SlideShare una empresa de Scribd logo
JULES VERNE e a vida secreta das mulleres planta.
LEDICIA COSTAS.
“O relato que me dispoño a contar ten como un dos seus
personaxes principais o escritor Jules Verne, un home moi
singular, capaz de xerar enorme expectación, un auténtico
aventureiro con fama de visionario”(páxina 13)
Verne nace en Nantes, preto do mar, como unha premonición. Fillo de pais ríxidos e
escrupulosos, a estricta educación recibida no fogar e a estreitísima relación que
mantivo co seu irmán serían as primeiras experiencias que marcarían profundamente a
súa traxectoria persoal.
Foi unha vida longa e fecunda marcada por graves problemas de saúde- padecía unha
grave diabete e parálise facial- e por conflitos familiares: un matrimonio infeliz, un fillo
polo que non soubo ou non puido sentir afecto, un sobriño demente que, lle disparou
nunha perna provocándolle unha coxeira irremediable. Pero tamén foi unha vida chea
de experiencias, viaxes, intenso estudo e sobre todo dunha creatividade e imaxinación
inmensas.
Cedo rebélase contra o desexo do pai que pretendía que seguindo a tradición familiar
exercera a profesión de avogado e comeza a escribir con escaso éxito ata que o editor
Herzel recibe o manuscrito dunha curiosa novela titulada "Cinco semanas en globo". O
éxito foi inmediato e o favor do público xa non o abandonaría.
Poderíamos resumir a biografía de Verne como unha sucesión de acontecementos cos
que pouco a pouco constrúe a máscara que lle axudará a aparentar ser un perfecto
burgués conservador e sedentario. Baixo ela, sen embargo, escóndese un home
enigmático e profundamente atormentado.
Verne tivo responsabilidades públicas, foi un home que triunfou persoal, social e
politicamente, pero no medio desta aparencia feliz, vive unha soidade íntima onde só
os camiños da imaxinación lle proporcionan portas para fuxir da mediocridade.
A súa personalidade, a súa obra son complexas e inesgotables e van moito máis alá da
simplista visión dun mero novelista para xoves. Deste xeito, a súa literatura é como un
gran criptograma que esconde íntimas frustracións e unha personalidade hermética
que se proxecta nas súas novelas.
(Extracto de Jules Verne o el sueño de la aventura. Manuel Otero Toral)
Fonte:
http://centros.edu.xunta.es/iessanchezcanton/1/biblioteca/remexemos/jules_verne/principal.
htm
O adro:
O mar é todo! O seu alento é puro e san.
É o inmenso deserto en que o ser humano
nunca está só, pois sente como se estremece a vida
ao seu redor. O mar é o vehículo
dunha sobrenatural e prodixiosa existencia;
é movemento e amor; é o infinito vivente.
(Verbas do capitán Nemo. Vinte mil leguas debaixo dos mares.Jules Verne). Páxina 7.
O limiar: “ Antes da historia , o lugar”
Vigo é unha cidade con arterias , pulmóns e toda unha estrutura ósea que a sostén. O
seu corazón é azul e os devanceiros puxéronlle o nome de Atlántico. (...) Na zona do
Berbés o cheiro é tan denso que, se pechas os ollos e te deixas levar un instante, case
logras trasladarte ás bateas que visten os arredores de Rande (...) De día é lonxa de
pesca de altura, e porto de barcos de bonitos nomes (...) que desafían o horizonte coas
súas proas bicudas. As empresas de conxelados da zona rotulan os seus edificios con
carteis de letras enormes e frases fermosas (...) (páxina 11).
Vigo é industria, guindastres, barcos, peixe, edificios antigos de pedra, cabalos,
mariñeiros tirando das redes. Vigo é unha criatura poliédrica e marabillosa (...) pero
non sempre foi así. A historia que vou relatar sucedeu nun tempo onde o mar e os
montes non tiñan barreiras (...) quitádelle todo o que pertence a este século e tamén
ao século pasado; (...) Espídeo ata reducilo á súa esencia (...) aí, nese momento
concreto comeza a historia. (páxina 12).
Capítulo I: Onde a narradora formula varias preguntas e un
enigma.
(...) como cando deseñou o impresionante Nautilus, o submarino capaz de manterse
de xeito indefinido debaixo da auga e de cruzar o casquete polar avanzando debaixo
do xeo sen inmutarse, coma unha prodixiosa balea metálica. A bordo do Nautilus, o
Capitán Nemo emprendeu as Vinte mil leguas debaixo dos mares. (páxina 13).
(...) Curiosamente a ría de Vigo aparecía na súa novela Vinte mil leguas debaixo dos
