SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 11
Descargar para leer sin conexión
Actividade: Atrapa Esculturas
GRAN ESFINXE DE GUIZA (Exipto)
As esfinxes son uns seres fabulosos creados polos antigos exipcios que teñen o corpo dun león
recostado e cabeza de faraón. Simbolizan o poder e a vida máis aló da morte.
A Gran Esfinxe ten uns 4.600 anos e é, sen dúbida, a maior representación destes seres. É unha estatua
de enormes proporcións: 73,5 m de longo, 6 de ancho e 20 de altura; só a cabeza mide un 5 m. Os seus
creadores aproveitaron a existencia dun montículo natural de pedra calcaria para esculpila.
Orixinariamente, estaba pintada de vivas cores: vermello para o corpo e a cara e franxas amarelas e
azuis para o tocado que cobre a cabeza, e que é o que adoitaban levar os faraóns.
A Gran Esfinxe forma parte da necrópole de Guiza. Tras ela destacan tres pirámides: a Gran Pirámide,
que é a tumba do faraón Keops e única das 7 marabillas do Mundo Antigo que aínda se mantén en pé,
e as pirámides dos faraóns Kefrén e Micerinos. Pénsase que a cara da Esfinxe é a do faraón Kefrén.
ESTATUAS MONTE NEMRUT (Turquía)
Monte Nemrut é unha montaña de 2.150 metros de altitude do sueste de Turquía, coñecida
polas estatuas pertencentes a unha tumba do século I a. C. que se atopa na cima.
No ano 62 a. C. o rei Antíoco I Theos de Comagene, mandou construír un túmulo funerario na
cima da montaña flanqueado por enormes estatuas (8-9 metros de altura) de si mesmo, dous
leóns, dúas aguias e diferentes deuses armenios, gregos e persas. Estas estatuas atopábanse
sentadas e cos nomes de cada deus inscritos nelas. Agora, as cabezas das estatuas están
esparexidas polo chan. Os danos nas cabezas (especialmente os narices) suxiren que se
produciron de forma deliberada por parte de iconoclastas.
ESTATUAS MOAI DA ILLA DE PASCUA (Chile)
Un deses grandes misterios que tantas atencións captan atópanse nestas estatuas monolíticas
da famosa Illa de Pascua. Trátase dun dos lugares máis illados do planeta, e os seus
habitantes, o pobo Rapa Nui, foron os que levaron a cabo a súa talla entre o ano 1250 e o
1500. Este conxunto dunhas 600 estatuas de pedra monolítica atopámolas ao longo de toda a
illa e están envoltas nun áurea de misterio que xeran desconcerto e moitas preguntas ás que
aínda non se puido dar resposta con certeza, o que as converte nunhas das esculturas máis
famosas do mundo.
Existen varias teorías sobre a súa creación pero a máis estendida é que as estatuas foron
talladas polos habitantes polinesios da illa como representacións de antepasados defuntos.
O DAVID DE MIGUEL ÁNGEL (Italia)
Hai un antes e un despois nas esculturas
do Renacemento tras o David de Miguel
Ángel. Foi esculpida entre entre 1501 e
1504.
Imitada en todo o mundo (hai numerosas
réplicas), a orixinal atópase no gran
pórtico da Galería da Academia de
Florencia, aínda que a súa localización
orixinal foi a Piazza della Signoria, de
onde se moveu alá polo 1873. .
Esta impresionante e bela escultura mide
5,17 metros de alto e está realizada en
mármore branco. Representa ao rei
David bíblico no momento previo a
enfrontarse co soldado xigante Goliat.
De perfección anatómica innegable, é
probablemente o espido escultórico
masculino máis coñecido do mundo.
O PENSADOR DE RODIN (París)
O Pensador quizais sexa a escultura máis coñecida
de Auguste Rodin e unha das máis famosas de
todos os tempos.
A escultura está realizada en bronce e mide 1,98
metros de alto. Preséntase un home corpulento
sentado sobre unha roca coas pernas lixeiramente
abertas e o torso cara a adiante. A cabeza descansa
sobre o dorso da man dereita e ambos brazos
apóianse ou descansan sobre a perna esquerda. É a
imaxe dun home inmerso nas súas reflexións, pero
o seu corpo suxire unha gran capacidade de acción.
A obra orixinariamente chamouse “O poeta” e con
ela o autor pretendeu escenificar a Dante
meditando ante as Portas do Inferno inspiradas na
Divina Comedia , obra encargada en 1880 polo
Museo de Artes Decorativas de París. Con todo
máis aló do que se quería representar, a obra
converteuse en todo un símbolo da filosofía.
