SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 47
Un proxecto de Borja Carreiro
                           1
ÍNDICE

1.    Nome do proxecto, tagline
2.    Presentación do documental
3.    Sinopse
4.    Guión, tratamento e desglose
5.    Localizacións
6.    Ficha artística: voces e personaxes
7.    Ficha técnica
8.    Calendario e plan de rodaxe
9.    Orzamento: catering, rider técnico e equipo técnico
10.   Financiamento
11.   Memoria sobre as lendas de Galicia (os mouros)
12.   Influencias visuais e musicais. Obras de referencia
13.   Datos de contacto do productor executivo e currículo




                                             Autor: Borja Carreiro
                                                       661193123
                                             o_borja@hotmail.com


                                                                2
1.      Nome do proxecto, tagline


Nome do proxecto: “Recordos do Formigueiro”

Tagline: “Os recordos da infancia? Son ouro.”




                                                3
2.       Presentación do documental

  A idea é facer un documental/falso documental sobre a lenda que di
que no monte do Formigueiro, o que está detrás da miña casa, en
Quintela de Canedo, provincia de Ourense, atopábase ouro. Unha
lenda moi antiga que di que nos buracos e fendas deste monte
escondíanse tesouros dourados, pero só accesibles para aqueles que
levasen as súas raíces máis profundas no máis agochado do seu
corazón. Isto é una volta a infancia, a recordar as historias e lendas de
man dos propios protagonistas, dos avos e avoas que transmitiron esta
historia.
  O intento de saber se existe ouro de verdade e a simple escoita das
historias é como se desenvolve o proxecto.
  A escoita de estas historias tan enxebres e o proceso de ir
coñecendoas durante o transcurso do documental vai en paralelo coa
búsqueda do ouro/tesouro; mediante un plano fixo vanse escoitando as
historias dos que contan as lendas, intercalando con escenas do
protagonista na búsqueda do ouro polo Formigueiro. A idea é que,
despois de escoitar todas as lendas e contos e ver a aventura do
protagonista por encontrar algo, se chegue a un especie de climax: o
encontró do ouro é unha metáfora pola cal o protagonista volve a sua
infancia e recorda os momentos tan felices que pasou e que o marcaron
de por vida a modo de “flashback”. Esta situación pode resolverse da
seguinte forma: o protagonista chega a una cova onde non hai nada,
pero algo lle di que ten que seguir buscando nela, atopa un cofre,
abreo, e del sae un brillo relucinte que case chega a cegalo, e con algún
tipo de recurso visual introducese o flashback.
       Poden introducirse elementos na parte da búsqueda do tesouro
       como estes: ir camiñando polo monte e ver a un neno nalgunha
       esquina ou mesmo xogando a algo ou buscando algo; este neno
       podería se unha metáfora en canto a que é o protagonista de
       cativo, morriña…
       A avoa e máis o avó son a parte principal da historia; os seus
       contos poder servir de nexo entre a entrevista e a búsqueda do
       tesouro; establecer un paralelismo entrevista-búsqueda tesouro”.
       A historia pode servirse das lendas populares dos mouros:
       inciciandose de tal forma: un reporteiro volve ao que fora o seu
       fogar en búsqueda dos contos de cativo, aqueles contos de
       mouros que oia aos seus avos e familia mais aos seus vecinos;
       chega e fala cos avos introducindo una entrevista; a continuación
       o reporteiro polo monte na búsqueda do tesouro dos mouros;
       CONTIDO; o protagonista encontra a cova despois de máis
       entrevistas e encontra un tesouro, abreo e sae una luz, despois
                                                                       4
introduciriase algún recurso visual e aparecerían os recordos da
infancia.
A gravación na actualidade no monte O Formigueiro pode estar
limitada debido a contrución nel do Ave. A solución podería estar
en ir gravar a outro monte onde se atopen fendas ou covas en
condicións oportunas.
Narrativamente, este traballo combina elementos documentais,
con declaracións, entrevistas e conversas que conducen o fío
argumental da historia, por unha banda, e pola outra, elementos
docudramáticos e mesmo ficcionais (o flashback á historia da
infancia).
A idea é que nas entrevistas o que formula as preguntas sexa o
protagonista, e que se vexa ao entrevistado/a deducíndose a
presenza do protagonista con algún plano dende detrás da súa
cabeza, pero non sempre.




                                                               5
Formato: Documental, falso documental, documental de fición.

Temática: Personal, emotiva. Tamén o poder da imaxinación, as lendas
populares (os mouros), a infancia, a añoranza, a inocencia perdida, o
sitio no que vives pode ser o máximo misterio (recuperalo e volver a
descubrilo).

Elementos da cultura galega: mitos e referencias á cultura galega:
lendas de mouros, santa compaña no monte…

      Pode ser un bo método para a difusión da realidade da cultura
      galega

Duración: 20-30 min

Idioma: Galego




3.       Sinopse

Cando eu era pequeño, no meu pobo escoitábanse historias increíbles
sobre tesouros, ouro e demáis obxetos de valor atopados nas fendas e
covas do monte do Formigueiro. Eran as lendas dos mouros. Empezar a
recordar aquela sensación que me producía imaxinarme a min
descubrindo aqueles tesouros. Descubrir se é mito ou realidade estas
historias é una volta a infancia, a inocencia perdida e a aquel
marabilloso mundo onde se respiraba a terra e vida.




                                                                      6
4.        Guión, tratamento e desglose

     Ollo ó dato: ó posuir esta obra partes de documental, o guión é
     meramente un indicativo de por onde se quere levar a historia, pero
     está suxeita a cambios sobre a marcha. O guión si será útil nas
     partes da búsqueda do tesouro.




     Tratamento

                     Escena 1. EXTERIOR. DÍA
Borja chega ao pobo de cando era pequeño. Parase a mirar e dase
conta de aquello non cambiou moito e escoitase una voz en off
explicando o sentimento de morriña.

                 Escena 2. EXTERIOR. CASA. DÍA
Borja reunese co avo e máis a avoa e comenzando a entrevista.

                 Escena 3. EXTERIOR. MONTE. DÍA
Borja chega por un camino ao monte que vai explorar. Óese unha voz
en off explicando o que él sentía cando camiñaba por ese lugar nun
pasado. Mentres, él fica e observa a situación do lugar. Acto seguido
adéntranse no monte.

                  Escena 4. INTERIOR. CASA. DÍA
Entrevistas á familia.

