Se ha denunciado esta presentación.
Se está descargando tu SlideShare. ×

A UNIÓN EUROPEA.pdf

Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Cargando en…3
×

Eche un vistazo a continuación

1 de 12 Anuncio

A UNIÓN EUROPEA.pdf

Descargar para leer sin conexión

Nesta unidade investigamos sobre a UNIÓN EUROPEA. A súa historia, os países que a forman, a zona euro e as súas institucións. Desexamos que vos resulte de axuda.
Para realizala o noso alumnado sempre realiza unha investigación do que queremos saber, logo por equipos poñemos en común a información atopada e por último elaboramos os apuntamentos e o slide-share que queremos compartir.

Nesta unidade investigamos sobre a UNIÓN EUROPEA. A súa historia, os países que a forman, a zona euro e as súas institucións. Desexamos que vos resulte de axuda.
Para realizala o noso alumnado sempre realiza unha investigación do que queremos saber, logo por equipos poñemos en común a información atopada e por último elaboramos os apuntamentos e o slide-share que queremos compartir.

Anuncio
Anuncio

Más Contenido Relacionado

Similares a A UNIÓN EUROPEA.pdf (20)

Más de Berta Campos (20)

Anuncio

Más reciente (20)

A UNIÓN EUROPEA.pdf

  1. 1. CEIP MANUEL PADÍN TRUITEIRO. 6º E. Primaria.
  2. 2. CEIP MANUEL PADÍN TRUITEIRO. 6º E. Primaria. COÑECEMOS A UNIÓN EUROPEA: Nesta unidade de investigación e coñecemento imos desenvolver os nosos coñecementos a cerca da UNIÓN EUROPEA. Toda a aula de 6º colaborou na realización desta unidade. Traballamos en cooperativo, repartimos o traballo entre os cinco equipos e investigamos os seguintes puntos:  Que é a UNIÓN EUROPEA?  Obxectivos que se plantexa.  Vantaxas de pertencer á UNIÓN EUROPEA.  Zona euro.  Historia da UNIÓN EUROPEA  Institucións da UNIÓN EUROPEA
  3. 3. CEIP MANUEL PADÍN TRUITEIRO. 6º E. Primaria. É unha ASOCIACIÓN de países europeos, que colaboran na ECONOMÍA e na POLÍTICA para MELLORAR a VIDA dos seus CIDADÁNS. Hoxe en día fórmana 27 países. OBXECTIVOS:  Protexer aos cidadáns e as súas liberdades.  Desenvolver unha base económica sólida e dinámica.  Construír unha europa climáticamente neutra, ecolóxica, xusta e social.  Promover os intereses e valores europeos no mundo. Claro está que os OBXECTIVOS da UE non son só estes catro, estes podemos dicir que son os PRIORITARIOS, se queredes coñecelos todos podedes consultalos no: Artigo 3 do TRATADO DE LISBOA. Estados membros da Unión Europea.
  4. 4. CEIP MANUEL PADÍN TRUITEIRO. 6º E. Primaria.  Os cidadáns europeos poden VIAXAR, VIVIR e TRABALLAR en calquer país membro da UE.  As MERCADORÍAS circulan libremente polos países membros sen ter que pagar aranceles nen pasar controis aduaneiros.  Todos os cidadáns temos a TARXETA SANITARIA EUROPEA.  Zona EURO: esta está formada por todos os países que adoptaron o euro como MOEDA OFICIAL. Nos países nos que existe o euro os cidadáns da UE non teñen que facer cambio de moeda. Hoxe en día o euro (€) é a moeda oficial de 19 dos 27 países membros da UE, xuntos constitúen a eurozona, chamada oficialmente “ZONA EURO” TARXETA SANITARIA A 1ª emisión de billetes de (€) foi no ano 2002. A UE ofrece aos seus cidadáns unha serie de vantaxes por pertencer á mesma, nos só estudaremos catro delas pero indudablemente son moitas máis. Nos estudaremos as seguintes: VANTAXES