mares. Mais no momento de escribila, el non visitara aínda a cidade (...) Tiveron que
pasar aínda varios anos para que Jules Verne visitase vigo por primeira vez. Sucedeu en
xuño de 1878 (...) a bordo do Saint-Michelle III. (páxina 14).
(...) A visita de jules verne foi todo un acontecemento que coincidiu coa celebración
daFesta da Reconquista.(...) O xornal Faro de Vigo fíxose eco da noticia... (páxina 16).
(...) Será no ano 1878 cando Verne visite Vigo e farao (...) debido a unha treboada (...)
seis anos despois, o novelista volverá a esta mesma cidade, por mor dunha avaría no
seu iate. (...) Ben pois,a pesar do que conta a historia, as cousas non sucederon así. Eu
coñezo a verdadeira razón que trouxo a Jules Verne a Vigo ... (páxinas 19,20).
Onde comeza a aventura máis emocionante de Jules Verne. O
porto:
Camiñou polo peirao que fora construído case na súa totalidade coa medeira rescatada
dos galeóns afundidos en Rande a principios do século XVIII ( páxina 21)
(...) O peirao contaba con guindastres de vapor que facían máis levadeira a carga e
descarga dos buques mercantes. Había barcos atracados e algunhas gamelas con
mariñeiros de dedos deformados cosendo as redes. As súas mans semellaban
pertencer a seres grotescos, toda a vida entregados aos rigores do mar. (páxina 22).
A cidade: A cidade recibiunos cos brazos abertos. pasearon por rúas de fermosos
nomes, como Sombreireiros,chamada así por atopárense nela os comercios do gremio
dos sombreireiros de Vigo ( páxina 24) (...) Daquela as calellas conservaban o nome
medieval dos oficios e dos negocios que se asentaran nelas.(...)
Á altura da rúa Misericordia(entre a praza da Constitución e Elduayen), detívose e
sacou do peto interior da levita un mapa: - Ao final desta rúa hai unha capela que
perence ao gremio dos mereantes. ( páxina 25).(...) uns metros máis adiante está
aquilo que vimos buscar (...) unha botica. (páxina 26).
As rúas e lugares: (...) El novelista estuvo anoche en el paseo de la Alameda y más
tarde concurrió al baile de la Tertulia (páxina 16).
O meu grumete e mais eu temos que ir a un taller chamado La Industriosa, que está na
Avenida Duque de la Victoria (Policarpo Sanz e García Barbón) .(páxina 51)
A súa favorita era a da Constitución ( antiga Praza Maior onde se atopaba o Concello).
Estaba de camiño á ribeira do Berbés.(páxina 98). A cidade estaba a vivir un período
arquitectónico que culminaría varios anos despois. a burguesía, empeñada en amosar
o seu poder económico, empezou a contratar arquitectos de presticio para que
construísen edificios vestidos coas ondulantes formas do Modernismo e doutros
estilos que triunfaban en París. (páxina 100).
Foi o barrio do Areal o que viu nacer os primeiros signos do modernismo. a cidade
facíase grande na beira do mar: factorías de salga, estaleiros e comercios de efectos
navais rodeábanse de construcións suntuosas nas que os afamados arquitectos
deixaban o mellor de si.Vigo empezaba a ser un poliedro.(páxina 100).
O Merveilleux Nautilus: No interior do submarino recendía a verniz e a violetas.
Antonio Sanjurjo forrara o chan, as paredes e o teitodo seu buque das madeiras máis
nobres. A iluminación era eléctrica (...) Verne soubo ao instante que a intención do seu
amigo fora que os damascos orientais non pasasen desapercibidos. Tamén no salón
había maxestosas vitrinas de carballo con aplicacións de ébano de curiosas formas
xeométricas. Malia permaneceren baleiras, a intención de Antonio sanjurjo era encher
os seus andeis das especies mariñas que fose descubrindo no fondo dos océanos,
como fixera o capitán nemo nas súas Vinte mil leguas debaixo dos mares. Aquilo era
unha auténtica homenaxe ao Nautilus. (páxina 187)(Mini Carrier, lanzatorpedos.
Museo do Mar).
As illas Cíes: Aos poucos minutos, tal e como anunciara Antonio Sanjurjo, o
Merveilleux Nautilus zarpou con destino á coordenadas 42º 13 latitude Norte 8º54
lonxitude Oeste. nese punto exacto era onde estaba situado o arquipélago formado
polas tres illas, dúas das cales estaban unidaspor unha barra de area. Debaixo da
terceira delas, ao final dunha canle submarina, atopábase a misteriosa Fraga das
mulleres planta. (páxina 191).
E rematando: E así é como remata esta aventura de flores, océanos e criaturas