Realizáronse diversas copias pero a orixinal
poderédela contemplar no Museo Rodin de París.
ESTATUA DA NAI PATRIA (Rusia)
A Estatua da Nai Patria é unha estatua
monumental deseñada polo escultor Yevgeny
Vuchetich e levantada sobre o outeiro
Mamáyev Kurgán en Volgogrado, antiga
Stalingrado, en conmemoración da batalla
durante a Segunda Guerra Mundial. Elixiuse
esta localización porque o combate foi
especialmente feroz neste lugar cando os
alemáns atacaron Stalingrado en 1942.
A construción do monumento comezou en
1959 e terminou en 1967. Dunha altura de 85
metros, está composta de 5.500 toneladas de
formigón e 2.400 toneladas de metal. A
espada mide 33 metros e pesa 14 toneladas.
A rixidez do conxunto está asegurada por
unha complexa estrutura de cables internos. A
espada era orixinalmente de aceiro inoxidable
e as follas de titanio, pero a súa debilidade ao
vento causou preocupación e foi substituída
en 1972.
Cando se inaugurou, o 15 de outubro de 1967,
era a estatua máis alta do mundo.
O Cristo Redentor ou Cristo do Corcovado é a imaxe máis coñecida de Brasil, todo un símbolo da
cidade de Río de Janeiro. Atópase situado a 710 metros sobre o nivel do mar no Parque Nacional
da Tijuca, na cima do cerro do Corcovado. Cos seus 38 metros de altura e 1.200 toneladas de
peso é a obra art decó máis grande do mundo. A súa fama a nivel mundial é tan enorme que no
2007 a organización New Open World Corporation nomeou a esta obra do francés Paul
Landowski unha das Sete Marabillas do Mundo Moderno.
O lugar é un magnífico miradoiro para os turistas que se achegan a Río. Dous millóns de de
persoas visitan o Cristo Redentor cada ano!
O CRISTO REDENTOR (Brasil)
A Sereína é unha delicada e discreta escultura de 1,75 metros de alto dunha serea de bronce, que
se atopa na cidade de Copenhague. Atópase no Parque Langelinie, na Baía do Porto de
Copenhague, e próxima tamén ao Real Palacio de Amalienborg, sobre unhas rocas que penetran no
mar. Na actualidade é o símbolo máis prominente da cidade. A súa fama é internacional e é visitada
a diario por gran cantidade de turistas de todo o mundo.
O escultor que a tallou foi Edvard Eriksen en 1913, quen se inspirou no conto de fadas homónimo
escrito por Hans Christian Andersen en 1837.
A Sereíña foi vítima de diversos ataques vandálicos, chegándose a destruír con explosivos, a ser
mutilada e manchada con pintura.
A SEREÍÑA DE COPENHAGUE (Dinamarca)
ESTATUA DA LIBERDADE (Nova York)
Talvez sexa unha das esculturas con maior contido simbólico e sen dúbida, unha da máis coñecidas en
todo o mundo. O seu nome orixinal é A liberdade iluminando o mundo e foi un agasallo dos franceses
aos estadounidenses para conmemorar o centenario da Declaración de Independencia dos Estados
Unidos, como un signo de amizade entre as dúas nacións. A estatua é obra do escultor francés
Frédéric Auguste Bartholdi e a estrutura interna foi deseñada polo enxeñeiro Alexandre Gustave Eiffel.
Construírona nun taller en París ao longo de oito anos (desde 1876 ata 1884). O 4 de xullo de 1884,
regalárona oficialmente a Estados Unidos, aínda que foi en 1885 cando a desmontaron, embalárona
en 214 caixas e mandárona en barco alén do Atlántico.
Mide 46 metros de altura (93 se contamos a base). En 1984 foi declarada Patrimonio da Humanidade
pola Unesco.
BUDA DO TEMPLO DA PRIMAVERA (China)
Esta colosal estatua que se atopa na provincia de Henan, China alcanza os 128 metros de altura,
converténdose así na estatua máis alta do mundo a día de hoxe. Apóiase sobre un pedestal en forma
de flor de loto de máis de 25 metros o que eleva a altura total da estatua ata os 153 metros.
Cando os talibán destruíron os Budas de Bamiyan en Afganistán decidiuse construír esta xigantesca
estatua. A súa construción rematou oficialmente no 2002. Crese que está formada por máis de
1.100 placas de cobre cun peso aproximado de 1.000 toneladas.
A estatua está situada preto do manancial de Tianrui, unha fonte de auga termal, moi coñecida en
China polas súas propiedades terapéuticas, que flúe a 60°C. Na base da estatua atópase un templo
budista denominado en inglés "Spring Temple" ou "Templo do Manancial".

