SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 82
II. Creo en Xesucristo
1) CREO EN XESUCRISTO
Xesucristo é un nome composto
de Xesús – Cristo.
É o resumo dunha confesión de
fe:
Xesús de Nazaré, nome polo
que o coñecía a xente, é
permanentemente, o Cristo, o
Unxido enviado especial de Deus
para salvar o seu pobo
Os     contemporáneos
esperaban un mesías
político-relixioso,   un
gran     caudillo   que
salvase a Israel dos
seus      inimigos     e
establecese un imperio
político relixioso con
capital en Xerusalén.
Os discípulos de Xesús compartían
esta idea:
Saíu Xesús cos seus discípulos cara
ás vilas de Cesarea de Filipo, e polo
camiño fixo esta pregunta aos seus
discípulos: «Quen din os homes que
son eu?» Eles dixéronlle: «Uns, que
Xoán o Bautista; outros, que Elías;
outros, que un dos profetas». E el
preguntoulles: «e vós, quen dicides
que son eu?» Pedro contestoulle: «Ti
es o Cristo.» E prohibiulles diciren
nada a ninguén (Mc 8,27-30).
Xesús manda calar porque interpreta doutra
maneira ser mesías o cristo: non é en plan
triunfalista senón morrendo e resucitando:

 E comezou a anunciarlles que o Fillo
do home debía sufrir moito e ser
reprobado polos anciáns, os sumos
sacerdotes e os escribas, ser matado e
resucitar aos tres días.      Faláballes
disto abertamente. Tomándoo aparte,
Pedro, púxose     a rifarlle. Pero el,
volvéndose    e  mirando     aos    seus
discípulos,   reprendeu     a     Pedro,
dicíndolle: «Arreda de min, Satanás!
porque os teus pensamentos non son
os de Deus, senón como os dos homes»
(Mc 8,31-33)
Pilato, sen sabelo alcance da súa acción, así o proclamou:


Pilato redactou tamén unha inscrición e púxoa
sobre a cruz. O escrito dicía: « Xesús o Nazareno,
o Rei dos xudeus» Esta inscripción lérona moitos
xudeus, porque o lugar onde crucificaron a Xesús
estaba cerca da cidade; e estaba escrita en
hebreo, latín e grego.
                                    O sumos sacerdotes
                                    dos xudeus dixéronlle a
                                    Pilato: «Non escribas:
                                    “O Rei dos xudeus",
                                    senón: "Este dixo: eu
                                    son     o     Rei   dos
                                    xudeus"».         Pilato
                                    respondeulles:       «O
                                    escrito, escrito está "».
                                    X n 19,19-22).
2. UN SÓ SEÑOR
Para nós non hai máis que
un só Deus, o Pai, do cal
proceden todas as cousas
e para o cal somos; e un
só Señor, Xesucristo, por
quen son todas as cousas
e polo cal existimos nós (1
Cor 8,6).
A Igrexa recoñece a
Xesucristo resucitado como
o noso Señor.

   Noso Señor Xesucristo, dirixa
   o noso camiño cara a vós (1
   Tes 3,11) .
       Acordándonos sen cesar
   diante de Deus e noso Pai da
    obra da vosa fe, do traballo
        de voso amor e de vosa
    constancia na esperanza en
   noso Señor Xesucristo (1 Tes
                           1,3) .
Compoñen a Igrexa todos
     os que recoñecen a
 Xesucristo como o noso
                 Señor:

       O cristiáns son “os
    santificados en Cristo
   Xesús, chamados a ser
    santos, con cantos en
 calquera lugar invocan o
     nome de Xesucristo,
  Señor deles e noso” (1
                  Cor 1,2)
San Paulo adoita saudar
ás comunidades en nome
de Deus, noso Pai, e do
Señor Xesucristo :
 Graza e paz a vós, de
Deus, noso Pai, e do
Señor Xesucristo (Rm 1,7).
Da mesma forma 1 Cor 1,3; 2
Cor 1,2; 1 Tes 1,1; 2 Tes 1,2;
Gal 1,3; Ef 1,2; 6,23; Flp 1,2;
Col 1,2; 2 Xn 3.
3) FILLO ÚNICO DE DEUS
E a Palabra fíxose carne, e acampou
entre nós, e temos contemplado a súa
gloria, gloria que recibe do Pai como
Fillo único, cheo de graza e de
verdade (Xn 1,14).




 A Deus ninguén o viu xamais; o
 unixénito Fillo, que está no seo do
 Pai, el déunolo a coñecer (Xn 1,18).
Xesús diríxese a Deus coma a seu Pai, dunha
 maneira especial. Son moitísimos os textos que
 o afirman con diversas fórmulas:


      a) Ás veces chama a Deus Meu Pai: Mt
      10,32.33;     12,50;     15,13;   16,17;
      18,10.19.35; 20,23; 24,36; 25,34; 26,29;
      Lc 2,48; 22,29; 24,49; Xn 2,16; 5,17.43;
      6,32;     8,54;      10,19.37;    12,26;
      14,2.7.20.21.23; 15,1.8.10.15.23.24; Ap
      3,21.5.



Non vos chamo xa servos, porque o servo
non sabe o que fai o seu amo; a vós
chameivos amigos, porque todo o que oín a
meu Pai déivolo a coñecer (Xn 15,15).
b) Outras veces chámao o Pai: Mt 28,19; Lc 9,26; Xn
                         1,18; 3,35; 5,21.22.26.36 (bis).37.57(bis);
                  6,27.37.44.45.65; 8,16.18.23.27.28.29.38; 10,15
                      (bis).17. 25. 29 (bis). 30. 32. 36. 37. 38 (bis);
             12.49.50; 13,3; 14,6.8. 9 (bis). 10 (ter).11 (bis).12. 14.
                       16. 24.26.28 (bis).31(bis); 15,9.15.26 (bis);
                 16,3.10.15.17.23.26.27.28 (bis). 32; 18,11; 20,21;
                                        Hch 1,4.7; 4,21.23; Ap 2,28.

 Por iso os xudeus trataban con grande empeño matalo, porque non
 só quebrantaba o sábado, senón que chamaba a Deus o seu propio
     Pai, facéndose a si mesmo igual a Deus. Xesús, pois, tomando a
     palabra, dicíalles: «En verdade, en verdade vos digo: o Fillo non
 pode facer nada pola súa conta, senón o que ve facer ao Pai: o que
fai el, iso tamén o fai igualmente o Fillo. Porque o Pai quere o Fillo e
    amósalle todo o que el fai. E amosaralle obras aínda maiores que
    estas, para que vos asombredes. Porque, como o Pai resucita os
    mortos e dálles a vida, así tamén o Fillo dá a vida aos que quere.
Porque o Pai non xulga a ninguén; senón que todo xuízo entregoullo
    ao Fillo, para que todos honren o Fillo como honran o Pai. O que
           non honra o Fillo non honra o Pai que o enviou (Xn 5,18-23).
c) De forma correlativa, Xesús
chámase a si mesmo o Fillo . Véxase o
                     texto anterior.



             Mais de aquel día e
             hora, ninguén sabe
              nada, nin os anxos
              no ceo, nin o Fillo,
              senón só o Pai (Mc
                          13,32).
d) Ás veces Xesús fala de seu Pai en
terceira persoa, Seu Pai: Mc 8,38; Mt
16,27; Ap 1,6; 14,1.


      Porque quen se avergoñe de
      min e da miñas palabras nesta
      xeración adúltera e pecadora,
      tamén o Fillo do home se
      avergoñará del cando veña na
      gloria de seu Pai cos santos
      anxos (Mc 8,38).
e) Xesús invoca a Deus como
  Pai:

            Pai (Mt 11,25.26 ; Xn
              17,1.5.21.24);
            Abba, Pai (Mc 14,36);
            Pai xusto (Xn 17,25);
            Pai santo (Xn 17,11).


     Dicía, abba, Pai, todo che
       é posible (Mc 14,33)
f) Dirixindose ao Pai na oración
alude a si mesmo como Teu Fillo:



      Así falou Xesús, e
      alzando os ollos ao
      ceu, dixo:
       «Pai, chegou a hora;
      glorifica o teu Fillo,
      para que teu Fillo te
      glorifique a ti» (Xn
      17,1).
g) Igualmente a Igrexa primitiva chama a Xesús o
 Fillo ou fala do Pai e o Fillo ou o Pai e seu
 Fillo :

        A graza, a misericordia e a paz de
        parte de Deus Pai e de Xesucristo,
        o Fillo do Pai, estarán connosco
        segundo a verdade e o amor (2 Xn
        3).
        A Deus ninguén o viu xamais: o
        Fillo único, que está no seo do Pai,
        foi quen nolo revelou (Xn 1,18).
E nós vímolo e damos testemuño de que o
Pai enviou a seu Fillo, como Salvador do
mundo (1 Xn 4,14).
O que temos visto e oído, iso vos
anunciamos, para que tamén vós teñades
comuñón connosco e a nosa comuñón
verdadeiramente é co Pai e co seu Fillo
Xesucristo (1 Xn 1,3).
h) A Igrexa primitiva emprega
tamén a frase Pai do noso Señor
Xesucristo.




