SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 36
Notación Xeneraliza dun Elemento


                X                              X
            A            m+            A           m-


           Z             n             Z           n

    X    SÍMBOLO DO ELEMENTO

    Z    NÚMERO ATÓMICO (número de protóns do núcleo)

    A    NÚMERO MÁSICO (protóns do núcleo + nº neutróns)
    n    Número de átomos do agregado que se presenta.

    m    Carga absoluta se se trata dun ión.



   Se a particula esta cargada negativamente
Formulación e nomenclatura en
         Química Inorgánica
A fórmula química é unha representación simbólica da molécula ou
unidade estrutural dunha substancia. Contén os símbolos dos elementos
que forman o composto e, xunto a eles, uns subíndices que indican o
número de átomos deses elementos.

A nomenclatura é o conxunto de regulamentos mediante os cales se
nomean os compostos.
Sistemas de nomenclaturas

       Sistemática: [proposta pola IUPAC]. utiliza os prefixos mono (1), di (2), tri (3), tetra
      (4), penta (5), hexa (6),hepta (7), para indicar o número de átomos correspondentes
      aos elementos que forman o composto.

      Pódese prescindir do prefixo mono cando non sexa necesario (elemento que ten un só
      número de oxidación), e, adoita indicarse cando a proporción é 1:1

       Stock: nome do composto (entre paréntese e en números romanos o número de
      oxidación do elemento diferenciador do composto).

       Tradicional: o sistema máis antigo], só a utilizaremos na nomenclatura dos oxiácidos e
      das oxisales
CONCEPTOS BÁSICOS
Valencia:     É o poder de combinación dun átomo para
unirse con outros e formar un composto. Nos compostos
iónicos é igual á carga iónica. Nos compostos covalentes
é igual ao número de unións formadas.

Número de oxidación: É un número enteiro que
representa o número de electróns que un átomo pon en
xogo cando forma un composto determinado.

             É positivo se o átomo perde electróns, ou os
             comparte cun átomo que teña tendencia a
             captalos. E será negativo cando o átomo gañe
             electróns, ou os comparta cun átomo que teña
             tendencia a cedelos.
Regras para determinar o número de oxidación

 1)   Nun elemento en estado puro o índice de oxidación é cero. Na , Cl2, é 0.
 2)   Nun ión o número de oxidación coincide coa súa carga. No CsF: Cs+ e F .

 3)   O número de oxidación do hidróxeno é +1 (Agás nos hidruros metálicos
      onde o Hidróxeno actúa con -1).

 4)   O número de oxidación do osíxeno é -2 (Agás nos peróxidos e
      hiperóxidos onde es -1 e -1/2, respectivamente)

 5)   O número de oxidación do fluor é sempre           1.
 6)   A suma dos números de oxidación de cada un dos átomos que constitúen
      un composto neutro é cero.
 7)   Nos ións poliatómicos, a suma dos números de oxidación dos átomos é
      igual a carga neta do ión.

 (O número de oxidación escribese en números romanos (lembrao no uso da
 nomenclatura de Stock: +I, +II, +III, +IV, -I, -II, -III, -IV, etc). Pero para facilitar
 cálculos tamén se usan caracteres arábigos : +1, +2, +3.., -1, -2, -3, etc).
Números de oxidación máis usuais
      1    2     3    4     5     6    7     8    9    10 11 12 13 14 15 16 17
     números de oxidación positivos                                          co H e cos metais

                     números de oxidación negativos                    3        4      3      2         1

     +1   +2               +5    +6    +7   +2    +2   +2   +1   +2   +3      +4     +5     +6     +7
                                 +3    +6   +3    +3   +3                            +3     +4     +5
                                 +2    +4                                            +1     +2     +3
                                       +3                                                          +1
                                       +2
                                                            Cu
                                              Outros        +2             Elementos que, con estes
1º   H                                        números de                  nº de oxidación , dan lugar
                                              oxidación     Au   Hg           a ácidos oxiácidos.
                                                            +3   +1

2º   Li   Be                                                          B        C      N      O      F

3º   Na   Mg                                                          Al       Si     P      S      Cl

     K    Ca                V    Cr   Mn    Fe    Co   Ni   Cu   Zn   Ga      Ge     As      Se     Br
4º
     Rb    Sr                                               Ag   Cd   In      Sn      Sb     Te         I
5º
     Cs   Ba                                                Au   Hg   Tl      Pb      Bi     Po     At
6º
TIPOS DE SUBSTANCIAS




               COMPOSTOS                OXIÁCIDOS
                BINARIOS



                           HIDRÓXIDOS
SUBSTANCUIAS                                        OXISALES
                               E
  SIMPLES
                           CIANUROS
SUBSTANCIAS SIMPLES

Trátanse de combinacións de átomos dun só elemento.

Algunhas substancias simples formúlanse co símbolo do
elemento e un subíndice que indica o número de átomos
que as forman: H2, F2, Cl2, Br2, I2, N2, O2, O3, P4, As4, S8, Se8.

Outras substancias simples forman redes tridimensionais,
nos que en cada vértice do cristal se encontra un átomo
unido ao resto mediante enlace covalente, como no Si (silicio)
e o C (diamante e grafito), o enlace metálico, como nos
metais Fe, Au, Sn, …

Os gases nobres son monoatómicos, polo que se representan
mediante o símbolo do elemento.
Todas estas substancias noméanse pola nomenclatura sistemática.

   Composto             N. Sistemática            N. Tradicional

       H2                   dihidróxeno              hidróxeno

       F2                     diflúor                  flúor

       Cl2                    dicloro                  cloro

       Br2                   dibromo                  bromo

        I2                    diiodo                   iodo

       O2                    dioxíxeno                oxíxeno

       O3                   trioxíxeno                 ozono

       S8                    octaxofre                 xofre

       P4                   tetrafosforo          Fósforo (branco)

       C            Carbono (diamante, grafito)
       Ar           Argon
       Fe           Ferro
SUBSTANCIAS BINARIAS
Son aquelas substancias que están formadas por
dous elementos.

1.   Nas fórmulas químicas colócase en primeiro lugar o elemento máis
     electropositivo e logo o máis electronegativo. Como regra xeral para
     aplicar a norma anterior, o elemento que se nomea en primero lugar
     colócase en segundo lugar e a inversa.

2.   No caso dos compuestos binarios entre elementos non metálicos,
     escribese primeiro o elemento situado máis a ezquerda na siguiente
     serie (ainda que hai que dicir que esta serie non segue estrictamente a
     orde crecente de electronegatividade establecido por Pauling):

        B, Si, C, Sb, As, P, N, H, Te, Se, S, I, Br, Cl, O, F
     (Obsérvese que, salvo o H e o O, seguen a orde inversa dos grupos dos
     elementos non-metálicos do sistema periódico).
3.   Como en todo composto químico neutro, a carga total debe ser nula, o
     número de oxidación aportado pola parte electropositiva debe
     coincidir en valor absoluto co número de oxidación da parte
     electronegativa. Actuarase en consecuencia:

                             máis electronegativo

                  +x    -y                          +x    -y
               A B                            A B     y   x
                                                               y(+x) + x(-y) = 0
                              nº oxidación negativo



4.   Toda fórmula química salvo lixeiras excepcións, que indicaremos, debe
     simplificarse ao máximo, é dicir, os subíndices deben ser primos entre
     si.

5.   Utilizaremos para escribir os seus nomes a nomenclatura de Stock e a
     sistemática.

6.   Para nomealos cítase primeiro o elemento máis electronegativo
     terminado en “uro”, salvo se se trata dun composto con oxíxeno que se
     utiliza a palabra “óxido”.
CLASIFICACIÓN DAS SUBSTANCIAS BINARIAS




                             PERÓXIDOS
                ÓXIDOS           E            HIDRUROS                          SALES BINARIOS
                            HIPEROXIDOS




  Básicos             Ácidos          Metálicos        Non metálicos      Sales neutros    Sales volátiles

metal+oxíxeno     N.metal+oxíxeno   metal+hidróxeno   N.metal+hidroxeno   metal+N. metal   N.metal+N.metal




                                      grupos 13, 14,15              grupos 16, 17
                                      hidruros volátiles         haluros dehidróxeno
COMBINACIÓNS BINARIAS DO OXÍXENO

 Son tres as combinacións que pode formar o oxíxeno: os óxidos, os
 peróxidos e os hiperóxidos ou superóxidos.
 Os ÓXIDOS son combinacións do oxíxeno (O2-) con outro elemento. Os
 óxidos pódense clasificar en función das súas propiedades ácido-base, de
 acordo co seu comportamento fronte a auga; es dicir:
                                                      Formula xeral

    oxíxeno + metal               óxido básico            M2Om
oxíxeno + non metal               óxido ácido             N2On


 A nomenclatura de Stock, é a nomenclatura recomendada para os óxidos
 básicos.

