que ao vela tan satisfeita quixo saber a onde ía.
  25. 25. -A ningures –respondeu. -So paseo a miña rolada! -De que rolada me falas? ...se detrás non levas nada!
  26. 26. Volveuse, ...susto e desgusto,
  27. 27. e saíu escopetada.
  28. 28. Foise por onde viñera, a chorar, desconsolada.
  29. 29. E logo atopou ao primeiro a piar polo camiño
  30. 30. Acolleuno e seguiu coa carreira... aínda lle faltan nove pitos!
  31. 31. Deu logo co da xoaniña,
  32. 32. e co que miraba a flor,
  33. 33. veu e animou ao do traspés,
  34. 34. rescatou ao do burato,
  35. 35. recuperou ao do mosquito,
  36. 36. localizou ao extraviado,
  37. 37. recolleu ao das sementes,
  38. 38. recobrou ao canso
  39. 39. e encontrou ao que parara.
  40. 40. E volveu a ter dez pitos... Recuperara a niñada!
  41. 41. E desde esa, para que ningún se extravíe, nin se perda nin se escape, ela vai sempre detrás e lévaos a todos diante.

×