verdes. De feluxe, raíces e artistas de circo que un día tiveron o soño de ser grandes
(...)Porque hai viaxes das que nunca se volve por completo, travesías nas que deixas
unha parte tan importante de ti (...) e entón simplemente sorrís porque estás viva. E aí
é onde radica a felicidade: en atreverse a gozar con tal entrega da marabillosa e
fascinante aventura de vivir.(páxinas 232-233).
O tesouro de Rande: O 23 de outubro de 1702 foi un brumoso día na ría
de Vigo. Non se vía a beira oposta. Só ás veces, entre o estrondo apagado dos canóns,
aparecían as figuras pantasmais dos maiores buques de guerra de Europa: O Zeven
Provinces holandés; o Royal Sovereign inglés; o francés Le Fort. Pero, pasado o
mediodía, cando o vento levou os últimos farrapos de néboa, se desatou o mesmísimo
inferno. “Queimen as naves!”, berrou o almirante Chateau-Renault cando
comprendeu que a batalla estaba perdida. A súa orde correu como a pólvora entre a
frota e en poucos minutos a ría de Vigo estalou en labaradas
ardentes. Galeónsespañois e fragatas francesas ardían entre explosións, mentres os
buques de guerra ingleses, co Torbay en vanguarda, seguían a canonear e tentar a
abordaxe. Son as catro da tarde dun brumoso día de outono. Xa o anotamos: O 23 de
outubro de 1702. E estamos a describir a batalla de Rande, unha das máis
determinantes da historia, que vén de alcanzar o seu punto culminante. O combate
vaise saldar con máis de dous mil mortos do bando defensor e outros oitocentos da
escuadra inimiga. E, con eles, a perda da mellor frota de guerra do Rei Sol, Luís XIV, e
da frota de Indias española ao completo.
Tras da batalla, nacería a lenda do tesouro de Rande. O mesmo que chegou a rescatar
o Nautilus do capitán Nemo na ría de Vigo. E sucesivas expedicións, empregando os
mellores adiantos técnicos de cada época…
(Fonte:http://www.gciencia.com/historias-gc/batalla-de-rande-cando-o-
mar-ardeu-en-vigo-en-1702/).
O Nautilus visita a ría de Vigo
O submarino do capitán Nemo, símbolo da revolución tecnolóxica do XIX, visitou
Galicia o 18 de febreiro de 1868 segundo a novela de Verne.
O 18 de febreiro de 1868, o capitán Nemo, a bordo do submarino ‘Nautilus‘, chega á
ría de Vigo, segundo a novela “20.000 leguas baixo dos mares”. Aquela data era un
martes de inverno, cando o somerxible máis famoso da literatura entrou canda as illas
Cíes, cortando as augas. A bordo viaxaban o capitán Nemo e os seus tres ilustres
hóspedes: o arpoador Ned Land, o profesor Aronnax e o seu asistente, Conseil.
Será unha breve escala, cun único obxectivo: acceder á auténtica caixa de caudais do
capitán Nemo, o tesouro dos galeóns da Frota da Prata, afundida na batalla
de Rande de 1702.
Mentres os mergulladores abren cofres cargados de metais
preciosos, Nemo pronuncia as súas históricas palabras: “Nestes mesmos instantes
atopámonos na baía de Vigo e só de vostede depende descubrir os misterios que nela
se agochan”. Seguidamente, preguntará a Aronnax se coñece a historia de España. E
rematará narrando, ao longo de varias páxinas, a batalla de Rande, con profusión de
detalles, recordando o dramático combate de 1702 no que unha frota
combinada anglo-holandesa esmagou á escuadra franco-española, deixando 2.500
mortos e 1.800 feridos. E, con eles, a lenda dun fabuloso tesouro mergullado.
Grazas á paixón de Verne polo dato preciso, coñecemos a data exacta en que
o Nautilus visitou a ría de Vigo: o martes, 18 de febreiro de 1868. Sucedeu, polo tanto,
un ano antes da publicación de “20.000 leguas baixo dos mares”, que comezou a saír
por entregas no “Magasin d’Éducation et de Récréation” o 20 de marzo de 1869 e
rematou o 20 de xuño de 1870.
Jules Verne visitaría Galicia persoalmente anos máis tarde. En concreto,estaría en Vigo
en 1878 e 1884, en dúas estancias de catro días cada unha, as únicas que fixo en
España na súa vida. Pero iso xa é outra historia. Esta de hoxe vai dunha efeméride
literaria, unha data máxica que une a Galicia cun dos libros máis lidos da toda a
historia.
(Fonte:http://www.gciencia.com/historias-gc/o-nautilus-visita-a-ria-de-
vigo/ )
PROPOSTA DE ROTEIRO “JULES VERNE E AS
MULLERES PLANTA”
Jules Verne  e a vida secreta das mulleres planta. materiais roteiro.