         Bendito sexa o Deus
         e Pai do noso Señor
         Xesucristo (2 Cor
         11,31; 1 Pe 1,3; Ef
         1,3; Col 1,3)
i) Xesús lexitímase como Fillo
    identificándose coa vontade do Pai


Díxolles, pois, Xesús: «Cando teñades erguido
o Fillo do home, entón saberedes que eu Son,
e que non fago nada pola miña propia conta;
senón que, o que o Pai me ensinou, iso é o
que falo. E o que me enviou está comigo: non
me deixou só, porque eu fago sempre o que
lle agrada a el. » (Xn 8,28-29)
A aquel a quien o Pai santificou e enviou ao
mundo, como lle dicides que blasfema por ter
dito: “Eu son Fillo de Deus"? Se non fago as
obras de meu Pai, non me creades; pero se
as fago, aínda que a min non me creades,
crede polas obras, e así saberedes e
coñeceredes que o Pai está en min e eu no
Pai. » (Xn 10,36-38).
3) NACIDO DO PAI ANTES DE
    TODOS OS SÉCULOS:
DEUS DE DEUS, LUZ DE LUZ.
DEUS VERDADEIRO DE DEUS
       VERDADEIRO,
 XERADO, NON CREADO, DA
 MESMA NATUREZA DO PAI.
Ser Fillo é algo permanente
de Xesús e indica que vén do
Pai, que lle dá eternamente o
ser, e existe sempre para o
Pai . Non ten razón de ser en
si    mesmo.    Comparte    a
natureza     do    Pai   e
identifícase plenamente con
el. E como o Pai é amor que
se entrega, o Fillo é tamén
amor entregado.
a) Xesús preséntase igual ao Pai

    Eu e o Pai somos un».
       (Xn 10, 30)
    O Pai ama o Fillo e entregou todas
       as cousas na súa man (Xn
       3,35).
    Todo me foi entregado por meu
       Pai, e ninguén coñece ben o
       Fillo senón o Pai, nin ninguén
       coñece ben o Pai senón o
       Fillo, e aquel a quen o Fillo llo
       queira revelar (Mt 11,27).
    Todo o que ten o Pai é meu (Xn
       16,15).
Así como o Pai me coñece e
eu coñezo o Pai; e dou a miña
vida polas ovellas (Xn 10,15).
Xesús respondeulles: Meu Pai
      ata agora traballa, e eu
   tamén traballo (Xn 5,17 cf.
                    5,21-26).
Se non fago as obras de meu
Pai, non me creades; pero se
 as fago, aínda que a min non
     me creades, crede polas
     obras, e así saberedes e
  coñeceredes que o Pai está
en min e eu no Pai (Xn 10,37-
Mirade que chega a hora (e xa
               chegou) en que vos
  dispersaredes cada un polo voso
lado e me deixaredes só. Pero non
        estou só, porque o Pai está
                comigo (Xn 16,32).
 Pido que todos sexan un, como ti,
    Pai, en min e eu en ti, que eles
tamén sexan un en nós, para que o
mundo crea que ti me enviaches. E
 a gloria que ti me deches, déillela
   a eles, para que sexan un coma
     nós somos un: eu neles e ti en
                min, para que sexan
      perfectamente un, e o mundo
 coñeza que ti me enviaches e que
       os amaches a eles como me
      amaches a min. (Xn 17,21-23)
b) Xesús preséntase como
eterno,   igual ao Pai



      Pai, os que ti me deches,
      quero que onde eu estea
      estean tamén comigo,
      para que contemplan a
      miña gloria, a que me
      deches,     porque    me
      amaches       antes   da
      creación do mundo (Xn
      17,24).
c) Xesús afirma que viu e oíu o Pai


            Eu falo do que vin estando
           xunto ao Pai (Xn 8,38).
           Moitas cousas teño que dicir e
           xulgar de vós; pero o que me
           enviou é verdadeiro, e eu, o
           que oín del, isto falo ao
           mundo. Pero non entenderon
           que lles falaba do Pai (Xn
           8,26).
d) Igualmente a Igrexa primitiva
afirma que Xesús é igual a Deus e
eterno:


           No principio existía
           a Palabra e a
           Palabra estaba con
           Deus, e a Palabra
           era Deus.        Ela
           estaba no principio
           con Deus (Xn 1,1-2).
e) Xesús preséntase como enviado do Pai


            Meu Pai, que mas deu, é máis
              grande que todos, e ninguén
              pode arrebatar nada da man do
              Pai. Eu e meu Pai somos un».
              (Xn 10,29)
            Eu vin no nome de meu Pai e non
              me recibistes; se outro viñese
              no seu propio nome, a ese
              recibiriades (Xn 5,43).


  Pero eu teño un testemuño maior que o de
Xoán: as obras que o Pai me encargou de levar
a cabo, as mesmas obras que eu fago, dan
testemuño de min, de que o Pai me enviou.
Tamén o Pai, que me enviou, dá testemuño de
min. (Xn 5,36-37).
Así como o Pai, que me
enviou vive, e eu vivo polo
Pai, tamén o que me come
vivirá por min (Xn 6,57)
E se eu xulgo, o meu xuízo é
segundo a verdade, porque
non son eu só, senón eu e o
Pai que me envió (Xn 8,16).
Eu dou testemuño de min
mesmo, pero tamén o dá o
Pai que me enviou. (Xn 8,18).
E se eu xulgo, o meu xuízo
é segundo a verdade,
porque non son eu só,
senón eu e o Pai que me
enviou (Xn 8,16) .
Esta é a vontade do que
me enviou. (Xn 6,40)
Pai xusto, o mundo non te
coñeceu,      pero        eu
coñecinte      e       éstes
coñeceron que ti me
enviaches (Xn 17, 25).
h) Xesús ama o Pai e identifícase
coa súa vontade.


        Ha de saber o mundo que
        amo o Pai e que obro
        segundo o Pai me ordenou
        (Xn 14,31).
        Se   gardades   os  meus
        mandamentos,
        permaneceredes   no  meu
        amor, como eu gardei os
        mandamentos de meu Pai, e
        permanezo no seu amor (Xn
        15,10) .
4) POR QUEN
TODO FOI FEITO
Para nós non hai máis que un só Deus, o Pai,
do cal proceden todas as cousas e para o cal
existimos; e un só Señor, Xesucristo, por quen todo
existe e por quen existimos nós mesmos (1 Cor 8,6).
       El é Imaxe de Deus invisible, Primoxénito de
toda a creación, porque nel foron creadas todas as
cousas, nos ceos e na terra, as visibles e as
invisibles, os Tronos, as Dominacións, os
Principados, as Potestades: todo foi creado por el e
para el, el existe con anterioridade a todo, e todo
ten nel a súa consistencia (Col 1,15-17).
       No principio existía a Palabra e a Palabra
estaba con Deus, e a Palabra era Deus. Ela estaba
no principio con Deus. Todo se fixo por ela e sen ela
non se fixo nada de canto existe (Xn 1,1-3).
5) POR NÓS OS
 HOMES E POLA
      NOSA
  SALVACIÓN,
BAIXOU DO CEO;
Cristo deuse a si mesmo
polos nosos pecados para
librarnos do presente século
malo, conforme á vontade do
noso Deus e Pai (Gál 1,4).
Nisto manifestouse o amor
que Deus nos ten; en que
Deus enviou ao mundo o seu
Fillo único para que vivamos
por medio del (1 Xn 4,9).
O   Pai    mesmo     quérevos,
porque me queredes a min e
credes que saín de Deus. Saín
do Pai e vin ao mundo. Agora
deixo outra vez o mundo e vou
ao Pai (Xn 16,27-28).
6) POR OBRA DO ESPÍRITO
 SANTO ENCARNOUSE EN
     MARÍA, A VIRXE,
A xeración de Xesucristo foi desta maneira:
A súa nai, María, estaba prometida a Xosé e,
antes de viviren xuntos apareceu ela
embarazada por obra do Espírito Santo... O
anxo do Señor apareceuselle en soños e
díxolle: «Xosé, Fillo de David, non temas
tomar contigo a María, a túa prometida
porque o que nela se concibiu é obra do
Espírito Santo... Dará a luz un Fillo, e ti
poñeraslle por nome Xesús, porque él
salvará o seu pobo dos seus pecados».
Todo isto sucedeu para que se cumprise o
oráculo do Señor por medio do profeta:
“Vede que a virxe concibirá e dará a luz un
Fillo, e poñeranlle por nome Emmanuel,...”
Acordou Xosé do soño e fixo tal como o
anxo do Señor lle mandara, e levou consigo
a súa prometida. E sen que a tocase, ela
deu a luz un fillo. E el póxolle de nome Xesús
(Mt 1,18-25).
Foi enviado por Deus o anxo Gabriel...a unha
mociña prometida a un home chamado Xosé, da
casa de David; o nome da mociña era María. e
entrando onde ela estaba, díxolle: «Alégrate, chea
de graza, o Señor está contigo». Ela turbouse con
estas palabras, e cavilaba no que podería significar
aquel saúdo. O anxo continuou: «Non temas,
María, porque atopaches graza diante de Deus;
vas concibir no seo e vas dar a luz un fillo, a quen
poñerás por nome Xesús. El será grande e será
chamado Fillo do Altísimo, e o Señor Deus daralle o
trono de David, seu pai; reinará sobre a casa de
Xacob polos séculos e o seu reino no terá fin».
María respondeu ao anxo: «Como será isto, pois eu
son virxe»? O anxo replicoulle: «O Espírito Santo
virá sobre ti e o poder do Altísimo vaite cubrir coa
súa sombra; por iso o que ha de nacer de ti será
santo e será chamado Fillo de Deus... porque
ningunha cousa é imposible para Deus». María
contestoulle: «Velaquí a escravado Señor;
cúmprase en min o que dixeches». E o anxo
marcou de onda ela (Lc 1,26-38).
7) E FÍXOSE HOME.
E o Verbo fíxose carne e habitou entre nós, cheo
de graza e de verdade; e vimos a súa gloria, gloria
como do unixénito do Pai (Xn 1,14).
El, sendo de condición divina, non se agarrou
cobizosamente á súa categoría de Deus; senón
que se espiu do seu rango, asumindo a condición
de escravo; fíxose un home normal e presentouse
como tal (Flp 2,6-7).
Poderedes coñecer nisto o Espírito de Deus: todo
Espírito que confesa a Xesucristo, vindo en carne,
é de Deus ( 1 Xn 4,2).
Moitos sedutores saíron ao mundo, que non
confesan que Xesucristo veu en carne. Ese é o
Sedutor e o Anticristo ( 2 Xn 7).
8) E POLA NOSA CAUSA
Graza a vós e paz de
parte de Deus, noso
Pai,    e   do   Señor
Xesucristo,    que se
entregou a si mesmo
polos nosos pecados,
para librarnos deste
mundo         perverso,
segundo a vontade do
noso Deus e Pai (Gál
1,3-4).
9) FOI CRUCIFICADO EN
  TEMPOS DE PONCIO
   PILATO, PADECEU
Os sumos sacerdotes cos anciáns, os escribas e todo o Sanedrín e,
despois de ter atado a Xesús, levárono e entregárono a Pilato. Pilato
preguntoulle: «Es ti o Rei dos xudeus»? El respondeulle: «Si, ti o dis»...
Pilato contestoulles: «Queredes que vos solte o Rei dos xudeus»? ... a
xente volveu gritar: « Crucifícao!»


