1. 31 maio 2015
Santísima Trindade
Mateu 28, 16-20
Presentación: B. Areskurrinaga HC
Euskaraz: D. Amundarain
Música: Andrés Tejero.
José Antonio Pagola
2. Ao longo dos séculos os teólogos cristiánsos teólogos cristiáns
elaboraron profundos estudoselaboraron profundos estudos sobre a Trindade.
Con todo, bastantes cristiáns dos nosos días non
logran captar que ten que ver coas súa vida esas
admirables doutrinas.
3. Ao parecer, hoxe necesitamos
oír falar de Deus con palabras
humildes e sinxelas, que toquen
o noso pobre corazón, confuso
e desalentado, e reconforten a
nosa fe vacilante. Necesitamos,
tal vez, recuperar o esencial do
noso credo para aprender a
vivilo con alegría nova.
4. ««Creo en Deus Pai,Creo en Deus Pai,
creador do ceo e da terracreador do ceo e da terra».».
Non estamos sós ante os nososNon estamos sós ante os nosos
problemas e conflitos.problemas e conflitos.
Non vivimos esquecidos, Deus é o nosoNon vivimos esquecidos, Deus é o noso
«Pai» querido.«Pai» querido.
Así o chamaba Xesús e así o chamamosAsí o chamaba Xesús e así o chamamos
nós.nós.
5. El é a orixe e a meta da nosa vida.El é a orixe e a meta da nosa vida.
Creounos a todos só polo amor, eCreounos a todos só polo amor, e
espéranos a todos con corazón de Paiespéranos a todos con corazón de Pai
ao final da nosa peregrinación por esteao final da nosa peregrinación por este
mundo.mundo.
6. O seu nome é hoxe esquecido eO seu nome é hoxe esquecido e
negado por moitos.negado por moitos.
Os nosos fillos van afastándose del,Os nosos fillos van afastándose del,
e os crentes non sabemose os crentes non sabemos
contaxiarlles a nosa fe, pero Deuscontaxiarlles a nosa fe, pero Deus
séguenos ollando a todos con amor.séguenos ollando a todos con amor.
7. Aínda que vivamos cheos de dúbidas, non
temos que perder a fe nun Deus Creador e
Pai, pois perderiamos a nosa última
esperanza.
8. «Creo en Xesucristo,
o seu único Fillo, noso
Señor».
É o gran agasallo que
Deus
fixo ao mundo.
El contounos como é o
Pai.
9. Para nós, XesúsPara nós, Xesús
nunca será unnunca será un
home máis.home máis.
Ollándoo a El,Ollándoo a El,
vemos o Pai:vemos o Pai:
nos seus xestosnos seus xestos
captamos a súacaptamos a súa
tenrura etenrura e
comprensión.comprensión.
Nel podemosNel podemos
sentir a Deussentir a Deus
humano, achegado,humano, achegado,
amigo.amigo.
10. Este Xesús, o Fillo amado de
Deus, animounos a construír
unha vida máis fraterna e
ditosa para todos.
É o que máis quere o Pai.
Indicounos, ademais, o
camiño a seguir:
««Sede compasivos como oSede compasivos como o
voso Pai é compasivovoso Pai é compasivo».».
11. Se esquecemos a Xesús, quen ocupará o seu
baleiro?,
quen nos poderá ofrecer a súa luz e a súa
esperanza?
12. ««Creo no Espírito Santo,Creo no Espírito Santo,
Señor e dador de vidaSeñor e dador de vida».».
Este misterio de Deus non é algo afastado.Este misterio de Deus non é algo afastado.
Está presente no fondo de cadaEstá presente no fondo de cada
un de nós.un de nós.
13. Podémolo captar como Espírito que alenta asPodémolo captar como Espírito que alenta as
nosas vidas, como Amor que nos leva caranosas vidas, como Amor que nos leva cara
aos que sofren.aos que sofren.
Este Espírito é o mellor que haiEste Espírito é o mellor que hai
dentro de nós.dentro de nós.
14. O ESENCIAL DO CREDO
Ao longo dos séculos, os teólogos cristiáns elaboraron profundos estudos sobre a
Trindade. Con todo, bastantes cristiáns dos nosos días non logran captar que ten que ver coa súa
vida esas admirables doutrinas.
Ao parecer, hoxe necesitamos oír falar de Deus con palabras humildes e sinxelas, que
toquen o noso pobre corazón, confuso e desalentado, e reconforten a nosa fe vacilante.
Necesitamos, tal vez, recuperar o esencial do noso credo para aprender a vivilo con alegría nova.
«Creo en Deus Pai, creador do ceo e da terra». Non estamos sós ante os nosos
problemas e conflitos. Non vivimos esquecidos, Deus é o noso «Pai» querido. Así o chamaba
Xesús e así o chamamos nós. El é a orixe e a meta da nosa vida. Creounos a todos só por amor, e
espéranos a todos co corazón de Pai ao final da nosa peregrinación por este mundo.
O seu nome é hoxe esquecido e negado por moitos. Os nosos fillos vanse afastando
del, e os crentes non sabemos contaxiarlles a nosa fe, pero Deus séguenos ollando a todos con
amor. Aínda que vivamos cheos de dúbidas, non temos que perder a fe nun Deus Creador e Pai
pois perderiamos a nosa última esperanza.
«Creo en Xesucristo, o seu único Fillo, noso Señor». é o gran agasallo que Deus fixo
ao mundo. El contounos como é o Pai. Para nós, Xesús nunca será un home máis. Ollándoo a El,
vemos o Pai: nos seus xestos captamos a súa tenrura e comprensión. Nel podemos sentir a Deus
humano, achegado, amigo.
Este Xesús, o Fillo amado de Deus, animounos a construír unha vida máis fraterna e
ditosa para todos. É o que máis quere o Pai. Indicounos, ademais, o camiño a seguir: «Sede
compasivos como o voso Pai é compasivo». Se esquecemos a Xesús, quen ocupará o seu baleiro,
quen nos poderá ofrecer a súa luz e a súa esperanza?
«Creo no Espírito Santo, Señor e dador de vida». Este misterio de Deus non é algo
afastado. Está presente no fondo de cada un de nós. Podémolo captar como Espírito que alenta
as nosas vidas, como Amor que nos leva cara aos que sofren. Este Espírito é o mellor que hai
dentro de nós.
José Antonio Pagola