Más contenido relacionado

Similar a Atrapa Escultura

Escultura renacemento
Escultura renacementoEscultura renacemento
Escultura renacementomasinisa
 
11c o antigo exipto
11c o antigo exipto11c o antigo exipto
11c o antigo exiptoroberto
 
Escultura renacemento
Escultura renacementoEscultura renacemento
Escultura renacementomasinisa
 
Atapuerca(jose e anxo)
Atapuerca(jose e anxo)Atapuerca(jose e anxo)
Atapuerca(jose e anxo)Marga Bio
 
Escultura quatrocentto
Escultura quatrocenttoEscultura quatrocentto
Escultura quatrocenttomasinisa
 
Proxecto Interdisciplinar. Arte e deseño na UE.
Proxecto Interdisciplinar. Arte e deseño na UE.Proxecto Interdisciplinar. Arte e deseño na UE.
Proxecto Interdisciplinar. Arte e deseño na UE.Alexandre-slider
 
Edadmoderna4523 1218501497591578-8
Edadmoderna4523 1218501497591578-8Edadmoderna4523 1218501497591578-8
Edadmoderna4523 1218501497591578-8LOPEZMOURENZA
 
Tema 14 A herdanza da cultura clásica
Tema 14 A herdanza da cultura clásicaTema 14 A herdanza da cultura clásica
Tema 14 A herdanza da cultura clásicarubempaul
 
DA FONTANA DE TREVI A VIA VENETO.
DA FONTANA DE TREVI A VIA VENETO.DA FONTANA DE TREVI A VIA VENETO.
DA FONTANA DE TREVI A VIA VENETO.Cotarelo08
 
Mergúllate na túa cidade 2
Mergúllate na túa cidade   2Mergúllate na túa cidade   2
Mergúllate na túa cidade 2mmcos
 
A civilización grega 2ª parte
A civilización grega 2ª  parteA civilización grega 2ª  parte
A civilización grega 2ª parteSanti Pazos
 
Os romanos e a morte 1.9 (*.pdf - outubro 2015)
Os romanos e a morte 1.9 (*.pdf - outubro 2015)Os romanos e a morte 1.9 (*.pdf - outubro 2015)
Os romanos e a morte 1.9 (*.pdf - outubro 2015)Dives Gallaecia
 
Trabajo renacimiento
Trabajo renacimientoTrabajo renacimiento
Trabajo renacimientorosalfer1
 

Similar a Atrapa Escultura (20)

Escultura renacemento
Escultura renacementoEscultura renacemento
Escultura renacemento
 
11c o antigo exipto
11c o antigo exipto11c o antigo exipto
11c o antigo exipto
 
Escultura renacemento
Escultura renacementoEscultura renacemento
Escultura renacemento
 
Atapuerca(jose e anxo)
Atapuerca(jose e anxo)Atapuerca(jose e anxo)
Atapuerca(jose e anxo)
 
Escultura quatrocentto
Escultura quatrocenttoEscultura quatrocentto
Escultura quatrocentto
 
Proxecto Interdisciplinar. Arte e deseño na UE.
Proxecto Interdisciplinar. Arte e deseño na UE.Proxecto Interdisciplinar. Arte e deseño na UE.
Proxecto Interdisciplinar. Arte e deseño na UE.
 
Edadmoderna4523 1218501497591578-8
Edadmoderna4523 1218501497591578-8Edadmoderna4523 1218501497591578-8
Edadmoderna4523 1218501497591578-8
 
Tema 14 A herdanza da cultura clásica
Tema 14 A herdanza da cultura clásicaTema 14 A herdanza da cultura clásica
Tema 14 A herdanza da cultura clásica
 
DA FONTANA DE TREVI A VIA VENETO.
DA FONTANA DE TREVI A VIA VENETO.DA FONTANA DE TREVI A VIA VENETO.
DA FONTANA DE TREVI A VIA VENETO.
 