                             ... Pilato, entón, querendo compracer a
                             xente, soltoulles a Barrabás e entregou a
                             Xesús, despois de azoutalo, para que fose
                             crucificado... Conducírono ao lugar do
                             Gólgota, que quere dicir: Calvario...
                             Crucificárono e repartiron os seus vestidos,
                             botando a sortes a ver quen se levaba cada
                             un. Era a hora terza cando o crucificaron...



Chegada a hora sexta, houbo escuridade sobre toda a terra ata a hora
nona. Á hora nona gritou Xesús con forte voz: «Eloí, Eloí, lema sabactaní»,
- que quere dicir - «Meu Deus, meu Deusno! Por que me
abandonaches»?... E Xesús, lanzando un forte grito, expirou (Mc 15,1-37).
Por iso ámame o Pai, porque eu
dou a miña vida, para recobrala
de novo. Ninguén ma quita; eu
douna voluntariamente. Teño
poder para dala e poder para
recobrala de novo; esa é a orde
que recibín de meu Pai». (Xn
10,17).

Agora a miña alma está turbada.
E, que vou dicir? Pai, líbrame
desta hora! Pero, se cheguei a
esta hora para isto! Pai, glorifica
o teu Nome». Chegou entón unha
voz do ceo: «Xa o glorifiquei e
glorificareino aínda de novo». (Xn
12, 27)
10) E FOI
SEPULTADO
E á tardiña, como era véspera do
sábado, veu Xosé de Arimatea, membro
respetable do Consello, que esperaba
tamén o Reino de Deus, e tivo a valentía
de entrar onda Pilato e pedirlle o corpo
de Xesús. Estrañouse Pilato de que xa
estivese morto e, chamando o
centurión, preguntoulle se xa morrera.
Informado polo centurión, concedeulle
o corpo a Xosé, quen, mercando unha
saba, descolgouno da cruz, envolveuno
na saba e púxoo nun sepulcro que
estaba excavado na rocha; logo, fixo
rodar unha pedra sobre a entrada do
sepulcro. María Madalena e María a de
Xosé enxergaban para ver onde o poñía
(Mc 15,42-47).
9) E RESUCITOU AO
   TERCEIRO DÍA,
    SEGUNDO AS
    ESCRITURAS ,
Pasado o sábado, María Madalena,
María a de Santiago e Salomé
mercaron aromas para ir a
embalsamalo.      E moi     cedo, no
primeiro día da semana, despois da
alborada, foron ao sepulcro. Ïan
comentando entre elas: «Quen nos
arredará a pedra da entrada do
sepulcro»? E erguendo a vista viron
que a pedra estaba arredada; e iso
que era moi grande. Entrando no
sepulcro viron un mozo sentado no
lado dereito, vestido con unha túnica
branca, e asustáronse. Pero el
díxolles: «Non vos asustedes.
Buscades a Xesús de Nazaré, o
Crucificado; resucitou, non está
aquí. Vede o lugar onde o puxeron
(Mc 16,1-6).
Pola súa parte, os once discípulos
marcharon a Galilea, ao monte
que Xesús lles indicara. Ao velo
adorárono; algúns con todo
dubidaron. Xesús achegóuselles e
 faloules así: «Foime dado todo
poder no ceo e mais na terra. Ide,
pois, e facede discípulos a todas
as xentes, bautizándoas no nome
do Pai e do Fillo e do Espírito
Santo, e ensinándolles a gardar
todo o que eu vos mandei.
Asegúrovos que eu estarei
convosco todos os días ata a fin
do mundo» (Mt 28,16-20).
Ao serán daquel día, o primeiro da
semana, estando pechadas, por
medo aos xudeus, as portas do
lugar onde se encontraban os
discípulos, presentouse Xesús no
medio deles e díxolles: «A paz
convosco». Dito isto, amosoulles
as mans e o costado. Os discípulos
alegráronse de ver o Señor. Xesús
díxolles outra vez: «A paz
convosco. Como o Pai me enviou,
tamén eu vos envío». Dito isto,
alentou sobre eles e díxolles:
«Recibide o Espírito Santo. A quen
lles perdoedes os pecados,
quédanlles perdoados; a quen
llelos    reteñades,     quédanlles
retidos. » (Xn 20,19-23)
Quero que vos acorde, irmáns, o Evanxeo que vos
prediquei... Transmitínvos, xa que logo, antes de nada o
que eu mesmo recibín: que Cristo morreu polos nosos
pecados, segundo as Escrituras; que foi sepultado e que
resucitou ao terceiro día, segundo as Escrituras; que se
apareceu a Cefas e logo aos Doce; despois apareceuse a
máis de cincocentos irmáns á vez... Agora ben, se se
predica que Cristo resucitou de entre os mortos, como
andan dicindo algúns entre vós que non hai resurrección
dos mortos? Se non hai resurrección dos mortos,
tampouco Cristo resucitou. E se non resucitou Cristo,
baleira é a nosa predicación, baleira tamén a vosa fe... e
se Cristo non resucitou, a vosa fe é va: estades aínda nos
vosos pecados... Se soamente para esta vida temos posta
a nosa esperanza en Cristo, somos os máis dignos de
compaixón de todos os homes! Pero non! Cristo resucitou
de entre os mortos como primicias dos que dormen (1 Cor
15,1-20).
10) E SUBIU AO CEO,
 E ESTÁ SENTADO Á
  DEREITA DO PAI.
E dito isto, elevouse en
presenza deles, e unha nube
quitóullelo da súa vista.
Estando       eles      mirando
fixamente ao ceo mentres se
ía, aparecéronlles dous home
vestidos de branco que lles
dixeron: «Galileos, que facedes
aí mirando ao ceo? Este que
vos foi levado, este mesmo
Xesús, virá así tal como o tedes
visto subir ao ceo». (Feit 1,9-
11)
Non ceso de dar grazas por vós
recordándovos nas miñas oracións,
para que o Deus de noso Señor
Xesucristo, o Pai da gloria, vos conceda
Espírito de sabedoría e de revelación
para     coñecelo     perfectamente;
iluminando os ollos do voso corazón
para que coñezades cal é a esperanza
á que fostes chamados por el; cal a
riqueza da gloria outorgada por el en
herdanza aos santos, e cal a soberana
grandeza do seu poder para connosco,
os crentes, conforme á eficacia da súa
forza poderosa, que despregou en
Cristo, resucitándoo de entre os mortos
e sentándoo á súa destra nos ceos... (Ef
1,16-23).
11) E DE NOVO VIRÁ
 CON GLORIA PARA
XULGAR OS VIVOS E
    OS MORTOS.
O Fillo do Home virá na gloria de
seu Pai, cos seus anxos, e daquela
pagará a cada un conforme ás súas
obras (Mt 16,27).
O que se avergoñe de min e das
miñas palabras nesta xeración
adúltera e pecadora, tamén o Fillo
do Home se avergoñará del cando
veña na gloria de seu Pai cos
santos anxos (Mc 8,38).
Que el afirme os vosos corazóns,
que vos faga irreprochables en
santidade diante de Deus, noso Pai,
na vinda do noso Señor Xesucristo
con todos os seus santos (1 Tes
3,13).
«Cando o Fillo do Home veña na súa gloria
acompañado de todos os seus anxos,
daquela sentará no seu trono de gloria.
Serán congregadas diante del todas as
nacións... Entón dirá o Rei aos da súa
dereita: "Vinde, benditos de meu Pai,
recibide a herdanza do Reino preparado
para vós desde a creación do mundo.
Porque tiven fame, e déstesmes de comer;
tiven sede, e déstesme de beber; era
forasteiro, e acolléstesme; estaba espido,
e vestístesme; enfermo, e visitástesme; na
cadea, e viñestes visitarme." ... Entón dirá
tamén aos da súa esquerda: "Apartádevos
de min, malditos, ao lume eterno preparado
para o Diabo e os seus anxos. Porque tiven
fame, e non me destes de comer... E irán
estes a un castigo eterno, e os xustos a
unha vida eterna». (Mt 25,31-46).
12) E O SEU REINO
    NON TERÁ FIN
Pilato... chamou a Xesús e díxolle:
«Es ti o Rei dos xudeus»?
Respondeulle Xesús: «O meu
Reino non é deste mundo. Se o
meu Reino fose deste mundo, a
miña xente tería combatido para
que non fose entregado aos
xudeus: pero o meu Reino non é
de aquí». Entón Pilato replicoulle:
«Con que ti es Rei»? Respondeulle
Xesús: «Si, como ti dis, son Rei. Eu
para isto nacín e para isto vin ao
mundo: para dar testemuño da
verdade. Todo o que é da verdade,
escoita a miña voz» (Xn 18,33-37).
Logo o fin, cando entregue o Reino ao Deus e Pai, cando teña
suprimido todo dominio, toda autoridade e todo poder, porque
debe el reinar ata que poña todos os seus inimigos baixo os
seus pés. O último inimigo en ser destruído será a Morte.
Porque someteu todas as cousas baixo os seus pés. Mais cando
diga que «todo está sometido», é evidente que se exclúe a Aquel
que someteu a el todas as cousas. Cando sexan sometidas a el
todas as cousas, daquela tamén o Fillo se someterá a Aquel que
lle someteu a el todas as cousas, para que Deus sexa todo en
todo. (1 Cor 15,24-28).
QUE
 IMPLICA
 CRER EN
XESUCRIST
    O
1. Compartir a súa filiación. A nosa
vocación é ser Fillos no Fillo

