SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 67
pleuronectiformes
peixes planos
AS LIDEIRAS DE ROQUE
Mon
Daporta
COUSIÑAS FEITAS NA CASA
Nas súas voltas deu Roque, un día no mercado,
cuns peixes desconcertantes... dunha cor por cada lado!
Aquelo, ademais de particular, pareceulle interesante
e quixo saber máis sobre aquela “curiosidade”.
“Se era común, excepcional, normalidade ou disparate...”
E así veu descubrir todo o que hai de aquí en diante.
Os pleuronectiformes ou peixes planos son un orden no que os adultos teñen
o corpo de forma ovalada máis ou menos longa, rómbica ou case circular,
comprimido lateralmente e coa simetría bilateral alterada.
O lado do corpo que está cara arriba está pigmentado para que poidan pasar
desapercibidos, mentras que o que queda para abaixo adoita ser de cor branca.
Os adultos viven tumbados sobre un dos costados (que segundo a familia
pode ser o esquerdo ou o dereito),
Para sabermos que lado do peixe está pigmentado hai que colocalo sobre unha superficie co lado pigmentado cara
a arriba e de forma que vexamos os ollos por enriba da boca: se o peixe queda mirando á esquerda (coa cabeza á
esquerda do observador e a cola á dereita) será un peixe coa parte esquerda pigmentada (un peixe esquerdo); se
queda mirando á dereita, será un peixe que ten pigmentada a parte dereita (un peixe dereito).
Peixe coa parte dereita pigmentada,
peixe dereito
Peixe coa parte esquerda pigmentada,
peixe esquerdo
Como consecuencia da adaptación á vida pousados sobre un dos costados
teñen os dous ollos no mesmo lado do corpo
Aliméntanse de
peixes e
invertebrados.
Son cazadores que agardan
que as presas, sen advertiren
a súa presenza, se acheguen
para capturalas
Poñen un gran número de ovos
(son habituais as postas por
enriba do millón) que aboian no
mar grazas a que levan unha
pinga de aceite.
Dos ovos nacen larvas nadadoras, con simetría
bilateral que se desplazan en posición vertical,
pero deseguida comezan a transformación: o
corpo vaise facendo máis alto, o ollo vaise
desplazando á súa posición definitiva, atrófiaselle
a vexiga natatoria e, entre os 30 e os 40 días de
vida, os alevíns adoptan a posición deitada e
comezan a vida pousados no fondo.
Alevíns de linguado
Alevín de rodaballo
Abrangue máis de
600 especies
agrupadas en
once familias.
Algunhas especies son
moi comúns e teñen
unha ampla distribución
mundial. A maioría
viven no mar, aínda que
tamén os hai que
habitan en augas
salobres e, uns poucos,
nos ríos; case sempre
en fondos con materiais
soltos nos que se
camuflan e/ou medio
enterran.
A especie máis grande é o fletán ou
halibut (Hyppoglossus hyppoglossus).
O da imaxe mideu case 3 m e pesou 230 kg
Moitos son
capturados pola
calidade da súa carne
e algúns acadan un
alto valor comercial
Polo seu valor económico algunhas
especies como o rodaballo, o
linguado e a solla coreana, críanse
en cautividade en grandes
piscifactorías.
Granxa para o cultivo de peixe
Peixes nun tanque
de cultivo
Cultivo de rodaballo.
En Galiza cultívase desde a década de 1980.
Unha femia pode chegar a poñer até 500.000 ovos por kg de peso
Tanque de cultivo de
linguado
Solla oliva, solla
coreana ou linguado
bastardo nun tanque
de cultivo
as familias
e algúns dos seus representantes
Familia Achiridae (linguados
suelas, acedías, arrevés).
Acolle especies tanto de mar
como de río que se
distribúen por América.
Teñen os ollos no lado
dereito.
Miden uns 15 cm de
promedio, os que viven nos
ríos son dos máis grandes.
Está formada por 33 especies
agrupadas en 6 xéneros:
Achirus, 8 especies.
Apionichthys, 8 especies.
Catathyridium, 4 especies.
Gymnachirus, 3 especies.
Hypochinemus, 1 especie.
Trinectes, 9 especies.
Trinectes fimbriatus. Atópase
en augas pouco fondas das
costas do Pacífico entre
México e Chile. Pode medir
ata 9 cm.
Gymnachirus texae. Atópase
no Golfo de México. Non ten
escamas nen aletas
pectorais. Pode acadar os 14
cm.
Achirus lineatus (linguado, acedía ou suela). Vive en augas pouco
fondas das costas do Atlántico, entre México e Arxentina. Pode
medir ata 20 cm.
Hypoclinemus menthalis (Linguado de auga doce). Vive en ríos
das cuncas do Amazonas e do Orinoco. Pode medir máis de 20 cm.
Apionicthys finis. Vive en ríos tropicais de América do
Sur. Mide uns 8 cm.
Catathyridium jenysii. Vive en fondos de área da cunca do
Amazonas. Pode medir ata 30 cm
Familia Achiropsettidae. Viven en aguas do
océano Antártico e Subantártico. Son de
tamaño mediano, cos ollos no lado
esquerdo, e non teñen aletas pectorais.
Está formada por 6 especies agrupadas en 4
xéneros:
Achiropsetta, 2 especies.
Mancopsetta, 2 especies,
Neoarchiropsetta, 1 especie.
Pseudomancopsetta, 1 especie.
Achiropsetta tricholepis (linguado patagón). Vive arredor das illas
subantárticas e na Patagonia. Pode acadar os 40 cm.
Mancopsetta maculata (Solla sen brazos antártica). Vive arredor das
illas antárticas e subantárticas e nos bancos da Antártida oriental. Pode
acadar ata 35 cm
Neoachiropsetta
milfordi. Atópase,
entre os 100 e os
1.000 m de fondura,
arredor das illas
subantárticas. Pode
medir máis de 50
cm.
Familia Bothidae (Linguados
esquerdos). Viven en augas tropicais
e temperadas dos océanos Atlántico,
Índico e Pacífico. Moitas especies son
capturadas polo seu interese
comercial. Teñen os ollos no lado
esquerdo.
Coñécense 162 especies agrupadas
en 20 xéneros:
Arnoglossus (35 especies)
Asterorhombus (3 especies)
Bothus (18 especies)
Chascanopsetta (8 especies)
Crossorhombus (5 especies)
Engyophrys (2 especies)
Engyprosopon (31 especies)
Grammatobothus (3 especies)
Japonolaeops (1 especie)
Bothus lunatus. Vive en áreas de arrecifes do Caribe entre os
0 e os 120 m de fondura. Pode medir ata 45 cm.
Arnoglosus kessleri. Vive no Mediterráneo. Mide de
8 a 10 cm.
Os Arnoglosus viven en fondos de area entre os 3 e
os 60 m de fondura no Atlántico,o Índico e o
Pacífico. Poden medir de 6 a 28 cm.
Engyprosopon grandisquama. Pode medir
uns 15 cm.
Os Engyprosopon atópanse na área
Indopacífica dende o litoral ata os 400 m de
fondura. Son pequenos, ata 15 cm. Acolle
numerosas especies de distribución local.
Kamoharaia (1 especie)
Laeops (12 especies)
Lophonectes (2 especies)
Monolene (11 especies)
Neolaeops (1 especie)
Parabothus (10 especies)
Perissias (1 especie)
Psettina (10 especies)
Taeniopsetta (2 especies)
Tosarhombus (6 especies)
Trichopsetta (4 especies)
Kamoharaia megastoma. Atópase entre o sur do
Xapón e o oeste de Australia. Pode medir ata 22 cm.
Monolene sessilicauda. Atópase nas costas do Atlántico
Occidental (de Canadá ao Brasil ). Pode chegar aos 18 cm
Parabothus coarctatus. Atópase no Pacífico entre Nova Caledonia,
o sur do Xapón e Hawai. Pode chegar aos 22 cm.
Psettina gigantea. Atópase na área
tropical do Pacífico oeste entre os
80 e os 100 m de fondura. Pode
medir uns 15 cm.
Citharus linguatula (rascón bicudo). Vive en augas de temperadas a tropicais do
Atlántico leste e do Mediterráneo ata 300 m de fondo. Pode medir uns 30 cm.
Brachypleura
novaezeelandiae.
Vive na área Indo
Pacífica, en fondos
de área e lama,
entre os 20 e os 90
m. Pode medir uns
15 cm.
Familia Citharidae. As peludas son peixes
de mar distribuidos por todo o mundo.
Non teñen completamente desenvolvida
a simetría corporal e teñen as aletas
pectorais e pélvicas ben desenvolvidas.
Está formada por 7 especies agrupadas
en 4 xéneros:
Brachypleura (1 especie)
Lepidoblepharon (1 especie)
Citharoides (4 especies)
Citharus (1 especie).