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

A galicia medieval
A galicia medievalA galicia medieval
A galicia medievalpapoularosa
 
Os séculos escuros, cristina pernas e alba ben, 1º a bac
Os séculos escuros, cristina pernas e alba ben, 1º a bacOs séculos escuros, cristina pernas e alba ben, 1º a bac
Os séculos escuros, cristina pernas e alba ben, 1º a bacAlbaBenRivas_1BAC-A
 
Lois pereiro. letras galegas 2011
Lois pereiro. letras galegas 2011Lois pereiro. letras galegas 2011
Lois pereiro. letras galegas 2011marisadc2
 
O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)
O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)
O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)monadela
 
Manuel María: a natureza, os animais
Manuel María: a natureza, os animais Manuel María: a natureza, os animais
Manuel María: a natureza, os animais monadela
 
Canto á Terra Cha. Manuel María
Canto á Terra Cha. Manuel MaríaCanto á Terra Cha. Manuel María
Canto á Terra Cha. Manuel Maríamonadela
 

La actualidad más candente (9)

Convite inauguración Os Rosales
Convite inauguración Os RosalesConvite inauguración Os Rosales
Convite inauguración Os Rosales
 
A galicia medieval
A galicia medievalA galicia medieval
A galicia medieval
 
Os séculos escuros, cristina pernas e alba ben, 1º a bac
Os séculos escuros, cristina pernas e alba ben, 1º a bacOs séculos escuros, cristina pernas e alba ben, 1º a bac
Os séculos escuros, cristina pernas e alba ben, 1º a bac
 
Lois pereiro. letras galegas 2011
Lois pereiro. letras galegas 2011Lois pereiro. letras galegas 2011
Lois pereiro. letras galegas 2011
 
O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)
O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)
O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)
 
QVARE LINGVA LATINA
QVARE LINGVA LATINAQVARE LINGVA LATINA
QVARE LINGVA LATINA
 
Manuel María: a natureza, os animais
Manuel María: a natureza, os animais Manuel María: a natureza, os animais
Manuel María: a natureza, os animais
 
Canto á Terra Cha. Manuel María
Canto á Terra Cha. Manuel MaríaCanto á Terra Cha. Manuel María
Canto á Terra Cha. Manuel María
 
COUSAS
COUSASCOUSAS
COUSAS
 

Similar a Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta. materiais roteiro.

Urbano lugris gonzalez definitiva
Urbano lugris gonzalez definitivaUrbano lugris gonzalez definitiva
Urbano lugris gonzalez definitivacabeiroweb
 
Urbano Lugrís Freire "O ARTISTA QUE IMAXINOU O MAR"
Urbano Lugrís Freire "O ARTISTA QUE IMAXINOU O MAR"Urbano Lugrís Freire "O ARTISTA QUE IMAXINOU O MAR"
Urbano Lugrís Freire "O ARTISTA QUE IMAXINOU O MAR"cabeiroweb
 