Polo demais, sabemos que en todas as cousas
   intervén Deus para ben dos que o aman; de
   aqueles que foron chamados segundo o seu
   designio. Pois aos que de antemán coñeceu,
   tamén os predestinou a reproducir a imaxe de
   seu Fillo, para que fose el o primoxénito entre
   moitos irmáns (Rm 8,28-29).
 Bendito sexa o Deus e Pai do noso Señor
   Xesucristo, que nos bendiciu con toda clase de
   bendicións espirituais, nos ceos, en Cristo; por
   canto nos elixiu nel antes da fundación do
   mundo, para ser santos e inmaculados na súa
   presenza, no amor; elixindonos de antemán para
   ser os seus Fillos adoptivos por medio de
   Xesucristo, segundo o beneplácito da súa
   vontade, para loanza da gloria da súa graza coa
   que nos agraciou no Amado (Ef 1,3-5).
Ao chegar a plenitude dos tempos,
  enviou Deus a seu Fillo, nacido de
  muller, nacido baixo a le, para
  rescatar os que se atopaban baixo
  a lei, e para que recibísemos a
  filiación adoptiva. A proba de que
  sodes Fillos é que Deus enviou aos
  nosos corazóns o Espírito do seu
  Fillo que clama: Abbá, Pai! De
  modo que xa non es escravo,
  senón Fillo; e se Fillo, tamén
  herdeiro por vontade de Deus (Gál
  4,4-7).
2. No bautismo recibimos a filiación de Xesús,
compartindo a súa vida filial, a súa morte e
resurrección

              En efecto, todos os que son
              guiados polo Espírito de Deus
              son Fillos de Deus. Pois non
              recibistes     un   Espírito  de
              escravos para recaer no temor;
              antes     ben,    recibistes  un
              Espírito de Fillos adoptivos que
              nos fai exclamar: Abbá, Pai! O
              Espírito mesmo únese ao noso
              espírito para dar testemuño de
              que somos Fillos de Deus (Rm
              8,14-16).
Porque      somos      sepultados
xuntamente con el para a morte
polo bautismo, a fin de que como
Cristo resucitou dos mortos pola
gloria do Pai, así tamén nós
andemos en vida nova (Rm 6,4) .

Díxolle     Xesús:    «Teu     irmán
resucitará». Respondeulle Marta:
«Xa     sei   que   resucitará    na
resurrección, o último día». Xesús
respondeulle:      «Eu     son     a
resurrección e a Vida. O que cre
en min, aínda que morra, vivirá; e
todo o que vive e cre en min, non
morrerá endexamais. Cres ti isto?
» (Xn 11,23-26)
3. E compártese a súa vida



  Quen ten o Fillo, ten a vida;
    quen non ten o Fillo, non ten
    a vida (1 Xn 5,12).

  Así como o         Pai, que me
    mandou, vive     e eu vivo polo
    Pai, tamén o      que me come
    vivirá por min   (Xn 6,57)

  Aquel día comprenderedes que
    eu estou en meu Pai e vós en
    min e eu en vós (Xn 14,20)
4. Unidos a Xesús, único mediador,
temos acceso ao Pai



E todo o que pidades no meu nome, eu
heino facer, para que o Pai sexa
glorificado no Fillo (Xn 14,13).

Con toda a verdade volo aseguro: o que
pidades ao Pai no meu nome, El hávolo
dar...Aquel día pediredes no meu nome
e non vos digo que eu rogarei ao Pai por
vós, pois o Pai mesmo vos quere, porque
me queredes a min e credes que saín de
Deus (Xn 16,23.26-27)
Díxolles Xesús: «Eu son o Camiño, a Verdade e a Vida.
Ninguén vai ao Pai senón por min. Se me coñeceses a
min, coñeceriades tamén a meu Pai; desde agora o
coñecedes e tédelo visto... o que me viu a min, viu
tamén o Pai... Non credes que eu estou no Pai e o Pai
está en min? As palabras que vos digo, non as digo
pola miña conta; o Pai que permanece en min é o que
realiza as obras. Crédeme: eu estou no Pai e o Pai
está en min. Cando menos, crédeo polas obras». (Xn
14,6-11).
5. Isto implica compartir os seus sentimentos



               Tende entre vós os mesmos
               sentimentos que Cristo: o cal,
               non se agarrou cobizamente á
               súa categoría de Deus; senón
               que se espiu do seu rango,
               asumiu a condición de escravo;
               fíxose un home normal e
               presentouse       como     tal,
               abaixouse    a   si    mesmo,
               facéndose obediente ata a
               morte, e a morte na cruz! (Flp
               2,5-8).
6. Agradecer a fe e a amizade con el

      Non me elixistes vós a min, senón que eu
        vos elixín a vós, e destineivos para que
        vaiades e deades froito, e que o voso
        froito permaneza; de modo que todo o
        que pidades ao Pai no meu nome volo
        conceda. (Xn 15,16).

      Non vos chamo xa servos, porque o servo
        non sabe o que fai o seu amo; a vós
        trateivos de amigos, porque todo o que
        oín a meu Pai déivolo a coñecer (Xn
        15,15).
      Quen ten os meus mandamentos e os
        garda, ése ámame; e o que me ama,
        será amado por meu Pai; e eu amareino
        e manifestareime a el». (Xn 14,21).
7. Amar a Xesús é facer a súa vontade



            Quen ten os meus
            mandamentos e os
            garda, ése ámame; e o
            que me ama, será
            amado por meu Pai; e
            eu   amareino    e
            manifestareime a el».
            (Xn 14,21).
8. Coñecer mellor a súa persoa e obra



          Pido que o Deus do
          noso Señor Xesucristo,
          o Pai da gloria, vos dea
          o Espírito de sabedoría
          e de revelación no
          coñecemento del (Ef
          1,17)
9. Recoñecelo como Señor facendo a súa vontade




          E todo o que fagades, sexa de
            palabra ou de obra, facédeo
            todo no nome do Señor
            Xesús, dando grazas a Deus
            Pai por medio del (Col 3,17)
          Non todo o que di: Señor,
            Señor!, entrará no Reino dos
            ceos, senón o que fai a
            vontade de meu Pai que está
            nos ceos (Mt 7,21)
Xesús    respondeulle:
«Se alguén me ama,
gardará     a    miña
Palabra, e meu Pai
amarao, e viremos a el,
e faremos vida con el.
O que non me ama non
garda     as    miñas
palabras. E a palabra
que escoitades non é
miña, senón do Pai que
me enviou (Xn 14,23-
24).
Credo 2

Más contenido relacionado

La actualidad más candente (19)

33º domingo toc 2013
33º domingo toc 201333º domingo toc 2013
33º domingo toc 2013
 
Credo 1
Credo 1Credo 1
Credo 1
 
Ordinario21
Ordinario21Ordinario21
Ordinario21
 
Pascua VI
Pascua VIPascua VI
Pascua VI
 
Domingo iv b lecturas
Domingo iv b lecturasDomingo iv b lecturas
Domingo iv b lecturas
 
evangelioxxvii
evangelioxxviievangelioxxvii
evangelioxxvii
 
Cuaresma05
Cuaresma05Cuaresma05
Cuaresma05
 
3º coresma b 2015
3º coresma  b  20153º coresma  b  2015
3º coresma b 2015
 
Vida de san xosé
Vida de san xoséVida de san xosé
Vida de san xosé
 
7º santísima trindade c 2016 bene pagola
7º santísima trindade  c 2016 bene pagola7º santísima trindade  c 2016 bene pagola
7º santísima trindade c 2016 bene pagola
 
12º domingo tob 2012 natividade de s. xoán bautista
12º domingo tob 2012 natividade de s. xoán bautista12º domingo tob 2012 natividade de s. xoán bautista
12º domingo tob 2012 natividade de s. xoán bautista
 
Pv abril 2012
Pv abril 2012Pv abril 2012
Pv abril 2012
 
Lecturas domingo xviii b
Lecturas domingo xviii bLecturas domingo xviii b
Lecturas domingo xviii b
 
Pv agosto 2012
Pv agosto 2012Pv agosto 2012
Pv agosto 2012
 
Credo, o esencial do
Credo, o esencial doCredo, o esencial do
Credo, o esencial do
 
2º domingo coresma c 2016
2º domingo coresma c 20162º domingo coresma c 2016
2º domingo coresma c 2016
 
4º advento b 2011
4º  advento  b  20114º  advento  b  2011
4º advento b 2011
 
Pv febreiro 2014
Pv febreiro 2014Pv febreiro 2014
Pv febreiro 2014
 
3º coresma b 2012
3º coresma  b  20123º coresma  b  2012
3º coresma b 2012
 

Destacado (18)

Asunción da nosa señora
Asunción da nosa señoraAsunción da nosa señora
Asunción da nosa señora
 
8º pentecoste c 2013
8º pentecoste c 2013 8º pentecoste c 2013
8º pentecoste c 2013
 
5º pascua c 2013 bene pagola
5º pascua c 2013 bene pagola5º pascua c 2013 bene pagola
5º pascua c 2013 bene pagola
 
28º domingo tob bene pagola 2012
28º domingo tob  bene  pagola 201228º domingo tob  bene  pagola 2012
28º domingo tob bene pagola 2012
 
Paulo profeta de advento
Paulo profeta de adventoPaulo profeta de advento
Paulo profeta de advento
 
31º domingo tob bene pagola 2012
31º domingo tob bene pagola 201231º domingo tob bene pagola 2012
31º domingo tob bene pagola 2012
 
Belas fotos e unha carta
Belas fotos e unha cartaBelas fotos e unha carta
Belas fotos e unha carta
 
Grazas, feliz ano
Grazas, feliz anoGrazas, feliz ano
Grazas, feliz ano
 
Amar é...
Amar é... Amar é...
Amar é...
 
