Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Lecturas verano 2016
1. ANIMALES
Editorial Coco Books
Ingela P. Arrhenius
32 láminas xigantes coidadosamente ilus-
tradas e recompiladas nun libro magnífico
onde se presenta unha selección de ani-
mais acompañados dos seus nomes nunha
tipografía moi estudiada. O estilo da ilustra-
ción trasládanos aos anos 60 e 70, con ese
aire retro que a converte en singular.
TIPOS DUROS
Keith Negley
Editorial Impedimenta
As coloridas e orixinais ilustracións revé-
lannos que os tipos máis duros, os hero-
es dos nosos contos, tamén teñen o seu
corazonciño. Loitadores, astronautas,
moteiros... Todos eles rin, choran, emo-
ciónanse, igual que nós. E non pasa
nada por derramar unhas bágoas de
cando en vez…
MOUSTACHE
Gracia Iglesias
Editorial Lata de Sal
Moustache era un gato elegante, refinado e
guapo, un gato con bos modais e moi coque-
to. Pero un día os seus prezados bigotes
queimáronse con tanta curiosidade. Horror!
Que fará Moustache? Quizais uns bigotes
postizos sexan a solución...
PARÍS: BUSCA Y ENCUENTRA
Judith Drews
Editorial Anaya
Con este libro coñecerás os lugares máis
incribles de París dunha forma orixinal e
amena. Percorre o Sena en barco, as pin-
torescas rúas de Montmartre, reserva algo
de tempo para a visita ao museo... Pero,
iso si, faino na mellor compañía: descobre
en cada escenario aos personaxes que non
poderían faltar na cidade.
Pre– lectores
2. ÉRASE UNA VEZ EL ALFABETO
Oliver Jeffers
Andana Editorial
As letras do alfabeto traballan sen des-
canso para crear palabras que á súa vez
crean historias, pero que pasaría se hou-
bese unha historia para cada unha das
letras? Descúbreo a través das páxinas
deste magnífico libro.
AGENTE RICITOS
El Hematocrítico
Editorial Anaya
Non hai detalle que escape á lupa de
Ricitos de Ouro, a nena máis curiosa do
bosque. Sopas a temperatura volcánica?
Colchóns de cama que lle dobrarían as
costas ata a unha estatua? A axente
Ricitos resolve o crime antes de que se
cometa.
ÉRASE DÚAS VECES A BELA E
A BESTA
Gaudes/ Matías
Editorial Cuatro Tuercas
A nosa protagonista nesta oca-
sión non se namorará da besta,
será plenamente consciente de
que quen che secuestra, grita e
maltrata, non te quere.
Conto sen sexismo, sen violencia
e si con moita diversión.
LOS SUPERPREGUNTONES PARA PEQUES: UNIVERSO
Editorial VOX
Guía para descubrir o mundo que nos
rodea e aclarar as dúbidas dos máis
pequenos:
De que están feitas as estrelas? Que
planeta vira máis rápido? E o máis len-
to? Podemos vivir noutros planetas?
Por que as estrelas e os planetas son
redondos Temos que estudar para ser
astronauta? Podemos viaxar cunha
nave ao Sol? Existen os extraterres-
tres?...
LA CANCIÓN DEL PARQUE
Jaume Copons Ramón
Editorial Combel
Nesta nova aventura, o Dr. Brot e o seu
axudante Nap propuxéronse facer construír
un centro comercial megaxigante que bo-
rrará do mapa o parque de Galerna, a cida-
de de Agus.
Por sorte, Pintaca cos pinceis e Octosol coa
guitarra argallarán para que o Dr. Brot fra-
case.
Aventuras e enredos a tutiplén!
MI LOCA FAMILIA DE VACACIONES
Chris Higgins
Editorial Edebé
Chegan as vacacións de verán e a familia
Butterfield vai pasalas en Cornualles. Mattie
está preocupada por unha chea de cousas? E
se se perde a equipaxe? E se alguén cae polo
cantil? E o peor de todo, que pasaría se se
esquecesen de alguén?
O PODER DE AMABEL
Érica Esmoris
Pulp Editorial
Todos os membros da familia de Amabel
teñen superpoderes: unha forza descomunal,
a velocidade do raio, unha abraiante intelixen-
cia ou mesmo a capacidade de facerse invisi-
ble. Pero Amabel aínda non sabe cal é a súa
habilidade extraordinaria. Para descubrilo,
embarcarase en aventuras ben peculiares.
¡ATENCIÓN!
HAY UN CIENTÍFICO EN CASA
Editorial Beascoa
Realiza incribles experimentos se queres
ser todo un científico!
Aproveita obxectos sinxelos e cotiás para
experimentar e aprender sobre a tempera-
tura, a presión, a auga, o aire, a calor e as
plantas. As actividades inclúen fotografías,
instrucións fáciles de seguir e explicacións
breves.
LA LECCIÓN DE AUGUST
R.J. Palacio
Editorial Nube de Tinta
Camiña sempre coa cabeza gacha e o
flequillo tratando en balde de esconder o
seu rostro, pero aínda así é obxecto de
miradas furtivas. August sae pouco, a
súa vida transcorre entre as paredes da
súa casa, a compañía da súa familia, a
súa cadela Daisy e as incribles historias
da “Guerra das Galaxias”.
Este ano todo vai cambiar, porque este
ano vai ir, por primeira vez, á escola. Alí
aprenderá a lección máis importante da súa vida…
ESMERALDINA, A PEQUENA DEFUNTA
Ledicia Costas
Editorial Xerais
Esmeraldina, logo de morta, segue a vivir no
hotel Fantastique unha existencia pantas-
mal. Resulta duro marchar ao Alén e deixar
para sempre aos seus pais e a súa avoa, as
áncoras que a atan ao mundo dos vivos. E
máis aínda cando descoñece cales son as
regras implícitas á súa nova condición…
A QUE ALTURA ESTÁ O CEO?
Jorge Mira
Alvarellos Editora
Velaquí unha das preguntas que se leva for-
mulando o ser humano desde os albores da
súa existencia: Este libro vainos dar a respos-
ta. A esta cuestión... e a moitas outras.
Apaixonante viaxe no tempo. Comeza na épo-
ca da Grecia clásica e chega ata os descubri-
mentos máis recentes sobre o universo.
LA GUERRA CIVIL CONTADA A LOS
JÓVENES
Arturo Pérez-Reverte
Editorial Alfaguara
A Guerra Civil española contada de forma
concisa, obxectiva e rigorosa, sen clichés
partidarios nin etiquetas fáciles, en textos
de Arturo Pérez-Reverte e ilustrada de
forma espléndida por Fernando Vicente.
Primeiros Lectores Lectores Autónomos Lectores Expertos