Se ha denunciado esta presentación.
Utilizamos tu perfil de LinkedIn y tus datos de actividad para personalizar los anuncios y mostrarte publicidad más relevante. Puedes cambiar tus preferencias de publicidad en cualquier momento.

33º domingo toa 2014 bene pagola

714 visualizaciones

Publicado el

  • Sé el primero en comentar

33º domingo toa 2014 bene pagola

  1. 1. Música: Gluck.Música: Gluck. Orfeo e Eurídice.Danzae Eurídice.Danza Presentación:B.Areskurrinaga HCPresentación:B.Areskurrinaga HC Euskaraz:D.AmundarainEuskaraz:D.Amundarain 16 de novembro de 2014 33º Tempo ordinario(A) Mateu 25, 14 - 30 Red evanxelizadora BUENAS NOTICIAS Difunde a chamada de Xesús á creatividade. Pásao. José Antonio Pagola BUSCA CREATIV A
  2. 2. A pesar da súa aparente inocencia, a parábola dos talentos encerra unha carga explosiva. Sorprendentemente, o “terceiro servo” é condenado sen ter cometido ningunha acción mala. O seu único erro consiste en “non facer nada”: non arrisca o seu talento, non o fai frutificar, consérvao intacto nun lugar seguro.
  3. 3. A mensaxe de Xesús é clara.A mensaxe de Xesús é clara. Non ao conservadorismo, si á creatividade.Non ao conservadorismo, si á creatividade. Non a unha vida estéril,Non a unha vida estéril, si á resposta activa a Deus.si á resposta activa a Deus. No á obsesión pola seguridade,No á obsesión pola seguridade, si ao esforzo arriscado por transformar o mundo.si ao esforzo arriscado por transformar o mundo. Non á fe enterrada baixo o conformismo,Non á fe enterrada baixo o conformismo, si ao traballo comprometido en abrir camiñossi ao traballo comprometido en abrir camiños ao reino de Deus.ao reino de Deus.
  4. 4. O gran pecado dos seguidores de Xesús pode ser sempre o non arriscarnos a seguilo de maneira creativa. É significativo observar a linguaxe que se empregou entre osÉ significativo observar a linguaxe que se empregou entre os cristiáns ao longo dos anos para ver en que temos centradocristiáns ao longo dos anos para ver en que temos centrado con frecuencia a atención:con frecuencia a atención: conservar o depósito da fe;conservar o depósito da fe; conservar a tradición;conservar a tradición; conservar os bos costumes;conservar os bos costumes; conservar a graza;conservar a graza; conservar a vocación...conservar a vocación...
  5. 5. Esta tentación de conservadorismo é máis forte en tempos de crise relixiosa. É fácil entón invocar a necesidade de controlar a ortodoxia, reforzar a disciplina e a normativa; asegurar a pertenza á Igrexa...
  6. 6. Todo pode ser explicable, pero, non é con frecuencia unha maneira de desvirtuar o evanxeo e conxelar a creatividade do Espírito?
  7. 7. Para os dirixentesPara os dirixentes relixiosos e osrelixiosos e os responsables dasresponsables das comunidades cristiáscomunidades cristiás pode ser máispode ser máis cómodo “repetir” decómodo “repetir” de maneira monótona osmaneira monótona os camiños herdados docamiños herdados do pasado, ignorando ospasado, ignorando os interrogantes, asinterrogantes, as contradicións e oscontradicións e os planeamentos doplaneamentos do home moderno,home moderno,
  8. 8. …pero, de que serve todo isto se non somos capaces de transmitir luz e esperanza aos problemas e sufrimentos que sacoden os homes e mulleres dos nosos días?
  9. 9. As actitudes que temos que coidar hoxe no interior da Igrexa non se chaman “prudencia”, “fidelidade ao pasado”, “resignación”.. .
  10. 10. Levan máis ben outro nome: “busca creativa”, “audacia”, “capacidade de risco”, “escoita ao Espírito” que todo o fai novo.
  11. 11. O máis grave pode ser que, o mesmo que lle sucedeu ao terceiro servo da parábola, tamén nós creamos que estamos respondendo fielmente a Deus coa nosa actitude conservadora, cando estamos defraudando as súas expectativas.
  12. 12. O principalO principal quefacer da Igrexaquefacer da Igrexa hoxe non pode ser conservarhoxe non pode ser conservar o pasado, senón aprender ao pasado, senón aprender a comunicar a Boa Nova de Xesúscomunicar a Boa Nova de Xesús nunha sociedade sacudida pornunha sociedade sacudida por cambios socioculturaiscambios socioculturais sen precedentes.sen precedentes.
  13. 13. BUSCA CREATIVA   A pesar da súa aparente inocencia, a parábola dos talentos encerra unha carga explosiva. Sorprendentemente, o “terceiro servo” é condenado sen ter cometido ningunha acción mala. O seu único erro consiste en “non facer nada”: non arrisca o seu talento, non o fai frutificar, consérvao intacto nun lugar seguro. A mensaxe de Xesús é clara. Non ao conservadorismo, si á creatividade. Non a unha vida estéril, si á resposta activa a Deus. Non á obsesión pola seguridade, si ao esforzo arriscado por transformar o mundo. Non á fe enterrada baixo o conformismo, si ao traballo comprometido en abrir camiños ao reino de Deus. O gran pecado dos seguidores de Xesús pode ser sempre o non arriscarnos a seguilo de maneira creativa. É significativo observar a linguaxe que se empregou entre os cristiáns ao longo dos anos para ver en que temos centrado con frecuencia a atención: conservar o depósito da fe; conservar a tradición; conservar os bos costumes; conservar a graza; conservar a vocación... Esta tentación de conservadorismo é máis forte en tempos de crise relixiosa. É fácil entón invocar a necesidade de controlar a ortodoxia, reforzar a disciplina e a normativa; asegurar a pertenza á Igrexa... Todo pode ser explicable, pero, non é con frecuencia unha maneira de desvirtuar o evanxeo e congelar a creatividade do Espírito? Para os dirixentes relixiosos e os responsables das comunidades cristiás pode ser máis cómodo “repetir” de maneira monótona os camiños herdados do pasado, ignorando os interrogantes, as contradicións e os planeamentos do home moderno, pero, de que serve todo isto se non somos capaces de transmitir luz e esperanza aos problemas e sufrimentos que sacoden os homes e mulleres dos nosos días? As actitudes que temos que coidar hoxe no interior da Igrexa non se chaman “prudencia”, “fidelidade ao pasado”, “resignación”... Levan máis ben outro nome: “busca creativa”, “audacia”, “capacidade de risco”, “escoita ao Espírito” que todo o fai novo. O máis grave pode ser que, o mesmo que lle sucedeu ao terceiro servo da parábola, tamén nós creamos que estamos respondendo fielmente a Deus coa nosa actitude conservadora, cando estamos defraudando as súas expectativas. O principal quefacer da Igrexa hoxe non pode ser conservar o pasado, senón aprender a comunicar a Boa Nova de Xesús nunha sociedade sacudida por cambios socioculturais sen precedentes. José Antonio Pagola

×