2º coresma c 2013 bene pagola
2º coresma c 2013 bene pagola2º coresma c 2013 bene pagola
2º coresma c 2013 bene pagola
 
Un sorriso para ti
Un sorriso para tiUn sorriso para ti
Un sorriso para ti
 
Benaventuranzas do camiño
Benaventuranzas do camiñoBenaventuranzas do camiño
Benaventuranzas do camiño
 
20º domingo tob 2012 bene pagola
20º domingo tob 2012 bene pagola20º domingo tob 2012 bene pagola
20º domingo tob 2012 bene pagola
 
27º domingo tob 2012.
27º domingo tob 2012.27º domingo tob 2012.
27º domingo tob 2012.
 
Fe
FeFe
Fe
 
6º domingo toa 2014 bene pagola
6º domingo toa  2014 bene pagola6º domingo toa  2014 bene pagola
6º domingo toa 2014 bene pagola
 
18º domingo tob bene pagola 2012
18º domingo tob  bene pagola 201218º domingo tob  bene pagola 2012
18º domingo tob bene pagola 2012
 
25º domingo tob bene pagola 2012
25º domingo tob bene pagola 201225º domingo tob bene pagola 2012
25º domingo tob bene pagola 2012
 

Similar a Credo 2 (16)

Credo 1
Credo 1Credo 1
Credo 1
 
Palabra de Vida
Palabra de VidaPalabra de Vida
Palabra de Vida
 
Pablo 7
Pablo 7Pablo 7
Pablo 7
 
Evanxeo de nadal a
Evanxeo de nadal aEvanxeo de nadal a
Evanxeo de nadal a
 
Cuaresma02
Cuaresma02Cuaresma02
Cuaresma02
 
17º domingo toa 2017 bene pagola
17º domingo toa 2017 bene pagola17º domingo toa 2017 bene pagola
17º domingo toa 2017 bene pagola
 
Galician Soul Winning Gospel Presentation - Only JESUS CHRIST Saves.pptx
Galician Soul Winning Gospel Presentation - Only JESUS CHRIST Saves.pptxGalician Soul Winning Gospel Presentation - Only JESUS CHRIST Saves.pptx
Galician Soul Winning Gospel Presentation - Only JESUS CHRIST Saves.pptx
 
2º coresma 2015 b
2º coresma 2015  b2º coresma 2015  b
2º coresma 2015 b
 
4º coresma b 2015
4º coresma  b  20154º coresma  b  2015
4º coresma b 2015
 
Pascua03
Pascua03Pascua03
Pascua03
 
Galician - The Epistle of Paul the Apostle to the Laodiceans.pdf
Galician - The Epistle of Paul the Apostle to the Laodiceans.pdfGalician - The Epistle of Paul the Apostle to the Laodiceans.pdf
Galician - The Epistle of Paul the Apostle to the Laodiceans.pdf
 
Trinidad
TrinidadTrinidad
Trinidad
 
11º santísima trinidad a .pps
11º santísima trinidad  a .pps11º santísima trinidad  a .pps
11º santísima trinidad a .pps
 
Segundo
SegundoSegundo
Segundo
 
Pablo 5
Pablo 5Pablo 5
Pablo 5
 
32º domingo toc 2016
32º domingo toc 201632º domingo toc 2016
32º domingo toc 2016
 

Más de Nuria M Núñez Elissetche

Más de Nuria M Núñez Elissetche (20)

A terra que canta
A terra que cantaA terra que canta
A terra que canta
 
Co tempo
Co tempoCo tempo
Co tempo
 
Dom16 tob b.pagola
Dom16 tob b.pagolaDom16 tob b.pagola
Dom16 tob b.pagola
 
Domingo 16 ord b
Domingo 16 ord bDomingo 16 ord b
Domingo 16 ord b
 
1º coresma b 2018
1º coresma b 20181º coresma b 2018
1º coresma b 2018
 
6º domingo tob 2018 bene pagola
6º domingo tob 2018  bene  pagola6º domingo tob 2018  bene  pagola
6º domingo tob 2018 bene pagola
 
6º domingo tob 2018
6º domingo tob 20186º domingo tob 2018
6º domingo tob 2018
 
O xardín
O xardínO xardín
O xardín
 
5º domingo tob 2018 bene pagola
5º domingo tob 2018 bene pagola5º domingo tob 2018 bene pagola
5º domingo tob 2018 bene pagola
 
5º domingo tob 2018
5º domingo tob  20185º domingo tob  2018
5º domingo tob 2018
 
4º domingo tob 2018 bene pagola
4º domingo tob 2018  bene pagola4º domingo tob 2018  bene pagola
4º domingo tob 2018 bene pagola
 
Ruxido capaz de sacudir o mundo
Ruxido capaz de sacudir o mundoRuxido capaz de sacudir o mundo
Ruxido capaz de sacudir o mundo
 
2º domingo tob 2018
2º domingo tob 20182º domingo tob 2018
2º domingo tob 2018
 
2º domingo tob 2018 bene pagola
2º domingo tob  2018  bene pagola2º domingo tob  2018  bene pagola
2º domingo tob 2018 bene pagola
 
4 epifania do señor b 2018 bene pagola
4 epifania do señor b 2018 bene pagola4 epifania do señor b 2018 bene pagola
4 epifania do señor b 2018 bene pagola
 
4 epifania b 2018
4 epifania b 20184 epifania b 2018
4 epifania b 2018
 
5 bautismo do señor b 2018
5 bautismo do señor b 20185 bautismo do señor b 2018
5 bautismo do señor b 2018
 
3 santa maría nai de deus 2017 b
3 santa maría nai de deus  2017 b3 santa maría nai de deus  2017 b
3 santa maría nai de deus 2017 b
 
2 sagrada familia 2017 b
2 sagrada familia 2017  b2 sagrada familia 2017  b
2 sagrada familia 2017 b
 
1 nadal b 2011 natividade do señor
1 nadal  b 2011 natividade do señor1 nadal  b 2011 natividade do señor
1 nadal b 2011 natividade do señor
 

