2. AFAMMER, Asociación de Familias y Mujeres del Medio Rural, é unha entidade sen ánimo de lucro que nace co obxectivo de promocionar a mellora e defensa desde o punto de vista económico, social e cultural das mulleres e, ó mesmo tempo, reinvindica o protagonismo da muller no desenvolvemento do medio no que habita, propiciando a súa formación e facilitando a súa incorporación ao difícil mercado laboral, a través de varias iniciativas. A Asociación AFAMMER pretende suscitar unha maior comprensión e solidariedade cara a sociedade rural por parte das Administracións Públicas, entidades privadas e a sociedade en xeral, coa pretensión de facilitar ás mulleres que viven neste medio a creación de redes que lles permitan promover políticas de desenvolvemento rural e participar activamente nelas.
3. AFAMMER iniciou a súa andadura en 1982 da man de Carmen Quintanilla Barba e nestes momentos ten presencia en todo o territorio nacional. Máis de 160 mil mulleres en toda España forman parte deste grandioso movemento asociativo e temos o privilexo de que a nosa Presidenta de Honra é S.A.R a Infanta Dna Elena de Borbón. Ilusión, compromiso e proxectos de calidade fan que a nosa organización creza sen fisuras e con forza formando parte da vida diaria das mulleres rurais de España. O 25 de Xuño de 2001 nace na nosa comunidade AFAMMER GALICIA coa pretensión de formar parte deste importante movemento asociativo que loita por conseguir que a sociedade española sepa e coñeza a problemática da muller rural. Este movemento Asociativo crece día a día e actualmente contamos cas seguintes delegacións:
7. A Xunta de Galicia, a través do departamento correspondente, impulsou, en colaboración coas entidades socias implicadas, a constitución da agrupación de desenvolvemento NORDESIA, dentro da Iniciativa Comunitaria EQUAL do Fondo Social Europeo, á que corresponde a execución do Proxecto Diana. O Proxecto Diana inscríbese dentro do Eixo I da convocatoria Equal en España: “Mellorar a capacidade de inserción profesional” e, dentro deste eixo, na área temática “Facilitar o acceso e a reincorporación ao mercado de traballo das persoas que sofren dificultades para integrarse ou reintegrarse nun mercado de traballo que debe estar aberto a todos e todas”.
8.
9.
10. Durante o segundo ano de execución do proxecto, sen embargo, permitiuse certa flexibilidade nos requisitos básicos de participación e incorporáronse mulleres en situación de desemprego que presentaban serias dificultades para atopar emprego e perdían a condición de desempregada de longa duración por contratacións laborais temporais, sobre todo coincidindo coa época estival. Como elemento innovador do proxecto estase a realizar nesta etapa final unha avaliación comparativa na zona rural e na roza urbana de intervención do proxecto para analizar os resultados e impactos nos dous contextos, co obxectivo de comprobar se a característica de ruralidade / urbanidade constitúen un elemento diferenciador no deseño e desenvolvemento de políticas de emprego e de igualdade de oportunidades, entre mulleres e homes.
11.
12. Todas en conxunto trataron de aportar enfoques innovadores na loita contra as discriminacións e nas desigualdades de toda clase en relación co mercado de traballo. Dende o inicio do Proxecto DIANA ata o 31 de agosto de 2007 foron incorporadas un total de 489 persoas das que o 96,89 foron mulleres. A meta inicial do Proxecto era a incorporación de 355 persoas e unha taxa de inserción laboral do 25%.