 A nomenclatura sistemática, é a nomenclatura recomendada para os
 óxidos ácidos.
Os PERÓXIDOS son combinacións dun metal (do grupo: 1, 2, 11 e 12),ou
do hidróxeno, co grupo peróxido (O22-), onde cada osíxeno ten número de
oxidación -1, polo que estes compostos non se poden simplificar os
subíndices. A fórmula xeral : X2 (O2)n .

Se utilizamos a nomenclatura sistemática, noméanse igual que no caso
dos óxidos. Se utilizamos a nomenclatura de Stock, noméanse igual que
no caso dos óxidos, cambiando a palabra óxido por peróxido.

    Composto              Sistemática                     De Stock

      Na2O2            Dióxido de disodio            Peróxido de sodio
      MgO2           Dióxido de magnesio         Peróxido de magnesio
      Cu2O2           Dióxido de dicobre            Peróxido de cobre (I)
       CuO2            Dióxido de cobre          Peróxido de cobre (II)
       H2O2         Dióxido de dihidróxeno       Peróxido de hidróxeno

Os HIPERÓXIDOS OU SUPERÓXIDOS son combinacións dun metal co grupo
hiperóxido (O21-). A nomenclatura recomendada é a de Stock, cambiando a palabra
óxido por hiperóxido (ou superóxido). Exemplos son:
    KO2        Hiperóxido de potasio         BaO4          Hiperóxido de bario
COMBINACIÓNS BINARIAS DO HIDRÓXENO
O hidróxeno pode combinarse co resto dos elementos da táboa periódica.
Actúa co número de óxidación. -1 se se combina cos elementos situados a
súa esquerda e con +1 si se combina cos elementos situados á dereita,
segundo a ordenación establecida por la IUPAC.

    B, Si, C, Sb, As, P, N, H, Te, Se, S, I, Br, Cl, O, F
As combinacións a queda lugar son:
                                                             Formula xeral
                                        HIDRURO
  hidróxeno + metal                     METÁLICO                     MHn
Nos hidruros metálicos recoméndase a nomenclatura de Stock.

      Composto            Sistemática                 De Stock

        FeH2           Dihidruro de ferro      Hidruro de ferro (II)
        Fe2H3         Trihidruro de diferro    Hidruro de ferro (III)
        ZnH2           Dihidruro de cinc           Hidruro de cinc
Formula xeral
                                                 HALURO DE
hidróxeno + n. metal (G. 16,17)                  HIDRÓXENO                      HnX

               S, Se, Te          F, Cl, Br, I
Nos haluros de hidróxeno recoméndase a nomenclatura sistemática. A de Stock non
se usa.
A nomenclatura tradicional está admitida pola IUPAC. Hai que ter en conta que as
disolucións acuosas destes compuestos teñen carácter ácido (ácidos hidrácidos), polo
que se nomean coa palabra ácido e o nome do elemento acabado en hídrico.

      Composto                Sistemática                     Tradicional

          HF            Fluoruro de hidróxeno             Ácido fluorhídrico
         HCl             Cloruro de hidróxeno              Ácido clorhídrico
         H2S             Sulfuro de hidróxeno              Ácido sulfhídrico
        H2Se            Seleniuro de hidróxeno            Ácido selenhídrico

Na nomenclatura sistemática, non é necesario poñer os prefixos numerais antes do
hidróxeno, ao ter os elementos non metálicos un único n.o. negativo.
Para distinguir entre os haluros de hidróxeno, gasosos ou disoltos en auga, adoita
acompañarse fórmula a expresión entre parénteses: (aq), que significa acuoso: cloruro de
hidrógeno(gas) HCl; ácido clorhídrico(acuoso) HCl(aq) .
Formula xeral
                                              HIDRUROS
hidróxeno + n. metal (G. 13,14,15)            VOLÁTILES                 XHn
               B        C, Si      N, P,As,Sb


Nos hidruros volátiles recoméndase a nomenclatura sistemática, ainda
que a IUPAC acepta os nomes comúns da tradicional. A nomenclatura de
Stock non se utiliza.
    Composto             Sistemática                 Tradicional

      BH3            Trihidruro de boro               Borano
      CH4          Tetrahidruro de carbono            Metano
      SiH4          Tetrahidruro de silicio            Silano
      NH3          Trihidruro de nitróxeno           Amoníaco
      PH3           Trihidruro de fósforo             Fosfina
      AsH3          Trihidruro de arsénico             Arsina
      SbH3         Trihidruro de antimonio            Estibina


Existen outros hidruros volátiles como a        hidracina N2H4, o diborano
B H , que non se simplifican.
SALES BINARIOS
Son a combinación de dous elementos que non sexan hidróxeno e oxíxeno.
As combinacións a queda lugar son:                            Formula xeral

   metal + N. metal                    SAL NEUTRO                   MXXn
 N. metal + N. metal                   SAL VOLÁTIL                  AbBa
 Nos sales neutros recomendase a nomenclatura de Stock.
 Nos sales volátiles recomendase a nomenclatura sistemática.
Para a formulación dos sales volátiles conven recordar que a IUPAC establece que
se coloque a esquerda o (elemento máis electropositivo) o símbolo do elemento que
figure antes na relación: B<Si<C<Sb<As<P<N<Te<Se<S<I<Br<Cl<F
    Composto               Sistemática                   De Stock

      Fe2S3            Trisulfuro de diferro       Sulfuro de ferro (III)
      AuCl            Monocloruro de ouro          Cloruro de ferro (I)
      Cu2C             Carburo de dicobre         Carburo de cobre (II)
       PCl3            Tricloruro de fósforo     Cloruro de fósforo (III)
       PCl5         Pentacloruro de fósforo       Cloruro de fósforo (V)
       CS             Disulfuro de carbono       Sulfuro de carbono (IV)
HIDRÓXIDOS E CIANUROS
Os hidróxidos e os cianuros son compostos ternarios, e dicir, son
compuestos formados por tres elementos diferentes.
Os HIDRÓXIDOS fórmanse a partir do anión poliatómico OH , anión
hidróxido, e un catión metálico. Formúlanse e nomeánse seguindo as regras
xa dadas. O anión OH ten número de oxidación igual a súa carga, e decir, -
1.
Nos hidróxidos recoméndase a nomenclatura de Stock

       Composto             Sistemática                    De Stock
       Fe(OH)3          Trihidróxido de ferro    Hidróxido de ferro (II)
       Pb(OH)4       Tetrahidróxido de chumbo   Hidróxido de chumbo (IV)
        AuOH          Monohidróxido de ouro          Hidróxido de ouro (I)

Os CIANUROS son os compostos formados polo anión poliatómico CN ,
ión ciano, e os catións metálicos, seguen as regras que xa coñecemos
        NaCN                                           Cianuro de sodio
       (NH4)CN                                         Cianuro amónico
ÁCIDOS OXIÁCIDOS
Son compostos formados poa unión do oxíxeno, o hidróxeno e un non
metal (ou un metal, como o cromo, o manganeso ou o vanadio, en alto
estado de oxidación).
Cando se encontran en disolución acuosa, deixan protóns (H+) en liberdade,
conferindo propiedades ácidas as disolucións.
                                 Números de oxidación
A súa fórmula xeral é:
                                  +1       +x       2

                                  H XO a        b       c

Para formulalos escribiremos o símbolo do hidróxeno, á dereita o do non
metal ou metal de transición, e a continuación o símbolo do osíxeno.
Encima de cada un dos elementos anteriores ,os seus números de oxidación.
A continuación escribiremos o número de oxíxeno necesario para que
multiplicado polo seu número de oxidación (-2) supere no mínimo ao
número de oxidación do non metal. Por último, a diferenza entre os dous
valores anteriores a cubrimos co hidróxeno.
A fórmula resultante depende só do número de oxidación de X, polo que é
posible agrupar as estruturas segundo o número de oxidación.

