Rocioepablo

C
CCMCCCMC
Cartas de inverno Sinceramente é un dos meus libros favoritos, só superado por  O Guerreiro Branco . Agustín Fernández Paz con este libro conseguiu que o valorasen como un dos mellores autores de narrativa xuvenil. Para min é o verdadeiro libro de terror: houbo momentos en que me deu calafríos e tamén engancha moito. Trata sobre sucesos estraños que suceden na nova casa de Adrían. Casa da que non volverá a saír. Xabier intentará salvar ao seu amigo pero quedará retido tamén. Quique Blanco 1º ESO A
A  casiña azul Grandes letores: Aquí tendes a miña pequena crítica. Este libro foi un dos mellores que lin. Narra a historia dunha nena maltratada. A pesar disto ela intenta descubrir os misterios dunha casa abandonada que se volve azul unha vez no ano e... ben, se queredes sabelo, terédelo que ler. O que a min máis me gustou foi o final. E o peor... a verdade é que a este libro non lle vin ningunha pega.  Sei que lles encantará a rapaces que gocen cos misterios. Unha cousiña! Non xulguedes un libro pola súa portada nin polo seu tamaño. Xulgádeo despois de lelo. Adrián Bermúdez 1º ESO A
A filla do ladrón de bicicletas É un libro que me gustou moito porque a protagonista facía cousas dificilísimas coa súa bicicleta que nin tiña marchas nin freos. Era incrible! Ata lle gañou unha carreira a un rapaz cunha boa bicicleta. O que menos me gustou foi o final porque era moi irreal, porque non circos hai equilibristas pero non de bicicletas.  Este libro recoméndollelo a que lle guste a aventura. Sergio Caamaño 1º ESO A
As lágrimas de Shiva O libro encantoume por ser de misterio e romance. Narra a historia de dúas familias enfrontadas, porque anos atrás, unha rapaza dunha das familias deixou plantado ao namorado, da outra familia, e fuxiu cun colar valiosísimo que el lle regalara. Dous curmáns descobren o misterio do colar, “As lágrimas de Shiva”, e conseguen que as dúas familias deixen de estar enfrontadas.  Recomendaríallelo a lectores que lles guste ler e teñan tempo. Darío Abuín 1º ESO A
A historia do home can Do libro gustoume todo de principio a fin. Conta a historia dun home que ao tomar un xarope rexuvenecedor convértese en can por mesturalo con alcohol. Entón marcha da casa e empézanlle a ocorrer unha serie de problemas e situacións sorprendentes. A noite do aniversario da súa voda volve á casa. Recoméndollo a todo o mundo porque está moi ben, aínda que lle vai gustar máis aos rapaces. Gabriel Fariña 1º ESO A
Vaiche boa! O libro encantoume. O personaxe Brian Bell pareceume moi inxenioso. Son un feixe de relatos que van sobre unha barra de labios que volve tolas as rapazas, uns calzóns que proporcionan calidades prodixiosas a quen os pon... Os relatos que máis me gustaron foron “O esqueleto do retrete” e “Crema de bosta de vaca”. O que menos, foi “Xeado da intelixencia” . Eu recomendaríallelo aos que lles gusten os libros de relatos. Darío Santiso 1º ESO B
A casiña azul Cartas de inverno Encantoume. O que máis me gustou foi o misterio que agocha a casa de Adrián. Malia a axuda do seu amigo Xabier non conseguen saír da casa e non se sabe nada máis deles.  O que menos me gustou foi o final porque Tareixa e o inspector non son capaces de atopalos. O libro remata así, a min gustaríame que seguira e que se desvelase o misterio un pouco máis. É un deses libros que non podes deixar de ler sen rematalo.  Recoméndollo a todos os lectores que lles guste o medo e o misterio. Rocío Méndez 1º ESO B O libro encantoume de verdade. O principio non tanto pero ao final entusiasmoume. Gustaríame perder a memoria para volver a gozalo. Ensina o amor de dous rapaces, o misterio dunha casa, as lágrimas dunhas cartas e a verdadeira amizade.  Recomendaríallo ao que saiba valoralo e que lle guste ler. Tamén animo aos que non lles guste ler porque é un libro moi especial.  Pablo Romar Santos 1º ESO A
Chamádeme Simbad O libro é fascinante. Trata dun rapaz que ten un avó con alzheimer e un día desapareceu. Paulo está moi preocupado e investiga. Ao final atópao co seu irmán Bernandiño na Taberna do pirata.  Encantoume esta novela porque tiña moita intriga e case non podía parar de ler. Ademais é moi divertido. Recoméndovolo a todos! Iñaki Gómez 1º ESO A
O cocho de carreiras Rudi Fuciños O libro gustoume bastante porque é moi divertido. Trata sobre uns rapaces que gañan un porco e o converten nun cocho de carreiras. A parte que máis me gustou foi cando Rudi estaba na carreira porque se namora dunha cocha e en vez de ir ao final da pista correu cara ela. A parte que menos me gustou foi cando o dono do edificio os bota fóra da casa. Anímovos a lelo porque é moi divertido. Recoméndollelo a persoas ás que lle gusten os libros de humor. Alejandro Rivera 1º ESO B
A filla do ladrón de bicicletas Este libro trata dunha nena que se chama Serafina. O único que quere é andar na súa bicicleta Celerífera para ser equilibrista; pero ten un problema: a súa tía quere impedirllo. O que máis me gustou do libro é que Serafina sempre andaba na bicicleta. O que menos, foi que cando lle viñeron a facer unha entrevista a Serafina, a tía Perfecta inventábase as cousas para quedar ben. Eu animaría a lelo porque é un libro moi divertido; recoméndollelo a todos aos que lle gusten as aventuras. Alberto Pombo 1º ESO B
Usha O libro gustoume moito porque trata dos nenos que teñen menos vantaxes ca nós. Tamén me chamou a atención como se resolven os problemas dunha curmá da amiga da protagonista á que non lle deixaban estudar por ser muller. O que máis me agradou foi que a protagonista, Usha, é moi amiga de Lakshmi, unha nena dese país. O que menos, foi que unha profesora de Galicia lle dixo a Usha que tiña menos nivel en clase por ir á India no verán.  Recomendaríallelo a lectores que lles gusten as viaxes a outros países, que queiran coñecer novas culturas. Elena Vázquez  1º ESO A
Tristes Armas Este libro ao principio pareceume moi triste, pero o final gustoume porque os protagonistas quedaron felices. Trata sobre unhas rapazas que tiveron que ir a un orfanato en Rusia, porque os pais estaban na guerra de España.  O pai morre, a nai casa con outro home e as fillas seguen a súa vida. Recoméndollelo a todos. Alberto Gómez 1º ESO A