                 Escena 5. EXTERIOR. MONTE. DÍA
Borja explora o monte. Oe sons coma de pisadas e mesmo de cousas
metálicas, e segueos.


               Escena 6. INTERIOR/EXTERIOR. DÍA
Entrevistas a posibles historiadores.

                Escena 7. EXTERIOR. MONTE. DÍA
Borja escala por paredes, ábrese paso pola maleza.

             Escena 8 INTERIOR. COCIÑA CASA. DÍA
Entrevista aos avós. Continuación.
                                                                        7
Escena 9. EXTERIOR.MONTE. DÍA
Borja ve coma un neno ao lonxe. Segueo.

             Escena 10. EXTERIOR. PLAZA POBO. DÍA
Entrevista á xente do lugar.

                Escena 11. EXTERIOR MONTE. DÍA
Borja segue ao neno de lonxe. Avanza e encontra unha cova bastante
oculta a simple vista. Unha voz en off di: “é coma se me estivera a
chamar”. Permanece quedo na boca da cova.

            Escena 12. INTERIOR. COCIÑA CASA. DÍA
Os avós falan da infancia do protagonista.

                 Escena 13. INTERIOR COVA. DÍA
Borja adentrase na cova, Costalle un pouco avanzar, pero consegueo e
descobre coma un cofre. Abreo e una luz cegao. Aparece un flashback
recordando a súa infancia.

  Escena 14. INTERIOR CASA/EXTERIOR MONTE. DÍA/NOITE
O flashback: imaxes de un protagonista neno xogando, divirtíndose,
descubrindo cousas, explorando, caendo e chorando, falando cosa vos,
etc
                           FIN




                                                                      8
Guión. Autor Borja Carreiro


                      ESCENA 1. EXTERIOR. DÍA

         Unha tarde soleada, en Quintela de Canedo, onde se atopa o
         monte O Formigueiro, Borja Carreiro chega ao pobo de cando
         era pequeño. Para diante da súa casa a mirar e dase conta de
         que aquello non cambiou moito. Escoitase una voz en off.

                             VOZ EN OFF
                   Cantos recordos...


                   ESCENA 2. EXTERIOR. CASA. DÍA

         Borja reúnese co avo e máis a avoa, bícanse, sentanse e
         comenza a entrevista.

                             BORJA
                   Que tal avos? Xa extrañaba eu este
                   lugar.

                             AVÓ
                   O! neniño! isto nunca cambia, non
                   hai quen nos queira!

         Os tres ríense polo comentario.

                             AVOA
                   Xa vamos velliños, pero ti estás
                   feito un home!

         Sentimento de complicidade entre os avós e o neto.

                             BORJA
                   Acordadesvos de cando eu era
                   pequeno?

         A conversación continúa libremente.


                   ESCENA 3. EXTERIOR. MONTE. DÍA

         Borja chega por un camiño ao monte que vai explorar. Óese
         unha voz en off explicando o que él sentía cando camiñaba e
         se divertía por ese lugar nun pasado.

                             VOZ EN OFF
                   Os camiños, as grandes pedras que
                   escalar, o cheiro desta terra...
                   isto era un paraíso. Vexo que pouco
                   cambiou, gústame.




                                                                       9
Mentres, él fica e observa a situación do lugar. Acto
seguido adéntranse no monte por un camiño. A continuación
solo se escoitan os pasos de Borja sen que se lle vexa
adentrarse no monte.


          ESCENA 4. INTERIOR. CASA. DÍA

Entrevistas á familia.

                    BORJA
          Acordadesvos das lendas que me
          contabades de cativo?

                    AVOA
          E non nos ibamos acordar!

                    AVÓ
          Coas ganas que tiñas de escoitalas
          sempre !

O avó ríese. A familia restante vaise achegando a conversa.

                    FAMILIA
          Hola!

A familia senta ao redor dos avós e máis Borja.

                    BORJA
          E da lenda do tesouro? aquela que
          tanto me gustaba? acordadevos?

Os avos comezan a falar desta lenda.


          ESCENA 5. EXTERIOR. MONTE. DÍA

Borja explora o monte. Escala pedras, ve as vistas, ábrese
paso pola maleza, agóchase, ríese... Oe sons coma de pisadas
e mesmo de cousas metálicas, e segueos, case sen facer
ruído.

                    VOZ EN OFF
          Esas pisadas...

                    BORJA
          Quen anda ahi?

Borja pensa que ese son metálico parecen moedas.




                                                            10
ESCENA 6. INTERIOR/EXTERIOR. DÍA

Entrevistas a posibles historiadores.

*A intención aqui é realizar unha entrevista a algún posible
historiador sobre as lendas de mouros.


          ESCENA 7. EXTERIOR. MONTE. DÍA

Borja segue escalando por paredes, ábrese paso pola maleza,
seguindo os pasos que oe.

                    VOZ EN OFF
          Este lugar do monte, soame
          moito...si! aqui eu perderame cando
          era pequeno. Recordo coma se
          agochaba pouco a pouco o sol, e o
          asustado que estaba. Agocharame
          nalgun sitio ata o día seguinte,
          cando escoitei coma me chamaban ao
          lonxe e decidín fuxir de aqui...
          pero non recordo o refuxio...

Borja camiña e explora o monte. O monte soa: paxaros,
vento...


       ESCENA 8 INTERIOR. COCIÑA CASA. DÍA

Entrevista aos avós. Continuación.Posible cambio de lugar da
entrevista.

                    AVOA
               (Fala da historia do tesouro)

                    BORJA
          Avó, ti decías que esa historia xa
          lla escoitaras ao teu pai, algo dos
          mouros... fálame dela.

A avoa levantase e desaparece de escea un breve tempo.

                    AVÓ
          Os mouros, escondían o ouro
          agochado polo monte..(continúa
          libremente).

A avoa aparece con comida e bebida.

A familia interven libremente na conversa. A entrevista
prosigue.




                                                          11
ESCENA 9. EXTERIOR. MONTE. DÍA

Borja ve coma un neno ao lonxe. Segueo.

                    BORJA
          Ei! espera! quen es?

                    VOZ EN OFF
          Non pode ser...

O ton do narrador é coma de familiaridade.


       ESCENA 10. EXTERIOR. PLAZA POBO. DÍA

Entrevista á xente do lugar sobre as lendas dos mouros.