Urbano Lugrís Freire: "O ARTISTA QUE IMAXINOU O MAR"
Urbano Lugrís Freire: "O ARTISTA QUE IMAXINOU O MAR"Urbano Lugrís Freire: "O ARTISTA QUE IMAXINOU O MAR"
Urbano Lugrís Freire: "O ARTISTA QUE IMAXINOU O MAR"cabeiroweb
 
Presentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XXPresentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XXrcms9
 
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegasLourenço Alvarez Ruiz
 
Mergúllate na túa cidade 2
Mergúllate na túa cidade   2Mergúllate na túa cidade   2
Mergúllate na túa cidade 2mmcos
 
Embarcacions polo mundo
Embarcacions polo mundo Embarcacions polo mundo
Embarcacions polo mundo xistina
 
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017iessalvabiblio
 
Boletín abril 2012
Boletín abril 2012Boletín abril 2012
Boletín abril 2012martafp
 
Rianxo
RianxoRianxo
Rianxoalbela
 
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xeraisLourenço Alvarez Ruiz
 
Traballo powerpoint
Traballo powerpointTraballo powerpoint
Traballo powerpointsrbugallo
 
Guía_lectura_Nadal_2015
Guía_lectura_Nadal_2015Guía_lectura_Nadal_2015
Guía_lectura_Nadal_2015iessalvabiblio
 

Similar a Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta. materiais roteiro. (20)

Urbano lugris gonzalez definitiva
Urbano lugris gonzalez definitivaUrbano lugris gonzalez definitiva
Urbano lugris gonzalez definitiva
 
Urbano Lugrís Freire "O ARTISTA QUE IMAXINOU O MAR"
Urbano Lugrís Freire "O ARTISTA QUE IMAXINOU O MAR"Urbano Lugrís Freire "O ARTISTA QUE IMAXINOU O MAR"
Urbano Lugrís Freire "O ARTISTA QUE IMAXINOU O MAR"
 
Urbano Lugrís Freire: "O ARTISTA QUE IMAXINOU O MAR"
Urbano Lugrís Freire: "O ARTISTA QUE IMAXINOU O MAR"Urbano Lugrís Freire: "O ARTISTA QUE IMAXINOU O MAR"
Urbano Lugrís Freire: "O ARTISTA QUE IMAXINOU O MAR"
 
Presentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XXPresentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XX
 
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
 
A auga na pintura
A auga na pinturaA auga na pintura
A auga na pintura
 
Mergúllate na túa cidade 2
Mergúllate na túa cidade   2Mergúllate na túa cidade   2
Mergúllate na túa cidade 2
 
A auga na pintura
A auga na pinturaA auga na pintura
A auga na pintura
 
Embarcacions polo mundo
Embarcacions polo mundo Embarcacions polo mundo
Embarcacions polo mundo
 
Manuel Antonio
Manuel AntonioManuel Antonio
Manuel Antonio
 
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
 
Vangardas-1
Vangardas-1Vangardas-1
Vangardas-1
 
Boletín abril 2012
Boletín abril 2012Boletín abril 2012
Boletín abril 2012
 
Augapintura
AugapinturaAugapintura
Augapintura
 
Rianxo
RianxoRianxo
Rianxo
 
Once contos medievais
Once contos medievaisOnce contos medievais
Once contos medievais
 
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
 
Traballo powerpoint
Traballo powerpointTraballo powerpoint
Traballo powerpoint
 
Mb
MbMb
Mb
 
Guía_lectura_Nadal_2015
Guía_lectura_Nadal_2015Guía_lectura_Nadal_2015
Guía_lectura_Nadal_2015
 

Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta. materiais roteiro.