Este libro pareceume un pouco triste ao principio, pero despois gustoume moito. Vai dunha rapaza chamada Branca que enfermou de hepatite e tivo que pasar varias semanas na cama. Tivo que pasar o seu aniversario na cama. Lois é o rapaz do que está namorada. A súa mellor amiga chámase Raquel. Estas son algunhas das cousas que lembra a protagonista mirando fotos. Recoméndollelo a todos os que lles gusten os libros sentimentais. Sofia Mato. 1º ESO A Trece anos de Branca
Chamádeme Simbad O libro, ao principio, non me gustou moito ata que me fun metendo na historia. Deume moita mágoa cando soubo que o avó tiña unha enfermidade “a do esquecemento”. O final,  cando neto e avó se reencontran, foi moi emocionante.  Recoméndollelo aos que lles guste o misterio. Sergio Lema 1º ESO A
Vaiche boa! Gustoume moito porque é moi divertido. Son historias curtas, amenas e algunha moi perigosa. O relato que máis me gustou foi “Superfuciños” porque foi o que máis me fixo rir. O que menos, foi “O esqueleto do retrete”  porque non lle collín gusto. Ana Méndez 1º ESO B
Trece anos de Branca Este libro pareceume un pouco triste ao principio, pero despois gustoume moito. Vai dunha rapaza chamada Branca que enfermou de hepatite e tivo que pasar varias semanas na cama. Tivo que pasar o seu aniversario na cama. Lois é o rapaz do que está namorada. A súa mellor amiga chámase Raquel. Estas son algunhas das cousas que lembra a protagonista mirando fotos. Recoméndollelo a todos os que lles gusten os libros sentimentais. Sofia Mato. 1º ESO A
Folerpas O libro encantoume. A protagonista é moi boa. Ela e os seus amigos pasan unha semana moi interesante dun lado para outro desobedecendo a pais e familiares. Intentan adiviñar quen é o Folerpas; ademais descobren unha nova planta azul con características nunca vistas. Xa o veredes cando o leades.  Veña, eu anímovos sobre todo aos que vos guste o misterio. Laura Nantón 1º ESO B
As lágrimas de Shiva O libro gustoume moito. O protagonista Xabier e a súa curmá Violeta investigan sobre un colar desaparecido hai moitos anos. Todo comeza cando Xabier chega á casa dos seus tíos, que por certo era unha familia moi rara: imaxinade... non tiñan televisión! Pero el empeza a escoitar e ver formas humanas nas escaleiras. pensaba que era a súa imaxinación pero non... Despois de investigar deducen que hai unha pantasma na casa e así descobren toda a historia. Anímovos a lelo porque a min gustoume e espero que a vós tamén. É unha historia de amor do pasado que impide unha no presente. Patricia Taboada 1º ESO B
Kafka e a boneca viaxeira O libro encantoume. Pareceume moi bonito que Kafka se molestase por Elsi cando a viu chorar, pois eu teño unha irmá pequena á que lle encantan as bonecas e non pode vivir sen elas.  Non me gustou nada que os veciños de Kafka lle chamasen tolo sen coñecelo ben. Deume pena que se acabase o libro; está “de rechupete”. Recoméndollelo a tod@s @s lector@s aos que lles guste a tenrura.  Mariña Lema 1º ESO A
A vida encaixa O libro non me gustou moito. Todo empeza porque o pai de Sachika levantou o dedo maimiño no almorzo para indicar a cantidade de café que quería. Sachinka preguntoulle porque o levantara pero o pai non lle soubo contestar. A min non me gustou porque por culpa dunha pequena pregunta desátanse unha serie de acontecementos que cambian a vida cotiá de todo un pobo.  Eu animo á xente a ler este libro porque, aínda que é raro, engancha e métete dentro da historia. Silvia Olivera 1º ESO B
É un libro que ten un conxunto de relatos independentes como o da bosta de vaca, o do esqueleto no retrete, etc. O relato que máis me gustou foi  “ O blues do faro”, porque é de medo e, ao mesmo tempo, de valentía. O que menos, foi “Superfuciños”, que vai dun neno que grazas a unha bruxa podía bicar a todas as femias que quería, pero ese neno ao final leva un bo escarmento.  Aconsellaríallelo aos rapaces que lles guste o misterio, a vinganza, a alegría, o humor e, sobre todo, a simpatía.  Aida García 1º ESO A Vaiche boa!
Os Megatoxos e  o aprendiz de druída Nenos con superpoderes que retroceden no tempo para atrapar un toxo. Rapaces vencidos unha vez por un monstro. Noutra ocasión un rapaz queda atrapado no interior do monstro. Pero vencérono definitivamente e volveron ao presente. Aconséllolles este libro, que me encantou, a todos os que lles guste a aventura e a fantasía. Adrián Lema 1º ESO B
Cartas de inverno Este libro gustoume moito, sobre todo, pola intriga que presenta.  A parte que máis me gustou foi cando Xabier, un dos protagonistas dille a súa irmá  as súas últimas palabras a través de cartas. Recoméndolles este libro a persoas que gocen con historias de terror e medo. E se son suficientemente valentes que o intenten ler pola noite!  Alejandro Lema 1º ESO A
Os Megatoxos e o aprendiz de druída Gustoume moito. É un libro de moita fantasía e aventura. Ao querer encontrar o Toxo que lles deu os poderes aos protagonistas, pásanlles moitas cousas divertidas e misteriosas. Ademais os rapaces poden viaxar a través do tempo a un poboado celta.  Eu recomendaríallo a xente que lle guste a fantasía. Lara Varela 1º ESO A
Historia do home can O libro trata dun home que toma un xarope que o converte en can. A partir de aí vive distintas situacións: Vai detrás dun garda, pelexa cun can, intentan usalo para ser famoso porque o can falaba; finalmente a noite de San Xoán o can volveu... Gustoume moito e recoméndollelo a lectores aos que lles guste a fantasía.  David Mato 1º ESO B
Tristes armas O libro encantoume pois reflicte aspectos da vida real. Trata de dúas rapazas que tiveron que marchar a Rusia mentres seus pais loitaban na guerra. Alí refixeron as súas vidas sen a presenza de seres queridos.  Se che gustan os libros de tristeza, de amor, de loita por vivir... este pode ser o teu  porque é un libro fermosísimo. María Jesús Allo 1º ESO B
O cocho de carreiras Rudi Fuciños O libro encantoume. O cocho tocoulles nunha tómbola e tiveron que cambiar de casa porque non lles deixaban telo alí.  A continuación tiveron que encontrarlle unha actividade: converterse nun cocho de carreiras. A parte que máis me gustou foi cando tiveron que sacar o cocho do coche cunha táboa de pasar o ferro. A que menos, foi cando ían mandar a Rudi ao matadoiro. Ana Lema 1º ESO B
Chamádeme Simbad O libro encántame. Dos personaxes o que máis me gustou foi o protagonista, Paulo. O que máis destacaría foi cando Simbad atopa ao tío Bernardino no seu bar co avó e cando volveron cos seus pais todos xuntos para casa.  Anímovos a que o collades porque a min gustoume moito. Miguel Varela 1º ESO B
1 de 28