  5. 5. CEIP MANUEL PADÍN TRUITEIRO. 6º E. Primaria. Os pioneiros da UE eran un grupo de persoas de distintas procedencias que compartían uns mesmo ideais: unha Europa pacífica, unida e próspera. A organización que se convertiría na UE creouse ao finalizar a 2ª Guerra Mundial, no ano 1945, querían evitar novas guerras e desenvolver economicamente os seus países. 1945 - 1959 Paz en Europa e comenzos da cooperación. Crease a Comunidad Económica Europea CEE en 1958. Formarana 6 países: Alemaña, Bélxica, Francia, Italia, Luxemburgo e Países Baixos. HISTORIA DA UNIÓN EUROPEA CRONOLOXÍA. 1960 - 1969 Os “maravillosos 60” – Unha etapa de crecemento económico Como evolucionou a Unión Europea ao longo da década dos 60, cunha maior integración económica en Europa e os inicios da cooperación internacional.
  6. 6. CEIP MANUEL PADÍN TRUITEIRO. 6º E. Primaria. 1970 - 1979 Unha Comunidade en crecemento – Adhesión dos primeiros novos membros: Dinamarca, Irlanda e o Reino Unido (1973) Na década dos 70, xurde a 1ª adhesión de novos membros, as eleccións europeas e unha política rexional para impulsar as zonas máis pobres. 1980 - 1989 Adhesión de máis países: Grecia (1981), España e Portugal (1986) Prodúcese a caída do comunismo. En 1986 créase o mercado único entre os países membros. En 1987 créase o programa ERASMUS, ofrece becas a estudantes universitarios que desexen estudar noutro país europeo O muro de Berlín cae en 1989 e Alemaña queda unificada despois de máis de 40 anos, adhirese a CEE o 3 de outubro de 1990.
  7. 7. CEIP MANUEL PADÍN TRUITEIRO. 6º E. Primaria. En 1995 entra en vigor o Acordo de Schengen en sete países: Alemaña, Bélxica, Francia, España, Luxemburgo, os Países Baixos e Portugal. Os viaxeiros poden desprazarse entre todos estos países sen controis de pasaportes nas fronteiras. En 2021, vintiséis países forman parte do espazo Schengen de circulación sen pasaporte, incluidos Islandia, Liechtenstein, Noruega e Suiza. 1990 - 1999 Unha Europa sen fronteiras. En 1993 ponse en marcha o mercado único con catro liberdades: libre circulación de persoas, mercadorías, servizos e capital. Tamén se asinan dous tratados: Tratado de Maastrich en 1993 e Tratado de Amsterdam en 1999 En 1995 entran Austria, Finlandia e Suecia. En 1999 introdúcese o euro en once países só para transaccións comerciais e financieiras. ESPAZO É a unión de 26 países europeos para suprimir controis fronteirizos internos.
  8. 8. CEIP MANUEL PADÍN TRUITEIRO. 6º E. Primaria. 2000 - 2009 De 2000 a 2009, adhírense 12 novos países, o euro establécese como moneda de curso legal o 1 de xaneiro de 2002 Asínase o Tratado de Lisboa. No que se busca unha UE máis democrática, eficiente, transparente e facer fronte ao cambio climático, a seguridade e o desenvolvemento sostible. En setembro de 2008 unha crise financieira sacude a economía mundial, afectando a Europa tamén. 2010 - 2019 Esta é unha década delicada, a crise económica golpea duramente a Europa. No 2013 Croacia pasa a formar parte da UE. No 2016 Reino Unido vota para saír da UE 2020 – ata hoxe A pandemia da COVID-19 provocou unha grave emerxencia de saúde pública e unha desaceleración económica sen precedentes. A Unión Europea e os seus países membros colaboran para apoiar os sistemas sanitarios, conter a propagación do virus e garantir vacinas tanto para as persoas na UE como fora dela. Con obxecto de contribuir á recuperación, os dirixentes acordaron axudas centradas na recuperación ecolóxica e dixital para lograr a neutralidade climática de aquí a 2050. O Reino Unido deixa de ser membro da UE.