  • 1. JULES VERNE e a vida secreta das mulleres planta. LEDICIA COSTAS. “O relato que me dispoño a contar ten como un dos seus personaxes principais o escritor Jules Verne, un home moi singular, capaz de xerar enorme expectación, un auténtico aventureiro con fama de visionario”(páxina 13) Verne nace en Nantes, preto do mar, como unha premonición. Fillo de pais ríxidos e escrupulosos, a estricta educación recibida no fogar e a estreitísima relación que mantivo co seu irmán serían as primeiras experiencias que marcarían profundamente a súa traxectoria persoal. Foi unha vida longa e fecunda marcada por graves problemas de saúde- padecía unha grave diabete e parálise facial- e por conflitos familiares: un matrimonio infeliz, un fillo polo que non soubo ou non puido sentir afecto, un sobriño demente que, lle disparou nunha perna provocándolle unha coxeira irremediable. Pero tamén foi unha vida chea de experiencias, viaxes, intenso estudo e sobre todo dunha creatividade e imaxinación inmensas. Cedo rebélase contra o desexo do pai que pretendía que seguindo a tradición familiar exercera a profesión de avogado e comeza a escribir con escaso éxito ata que o editor Herzel recibe o manuscrito dunha curiosa novela titulada "Cinco semanas en globo". O éxito foi inmediato e o favor do público xa non o abandonaría. Poderíamos resumir a biografía de Verne como unha sucesión de acontecementos cos que pouco a pouco constrúe a máscara que lle axudará a aparentar ser un perfecto burgués conservador e sedentario. Baixo ela, sen embargo, escóndese un home enigmático e profundamente atormentado. Verne tivo responsabilidades públicas, foi un home que triunfou persoal, social e politicamente, pero no medio desta aparencia feliz, vive unha soidade íntima onde só os camiños da imaxinación lle proporcionan portas para fuxir da mediocridade. A súa personalidade, a súa obra son complexas e inesgotables e van moito máis alá da simplista visión dun mero novelista para xoves. Deste xeito, a súa literatura é como un gran criptograma que esconde íntimas frustracións e unha personalidade hermética que se proxecta nas súas novelas. (Extracto de Jules Verne o el sueño de la aventura. Manuel Otero Toral)
  • 2. Fonte: http://centros.edu.xunta.es/iessanchezcanton/1/biblioteca/remexemos/jules_verne/principal. htm O adro: O mar é todo! O seu alento é puro e san. É o inmenso deserto en que o ser humano nunca está só, pois sente como se estremece a vida ao seu redor. O mar é o vehículo dunha sobrenatural e prodixiosa existencia; é movemento e amor; é o infinito vivente. (Verbas do capitán Nemo. Vinte mil leguas debaixo dos mares.Jules Verne). Páxina 7. O limiar: “ Antes da historia , o lugar” Vigo é unha cidade con arterias , pulmóns e toda unha estrutura ósea que a sostén. O seu corazón é azul e os devanceiros puxéronlle o nome de Atlántico. (...) Na zona do Berbés o cheiro é tan denso que, se pechas os ollos e te deixas levar un instante, case logras trasladarte ás bateas que visten os arredores de Rande (...) De día é lonxa de pesca de altura, e porto de barcos de bonitos nomes (...) que desafían o horizonte coas súas proas bicudas. As empresas de conxelados da zona rotulan os seus edificios con carteis de letras enormes e frases fermosas (...) (páxina 11). Vigo é industria, guindastres, barcos, peixe, edificios antigos de pedra, cabalos, mariñeiros tirando das redes. Vigo é unha criatura poliédrica e marabillosa (...) pero non sempre foi así. A historia que vou relatar sucedeu nun tempo onde o mar e os montes non tiñan barreiras (...) quitádelle todo o que pertence a este século e tamén ao século pasado; (...) Espídeo ata reducilo á súa esencia (...) aí, nese momento concreto comeza a historia. (páxina 12).