Citharoides macrolepidotes. Atópase en augas do Índico e do Pacífico
occidenta,l entre os 120 e os 430 m de fondura. Pode medir ata 30 cm.
Familia Cynoglossidae (linguas). Todos
se atopan en áreas tropicais e
subtropicais (entre 40º de latitude
norte e 40º de latitude sur).
Teñen os ollos case xuntos e no lado
esquerdo. Non teñen aletas pectorais
nen pélvicas e as outras están unidas
formando un contínuo arredor do
corpo. Poden medir ata 30 cm de
lonxitude.
Coñécense unhas 140 especies
agrupadas en 3 xéneros:
Cynoglossus (62 especies) e
Paraplagusia (6 especies) da subfamilia
Cynoglossinae: viven en augas litorais, esteiros ou
ríos.
Symphurus (74 especies) da subfamilia
Symphurinae: viven en augas mariñas fondas,
entre 300 e 1.900 m.
Cynoglossus arel.
Atópase no Índico e no
Pacífico oeste en fondos
de máis de 100 m pode
medir entre 30 e 40 cm.
Paraplagusia blochii.
Atópase en augas
tropicais do Índico e
do Pacífico oeste,
entre os 7 e os 80 m
de fondura. Pode
medir uns 22 cm.
Symphurus nigrescens
(lingua escura).atópase no
Atlántico oriental entre os
50 e os 300 m de fondura.
Mide uns 12 cm.
Un peixe singular
Symphurus thermophilus. Descrito como especie en 2010.
Vive ao pé das surxencias hidrotermais, en lugares de ata 700
m de profundidade, do Océano Pacífico, atopándose a maioría
entre os 300 e os 400 m. É capaz de soportar un pH similar ao
do ácido sulfúrico e pode descansar sobre pozas de xofre
fundido sen sufrir danos. A lonxitude máxima coñecida é de
8,7 cm para un macho e 11,2 cm para unha femia.
Familia Paralichthyidae
(Linguados areeiros). Case todos
mariños, distribuídos polos
océanos Atlántico, Índico e
Pacífico; e algún de auga doce.
Teñen os ollos no lado esquerdo.
Coñécense 116 especies
agrupadas en 14 xéneros:
Ancylopsetta (7 especies)
Cephalopsetta (1 especie)
Citharichthys (24 especies)
Cyclopsetta (4 especies)
Etropus (9 especies)
Ancylopsetta quadrocellata.
(Linguado de catro manchas).
Atópase en fondos brandos entre
1 e 150 m de fondura na costa
surleste dos Estados Unidos e do
Golfo de México ata o Iucatán.
Pode medir ata 25 cm.
Citharichthys valdezi. Atópase
no Caribe, entre Panamá e
Venezuela, en fondos brandos
ata os 75 m. Mide uns 8 cm.
Etropus crossotus. Atópase no Pacífico, entre California e o
Perú, en augas de ata 65 m de fondura. Pode medir uns 22 cm
Gastropsetta (1 especie)
Hippoglossina (7 especies)
Paralichthys (19 especies)
Pseudorhombus (25 especies)
Syacium (8 especies)
Tarphops (2 especies)
Tephrinectes (1 especie)
Thysanopsetta (1 especie)
Xystreurys (2 especies)
Pseudorhombus dupliciocellatus. Atópase en fondos de
entre 50 e 150 m, na área Indo Pacífica entre o Xapón e
Australia. Pode medir uns 40 cm.
Paralichthys californicus
(linguado de California).
Atópase pola costa leste
dos Estados Unidos e
chega ao sur de
California, entre o litoral
e os 200 m de fondura.
Pode medir ata 1,5 m.
Syacium papillosum
(linguado moreno).
Atópase entre os 10 e
os 90 m de fondura no
atlántico oeste, entre
N. Carolina e o Brasil.
Pode medir 30 cm.
Familia Pleuronectidae (sollas e
linguados ollóns). Son especies case
todas mariñas e de interese
comercial, algunhas viven nos
esteiros e nos ríos. Atópanse desde
o litoral ata os 1.000 m de
profundidade. Teñen os ollos no
lado dereito.
Está formada por máis de 100
especies agrupadas en 40 xéneros:
Paralichthodes (1 especie)
Acanthopsetta (1 especie)
Atheresthes (2 especies)
Cleisthenes (2 especies)
Clidoderma (1 especie)
Dexistes (1 especie)
Embassichthys (1 especie)
Atheresthes stomias (palmeta do Pacífico). Atópase no Pacífico noroeste.
Pode medir ata 80 cm e pesar 8 kg.
Clidoderma asperrimum.
Vive no norte do Pacífico,
en fondos areosos e
lamacentos a
profundidades de entre 15
e 1.900 m. Pode acadar os
62 cm e pesar ata 4 kg.
Eopsetta (2 especies)
Glyptocephalus (4 especies)
Hippoglossoides (4 especies)
Hippoglossus (2 especies)
Hypsopsetta (2 especies)
Isopsetta (1 especie)
Kareius (1 especie)
Lepidopsetta (3 especies)
Limanda (6 especies)
Liopsetta (2 especies)
Microstomus (5 especies)
Eopsetta grigorjewi (solla
de pintas do Xapón), Vive
en fondos areosos ou
lamacentos duns 200 m de
profundidade en augas
subtropicais do noroeste
do Pacífico, ata a illa de
Taiwán. Pode medir ata 60
cm.
Os Eopsetta son peixes do
Pacífico norte.
Limanda limanda. Vive
no atlántico nordeste, do
sur de Inglaterra ao norte
de Noruega, en fondos
areosos de 5 a 150 m.
Pode acadar uns 40 cm e
un peso de 1 kg.
As limandas viven nas
costas do norte dos
océanos Atlántico e
Pacífico.
Microstomus kitt (mendo limón). Vive nos mares do noroeste
de Europa, en fondos de pedra, ata profundidades duns 200
m. pode medir ata 65 cm e acadar os 3 kg de peso.
Os microstomus son peixes do norte do Atlántico e do Pacífico
Parophrys (1 especie)
Platichthys (2 especies)
Pleuronectes (5 especies)
Pleuronichthys (7 especies)
Psettichthys (1 especie)
Pseudopleuronectes (5 especies)
Reinhardtius (1 especie)
Tanakius (1 especie)
Verasper (2 especies)
Marleyella (2 especies)
Nematops (4 especies)
Nematops micróstoma. Vive en augas fondas, mais
de 300 m, tropicais do suroeste do Pacífico . Pode
medir uns 10 cm.
Pleuronectes
quadrituberculatus
(solla de Alasca). Vive en
fondos areosos de ata
600 metros de
profundidade, no norte
do océano Pacífico,
entre o golfo de Alaska,
o mar de Chukchi e o
mar do Xapón. Pode
medir mais de 80 cm.
Reinhardtius hippoglossoides (fletán negro). Vive no norte dos océanos Atlántico
e Pacífico. Pode medir ata 110 cm e pesar entre 14 e 20 kg.
Poecilopsetta (15 especies)
Ammotretis (5 especies)
Azygopus (1 especie)
Colistium (2 especies)
Oncopterus (1 especie)
Pelotretis (1 especie)
Peltorhamphus (3 especies)
Psammodiscus (2 especies)
Rhombosolea (4 especies)
Taratretis (1 especie)
Poecilopsetta inermis. Vive no Golfo de
México. Pode medir ata 16 cm.
Rhombosolea leporina. Vive
nas costas de Nova Zelandia
em fondos de entre 1 e 50 m.
pode medir 32 cm. Os
Rhombosolea son propios das
costas de Nova Zelandia e do
sur de Australia
Peltorhamphus novaezeelandiae. Vive nas costas de Nova
Zelandia en augas de 25 a 50 m de fondura. Pode medir 35 cm.
Psettodes bennettii.
Linguado espiñento.
Vive en augas tropicais,
pouco fondas do
Atlántico oriental,
costas de África do
Sahara a Liberia.
Pode medir uns 40 cm.
Familia Psettodidae. Acolle especies
mariñas de augas tropicais do Atlántico
leste e do Indo-Pacífico.
Está formada por 3 especies agrupadas
no xénero Psettodes.
Familia Samaridae (linguadiños
cristados). Viven nas augas da rexión
Indo-Pacífica. Miden entre 5 e 15 cm.
Está formada por unhas 30 especies
agrupadas en 4 xéneros:
Plagiopsetta (3 especies)
Samaretta (​1 especie)
Samaris (5 especies)
Samariscus (20 especies)
Samaris
cristatus.
Atópase en
fondos de área e
lama. Pode
medir ata 15 cm.
Samariscus triocellatus. Mide uns 9 cm. Vive en fondos
de area e coral entre 3 e 15 m de profundidade
Plagiopsetta glossa.
Atópase no Pacífico
oeste, entre o Xapón e
Taiwan, e o norte de
Australia. Pode medir
ata 19 cm.
Familia Scophthalmidae (rodaballos, meigas e
galos). Atópanse distribuidos polo Atlántico
norte, e os mares Báltico, Mediterráneo e
Negro. Teñen os ollos no lado esquerdo.
Existen 9 especies agrupadas en 5 xéneros:
Lepidorhombus (2 especies)
Phrynorhombus (1 especie)
Psetta (2 especies)
Scophthalmus (2 especies)
Zeugopterus (2 especies)
Lepidorhombus whiffiagonis (arriba) e Lepidorhombus boscii (abaixo).
