1. José Antonio Pagola
14 de outubro de 2012
28º Tempo ordinario (B)
Red evangelizadora BUENAS NOTICIAS
Marcos 10, 17-30
Traballa por un mundo máis humano. Pásao.
Música: Bach-aria; present: B. Areskurrinaga HC; euskaraz: D. Amundarain
2. “Que farei para herdar a vida eterna?”.
Non lle preocupan os problemas desta vida.
É rico.
Todo o ten resolto.
3. Antes de que se poña en camiño, un
descoñecido achégase a Xesús
correndo.
Ao parecer, ten présa para resolver
o seu problema:
4. Xesús pono ante a
Lei de Moisés.
Curiosamente, non
lle recorda
os dez
mandamentos,
senón só os que
prohíben actuar
contra o próximo.
O mozo é un home
bo, observante fiel
da relixión judía:
"Todo iso
cumprino desde
pequeno".
5. Xesús quédaselle
mirando con cariño.
É admirable a vida
dunha persoa que non
fixo dano a ninguén.
Xesús quéreo atraer
agora para que
colabore con el no seu
proxecto de facer un
mundo máis humano, e
faille unha proposta
sorprendente:
6. … “aínda che falta unha
cousa: anda, vende o que
tes, dálle o diñeiro aos
pobres...
e logo sígueme".
7. O rico posúe moitas cousas, pero
fáltalle o único que permite
seguir a Xesús de verdade.
É bo, pero vive apegado
ao seu diñeiro.
Xesús pídelle que renuncie á súa
riqueza e a poña ao servizo dos
pobres.
8. Só compartindo o
seu cos necesitados,
poderá seguir a
Xesús colaborando
no seu proxecto.
proxecto
9. O mozo síntese incapaz.
Necesita benestar.
Non ten forzas para vivir sen a súa
riqueza.
O seu diñeiro está por enriba de todo.
Renuncia a seguir a Xesús.
10. Viñera correndo entusiasmado cara a el.
Agora afástase triste.
Non coñecerá nunca a ledicia de colaborar
con Xesús.
11. A crise económica
estanos invitando aos seguidores de
Xesús a dar pasos cara a unha vida
máis sobria, para compartir cos
necesitados o que temos e
sinxelamente non necesitamos para
vivir con dignidade.
Temos que facernos preguntas moi
concretas se queremos seguir
a Xesús nestes momentos.
12. O primeiro é revisar a nosa relación
co diñeiro:
os o diñeiro?
Que facer co n
Para
que
aforr
ar?
stir?
e inve
En qu
Con quen compartir o que non
necesitamos?
13. Polo tanto, temos que revisar o noso
consumo
para facelo máis responsable e menos
compulsivo e superfluo:
Que mercamos?
Onde mercamos?
Para que mercamos?
A quen podemos axudar a mercar
o que necesitan?
14. Son preguntas que nos temos que facer
no fondo da nosa conciencia
e tamén nas nosas familias,
comunidades cristiás e
institucións de Igrexa.
15. Non faremos xestos heroicos, pero
se damos pequenos pasos nesta
dirección, coñeceremos a ledicia de
seguir a Xesús contribuíndo a facer a
crise dalgúns un pouco máis humana
e liviá.
Se non é así,
sentirémonos bos cristiáns,
pero á nosa relixión faltaralle
ledicia.
16. CON XESÚS NO MEDIO DA CRISE
Antes de que se poña en camiño, un descoñecido achégase a Xesús correndo. Ao parecer, ten
présa para resolver o seu problema: “Que farei para herdar a vida eterna?". Non lle preocupan os problemas de
esta vida. É rico. Todo o ten resolto.
Xesús pono ante a Lei de Moisés. Curiosamente, non lle recorda os dez mandamentos, senón só os
que prohíben actuar contra o próximo. O mozo é un home bo, observante fiel da relixión judía: “Todo iso
cumprino desde pequeno”.
Xesús quédaselle mirando con cariño. É admirable a vida dunha persoa que non fixo dano a ninguén.
Xesús quéreo atraer agora para que colabore con el no seu proxecto de facer un mundo máis humano, e faille
unha proposta sorprendente: “aínda che falta unha cousa: anda, vende o que tes, dálle o diñeiro aos pobres... e
logo sígueme".
O rico posue moitas cousas, pero fáltalle o único que permite seguir a Xesús de verdade. É bo, pero
vive apegado ao seu diñeiro. Xesús pídelle que renuncie á súa riqueza e a poña ao servizo dos pobres. Só
compartindo o seu cos necesitados, poderá seguir a Xesús colaborando no seu proxecto.
O mozo síntese incapaz. Necesita benestar. Non ten forzas para vivir sen a súa riqueza. O seu
diñeiro está por enriba de todo. Renuncia a seguir a Xesús. Viñera correndo entusiasmado cara a el. Agora
afástase triste. Non coñecerá nunca a ledicia de colaborar con Xesús. A crise económica estanos invitando aos
seguidores de Xesús a dar pasos cara a unha vida máis sobria, para compartir cos necesitados o que temos e
sinxelamente non necesitamos para vivir con dignidade. Temos que facernos preguntas moi concretas se
queremos seguir a Xesús nestes momentos.
O primeiro é revisar a nosa relación co diñeiro: Que facer co noso diñeiro? Para que aforrar? En
que investir? Con quen compartir o que non necesitamos? Polo tanto, temos que revisar o noso consumo para
facelo máis responsable e menos compulsivo e superfluo: Que mercamos? Onde mercamos? Para que
mercamos? A quen podemos axudar a mercar o que necesitan?
Son preguntas que nos temos que facer no fondo da nosa conciencia e tamén nas nosas familias,
comunidades cristiás e institucións de Igrexa. Non faremos xestos heroicos, pero se damos pequenos pasos
nesta dirección, coñeceremos a ledicia de seguir a Xesús contribuíndo a facer a crise dalgúns un pouco máis
humana e liviá. Se non é así, sentirémonos buenos cristiáns, pero á nosa relixión faltaralle ledicia.
José Antonio Pagola