As estruturas presentan certas regularidades segundo o elemento central X
empregue número de oxidación par ou impar.
A continuación formúlanse os ácidos correspondentes ao cloro (n.o. +5) e o
xofre (n.o. +6):
                                           Carga do anión
   +5    2      +5    2
                                             +
                              ClO3         H     +   ClO3       HCl O3
   Cl O         Cl O3
                 +5   6



        Anións poliatómicos                      oxiácidos

                                            Carga do anión
    +6   2        +6 2
                                     2           +          2
                               S O4        2H        + SO       H2 S O4
        SO        S O4                                      4
                  +6 8
Formulando os demais ácidos, con números de oxidación impares: +1,
+3, e +7, temos as seguintes fórmulas:

                                  +1               HXO1
                                  +3               HXO2
             Números de
              oxidación           +5              HXO3
                                  +7               HXO4

Formulando os demais ácidos, con números de oxidación pares: +2, +4, e
+6, temos as seguintes fórmulas:
                                  +2              H2XO2

             Números de           +4              H2XO3
              oxidación
                                  +6              H2XO4

Os ácidos que proveñen de números de oxidación impares teñen só un H,
mentres os que proveñen de números de oxidación pares teñen 2 H.

Todas as formas, tanto con números de oxidación consecutivos par ou impar,
diferencianse nun oxíxeno.
Para nomerar os oxiácidos empreganse tres nomenclaturas: a sistemática, a
funcional (ou de Stock) e a tradicional. Nesta presentación só veremos a
sistemática e a tradicional.
Para nomear a estes compostos, pola nomenclatura tradicional, séguense
as siguintes regras :
                                prefixo             sufixo
                        a)       Hipo-              -oso
                        b)        …..     Raiz do   -oso
                                            non
                        c)       ………                 -ico
                                           metal
                        d)       Per-                -ico
I.     Os non metais, que teñen catro números de oxidación, que son os
       halóxenos, utilizan as catro regras anteriores.
II.    Os non metais, que teñen tres números de oxidación, qu son os
       anfíxenos, e nitroxenoideos, utilizan as regras “a”, “b” e “c”. O
       manganeso utiliza as regras “b”, “c” e “d”.
III.   Os non metais que teñen dous números de oxidación, algún
       nitroxenoideo (As, Sb), utilizan as regras “b” e “c”.
IV.    Os non metais que teñen un só número de oxidación, carbonoideos
       (empregan aquí só o +4), o boro e o cromo utilizan a regra “c”.
Unha forma sinxela de aprender esta nomenclatura é a seguinte:

Aprendemos de memoria o nome dos seguintes ácidos:

         H Cl O3 Ácido clórico             H2 S O4     Ácido sulfúrico

           Serve para calquera elemento,    Serve para calquera elemento,
            non metálico, de número de       non metálico, de número de
                oxidación impar +5                oxidación par +6


1.   Os ácidos que seguen as formas anteriores, noméanse acabando en “ico” o
     nome de elemento correspondente.

2.   Diminuíndo o subíndice do osíxeno nunha unidade (equivale a quitar un
     átomo), obtemos outras formas que se nomean coa terminación “oso”.

3.   Diminuíndo en dous os osíxenos, obtemos outras formas que se nomean co
     prefixo “hipo” e a terminación “oso”.
4.   Aumentando o subíndice do oxíxeno, nunha unidade obtemos outras formas
     que se nomean co prefixo “per” e a terminación “ico”.
Para nomear a estes compostos, pola nomenclatura sistemática, comézase
polo prefixo numeral (mono, di, tri, tetra,…), que indica o número de
oxíxenos, seguido por –oxo- (de oxíxeno), o nome do átomo central
terminado en –ato e o seu número de oxidación entre paréntese e en
números romanos, por último engádese de hidróxeno.

Para sistematizar o estudo dos oxiácidos, imos a fixarnos no
grupo do elemento non metálico.
Oxiácidos do grupo dos halóxenos
Nestes compostos o non metal pode ser: Cl, Br e I con n.o. +1, +3, +5, +7. O flúor
non forma oxiácidos.

   Composto                  Sistemática                       De Stock
     HClO            oxoclorato(I) de hidróxeno            ácido hipocloroso
    HClO2           dioxoclorato(III) de hidróxeno           ácido cloroso
    HClO3           trioxoclorato(V) de hidróxeno             ácido clórico
    HClO4         tetraoxoclorato(VII) de hidróxeno         ácido perclórico
Oxiácidos do grupo dos anfíxenos
Nestes compostos o non metal pode ser: S, Se e Te con n.o. +2, +4, +6.

 Composto                   Sistemática                          De Stock
   H2SO2           dioxosulfato(II) de hidróxeno          ácido hiposulfuroso
   H2SO3           trioxosulfato(IV) de hidróxeno           ácido sulfuroso
   H2SO4          tetraxosulfato(VI) de hidróxeno           ácido sulfúrico

De forma análoga procederíase para o selenio e para o teluro.

Oxiácidos do grupo dos nitroxenoideos
Nestes compostos o non metal pode ser: N e P con n.o. +2, +3, +5, As e Sb (ambos
con n.o. +3, +5).

  Composto                   Sistemática                         De Stock
    HNO              oxonitrato(I) de hidróxeno             ácido hiponitroso
    HNO2            dioxonitrato(III) de hidróxeno              ácido nitroso
    HNO3             trixonitrato(V) de hidróxeno               ácido nitrico
O (P), (As) e (Sb) poden formar máis dun oxiácido co mesmo n.o. Así, utilizase o
prefixo meta- para identificar o oxiácido que se obten seguindo a regra de
formulación anterior, o prefixo orto- para o ácido que se obten ao sumar unha
molécula de auga a forma meta. O prefixo di- (piro-) fai referencia ao grao de
polimerización do ácido respectivo. Esta polimerización pode ser maior (tri-, tetra-,
…). Como regra xeral, elimínase unha molécula de auga menos que o número que
indica o grado de polimerización do ácido.
               oxiácido “meta” + H2 O                  oxiácido “orto”

               2 oxiácido “orto”       H2 O            oxiácido “di” ou “piro”

                   3 H3PO4           2 H2 O             H5P3O10

Para o caso do P con n.o. +5:

 Composto                    Sistemática                        De Stock
   HPO3            trioxofosfato(V) de hidróxeno          ácido metafosfórico
   H3PO4         tetraoxofosfato(V) de hidróxeno           ácido ortofosfórico
  H4P2O7        heptaoxodifosfato(V) de hidróxeno           ácido difosfórico
  H5P3O10       decaoxotrifosfato(V) de hidróxeno           ácido trifosfórico
Oxiácidos do grupo dos carbonoideos
Nestes compostos o non metal puede ser: C e Si con n.o. +4 (non existe o oxiácido
de C con n.o. +2). O oxiácido de C, o ácido carbónico, é inestable descompoñendose
en dióxido de carbono e auga. Sen embargo, ten importancia pois del derivan os
carbonatos.
No caso do silicio, existen tres oxiácidos, como ocurría co P:
   Composto                    Sistemática                           De Stock
    H2CO3          trioxocarbonato(IV) de hidróxeno               ácido carbónico

    H2SiO3           trioxosilicato(IV) de hidróxeno             ácido metasilícico
    H4SiO4            tetraoxosilicato(IV) de hidróxeno          ácido ortosilícico
    H6Si2O7       heptaoxodisilicato(IV) de hidróxeno             ácido disilícico

Oxiácidos do boro
Nestes compostos, o boro actúa co n.o. +3. Pódense formular os seguintes
compostos:

   Composto                    Sistemática                           De Stock
     HBO2            dioxoborato(III) de hidróxeno               ácido metabórico
    H3BO3            trioxoborato(III) de hidróxeno              ácido ortobórico
Oxiácidos de metais en alto estado de oxidación (Estes ácidos non existen na
natureza, pero son importantes xa que si se coñecen as súas sales).
Oxiácidos do manganeso
Nestes compostos o Mn pode ter n.o. +4, +6 e +7. As terminacións son: -oso, -ico e per- …-ico, e
non hipo-…-oso, -oso e –ico, como cabería esperar para un con elemento con tres n.o.