Recomendados

Rocioepablo por
RocioepabloRocioepablo
RocioepabloCCMC
166 vistas20 diapositivas
Boslectores por
BoslectoresBoslectores
BoslectoresCCMC
185 vistas13 diapositivas
Lectores por
LectoresLectores
LectoresCCMC
199 vistas9 diapositivas
Grandeslectores por
GrandeslectoresGrandeslectores
GrandeslectoresCCMC
159 vistas6 diapositivas
Gozando no Laxeiro por
Gozando no LaxeiroGozando no Laxeiro
Gozando no LaxeiroCCMC
284 vistas13 diapositivas
O meu libro favorito por
O meu libro favoritoO meu libro favorito
O meu libro favoritosoigca
965 vistas47 diapositivas

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

Present3ªav por
Present3ªavPresent3ªav
Present3ªavMeigamaior
544 vistas13 diapositivas
Nós lemos en galego, e ti? por
Nós lemos en galego, e ti?Nós lemos en galego, e ti?
Nós lemos en galego, e ti?Meigamaior
512 vistas10 diapositivas
O libro que salvaría por
O libro que salvaríaO libro que salvaría
O libro que salvaríaloli2015
1.1K vistas67 diapositivas
Gozando no Laxeiro. Segunda entrega por
Gozando no Laxeiro. Segunda entregaGozando no Laxeiro. Segunda entrega
Gozando no Laxeiro. Segunda entregaMeigamaior
647 vistas10 diapositivas
Nós lemos en galego, e ti? por
Nós lemos en galego, e ti?Nós lemos en galego, e ti?
Nós lemos en galego, e ti?Meigamaior
347 vistas13 diapositivas
O corazon de xupiter por
O corazon de xupiterO corazon de xupiter
O corazon de xupiternormalizacioniesn1ordes
874 vistas2 diapositivas

