1. Cuestións de repaso exame final 1º ESO
Temas 1,2 e 3 e parte do 4 (ata fungos) -1º Avaliación
1. Indica se cada unha das afirmacións corresponde co modelo xeocéntrico ou ao
heliocéntrico:
a) O Sol xira arredor da Terra.
b) A Terra xira sobre si mesma e a Lúa xira arredor da Terra.
c) Foi proposto no século II por Ptolomeo.
2. Define: eclipse, galaxia, estrela, órgano, especie, célula, reino protista, taxón, vacúolos,
organismos unicelulares, función de nutrición, organismo pluricelular, procariota, eucariota e
tecido.
3. Relaciona:
a) Atmosfera b) Hidrosfera c) Codia d) Biosfera e) Núcleo
1 Metais 2 Seres vivos 3 Auga 4 Rochas lixeiras 5 Gases
4. Completa a seguinte táboa:
MODELO XEOCÉNTRICO MODELO HELIOCÉNTRICO
O centro do Universo é ...
As estrelas sitúanse...
Foi proposto por...
5. Indica como se denominan as capas da Terra e sinala cal é o principal compoñente delas.
6. Sinala se as seguintes frases son verdadeiras ou falsas e explicao:
a) As estrelas de pequeno tamaño morren producindo unha supernova cando esgotan o
hidróxeno.
b) Nas mareas mortas o Sol e a Terra non está alineados.
c) O sistema solar atópase nunha galaxia chamada Grupo Local.
7. Contesta ás seguintes cuestións relacionadas coas estacións:
a) Que dúas causas son responsables de que o Sol no verán quente máis ca no inverno?
b) Cal é a causa de que cando é verán no hemisferio Norte, sexa inverno no hemisferio Sur?
8. Relaciona cada apartado cun corpo celeste concreto:
a) Xira arredor do planeta.
b) Posúen órbitas elípticas moi alongadas e están formados por xeo e rocha.
9. Relaciona cada letra co número correspondente:
a) Fungo b) Gato c) Medusa d) Carballo e) Bacteria
1) Unicelular 2) Con órganos/sen aparatos 3) Sen tecidos 4) Con tecidos/sen órganos 5) Con
aparatos e sistemas.
10. Cita catro orgánulos das células eucariotas e indica cal é a función de cada un.
2. 11.Completa as seguintes frases:
a) A especie agrupa individuos con características ………………..……. que se poden reproducir e dar
descendentes ………………………….
b) O nome …………………… consta de dúas palabras das cales a primeira escríbese en maiúscula e é o nome
do …………………..
c) Todas as células están formadas por ……………………………, citoplasma e …………………………………..
12. Cita os tres principios que afirma a teoría celular.
13. Indica que nome reciben as estruturas indicadas cun número e razoa a que tipo celular
corresponde a célula representada.
14. Completa o seguinte cadro:
ORGÁNULO CELULAR FUNCIÓN
Vacúolo
Produce a enerxía que necesita a célula
Realiza a fotosíntese
Parede celular
15. Establece, utilizando unha frase, unha diferenza entre os seguintes pares de palabras:
Membrana plasmática e citoplasma.
Nutrición autótrofa e heterótrofa.
Reprodución asexual e reprodución sexual.
Cloroplasto e mitocondria.
1
3
4
2
3. 16. Marca cun x as casas (casillas) correspondentes:
Reinos Moneras Protistas Fungos Plantas Animais
Unicelulares
Pluricelulares
Procariotas
Eucariotas
Presenza de
tecidos
Autótrofos
Heterótrofos
17. Pon un exemplo de:
a) Bacteria beneficiosa.
b) Protista pluricelular.
c) Fungo unicelular.
d) Bacteria prexudicial.
18. Razoa se as seguintes frases son verdadeiras ou falsas (debes razoalas todas)
a) A parede celular é exclusiva das células vexetais.
b) Os organismos pluricelulares teñen sempre células con núcleo.
c) A familia dos cánidos (can, lobo, etc.) está contida dentro do xénero Canis.
A célula non podería vivir sen material xenético.
Fungos e Plantas (2º Avaliación)
1. Define coas túas palabras: fermento, fronde, limbo, fotosíntese, conífera, flor,
esporanxio, rizoma e antibiótico .
2. Resposta as seguintes cuestións curtas:
a) Por que as hepáticas e as carrizas viven a ras do chan?
b) Como dispersan as súas sementes as ximnospermas?
c) Se tes un ocular de 5x e un obxectivo de 10x, con cantos aumento ves a mostra no
microscopio?
3. Establece, utilizando una frase, una diferenza entre os distintos pares de palabras:
Mofos (fungo)/ Fermentos.
Mofo (planta)/ Fento.
Esporas/ Gametos.
Ximnospermas/ Anxiospermas.
Fento/ Espermatófita.
Fungos/Plantas
4. Indica se é verdadeiro ou falso, xustificando cada resposta:
a) Todas as plantas posúen raíz, talo e follas.
b) A piña é o froito do piñeiro.
c) As árbores son ximnospermas.