Os Lepidorhombus son peixes propios das costas do nordeste do
océano Atlántico e do mar Mediterráneo, coñecidos como meigas ou
rapantes
Phrynorhombus norvegicus. (meiga de
Noruega). Atóase no Atlántico noroeste
e no Ártico próximo. Mide ata 12 cm.
Zeugopterus regius. Atópase nas
costas do Atlántico nororiental,
desde as illas Británicas ata
Marrocos, e no Mediterráneo
occidental. Mide arredor de 20 cm.
Psetta máxima ou Scophthalmus maximus (rodaballo).
Atópase no Atlántico, no Mediterráneo, no Cantábrico,
no mar do Norte e no Báltico. Pode medir ata 1 m.
Psetta maeotica ou Scophthalmus maeoticus (rodaballo do mar
Negro). So vive nas costas do mar Negro. Pode medir ata 45 cm.
Scophthalmus aquosus
(curuxo americano ou
rodaballo areeiro). Vive
no Atlántico
noroccidental, desde o
golfo de San Lourenzo
en Canadá até a Florida.
Pode medir ata 45 cm.
Scophthalmus rhombus (coruxo, curuxo ou solo). Atópase
no Atlántico Norte, no mar Báltico e no Mediterráneo.
Pode medir ata 80 centímetros
Familia Soleidae (suelas, soles, linguados…).
Abrangue especies mariñas e de auga doce. Teñen
os ollos no lado dereito.
Coñécense 135 especies agrupadas en 28 xéneros:
Achiroides (2 especies)
Aesopia (1 especie)
Aseraggodes (24 especies)
Austroglossus (2 especies)
Bathysolea (4 especies)
Brachirus (15 especies)
Buglossidium (1 especie)
Dagethichthys (1 especie)
Aseraggodes bahamondei. Atópase en
augas pouco fondas, de 2 a 25 m, do Pacífico
sur. Pode medir ata 20 cm
Brachirus orientalis. Atópase en
augas pouco fondas, de 15 a 20 m, do
Índico e áreas próximas do Pacífico.
Sur de Asia, leste de África, Australia,
Indonesia e Filipinas. Pode medir
máis de 30 cm.
Bathysolea profuncicola.
Vive en fondos
lamacentos, a
profundidades de entre
os 200 e os 1.300 m no
Atántico oriental, desde
Irlanda ata Angola, e polo
Mediterráneo. Pode
medir ata 21 cm.
Dicologlossa (2 especies)
Heteromycteris (6 especies)
Liachirus ( 2 especies)
Microchirus (7 especies)
Monochirus (2 especies)
Parachirus (2 especies)
Paradicula (1 especie)
Pardachirus (6 especies)
Pegusa (4 especies)
Phyllichthys (3 especies)
Microchirus ocellatus
(acedía de ollos). Habita en fondos
mariños areosos ou lamacentos,
entre os 20 e os 300 m de
profundidade, no leste do Atlántico,
entre o Mediterráneo e Serra Leoa,
e en Suráfrica e no Índico
occidental. Pode medir ata 20 cm.
Pardachirus
pavoninus. Atópase na
área indo Pacífica
entre Sri Lanka,
Australia e Xapón.
Pode medir uns 25 cm.
Phyllichthys punctatus. Vive
no noroeste de Australia.
Pode medir ata 25 cm.
Rendalhia (1 especie)
Rhinosolea (1 especie)
Solea (11 especies)
Soleichthys (5 especies)
Strabozebrias (1 especie)
Synaptura (11 especies)
Synapturichthys (1 especie)
Typhlachirus (1 especie)
Vanstraelenia (1 especie)
Zebrias (18 especies)
Zebrias zebra. Atópase
na área Indo Pacífica
entre Australia e o
Xapón. Pode acadar os
20 cm.
Synaptura lusitânica (linguado
portugués). Habita fondos
areosos e lamacentos en augas
tropicais, de ata os 60 m de
profundidade, nas costas do
Atlántico leste, desde o sur do
estreito de Xibraltar ata o
Congo,
Soleiichthys heterorhinus.
Atópase en augas pouco
fondas, de 0 a 10 m, na área
Indo-Pacífica entre a India,
Australia e o Xapón.
Peixes planos das lonxas galegas
e outras capturas de menor interese
Scophthalmus rhombus
(coruxo, curuxo ou sollo).
Pode medir ata 70 cm e
acadar os 3 kg de peso.
Vive en fondos de área ata
os 100 m de fondura. Non
é moi abundante. Péscase
con aparellos ao garete
(trasmallos).
Scophthalmus ou Psetta máxima
(Rodaballo). Pode medir ata 1 m
e pesar uns 12 kg. Vive en costas
areosas, desde a beira ata os 100
m de fondura. Non é abundante.
Péscase con aparellos ao garete
(trasmallos).
(Lepidorhombus whiffiagonis (meiga, rapante ). Pode medir ata 60 cm. Atópase en fondos de 50 ata 600 m.
Abundante. Pescase con aparellos de arrastre, ao norte de Fisterra e no Gran Sol.
Lepidorhombus boscii (ollón, meiga femia, rapante). Pode medir ata 40 cm. Vive en fondos de
100 a 600 m. Abundante. Péscase con aparellos de arrastre.
(Phrynorhombus ou
Zeugopterus regius). Mide
ata 20 cm. Vive en fondos
de area e pedras entre os
5 e os 60 m de fondura.
Abundante no Atlántico
norte.
Phrynorhombus norvegicus (meiga
de Noruega). Mide ata 12 cm. Vive
no Atlántico noreste entre Islandia e
a Canle da Mancha.
Zeugopterus punctatus (tapa
ou tapaconas). Chega a medir
uns 25 cm. Atópase en fondos
rochosos de pouca
profundidade. Pouco
abundante. Péscase con
trasmallos.
Arnoglosus laterna (rapapelos, peluda). Adoita medir arredor de 10 cm, mais pode chegar ata 25.
Vive en fondos de area e fango entre os 10 e os 300 m de profundidade, no Atlántico noreste, desde
Marrocos ao norte, e no Mediterráneo. Péscase como accesorio nos aparellos de arrastre.
Arnoglosus thori (rapapelos de
puntos). Pode chegar aos 18 cm, o
habitual e que mida entre 10 e 12.
Atópase en fondos brandos de ata 600
m de profundidade do Atlántico entre
o Senegal e Irlanda do Norte. Péscase
como accesorio nos aparellos de
arrastre. Pouco abundante e sen
aproveitamento.
Arnoglosus imperialis
(rapapelos ou peluda). Pode
medir ata 25 cm. Vive en fondos
de area, cascallo e fango.
Pleuronectes platessa
(solla de altura). Pode
medir ata 90 cm. Vive en
fondos de área, ata os 100
m de profundidade, nas
costas do Atlántico, desde
o mar de Barents ata o
Mediterráneo occidental
(golfo de León), así como
en Islandia e no sur de
Groenlandia. Péscase con
aparellos de arrastre no
Gran Sol.
Platichthys flesus (solla). Atópase no Atlántico norte e no Mediterráneo. Pode medir ata 50 cm. Vive en fondos de área e
cascallo, desde a beirada ata os 50 m de profundidade. Abundante. Péscase con aparellos ao garete e outras artes.
Solea solea (linguado). Mide entre 30 e 50 cm, pode chegar aos 60 cm, e superar os 2 kg de
peso. Vive en fondos de area e lama entre os 10 e os 60/100 m de fondura. É común. Péscase
con aparellos de arrastre e ao garete (trasmallos).
Solea lascaris ou Pegusa lascaris
(acedía ou linguado da area). Pode
medir ata 20 cm e pesar ata 500 g.
Atópase en fondos de area en
augas de ata 50 m de fondura. É
bastante común. Péscase con
aparellos ao garete (trasmallos).
Buglossidium luteum (lirpia ou linguadiño amarelo). Pode medir ata 13 cm.
Vive en fondos de area entre os 20 e os 40 m de profundidade.
Microchirus variegatus (lirpia raiada ou acedía raiada). Mide ata 22 cm. Vive en fondos
areosos ou lamacentos dende os 20 aos 400 m de fondura. Pouco abundante. Péscase con
aparellos de arrastre.
Glyptocephalus cynoglosus (coreano). Pode medir máis de 50 cm e pesar ata 2,5 kg. Vive en fondos
brandos de augas frías do atlántico norte, entre os 100 e 400 m de fondura. Abundante. Péscase con
aparellos de arrastre.
Microstomus kitt (mendo). Pode medir ata 40 ou 50 cm. Atópase en fondos de area e rochas de 20 a 150 m no
norleste do Atlántico. Péscase ao arrastre.
Hypoglosus hypoglosus (fletán). Pode medir máis de 2 m.
Atópase en fondos de area e pedras, de augas frías, entre 50 e
2.000 m de profundidade. Cada tempada pode poñer máis de 3
millóns de ovos. Péscase, con aparellos de arrastre, no oeste de
Irlanda, mais non é común nas lonxas.
As imaxes fotográficas foron collidas da internet e a información de fontes varias. Agradézolle
aos autores a súa dispoñibilidade, e agardo saiban disculpar o uso que fixen delas.
Mon Daporta
E isto é o que, para non facelo moi longo,
xuntei polo mundo para compartir con todas.