La actualidad más candente(20)

Present3ªav por Meigamaior
Present3ªavPresent3ªav
Present3ªav
Meigamaior544 vistas
Nós lemos en galego, e ti? por Meigamaior
Nós lemos en galego, e ti?Nós lemos en galego, e ti?
Nós lemos en galego, e ti?
Meigamaior512 vistas
O libro que salvaría por loli2015
O libro que salvaríaO libro que salvaría
O libro que salvaría
loli20151.1K vistas
Gozando no Laxeiro. Segunda entrega por Meigamaior
Gozando no Laxeiro. Segunda entregaGozando no Laxeiro. Segunda entrega
Gozando no Laxeiro. Segunda entrega
Meigamaior647 vistas
Nós lemos en galego, e ti? por Meigamaior
Nós lemos en galego, e ti?Nós lemos en galego, e ti?
Nós lemos en galego, e ti?
Meigamaior347 vistas
Lecturas favoritas por bibliocoto
Lecturas favoritasLecturas favoritas
Lecturas favoritas
bibliocoto113 vistas
Recomenda un libro! por soigca
Recomenda un libro!Recomenda un libro!
Recomenda un libro!
soigca1.1K vistas
O roubo de pontenova clara brage 5º primaria por satelite1
O roubo de pontenova clara brage 5º primariaO roubo de pontenova clara brage 5º primaria
O roubo de pontenova clara brage 5º primaria
satelite1655 vistas
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS por Florenotero
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIASCREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
Florenotero75 vistas
Conto día da biblioteca por maria
Conto día da bibliotecaConto día da biblioteca
Conto día da biblioteca
maria567 vistas
Lecturas a carón do lume por Susana Losada
Lecturas a carón do lumeLecturas a carón do lume
Lecturas a carón do lume
Susana Losada859 vistas
Dia das bibliotecas. presentacion rematada por ceeabarcia
Dia das bibliotecas. presentacion rematadaDia das bibliotecas. presentacion rematada
Dia das bibliotecas. presentacion rematada
ceeabarcia245 vistas

Destacado

Sapere por
Sapere Sapere
Sapere Mikaela W von Bibban
243 vistas33 diapositivas
Facebook for bedrifter, Handelshøyskolen BI 6.3.2012 por
Facebook for bedrifter, Handelshøyskolen BI 6.3.2012Facebook for bedrifter, Handelshøyskolen BI 6.3.2012
Facebook for bedrifter, Handelshøyskolen BI 6.3.2012Erik Eskedal
813 vistas84 diapositivas
pleading por
pleadingpleading
pleadingDennis Chung
509 vistas3 diapositivas
Aprendizaje aut nomo_em.pptx;filename= utf-8''aprendizaje autónomo em por
Aprendizaje aut nomo_em.pptx;filename= utf-8''aprendizaje autónomo emAprendizaje aut nomo_em.pptx;filename= utf-8''aprendizaje autónomo em
Aprendizaje aut nomo_em.pptx;filename= utf-8''aprendizaje autónomo emEMMANUELE EDUARDO GARCIA ARRIAGA
128 vistas13 diapositivas
Gerencia de proyectos de tecnologia educativa por
Gerencia de proyectos de tecnologia educativaGerencia de proyectos de tecnologia educativa
Gerencia de proyectos de tecnologia educativaInstitución Educativa Santa Marta
90 vistas1 diapositiva
Lección # 20 - ECF - Etapa 1 - Ampliada por
Lección # 20 - ECF - Etapa 1 - AmpliadaLección # 20 - ECF - Etapa 1 - Ampliada
Lección # 20 - ECF - Etapa 1 - AmpliadaIglesia Cristiana Evangelica Luz del Mundo
242 vistas14 diapositivas

Destacado(13)

Facebook for bedrifter, Handelshøyskolen BI 6.3.2012 por Erik Eskedal
Facebook for bedrifter, Handelshøyskolen BI 6.3.2012Facebook for bedrifter, Handelshøyskolen BI 6.3.2012
Facebook for bedrifter, Handelshøyskolen BI 6.3.2012
Erik Eskedal813 vistas
Memoire cocréation et image de marque por Thomas BLANDIN
Memoire cocréation et image de marqueMemoire cocréation et image de marque
Memoire cocréation et image de marque
Thomas BLANDIN2.5K vistas
1er grado bloque 2 - exploración de la naturaleza por cesar-15
1er grado   bloque 2 - exploración de la naturaleza1er grado   bloque 2 - exploración de la naturaleza
1er grado bloque 2 - exploración de la naturaleza
cesar-157.6K vistas
project "Stop Aids!" por Kanykey
project "Stop Aids!"project "Stop Aids!"
project "Stop Aids!"
Kanykey248 vistas