Credo 2

  • 1.
  • 2.
  • 3. II. Creo en Xesucristo
  • 4. 1) CREO EN XESUCRISTO
  • 5. Xesucristo é un nome composto de Xesús – Cristo. É o resumo dunha confesión de fe: Xesús de Nazaré, nome polo que o coñecía a xente, é permanentemente, o Cristo, o Unxido enviado especial de Deus para salvar o seu pobo
  • 6. Os contemporáneos esperaban un mesías político-relixioso, un gran caudillo que salvase a Israel dos seus inimigos e establecese un imperio político relixioso con capital en Xerusalén.
  • 7. Os discípulos de Xesús compartían esta idea: Saíu Xesús cos seus discípulos cara ás vilas de Cesarea de Filipo, e polo camiño fixo esta pregunta aos seus discípulos: «Quen din os homes que son eu?» Eles dixéronlle: «Uns, que Xoán o Bautista; outros, que Elías; outros, que un dos profetas». E el preguntoulles: «e vós, quen dicides que son eu?» Pedro contestoulle: «Ti es o Cristo.» E prohibiulles diciren nada a ninguén (Mc 8,27-30).
  • 8. Xesús manda calar porque interpreta doutra maneira ser mesías o cristo: non é en plan triunfalista senón morrendo e resucitando: E comezou a anunciarlles que o Fillo do home debía sufrir moito e ser reprobado polos anciáns, os sumos sacerdotes e os escribas, ser matado e resucitar aos tres días. Faláballes disto abertamente. Tomándoo aparte, Pedro, púxose a rifarlle. Pero el, volvéndose e mirando aos seus discípulos, reprendeu a Pedro, dicíndolle: «Arreda de min, Satanás! porque os teus pensamentos non son os de Deus, senón como os dos homes» (Mc 8,31-33)
  • 9. Pilato, sen sabelo alcance da súa acción, así o proclamou: Pilato redactou tamén unha inscrición e púxoa sobre a cruz. O escrito dicía: « Xesús o Nazareno, o Rei dos xudeus» Esta inscripción lérona moitos xudeus, porque o lugar onde crucificaron a Xesús estaba cerca da cidade; e estaba escrita en hebreo, latín e grego. O sumos sacerdotes dos xudeus dixéronlle a Pilato: «Non escribas: “O Rei dos xudeus", senón: "Este dixo: eu son o Rei dos xudeus"». Pilato respondeulles: «O escrito, escrito está "». X n 19,19-22).
  • 10. 2. UN SÓ SEÑOR
  • 11. Para nós non hai máis que un só Deus, o Pai, do cal proceden todas as cousas e para o cal somos; e un só Señor, Xesucristo, por quen son todas as cousas e polo cal existimos nós (1 Cor 8,6).
  • 12. A Igrexa recoñece a Xesucristo resucitado como o noso Señor. Noso Señor Xesucristo, dirixa o noso camiño cara a vós (1 Tes 3,11) . Acordándonos sen cesar diante de Deus e noso Pai da obra da vosa fe, do traballo de voso amor e de vosa constancia na esperanza en noso Señor Xesucristo (1 Tes 1,3) .
  • 13. Compoñen a Igrexa todos os que recoñecen a Xesucristo como o noso Señor: O cristiáns son “os santificados en Cristo Xesús, chamados a ser santos, con cantos en calquera lugar invocan o nome de Xesucristo, Señor deles e noso” (1 Cor 1,2)
  • 14. San Paulo adoita saudar ás comunidades en nome de Deus, noso Pai, e do Señor Xesucristo : Graza e paz a vós, de Deus, noso Pai, e do Señor Xesucristo (Rm 1,7). Da mesma forma 1 Cor 1,3; 2 Cor 1,2; 1 Tes 1,1; 2 Tes 1,2; Gal 1,3; Ef 1,2; 6,23; Flp 1,2; Col 1,2; 2 Xn 3.
  • 15. 3) FILLO ÚNICO DE DEUS
  • 16. E a Palabra fíxose carne, e acampou entre nós, e temos contemplado a súa gloria, gloria que recibe do Pai como Fillo único, cheo de graza e de verdade (Xn 1,14). A Deus ninguén o viu xamais; o unixénito Fillo, que está no seo do Pai, el déunolo a coñecer (Xn 1,18).
  • 17. Xesús diríxese a Deus coma a seu Pai, dunha maneira especial. Son moitísimos os textos que o afirman con diversas fórmulas: a) Ás veces chama a Deus Meu Pai: Mt 10,32.33; 12,50; 15,13; 16,17; 18,10.19.35; 20,23; 24,36; 25,34; 26,29; Lc 2,48; 22,29; 24,49; Xn 2,16; 5,17.43; 6,32; 8,54; 10,19.37; 12,26; 14,2.7.20.21.23; 15,1.8.10.15.23.24; Ap 3,21.5. Non vos chamo xa servos, porque o servo non sabe o que fai o seu amo; a vós chameivos amigos, porque todo o que oín a meu Pai déivolo a coñecer (Xn 15,15).
  • 18. b) Outras veces chámao o Pai: Mt 28,19; Lc 9,26; Xn 1,18; 3,35; 5,21.22.26.36 (bis).37.57(bis); 6,27.37.44.45.65; 8,16.18.23.27.28.29.38; 10,15 (bis).17. 25. 29 (bis). 30. 32. 36. 37. 38 (bis); 12.49.50; 13,3; 14,6.8. 9 (bis). 10 (ter).11 (bis).12. 14. 16. 24.26.28 (bis).31(bis); 15,9.15.26 (bis); 16,3.10.15.17.23.26.27.28 (bis). 32; 18,11; 20,21; Hch 1,4.7; 4,21.23; Ap 2,28. Por iso os xudeus trataban con grande empeño matalo, porque non só quebrantaba o sábado, senón que chamaba a Deus o seu propio Pai, facéndose a si mesmo igual a Deus. Xesús, pois, tomando a palabra, dicíalles: «En verdade, en verdade vos digo: o Fillo non pode facer nada pola súa conta, senón o que ve facer ao Pai: o que fai el, iso tamén o fai igualmente o Fillo. Porque o Pai quere o Fillo e amósalle todo o que el fai. E amosaralle obras aínda maiores que estas, para que vos asombredes. Porque, como o Pai resucita os mortos e dálles a vida, así tamén o Fillo dá a vida aos que quere. Porque o Pai non xulga a ninguén; senón que todo xuízo entregoullo ao Fillo, para que todos honren o Fillo como honran o Pai. O que non honra o Fillo non honra o Pai que o enviou (Xn 5,18-23).
  • 19. c) De forma correlativa, Xesús chámase a si mesmo o Fillo . Véxase o texto anterior. Mais de aquel día e hora, ninguén sabe nada, nin os anxos no ceo, nin o Fillo, senón só o Pai (Mc 13,32).
  • 20. d) Ás veces Xesús fala de seu Pai en terceira persoa, Seu Pai: Mc 8,38; Mt 16,27; Ap 1,6; 14,1. Porque quen se avergoñe de min e da miñas palabras nesta xeración adúltera e pecadora, tamén o Fillo do home se avergoñará del cando veña na gloria de seu Pai cos santos anxos (Mc 8,38).
  • 21. e) Xesús invoca a Deus como Pai: Pai (Mt 11,25.26 ; Xn 17,1.5.21.24); Abba, Pai (Mc 14,36); Pai xusto (Xn 17,25); Pai santo (Xn 17,11). Dicía, abba, Pai, todo che é posible (Mc 14,33)
  • 22. f) Dirixindose ao Pai na oración alude a si mesmo como Teu Fillo: Así falou Xesús, e alzando os ollos ao ceu, dixo: «Pai, chegou a hora; glorifica o teu Fillo, para que teu Fillo te glorifique a ti» (Xn 17,1).
  • 23. g) Igualmente a Igrexa primitiva chama a Xesús o Fillo ou fala do Pai e o Fillo ou o Pai e seu Fillo : A graza, a misericordia e a paz de parte de Deus Pai e de Xesucristo, o Fillo do Pai, estarán connosco segundo a verdade e o amor (2 Xn 3). A Deus ninguén o viu xamais: o Fillo único, que está no seo do Pai, foi quen nolo revelou (Xn 1,18). E nós vímolo e damos testemuño de que o Pai enviou a seu Fillo, como Salvador do mundo (1 Xn 4,14). O que temos visto e oído, iso vos anunciamos, para que tamén vós teñades comuñón connosco e a nosa comuñón verdadeiramente é co Pai e co seu Fillo Xesucristo (1 Xn 1,3).
  • 24. h) A Igrexa primitiva emprega tamén a frase Pai do noso Señor Xesucristo. Bendito sexa o Deus e Pai do noso Señor Xesucristo (2 Cor 11,31; 1 Pe 1,3; Ef 1,3; Col 1,3)
  • 25. i) Xesús lexitímase como Fillo identificándose coa vontade do Pai Díxolles, pois, Xesús: «Cando teñades erguido o Fillo do home, entón saberedes que eu Son, e que non fago nada pola miña propia conta; senón que, o que o Pai me ensinou, iso é o que falo. E o que me enviou está comigo: non me deixou só, porque eu fago sempre o que lle agrada a el. » (Xn 8,28-29) A aquel a quien o Pai santificou e enviou ao mundo, como lle dicides que blasfema por ter dito: “Eu son Fillo de Deus"? Se non fago as obras de meu Pai, non me creades; pero se as fago, aínda que a min non me creades, crede polas obras, e así saberedes e coñeceredes que o Pai está en min e eu no Pai. » (Xn 10,36-38).
  • 26. 3) NACIDO DO PAI ANTES DE TODOS OS SÉCULOS: DEUS DE DEUS, LUZ DE LUZ. DEUS VERDADEIRO DE DEUS VERDADEIRO, XERADO, NON CREADO, DA MESMA NATUREZA DO PAI.
  • 27. Ser Fillo é algo permanente de Xesús e indica que vén do Pai, que lle dá eternamente o ser, e existe sempre para o Pai . Non ten razón de ser en si mesmo. Comparte a natureza do Pai e identifícase plenamente con el. E como o Pai é amor que se entrega, o Fillo é tamén amor entregado.
  • 28. a) Xesús preséntase igual ao Pai Eu e o Pai somos un». (Xn 10, 30) O Pai ama o Fillo e entregou todas as cousas na súa man (Xn 3,35). Todo me foi entregado por meu Pai, e ninguén coñece ben o Fillo senón o Pai, nin ninguén coñece ben o Pai senón o Fillo, e aquel a quen o Fillo llo queira revelar (Mt 11,27). Todo o que ten o Pai é meu (Xn 16,15).
  • 29. Así como o Pai me coñece e eu coñezo o Pai; e dou a miña vida polas ovellas (Xn 10,15). Xesús respondeulles: Meu Pai ata agora traballa, e eu tamén traballo (Xn 5,17 cf. 5,21-26). Se non fago as obras de meu Pai, non me creades; pero se as fago, aínda que a min non me creades, crede polas obras, e así saberedes e coñeceredes que o Pai está en min e eu no Pai (Xn 10,37-
  • 30. Mirade que chega a hora (e xa chegou) en que vos dispersaredes cada un polo voso lado e me deixaredes só. Pero non estou só, porque o Pai está comigo (Xn 16,32). Pido que todos sexan un, como ti, Pai, en min e eu en ti, que eles tamén sexan un en nós, para que o mundo crea que ti me enviaches. E a gloria que ti me deches, déillela a eles, para que sexan un coma nós somos un: eu neles e ti en min, para que sexan perfectamente un, e o mundo coñeza que ti me enviaches e que os amaches a eles como me amaches a min. (Xn 17,21-23)
  • 31. b) Xesús preséntase como eterno, igual ao Pai Pai, os que ti me deches, quero que onde eu estea estean tamén comigo, para que contemplan a miña gloria, a que me deches, porque me amaches antes da creación do mundo (Xn 17,24).
  • 32. c) Xesús afirma que viu e oíu o Pai Eu falo do que vin estando xunto ao Pai (Xn 8,38). Moitas cousas teño que dicir e xulgar de vós; pero o que me enviou é verdadeiro, e eu, o que oín del, isto falo ao mundo. Pero non entenderon que lles falaba do Pai (Xn 8,26).