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

Os sapoconchos I
Os sapoconchos IOs sapoconchos I
Os sapoconchos IMonContos
 
A protección da natureza en Galiza (II). As especies
A protección da natureza en Galiza (II). As especiesA protección da natureza en Galiza (II). As especies
A protección da natureza en Galiza (II). As especiesmonadela
 
Morcego roque o chasco
Morcego roque o chascoMorcego roque o chasco
Morcego roque o chascoMonContos
 
Roque e as pombas II. Rulas
Roque e as pombas II. RulasRoque e as pombas II. Rulas
Roque e as pombas II. RulasMonContos
 
Os limícolas 2
Os limícolas 2Os limícolas 2
Os limícolas 2MonContos
 
Anátidas (2)
Anátidas (2)Anátidas (2)
Anátidas (2)MonContos
 
Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)
Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)
Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)MonContos
 
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)MonContos
 
Especies de acuicultura. Moluscos.
Especies de acuicultura. Moluscos.Especies de acuicultura. Moluscos.
Especies de acuicultura. Moluscos.MonContos
 
Os picapeixes
Os picapeixesOs picapeixes
Os picapeixesMonContos
 
Curuxas, mouchos e bufos I
Curuxas, mouchos e bufos ICuruxas, mouchos e bufos I
Curuxas, mouchos e bufos IMonContos
 
Cocodrilos p
Cocodrilos pCocodrilos p
Cocodrilos pmonadela
 
Cucos e outras aves niñoparásitas
Cucos e outras aves niñoparásitasCucos e outras aves niñoparásitas
Cucos e outras aves niñoparásitasMonContos
 
Especies protexidas animais
Especies protexidas animaisEspecies protexidas animais
Especies protexidas animaisMonContos
 
Aves non voadoras
Aves non voadorasAves non voadoras
Aves non voadorasMonContos
 
Roque e as pombas I
Roque e as pombas IRoque e as pombas I
Roque e as pombas IMonContos
 
Especies invasoras animais
Especies invasoras animaisEspecies invasoras animais
Especies invasoras animaisMonContos
 

La actualidad más candente (20)

Os sapoconchos I
Os sapoconchos IOs sapoconchos I
Os sapoconchos I
 
A protección da natureza en Galiza (II). As especies
A protección da natureza en Galiza (II). As especiesA protección da natureza en Galiza (II). As especies
A protección da natureza en Galiza (II). As especies
 
Morcego roque o chasco
Morcego roque o chascoMorcego roque o chasco
Morcego roque o chasco
 
Roque e as pombas II. Rulas
Roque e as pombas II. RulasRoque e as pombas II. Rulas
Roque e as pombas II. Rulas
 
Os limícolas 2
Os limícolas 2Os limícolas 2
Os limícolas 2
 
Anátidas (2)
Anátidas (2)Anátidas (2)
Anátidas (2)
 
Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)
Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)
Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)
 
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
 
Especies de acuicultura. Moluscos.
Especies de acuicultura. Moluscos.Especies de acuicultura. Moluscos.
Especies de acuicultura. Moluscos.
 