Mergúllate na túa cidade 2
Mergúllate na túa cidade   2Mergúllate na túa cidade   2
Mergúllate na túa cidade 2
 
A civilización grega 2ª parte
A civilización grega 2ª  parteA civilización grega 2ª  parte
A civilización grega 2ª parte
 
Prehistoria
PrehistoriaPrehistoria
Prehistoria
 
Os romanos e a morte 1.9 (*.pdf - outubro 2015)
Os romanos e a morte 1.9 (*.pdf - outubro 2015)Os romanos e a morte 1.9 (*.pdf - outubro 2015)
Os romanos e a morte 1.9 (*.pdf - outubro 2015)
 
A PREHISTORIA
A PREHISTORIAA PREHISTORIA
A PREHISTORIA
 
Amalur
AmalurAmalur
Amalur
 
Unidade 1 esa
Unidade 1 esaUnidade 1 esa
Unidade 1 esa
 
A volta ao mundo en 80 dias
A volta ao mundo en 80 diasA volta ao mundo en 80 dias
A volta ao mundo en 80 dias
 
Trabajo renacimiento
Trabajo renacimientoTrabajo renacimiento
Trabajo renacimiento
 
El paleolitico
El paleoliticoEl paleolitico
El paleolitico
 
El paleolitico
El paleoliticoEl paleolitico
El paleolitico
 

Más de bibliobrozos

Recomendacións Nadal 2017
Recomendacións Nadal 2017Recomendacións Nadal 2017
Recomendacións Nadal 2017bibliobrozos
 
Museo PdB - Escultura
Museo PdB - EsculturaMuseo PdB - Escultura
Museo PdB - Esculturabibliobrozos
 
Recomendaciones verano 2017
Recomendaciones verano 2017Recomendaciones verano 2017
Recomendaciones verano 2017bibliobrozos
 
Museo PdB- Arquitectura
Museo PdB-  ArquitecturaMuseo PdB-  Arquitectura
Museo PdB- Arquitecturabibliobrozos
 
Museo PdB- Pintura
Museo PdB- PinturaMuseo PdB- Pintura
Museo PdB- Pinturabibliobrozos
 
Recomendacións libros Nadal 2016
Recomendacións libros Nadal 2016Recomendacións libros Nadal 2016
Recomendacións libros Nadal 2016bibliobrozos
 
Descubriendo a Mondrian - Editorial Weeble
Descubriendo a Mondrian - Editorial WeebleDescubriendo a Mondrian - Editorial Weeble
Descubriendo a Mondrian - Editorial Weeblebibliobrozos
 
Atrapa Pintores - Wallame
Atrapa Pintores - WallameAtrapa Pintores - Wallame
Atrapa Pintores - Wallamebibliobrozos
 
Lecturas verano 2016
Lecturas verano 2016Lecturas verano 2016
Lecturas verano 2016bibliobrozos
 
Libro de descubridores
Libro de descubridores Libro de descubridores
Libro de descubridores bibliobrozos
 
Explorando mundos
Explorando mundos Explorando mundos
Explorando mundos bibliobrozos
 
DÍA MUNDIAL DO LIBRO-2016
DÍA MUNDIAL DO LIBRO-2016 DÍA MUNDIAL DO LIBRO-2016
DÍA MUNDIAL DO LIBRO-2016 bibliobrozos
 
Inventa el capítulo: "La asombrosa historia que acaeció a don Quijote, yendo ...
Inventa el capítulo: "La asombrosa historia que acaeció a don Quijote, yendo ...Inventa el capítulo: "La asombrosa historia que acaeció a don Quijote, yendo ...
Inventa el capítulo: "La asombrosa historia que acaeció a don Quijote, yendo ...bibliobrozos
 
Actividades "El Quijote"
Actividades "El Quijote" Actividades "El Quijote"
Actividades "El Quijote" bibliobrozos
 
Tríptico Aula de Contos Infantil
Tríptico Aula de Contos InfantilTríptico Aula de Contos Infantil
Tríptico Aula de Contos Infantilbibliobrozos
 