                    VECIÑOS

A conversa sigue libremente, pero orientada por Borja cara a
temas máis enxebres: o vacío dos pobos, os animais do monte,
historias traxicas, historias de nenos, recordos...


         ESCENA 11. EXTERIOR. MONTE. DÍA

Borja segue ao neno de lonxe. Avanza e encontra unha cova
bastante oculta a simple vista, pero que Borja recoñece de
algunha forma.

                    VOZ EN OFF
          É coma se me estivera a chamar...

Borja permanece quedo na boca da cova.

                    VOZ EN OFF
          Si.. é esta a cova!


      ESCENA 12. INTERIOR. COCIÑA CASA. DÍA

Os avós falan da infancia de Borja, do paso do tempo, dos
pobos, os montes...

                    AVOA
          E cando te perderas no monte? o
          medo que pasamos!

                    AVÓ
          Dende aquel momento algo, non sei o
          que, cambiou en ti...coma se
          deixaras naquel monte algo...




                                                             12
A conversa sigue libremente, pero orientada por Borja cara a
temas máis enxebres: o vacío dos pobos, os animais do monte,
historias traxicas, historias de nenos, recordos...


          ESCENA 13. INTERIOR COVA. DÍA

Borja adentrase na cova, Costalle un pouco avanzar, pero
consegueo.

                    VOZ EN OFF
          Aquela noite... era moi cativo,
          pero foi aqui...aqui mesmo onde
          aquel medo da lúa chea, a noite e o
          descoñecido cambioume para
          sempre...onde a miña inocencia
          empezou a desvanecerse.

Explora a cova, chega ao final e descobre un cofre moi
sucio. Abreo e una luz cegao. Aparece un flashback
recordando a súa infancia.


ESCENA 14. INTERIOR CASA/EXTERIOR MONTE. DÍA/NOITE

O flashback: imaxes de un Borja neno xogando, divirtíndose,
descubrindo cousas, explorando, caendo e chorando, falando
cos avós, etc



                         FIN




                                                           13
Desglose de guión

ESCENA PERSONAXES LOCALIZACIÓN             SON      ATREZZO CÁMARA
Escena 1 Protagonista Arredores da casa Ambiental +   NON    Canon
                                          Voz off            550D
Escena 2   Protagonista +      Patio casa   Ambiental +     NON       Canon
            Avó + Avoa                       Entrevista               550D
Escena 3    Protagonista        Monte        Ambiental      NON       Canon
                                             + Voz off                550D
Escena 4    Protagonista       Patio casa    Ambiental      NON       Canon
           + Avó + Avoa +                        +                    550D
              Familia                        Entrevista
Escena 5    Protagonista        Monte       Ambiental +     NON       Canon
                                             Voz off +                550D
                                            Protagonista
Escena 6   Protagonista +      Facultade     Ambiental      NON       Canon
            Historiador         historia         +                    550D
                                             Entrevista
Escena 7    Protagonista        Monte        Ambiental      NON       Canon
                                                 +                    550D
                                              Voz off
Escena 8   Protagonista +   Cociña casa      Ambiental      NON       Canon
           Avó + Avoa +                          +                    550D
              Familia                        Entrevista
Escena 9   Protagonista +       Monte       Ambiental +     NON       Canon
               Neno                          Voz off +                550D
                                            Protagonista
Escena     Protagonista +      Plaza vila    Ambiental      NON       Canon
  10       Vecinos + Avós                        +                    550D
                                             Entrevista
Escena     Protagonista +       Monte        Ambiental      NON       Canon
  11           Neno                              +                    550D
                                              Voz off
Escena     Protagonista +   Cociña casa      Ambiental      NON       Canon
  12            Avós                             +                    550D
                                             Entrevista
Escena      Protagonista         Cova        Ambiental      Cofre     Canon
  13                                             +                    550D
                                              Voz off
Escena     Protagonista +       Monte        Ambiental     Xoguetes   Canon
  14        Neno + Avós          +               +                    550D
                                Casa          Música




                                                                         14
5.     Localizacións

        Quintela de Canedo

Parque de Quintela de Canedo. A 3km de Ourense. Entrevista ao vecinos.
Parque acondicionado con bancos.




           o
           o




Quintela de Canedo, casa dos avós. A 3 km de Ourense




                                                                    15
Cociña, lugar da entrevista (casa dos avós, Quintela de Canedo).




      Este é o lugar onde quentan os pés os avós, comen e falan do cotío




                                                                           16
Patio da casa, lugar da entrevista (casa dos avós, Quintela).




                                                                17
O monte do Formigueiro: camiños, fendas, covas…

        Non teñen que ser na propia zona, as covas ou fendas pode ser
        mellor buscalas fora debido a problemas de espacio nas da
        propia zona no momento da rodaxe.



        Fotos do monte O Formiguieiro




                Vistas dende o monte O Formigueiro. Ourense




                                                                        18
Formigueiro




          Mapa monte O Formigueiro. A 3-4 km de Ourense centro




Escudeiros (Ramirás). A cova




          Entrada mina de San Francisco, Escudeiros (Ramirás)
                          A 40 km de Ourense




                                                                 19
Covas de San Bibián

- Dirección: Vilanova dos Infantes, Celanova (Ourense).
- Responsable: concello de Celanova
- Facilidades de acceso: Bo acceso
- Servicios: conta cun Baño sen ducha e lugar para que os actores se
  podan cambiar tranquilamente.
- Consta de 15 metros de profundidade e de 3 metros nas partes máis
  altas 2 metros case 3 nas partes máis baixas.




                                                                  20
6.   Ficha artística

        Voz en off: A voz do protagonista. Eu, o autor de este proxecto
        audiovisual, Borja Carreiro, que vai contando as vivencias do
        pasado mentres se avanza na búsqueda do tesouro; pero non
        sempre, haberá momentos de suspense ou mesmo en que non
        ocorra nada interesante, é dicir, só “silencio” mentres este
        explora o monte.
        Protagonistas principais: persoas cercanas a historia: xente do
        pobo, persoas maiores, avós, historiadores…

        A ficha de voces é:


           o Borja Carreiro. É o conductor da historia, o protagonista.
             Regresa ao que era a súa casa en busca dos recordos, da
             infancia, de aquilo que perdeu una vez.

           o Avoa: voz principal, o seu nome: Mercedes Losada Pérez




                                                                      21
o Avó: voz principal, o seu nome: Manuel González Pulido




o Veciños de Quintela de Canedo




o


                                                       22
o Marcial Gondar
        Portasany

   as.gondar@usc.es
   981563100 (extensión 12524)

   É o historiador

   Datos de vida:

Nado en Pontevedra en 1948, é un
antropólogo galego.


