1. 14 de setembro de 2014
Exaltación da Cruz (A )
Xoán 3, 13-17
José Antonio Pagola
Rede evanxelizadora BUENAS NOTICIAS
Invita a mirar ao Crucificado con fe. Pásao
Música:Garcia Caffi-Adagio
Presentación:B.Areskurrinaga HC
Euskaraz:D.Amundarain
2. A festa que hoxe celebramos ooss ccrriissttiiáánnss éé
iinnccoommpprreennssiibbllee ee aattaa ddiissppaarraattaaddaa ppaarraa qquueenn
ddeessccooññeeccee oo ssiiggnniiffiiccaaddoo ddaa ffee ccrriissttiiáá nnoo
CCrruucciiffiiccaaddoo..
3. Que sentido pode ter celebrar
unha festa que se chama
“Exaltación da Cruz”
nunha sociedade que busca apaixonadamente o
“confort” a comodidade e o máximo benestar?
4. Máis dun preguntarase ccoommoo éé ppoossiibbllee sseegguuiirr
aaíínnddaa hhooxxee eexxaallttaannddoo aa ccrruuzz..
NNoonn qquueeddoouu xxaa ssuuppeerraaddaa ppaarraa sseemmpprree eessaa mmaanneeiirraa
mmoorrbboossaa ddee vviivviirr eexxaallttaannddoo aa ddoorr ee
buscando o sufrimento?
Temos que seguir alimentando un cristianismo centrado na
agonía do Calvario e as chagas do Crucificado?
5. SSoonn sseenn ddúúbbiiddaa
pprreegguunnttaass mmooii
rraazzooaabblleess qquuee
nneecceessiittaann uunnhhaa
rreessppoossttaa ccllaarriiffiiccaaddoorraa..
CCaannddoo ooss ccrriissttiiáánnss
mmiirraammooss aaoo
CCrruucciiffiiccaaddoo nnoonn
eennxxaallzzaammooss aa ddoorr,, aa
ttoorrttuurraa ee aa mmoorrttee,,
sseennóónn oo aammoorr,, aa
pprrooxxiimmiiddaaddee ee aa
ssoolliiddaarriieeddaaddee ddee DDeeuuss
qquuee qquuiixxoo ccoommppaarrttiirr aa
nnoossaa vviiddaa ee aa nnoossaa
mmoorrttee aattaa oo eexxttrreemmoo.
6. Non é o sufrimento o que salva
senón o amor de Deus que se
solidariza coa historia dolorosa
do ser humano.
9. Neses brazos estendidos que xa nnoonn ppooddeenn aabbrraazzaarr
ooss nneennooss ee nneessaass mmaannss qquuee xxaa nnoonn ppooddeenn aaccaarriicciiaarr
ooss lleepprroossooss nniinn bbeennddiicciirr ooss eennffeerrmmooss,, ooss ccrriissttiiáánnss
““ccoonntteemmppllaammooss”” aa DDeeuuss ccooss sseeuuss bbrraazzooss aabbeerrttooss
ppaarraa aaccoolllleerr,, aabbrraazzaarr ee ssoosstteerr aass nnoossaass ppoobbrreess vviiddaass,,
rroottaass ppoorr ttaannttooss ssuuffrriimmeennttooss..
10. Nese rostro apagado pola morte, neses ollos que xa
non poden mirar con tenrura as prostitutas, nesa
boca que xa non pode gritar a súa indignación polas
vítimas de tantos abusos e inxustizas, neses beizos
que non poden pronunciar o seu perdón aos
pecadores, Deus estanos revelando como en ningún
outro xesto o seu amor insondable á Humanidade.
11. Por iso, ser fiel ao Crucificado non
é buscar cruces e sufrimentos, senón vivir coma
El nunha actitude de entrega e solidariedade
aceptando se é necesario a crucifixión e os
males que nos poden chegar como
consecuencia.
13. MIRAR CON FE AO CRUCIFICADO
A festa que hoxe celebramos os cristiáns é incomprensible e ata disparatada para quen descoñece o
significado da fe cristiá no Crucificado. Que sentido pode ter celebrar unha festa que se chama “Exaltación da
Cruz” nunha sociedade que busca apaixonadamente o “confort” a comodidade e o máximo benestar?
Máis dun se preguntará como é posible seguir aínda hoxe exaltando a cruz. Non quedou xa superada
para sempre esa maneira morbosa de vivir exaltando a dor e buscando o sufrimento? Temos que seguir
alimentando un cristianismo centrado na agonía do Calvario e nas chagas do Crucificado?
Son sen dúbida preguntas moi razoables que necesitan unha resposta clarificadora. Cando os
cristiáns miramos ao Crucificado non enxalzamos a dor, a tortura e a morte, senón o amor, a proximidade e a
solidariedade de Deus que quixo compartir a nosa vida e a nosa morte ata o extremo.
Non é o sufrimento o que salva senón o amor de Deus que se solidariza coa historia dolorosa do ser
humano. Non é o sangue o que, en realidade, limpa o noso pecado senón o amor insondable de Deus que nos
acolle coma fillos. A crucifixión é o acontecemento no que mellor se nos revela o seu amor.
Descubrir a grandeza da Cruz non é atribuír non sei que misterioso poder ou virtude á dor, senón
confesar a forza salvadora do amor de Deus cando, encarnado en Xesús, sae a reconciliar o mundo consigo.
Neses brazos estendidos que xa non poden abrazar os nenos e nesas mans que xa non poden
acariciar os leprosos nin bendecir os enfermos, os cristiáns “contemplamos” a Deus cos seus brazos abertos
para acoller, abrazar e soster as nosas pobres vidas, rotas por tantos sufrimentos.
Nese rostro apagado pola morte, neses ollos que xa non poden mirar con tenrura as prostitutas, nesa
boca que xa non pode gritar a súa indignación polas vítimas de tantos abusos e injustixas, neses labios que non
poden pronunciar o seu perdón aos pecadores, Deus estanos revelando como en ningún outro xesto o seu amor
insondable á Humanidade.
Por iso, ser fiel ao Crucificado non é buscar cruces e sufrimentos, senón vivir coma El nunha actitude
de entrega e solidariedade aceptando se é necesario a crucifixión e os males que nos poden chegar como
consecuencia. Esta fidelidade ao Crucificado non é dorista senón esperanzada. A unha vida “crucificada”, vivida
co mesmo espírito de amor con que viviu Xesús, só lle espera resurrección.
José Antonio Pagola