La primera vuelta al mundo con Magallanes y Elcano
La primera vuelta al mundo con Magallanes y ElcanoLa primera vuelta al mundo con Magallanes y Elcano
La primera vuelta al mundo con Magallanes y Elcanobibliobrozos
 
Amundsen, el explorador polar
Amundsen, el explorador polarAmundsen, el explorador polar
Amundsen, el explorador polarbibliobrozos
 
Amundsen o explorador polar
Amundsen o explorador polarAmundsen o explorador polar
Amundsen o explorador polarbibliobrozos
 
Universo de Contos
Universo de ContosUniverso de Contos
Universo de Contosbibliobrozos
 

Más de bibliobrozos (20)

Recomendacións Nadal 2017
Recomendacións Nadal 2017Recomendacións Nadal 2017
Recomendacións Nadal 2017
 
Museo PdB - Escultura
Museo PdB - EsculturaMuseo PdB - Escultura
Museo PdB - Escultura
 
Recomendaciones verano 2017
Recomendaciones verano 2017Recomendaciones verano 2017
Recomendaciones verano 2017
 
Museo PdB- Arquitectura
Museo PdB-  ArquitecturaMuseo PdB-  Arquitectura
Museo PdB- Arquitectura
 
Museo PdB- Pintura
Museo PdB- PinturaMuseo PdB- Pintura
Museo PdB- Pintura
 
Recomendacións libros Nadal 2016
Recomendacións libros Nadal 2016Recomendacións libros Nadal 2016
Recomendacións libros Nadal 2016
 
Descubriendo a Mondrian - Editorial Weeble
Descubriendo a Mondrian - Editorial WeebleDescubriendo a Mondrian - Editorial Weeble
Descubriendo a Mondrian - Editorial Weeble
 
Atrapa Pintores - Wallame
Atrapa Pintores - WallameAtrapa Pintores - Wallame
Atrapa Pintores - Wallame
 
Lecturas verano 2016
Lecturas verano 2016Lecturas verano 2016
Lecturas verano 2016
 
Libro de descubridores
Libro de descubridores Libro de descubridores
Libro de descubridores
 
Explorando mundos
Explorando mundos Explorando mundos
Explorando mundos
 
DÍA MUNDIAL DO LIBRO-2016
DÍA MUNDIAL DO LIBRO-2016 DÍA MUNDIAL DO LIBRO-2016
DÍA MUNDIAL DO LIBRO-2016
 
Inventa el capítulo: "La asombrosa historia que acaeció a don Quijote, yendo ...
Inventa el capítulo: "La asombrosa historia que acaeció a don Quijote, yendo ...Inventa el capítulo: "La asombrosa historia que acaeció a don Quijote, yendo ...
Inventa el capítulo: "La asombrosa historia que acaeció a don Quijote, yendo ...
 
Actividades "El Quijote"
Actividades "El Quijote" Actividades "El Quijote"
Actividades "El Quijote"
 
Leer la ciencia
Leer la cienciaLeer la ciencia
Leer la ciencia
 
Tríptico Aula de Contos Infantil
Tríptico Aula de Contos InfantilTríptico Aula de Contos Infantil
Tríptico Aula de Contos Infantil
 
La primera vuelta al mundo con Magallanes y Elcano
La primera vuelta al mundo con Magallanes y ElcanoLa primera vuelta al mundo con Magallanes y Elcano
La primera vuelta al mundo con Magallanes y Elcano
 
Amundsen, el explorador polar
Amundsen, el explorador polarAmundsen, el explorador polar
Amundsen, el explorador polar
 
Amundsen o explorador polar
Amundsen o explorador polarAmundsen o explorador polar
Amundsen o explorador polar
 
Universo de Contos
Universo de ContosUniverso de Contos
Universo de Contos
 

Último

O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeEduNoia1
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 

Último (11)