 Composto                           Sistemática                            De Stock
  H2MnO3             trioxomanganato(IV) de hidróxeno                  ácido manganoso
  H2MnO4           tetraoxomanganato(VI) de hidróxeno                  ácido mamgánico
   HMnO4           tetraxomanganato(VII) de hidróxeno                 ácido permangánico
Oxiácidos do cromo
Nestes compostos o Cr actúa co n.o. +6 , ademáis o cromo forma tamén o ácido dicrómico,
ácido de grande importancia en química polas sales a que da lugar.
 Composto                           Sistemática                            De Stock
  H2CrO4             tetraxocromato(VI) de hidróxeno                     ácido crómico
  H2Cr2O7          heptaoxodicromato(VI) de hidróxeno                   ácido dicrómico

Oxiácidos do vanadio
Nestes compostos o V actúa co n.o. +5 , ademáis forma tamén o ácido ortovanádico.

    HVO3               trioxovanadato(V) de hidróxeno                 ácido metavanádico

   H VO              tetraoxovanadato(V) de hidróxeno                 ácido ortovanádico
NOMENCLATURA DOS IÓNS
1.   Para os anións monoatómicos: cítase o nome do elemento acabado en “uro”,
     agas se se trata do oxíxeno que se nomea como “óxido”.

2.   Para os catións monoatómicos: indícase simplemente o nome do elemento
     utilizando a nomenclatura de Stock.

3.   Entre os ións poliatómicos (anións e catións) temos o OH- : ión hidróxido;
     NH4+ : ión amonio.

4.   Os oxianións son ións poliatómicos que proceden dos correspondentes
     oxiácidos, que perderon un ou máis hidróxenos. A carga negativa resultante
     coincide con número de H perdidos.

     Na nomenclatura sistemática ss oxianións noméanse igual que o ácido de
     que proceden, pero suprimindo a expresión de hidróxeno e sustituíendo a
     palabra ácido por ión

     Na nomenclatura tradicional noméanse sustituíndo a palabra ácido por ión e
     as terminacións –oso por –ito e –ico por –ato. Para os ións ácidos colocase o
     prefixo que indique o número de hidróxenos do anión.
Para os catións metálicos recomendase a nomenclatura de Stock.

Para os anións monátómicos recoméndase a nomenclatura tradicional.

     Para os oxianións recoméndase a nomenclatura tradicional.

Composto               Sistemática                    tradicional
  Fe2+                 Ión ferro(II)
  Ca2+                  Ión calcio                     Ión calcio
   Cl-                  Ión cloruro                   Ión cloruro
   S2-                  Ión sulfuro                   Ión sulfuro

  NH4+                                                Ión amónio
  H3O+                                                Ión oxónio
  NO2-             Ión dioxonitrato(III)               Ión nitrito
  CO32-           Ión trioxocarbonato(IV)            Ión carbonato
 Cr2O72-        Ión heptaoxodicromato(VI)            Ión dicromato
 H2PO4-      Ión dihidróxenotetraoxofosfato(V)   Ión dihidróxenofosfato
OXISALES
Son compostos formados poa un non metal, osíxeno, e un metal que
proceden da reacción de neutralización entre un oxiácido e un hidróxido
metálico.

A efectos de formulación, as oxisales poden considerarse como compostos
binarios formados por un catión metálico (provinte da base) e un oxianión
(provinte do ácido)
                                               oxisal


                HClO3 + NaOH             NaClO3 + H2O

As oxisales, pola nomenclatura sistemática, noméanse de maneira
parecida ao oxiácido de procedencia, substituíndo a palabra hidróxeno
polo nome do metal correspondente e o n.o. co que actúa entre
parénteses. Comezase polo anión e se termina polo catión.

Cando o anión ten subíndices, tamén se pode nomear mediante os prefixos
gregos bis-, tris-, tetrakis-, pentakis- …, e neste caso non é necesario
indicar o número de oxidación do metal.
Na nomenclatura de Stock e tradicional aceptada, substitúense as
 terminaciones –oso/-ico do oxiácido de procedencia por –ito/-ato,
 respectivamente; os prefixos hipo-/per-, se os tuviera o ácido do que
 procede, manteñense e, a continuación, figuran o nome do metal e o
 número de oxidación co que actúa entre parénteses, sempre cando teña
 máis de un.

Para os oxisales recoméndase a nomenclatura de
Stock e tradicional aceptada.
 Composto                  Sistemática                  Stock-tradicional aceptada
  AgNO3             trioxonitrato(V) de prata                Nitrato de prata

Ni2(SO4)3    Tetraoxosulfato(VI) de níquel(III) Tris-     Sulfato de níquel(III)
                   tetraoxosulfato(VI) de niquel

  NiSO4         Tetraoxosulfato(VI) de níquel(II)          Sulfato de níquel(II)

Pb3(PO4)4       Tetraoxofosfato(V) de chumbo(IV)         Fosfato de chumbo(IV)
             Tetrakis- tetraoxofosfato(V) de chumbo
(NH4+)2CO3       Trioxocarbonato(IV) de amonio            Carbonato de amonio
SALES ÁCIDOS
Son sales que conteñen átomos de hidróxeno na súa estructura. Pódense
considerar como derivados de oxiácidos polipróticos (con máis dun
hidróxeno), nos que se substitúe algún/s hidróxenos por catións
metálicos.
Formúlanse igual que os oxisales, comezando polo catión seguido polo
oxianión, que contén un o máis hidróxenos.
Tamén se consideran sales ácidos aquelas que proceden de substituir un
hidróxeno nos ácidos hidrácidos .
 Composto                  Sistemática                Stock-tradicional aceptada
 NaHCO3       Hidróxenotrioxocarbonato(IV) de sodio   Hidroxenocarbonato de sodi

              Dihidróxenotetraoxofosfatofato(V) de
                            ferro(II)                   Dihidróxenofosfato de
Fe2(H2PO4)2                                                    ferro(II)
              Bis- dihidróxenotetraoxofosfato(V) de
                               ferro
                  Hidróxenotrioxosulfato(IV) de          Dihidróxenosulfito de
Cr(HSO3)3                  cromo(III)                         cromo(III)

Cr(HSO3)3           Hidróxenosulfuro de litio          Hidróxenosulfuro de litio
SALES BÁSICOS
 Son sales que se orixinan cando nuha reacción de neutralización existe un exceso
 de hidróxido con respecto do ácido. Son compostos que posúen algún grupo OH
 na súa estrutura.

 Para formulalos escríbese primeiro o catión e logo os anións en orde alfabética

 Na nomenclatura sistemática, noméanse como as sales neutras, antepondo ao nome
 do anión o termo hidroxi, precedido dos prefixos numerais, segúndo o número de
 grupos OH - presentes no sal.

 Na nomenclatura de Stock e tradicional aceptada, noméanse citando, en orde
 alfabética, o nome do anión e o termo hidróxido unido por un guión. A palabra
 hidróxido leva anteposto un prefixo que indica o número deles presente na fórmula.

 Composto                     Sistemática                  Stock-tradicional aceptada
 MgNO3OH          Hidróxitrioxonitrato(V) de magnesio      Hidroxeno-nitrato de magnesio


Cu2(OH)2SO4     Dihidróxitetraoxosulfato(V) de cobre(II)   Dihidróxido-sulfato de cobre(II)


  CdBrOH               Hidroxibromuro de cadmio            Bromuro-hidroxido de cadmio
SALES DOBRES (TRIPLOS)..
Son sales nas que os catións ou os anións son de varios tipos. Na fórmula, os
símbolos dos catións poñense en orde alfabética.

Na nomenclatura sistemática, noméanse como as sales neutras, empezando polo/os
nomes dos anións e terminando co/os dos catións, indicando o número deles
mediante un prefixo (di-, tri-, tetra-,...

Na nomenclatura de Stock e tradicional aceptada noméansen citando, en orden
alfabética, o nome do anión/anións e logo do catión/catións (que poden ser
distinto ao da fórmula), como nos sales neutros, intercalando as palabras dobres,
triplos, entre paréntese, en función do número de catións.


