1. O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.
Manuel María
MOVÉMONOS
EN
GALEGO
Boletín actividades 1º trimestre
Curso 2019/2020
CEIP de Quiroga
2. • Mural “ As nosas celebracións”: dividimos o mural nos 12
meses do ano e cada titoría encárgase de recoller mediante
diferentes técnicas plásticas unha celebración, festa ou actividade
propia da nosa contorna que teña lugar no mes escollido.
• Participación no Calendario “Estiño”, traballando a oliva.
• “Contos de lareira”: recompilación de contos, lendas, ditos
populares,..de medo ou misterio, propios desta zona. Con todo o
recollido elaboraremos un libro para a biblioteca do centro.
Data límite entrega: 23-10-19
• Celebramos o Samaín:
Exposición cabazas: o alumnado traerá cabazas decoradas e
irémolas colocando na entrada do colexio, dita exposición terá
lugar na semana do 28 ao 30 de outubro .
Canción Samaín: ao longo desta semana entraremos e saíremos
do colexio cantando a canción de “Corre, corre, cabaciña”.
Decoración corredores e traballo de diferentes actividades sobre
o tema nas titorías.
• Presentación PDI: “Montañas do Courel: un Xeoparque moi
humano”: para todo o colexio, en primaria a cargo de Moncho
Vila e en infantil as cargo do seu profesorado, en colaboración co
equipo de Biblioteca.
• Magosto: o xoves 7 de novembro celebraremos o magosto
con diferentes xogos tradicionais e co asado e degustación das
castañas.
• Día Internacional contra a Violencia de Xénero: faranse
diferentes actividades como contacontos e talleres para todo o
alumnado. Así como aquelas que xurdan nas diferentes titorías.
• Tarxetas de Nadal en galego: cada nena/o elaborará unha
tarxeta de Nadal en galego, na que se aprecie o tratamento da
educación en valores. Con todas elas faremos unha exposición
polos corredores do colexio.
• Guía de lectura: “O mellor agasallo, un libro”: o equipo de bi-
blioteca e o de dinamización da lingua galega elaborarán un
tríptico suxerindo contos/libros escritos en galego.
• Contamos contiños: ao longo deste curso, faremos varias se-
sión de contacontos, levadas a cabo polo alumnado, profesorado,
familias,…, para fomentar o uso do galego e o gusto pola lectura.
Así, no mes de outubro contaremos algún conto relacionado coa
temática do Samaín, en novembro que trate o tema da violencia
de Xénero e en decembro relacionado coa figura do Apalpador.
Ademáis daqueles outros que poidan xurdir ao longo deste tri-
mestre.
• Galego creativo: faremos diferentes taboleiros para os
Escornabots, relacionados co PDI: Montañas do Courel: un
Xeoparque moi humano”, así como con contos e outras activida-
des para fomentar o uso do galego.
• Lili quere saber...: dende novembro a maio terá lugar este
concurso de pistas e adiviñas relacionadas co PDI a traballar.
• Revista escolar: entregarase un folla por titoría. Data límite de
entrega: 14 de decembro.