5. Xustifica a importancia das plantas.
6. Debuxa unha folla e indica as súas partes.
7. Pon un exemplo de:
4. - Conífera.
- Planta sen sementes.
- Planta sen flores.
- Planta con vasos condutores.
- Fungo unicelular.
- Fungo pluricelular.
- Semente comestible sen froito.
- Planta con froito.
8. Completa a taboa coas características seguintes:
Sen vasos condutores.
Vasos condutores sinxelos.
Vasos condutores ben definidos (con lignina).
Sen flores.
Con flores primitivas.
Con flores completas.
Sen raíz, talo, nin follas.
Con raíz, talo e follas.
Hepáticas Mofos ou
carrizas
Fentos
Ximnospermas Anxiospermas
7. Observa as imaxes, indica o que son, e sinala as partes que recoñeces:
a)
b)
6. 1. Establece, nunha frase, una diferenza entre os seguintes pares de palabras:
Pólipo/ Esponxa
Unisexual/ Hermafrodita
Tenia/Lombriga intestinal
Bivalvo/ Gasterópodo
Nereis/ Lombriga de terra
Nereis/ Sambesuga
Pólipo/Medusa
2. Indica que tipo de simetría posúen os seguintes animais:
Un peixe
Unha esponxa de forma irregular
Unha medusa
Unha tenia
Unha mosca
Un oso
Unha abella
3. Define coas túas palabras: cefalización, animal, cnidocito, respiración cutánea, biso,
coanocito e rádula.
4. Como poden ser os animais en canto o desenvolvemento do embrión? Explica cada tipo.
5. Observa os debuxos:
a) Indica que tipo de animal está representado en cada un.
b) Sinala as partes que recoñezas.
c) Indica como se alimentan.
Figura 1
Figura 2
7. 6. Pon un exemplo de:
- Platihelminto.
- Anélido parasito.
- Anélido non parasito.
- Molusco con branquias.
- Gasterópodo mariño.
- Gasterópodo terrestre.
- Nematodo.
7. En que partes se divide o corpo dun molusco? Explicaás.
8. Completa a seguinte táboa:
Cuncha Pé Alimentación
Caracol
Ameixa
Polbo
9. Indica os grupos nos que se dividen os moluscos. Escolle un dos grupos e comenta o que
saibas de él.
Artrópodos e Vertebrados
1. Define coas túas palabras: exoesqueleto, ectotérmico, escamosos, biodiversidade,
endotérmico e sistema ambulacral.
2. Establece, empregando unha frase, unha diferenza entre os seguintes pares de palabras:
- Insecto/ Miriápodo
- Monotremas/ Placentarios
- Anfibio urodelo/ Anfibio anuro.
- Aves ratites/ Aves carenadas.
- Crustáceo/ Arácnido.
- Insecto/ Arácnido.
- Marsupiais/ Placentarios.
- Peixe cartilaxinoso/ Peixe óseo.
- Crustáceo/ Insecto.
3. Indica a que grupo de artrópodos pertence e sinala as partes nas que se divide o seu
corpo:
a) b)
8. c) d)
4. Resposta as seguintes cuestións curtas:
a) Que características dos réptiles permítenlles vivir lonxe da auga?
b) Que é a extinción e por que afecta a perda de biodiversidade?
c) Que é, e para que serve a vexiga natatoria?
d) Que vantaxe lle supón o home a postura bípeda?
e) Cales son as dúas causas da perda de Biodiversidade?
5. Indica tres diferenzas entre os anfibios e os réptiles.
6. Observa o debuxo:
9. a) Que proceso está representado?
b) Neste proceso hai dúas variantes, a que tipo pertence éste?
c) Indica o nome das distintas fases que observas.
7. Indica se as seguintes frases son verdadeiras ou falsas e explicaás todas:
- Todos os mamíferos son endotérmicos.
- Todas as aves corredoras carecen da capacidade de voar.
- Os equinodermos teñen simetría bilateral.
- A placenta é un órgano que permite o embrión nutrirse e eliminar os refugallos.
- Os peixes cartilaxinosos non teñen branquias.
- A evolución indícanos que as especies non cambian ao longo do tempo.
- Todos os mamíferos son vivíparos.
10. a) Que proceso está representado?
b) Neste proceso hai dúas variantes, a que tipo pertence éste?
c) Indica o nome das distintas fases que observas.
7. Indica se as seguintes frases son verdadeiras ou falsas e explicaás todas:
- Todos os mamíferos son endotérmicos.
- Todas as aves corredoras carecen da capacidade de voar.
- Os equinodermos teñen simetría bilateral.
- A placenta é un órgano que permite o embrión nutrirse e eliminar os refugallos.
- Os peixes cartilaxinosos non teñen branquias.
- A evolución indícanos que as especies non cambian ao longo do tempo.
- Todos os mamíferos son vivíparos.