Similar a Rocioepablo

Recomendacións lectoras verán 2014 por
Recomendacións lectoras verán 2014 Recomendacións lectoras verán 2014
Recomendacións lectoras verán 2014 NEDIBIBLIOTECA
412 vistas2 diapositivas
O berce de papel nº 75 por
O berce de papel nº 75O berce de papel nº 75
O berce de papel nº 75ceiprandufe
257 vistas8 diapositivas
Fina Casalderrey por
Fina CasalderreyFina Casalderrey
Fina CasalderreyJose Ramos
1.4K vistas10 diapositivas
Salvar un libro por
Salvar un libroSalvar un libro
Salvar un librorebkblanco
288 vistas13 diapositivas
Salvar un libro por
Salvar un libroSalvar un libro
Salvar un librorebkblanco
109 vistas13 diapositivas
Libro colaborativo dun equipo en illamento por
Libro colaborativo dun equipo en illamentoLibro colaborativo dun equipo en illamento
Libro colaborativo dun equipo en illamentoMaría Fernandez García
371 vistas15 diapositivas

Similar a Rocioepablo(20)

Recomendacións lectoras verán 2014 por NEDIBIBLIOTECA
Recomendacións lectoras verán 2014 Recomendacións lectoras verán 2014
Recomendacións lectoras verán 2014
NEDIBIBLIOTECA412 vistas
O berce de papel nº 75 por ceiprandufe
O berce de papel nº 75O berce de papel nº 75
O berce de papel nº 75
ceiprandufe257 vistas
Fina Casalderrey por Jose Ramos
Fina CasalderreyFina Casalderrey
Fina Casalderrey
Jose Ramos1.4K vistas
Salvar un libro por rebkblanco
Salvar un libroSalvar un libro
Salvar un libro
rebkblanco288 vistas
Salvar un libro por rebkblanco
Salvar un libroSalvar un libro
Salvar un libro
rebkblanco109 vistas
Recomendacións verán por ana alvarez
Recomendacións veránRecomendacións verán
Recomendacións verán
ana alvarez462 vistas
GUIAS DE NADAL por boello
GUIAS DE NADALGUIAS DE NADAL
GUIAS DE NADAL
boello409 vistas
Dia do libro, Dani e Simón 1º ESO B por tesafer
Dia do libro, Dani e Simón 1º ESO BDia do libro, Dani e Simón 1º ESO B
Dia do libro, Dani e Simón 1º ESO B
tesafer1K vistas
O alumnado de 4º de ESO por A MARALEIXA
O alumnado de 4º de ESOO alumnado de 4º de ESO
O alumnado de 4º de ESO
A MARALEIXA399 vistas
Present3ªav por Meigamaior
Present3ªavPresent3ªav
Present3ªav
Meigamaior122 vistas
MICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptx por AtalaParedes1
MICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptxMICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptx
MICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptx
AtalaParedes1415 vistas

Más de CCMC

Creamos un curso por
Creamos un cursoCreamos un curso
Creamos un cursoCCMC
182 vistas11 diapositivas
Presentación Club Ciencias 2019 por
Presentación Club Ciencias 2019Presentación Club Ciencias 2019
Presentación Club Ciencias 2019CCMC
311 vistas12 diapositivas
Cadernoaves por
CadernoavesCadernoaves
CadernoavesCCMC
74 vistas12 diapositivas
Exemplodebuxos por
ExemplodebuxosExemplodebuxos
ExemplodebuxosCCMC
195 vistas16 diapositivas
Safari fotográfico: As marabillas da nosa comarca por
Safari fotográfico: As marabillas da nosa comarcaSafari fotográfico: As marabillas da nosa comarca
Safari fotográfico: As marabillas da nosa comarcaCCMC
88 vistas68 diapositivas
Avesproxecta por
AvesproxectaAvesproxecta
AvesproxectaCCMC
377 vistas77 diapositivas

Más de CCMC(20)

Creamos un curso por CCMC
Creamos un cursoCreamos un curso
Creamos un curso
CCMC182 vistas
Presentación Club Ciencias 2019 por CCMC
Presentación Club Ciencias 2019Presentación Club Ciencias 2019
Presentación Club Ciencias 2019
CCMC311 vistas
Cadernoaves por CCMC
CadernoavesCadernoaves
Cadernoaves
CCMC74 vistas
Exemplodebuxos por CCMC
ExemplodebuxosExemplodebuxos
Exemplodebuxos
CCMC195 vistas
Safari fotográfico: As marabillas da nosa comarca por CCMC
Safari fotográfico: As marabillas da nosa comarcaSafari fotográfico: As marabillas da nosa comarca
Safari fotográfico: As marabillas da nosa comarca
CCMC88 vistas
Avesproxecta por CCMC
AvesproxectaAvesproxecta
Avesproxecta
CCMC377 vistas
Ler a Ciencia por CCMC
Ler a CienciaLer a Ciencia
Ler a Ciencia
CCMC510 vistas
Lendoa ciencia2 por CCMC
Lendoa ciencia2Lendoa ciencia2
Lendoa ciencia2
CCMC527 vistas
Rita Levi- Montalcini por CCMC
Rita Levi- MontalciniRita Levi- Montalcini
Rita Levi- Montalcini
CCMC513 vistas
Power sofia brahe por CCMC
Power sofia brahePower sofia brahe
Power sofia brahe
CCMC407 vistas
Aulavirtualcolumnaesquerda por CCMC
AulavirtualcolumnaesquerdaAulavirtualcolumnaesquerda
Aulavirtualcolumnaesquerda
CCMC268 vistas
Como usar o_aula_virtual2013 por CCMC
Como usar o_aula_virtual2013Como usar o_aula_virtual2013
Como usar o_aula_virtual2013
CCMC194 vistas
George Cuvier (Noelia e Nuria) por CCMC
George Cuvier (Noelia e Nuria)George Cuvier (Noelia e Nuria)
George Cuvier (Noelia e Nuria)
CCMC603 vistas
Wallace por Ian e Carlos 1º Bach B por CCMC
Wallace por Ian e Carlos 1º Bach BWallace por Ian e Carlos 1º Bach B
Wallace por Ian e Carlos 1º Bach B
CCMC501 vistas
Schwarzschild por CCMC
SchwarzschildSchwarzschild
Schwarzschild
CCMC257 vistas
Lise meitner pre por CCMC
Lise meitner preLise meitner pre
Lise meitner pre
CCMC722 vistas
Isaacnewton por CCMC
IsaacnewtonIsaacnewton
Isaacnewton
CCMC315 vistas
Presentacion acabada curie por CCMC
Presentacion acabada curiePresentacion acabada curie
Presentacion acabada curie
CCMC165 vistas
Albert einstein por CCMC
Albert einsteinAlbert einstein
Albert einstein
CCMC200 vistas
T ema 109 por CCMC
T ema 109T ema 109
T ema 109
CCMC262 vistas