  • 33. d) Igualmente a Igrexa primitiva afirma que Xesús é igual a Deus e eterno: No principio existía a Palabra e a Palabra estaba con Deus, e a Palabra era Deus. Ela estaba no principio con Deus (Xn 1,1-2).
  • 34. e) Xesús preséntase como enviado do Pai Meu Pai, que mas deu, é máis grande que todos, e ninguén pode arrebatar nada da man do Pai. Eu e meu Pai somos un». (Xn 10,29) Eu vin no nome de meu Pai e non me recibistes; se outro viñese no seu propio nome, a ese recibiriades (Xn 5,43). Pero eu teño un testemuño maior que o de Xoán: as obras que o Pai me encargou de levar a cabo, as mesmas obras que eu fago, dan testemuño de min, de que o Pai me enviou. Tamén o Pai, que me enviou, dá testemuño de min. (Xn 5,36-37).
  • 35. Así como o Pai, que me enviou vive, e eu vivo polo Pai, tamén o que me come vivirá por min (Xn 6,57) E se eu xulgo, o meu xuízo é segundo a verdade, porque non son eu só, senón eu e o Pai que me envió (Xn 8,16). Eu dou testemuño de min mesmo, pero tamén o dá o Pai que me enviou. (Xn 8,18).
  • 36. E se eu xulgo, o meu xuízo é segundo a verdade, porque non son eu só, senón eu e o Pai que me enviou (Xn 8,16) . Esta é a vontade do que me enviou. (Xn 6,40) Pai xusto, o mundo non te coñeceu, pero eu coñecinte e éstes coñeceron que ti me enviaches (Xn 17, 25).
  • 37. h) Xesús ama o Pai e identifícase coa súa vontade. Ha de saber o mundo que amo o Pai e que obro segundo o Pai me ordenou (Xn 14,31). Se gardades os meus mandamentos, permaneceredes no meu amor, como eu gardei os mandamentos de meu Pai, e permanezo no seu amor (Xn 15,10) .
  • 38. 4) POR QUEN TODO FOI FEITO
  • 39. Para nós non hai máis que un só Deus, o Pai, do cal proceden todas as cousas e para o cal existimos; e un só Señor, Xesucristo, por quen todo existe e por quen existimos nós mesmos (1 Cor 8,6). El é Imaxe de Deus invisible, Primoxénito de toda a creación, porque nel foron creadas todas as cousas, nos ceos e na terra, as visibles e as invisibles, os Tronos, as Dominacións, os Principados, as Potestades: todo foi creado por el e para el, el existe con anterioridade a todo, e todo ten nel a súa consistencia (Col 1,15-17). No principio existía a Palabra e a Palabra estaba con Deus, e a Palabra era Deus. Ela estaba no principio con Deus. Todo se fixo por ela e sen ela non se fixo nada de canto existe (Xn 1,1-3).
  • 40. 5) POR NÓS OS HOMES E POLA NOSA SALVACIÓN, BAIXOU DO CEO;
  • 41. Cristo deuse a si mesmo polos nosos pecados para librarnos do presente século malo, conforme á vontade do noso Deus e Pai (Gál 1,4). Nisto manifestouse o amor que Deus nos ten; en que Deus enviou ao mundo o seu Fillo único para que vivamos por medio del (1 Xn 4,9). O Pai mesmo quérevos, porque me queredes a min e credes que saín de Deus. Saín do Pai e vin ao mundo. Agora deixo outra vez o mundo e vou ao Pai (Xn 16,27-28).
  • 42. 6) POR OBRA DO ESPÍRITO SANTO ENCARNOUSE EN MARÍA, A VIRXE,
  • 43. A xeración de Xesucristo foi desta maneira: A súa nai, María, estaba prometida a Xosé e, antes de viviren xuntos apareceu ela embarazada por obra do Espírito Santo... O anxo do Señor apareceuselle en soños e díxolle: «Xosé, Fillo de David, non temas tomar contigo a María, a túa prometida porque o que nela se concibiu é obra do Espírito Santo... Dará a luz un Fillo, e ti poñeraslle por nome Xesús, porque él salvará o seu pobo dos seus pecados». Todo isto sucedeu para que se cumprise o oráculo do Señor por medio do profeta: “Vede que a virxe concibirá e dará a luz un Fillo, e poñeranlle por nome Emmanuel,...” Acordou Xosé do soño e fixo tal como o anxo do Señor lle mandara, e levou consigo a súa prometida. E sen que a tocase, ela deu a luz un fillo. E el póxolle de nome Xesús (Mt 1,18-25).
  • 44. Foi enviado por Deus o anxo Gabriel...a unha mociña prometida a un home chamado Xosé, da casa de David; o nome da mociña era María. e entrando onde ela estaba, díxolle: «Alégrate, chea de graza, o Señor está contigo». Ela turbouse con estas palabras, e cavilaba no que podería significar aquel saúdo. O anxo continuou: «Non temas, María, porque atopaches graza diante de Deus; vas concibir no seo e vas dar a luz un fillo, a quen poñerás por nome Xesús. El será grande e será chamado Fillo do Altísimo, e o Señor Deus daralle o trono de David, seu pai; reinará sobre a casa de Xacob polos séculos e o seu reino no terá fin». María respondeu ao anxo: «Como será isto, pois eu son virxe»? O anxo replicoulle: «O Espírito Santo virá sobre ti e o poder do Altísimo vaite cubrir coa súa sombra; por iso o que ha de nacer de ti será santo e será chamado Fillo de Deus... porque ningunha cousa é imposible para Deus». María contestoulle: «Velaquí a escravado Señor; cúmprase en min o que dixeches». E o anxo marcou de onda ela (Lc 1,26-38).
  • 45. 7) E FÍXOSE HOME.
  • 46. E o Verbo fíxose carne e habitou entre nós, cheo de graza e de verdade; e vimos a súa gloria, gloria como do unixénito do Pai (Xn 1,14). El, sendo de condición divina, non se agarrou cobizosamente á súa categoría de Deus; senón que se espiu do seu rango, asumindo a condición de escravo; fíxose un home normal e presentouse como tal (Flp 2,6-7). Poderedes coñecer nisto o Espírito de Deus: todo Espírito que confesa a Xesucristo, vindo en carne, é de Deus ( 1 Xn 4,2). Moitos sedutores saíron ao mundo, que non confesan que Xesucristo veu en carne. Ese é o Sedutor e o Anticristo ( 2 Xn 7).
  • 47. 8) E POLA NOSA CAUSA
  • 48. Graza a vós e paz de parte de Deus, noso Pai, e do Señor Xesucristo, que se entregou a si mesmo polos nosos pecados, para librarnos deste mundo perverso, segundo a vontade do noso Deus e Pai (Gál 1,3-4).
  • 49. 9) FOI CRUCIFICADO EN TEMPOS DE PONCIO PILATO, PADECEU
  • 50. Os sumos sacerdotes cos anciáns, os escribas e todo o Sanedrín e, despois de ter atado a Xesús, levárono e entregárono a Pilato. Pilato preguntoulle: «Es ti o Rei dos xudeus»? El respondeulle: «Si, ti o dis»... Pilato contestoulles: «Queredes que vos solte o Rei dos xudeus»? ... a xente volveu gritar: « Crucifícao!» ... Pilato, entón, querendo compracer a xente, soltoulles a Barrabás e entregou a Xesús, despois de azoutalo, para que fose crucificado... Conducírono ao lugar do Gólgota, que quere dicir: Calvario... Crucificárono e repartiron os seus vestidos, botando a sortes a ver quen se levaba cada un. Era a hora terza cando o crucificaron... Chegada a hora sexta, houbo escuridade sobre toda a terra ata a hora nona. Á hora nona gritou Xesús con forte voz: «Eloí, Eloí, lema sabactaní», - que quere dicir - «Meu Deus, meu Deusno! Por que me abandonaches»?... E Xesús, lanzando un forte grito, expirou (Mc 15,1-37).
  • 51. Por iso ámame o Pai, porque eu dou a miña vida, para recobrala de novo. Ninguén ma quita; eu douna voluntariamente. Teño poder para dala e poder para recobrala de novo; esa é a orde que recibín de meu Pai». (Xn 10,17). Agora a miña alma está turbada. E, que vou dicir? Pai, líbrame desta hora! Pero, se cheguei a esta hora para isto! Pai, glorifica o teu Nome». Chegou entón unha voz do ceo: «Xa o glorifiquei e glorificareino aínda de novo». (Xn 12, 27)
  • 53. E á tardiña, como era véspera do sábado, veu Xosé de Arimatea, membro respetable do Consello, que esperaba tamén o Reino de Deus, e tivo a valentía de entrar onda Pilato e pedirlle o corpo de Xesús. Estrañouse Pilato de que xa estivese morto e, chamando o centurión, preguntoulle se xa morrera. Informado polo centurión, concedeulle o corpo a Xosé, quen, mercando unha saba, descolgouno da cruz, envolveuno na saba e púxoo nun sepulcro que estaba excavado na rocha; logo, fixo rodar unha pedra sobre a entrada do sepulcro. María Madalena e María a de Xosé enxergaban para ver onde o poñía (Mc 15,42-47).
  • 54. 9) E RESUCITOU AO TERCEIRO DÍA, SEGUNDO AS ESCRITURAS ,
  • 55. Pasado o sábado, María Madalena, María a de Santiago e Salomé mercaron aromas para ir a embalsamalo. E moi cedo, no primeiro día da semana, despois da alborada, foron ao sepulcro. Ïan comentando entre elas: «Quen nos arredará a pedra da entrada do sepulcro»? E erguendo a vista viron que a pedra estaba arredada; e iso que era moi grande. Entrando no sepulcro viron un mozo sentado no lado dereito, vestido con unha túnica branca, e asustáronse. Pero el díxolles: «Non vos asustedes. Buscades a Xesús de Nazaré, o Crucificado; resucitou, non está aquí. Vede o lugar onde o puxeron (Mc 16,1-6).
  • 56. Pola súa parte, os once discípulos marcharon a Galilea, ao monte que Xesús lles indicara. Ao velo adorárono; algúns con todo dubidaron. Xesús achegóuselles e faloules así: «Foime dado todo poder no ceo e mais na terra. Ide, pois, e facede discípulos a todas as xentes, bautizándoas no nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo, e ensinándolles a gardar todo o que eu vos mandei. Asegúrovos que eu estarei convosco todos os días ata a fin do mundo» (Mt 28,16-20).
  • 57. Ao serán daquel día, o primeiro da semana, estando pechadas, por medo aos xudeus, as portas do lugar onde se encontraban os discípulos, presentouse Xesús no medio deles e díxolles: «A paz convosco». Dito isto, amosoulles as mans e o costado. Os discípulos alegráronse de ver o Señor. Xesús díxolles outra vez: «A paz convosco. Como o Pai me enviou, tamén eu vos envío». Dito isto, alentou sobre eles e díxolles: «Recibide o Espírito Santo. A quen lles perdoedes os pecados, quédanlles perdoados; a quen llelos reteñades, quédanlles retidos. » (Xn 20,19-23)
