2. Sector secundario
Comprende as actividades económicas que permiten a transforma de materias primas
noutros produtos que poidan satisfacer as necesidades humanas.
· Industria: Transforma materias primas en produtos elaborados. Factores de
produción: Materias primas, fontes de enerxía e factores de produción.
· Minería:Localizar, extraer e refinar as rochas e os minerais que se atopan no
solo e no subsolo.
· A produción de enerxía transforma fontes de enerxía en formas de enerxía
como calor, electricidade... Que permiten realizar un traballo.
· A construción crea diferentes tipos de estruturas e infraestruturas.
3. Materias primas industriais
· De orixe biolóxica:
a)Vexetais: obtéñense da agricultura e da explotación forestal (remolacha, algodón,
liño...).
b)Animais: derivan da gandería e da pesca (peles, la e seda) suministra peixes,
aceites...
· De orixe xeolóxica:
a)Minerais: dos que se extraen metais, metais preciosos e non metálicos.
b)Rochas: granito, arxila, calcaria, mármore...
c)Combustibles fósiles: carbón, petróleo, gas natural...
4. Fontes de enerxía tradicionais:
· Petróleo: procede da descomposicións de animais e vexetais, sepultados
durante millóns de anos nun medio acuoso. Proporciona gasolina, alcatrán..
· Gas natural: mesma orixe que o petróleo. Úsase para obter electricidade en
centrais térmicas; gas canalizado para calefaccións, etc.
· Carbón: mineral combustible. Úsase para producir electricidade en centrais
térmicas, fabricar ferro e aceiro , obter gas e produtos químicos.
· Enerxía hidroeléctrica: obtense a partir da auga embalsada por unha presa
e úsase, sobre todo, para producir electricidade en centrais hidroeléctricas.
· Enerxía nuclear de fisión: obtense da separación ou fisión de átomos.
Úsase, sobre todo, para obter electricidade en centrais nucleares.
Fontes de enerxía alternativas
· Enerxía solar: procede da luz e calor do Sol. Proporciona calor
(auga quente, calefacción...).
· Enerxía eólica: do vento, que move aeroxeradores e proporciona
electricidade.
· Biomasa: residuos agrícolas das industrias transformadoras destes
produtos.
· Xeotérmica: calor interna da Terra que quenta auga.
· Maremotriz: procede da forza das mareas do mar que úsase para
producir electricidade.
· Nuclear de fusión: unión ou fisión de átomos. Produce gran
cantidades de enerxía.
5.
6. Actividade industrial e a súa
evolución
Industria artesanal:
Realizábase a man ou con instrumentos tradicionais, fontes de enerxía pouco
potentes, uso da forza humana, animal ou a madeira.
Industria moderna: (1770/1950)
Fontes de enerxía máis potentes, a produción era abundante, barata e
homoxénea.
Industria actual:
Automatización das máquinas e incorporación de novas fontes de enerxía máis
potentes.
7. Industrias
· Industrias de base; fabrican produtos semielaborados. Son industrias
pesadas xa que consomen grandes cantidades de materias primas e enerxía.
· Industrias de bens de equipo; utilizan como materia prima os
produtos proporcionados pola industria pesada; considéranse tamén industrias
pesadas.
· Industrias de uso e consumo; fabrican produtos elaborados. Todas
elas con industrias lixeiras, xa que consomen menor cantidade de materias
primas e enerxía.
Espazos industriais
· Polígonos industriais; son espazos de dimensións variables que
acollen as industrias tradicionais. Adoitan localizarse arredores das cidades.
· Parques tecnolóxicos; dimensións similares aos polígonos
industriais. Sitúanse en contornos de alta calidade ambiental e preto de cidades
con universidade.
· Tecnópoles; grandes dimensións. Alta tecnoloxía, vinculadas a
empresas innovadoras e centros de investigación e desenvolvemento (I + D).
8.
9. Sector terciario
Non produce bens pero satisfai as necesidades que poden ter as persoas.
(Transporte, comunicacións, comercio, turismo...).
Clasificación
-Privados; préstanos as empresas privadas co diñeiro pagado. Obteñen máximo
beneficio.
-Públicos; préstanos ó Estado grazas a os impostos que lle impoñen ás persoas.
Proporciona bens á sociedade.
10. Comercio
Consiste na compravenda de mercadorías e servizos entre produtores e
consumidores.
Comercio interior: (realízase dentro das fronteiras dun país).
- Comercio por xunto: compra directamente aos produtores grandes
cantidades dde mercadorías para vendelas a pequenos comerciantes.
- Comercio por miúdo: vende directamente aos consumidores en
pequenas cantidades cunha ampla gama de establecementos.
Comercio exterior: (realízase entre países)
- Importación: compra de mercadorías e servizos ao estranxeiro.
- Exportación: venda de mercadorías e servizos ao estranxeiro.
*Balanza de pagamentos; documento que calcula o valor de importación e
exportación.
Áreas do comercio internacional
· Unión Europea, Xapón, EE.UU, son as principais.
· Países emerxentes (China, India, Brasil,), masiva exportación de manufacturas
cara a países desenvolvidos.
· Os demais países; algúns, como América Latina, están en vías de
desenvolvemento.
Outros como a África subsahariana, non ten contacto case co comercio.
11.
12. Transporte
(Traslada persoas ou mercadorías entre lugares. Necesítanse medios de
transporte infraestruturas fixas)
Redes mundiais de transporte:
- Nivel mundial; Nova York, Londres e Tokyo.
- Nivel rexional; inflúen as condicións xeográficas e o desenvolvemento
económico.
13. Turismo
(desprazamento temporal das persoas con duración de máis dun dia e menos dun
ano)
Causas: aumento do nivel de vida, proporciona ingresos en tempo libre para ocio...
Repercusións:
· Económicas; crea emprego, estimula actividades económicas...
· Demográficas: detivo a emigración en certos países. Pode saturar os servizos.
· Sociais: modernización de áreas. Perda de costumes.
· Ambientais: altera paisaxe, contaminación , sobreexplotación da auga e solo...
*Turismo sostible: compatibiliza un desenvolvemento económico co mantenemento
dos valores naturais e culturais.