Rocioepablo

  • 1. Cartas de inverno Sinceramente é un dos meus libros favoritos, só superado por O Guerreiro Branco . Agustín Fernández Paz con este libro conseguiu que o valorasen como un dos mellores autores de narrativa xuvenil. Para min é o verdadeiro libro de terror: houbo momentos en que me deu calafríos e tamén engancha moito. Trata sobre sucesos estraños que suceden na nova casa de Adrían. Casa da que non volverá a saír. Xabier intentará salvar ao seu amigo pero quedará retido tamén. Quique Blanco 1º ESO A
  • 2. A casiña azul Grandes letores: Aquí tendes a miña pequena crítica. Este libro foi un dos mellores que lin. Narra a historia dunha nena maltratada. A pesar disto ela intenta descubrir os misterios dunha casa abandonada que se volve azul unha vez no ano e... ben, se queredes sabelo, terédelo que ler. O que a min máis me gustou foi o final. E o peor... a verdade é que a este libro non lle vin ningunha pega. Sei que lles encantará a rapaces que gocen cos misterios. Unha cousiña! Non xulguedes un libro pola súa portada nin polo seu tamaño. Xulgádeo despois de lelo. Adrián Bermúdez 1º ESO A
  • 3. A filla do ladrón de bicicletas É un libro que me gustou moito porque a protagonista facía cousas dificilísimas coa súa bicicleta que nin tiña marchas nin freos. Era incrible! Ata lle gañou unha carreira a un rapaz cunha boa bicicleta. O que menos me gustou foi o final porque era moi irreal, porque non circos hai equilibristas pero non de bicicletas. Este libro recoméndollelo a que lle guste a aventura. Sergio Caamaño 1º ESO A
  • 4. As lágrimas de Shiva O libro encantoume por ser de misterio e romance. Narra a historia de dúas familias enfrontadas, porque anos atrás, unha rapaza dunha das familias deixou plantado ao namorado, da outra familia, e fuxiu cun colar valiosísimo que el lle regalara. Dous curmáns descobren o misterio do colar, “As lágrimas de Shiva”, e conseguen que as dúas familias deixen de estar enfrontadas. Recomendaríallelo a lectores que lles guste ler e teñan tempo. Darío Abuín 1º ESO A
  • 5. A historia do home can Do libro gustoume todo de principio a fin. Conta a historia dun home que ao tomar un xarope rexuvenecedor convértese en can por mesturalo con alcohol. Entón marcha da casa e empézanlle a ocorrer unha serie de problemas e situacións sorprendentes. A noite do aniversario da súa voda volve á casa. Recoméndollo a todo o mundo porque está moi ben, aínda que lle vai gustar máis aos rapaces. Gabriel Fariña 1º ESO A
  • 6. Vaiche boa! O libro encantoume. O personaxe Brian Bell pareceume moi inxenioso. Son un feixe de relatos que van sobre unha barra de labios que volve tolas as rapazas, uns calzóns que proporcionan calidades prodixiosas a quen os pon... Os relatos que máis me gustaron foron “O esqueleto do retrete” e “Crema de bosta de vaca”. O que menos, foi “Xeado da intelixencia” . Eu recomendaríallelo aos que lles gusten os libros de relatos. Darío Santiso 1º ESO B
  • 7. A casiña azul Cartas de inverno Encantoume. O que máis me gustou foi o misterio que agocha a casa de Adrián. Malia a axuda do seu amigo Xabier non conseguen saír da casa e non se sabe nada máis deles. O que menos me gustou foi o final porque Tareixa e o inspector non son capaces de atopalos. O libro remata así, a min gustaríame que seguira e que se desvelase o misterio un pouco máis. É un deses libros que non podes deixar de ler sen rematalo. Recoméndollo a todos os lectores que lles guste o medo e o misterio. Rocío Méndez 1º ESO B O libro encantoume de verdade. O principio non tanto pero ao final entusiasmoume. Gustaríame perder a memoria para volver a gozalo. Ensina o amor de dous rapaces, o misterio dunha casa, as lágrimas dunhas cartas e a verdadeira amizade. Recomendaríallo ao que saiba valoralo e que lle guste ler. Tamén animo aos que non lles guste ler porque é un libro moi especial. Pablo Romar Santos 1º ESO A
  • 8. Chamádeme Simbad O libro é fascinante. Trata dun rapaz que ten un avó con alzheimer e un día desapareceu. Paulo está moi preocupado e investiga. Ao final atópao co seu irmán Bernandiño na Taberna do pirata. Encantoume esta novela porque tiña moita intriga e case non podía parar de ler. Ademais é moi divertido. Recoméndovolo a todos! Iñaki Gómez 1º ESO A
