1. 6 de xaneiro de 2015
Epifanía do Señor (B)
Mateu 2, 1-12
Red evangelizadora BUENAS NOTICIAS
Esperta a fe nun Deus encarnado. Pásao.
Música: Bach. Oratorio de Nadal.
Present.:B.Areskurrinaga HC
Euskaraz: D. Amundarain
José Antonio Pagola
2. Ante Xesús pódense adoptar actitudes
moi diferentes.
O relato dos Magos fálanos da reacción de
tres grupos de persoas.
Uns pagáns que o buscan,
guiados pola pequena luz
dunha estrela.
Os representantes da relixión
do Templo, que permanecen
indiferentes.
O poderoso rei Herodes que só ve nel un perigo.
3. Os Magos non pertencen ao pobo elixido.
Non coñecen o Deus vivo de Israel.
Nada sabemos da sú relixión nin
do seu pobo de orixe.
Só que viven atentos ao misterio
que se encerra no cosmos.
O seu corazón busca a verdade.
4. Nalgún momento cren
ver unha pequena luz
que apunta cara a un
Salvador.
Necesitan saber quen
é e onde está.
5. Rapidamente póñense en camiño.
Non coñecen o itinerario preciso
que han de seguir, pero no seu
interior arde a esperanza de
encontrar unha Luz para o mundo.
6. A súa chegada á cidade santa de Xerusalén provoca o
sobresalto xeral.
Convocado por Herodes, reúnese o gran Consello dos
"sumos sacerdotes e os escribas do pobo".
A súa actuación é decepcionante.
7. Son os gardiáns da
verdadeira relixión, pero
non buscan a verdade.
Representan o Deus do
Templo, pero
viven xordos á súa
chamada.
8. A súa seguridade relixiosa cégaos.A súa seguridade relixiosa cégaos.
Coñecen onde ha de nacer o Mesías, peroCoñecen onde ha de nacer o Mesías, pero
ningún deles se achegará a Belén.ningún deles se achegará a Belén.
Dedícanse a dar culto a Deus, pero non sospeitan que o seuDedícanse a dar culto a Deus, pero non sospeitan que o seu
misterio é máis grande que todas as relixións, e ten os seusmisterio é máis grande que todas as relixións, e ten os seus
camiños para encontrarse con todos os seus fillos e fillas.camiños para encontrarse con todos os seus fillos e fillas.
Nunca recoñecerán a Xesús.Nunca recoñecerán a Xesús.
9. O rei Herodes, poderoso
e brutal, só ve en Xesús
unha ameaza para o seu
poder e a súa crueldade.
Fará todo o posible para
eliminalo.
Desde o poder opresor só
se pode "crucificar"
a quen trae liberación.
10. Mentres tanto, os Magos proseguenMentres tanto, os Magos proseguen
a súa busca.a súa busca.
Non caen de xeonllos anteNon caen de xeonllos ante
Herodes:Herodes:
Non encontran nel nada digno deNon encontran nel nada digno de
adoración.adoración.
Non entran no Templo grandioso deNon entran no Templo grandioso de
Xerusalén: teñen prohibido o acceso:Xerusalén: teñen prohibido o acceso:
a pequena luz da estrela atráeos cara áa pequena luz da estrela atráeos cara á
pequena vila de Belén, lonxe de todo centropequena vila de Belén, lonxe de todo centro
de poder.de poder.
11. Ao chegar, o único que ven é oAo chegar, o único que ven é o
"neno con María, súa nai""neno con María, súa nai"..
Nada máis. Un neno sen esplendor nin poderNada máis. Un neno sen esplendor nin poder
ningún.ningún.
Unha vida fráxil que necesita o coidadoUnha vida fráxil que necesita o coidado
dunha nai.dunha nai.
É suficiente para espertarÉ suficiente para espertar
nos Magos a adoración.nos Magos a adoración.
12. O relato é desconcertante.O relato é desconcertante.
A este Deus, escondido na fraxilidadeA este Deus, escondido na fraxilidade
humana, non o encontran os que vivenhumana, non o encontran os que viven
instalados no poder ou encerrados nainstalados no poder ou encerrados na
seguridade relixiosa.seguridade relixiosa.
13. Revélaselles aos que,
guiados por
pequenas luces,
buscan
incansablemente
unha esperanza para
o ser humano na
tenrura e a pobreza
da vida.
14. RELATO DESCONCERTANTE
Ante Xesús pódense adoptar actitudes moi diferentes. O relato dos Magos fálanos da reacción de tres
grupos de persoas. Uns pagáns que o buscan, guiados pola pequena luz dunha estrela. Os representantes da
relixión do Templo, que permanecen indiferentes. O poderoso rei Herodes que só ve nel un perigo.
Os Magos non pertencen ao pobo elixido. Non coñecen o Deus vivo de Israel. Nada sabemos da súa
relixión nin do seu pobo de orixe. Só que viven atentos ao misterio que se encerra no cosmos. O seu corazón busca
a verdade.
Nalgún momento cren ver unha pequena luz que apunta cara a un Salvador. Necesitan saber quen é e
onde está. Rapidamente póñense en camiño. Non coñecen o itinerario preciso que han de seguir, pero no seu
interior arde a esperanza de encontrar unha Luz para o mundo.
A súa chegada á cidade santa de Xerusalén provoca o sobresalto xeral. Convocado por Herodes,
reúnese o gran Consello dos “sumos sacerdotes e os escribas do pobo". A súa actuación é decepcionante. Son os
gardiáns da verdadeira relixión, pero non buscan a verdade. Representan o Deus do Templo, pero viven xordos á
súa chamada.
A súa seguridade relixiosa cégaos. Coñecen onde ha de nacer o Mesías, pero ningún deles se
achegará a Belén. Dedícanse a dar culto a Deus, pero non sospeitan que o seu misterio é máis grande que todas as
relixións, e ten os seus camiños para encontrarse con todos os seus fillos e fillas. Nunca recoñecerán a Xesús.
O rei Herodes, poderoso e brutal, só ve en Xesús unha ameaza para o seu poder e a súa crueldade.
Fará todo o posible para eliminalo. Desde o poder opresor só se pode "crucificar" a quen trae liberación.
Mentres tanto, os Magos proseguen a súa busca. Non caen de xeonllos ante Herodes: non encontran
nel nada digno de adoración. Non entran no Templo grandioso de Xerusalén: teñen prohibido o acceso: a pequena
luz da estrela atráeos cara á pequena vila de Belén, lonxe de todo centro de poder.
Ao chegar, o único que ven é o "neno con María, súa nai". Nada máis. Un neno sen esplendor nin poder
ningún. Unha vida fráxil que necesita o coidado dunha nai. É suficiente para espertar nos Magos a adoración.
O relato é desconcertante. A este Deus, escondido na fraxilidade humana, non o encontran os que
viven instalados no poder ou encerrados na seguridade relixiosa. Revélaselles aos que, guiados por pequenas
luces, buscan incansablemente unha esperanza para o ser humano na tenrura e a pobreza da vida.
José Antonio Pagola