Os picapeixes
Os picapeixesOs picapeixes
Os picapeixes
 
Curuxas, mouchos e bufos I
Curuxas, mouchos e bufos ICuruxas, mouchos e bufos I
Curuxas, mouchos e bufos I
 
Cocodrilos p
Cocodrilos pCocodrilos p
Cocodrilos p
 
Cucos e outras aves niñoparásitas
Cucos e outras aves niñoparásitasCucos e outras aves niñoparásitas
Cucos e outras aves niñoparásitas
 
Crocodilos
Crocodilos Crocodilos
Crocodilos
 
Especies protexidas animais
Especies protexidas animaisEspecies protexidas animais
Especies protexidas animais
 
Aves non voadoras
Aves non voadorasAves non voadoras
Aves non voadoras
 
Roque e as pombas I
Roque e as pombas IRoque e as pombas I
Roque e as pombas I
 
Limícolas
LimícolasLimícolas
Limícolas
 
Ourizos
OurizosOurizos
Ourizos
 
Especies invasoras animais
Especies invasoras animaisEspecies invasoras animais
Especies invasoras animais
 

Similar a Morcego Roque, peixes planos

Roque e raimundo coñecen bichos do mar
Roque e raimundo coñecen bichos do marRoque e raimundo coñecen bichos do mar
Roque e raimundo coñecen bichos do mariesasorey
 
Mamíferos acuáticos (2) Odontocetos (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (2) Odontocetos (Morcego Roque)Mamíferos acuáticos (2) Odontocetos (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (2) Odontocetos (Morcego Roque)MonContos
 
Roque no mar
Roque no marRoque no mar
Roque no marMonContos
 
Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)MonContos
 
Morcego Roque, O Río
Morcego Roque, O RíoMorcego Roque, O Río
Morcego Roque, O RíoMonContos
 
Nematodos anélidos moluscos
Nematodos anélidos moluscosNematodos anélidos moluscos
Nematodos anélidos moluscosLourdes Pereira
 
Especies de acuicultura. Crustáceos.
Especies de acuicultura. Crustáceos.Especies de acuicultura. Crustáceos.
Especies de acuicultura. Crustáceos.MonContos
 
Especies de acuicultura. Peixes.
Especies de acuicultura. Peixes. Especies de acuicultura. Peixes.
Especies de acuicultura. Peixes. MonContos
 
Os peixes
Os peixesOs peixes
Os peixescerredo
 
Os peixes
Os peixesOs peixes
Os peixescerredo
 
Animais que hibernan
Animais que hibernanAnimais que hibernan
Animais que hibernanMonContos
 
RÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptxRÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptxiesasorey
 
Curiosidades dos animais mariños
Curiosidades dos animais mariñosCuriosidades dos animais mariños
Curiosidades dos animais mariñosiesasorey
 

Similar a Morcego Roque, peixes planos (20)

Roque e raimundo coñecen bichos do mar
Roque e raimundo coñecen bichos do marRoque e raimundo coñecen bichos do mar
Roque e raimundo coñecen bichos do mar
 
Peixes
PeixesPeixes
Peixes
 
Mamíferos acuáticos (2) Odontocetos (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (2) Odontocetos (Morcego Roque)Mamíferos acuáticos (2) Odontocetos (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (2) Odontocetos (Morcego Roque)
 
Roque no mar
Roque no marRoque no mar
Roque no mar
 
Moluscos
Moluscos Moluscos
Moluscos
 
Diego
DiegoDiego
Diego
 
Diego
DiegoDiego
Diego
 
Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)
 
Morcego Roque, O Río
Morcego Roque, O RíoMorcego Roque, O Río
Morcego Roque, O Río
 
Nematodos anélidos moluscos
Nematodos anélidos moluscosNematodos anélidos moluscos
Nematodos anélidos moluscos
 
Especies de acuicultura. Crustáceos.
Especies de acuicultura. Crustáceos.Especies de acuicultura. Crustáceos.
Especies de acuicultura. Crustáceos.
 
Anfibios
AnfibiosAnfibios
Anfibios
 
Especies de acuicultura. Peixes.
Especies de acuicultura. Peixes. Especies de acuicultura. Peixes.
Especies de acuicultura. Peixes.
 
Os peixes
Os peixesOs peixes
Os peixes
 
Os peixes
Os peixesOs peixes
Os peixes
 
Animais que hibernan
Animais que hibernanAnimais que hibernan
Animais que hibernan
 
Os equinodermos g3 1ºc
Os equinodermos g3 1ºcOs equinodermos g3 1ºc
Os equinodermos g3 1ºc
 
Anfibios e réptiles 2
Anfibios e réptiles  2Anfibios e réptiles  2
Anfibios e réptiles 2
 
RÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptxRÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptx
 
Curiosidades dos animais mariños
Curiosidades dos animais mariñosCuriosidades dos animais mariños
Curiosidades dos animais mariños
 

Más de MonContos

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfMonContos
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxMonContos
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxMonContos
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxMonContos
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxMonContos
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptxMonContos
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptxMonContos
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxMonContos
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxMonContos
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxMonContos
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptxMonContos
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaMonContos
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009MonContos
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IIMonContos
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)MonContos
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)MonContos
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelMonContos
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papelMonContos
 

Más de MonContos (20)

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptx
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptx
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptx
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptx
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptx
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptx
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptx
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptx
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptx
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptx
 
petos.pptx
petos.pptxpetos.pptx
petos.pptx
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didáctica
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
 
Paco Leiro
Paco LeiroPaco Leiro
Paco Leiro
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papel
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papel
 

Último

O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 

Último (12)