  • 9. O cocho de carreiras Rudi Fuciños O libro gustoume bastante porque é moi divertido. Trata sobre uns rapaces que gañan un porco e o converten nun cocho de carreiras. A parte que máis me gustou foi cando Rudi estaba na carreira porque se namora dunha cocha e en vez de ir ao final da pista correu cara ela. A parte que menos me gustou foi cando o dono do edificio os bota fóra da casa. Anímovos a lelo porque é moi divertido. Recoméndollelo a persoas ás que lle gusten os libros de humor. Alejandro Rivera 1º ESO B
  • 10. A filla do ladrón de bicicletas Este libro trata dunha nena que se chama Serafina. O único que quere é andar na súa bicicleta Celerífera para ser equilibrista; pero ten un problema: a súa tía quere impedirllo. O que máis me gustou do libro é que Serafina sempre andaba na bicicleta. O que menos, foi que cando lle viñeron a facer unha entrevista a Serafina, a tía Perfecta inventábase as cousas para quedar ben. Eu animaría a lelo porque é un libro moi divertido; recoméndollelo a todos aos que lle gusten as aventuras. Alberto Pombo 1º ESO B
  • 11. Usha O libro gustoume moito porque trata dos nenos que teñen menos vantaxes ca nós. Tamén me chamou a atención como se resolven os problemas dunha curmá da amiga da protagonista á que non lle deixaban estudar por ser muller. O que máis me agradou foi que a protagonista, Usha, é moi amiga de Lakshmi, unha nena dese país. O que menos, foi que unha profesora de Galicia lle dixo a Usha que tiña menos nivel en clase por ir á India no verán. Recomendaríallelo a lectores que lles gusten as viaxes a outros países, que queiran coñecer novas culturas. Elena Vázquez 1º ESO A
  • 12. Tristes Armas Este libro ao principio pareceume moi triste, pero o final gustoume porque os protagonistas quedaron felices. Trata sobre unhas rapazas que tiveron que ir a un orfanato en Rusia, porque os pais estaban na guerra de España. O pai morre, a nai casa con outro home e as fillas seguen a súa vida. Recoméndollelo a todos. Alberto Gómez 1º ESO A
  • 13. Este libro pareceume un pouco triste ao principio, pero despois gustoume moito. Vai dunha rapaza chamada Branca que enfermou de hepatite e tivo que pasar varias semanas na cama. Tivo que pasar o seu aniversario na cama. Lois é o rapaz do que está namorada. A súa mellor amiga chámase Raquel. Estas son algunhas das cousas que lembra a protagonista mirando fotos. Recoméndollelo a todos os que lles gusten os libros sentimentais. Sofia Mato. 1º ESO A Trece anos de Branca
  • 14. Chamádeme Simbad O libro, ao principio, non me gustou moito ata que me fun metendo na historia. Deume moita mágoa cando soubo que o avó tiña unha enfermidade “a do esquecemento”. O final, cando neto e avó se reencontran, foi moi emocionante. Recoméndollelo aos que lles guste o misterio. Sergio Lema 1º ESO A
  • 15. Vaiche boa! Gustoume moito porque é moi divertido. Son historias curtas, amenas e algunha moi perigosa. O relato que máis me gustou foi “Superfuciños” porque foi o que máis me fixo rir. O que menos, foi “O esqueleto do retrete” porque non lle collín gusto. Ana Méndez 1º ESO B
  • 16. Trece anos de Branca Este libro pareceume un pouco triste ao principio, pero despois gustoume moito. Vai dunha rapaza chamada Branca que enfermou de hepatite e tivo que pasar varias semanas na cama. Tivo que pasar o seu aniversario na cama. Lois é o rapaz do que está namorada. A súa mellor amiga chámase Raquel. Estas son algunhas das cousas que lembra a protagonista mirando fotos. Recoméndollelo a todos os que lles gusten os libros sentimentais. Sofia Mato. 1º ESO A
  • 17. Folerpas O libro encantoume. A protagonista é moi boa. Ela e os seus amigos pasan unha semana moi interesante dun lado para outro desobedecendo a pais e familiares. Intentan adiviñar quen é o Folerpas; ademais descobren unha nova planta azul con características nunca vistas. Xa o veredes cando o leades. Veña, eu anímovos sobre todo aos que vos guste o misterio. Laura Nantón 1º ESO B
  • 18. As lágrimas de Shiva O libro gustoume moito. O protagonista Xabier e a súa curmá Violeta investigan sobre un colar desaparecido hai moitos anos. Todo comeza cando Xabier chega á casa dos seus tíos, que por certo era unha familia moi rara: imaxinade... non tiñan televisión! Pero el empeza a escoitar e ver formas humanas nas escaleiras. pensaba que era a súa imaxinación pero non... Despois de investigar deducen que hai unha pantasma na casa e así descobren toda a historia. Anímovos a lelo porque a min gustoume e espero que a vós tamén. É unha historia de amor do pasado que impide unha no presente. Patricia Taboada 1º ESO B