 Composto                    Sistemática                   Stock-tradicional aceptada
 LiNaCO3         Trioxocarbonato(IV) de litio e sodio      Carbonato(dobre) de litio-sodo


MgNH4AsO4      Tetraoxoarseniato(V) de amonio e magnesio
                                                            Arseniato (dobre)de amonio
                                                                     magnesio
 Na3RbS2                                                    Sulfuro (dobre) de rubidio e
                   Disulfuro de rubidio e trisodio                    trisodio

Más contenido relacionado

Destacado

Estrutura nome sen_enlaces
Estrutura nome sen_enlacesEstrutura nome sen_enlaces
Estrutura nome sen_enlaces
Xose_Diaz
 
Power point viscom 2012 2013
Power point viscom 2012 2013Power point viscom 2012 2013
Power point viscom 2012 2013
moore2015
 
1 mes de prestige
1 mes de prestige1 mes de prestige
1 mes de prestige
Xose_Diaz
 
Question 4- How did you use media technologies in the construction and resear...
Question 4- How did you use media technologies in the construction and resear...Question 4- How did you use media technologies in the construction and resear...
Question 4- How did you use media technologies in the construction and resear...
Sasha Babyy
 
Power point viscom 2012 2013
Power point viscom 2012 2013Power point viscom 2012 2013
Power point viscom 2012 2013
moore2015
 
New text document
New text documentNew text document
New text document
Shaik Uddin
 
Chiếu xạ thực phẩm
Chiếu xạ thực phẩmChiếu xạ thực phẩm
Chiếu xạ thực phẩm
Thai Dung Le
 

Destacado (16)

Xrp
XrpXrp
Xrp
 
Estrutura nome sen_enlaces
Estrutura nome sen_enlacesEstrutura nome sen_enlaces
Estrutura nome sen_enlaces
 
Growth kinetics in transition-metals ceramic compounds
Growth kinetics in transition-metals ceramic compoundsGrowth kinetics in transition-metals ceramic compounds
Growth kinetics in transition-metals ceramic compounds
 
Power point viscom 2012 2013
Power point viscom 2012 2013Power point viscom 2012 2013
Power point viscom 2012 2013
 
Vaartkom group 3
Vaartkom   group 3Vaartkom   group 3
Vaartkom group 3
 
1 mes de prestige
1 mes de prestige1 mes de prestige
1 mes de prestige
 
Bipolar People 2012 :):
Bipolar People 2012 :):Bipolar People 2012 :):
Bipolar People 2012 :):
 
Seminario biomol
Seminario biomolSeminario biomol
Seminario biomol
 
Question 4- How did you use media technologies in the construction and resear...
Question 4- How did you use media technologies in the construction and resear...Question 4- How did you use media technologies in the construction and resear...
Question 4- How did you use media technologies in the construction and resear...
 
Power point viscom 2012 2013
Power point viscom 2012 2013Power point viscom 2012 2013
Power point viscom 2012 2013
 
Plegable Biología Molecular
Plegable Biología MolecularPlegable Biología Molecular
Plegable Biología Molecular
 
A short introduction to SRIM code
A short introduction to SRIM codeA short introduction to SRIM code
A short introduction to SRIM code
 
Sunum
SunumSunum
Sunum
 
New text document
New text documentNew text document
New text document
 
Influencia del potencial de polarización en la deposición de películas delgad...
Influencia del potencial de polarización en la deposición de películas delgad...Influencia del potencial de polarización en la deposición de películas delgad...
Influencia del potencial de polarización en la deposición de películas delgad...
 