   Traxectoria:

Catedrático de Antropoloxía Social
na Universidade de Santiago, é
membro da Sección de Etnografía do Instituto de Estudos Galegos
Padre Sarmiento e mais do Patronato do Museo do Pobo Galego.

Comezou publicando traballos sobre o proceso de transformación da
sociedade campesiña galega como ¿Fracaso del corporativismo
agrícola en Galicia? Aportaciones para una teoría del cambio social
(Valencia, 1977). Posteriormente dedicouse ao estudo da morte na
cultura galega. Actualmente investiga en problemas de antropoloxía
urbana e comunicación e marketing.

   Obra en galego

         Ensaio

         A morte, 1987.
         Romeiros do alén, 1989
         Mulleres de mortos, 1991.
         Crítica da razón galega: entre o nós-mesmos e o nós-
         outros, 1993.
         ¿Qué é a antropoloxia aplicada?, 2004.
         ¿Fracaso del corporativismo agrícola en Galicia?, 1977.
         Antropología y racionalidad, 1980.



                                                                  23
Obras colectivas

  Alimentación e cultura, 1993, Loas (Vigo).

  Obras colectivas

  Espiritados: ensaios de etnosiquiatría galega (con Emilio
  González Fernández), 1992, Laiovento.

  Entrevista:

http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=12129




          Ladeira do monte O Formigueiro




                                                          24
7.   Ficha técnica

            Productor executivo: Borja Carreiro
            Director de produción: Manuel Gómez
            Xefe de produción: César Amorín
            1º Axudante de produción: Mario Fernández
            Director: Borja Carreiro
            Director de fotografía: Bieito Atanes
            2º operador de cámara: Borja Carreiro
            Guionista: Borja Carreiro
            Compositor música: Rubén Varela
            Xefe de son: Manuel Gómez
            Script: Ánxela Dominguez Airabella
            Montador: Borja Carreiro
            Xefe eléctricos: César Amorín




                                                        25
8.      Calendario e plan de rodaxe

                   A duración das entrevistas sería aproximadamente a
                   seguinte:
                      o Avós: 2 días
                      o Veciños: 1 día
                      o Familia: 1 día
                      o Historiador: 1 día
                   A duración das escenas no monte: 2 días
                   A duración da escena na cova: 1 ou 2 días



                                      XULIO 2012

LUNS         MARTE        MÉRCO         XOVES            VENR        SÁBA DOMI
             S            RES                            ES          DO   NGO
                                        1                2           3    4



5            6            7             8                9           10   11
     DÍA 1       DÍA 2        DÍA 3           DÍA 4          DÍA 5

Entrevista   Entrevista   Entrevista        Escenas no   Escena
 avós +       avós +      historiador         monte      na cova
familia +    familia +    + Escenas
 veciños      veciños      no monte
12           13           14            15               16          17   18



19           20           21            22               23          24   25



26           27           28            29               30          31




                                                                               26
Plan de rodaxe

DÍA DE    DATA         Nº                      MATERIAL
RODAX       DE       ESCENA    LOCALIZACIÓN    TÉCNICO
  E      RODAXE
 DÍA 1    5 xulio    1,2,4,8     Quintela de   Cámara +
                                  Canedo         son
DÍA 2      6 xulio    10,12      Quintela de   Cámara +
                                  Canedo         son
DÍA 3      7 xulio   3,5,6,7     Quintela de   Cámara +
                                  Canedo         son
DÍA 4      8 xulio    9,11       Quintela de   Cámara +
                                  Canedo         son
DÍA 5      9 xulio        13      Ramirás      Cámara +
                                                 son




                                                          27
9.   Orzamento


     a. Catering - GADIS
     b. Alquiler equipo técnico: micrófonos, cámaras, iluminación…

                     Rider técnico para rodaxe

                         Equipo de cámara

                  Cámara Canon 550d. Cantidad: 1




                        Soportes de cámara

           Trípode SACHTLER CINE 30 HD. Cantidad: 1




                                                                     28
Equipo de son

              SENNHEISER MKH 60. Cantidad: 1

                             +

PÉRTIGA K-TEPÉRTIGA K-TEK (1.1-5.1m)K (1.1-5.1m). Cantidad: 1




                         Auriculares

            SENNHEISER HD 280 PRO. Cantidad: 1




                                                          29
Iluminación

            SACHTLER R650 HS. Cantidad: 3




c. Materiales de limpeza propios para acondicionar a cova
   (propiedade do avó!).
d. Desplazamento para a entrevista ao historiador/es
e. Hotel par o equipo técnico




   TOTAL ORZAMENTO SEGÚN ICAA: 24.025€




                                                            30
10.   Financiamento


PLAN DE FINANCIAMENTO DOCUMENTAL “Recordos do
Formigueiro”

      Aportación Capitalización do traballo…………….11.659€

      Concello de Ramirás………………………………...400€

      Concello de Ourense………………………………...600€

      Capital propio……………………………………….200€

TOTAL………………………………………………….......12.859€




                         Os ollos da experiencia…




                                                           31
11. Memoria: lendas de Galicia

        Video mouros, corte do documental “ O´Neixón: Historia viva
        dun castro " (Boiro, 2008). Breve aportación sobre os mouros.

            http://www.youtube.com/watch?v=_lSxykyUloA



Lendas populares galegas: dous exemplos populares



                 A trabe de ouro e a trabe de alcatrán


     Na parroquia de Vilariño, en terras do Pereiro de Aguiar, existe
     unha rede de pasadizos subterráneos que unen os restos do monte do
     castro coas ruínas dun castelo asolagado polas augas do Miño en
     tempos tan remotos que ninguén os lembra...

     Estes túneles están habitados por un 'mouro' ou trasno que acocha
     alí un tesouro inmenso, rico en pedras preciosas e xoias de ouro, que
     ten tentado a moitos a procura-la entrada ós pasadizos. Sen
     embargo, a "historia" advirte ás xentes da existencia de dúas trabes
     que sustentan todo o conxunto de túneles e cuxa disposición
     constitúe unha trampa para aqueles ousados que vaian na busca do
     tesouro.