O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 

Morcego Roque, peixes planos

  • 1. pleuronectiformes peixes planos AS LIDEIRAS DE ROQUE Mon Daporta COUSIÑAS FEITAS NA CASA
  • 2. Nas súas voltas deu Roque, un día no mercado,
  • 3. cuns peixes desconcertantes... dunha cor por cada lado!
  • 4. Aquelo, ademais de particular, pareceulle interesante
  • 5. e quixo saber máis sobre aquela “curiosidade”. “Se era común, excepcional, normalidade ou disparate...”
  • 6. E así veu descubrir todo o que hai de aquí en diante.
  • 7. Os pleuronectiformes ou peixes planos son un orden no que os adultos teñen o corpo de forma ovalada máis ou menos longa, rómbica ou case circular, comprimido lateralmente e coa simetría bilateral alterada.
  • 8. O lado do corpo que está cara arriba está pigmentado para que poidan pasar desapercibidos, mentras que o que queda para abaixo adoita ser de cor branca.
  • 9.
  • 10.
  • 11. Os adultos viven tumbados sobre un dos costados (que segundo a familia pode ser o esquerdo ou o dereito), Para sabermos que lado do peixe está pigmentado hai que colocalo sobre unha superficie co lado pigmentado cara a arriba e de forma que vexamos os ollos por enriba da boca: se o peixe queda mirando á esquerda (coa cabeza á esquerda do observador e a cola á dereita) será un peixe coa parte esquerda pigmentada (un peixe esquerdo); se queda mirando á dereita, será un peixe que ten pigmentada a parte dereita (un peixe dereito). Peixe coa parte dereita pigmentada, peixe dereito Peixe coa parte esquerda pigmentada, peixe esquerdo
  • 12. Como consecuencia da adaptación á vida pousados sobre un dos costados teñen os dous ollos no mesmo lado do corpo
  • 13. Aliméntanse de peixes e invertebrados. Son cazadores que agardan que as presas, sen advertiren a súa presenza, se acheguen para capturalas
  • 14. Poñen un gran número de ovos (son habituais as postas por enriba do millón) que aboian no mar grazas a que levan unha pinga de aceite.
  • 15. Dos ovos nacen larvas nadadoras, con simetría bilateral que se desplazan en posición vertical, pero deseguida comezan a transformación: o corpo vaise facendo máis alto, o ollo vaise desplazando á súa posición definitiva, atrófiaselle a vexiga natatoria e, entre os 30 e os 40 días de vida, os alevíns adoptan a posición deitada e comezan a vida pousados no fondo.
  • 17. Abrangue máis de 600 especies agrupadas en once familias. Algunhas especies son moi comúns e teñen unha ampla distribución mundial. A maioría viven no mar, aínda que tamén os hai que habitan en augas salobres e, uns poucos, nos ríos; case sempre en fondos con materiais soltos nos que se camuflan e/ou medio enterran.
  • 18. A especie máis grande é o fletán ou halibut (Hyppoglossus hyppoglossus). O da imaxe mideu case 3 m e pesou 230 kg
  • 19. Moitos son capturados pola calidade da súa carne e algúns acadan un alto valor comercial
  • 20. Polo seu valor económico algunhas especies como o rodaballo, o linguado e a solla coreana, críanse en cautividade en grandes piscifactorías. Granxa para o cultivo de peixe Peixes nun tanque de cultivo
  • 21. Cultivo de rodaballo. En Galiza cultívase desde a década de 1980. Unha femia pode chegar a poñer até 500.000 ovos por kg de peso
  • 22. Tanque de cultivo de linguado
  • 23. Solla oliva, solla coreana ou linguado bastardo nun tanque de cultivo
  • 24. as familias e algúns dos seus representantes
  • 25. Familia Achiridae (linguados suelas, acedías, arrevés). Acolle especies tanto de mar como de río que se distribúen por América. Teñen os ollos no lado dereito. Miden uns 15 cm de promedio, os que viven nos ríos son dos máis grandes. Está formada por 33 especies agrupadas en 6 xéneros: Achirus, 8 especies. Apionichthys, 8 especies. Catathyridium, 4 especies. Gymnachirus, 3 especies. Hypochinemus, 1 especie. Trinectes, 9 especies.
  • 26. Trinectes fimbriatus. Atópase en augas pouco fondas das costas do Pacífico entre México e Chile. Pode medir ata 9 cm. Gymnachirus texae. Atópase no Golfo de México. Non ten escamas nen aletas pectorais. Pode acadar os 14 cm. Achirus lineatus (linguado, acedía ou suela). Vive en augas pouco fondas das costas do Atlántico, entre México e Arxentina. Pode medir ata 20 cm.
  • 27. Hypoclinemus menthalis (Linguado de auga doce). Vive en ríos das cuncas do Amazonas e do Orinoco. Pode medir máis de 20 cm. Apionicthys finis. Vive en ríos tropicais de América do Sur. Mide uns 8 cm. Catathyridium jenysii. Vive en fondos de área da cunca do Amazonas. Pode medir ata 30 cm
  • 28. Familia Achiropsettidae. Viven en aguas do océano Antártico e Subantártico. Son de tamaño mediano, cos ollos no lado esquerdo, e non teñen aletas pectorais. Está formada por 6 especies agrupadas en 4 xéneros: Achiropsetta, 2 especies. Mancopsetta, 2 especies, Neoarchiropsetta, 1 especie. Pseudomancopsetta, 1 especie. Achiropsetta tricholepis (linguado patagón). Vive arredor das illas subantárticas e na Patagonia. Pode acadar os 40 cm. Mancopsetta maculata (Solla sen brazos antártica). Vive arredor das illas antárticas e subantárticas e nos bancos da Antártida oriental. Pode acadar ata 35 cm Neoachiropsetta milfordi. Atópase, entre os 100 e os 1.000 m de fondura, arredor das illas subantárticas. Pode medir máis de 50 cm.
  • 29. Familia Bothidae (Linguados esquerdos). Viven en augas tropicais e temperadas dos océanos Atlántico, Índico e Pacífico. Moitas especies son capturadas polo seu interese comercial. Teñen os ollos no lado esquerdo. Coñécense 162 especies agrupadas en 20 xéneros: Arnoglossus (35 especies) Asterorhombus (3 especies) Bothus (18 especies) Chascanopsetta (8 especies) Crossorhombus (5 especies) Engyophrys (2 especies) Engyprosopon (31 especies) Grammatobothus (3 especies) Japonolaeops (1 especie) Bothus lunatus. Vive en áreas de arrecifes do Caribe entre os 0 e os 120 m de fondura. Pode medir ata 45 cm. Arnoglosus kessleri. Vive no Mediterráneo. Mide de 8 a 10 cm. Os Arnoglosus viven en fondos de area entre os 3 e os 60 m de fondura no Atlántico,o Índico e o Pacífico. Poden medir de 6 a 28 cm. Engyprosopon grandisquama. Pode medir uns 15 cm. Os Engyprosopon atópanse na área Indopacífica dende o litoral ata os 400 m de fondura. Son pequenos, ata 15 cm. Acolle numerosas especies de distribución local.
  • 30. Kamoharaia (1 especie) Laeops (12 especies) Lophonectes (2 especies) Monolene (11 especies) Neolaeops (1 especie) Parabothus (10 especies) Perissias (1 especie) Psettina (10 especies) Taeniopsetta (2 especies) Tosarhombus (6 especies) Trichopsetta (4 especies) Kamoharaia megastoma. Atópase entre o sur do Xapón e o oeste de Australia. Pode medir ata 22 cm. Monolene sessilicauda. Atópase nas costas do Atlántico Occidental (de Canadá ao Brasil ). Pode chegar aos 18 cm Parabothus coarctatus. Atópase no Pacífico entre Nova Caledonia, o sur do Xapón e Hawai. Pode chegar aos 22 cm. Psettina gigantea. Atópase na área tropical do Pacífico oeste entre os 80 e os 100 m de fondura. Pode medir uns 15 cm.
  • 31. Citharus linguatula (rascón bicudo). Vive en augas de temperadas a tropicais do Atlántico leste e do Mediterráneo ata 300 m de fondo. Pode medir uns 30 cm. Brachypleura novaezeelandiae. Vive na área Indo Pacífica, en fondos de área e lama, entre os 20 e os 90 m. Pode medir uns 15 cm. Familia Citharidae. As peludas son peixes de mar distribuidos por todo o mundo. Non teñen completamente desenvolvida a simetría corporal e teñen as aletas pectorais e pélvicas ben desenvolvidas. Está formada por 7 especies agrupadas en 4 xéneros: Brachypleura (1 especie) Lepidoblepharon (1 especie) Citharoides (4 especies) Citharus (1 especie). Citharoides macrolepidotes. Atópase en augas do Índico e do Pacífico occidenta,l entre os 120 e os 430 m de fondura. Pode medir ata 30 cm.