Chiếu xạ thực phẩm
Chiếu xạ thực phẩmChiếu xạ thực phẩm
Chiếu xạ thực phẩm
 

Formulacion inorganica

  • 1.
  • 2. Notación Xeneraliza dun Elemento X X A m+ A m- Z n Z n X SÍMBOLO DO ELEMENTO Z NÚMERO ATÓMICO (número de protóns do núcleo) A NÚMERO MÁSICO (protóns do núcleo + nº neutróns) n Número de átomos do agregado que se presenta. m Carga absoluta se se trata dun ión. Se a particula esta cargada negativamente
  • 3. Formulación e nomenclatura en Química Inorgánica A fórmula química é unha representación simbólica da molécula ou unidade estrutural dunha substancia. Contén os símbolos dos elementos que forman o composto e, xunto a eles, uns subíndices que indican o número de átomos deses elementos. A nomenclatura é o conxunto de regulamentos mediante os cales se nomean os compostos. Sistemas de nomenclaturas  Sistemática: [proposta pola IUPAC]. utiliza os prefixos mono (1), di (2), tri (3), tetra (4), penta (5), hexa (6),hepta (7), para indicar o número de átomos correspondentes aos elementos que forman o composto. Pódese prescindir do prefixo mono cando non sexa necesario (elemento que ten un só número de oxidación), e, adoita indicarse cando a proporción é 1:1  Stock: nome do composto (entre paréntese e en números romanos o número de oxidación do elemento diferenciador do composto).  Tradicional: o sistema máis antigo], só a utilizaremos na nomenclatura dos oxiácidos e das oxisales
  • 4. CONCEPTOS BÁSICOS Valencia: É o poder de combinación dun átomo para unirse con outros e formar un composto. Nos compostos iónicos é igual á carga iónica. Nos compostos covalentes é igual ao número de unións formadas. Número de oxidación: É un número enteiro que representa o número de electróns que un átomo pon en xogo cando forma un composto determinado. É positivo se o átomo perde electróns, ou os comparte cun átomo que teña tendencia a captalos. E será negativo cando o átomo gañe electróns, ou os comparta cun átomo que teña tendencia a cedelos.
  • 5. Regras para determinar o número de oxidación 1) Nun elemento en estado puro o índice de oxidación é cero. Na , Cl2, é 0. 2) Nun ión o número de oxidación coincide coa súa carga. No CsF: Cs+ e F . 3) O número de oxidación do hidróxeno é +1 (Agás nos hidruros metálicos onde o Hidróxeno actúa con -1). 4) O número de oxidación do osíxeno é -2 (Agás nos peróxidos e hiperóxidos onde es -1 e -1/2, respectivamente) 5) O número de oxidación do fluor é sempre 1. 6) A suma dos números de oxidación de cada un dos átomos que constitúen un composto neutro é cero. 7) Nos ións poliatómicos, a suma dos números de oxidación dos átomos é igual a carga neta do ión. (O número de oxidación escribese en números romanos (lembrao no uso da nomenclatura de Stock: +I, +II, +III, +IV, -I, -II, -III, -IV, etc). Pero para facilitar cálculos tamén se usan caracteres arábigos : +1, +2, +3.., -1, -2, -3, etc).
  • 6. Números de oxidación máis usuais 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 números de oxidación positivos co H e cos metais números de oxidación negativos 3 4 3 2 1 +1 +2 +5 +6 +7 +2 +2 +2 +1 +2 +3 +4 +5 +6 +7 +3 +6 +3 +3 +3 +3 +4 +5 +2 +4 +1 +2 +3 +3 +1 +2 Cu Outros +2 Elementos que, con estes 1º H números de nº de oxidación , dan lugar oxidación Au Hg a ácidos oxiácidos. +3 +1 2º Li Be B C N O F 3º Na Mg Al Si P S Cl K Ca V Cr Mn Fe Co Ni Cu Zn Ga Ge As Se Br 4º Rb Sr Ag Cd In Sn Sb Te I 5º Cs Ba Au Hg Tl Pb Bi Po At 6º
  • 7. TIPOS DE SUBSTANCIAS COMPOSTOS OXIÁCIDOS BINARIOS HIDRÓXIDOS SUBSTANCUIAS OXISALES E SIMPLES CIANUROS
  • 8. SUBSTANCIAS SIMPLES Trátanse de combinacións de átomos dun só elemento. Algunhas substancias simples formúlanse co símbolo do elemento e un subíndice que indica o número de átomos que as forman: H2, F2, Cl2, Br2, I2, N2, O2, O3, P4, As4, S8, Se8. Outras substancias simples forman redes tridimensionais, nos que en cada vértice do cristal se encontra un átomo unido ao resto mediante enlace covalente, como no Si (silicio) e o C (diamante e grafito), o enlace metálico, como nos metais Fe, Au, Sn, … Os gases nobres son monoatómicos, polo que se representan mediante o símbolo do elemento.
  • 9. Todas estas substancias noméanse pola nomenclatura sistemática. Composto N. Sistemática N. Tradicional H2 dihidróxeno hidróxeno F2 diflúor flúor Cl2 dicloro cloro Br2 dibromo bromo I2 diiodo iodo O2 dioxíxeno oxíxeno O3 trioxíxeno ozono S8 octaxofre xofre P4 tetrafosforo Fósforo (branco) C Carbono (diamante, grafito) Ar Argon Fe Ferro
  • 10. SUBSTANCIAS BINARIAS Son aquelas substancias que están formadas por dous elementos. 1. Nas fórmulas químicas colócase en primeiro lugar o elemento máis electropositivo e logo o máis electronegativo. Como regra xeral para aplicar a norma anterior, o elemento que se nomea en primero lugar colócase en segundo lugar e a inversa. 2. No caso dos compuestos binarios entre elementos non metálicos, escribese primeiro o elemento situado máis a ezquerda na siguiente serie (ainda que hai que dicir que esta serie non segue estrictamente a orde crecente de electronegatividade establecido por Pauling): B, Si, C, Sb, As, P, N, H, Te, Se, S, I, Br, Cl, O, F (Obsérvese que, salvo o H e o O, seguen a orde inversa dos grupos dos elementos non-metálicos do sistema periódico).
  • 11. 3. Como en todo composto químico neutro, a carga total debe ser nula, o número de oxidación aportado pola parte electropositiva debe coincidir en valor absoluto co número de oxidación da parte electronegativa. Actuarase en consecuencia: máis electronegativo +x -y +x -y A B A B y x y(+x) + x(-y) = 0 nº oxidación negativo 4. Toda fórmula química salvo lixeiras excepcións, que indicaremos, debe simplificarse ao máximo, é dicir, os subíndices deben ser primos entre si. 5. Utilizaremos para escribir os seus nomes a nomenclatura de Stock e a sistemática. 6. Para nomealos cítase primeiro o elemento máis electronegativo terminado en “uro”, salvo se se trata dun composto con oxíxeno que se utiliza a palabra “óxido”.
  • 12. CLASIFICACIÓN DAS SUBSTANCIAS BINARIAS PERÓXIDOS ÓXIDOS E HIDRUROS SALES BINARIOS HIPEROXIDOS Básicos Ácidos Metálicos Non metálicos Sales neutros Sales volátiles metal+oxíxeno N.metal+oxíxeno metal+hidróxeno N.metal+hidroxeno metal+N. metal N.metal+N.metal grupos 13, 14,15 grupos 16, 17 hidruros volátiles haluros dehidróxeno
  • 13. COMBINACIÓNS BINARIAS DO OXÍXENO Son tres as combinacións que pode formar o oxíxeno: os óxidos, os peróxidos e os hiperóxidos ou superóxidos. Os ÓXIDOS son combinacións do oxíxeno (O2-) con outro elemento. Os óxidos pódense clasificar en función das súas propiedades ácido-base, de acordo co seu comportamento fronte a auga; es dicir: Formula xeral oxíxeno + metal óxido básico M2Om oxíxeno + non metal óxido ácido N2On A nomenclatura de Stock, é a nomenclatura recomendada para os óxidos básicos. A nomenclatura sistemática, é a nomenclatura recomendada para os óxidos ácidos.
  • 14. Os PERÓXIDOS son combinacións dun metal (do grupo: 1, 2, 11 e 12),ou do hidróxeno, co grupo peróxido (O22-), onde cada osíxeno ten número de oxidación -1, polo que estes compostos non se poden simplificar os subíndices. A fórmula xeral : X2 (O2)n . Se utilizamos a nomenclatura sistemática, noméanse igual que no caso dos óxidos. Se utilizamos a nomenclatura de Stock, noméanse igual que no caso dos óxidos, cambiando a palabra óxido por peróxido. Composto Sistemática De Stock Na2O2 Dióxido de disodio Peróxido de sodio MgO2 Dióxido de magnesio Peróxido de magnesio Cu2O2 Dióxido de dicobre Peróxido de cobre (I) CuO2 Dióxido de cobre Peróxido de cobre (II) H2O2 Dióxido de dihidróxeno Peróxido de hidróxeno Os HIPERÓXIDOS OU SUPERÓXIDOS son combinacións dun metal co grupo hiperóxido (O21-). A nomenclatura recomendada é a de Stock, cambiando a palabra óxido por hiperóxido (ou superóxido). Exemplos son: KO2 Hiperóxido de potasio BaO4 Hiperóxido de bario
  • 15. COMBINACIÓNS BINARIAS DO HIDRÓXENO O hidróxeno pode combinarse co resto dos elementos da táboa periódica. Actúa co número de óxidación. -1 se se combina cos elementos situados a súa esquerda e con +1 si se combina cos elementos situados á dereita, segundo a ordenación establecida por la IUPAC. B, Si, C, Sb, As, P, N, H, Te, Se, S, I, Br, Cl, O, F As combinacións a queda lugar son: Formula xeral HIDRURO hidróxeno + metal METÁLICO MHn Nos hidruros metálicos recoméndase a nomenclatura de Stock. Composto Sistemática De Stock FeH2 Dihidruro de ferro Hidruro de ferro (II) Fe2H3 Trihidruro de diferro Hidruro de ferro (III) ZnH2 Dihidruro de cinc Hidruro de cinc