     Nos arredores houbo un mozo que xa hai moito tempo tentou chegar
     ás riquezas que estas covas gardaban e quen contou ós veciños como
     conseguiu atopa-la entrada ós pasadizos. Despois de camiñar un
     anaco por eles atopou unha sala sustentada por unha gran trabe de
     ouro e outra escura, que segundo lle pareceu estaba feita de
     alcatrán. O enorme valor da trabe de ouro cegou o bo sentido do
     mozo, que axiña tentou tirala para fóra do seu lugar e levala
     consigo, sen decatarse de que cando comezou a tirar por ela
     accionou un resorte preparado polo 'mouro' que fixo que o lume
     prendese na veciña trabe de alcatrán.

     As lumaradas foron tais no interior da cova que o mozo só conseguiu
     saír dos pasadizos logo de arrastrarse polo chan, seguindo unha
     corda que levaba á cintura e que deixara atada fóra a un penedo.

                                                                        32
Pouco antes de que a trabe de alcatrán que sustentaba o teito dos
pasadizos fose consumida polas chamas e a cova comezara a
derrubarse, o mozo lograra saír para o exterior. Sen embargo, para
el todo semellaba aínda o interior do máis escuro dos túneles,
decatándose de que o lume da trabe de alcatrán que ardera tan
próxima a el o deixara cego.

Aínda que feitos como este disuadiron a moitos de procura-la a
fortuna do tesouro, algúns dos máis maiores do lugar aínda
confesan que de mozos pasaron días escavando e tentando atopa-la
entrada ás covas do mouro.

No mesmo sito do que conta esta lenda foron atopados restos dun
castro e dunha importante inscrición que rezaba unha breve lenda :
"sicenata pacata" , e que algúns teñen interpretado como
conmemorativa da victoria romana do castro do Medulio, suxerindo
algúns o seu emprazamento na zona.

                                               Vicente Risco, 1925




                                                                33
O neno de ouro da Cova de Mera

Na praia da Xunqueira ou Espiñeiro, en Mera, Oleitros (A Coruña) hai
unha cova que hoxe ten pouco máis de dous metros de longo e da que só
queda visible a entrada entre as rochas cando baixa a marea. Dise que
antigamente os mouros circulaban por ela ata debaixo do Faro Pequeno,
onde había outra entrada agora atoada polas pedras arrastradas polo
mar. E aínda hai quen di que ten, ou tiña, outras entradas como a que hai
debaixo do Xunqueiro.
O caso é que os mouros carrexaban por esta cova os tesouros para
embarcalos, e cando marcharon deixaron algún deles soterrados.
Un deses tesouros, que seica está enterrrado en Aba, é un neno de ouro.




   Crenzas e supersticións



                    Os mouros encantados

 Os mouros son os habitantes dos nosos monumentos máis antigos.
Calquera construcción ou ruína de orixe descoñecida para os
paisanos, é para eles " cousa de mouros " foi "feita polos mouros " é
"dos tempos dos mouros". Os castros, as citanias, as antas e
mámoas, as pedras escritas,as pedras miliarias , as pontes vellas etc.
Son obra dos mouros.

 En moitísimos casos a xente di que os primeiros habitantes de
Galicia foron mouros expulsados unhas veces por Santiago
Apóstolo, e outras polo Emperador Carlomagno e Os Doce Pares de
Francia . Hai casos nos que a xente di que os mouros fuxiron
deixando as súas obras e os seus tesouros pero noutros casos din
que os mouros aínda viven alí , por debaixo da terra ,unha vida
especial , invisibles para nós a non ser que eles queiran ser vistos . A
sorte de vida que levan os mouros debaixo da terra non está moi
clara. Algunhas veces din que están "encantados "sen definir o
estado de encantamento. Ao mesmo tempo viven neste mundo e teñen
as mesmas necesidades que nós: precisan comida e bebida, andan
vestidos; os que lograron ver as súas vivendas atoparon nelas
camas, roupas , mesas ... Para coseguir isto moitas veces van ás
feiras.
                                                                     34
Os mouros son donos de inmensas riquezas. Son os donos de case
todos os tesouros de Galicia. En ocasións pagan con ouro os
servicios que lles fan os cristiáns, mais este ouro ,ás veces ,
preséntase en forma de carbón : o carbón trocado en ouro dos
contos e lendas . O que mantén relacións cos mouros, debe telo moi
secreto e procurar que ninguén o saiba se non exponse a calquera
desgracia, mesmo a perder a vista ou a vida.

 Polo que respecta á súa relixión non ten nada que ver coa doutrina
mahometana: os nosos mouros comen carne de porco, beben viño,
teñen ídolos...

 De todo isto dedúcese que os mouros da nosa mitoloxía teñen
pouco que ver cos mouros históricos.




   Información sobre os mouros



                     Lendas dos mouros


Crese que a existencia de numerosas
lendas atribuídas a mouros, do mesmo
xeito que a atribución de construcións
megalíticas aos mouros, procede da
acepción antiga de mouro con "pagán".
No caso das construcións megalíticas é
claro que non se refere aos mouros
invasores da Península, dada a falta de
coexistencia histórica algunha entre tal
invasión e os megálitos. Dinos
Francisco Martins Sarmento:

      "Os nomes de mouro e pagán
      tornáronse sinónimos, e, como case sempre sucede no conflito
      de dous sinónimos, prevaleceu o vocábulo que tiña por si unha
      realidade obxectiva: o nome abstracto de pagán desaparece, o
      étnico de mouro fica, substituíndo aquel en todas as suas
      aplicacións, porén dos mais groseiros anacronismos".


                                                                 35
Mouro (mitoloxía)
Os mouros eran un pobo de criaturas sobrenaturais de natureza
feérica, presentes en mitos e relatos extendidos polo norte da
Península Ibérica, e presentados como non bautizados e pagáns, que
noutro tempo tamén eran coñecidos como xentís. Os varóns eran
escuros e en ocasións deformes, e as mulleres eran fermosas
feiticeiras rubias e de tez branca, aínda que nalgúns relatos
populares asociánse coa aparencia de vellas bruxas e meigas.




                        Casa dos mouros




                                                               36
12.   Influencias: visuales, musicais, obras de referencia

      1. REFERENCIAS VISUALES:

         Andrei Tarkovsky A súa estética, o seu trato da natureza, o seu
         estilo técnico… autor de referencia




                                                    Andrei Tarkovsky




                                                                       37
David Lynch. A súa linguxe narrativa, combinada con
transicións e música agobiantes, converten a este director en
irrepetible.