  9. 9. CEIP MANUEL PADÍN TRUITEIRO. 6º E. Primaria. Nós imos coñecer un pouco destas institucións tan importantes para a UE, se queredes saber máis podedes entrar no seguinte enlace: https://european-union.europa.eu/institutions-law-budget/institutions-and-bodies_es Hai catro institucións principais responsables da toma de decisión que dirixen a administración da UE. Proporcionan orientación política e desempeñan diferentes función no proceso lexislativo. Son: PARLAMENTO EUROPEO Bruxelas/Estrasburgo/Luxemburgo Está formado por EURODEPUTADOS que representan aos países da UE. Elaboran as LEIS. Aproban os orzamentos da UE O CONSELLO EUROPEO Bruxelas (1992) Está formado polos 27 Xefes de Estado ou de goberno da UE máis o seu PRESIDENTE e o PRESIDENTE da Comisión Europea. Toman decisións. Aproban leis Coordina as normas económicas Dirixe a política de defensa e seguridade. O Consello Europeo é unha das sete altas Institucións da Unión Europea, integrada polos vinte e sete Xefes de Estado ou de Goberno dos Estados da Unión, máis o seu Presidente e o Presidente da Comisión Europea.
  10. 10. CEIP MANUEL PADÍN TRUITEIRO. 6º E. Primaria. O seu labor compleméntase coa de outras institucións e órganos, que inclúen:  O TRIBUNAL DE XUSTIZA DA UNIÓN EUROPEA: (Luxemburgo) COMISIÓN EUROPEA Bruxelas/Luxemburgo (1958) Ostenta o poder executivo e a iniciativa lexislativa. Formado polo PRESIDENTE/A da COMISIÓN e o/a VICEPRESIDENTE/A, ademais está formada por un membro de cada Estado membro os COMISARIOS. Propoñen leis. Garanten o seu cumprimento. Xestionan os fondos económicos. CONSELLO DA UNIÓN EUROPEA Bruxelas (1958) Representa ós gobernos dos Estados membros. O Consello da Unión Europea é a institución na que se reúnen os ministros nacionais de cada goberno para adoptar leis e coordinar políticas. Os ministros reúnense en distintas configuracións dependendo do tema que se vaia tratar. O Consello da Unión Europea adopta decisións de xeito conxunto co Parlamento Europeo. O Tribunal vela polo cumprimento do Dereito da Unión, así como pola correcta interpretación e a aplicación dos Tratados: revisa a legalidade dos actos das institucións da UE, garantiza que os Estados membros cumpran as súas obligacións en virtude dos Tratados e interpreta o Dereito da Unión a petición dos órganos xurisdicionais nacionais. Teñen un xuíz por estado e vixían que as leis se cumpran.
  11. 11. CEIP MANUEL PADÍN TRUITEIRO. 6º E. Primaria.  O BANCO CENTRAL EUROPEO: (Fráncfort)  TRIBUNAL DE CONTAS: (Luxemburgo) Para saber máis:  https://european-union.europa.eu/priorities-and-actions/eu-priorities_es O BCE e o Sistema Europeo de Bancos Centrales son responsables de manter a estabilidade dos prezos na zona do euro. Tamén son responsables da política monetaria e do tipo de cambio na zona do euro e prestan apoio ás políticas económicas da UE. O Tribunal de Contas Europeo contribúe a mellorar a xestión financiera da UE, fomentar a rendición de contas e a transparencia, e exerce de vixiante independente dos intereses financieiros dos ciudadáns da UE. Ademais, comproba que os fondos da Unión estén correctamente contabilizados, que se recauden e se gasten de conformidade coas normas e regulamentos pertinentes e que se faga un uso correcto dos mesmos, é dicir, controla os cartos da UE.
  12. 12. CEIP MANUEL PADÍN TRUITEIRO. 6º E. Primaria. Fontes para a realización da unidade:  https://www.lavanguardia.com/uploads/2021/10/11/6163d38f33896.png  https://icambio.es/wp-content/uploads/2020/03/mapa-de-pases-euro.png  https://european-union.europa.eu/sites/default/files/styles/oe_theme_medium_no_crop/public/2021-03/pioneers.JPEG?itok=61o-NE5r  https://www.hablamosdeeuropa.es/es/PublishingImages/1.jpeg  https://www.valgo.es/uploads/app/163/elements/1/904image1638116689o.jpg  https://s1.eestatic.com/2020/04/07/blog_del_suscriptor/opinion-blog_del_suscriptor-blog_del_suscriptor_480713517_149892642_1706x960.jpg  https://es.wikipedia.org/wiki/Comisi%C3%B3n_Europea https://cdnuploads.aa.com.tr/uploads/Contents/2019/04/30/thumbs_b_c_9c7490827cff10bf5e23d6d2aaedc126.jpg?v=192422

×