O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 

Atrapa Escultura

  • 2. GRAN ESFINXE DE GUIZA (Exipto) As esfinxes son uns seres fabulosos creados polos antigos exipcios que teñen o corpo dun león recostado e cabeza de faraón. Simbolizan o poder e a vida máis aló da morte. A Gran Esfinxe ten uns 4.600 anos e é, sen dúbida, a maior representación destes seres. É unha estatua de enormes proporcións: 73,5 m de longo, 6 de ancho e 20 de altura; só a cabeza mide un 5 m. Os seus creadores aproveitaron a existencia dun montículo natural de pedra calcaria para esculpila. Orixinariamente, estaba pintada de vivas cores: vermello para o corpo e a cara e franxas amarelas e azuis para o tocado que cobre a cabeza, e que é o que adoitaban levar os faraóns. A Gran Esfinxe forma parte da necrópole de Guiza. Tras ela destacan tres pirámides: a Gran Pirámide, que é a tumba do faraón Keops e única das 7 marabillas do Mundo Antigo que aínda se mantén en pé, e as pirámides dos faraóns Kefrén e Micerinos. Pénsase que a cara da Esfinxe é a do faraón Kefrén.
  • 3. ESTATUAS MONTE NEMRUT (Turquía) Monte Nemrut é unha montaña de 2.150 metros de altitude do sueste de Turquía, coñecida polas estatuas pertencentes a unha tumba do século I a. C. que se atopa na cima. No ano 62 a. C. o rei Antíoco I Theos de Comagene, mandou construír un túmulo funerario na cima da montaña flanqueado por enormes estatuas (8-9 metros de altura) de si mesmo, dous leóns, dúas aguias e diferentes deuses armenios, gregos e persas. Estas estatuas atopábanse sentadas e cos nomes de cada deus inscritos nelas. Agora, as cabezas das estatuas están esparexidas polo chan. Os danos nas cabezas (especialmente os narices) suxiren que se produciron de forma deliberada por parte de iconoclastas.
  • 4. ESTATUAS MOAI DA ILLA DE PASCUA (Chile) Un deses grandes misterios que tantas atencións captan atópanse nestas estatuas monolíticas da famosa Illa de Pascua. Trátase dun dos lugares máis illados do planeta, e os seus habitantes, o pobo Rapa Nui, foron os que levaron a cabo a súa talla entre o ano 1250 e o 1500. Este conxunto dunhas 600 estatuas de pedra monolítica atopámolas ao longo de toda a illa e están envoltas nun áurea de misterio que xeran desconcerto e moitas preguntas ás que aínda non se puido dar resposta con certeza, o que as converte nunhas das esculturas máis famosas do mundo. Existen varias teorías sobre a súa creación pero a máis estendida é que as estatuas foron talladas polos habitantes polinesios da illa como representacións de antepasados defuntos.
  • 5. O DAVID DE MIGUEL ÁNGEL (Italia) Hai un antes e un despois nas esculturas do Renacemento tras o David de Miguel Ángel. Foi esculpida entre entre 1501 e 1504. Imitada en todo o mundo (hai numerosas réplicas), a orixinal atópase no gran pórtico da Galería da Academia de Florencia, aínda que a súa localización orixinal foi a Piazza della Signoria, de onde se moveu alá polo 1873. . Esta impresionante e bela escultura mide 5,17 metros de alto e está realizada en mármore branco. Representa ao rei David bíblico no momento previo a enfrontarse co soldado xigante Goliat. De perfección anatómica innegable, é probablemente o espido escultórico masculino máis coñecido do mundo.
  • 6. O PENSADOR DE RODIN (París) O Pensador quizais sexa a escultura máis coñecida de Auguste Rodin e unha das máis famosas de todos os tempos. A escultura está realizada en bronce e mide 1,98 metros de alto. Preséntase un home corpulento sentado sobre unha roca coas pernas lixeiramente abertas e o torso cara a adiante. A cabeza descansa sobre o dorso da man dereita e ambos brazos apóianse ou descansan sobre a perna esquerda. É a imaxe dun home inmerso nas súas reflexións, pero o seu corpo suxire unha gran capacidade de acción. A obra orixinariamente chamouse “O poeta” e con ela o autor pretendeu escenificar a Dante meditando ante as Portas do Inferno inspiradas na Divina Comedia , obra encargada en 1880 polo Museo de Artes Decorativas de París. Con todo máis aló do que se quería representar, a obra converteuse en todo un símbolo da filosofía. Realizáronse diversas copias pero a orixinal poderédela contemplar no Museo Rodin de París.