  • 16. Formula xeral HALURO DE hidróxeno + n. metal (G. 16,17) HIDRÓXENO HnX S, Se, Te F, Cl, Br, I Nos haluros de hidróxeno recoméndase a nomenclatura sistemática. A de Stock non se usa. A nomenclatura tradicional está admitida pola IUPAC. Hai que ter en conta que as disolucións acuosas destes compuestos teñen carácter ácido (ácidos hidrácidos), polo que se nomean coa palabra ácido e o nome do elemento acabado en hídrico. Composto Sistemática Tradicional HF Fluoruro de hidróxeno Ácido fluorhídrico HCl Cloruro de hidróxeno Ácido clorhídrico H2S Sulfuro de hidróxeno Ácido sulfhídrico H2Se Seleniuro de hidróxeno Ácido selenhídrico Na nomenclatura sistemática, non é necesario poñer os prefixos numerais antes do hidróxeno, ao ter os elementos non metálicos un único n.o. negativo. Para distinguir entre os haluros de hidróxeno, gasosos ou disoltos en auga, adoita acompañarse fórmula a expresión entre parénteses: (aq), que significa acuoso: cloruro de hidrógeno(gas) HCl; ácido clorhídrico(acuoso) HCl(aq) .
  • 17. Formula xeral HIDRUROS hidróxeno + n. metal (G. 13,14,15) VOLÁTILES XHn B C, Si N, P,As,Sb Nos hidruros volátiles recoméndase a nomenclatura sistemática, ainda que a IUPAC acepta os nomes comúns da tradicional. A nomenclatura de Stock non se utiliza. Composto Sistemática Tradicional BH3 Trihidruro de boro Borano CH4 Tetrahidruro de carbono Metano SiH4 Tetrahidruro de silicio Silano NH3 Trihidruro de nitróxeno Amoníaco PH3 Trihidruro de fósforo Fosfina AsH3 Trihidruro de arsénico Arsina SbH3 Trihidruro de antimonio Estibina Existen outros hidruros volátiles como a hidracina N2H4, o diborano B H , que non se simplifican.
  • 18. SALES BINARIOS Son a combinación de dous elementos que non sexan hidróxeno e oxíxeno. As combinacións a queda lugar son: Formula xeral metal + N. metal SAL NEUTRO MXXn N. metal + N. metal SAL VOLÁTIL AbBa Nos sales neutros recomendase a nomenclatura de Stock. Nos sales volátiles recomendase a nomenclatura sistemática. Para a formulación dos sales volátiles conven recordar que a IUPAC establece que se coloque a esquerda o (elemento máis electropositivo) o símbolo do elemento que figure antes na relación: B<Si<C<Sb<As<P<N<Te<Se<S<I<Br<Cl<F Composto Sistemática De Stock Fe2S3 Trisulfuro de diferro Sulfuro de ferro (III) AuCl Monocloruro de ouro Cloruro de ferro (I) Cu2C Carburo de dicobre Carburo de cobre (II) PCl3 Tricloruro de fósforo Cloruro de fósforo (III) PCl5 Pentacloruro de fósforo Cloruro de fósforo (V) CS Disulfuro de carbono Sulfuro de carbono (IV)
  • 19. HIDRÓXIDOS E CIANUROS Os hidróxidos e os cianuros son compostos ternarios, e dicir, son compuestos formados por tres elementos diferentes. Os HIDRÓXIDOS fórmanse a partir do anión poliatómico OH , anión hidróxido, e un catión metálico. Formúlanse e nomeánse seguindo as regras xa dadas. O anión OH ten número de oxidación igual a súa carga, e decir, - 1. Nos hidróxidos recoméndase a nomenclatura de Stock Composto Sistemática De Stock Fe(OH)3 Trihidróxido de ferro Hidróxido de ferro (II) Pb(OH)4 Tetrahidróxido de chumbo Hidróxido de chumbo (IV) AuOH Monohidróxido de ouro Hidróxido de ouro (I) Os CIANUROS son os compostos formados polo anión poliatómico CN , ión ciano, e os catións metálicos, seguen as regras que xa coñecemos NaCN Cianuro de sodio (NH4)CN Cianuro amónico
  • 20. ÁCIDOS OXIÁCIDOS Son compostos formados poa unión do oxíxeno, o hidróxeno e un non metal (ou un metal, como o cromo, o manganeso ou o vanadio, en alto estado de oxidación). Cando se encontran en disolución acuosa, deixan protóns (H+) en liberdade, conferindo propiedades ácidas as disolucións. Números de oxidación A súa fórmula xeral é: +1 +x 2 H XO a b c Para formulalos escribiremos o símbolo do hidróxeno, á dereita o do non metal ou metal de transición, e a continuación o símbolo do osíxeno. Encima de cada un dos elementos anteriores ,os seus números de oxidación. A continuación escribiremos o número de oxíxeno necesario para que multiplicado polo seu número de oxidación (-2) supere no mínimo ao número de oxidación do non metal. Por último, a diferenza entre os dous valores anteriores a cubrimos co hidróxeno.
  • 21. A fórmula resultante depende só do número de oxidación de X, polo que é posible agrupar as estruturas segundo o número de oxidación. As estruturas presentan certas regularidades segundo o elemento central X empregue número de oxidación par ou impar. A continuación formúlanse os ácidos correspondentes ao cloro (n.o. +5) e o xofre (n.o. +6): Carga do anión +5 2 +5 2 + ClO3 H + ClO3 HCl O3 Cl O Cl O3 +5 6 Anións poliatómicos oxiácidos Carga do anión +6 2 +6 2 2 + 2 S O4 2H + SO H2 S O4 SO S O4 4 +6 8
  • 22. Formulando os demais ácidos, con números de oxidación impares: +1, +3, e +7, temos as seguintes fórmulas: +1 HXO1 +3 HXO2 Números de oxidación +5 HXO3 +7 HXO4 Formulando os demais ácidos, con números de oxidación pares: +2, +4, e +6, temos as seguintes fórmulas: +2 H2XO2 Números de +4 H2XO3 oxidación +6 H2XO4 Os ácidos que proveñen de números de oxidación impares teñen só un H, mentres os que proveñen de números de oxidación pares teñen 2 H. Todas as formas, tanto con números de oxidación consecutivos par ou impar, diferencianse nun oxíxeno.
  • 23. Para nomerar os oxiácidos empreganse tres nomenclaturas: a sistemática, a funcional (ou de Stock) e a tradicional. Nesta presentación só veremos a sistemática e a tradicional. Para nomear a estes compostos, pola nomenclatura tradicional, séguense as siguintes regras : prefixo sufixo a) Hipo- -oso b) ….. Raiz do -oso non c) ……… -ico metal d) Per- -ico I. Os non metais, que teñen catro números de oxidación, que son os halóxenos, utilizan as catro regras anteriores. II. Os non metais, que teñen tres números de oxidación, qu son os anfíxenos, e nitroxenoideos, utilizan as regras “a”, “b” e “c”. O manganeso utiliza as regras “b”, “c” e “d”. III. Os non metais que teñen dous números de oxidación, algún nitroxenoideo (As, Sb), utilizan as regras “b” e “c”. IV. Os non metais que teñen un só número de oxidación, carbonoideos (empregan aquí só o +4), o boro e o cromo utilizan a regra “c”.
  • 24. Unha forma sinxela de aprender esta nomenclatura é a seguinte: Aprendemos de memoria o nome dos seguintes ácidos: H Cl O3 Ácido clórico H2 S O4 Ácido sulfúrico Serve para calquera elemento, Serve para calquera elemento, non metálico, de número de non metálico, de número de oxidación impar +5 oxidación par +6 1. Os ácidos que seguen as formas anteriores, noméanse acabando en “ico” o nome de elemento correspondente. 2. Diminuíndo o subíndice do osíxeno nunha unidade (equivale a quitar un átomo), obtemos outras formas que se nomean coa terminación “oso”. 3. Diminuíndo en dous os osíxenos, obtemos outras formas que se nomean co prefixo “hipo” e a terminación “oso”. 4. Aumentando o subíndice do oxíxeno, nunha unidade obtemos outras formas que se nomean co prefixo “per” e a terminación “ico”.
  • 25. Para nomear a estes compostos, pola nomenclatura sistemática, comézase polo prefixo numeral (mono, di, tri, tetra,…), que indica o número de oxíxenos, seguido por –oxo- (de oxíxeno), o nome do átomo central terminado en –ato e o seu número de oxidación entre paréntese e en números romanos, por último engádese de hidróxeno. Para sistematizar o estudo dos oxiácidos, imos a fixarnos no grupo do elemento non metálico. Oxiácidos do grupo dos halóxenos Nestes compostos o non metal pode ser: Cl, Br e I con n.o. +1, +3, +5, +7. O flúor non forma oxiácidos. Composto Sistemática De Stock HClO oxoclorato(I) de hidróxeno ácido hipocloroso HClO2 dioxoclorato(III) de hidróxeno ácido cloroso HClO3 trioxoclorato(V) de hidróxeno ácido clórico HClO4 tetraoxoclorato(VII) de hidróxeno ácido perclórico
  • 26. Oxiácidos do grupo dos anfíxenos Nestes compostos o non metal pode ser: S, Se e Te con n.o. +2, +4, +6. Composto Sistemática De Stock H2SO2 dioxosulfato(II) de hidróxeno ácido hiposulfuroso H2SO3 trioxosulfato(IV) de hidróxeno ácido sulfuroso H2SO4 tetraxosulfato(VI) de hidróxeno ácido sulfúrico De forma análoga procederíase para o selenio e para o teluro. Oxiácidos do grupo dos nitroxenoideos Nestes compostos o non metal pode ser: N e P con n.o. +2, +3, +5, As e Sb (ambos con n.o. +3, +5). Composto Sistemática De Stock HNO oxonitrato(I) de hidróxeno ácido hiponitroso HNO2 dioxonitrato(III) de hidróxeno ácido nitroso HNO3 trixonitrato(V) de hidróxeno ácido nitrico