  • 58. Quero que vos acorde, irmáns, o Evanxeo que vos prediquei... Transmitínvos, xa que logo, antes de nada o que eu mesmo recibín: que Cristo morreu polos nosos pecados, segundo as Escrituras; que foi sepultado e que resucitou ao terceiro día, segundo as Escrituras; que se apareceu a Cefas e logo aos Doce; despois apareceuse a máis de cincocentos irmáns á vez... Agora ben, se se predica que Cristo resucitou de entre os mortos, como andan dicindo algúns entre vós que non hai resurrección dos mortos? Se non hai resurrección dos mortos, tampouco Cristo resucitou. E se non resucitou Cristo, baleira é a nosa predicación, baleira tamén a vosa fe... e se Cristo non resucitou, a vosa fe é va: estades aínda nos vosos pecados... Se soamente para esta vida temos posta a nosa esperanza en Cristo, somos os máis dignos de compaixón de todos os homes! Pero non! Cristo resucitou de entre os mortos como primicias dos que dormen (1 Cor 15,1-20).
  • 59. 10) E SUBIU AO CEO, E ESTÁ SENTADO Á DEREITA DO PAI.
  • 60. E dito isto, elevouse en presenza deles, e unha nube quitóullelo da súa vista. Estando eles mirando fixamente ao ceo mentres se ía, aparecéronlles dous home vestidos de branco que lles dixeron: «Galileos, que facedes aí mirando ao ceo? Este que vos foi levado, este mesmo Xesús, virá así tal como o tedes visto subir ao ceo». (Feit 1,9- 11)
  • 61. Non ceso de dar grazas por vós recordándovos nas miñas oracións, para que o Deus de noso Señor Xesucristo, o Pai da gloria, vos conceda Espírito de sabedoría e de revelación para coñecelo perfectamente; iluminando os ollos do voso corazón para que coñezades cal é a esperanza á que fostes chamados por el; cal a riqueza da gloria outorgada por el en herdanza aos santos, e cal a soberana grandeza do seu poder para connosco, os crentes, conforme á eficacia da súa forza poderosa, que despregou en Cristo, resucitándoo de entre os mortos e sentándoo á súa destra nos ceos... (Ef 1,16-23).
  • 62. 11) E DE NOVO VIRÁ CON GLORIA PARA XULGAR OS VIVOS E OS MORTOS.
  • 63. O Fillo do Home virá na gloria de seu Pai, cos seus anxos, e daquela pagará a cada un conforme ás súas obras (Mt 16,27). O que se avergoñe de min e das miñas palabras nesta xeración adúltera e pecadora, tamén o Fillo do Home se avergoñará del cando veña na gloria de seu Pai cos santos anxos (Mc 8,38). Que el afirme os vosos corazóns, que vos faga irreprochables en santidade diante de Deus, noso Pai, na vinda do noso Señor Xesucristo con todos os seus santos (1 Tes 3,13).
  • 64. «Cando o Fillo do Home veña na súa gloria acompañado de todos os seus anxos, daquela sentará no seu trono de gloria. Serán congregadas diante del todas as nacións... Entón dirá o Rei aos da súa dereita: "Vinde, benditos de meu Pai, recibide a herdanza do Reino preparado para vós desde a creación do mundo. Porque tiven fame, e déstesmes de comer; tiven sede, e déstesme de beber; era forasteiro, e acolléstesme; estaba espido, e vestístesme; enfermo, e visitástesme; na cadea, e viñestes visitarme." ... Entón dirá tamén aos da súa esquerda: "Apartádevos de min, malditos, ao lume eterno preparado para o Diabo e os seus anxos. Porque tiven fame, e non me destes de comer... E irán estes a un castigo eterno, e os xustos a unha vida eterna». (Mt 25,31-46).
  • 65. 12) E O SEU REINO NON TERÁ FIN
  • 66. Pilato... chamou a Xesús e díxolle: «Es ti o Rei dos xudeus»? Respondeulle Xesús: «O meu Reino non é deste mundo. Se o meu Reino fose deste mundo, a miña xente tería combatido para que non fose entregado aos xudeus: pero o meu Reino non é de aquí». Entón Pilato replicoulle: «Con que ti es Rei»? Respondeulle Xesús: «Si, como ti dis, son Rei. Eu para isto nacín e para isto vin ao mundo: para dar testemuño da verdade. Todo o que é da verdade, escoita a miña voz» (Xn 18,33-37).
  • 67. Logo o fin, cando entregue o Reino ao Deus e Pai, cando teña suprimido todo dominio, toda autoridade e todo poder, porque debe el reinar ata que poña todos os seus inimigos baixo os seus pés. O último inimigo en ser destruído será a Morte. Porque someteu todas as cousas baixo os seus pés. Mais cando diga que «todo está sometido», é evidente que se exclúe a Aquel que someteu a el todas as cousas. Cando sexan sometidas a el todas as cousas, daquela tamén o Fillo se someterá a Aquel que lle someteu a el todas as cousas, para que Deus sexa todo en todo. (1 Cor 15,24-28).
  • 68. QUE IMPLICA CRER EN XESUCRIST O
  • 69. 1. Compartir a súa filiación. A nosa vocación é ser Fillos no Fillo Polo demais, sabemos que en todas as cousas intervén Deus para ben dos que o aman; de aqueles que foron chamados segundo o seu designio. Pois aos que de antemán coñeceu, tamén os predestinou a reproducir a imaxe de seu Fillo, para que fose el o primoxénito entre moitos irmáns (Rm 8,28-29). Bendito sexa o Deus e Pai do noso Señor Xesucristo, que nos bendiciu con toda clase de bendicións espirituais, nos ceos, en Cristo; por canto nos elixiu nel antes da fundación do mundo, para ser santos e inmaculados na súa presenza, no amor; elixindonos de antemán para ser os seus Fillos adoptivos por medio de Xesucristo, segundo o beneplácito da súa vontade, para loanza da gloria da súa graza coa que nos agraciou no Amado (Ef 1,3-5).
  • 70. Ao chegar a plenitude dos tempos, enviou Deus a seu Fillo, nacido de muller, nacido baixo a le, para rescatar os que se atopaban baixo a lei, e para que recibísemos a filiación adoptiva. A proba de que sodes Fillos é que Deus enviou aos nosos corazóns o Espírito do seu Fillo que clama: Abbá, Pai! De modo que xa non es escravo, senón Fillo; e se Fillo, tamén herdeiro por vontade de Deus (Gál 4,4-7).
  • 71. 2. No bautismo recibimos a filiación de Xesús, compartindo a súa vida filial, a súa morte e resurrección En efecto, todos os que son guiados polo Espírito de Deus son Fillos de Deus. Pois non recibistes un Espírito de escravos para recaer no temor; antes ben, recibistes un Espírito de Fillos adoptivos que nos fai exclamar: Abbá, Pai! O Espírito mesmo únese ao noso espírito para dar testemuño de que somos Fillos de Deus (Rm 8,14-16).
  • 72. Porque somos sepultados xuntamente con el para a morte polo bautismo, a fin de que como Cristo resucitou dos mortos pola gloria do Pai, así tamén nós andemos en vida nova (Rm 6,4) . Díxolle Xesús: «Teu irmán resucitará». Respondeulle Marta: «Xa sei que resucitará na resurrección, o último día». Xesús respondeulle: «Eu son a resurrección e a Vida. O que cre en min, aínda que morra, vivirá; e todo o que vive e cre en min, non morrerá endexamais. Cres ti isto? » (Xn 11,23-26)
  • 73. 3. E compártese a súa vida Quen ten o Fillo, ten a vida; quen non ten o Fillo, non ten a vida (1 Xn 5,12). Así como o Pai, que me mandou, vive e eu vivo polo Pai, tamén o que me come vivirá por min (Xn 6,57) Aquel día comprenderedes que eu estou en meu Pai e vós en min e eu en vós (Xn 14,20)
  • 74. 4. Unidos a Xesús, único mediador, temos acceso ao Pai E todo o que pidades no meu nome, eu heino facer, para que o Pai sexa glorificado no Fillo (Xn 14,13). Con toda a verdade volo aseguro: o que pidades ao Pai no meu nome, El hávolo dar...Aquel día pediredes no meu nome e non vos digo que eu rogarei ao Pai por vós, pois o Pai mesmo vos quere, porque me queredes a min e credes que saín de Deus (Xn 16,23.26-27)
  • 75. Díxolles Xesús: «Eu son o Camiño, a Verdade e a Vida. Ninguén vai ao Pai senón por min. Se me coñeceses a min, coñeceriades tamén a meu Pai; desde agora o coñecedes e tédelo visto... o que me viu a min, viu tamén o Pai... Non credes que eu estou no Pai e o Pai está en min? As palabras que vos digo, non as digo pola miña conta; o Pai que permanece en min é o que realiza as obras. Crédeme: eu estou no Pai e o Pai está en min. Cando menos, crédeo polas obras». (Xn 14,6-11).
  • 76. 5. Isto implica compartir os seus sentimentos Tende entre vós os mesmos sentimentos que Cristo: o cal, non se agarrou cobizamente á súa categoría de Deus; senón que se espiu do seu rango, asumiu a condición de escravo; fíxose un home normal e presentouse como tal, abaixouse a si mesmo, facéndose obediente ata a morte, e a morte na cruz! (Flp 2,5-8).
  • 77. 6. Agradecer a fe e a amizade con el Non me elixistes vós a min, senón que eu vos elixín a vós, e destineivos para que vaiades e deades froito, e que o voso froito permaneza; de modo que todo o que pidades ao Pai no meu nome volo conceda. (Xn 15,16). Non vos chamo xa servos, porque o servo non sabe o que fai o seu amo; a vós trateivos de amigos, porque todo o que oín a meu Pai déivolo a coñecer (Xn 15,15). Quen ten os meus mandamentos e os garda, ése ámame; e o que me ama, será amado por meu Pai; e eu amareino e manifestareime a el». (Xn 14,21).
  • 78. 7. Amar a Xesús é facer a súa vontade Quen ten os meus mandamentos e os garda, ése ámame; e o que me ama, será amado por meu Pai; e eu amareino e manifestareime a el». (Xn 14,21).
  • 79. 8. Coñecer mellor a súa persoa e obra Pido que o Deus do noso Señor Xesucristo, o Pai da gloria, vos dea o Espírito de sabedoría e de revelación no coñecemento del (Ef 1,17)
  • 80. 9. Recoñecelo como Señor facendo a súa vontade E todo o que fagades, sexa de palabra ou de obra, facédeo todo no nome do Señor Xesús, dando grazas a Deus Pai por medio del (Col 3,17) Non todo o que di: Señor, Señor!, entrará no Reino dos ceos, senón o que fai a vontade de meu Pai que está nos ceos (Mt 7,21)
  • 81. Xesús respondeulle: «Se alguén me ama, gardará a miña Palabra, e meu Pai amarao, e viremos a el, e faremos vida con el. O que non me ama non garda as miñas palabras. E a palabra que escoitades non é miña, senón do Pai que me enviou (Xn 14,23- 24).