  • 7. ESTATUA DA NAI PATRIA (Rusia) A Estatua da Nai Patria é unha estatua monumental deseñada polo escultor Yevgeny Vuchetich e levantada sobre o outeiro Mamáyev Kurgán en Volgogrado, antiga Stalingrado, en conmemoración da batalla durante a Segunda Guerra Mundial. Elixiuse esta localización porque o combate foi especialmente feroz neste lugar cando os alemáns atacaron Stalingrado en 1942. A construción do monumento comezou en 1959 e terminou en 1967. Dunha altura de 85 metros, está composta de 5.500 toneladas de formigón e 2.400 toneladas de metal. A espada mide 33 metros e pesa 14 toneladas. A rixidez do conxunto está asegurada por unha complexa estrutura de cables internos. A espada era orixinalmente de aceiro inoxidable e as follas de titanio, pero a súa debilidade ao vento causou preocupación e foi substituída en 1972. Cando se inaugurou, o 15 de outubro de 1967, era a estatua máis alta do mundo.
  • 8. O Cristo Redentor ou Cristo do Corcovado é a imaxe máis coñecida de Brasil, todo un símbolo da cidade de Río de Janeiro. Atópase situado a 710 metros sobre o nivel do mar no Parque Nacional da Tijuca, na cima do cerro do Corcovado. Cos seus 38 metros de altura e 1.200 toneladas de peso é a obra art decó máis grande do mundo. A súa fama a nivel mundial é tan enorme que no 2007 a organización New Open World Corporation nomeou a esta obra do francés Paul Landowski unha das Sete Marabillas do Mundo Moderno. O lugar é un magnífico miradoiro para os turistas que se achegan a Río. Dous millóns de de persoas visitan o Cristo Redentor cada ano! O CRISTO REDENTOR (Brasil)
  • 9. A Sereína é unha delicada e discreta escultura de 1,75 metros de alto dunha serea de bronce, que se atopa na cidade de Copenhague. Atópase no Parque Langelinie, na Baía do Porto de Copenhague, e próxima tamén ao Real Palacio de Amalienborg, sobre unhas rocas que penetran no mar. Na actualidade é o símbolo máis prominente da cidade. A súa fama é internacional e é visitada a diario por gran cantidade de turistas de todo o mundo. O escultor que a tallou foi Edvard Eriksen en 1913, quen se inspirou no conto de fadas homónimo escrito por Hans Christian Andersen en 1837. A Sereíña foi vítima de diversos ataques vandálicos, chegándose a destruír con explosivos, a ser mutilada e manchada con pintura. A SEREÍÑA DE COPENHAGUE (Dinamarca)
  • 10. ESTATUA DA LIBERDADE (Nova York) Talvez sexa unha das esculturas con maior contido simbólico e sen dúbida, unha da máis coñecidas en todo o mundo. O seu nome orixinal é A liberdade iluminando o mundo e foi un agasallo dos franceses aos estadounidenses para conmemorar o centenario da Declaración de Independencia dos Estados Unidos, como un signo de amizade entre as dúas nacións. A estatua é obra do escultor francés Frédéric Auguste Bartholdi e a estrutura interna foi deseñada polo enxeñeiro Alexandre Gustave Eiffel. Construírona nun taller en París ao longo de oito anos (desde 1876 ata 1884). O 4 de xullo de 1884, regalárona oficialmente a Estados Unidos, aínda que foi en 1885 cando a desmontaron, embalárona en 214 caixas e mandárona en barco alén do Atlántico. Mide 46 metros de altura (93 se contamos a base). En 1984 foi declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco.
  • 11. BUDA DO TEMPLO DA PRIMAVERA (China) Esta colosal estatua que se atopa na provincia de Henan, China alcanza os 128 metros de altura, converténdose así na estatua máis alta do mundo a día de hoxe. Apóiase sobre un pedestal en forma de flor de loto de máis de 25 metros o que eleva a altura total da estatua ata os 153 metros. Cando os talibán destruíron os Budas de Bamiyan en Afganistán decidiuse construír esta xigantesca estatua. A súa construción rematou oficialmente no 2002. Crese que está formada por máis de 1.100 placas de cobre cun peso aproximado de 1.000 toneladas. A estatua está situada preto do manancial de Tianrui, unha fonte de auga termal, moi coñecida en China polas súas propiedades terapéuticas, que flúe a 60°C. Na base da estatua atópase un templo budista denominado en inglés "Spring Temple" ou "Templo do Manancial".