1. Texto: Lucas 2, 22-40. A Sagrada Familia –B- 30 –12-11. Comentarios e presentación: M.Asun Gutiérrez. Música: Xesús Guridi. Dez melodías vascas. Amorosa. Abrir os ollos e descubrir o mundo da boa xente. Boa xente como Simeón e Ana, como Xosé e María. Xente que busca e se fai preguntas. Unha multitude inqueda, aberta ao asombro, capaz de acoller boas noticias e de dalas, rastreadores de signos, incansables buscadores de sentido... Están aí, ao teu lado; trata de recoñecelos, ponte á escoita dos seus nomes, porque neles encontrarás un eco de Deus. Alégrate polas súas vidas, bendí a Deus pola súa presenza... Ulibarri Fl.
2. 22 Cando se cumpriron os días da purificación prescrita pola lei de Moisés, levaron o neno a Xerusalén para presentalo ao Señor, 23 como prescribe a lei do Señor: Todo primoxénito varón será consagrado ao Señor. 24 Ofreceron tamén en sacrificio, como di a lei do Señor: un par de rulas ou dous pombiños. Segundo a lei de Moisés (Lv 12,2-8 ), o parto e a menstruación facían impuras as mulleres. As leis relixiosas non aceptan a natureza tal como é e establecen que hai que purificala, consagrala, perfeccionala. Ás veces as normas relixiosas pretenden impoñerse á natureza, intentando corrixir a obra de Deus. O valor da ofrenda delataba a condición social. Xosé e María eran pobres. Como a persoas pobres miraríaos a xente e así serían recibidos e tratados no templo.
3. 25 Había en Xerusalén un home chamado Simeón, home xusto e piadoso, que esperaba o consolo de Israel. O Espírito Santo estaba nel 26 e reveláralle que non morrería antes de ver o Mesías enviado polo Señor. 27 Veu, pois, ao templo, movido polo Espírito e, cando os seus pais entraban co neno Xesús para cumprir o que mandaba a lei, Quen están abertos ao Espírito, o escoitan e se deixan guiar por Él, poden entender, descubrir e experimentar os camiños de Deus e a súa liberación. Son as persoas sinxelas as que mellor captan a presenza e a mensaxe de Deus. Jerusalén
4. 28 Simeón tomouno nos seus brazos e bendiciu a Deus dicindo: 29 Agora, Señor, segundo a túa promesa, podes deixar que o teu servo morra en paz. 30s Os meus ollos viron o teu Salvador, 31 a quen presentaches ante todos os pobos, 32 como luz para iluminar as nacións e gloria do teu pobo Israel. Simeón, collendo o neno nos seus brazos, séntese feliz, entoa un cántico cheo de poesía e tenrura. Xa non lle importa morrer. Encontrar a Xesús é a súa maior alegría. Xesús ensínanos o encanto e a felicidade do tranquilo abandono, a fraxilidade, a plena confianza na Man que o arrola e o sostén. Xesús-Neno axúdanos a recoñecer as nosas posibilidades de crecemento e cambio e as dos demais, a non asombrarnos da nosa debilidade nin da dos outros, a ser capaces de manifestar os nosos sentimentos e demostrar tenrura... Coma El.
5. 33 Seu pai e súa nai estaban admirados das cousas que se dicían del. 34 Simeón bendiciunos e díxolle a María, súa nai: – Mira, este neno vai ser motivo de que moitos caian o se ergan en Israel. Será signo de contradicción, 35 e a ti mesma unha espada hate atravesar o corazón; así quedarán ao descuberto as intencións de todos. Xosé e María non tiveron todo claro desde o principio. Tamén tiveron que crer en Xesús. A fe é un proceso e pode ser doloroso. Coma nós, encontrarán a Xesús a través da busca, a alegría, a sorpresa,as inquedanzas, a admiración, o asombro, a dúbida... Cando os plans de Deus non son como espero e desexo, cando rompen os meus esquemas e proxectos, cando supoñen dificultades ... sigo confiando, loando e dando grazas?
6. 36 Había tamén unha profetisa, Ana, filla de Fanuel, da tribo de Aser, que era xa moi anciá. Estivera casada sete anos, sendo aínda moi nova; 37 despois permanecera viúva ata os oitenta e catro anos. Non se apartaba do templo, dando culto ao Señor día e noite con xaxúns e oracións. 38 Presentouse naquel momento e púxose a dar gloria a Deus e a falar do neno a todos os que esperaban a liberación de Xerusalén. Simeón e Ana saben descubrir nunha familia normal, nun neno normal, no cotián, no que sucede todos os días, a presenza e a novidade de Deus. Séntense agraciados porque viron a Xesús. Vexo eu a Xesús? Onde? En quen? Búscoo e espéroo coma eles? Como? Quen ve a Xesús bendí e loa a Deus e necesita anunciar aos demais o que viu e contemplou. Lucas subliña en toda a sú obra a universalidade da mensaxe e da liberación de Xesús.
7. 39 Cando cumpriron todas as cousas prescritas pola lei, regresaron a Galilea, á súa cidade de Nazaret. 40 O neno crecía e fortalecíase; estaba cheo de sabedoría, e gozaba do favor de Deus. Xosé e María son os testemuñas da vida oculta, as mellores testemuñas da humanidade de Xesús. Eles axúdano a crecer dándolle protección, seguridade afectiva, dignidade, confianza, amor.... Todas as parábolas de Xesús proveñen da súa contemplación da vida cotiá. María e Xosé foron a mellor imaxe para describir a Deus. A mellor das súas parábolas, mostrar a Deus como“Abbá”, é o resultado do que ve, escoita, aprende de seu pai e de súa nai.
8. PARA NON PERDERSE NA VIDA Fillo, estás equipado por min para a túa vida, pero só para a túa vida. Tes todo o necesario para vivir a túa propia aventura persoal, para ser ti mesmo e realizar así o meu soño sobre ti. Pero recorda e escoita os teus seres queridos: «Nosoutros somos nosoutros, e ti es ti. Nosoutros non podemos impoñerche a nosa vida nin impedirche vivir a túa. Podes facer o que elixas. En calquera caso, non te imos protexer das consecuencias da túa elección, ímonos reservar o dereito a protegernos nosoutros mesmos dos efectos da túa elección». Meu fill o, miña filla, non esquezas o dicir a calquera -próximo, afastado, sabio, necesitado, rico, pobre- esta dura e tenra verdade: Eu son eu, e ti es ti. Eu non estou na vida para encher as túas necesidades nin ti estás na vida para encher as miñas. Se por casualidade nos encontramos, será fermoso; se non, non podemos facer nada. Meu fillo, miña filla, elixe e fai o teu camiño con liberdade, con alegría, con responsabilidade, con sabedoría, con paz. Fl.Ulibarri