                                               David Lynch




                                                                38
Montxo Armendáriz. Películas como Tasio, onde o monte é o
elemento fundamental. Os temas da infancia tamén son un punto
forte.




                   Montxo Armendáriz




                                                           39
Giuseppe Tornatore. A súa película Cinema Paradiso, trata o
tema da infancia coma ningunha outra.




                    Giuseppe Tornatore




                                                              40
2. Referencias musicais:

   Ennio Morricone




                           41
13. Datos de contacto do productor executivo e currículo




               Teléfono: 661193123
               E-mail: o_borja@hotmail.com




                                                           42
43
44
45
O autor do proxecto, Borja Carreiro   Ourense 2012




                                                     46
47

Más contenido relacionado

Similar a Recordos do Formiguiro

Similar a Recordos do Formiguiro (20)

Apalpador
ApalpadorApalpador
Apalpador
 
MICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptx
MICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptxMICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptx
MICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptx
 
Anton riveiro coello
Anton riveiro coelloAnton riveiro coello
Anton riveiro coello
 
Anton riveiro coello
Anton riveiro coelloAnton riveiro coello
Anton riveiro coello
 
Pérdeste comigo?
Pérdeste comigo?Pérdeste comigo?
Pérdeste comigo?
 
Nº 33 abril 2012 en galego,.
Nº 33 abril 2012  en galego,.Nº 33 abril 2012  en galego,.
Nº 33 abril 2012 en galego,.
 
Daia recomenda
Daia recomendaDaia recomenda
Daia recomenda
 
Ler e xogar sen parar
Ler e xogar sen pararLer e xogar sen parar
Ler e xogar sen parar
 
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
 
Lecturas primaria2
Lecturas primaria2Lecturas primaria2
Lecturas primaria2
 
Aprendendo a escunchar na leira de Manuel
Aprendendo a escunchar na leira de ManuelAprendendo a escunchar na leira de Manuel
Aprendendo a escunchar na leira de Manuel
 
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLOREVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
 
Lecturas primaria2
Lecturas primaria2Lecturas primaria2
Lecturas primaria2
 
Lecturas Primaria
Lecturas PrimariaLecturas Primaria
Lecturas Primaria
 
Recomendacións Nadal 2017
Recomendacións Nadal 2017Recomendacións Nadal 2017
Recomendacións Nadal 2017
 
Esmorga novoneyar
Esmorga novoneyarEsmorga novoneyar
Esmorga novoneyar
 
Novoneyra3
Novoneyra3Novoneyra3
Novoneyra3
 
Revista junta
Revista juntaRevista junta
Revista junta
 
Folletos informativos
Folletos informativosFolletos informativos
Folletos informativos
 
Actividades filgueira valverde
Actividades filgueira valverdeActividades filgueira valverde
Actividades filgueira valverde
 