  • 32. Familia Cynoglossidae (linguas). Todos se atopan en áreas tropicais e subtropicais (entre 40º de latitude norte e 40º de latitude sur). Teñen os ollos case xuntos e no lado esquerdo. Non teñen aletas pectorais nen pélvicas e as outras están unidas formando un contínuo arredor do corpo. Poden medir ata 30 cm de lonxitude. Coñécense unhas 140 especies agrupadas en 3 xéneros: Cynoglossus (62 especies) e Paraplagusia (6 especies) da subfamilia Cynoglossinae: viven en augas litorais, esteiros ou ríos. Symphurus (74 especies) da subfamilia Symphurinae: viven en augas mariñas fondas, entre 300 e 1.900 m. Cynoglossus arel. Atópase no Índico e no Pacífico oeste en fondos de máis de 100 m pode medir entre 30 e 40 cm. Paraplagusia blochii. Atópase en augas tropicais do Índico e do Pacífico oeste, entre os 7 e os 80 m de fondura. Pode medir uns 22 cm. Symphurus nigrescens (lingua escura).atópase no Atlántico oriental entre os 50 e os 300 m de fondura. Mide uns 12 cm.
  • 33. Un peixe singular Symphurus thermophilus. Descrito como especie en 2010. Vive ao pé das surxencias hidrotermais, en lugares de ata 700 m de profundidade, do Océano Pacífico, atopándose a maioría entre os 300 e os 400 m. É capaz de soportar un pH similar ao do ácido sulfúrico e pode descansar sobre pozas de xofre fundido sen sufrir danos. A lonxitude máxima coñecida é de 8,7 cm para un macho e 11,2 cm para unha femia.
  • 34. Familia Paralichthyidae (Linguados areeiros). Case todos mariños, distribuídos polos océanos Atlántico, Índico e Pacífico; e algún de auga doce. Teñen os ollos no lado esquerdo. Coñécense 116 especies agrupadas en 14 xéneros: Ancylopsetta (7 especies) Cephalopsetta (1 especie) Citharichthys (24 especies) Cyclopsetta (4 especies) Etropus (9 especies) Ancylopsetta quadrocellata. (Linguado de catro manchas). Atópase en fondos brandos entre 1 e 150 m de fondura na costa surleste dos Estados Unidos e do Golfo de México ata o Iucatán. Pode medir ata 25 cm. Citharichthys valdezi. Atópase no Caribe, entre Panamá e Venezuela, en fondos brandos ata os 75 m. Mide uns 8 cm. Etropus crossotus. Atópase no Pacífico, entre California e o Perú, en augas de ata 65 m de fondura. Pode medir uns 22 cm
  • 35. Gastropsetta (1 especie) Hippoglossina (7 especies) Paralichthys (19 especies) Pseudorhombus (25 especies) Syacium (8 especies) Tarphops (2 especies) Tephrinectes (1 especie) Thysanopsetta (1 especie) Xystreurys (2 especies) Pseudorhombus dupliciocellatus. Atópase en fondos de entre 50 e 150 m, na área Indo Pacífica entre o Xapón e Australia. Pode medir uns 40 cm. Paralichthys californicus (linguado de California). Atópase pola costa leste dos Estados Unidos e chega ao sur de California, entre o litoral e os 200 m de fondura. Pode medir ata 1,5 m. Syacium papillosum (linguado moreno). Atópase entre os 10 e os 90 m de fondura no atlántico oeste, entre N. Carolina e o Brasil. Pode medir 30 cm.
  • 36. Familia Pleuronectidae (sollas e linguados ollóns). Son especies case todas mariñas e de interese comercial, algunhas viven nos esteiros e nos ríos. Atópanse desde o litoral ata os 1.000 m de profundidade. Teñen os ollos no lado dereito. Está formada por máis de 100 especies agrupadas en 40 xéneros: Paralichthodes (1 especie) Acanthopsetta (1 especie) Atheresthes (2 especies) Cleisthenes (2 especies) Clidoderma (1 especie) Dexistes (1 especie) Embassichthys (1 especie) Atheresthes stomias (palmeta do Pacífico). Atópase no Pacífico noroeste. Pode medir ata 80 cm e pesar 8 kg. Clidoderma asperrimum. Vive no norte do Pacífico, en fondos areosos e lamacentos a profundidades de entre 15 e 1.900 m. Pode acadar os 62 cm e pesar ata 4 kg.
  • 37. Eopsetta (2 especies) Glyptocephalus (4 especies) Hippoglossoides (4 especies) Hippoglossus (2 especies) Hypsopsetta (2 especies) Isopsetta (1 especie) Kareius (1 especie) Lepidopsetta (3 especies) Limanda (6 especies) Liopsetta (2 especies) Microstomus (5 especies) Eopsetta grigorjewi (solla de pintas do Xapón), Vive en fondos areosos ou lamacentos duns 200 m de profundidade en augas subtropicais do noroeste do Pacífico, ata a illa de Taiwán. Pode medir ata 60 cm. Os Eopsetta son peixes do Pacífico norte. Limanda limanda. Vive no atlántico nordeste, do sur de Inglaterra ao norte de Noruega, en fondos areosos de 5 a 150 m. Pode acadar uns 40 cm e un peso de 1 kg. As limandas viven nas costas do norte dos océanos Atlántico e Pacífico. Microstomus kitt (mendo limón). Vive nos mares do noroeste de Europa, en fondos de pedra, ata profundidades duns 200 m. pode medir ata 65 cm e acadar os 3 kg de peso. Os microstomus son peixes do norte do Atlántico e do Pacífico
  • 38. Parophrys (1 especie) Platichthys (2 especies) Pleuronectes (5 especies) Pleuronichthys (7 especies) Psettichthys (1 especie) Pseudopleuronectes (5 especies) Reinhardtius (1 especie) Tanakius (1 especie) Verasper (2 especies) Marleyella (2 especies) Nematops (4 especies) Nematops micróstoma. Vive en augas fondas, mais de 300 m, tropicais do suroeste do Pacífico . Pode medir uns 10 cm. Pleuronectes quadrituberculatus (solla de Alasca). Vive en fondos areosos de ata 600 metros de profundidade, no norte do océano Pacífico, entre o golfo de Alaska, o mar de Chukchi e o mar do Xapón. Pode medir mais de 80 cm. Reinhardtius hippoglossoides (fletán negro). Vive no norte dos océanos Atlántico e Pacífico. Pode medir ata 110 cm e pesar entre 14 e 20 kg.
  • 39. Poecilopsetta (15 especies) Ammotretis (5 especies) Azygopus (1 especie) Colistium (2 especies) Oncopterus (1 especie) Pelotretis (1 especie) Peltorhamphus (3 especies) Psammodiscus (2 especies) Rhombosolea (4 especies) Taratretis (1 especie) Poecilopsetta inermis. Vive no Golfo de México. Pode medir ata 16 cm. Rhombosolea leporina. Vive nas costas de Nova Zelandia em fondos de entre 1 e 50 m. pode medir 32 cm. Os Rhombosolea son propios das costas de Nova Zelandia e do sur de Australia Peltorhamphus novaezeelandiae. Vive nas costas de Nova Zelandia en augas de 25 a 50 m de fondura. Pode medir 35 cm.
  • 40. Psettodes bennettii. Linguado espiñento. Vive en augas tropicais, pouco fondas do Atlántico oriental, costas de África do Sahara a Liberia. Pode medir uns 40 cm. Familia Psettodidae. Acolle especies mariñas de augas tropicais do Atlántico leste e do Indo-Pacífico. Está formada por 3 especies agrupadas no xénero Psettodes.
  • 41. Familia Samaridae (linguadiños cristados). Viven nas augas da rexión Indo-Pacífica. Miden entre 5 e 15 cm. Está formada por unhas 30 especies agrupadas en 4 xéneros: Plagiopsetta (3 especies) Samaretta (​1 especie) Samaris (5 especies) Samariscus (20 especies) Samaris cristatus. Atópase en fondos de área e lama. Pode medir ata 15 cm. Samariscus triocellatus. Mide uns 9 cm. Vive en fondos de area e coral entre 3 e 15 m de profundidade Plagiopsetta glossa. Atópase no Pacífico oeste, entre o Xapón e Taiwan, e o norte de Australia. Pode medir ata 19 cm.
  • 42. Familia Scophthalmidae (rodaballos, meigas e galos). Atópanse distribuidos polo Atlántico norte, e os mares Báltico, Mediterráneo e Negro. Teñen os ollos no lado esquerdo. Existen 9 especies agrupadas en 5 xéneros: Lepidorhombus (2 especies) Phrynorhombus (1 especie) Psetta (2 especies) Scophthalmus (2 especies) Zeugopterus (2 especies) Lepidorhombus whiffiagonis (arriba) e Lepidorhombus boscii (abaixo). Os Lepidorhombus son peixes propios das costas do nordeste do océano Atlántico e do mar Mediterráneo, coñecidos como meigas ou rapantes Phrynorhombus norvegicus. (meiga de Noruega). Atóase no Atlántico noroeste e no Ártico próximo. Mide ata 12 cm. Zeugopterus regius. Atópase nas costas do Atlántico nororiental, desde as illas Británicas ata Marrocos, e no Mediterráneo occidental. Mide arredor de 20 cm.