  • 3. Capítulo I: Onde a narradora formula varias preguntas e un enigma. (...) como cando deseñou o impresionante Nautilus, o submarino capaz de manterse de xeito indefinido debaixo da auga e de cruzar o casquete polar avanzando debaixo do xeo sen inmutarse, coma unha prodixiosa balea metálica. A bordo do Nautilus, o Capitán Nemo emprendeu as Vinte mil leguas debaixo dos mares. (páxina 13). (...) Curiosamente a ría de Vigo aparecía na súa novela Vinte mil leguas debaixo dos mares. Mais no momento de escribila, el non visitara aínda a cidade (...) Tiveron que pasar aínda varios anos para que Jules Verne visitase vigo por primeira vez. Sucedeu en xuño de 1878 (...) a bordo do Saint-Michelle III. (páxina 14). (...) A visita de jules verne foi todo un acontecemento que coincidiu coa celebración daFesta da Reconquista.(...) O xornal Faro de Vigo fíxose eco da noticia... (páxina 16). (...) Será no ano 1878 cando Verne visite Vigo e farao (...) debido a unha treboada (...) seis anos despois, o novelista volverá a esta mesma cidade, por mor dunha avaría no seu iate. (...) Ben pois,a pesar do que conta a historia, as cousas non sucederon así. Eu coñezo a verdadeira razón que trouxo a Jules Verne a Vigo ... (páxinas 19,20). Onde comeza a aventura máis emocionante de Jules Verne. O porto: Camiñou polo peirao que fora construído case na súa totalidade coa medeira rescatada dos galeóns afundidos en Rande a principios do século XVIII ( páxina 21) (...) O peirao contaba con guindastres de vapor que facían máis levadeira a carga e descarga dos buques mercantes. Había barcos atracados e algunhas gamelas con mariñeiros de dedos deformados cosendo as redes. As súas mans semellaban pertencer a seres grotescos, toda a vida entregados aos rigores do mar. (páxina 22). A cidade: A cidade recibiunos cos brazos abertos. pasearon por rúas de fermosos nomes, como Sombreireiros,chamada así por atopárense nela os comercios do gremio dos sombreireiros de Vigo ( páxina 24) (...) Daquela as calellas conservaban o nome medieval dos oficios e dos negocios que se asentaran nelas.(...) Á altura da rúa Misericordia(entre a praza da Constitución e Elduayen), detívose e sacou do peto interior da levita un mapa: - Ao final desta rúa hai unha capela que perence ao gremio dos mereantes. ( páxina 25).(...) uns metros máis adiante está aquilo que vimos buscar (...) unha botica. (páxina 26).
  • 4. As rúas e lugares: (...) El novelista estuvo anoche en el paseo de la Alameda y más tarde concurrió al baile de la Tertulia (páxina 16). O meu grumete e mais eu temos que ir a un taller chamado La Industriosa, que está na Avenida Duque de la Victoria (Policarpo Sanz e García Barbón) .(páxina 51) A súa favorita era a da Constitución ( antiga Praza Maior onde se atopaba o Concello). Estaba de camiño á ribeira do Berbés.(páxina 98). A cidade estaba a vivir un período arquitectónico que culminaría varios anos despois. a burguesía, empeñada en amosar o seu poder económico, empezou a contratar arquitectos de presticio para que construísen edificios vestidos coas ondulantes formas do Modernismo e doutros estilos que triunfaban en París. (páxina 100). Foi o barrio do Areal o que viu nacer os primeiros signos do modernismo. a cidade facíase grande na beira do mar: factorías de salga, estaleiros e comercios de efectos navais rodeábanse de construcións suntuosas nas que os afamados arquitectos deixaban o mellor de si.Vigo empezaba a ser un poliedro.(páxina 100). O Merveilleux Nautilus: No interior do submarino recendía a verniz e a violetas. Antonio Sanjurjo forrara o chan, as paredes e o teitodo seu buque das madeiras máis nobres. A iluminación era eléctrica (...) Verne soubo ao instante que a intención do seu amigo fora que os damascos orientais non pasasen desapercibidos. Tamén no salón había maxestosas vitrinas de carballo con aplicacións de ébano de curiosas formas xeométricas. Malia permaneceren baleiras, a intención de Antonio sanjurjo era encher os seus andeis das especies mariñas que fose descubrindo no fondo dos océanos, como fixera o capitán nemo nas súas Vinte mil leguas debaixo dos mares. Aquilo era unha auténtica homenaxe ao Nautilus. (páxina 187)(Mini Carrier, lanzatorpedos. Museo do Mar). As illas Cíes: Aos poucos minutos, tal e como anunciara Antonio Sanjurjo, o Merveilleux Nautilus zarpou con destino á coordenadas 42º 13 latitude Norte 8º54 lonxitude Oeste. nese punto exacto era onde estaba situado o arquipélago formado polas tres illas, dúas das cales estaban unidaspor unha barra de area. Debaixo da terceira delas, ao final dunha canle submarina, atopábase a misteriosa Fraga das mulleres planta. (páxina 191). E rematando: E así é como remata esta aventura de flores, océanos e criaturas verdes. De feluxe, raíces e artistas de circo que un día tiveron o soño de ser grandes (...)Porque hai viaxes das que nunca se volve por completo, travesías nas que deixas unha parte tan importante de ti (...) e entón simplemente sorrís porque estás viva. E aí é onde radica a felicidade: en atreverse a gozar con tal entrega da marabillosa e fascinante aventura de vivir.(páxinas 232-233).