Recordos do Formiguiro

  • 1. Un proxecto de Borja Carreiro 1
  • 2. ÍNDICE 1. Nome do proxecto, tagline 2. Presentación do documental 3. Sinopse 4. Guión, tratamento e desglose 5. Localizacións 6. Ficha artística: voces e personaxes 7. Ficha técnica 8. Calendario e plan de rodaxe 9. Orzamento: catering, rider técnico e equipo técnico 10. Financiamento 11. Memoria sobre as lendas de Galicia (os mouros) 12. Influencias visuais e musicais. Obras de referencia 13. Datos de contacto do productor executivo e currículo Autor: Borja Carreiro 661193123 o_borja@hotmail.com 2
  • 3. 1. Nome do proxecto, tagline Nome do proxecto: “Recordos do Formigueiro” Tagline: “Os recordos da infancia? Son ouro.” 3
  • 4. 2. Presentación do documental A idea é facer un documental/falso documental sobre a lenda que di que no monte do Formigueiro, o que está detrás da miña casa, en Quintela de Canedo, provincia de Ourense, atopábase ouro. Unha lenda moi antiga que di que nos buracos e fendas deste monte escondíanse tesouros dourados, pero só accesibles para aqueles que levasen as súas raíces máis profundas no máis agochado do seu corazón. Isto é una volta a infancia, a recordar as historias e lendas de man dos propios protagonistas, dos avos e avoas que transmitiron esta historia. O intento de saber se existe ouro de verdade e a simple escoita das historias é como se desenvolve o proxecto. A escoita de estas historias tan enxebres e o proceso de ir coñecendoas durante o transcurso do documental vai en paralelo coa búsqueda do ouro/tesouro; mediante un plano fixo vanse escoitando as historias dos que contan as lendas, intercalando con escenas do protagonista na búsqueda do ouro polo Formigueiro. A idea é que, despois de escoitar todas as lendas e contos e ver a aventura do protagonista por encontrar algo, se chegue a un especie de climax: o encontró do ouro é unha metáfora pola cal o protagonista volve a sua infancia e recorda os momentos tan felices que pasou e que o marcaron de por vida a modo de “flashback”. Esta situación pode resolverse da seguinte forma: o protagonista chega a una cova onde non hai nada, pero algo lle di que ten que seguir buscando nela, atopa un cofre, abreo, e del sae un brillo relucinte que case chega a cegalo, e con algún tipo de recurso visual introducese o flashback. Poden introducirse elementos na parte da búsqueda do tesouro como estes: ir camiñando polo monte e ver a un neno nalgunha esquina ou mesmo xogando a algo ou buscando algo; este neno podería se unha metáfora en canto a que é o protagonista de cativo, morriña… A avoa e máis o avó son a parte principal da historia; os seus contos poder servir de nexo entre a entrevista e a búsqueda do tesouro; establecer un paralelismo entrevista-búsqueda tesouro”. A historia pode servirse das lendas populares dos mouros: inciciandose de tal forma: un reporteiro volve ao que fora o seu fogar en búsqueda dos contos de cativo, aqueles contos de mouros que oia aos seus avos e familia mais aos seus vecinos; chega e fala cos avos introducindo una entrevista; a continuación o reporteiro polo monte na búsqueda do tesouro dos mouros; CONTIDO; o protagonista encontra a cova despois de máis entrevistas e encontra un tesouro, abreo e sae una luz, despois 4
  • 5. introduciriase algún recurso visual e aparecerían os recordos da infancia. A gravación na actualidade no monte O Formigueiro pode estar limitada debido a contrución nel do Ave. A solución podería estar en ir gravar a outro monte onde se atopen fendas ou covas en condicións oportunas. Narrativamente, este traballo combina elementos documentais, con declaracións, entrevistas e conversas que conducen o fío argumental da historia, por unha banda, e pola outra, elementos docudramáticos e mesmo ficcionais (o flashback á historia da infancia). A idea é que nas entrevistas o que formula as preguntas sexa o protagonista, e que se vexa ao entrevistado/a deducíndose a presenza do protagonista con algún plano dende detrás da súa cabeza, pero non sempre. 5
  • 6. Formato: Documental, falso documental, documental de fición. Temática: Personal, emotiva. Tamén o poder da imaxinación, as lendas populares (os mouros), a infancia, a añoranza, a inocencia perdida, o sitio no que vives pode ser o máximo misterio (recuperalo e volver a descubrilo). Elementos da cultura galega: mitos e referencias á cultura galega: lendas de mouros, santa compaña no monte… Pode ser un bo método para a difusión da realidade da cultura galega Duración: 20-30 min Idioma: Galego 3. Sinopse Cando eu era pequeño, no meu pobo escoitábanse historias increíbles sobre tesouros, ouro e demáis obxetos de valor atopados nas fendas e covas do monte do Formigueiro. Eran as lendas dos mouros. Empezar a recordar aquela sensación que me producía imaxinarme a min descubrindo aqueles tesouros. Descubrir se é mito ou realidade estas historias é una volta a infancia, a inocencia perdida e a aquel marabilloso mundo onde se respiraba a terra e vida. 6
  • 7. 4. Guión, tratamento e desglose Ollo ó dato: ó posuir esta obra partes de documental, o guión é meramente un indicativo de por onde se quere levar a historia, pero está suxeita a cambios sobre a marcha. O guión si será útil nas partes da búsqueda do tesouro. Tratamento Escena 1. EXTERIOR. DÍA Borja chega ao pobo de cando era pequeño. Parase a mirar e dase conta de aquello non cambiou moito e escoitase una voz en off explicando o sentimento de morriña. Escena 2. EXTERIOR. CASA. DÍA Borja reunese co avo e máis a avoa e comenzando a entrevista. Escena 3. EXTERIOR. MONTE. DÍA Borja chega por un camino ao monte que vai explorar. Óese unha voz en off explicando o que él sentía cando camiñaba por ese lugar nun pasado. Mentres, él fica e observa a situación do lugar. Acto seguido adéntranse no monte. Escena 4. INTERIOR. CASA. DÍA Entrevistas á familia. Escena 5. EXTERIOR. MONTE. DÍA Borja explora o monte. Oe sons coma de pisadas e mesmo de cousas metálicas, e segueos. Escena 6. INTERIOR/EXTERIOR. DÍA Entrevistas a posibles historiadores. Escena 7. EXTERIOR. MONTE. DÍA Borja escala por paredes, ábrese paso pola maleza. Escena 8 INTERIOR. COCIÑA CASA. DÍA Entrevista aos avós. Continuación. 7
  • 8. Escena 9. EXTERIOR.MONTE. DÍA Borja ve coma un neno ao lonxe. Segueo. Escena 10. EXTERIOR. PLAZA POBO. DÍA Entrevista á xente do lugar. Escena 11. EXTERIOR MONTE. DÍA Borja segue ao neno de lonxe. Avanza e encontra unha cova bastante oculta a simple vista. Unha voz en off di: “é coma se me estivera a chamar”. Permanece quedo na boca da cova. Escena 12. INTERIOR. COCIÑA CASA. DÍA Os avós falan da infancia do protagonista. Escena 13. INTERIOR COVA. DÍA Borja adentrase na cova, Costalle un pouco avanzar, pero consegueo e descobre coma un cofre. Abreo e una luz cegao. Aparece un flashback recordando a súa infancia. Escena 14. INTERIOR CASA/EXTERIOR MONTE. DÍA/NOITE O flashback: imaxes de un protagonista neno xogando, divirtíndose, descubrindo cousas, explorando, caendo e chorando, falando cosa vos, etc FIN 8