  • 19. Kafka e a boneca viaxeira O libro encantoume. Pareceume moi bonito que Kafka se molestase por Elsi cando a viu chorar, pois eu teño unha irmá pequena á que lle encantan as bonecas e non pode vivir sen elas. Non me gustou nada que os veciños de Kafka lle chamasen tolo sen coñecelo ben. Deume pena que se acabase o libro; está “de rechupete”. Recoméndollelo a tod@s @s lector@s aos que lles guste a tenrura. Mariña Lema 1º ESO A
  • 20. A vida encaixa O libro non me gustou moito. Todo empeza porque o pai de Sachika levantou o dedo maimiño no almorzo para indicar a cantidade de café que quería. Sachinka preguntoulle porque o levantara pero o pai non lle soubo contestar. A min non me gustou porque por culpa dunha pequena pregunta desátanse unha serie de acontecementos que cambian a vida cotiá de todo un pobo. Eu animo á xente a ler este libro porque, aínda que é raro, engancha e métete dentro da historia. Silvia Olivera 1º ESO B
  • 21. É un libro que ten un conxunto de relatos independentes como o da bosta de vaca, o do esqueleto no retrete, etc. O relato que máis me gustou foi “ O blues do faro”, porque é de medo e, ao mesmo tempo, de valentía. O que menos, foi “Superfuciños”, que vai dun neno que grazas a unha bruxa podía bicar a todas as femias que quería, pero ese neno ao final leva un bo escarmento. Aconsellaríallelo aos rapaces que lles guste o misterio, a vinganza, a alegría, o humor e, sobre todo, a simpatía. Aida García 1º ESO A Vaiche boa!
  • 22. Os Megatoxos e o aprendiz de druída Nenos con superpoderes que retroceden no tempo para atrapar un toxo. Rapaces vencidos unha vez por un monstro. Noutra ocasión un rapaz queda atrapado no interior do monstro. Pero vencérono definitivamente e volveron ao presente. Aconséllolles este libro, que me encantou, a todos os que lles guste a aventura e a fantasía. Adrián Lema 1º ESO B
  • 23. Cartas de inverno Este libro gustoume moito, sobre todo, pola intriga que presenta. A parte que máis me gustou foi cando Xabier, un dos protagonistas dille a súa irmá as súas últimas palabras a través de cartas. Recoméndolles este libro a persoas que gocen con historias de terror e medo. E se son suficientemente valentes que o intenten ler pola noite! Alejandro Lema 1º ESO A
  • 24. Os Megatoxos e o aprendiz de druída Gustoume moito. É un libro de moita fantasía e aventura. Ao querer encontrar o Toxo que lles deu os poderes aos protagonistas, pásanlles moitas cousas divertidas e misteriosas. Ademais os rapaces poden viaxar a través do tempo a un poboado celta. Eu recomendaríallo a xente que lle guste a fantasía. Lara Varela 1º ESO A
  • 25. Historia do home can O libro trata dun home que toma un xarope que o converte en can. A partir de aí vive distintas situacións: Vai detrás dun garda, pelexa cun can, intentan usalo para ser famoso porque o can falaba; finalmente a noite de San Xoán o can volveu... Gustoume moito e recoméndollelo a lectores aos que lles guste a fantasía. David Mato 1º ESO B
  • 26. Tristes armas O libro encantoume pois reflicte aspectos da vida real. Trata de dúas rapazas que tiveron que marchar a Rusia mentres seus pais loitaban na guerra. Alí refixeron as súas vidas sen a presenza de seres queridos. Se che gustan os libros de tristeza, de amor, de loita por vivir... este pode ser o teu porque é un libro fermosísimo. María Jesús Allo 1º ESO B
  • 27. O cocho de carreiras Rudi Fuciños O libro encantoume. O cocho tocoulles nunha tómbola e tiveron que cambiar de casa porque non lles deixaban telo alí. A continuación tiveron que encontrarlle unha actividade: converterse nun cocho de carreiras. A parte que máis me gustou foi cando tiveron que sacar o cocho do coche cunha táboa de pasar o ferro. A que menos, foi cando ían mandar a Rudi ao matadoiro. Ana Lema 1º ESO B
  • 28. Chamádeme Simbad O libro encántame. Dos personaxes o que máis me gustou foi o protagonista, Paulo. O que máis destacaría foi cando Simbad atopa ao tío Bernardino no seu bar co avó e cando volveron cos seus pais todos xuntos para casa. Anímovos a que o collades porque a min gustoume moito. Miguel Varela 1º ESO B