  • 43. Psetta máxima ou Scophthalmus maximus (rodaballo). Atópase no Atlántico, no Mediterráneo, no Cantábrico, no mar do Norte e no Báltico. Pode medir ata 1 m. Psetta maeotica ou Scophthalmus maeoticus (rodaballo do mar Negro). So vive nas costas do mar Negro. Pode medir ata 45 cm. Scophthalmus aquosus (curuxo americano ou rodaballo areeiro). Vive no Atlántico noroccidental, desde o golfo de San Lourenzo en Canadá até a Florida. Pode medir ata 45 cm. Scophthalmus rhombus (coruxo, curuxo ou solo). Atópase no Atlántico Norte, no mar Báltico e no Mediterráneo. Pode medir ata 80 centímetros
  • 44. Familia Soleidae (suelas, soles, linguados…). Abrangue especies mariñas e de auga doce. Teñen os ollos no lado dereito. Coñécense 135 especies agrupadas en 28 xéneros: Achiroides (2 especies) Aesopia (1 especie) Aseraggodes (24 especies) Austroglossus (2 especies) Bathysolea (4 especies) Brachirus (15 especies) Buglossidium (1 especie) Dagethichthys (1 especie) Aseraggodes bahamondei. Atópase en augas pouco fondas, de 2 a 25 m, do Pacífico sur. Pode medir ata 20 cm Brachirus orientalis. Atópase en augas pouco fondas, de 15 a 20 m, do Índico e áreas próximas do Pacífico. Sur de Asia, leste de África, Australia, Indonesia e Filipinas. Pode medir máis de 30 cm. Bathysolea profuncicola. Vive en fondos lamacentos, a profundidades de entre os 200 e os 1.300 m no Atántico oriental, desde Irlanda ata Angola, e polo Mediterráneo. Pode medir ata 21 cm.
  • 45. Dicologlossa (2 especies) Heteromycteris (6 especies) Liachirus ( 2 especies) Microchirus (7 especies) Monochirus (2 especies) Parachirus (2 especies) Paradicula (1 especie) Pardachirus (6 especies) Pegusa (4 especies) Phyllichthys (3 especies) Microchirus ocellatus (acedía de ollos). Habita en fondos mariños areosos ou lamacentos, entre os 20 e os 300 m de profundidade, no leste do Atlántico, entre o Mediterráneo e Serra Leoa, e en Suráfrica e no Índico occidental. Pode medir ata 20 cm. Pardachirus pavoninus. Atópase na área indo Pacífica entre Sri Lanka, Australia e Xapón. Pode medir uns 25 cm. Phyllichthys punctatus. Vive no noroeste de Australia. Pode medir ata 25 cm.
  • 46. Rendalhia (1 especie) Rhinosolea (1 especie) Solea (11 especies) Soleichthys (5 especies) Strabozebrias (1 especie) Synaptura (11 especies) Synapturichthys (1 especie) Typhlachirus (1 especie) Vanstraelenia (1 especie) Zebrias (18 especies) Zebrias zebra. Atópase na área Indo Pacífica entre Australia e o Xapón. Pode acadar os 20 cm. Synaptura lusitânica (linguado portugués). Habita fondos areosos e lamacentos en augas tropicais, de ata os 60 m de profundidade, nas costas do Atlántico leste, desde o sur do estreito de Xibraltar ata o Congo, Soleiichthys heterorhinus. Atópase en augas pouco fondas, de 0 a 10 m, na área Indo-Pacífica entre a India, Australia e o Xapón.
  • 47. Peixes planos das lonxas galegas e outras capturas de menor interese
  • 48. Scophthalmus rhombus (coruxo, curuxo ou sollo). Pode medir ata 70 cm e acadar os 3 kg de peso. Vive en fondos de área ata os 100 m de fondura. Non é moi abundante. Péscase con aparellos ao garete (trasmallos).
  • 49. Scophthalmus ou Psetta máxima (Rodaballo). Pode medir ata 1 m e pesar uns 12 kg. Vive en costas areosas, desde a beira ata os 100 m de fondura. Non é abundante. Péscase con aparellos ao garete (trasmallos).
  • 50. (Lepidorhombus whiffiagonis (meiga, rapante ). Pode medir ata 60 cm. Atópase en fondos de 50 ata 600 m. Abundante. Pescase con aparellos de arrastre, ao norte de Fisterra e no Gran Sol.
  • 51. Lepidorhombus boscii (ollón, meiga femia, rapante). Pode medir ata 40 cm. Vive en fondos de 100 a 600 m. Abundante. Péscase con aparellos de arrastre.
  • 52. (Phrynorhombus ou Zeugopterus regius). Mide ata 20 cm. Vive en fondos de area e pedras entre os 5 e os 60 m de fondura. Abundante no Atlántico norte.
  • 53. Phrynorhombus norvegicus (meiga de Noruega). Mide ata 12 cm. Vive no Atlántico noreste entre Islandia e a Canle da Mancha.
  • 54. Zeugopterus punctatus (tapa ou tapaconas). Chega a medir uns 25 cm. Atópase en fondos rochosos de pouca profundidade. Pouco abundante. Péscase con trasmallos.
  • 55. Arnoglosus laterna (rapapelos, peluda). Adoita medir arredor de 10 cm, mais pode chegar ata 25. Vive en fondos de area e fango entre os 10 e os 300 m de profundidade, no Atlántico noreste, desde Marrocos ao norte, e no Mediterráneo. Péscase como accesorio nos aparellos de arrastre.
  • 56. Arnoglosus thori (rapapelos de puntos). Pode chegar aos 18 cm, o habitual e que mida entre 10 e 12. Atópase en fondos brandos de ata 600 m de profundidade do Atlántico entre o Senegal e Irlanda do Norte. Péscase como accesorio nos aparellos de arrastre. Pouco abundante e sen aproveitamento.
  • 57. Arnoglosus imperialis (rapapelos ou peluda). Pode medir ata 25 cm. Vive en fondos de area, cascallo e fango.
  • 58. Pleuronectes platessa (solla de altura). Pode medir ata 90 cm. Vive en fondos de área, ata os 100 m de profundidade, nas costas do Atlántico, desde o mar de Barents ata o Mediterráneo occidental (golfo de León), así como en Islandia e no sur de Groenlandia. Péscase con aparellos de arrastre no Gran Sol.
  • 59. Platichthys flesus (solla). Atópase no Atlántico norte e no Mediterráneo. Pode medir ata 50 cm. Vive en fondos de área e cascallo, desde a beirada ata os 50 m de profundidade. Abundante. Péscase con aparellos ao garete e outras artes.
  • 60. Solea solea (linguado). Mide entre 30 e 50 cm, pode chegar aos 60 cm, e superar os 2 kg de peso. Vive en fondos de area e lama entre os 10 e os 60/100 m de fondura. É común. Péscase con aparellos de arrastre e ao garete (trasmallos).
  • 61. Solea lascaris ou Pegusa lascaris (acedía ou linguado da area). Pode medir ata 20 cm e pesar ata 500 g. Atópase en fondos de area en augas de ata 50 m de fondura. É bastante común. Péscase con aparellos ao garete (trasmallos).
  • 62. Buglossidium luteum (lirpia ou linguadiño amarelo). Pode medir ata 13 cm. Vive en fondos de area entre os 20 e os 40 m de profundidade.
  • 63. Microchirus variegatus (lirpia raiada ou acedía raiada). Mide ata 22 cm. Vive en fondos areosos ou lamacentos dende os 20 aos 400 m de fondura. Pouco abundante. Péscase con aparellos de arrastre.
  • 64. Glyptocephalus cynoglosus (coreano). Pode medir máis de 50 cm e pesar ata 2,5 kg. Vive en fondos brandos de augas frías do atlántico norte, entre os 100 e 400 m de fondura. Abundante. Péscase con aparellos de arrastre.
  • 65. Microstomus kitt (mendo). Pode medir ata 40 ou 50 cm. Atópase en fondos de area e rochas de 20 a 150 m no norleste do Atlántico. Péscase ao arrastre.
  • 66. Hypoglosus hypoglosus (fletán). Pode medir máis de 2 m. Atópase en fondos de area e pedras, de augas frías, entre 50 e 2.000 m de profundidade. Cada tempada pode poñer máis de 3 millóns de ovos. Péscase, con aparellos de arrastre, no oeste de Irlanda, mais non é común nas lonxas.
  • 67. As imaxes fotográficas foron collidas da internet e a información de fontes varias. Agradézolle aos autores a súa dispoñibilidade, e agardo saiban disculpar o uso que fixen delas. Mon Daporta E isto é o que, para non facelo moi longo, xuntei polo mundo para compartir con todas.