  • 5. O tesouro de Rande: O 23 de outubro de 1702 foi un brumoso día na ría de Vigo. Non se vía a beira oposta. Só ás veces, entre o estrondo apagado dos canóns, aparecían as figuras pantasmais dos maiores buques de guerra de Europa: O Zeven Provinces holandés; o Royal Sovereign inglés; o francés Le Fort. Pero, pasado o mediodía, cando o vento levou os últimos farrapos de néboa, se desatou o mesmísimo inferno. “Queimen as naves!”, berrou o almirante Chateau-Renault cando comprendeu que a batalla estaba perdida. A súa orde correu como a pólvora entre a frota e en poucos minutos a ría de Vigo estalou en labaradas ardentes. Galeónsespañois e fragatas francesas ardían entre explosións, mentres os buques de guerra ingleses, co Torbay en vanguarda, seguían a canonear e tentar a abordaxe. Son as catro da tarde dun brumoso día de outono. Xa o anotamos: O 23 de outubro de 1702. E estamos a describir a batalla de Rande, unha das máis determinantes da historia, que vén de alcanzar o seu punto culminante. O combate vaise saldar con máis de dous mil mortos do bando defensor e outros oitocentos da escuadra inimiga. E, con eles, a perda da mellor frota de guerra do Rei Sol, Luís XIV, e da frota de Indias española ao completo. Tras da batalla, nacería a lenda do tesouro de Rande. O mesmo que chegou a rescatar o Nautilus do capitán Nemo na ría de Vigo. E sucesivas expedicións, empregando os mellores adiantos técnicos de cada época… (Fonte:http://www.gciencia.com/historias-gc/batalla-de-rande-cando-o- mar-ardeu-en-vigo-en-1702/). O Nautilus visita a ría de Vigo O submarino do capitán Nemo, símbolo da revolución tecnolóxica do XIX, visitou Galicia o 18 de febreiro de 1868 segundo a novela de Verne. O 18 de febreiro de 1868, o capitán Nemo, a bordo do submarino ‘Nautilus‘, chega á ría de Vigo, segundo a novela “20.000 leguas baixo dos mares”. Aquela data era un martes de inverno, cando o somerxible máis famoso da literatura entrou canda as illas Cíes, cortando as augas. A bordo viaxaban o capitán Nemo e os seus tres ilustres hóspedes: o arpoador Ned Land, o profesor Aronnax e o seu asistente, Conseil. Será unha breve escala, cun único obxectivo: acceder á auténtica caixa de caudais do capitán Nemo, o tesouro dos galeóns da Frota da Prata, afundida na batalla de Rande de 1702.
  • 6. Mentres os mergulladores abren cofres cargados de metais preciosos, Nemo pronuncia as súas históricas palabras: “Nestes mesmos instantes atopámonos na baía de Vigo e só de vostede depende descubrir os misterios que nela se agochan”. Seguidamente, preguntará a Aronnax se coñece a historia de España. E rematará narrando, ao longo de varias páxinas, a batalla de Rande, con profusión de detalles, recordando o dramático combate de 1702 no que unha frota combinada anglo-holandesa esmagou á escuadra franco-española, deixando 2.500 mortos e 1.800 feridos. E, con eles, a lenda dun fabuloso tesouro mergullado. Grazas á paixón de Verne polo dato preciso, coñecemos a data exacta en que o Nautilus visitou a ría de Vigo: o martes, 18 de febreiro de 1868. Sucedeu, polo tanto, un ano antes da publicación de “20.000 leguas baixo dos mares”, que comezou a saír por entregas no “Magasin d’Éducation et de Récréation” o 20 de marzo de 1869 e rematou o 20 de xuño de 1870. Jules Verne visitaría Galicia persoalmente anos máis tarde. En concreto,estaría en Vigo en 1878 e 1884, en dúas estancias de catro días cada unha, as únicas que fixo en España na súa vida. Pero iso xa é outra historia. Esta de hoxe vai dunha efeméride literaria, unha data máxica que une a Galicia cun dos libros máis lidos da toda a historia. (Fonte:http://www.gciencia.com/historias-gc/o-nautilus-visita-a-ria-de- vigo/ ) PROPOSTA DE ROTEIRO “JULES VERNE E AS MULLERES PLANTA”