  • 27. O (P), (As) e (Sb) poden formar máis dun oxiácido co mesmo n.o. Así, utilizase o prefixo meta- para identificar o oxiácido que se obten seguindo a regra de formulación anterior, o prefixo orto- para o ácido que se obten ao sumar unha molécula de auga a forma meta. O prefixo di- (piro-) fai referencia ao grao de polimerización do ácido respectivo. Esta polimerización pode ser maior (tri-, tetra-, …). Como regra xeral, elimínase unha molécula de auga menos que o número que indica o grado de polimerización do ácido. oxiácido “meta” + H2 O oxiácido “orto” 2 oxiácido “orto” H2 O oxiácido “di” ou “piro” 3 H3PO4 2 H2 O H5P3O10 Para o caso do P con n.o. +5: Composto Sistemática De Stock HPO3 trioxofosfato(V) de hidróxeno ácido metafosfórico H3PO4 tetraoxofosfato(V) de hidróxeno ácido ortofosfórico H4P2O7 heptaoxodifosfato(V) de hidróxeno ácido difosfórico H5P3O10 decaoxotrifosfato(V) de hidróxeno ácido trifosfórico
  • 28. Oxiácidos do grupo dos carbonoideos Nestes compostos o non metal puede ser: C e Si con n.o. +4 (non existe o oxiácido de C con n.o. +2). O oxiácido de C, o ácido carbónico, é inestable descompoñendose en dióxido de carbono e auga. Sen embargo, ten importancia pois del derivan os carbonatos. No caso do silicio, existen tres oxiácidos, como ocurría co P: Composto Sistemática De Stock H2CO3 trioxocarbonato(IV) de hidróxeno ácido carbónico H2SiO3 trioxosilicato(IV) de hidróxeno ácido metasilícico H4SiO4 tetraoxosilicato(IV) de hidróxeno ácido ortosilícico H6Si2O7 heptaoxodisilicato(IV) de hidróxeno ácido disilícico Oxiácidos do boro Nestes compostos, o boro actúa co n.o. +3. Pódense formular os seguintes compostos: Composto Sistemática De Stock HBO2 dioxoborato(III) de hidróxeno ácido metabórico H3BO3 trioxoborato(III) de hidróxeno ácido ortobórico
  • 29. Oxiácidos de metais en alto estado de oxidación (Estes ácidos non existen na natureza, pero son importantes xa que si se coñecen as súas sales). Oxiácidos do manganeso Nestes compostos o Mn pode ter n.o. +4, +6 e +7. As terminacións son: -oso, -ico e per- …-ico, e non hipo-…-oso, -oso e –ico, como cabería esperar para un con elemento con tres n.o. Composto Sistemática De Stock H2MnO3 trioxomanganato(IV) de hidróxeno ácido manganoso H2MnO4 tetraoxomanganato(VI) de hidróxeno ácido mamgánico HMnO4 tetraxomanganato(VII) de hidróxeno ácido permangánico Oxiácidos do cromo Nestes compostos o Cr actúa co n.o. +6 , ademáis o cromo forma tamén o ácido dicrómico, ácido de grande importancia en química polas sales a que da lugar. Composto Sistemática De Stock H2CrO4 tetraxocromato(VI) de hidróxeno ácido crómico H2Cr2O7 heptaoxodicromato(VI) de hidróxeno ácido dicrómico Oxiácidos do vanadio Nestes compostos o V actúa co n.o. +5 , ademáis forma tamén o ácido ortovanádico. HVO3 trioxovanadato(V) de hidróxeno ácido metavanádico H VO tetraoxovanadato(V) de hidróxeno ácido ortovanádico
  • 30. NOMENCLATURA DOS IÓNS 1. Para os anións monoatómicos: cítase o nome do elemento acabado en “uro”, agas se se trata do oxíxeno que se nomea como “óxido”. 2. Para os catións monoatómicos: indícase simplemente o nome do elemento utilizando a nomenclatura de Stock. 3. Entre os ións poliatómicos (anións e catións) temos o OH- : ión hidróxido; NH4+ : ión amonio. 4. Os oxianións son ións poliatómicos que proceden dos correspondentes oxiácidos, que perderon un ou máis hidróxenos. A carga negativa resultante coincide con número de H perdidos. Na nomenclatura sistemática ss oxianións noméanse igual que o ácido de que proceden, pero suprimindo a expresión de hidróxeno e sustituíendo a palabra ácido por ión Na nomenclatura tradicional noméanse sustituíndo a palabra ácido por ión e as terminacións –oso por –ito e –ico por –ato. Para os ións ácidos colocase o prefixo que indique o número de hidróxenos do anión.
  • 31. Para os catións metálicos recomendase a nomenclatura de Stock. Para os anións monátómicos recoméndase a nomenclatura tradicional. Para os oxianións recoméndase a nomenclatura tradicional. Composto Sistemática tradicional Fe2+ Ión ferro(II) Ca2+ Ión calcio Ión calcio Cl- Ión cloruro Ión cloruro S2- Ión sulfuro Ión sulfuro NH4+ Ión amónio H3O+ Ión oxónio NO2- Ión dioxonitrato(III) Ión nitrito CO32- Ión trioxocarbonato(IV) Ión carbonato Cr2O72- Ión heptaoxodicromato(VI) Ión dicromato H2PO4- Ión dihidróxenotetraoxofosfato(V) Ión dihidróxenofosfato
  • 32. OXISALES Son compostos formados poa un non metal, osíxeno, e un metal que proceden da reacción de neutralización entre un oxiácido e un hidróxido metálico. A efectos de formulación, as oxisales poden considerarse como compostos binarios formados por un catión metálico (provinte da base) e un oxianión (provinte do ácido) oxisal HClO3 + NaOH NaClO3 + H2O As oxisales, pola nomenclatura sistemática, noméanse de maneira parecida ao oxiácido de procedencia, substituíndo a palabra hidróxeno polo nome do metal correspondente e o n.o. co que actúa entre parénteses. Comezase polo anión e se termina polo catión. Cando o anión ten subíndices, tamén se pode nomear mediante os prefixos gregos bis-, tris-, tetrakis-, pentakis- …, e neste caso non é necesario indicar o número de oxidación do metal.
  • 33. Na nomenclatura de Stock e tradicional aceptada, substitúense as terminaciones –oso/-ico do oxiácido de procedencia por –ito/-ato, respectivamente; os prefixos hipo-/per-, se os tuviera o ácido do que procede, manteñense e, a continuación, figuran o nome do metal e o número de oxidación co que actúa entre parénteses, sempre cando teña máis de un. Para os oxisales recoméndase a nomenclatura de Stock e tradicional aceptada. Composto Sistemática Stock-tradicional aceptada AgNO3 trioxonitrato(V) de prata Nitrato de prata Ni2(SO4)3 Tetraoxosulfato(VI) de níquel(III) Tris- Sulfato de níquel(III) tetraoxosulfato(VI) de niquel NiSO4 Tetraoxosulfato(VI) de níquel(II) Sulfato de níquel(II) Pb3(PO4)4 Tetraoxofosfato(V) de chumbo(IV) Fosfato de chumbo(IV) Tetrakis- tetraoxofosfato(V) de chumbo (NH4+)2CO3 Trioxocarbonato(IV) de amonio Carbonato de amonio
  • 34. SALES ÁCIDOS Son sales que conteñen átomos de hidróxeno na súa estructura. Pódense considerar como derivados de oxiácidos polipróticos (con máis dun hidróxeno), nos que se substitúe algún/s hidróxenos por catións metálicos. Formúlanse igual que os oxisales, comezando polo catión seguido polo oxianión, que contén un o máis hidróxenos. Tamén se consideran sales ácidos aquelas que proceden de substituir un hidróxeno nos ácidos hidrácidos . Composto Sistemática Stock-tradicional aceptada NaHCO3 Hidróxenotrioxocarbonato(IV) de sodio Hidroxenocarbonato de sodi Dihidróxenotetraoxofosfatofato(V) de ferro(II) Dihidróxenofosfato de Fe2(H2PO4)2 ferro(II) Bis- dihidróxenotetraoxofosfato(V) de ferro Hidróxenotrioxosulfato(IV) de Dihidróxenosulfito de Cr(HSO3)3 cromo(III) cromo(III) Cr(HSO3)3 Hidróxenosulfuro de litio Hidróxenosulfuro de litio
  • 35. SALES BÁSICOS Son sales que se orixinan cando nuha reacción de neutralización existe un exceso de hidróxido con respecto do ácido. Son compostos que posúen algún grupo OH na súa estrutura. Para formulalos escríbese primeiro o catión e logo os anións en orde alfabética Na nomenclatura sistemática, noméanse como as sales neutras, antepondo ao nome do anión o termo hidroxi, precedido dos prefixos numerais, segúndo o número de grupos OH - presentes no sal. Na nomenclatura de Stock e tradicional aceptada, noméanse citando, en orde alfabética, o nome do anión e o termo hidróxido unido por un guión. A palabra hidróxido leva anteposto un prefixo que indica o número deles presente na fórmula. Composto Sistemática Stock-tradicional aceptada MgNO3OH Hidróxitrioxonitrato(V) de magnesio Hidroxeno-nitrato de magnesio Cu2(OH)2SO4 Dihidróxitetraoxosulfato(V) de cobre(II) Dihidróxido-sulfato de cobre(II) CdBrOH Hidroxibromuro de cadmio Bromuro-hidroxido de cadmio
  • 36. SALES DOBRES (TRIPLOS).. Son sales nas que os catións ou os anións son de varios tipos. Na fórmula, os símbolos dos catións poñense en orde alfabética. Na nomenclatura sistemática, noméanse como as sales neutras, empezando polo/os nomes dos anións e terminando co/os dos catións, indicando o número deles mediante un prefixo (di-, tri-, tetra-,... Na nomenclatura de Stock e tradicional aceptada noméansen citando, en orden alfabética, o nome do anión/anións e logo do catión/catións (que poden ser distinto ao da fórmula), como nos sales neutros, intercalando as palabras dobres, triplos, entre paréntese, en función do número de catións. Composto Sistemática Stock-tradicional aceptada LiNaCO3 Trioxocarbonato(IV) de litio e sodio Carbonato(dobre) de litio-sodo MgNH4AsO4 Tetraoxoarseniato(V) de amonio e magnesio Arseniato (dobre)de amonio magnesio Na3RbS2 Sulfuro (dobre) de rubidio e Disulfuro de rubidio e trisodio trisodio