  • 9. Guión. Autor Borja Carreiro ESCENA 1. EXTERIOR. DÍA Unha tarde soleada, en Quintela de Canedo, onde se atopa o monte O Formigueiro, Borja Carreiro chega ao pobo de cando era pequeño. Para diante da súa casa a mirar e dase conta de que aquello non cambiou moito. Escoitase una voz en off. VOZ EN OFF Cantos recordos... ESCENA 2. EXTERIOR. CASA. DÍA Borja reúnese co avo e máis a avoa, bícanse, sentanse e comenza a entrevista. BORJA Que tal avos? Xa extrañaba eu este lugar. AVÓ O! neniño! isto nunca cambia, non hai quen nos queira! Os tres ríense polo comentario. AVOA Xa vamos velliños, pero ti estás feito un home! Sentimento de complicidade entre os avós e o neto. BORJA Acordadesvos de cando eu era pequeno? A conversación continúa libremente. ESCENA 3. EXTERIOR. MONTE. DÍA Borja chega por un camiño ao monte que vai explorar. Óese unha voz en off explicando o que él sentía cando camiñaba e se divertía por ese lugar nun pasado. VOZ EN OFF Os camiños, as grandes pedras que escalar, o cheiro desta terra... isto era un paraíso. Vexo que pouco cambiou, gústame. 9
  • 10. Mentres, él fica e observa a situación do lugar. Acto seguido adéntranse no monte por un camiño. A continuación solo se escoitan os pasos de Borja sen que se lle vexa adentrarse no monte. ESCENA 4. INTERIOR. CASA. DÍA Entrevistas á familia. BORJA Acordadesvos das lendas que me contabades de cativo? AVOA E non nos ibamos acordar! AVÓ Coas ganas que tiñas de escoitalas sempre ! O avó ríese. A familia restante vaise achegando a conversa. FAMILIA Hola! A familia senta ao redor dos avós e máis Borja. BORJA E da lenda do tesouro? aquela que tanto me gustaba? acordadevos? Os avos comezan a falar desta lenda. ESCENA 5. EXTERIOR. MONTE. DÍA Borja explora o monte. Escala pedras, ve as vistas, ábrese paso pola maleza, agóchase, ríese... Oe sons coma de pisadas e mesmo de cousas metálicas, e segueos, case sen facer ruído. VOZ EN OFF Esas pisadas... BORJA Quen anda ahi? Borja pensa que ese son metálico parecen moedas. 10
  • 11. ESCENA 6. INTERIOR/EXTERIOR. DÍA Entrevistas a posibles historiadores. *A intención aqui é realizar unha entrevista a algún posible historiador sobre as lendas de mouros. ESCENA 7. EXTERIOR. MONTE. DÍA Borja segue escalando por paredes, ábrese paso pola maleza, seguindo os pasos que oe. VOZ EN OFF Este lugar do monte, soame moito...si! aqui eu perderame cando era pequeno. Recordo coma se agochaba pouco a pouco o sol, e o asustado que estaba. Agocharame nalgun sitio ata o día seguinte, cando escoitei coma me chamaban ao lonxe e decidín fuxir de aqui... pero non recordo o refuxio... Borja camiña e explora o monte. O monte soa: paxaros, vento... ESCENA 8 INTERIOR. COCIÑA CASA. DÍA Entrevista aos avós. Continuación.Posible cambio de lugar da entrevista. AVOA (Fala da historia do tesouro) BORJA Avó, ti decías que esa historia xa lla escoitaras ao teu pai, algo dos mouros... fálame dela. A avoa levantase e desaparece de escea un breve tempo. AVÓ Os mouros, escondían o ouro agochado polo monte..(continúa libremente). A avoa aparece con comida e bebida. A familia interven libremente na conversa. A entrevista prosigue. 11
  • 12. ESCENA 9. EXTERIOR. MONTE. DÍA Borja ve coma un neno ao lonxe. Segueo. BORJA Ei! espera! quen es? VOZ EN OFF Non pode ser... O ton do narrador é coma de familiaridade. ESCENA 10. EXTERIOR. PLAZA POBO. DÍA Entrevista á xente do lugar sobre as lendas dos mouros. VECIÑOS A conversa sigue libremente, pero orientada por Borja cara a temas máis enxebres: o vacío dos pobos, os animais do monte, historias traxicas, historias de nenos, recordos... ESCENA 11. EXTERIOR. MONTE. DÍA Borja segue ao neno de lonxe. Avanza e encontra unha cova bastante oculta a simple vista, pero que Borja recoñece de algunha forma. VOZ EN OFF É coma se me estivera a chamar... Borja permanece quedo na boca da cova. VOZ EN OFF Si.. é esta a cova! ESCENA 12. INTERIOR. COCIÑA CASA. DÍA Os avós falan da infancia de Borja, do paso do tempo, dos pobos, os montes... AVOA E cando te perderas no monte? o medo que pasamos! AVÓ Dende aquel momento algo, non sei o que, cambiou en ti...coma se deixaras naquel monte algo... 12
  • 13. A conversa sigue libremente, pero orientada por Borja cara a temas máis enxebres: o vacío dos pobos, os animais do monte, historias traxicas, historias de nenos, recordos... ESCENA 13. INTERIOR COVA. DÍA Borja adentrase na cova, Costalle un pouco avanzar, pero consegueo. VOZ EN OFF Aquela noite... era moi cativo, pero foi aqui...aqui mesmo onde aquel medo da lúa chea, a noite e o descoñecido cambioume para sempre...onde a miña inocencia empezou a desvanecerse. Explora a cova, chega ao final e descobre un cofre moi sucio. Abreo e una luz cegao. Aparece un flashback recordando a súa infancia. ESCENA 14. INTERIOR CASA/EXTERIOR MONTE. DÍA/NOITE O flashback: imaxes de un Borja neno xogando, divirtíndose, descubrindo cousas, explorando, caendo e chorando, falando cos avós, etc FIN 13
  • 14. Desglose de guión ESCENA PERSONAXES LOCALIZACIÓN SON ATREZZO CÁMARA Escena 1 Protagonista Arredores da casa Ambiental + NON Canon Voz off 550D Escena 2 Protagonista + Patio casa Ambiental + NON Canon Avó + Avoa Entrevista 550D Escena 3 Protagonista Monte Ambiental NON Canon + Voz off 550D Escena 4 Protagonista Patio casa Ambiental NON Canon + Avó + Avoa + + 550D Familia Entrevista Escena 5 Protagonista Monte Ambiental + NON Canon Voz off + 550D Protagonista Escena 6 Protagonista + Facultade Ambiental NON Canon Historiador historia + 550D Entrevista Escena 7 Protagonista Monte Ambiental NON Canon + 550D Voz off Escena 8 Protagonista + Cociña casa Ambiental NON Canon Avó + Avoa + + 550D Familia Entrevista Escena 9 Protagonista + Monte Ambiental + NON Canon Neno Voz off + 550D Protagonista Escena Protagonista + Plaza vila Ambiental NON Canon 10 Vecinos + Avós + 550D Entrevista Escena Protagonista + Monte Ambiental NON Canon 11 Neno + 550D Voz off Escena Protagonista + Cociña casa Ambiental NON Canon 12 Avós + 550D Entrevista Escena Protagonista Cova Ambiental Cofre Canon 13 + 550D Voz off Escena Protagonista + Monte Ambiental Xoguetes Canon 14 Neno + Avós + + 550D Casa Música 14
  • 15. 5. Localizacións Quintela de Canedo Parque de Quintela de Canedo. A 3km de Ourense. Entrevista ao vecinos. Parque acondicionado con bancos. o o Quintela de Canedo, casa dos avós. A 3 km de Ourense 15
  • 16. Cociña, lugar da entrevista (casa dos avós, Quintela de Canedo). Este é o lugar onde quentan os pés os avós, comen e falan do cotío 16
  • 17. Patio da casa, lugar da entrevista (casa dos avós, Quintela). 17
  • 18. O monte do Formigueiro: camiños, fendas, covas… Non teñen que ser na propia zona, as covas ou fendas pode ser mellor buscalas fora debido a problemas de espacio nas da propia zona no momento da rodaxe. Fotos do monte O Formiguieiro Vistas dende o monte O Formigueiro. Ourense 18
  • 19. Formigueiro Mapa monte O Formigueiro. A 3-4 km de Ourense centro Escudeiros (Ramirás). A cova Entrada mina de San Francisco, Escudeiros (Ramirás) A 40 km de Ourense 19
  • 20. Covas de San Bibián - Dirección: Vilanova dos Infantes, Celanova (Ourense). - Responsable: concello de Celanova - Facilidades de acceso: Bo acceso - Servicios: conta cun Baño sen ducha e lugar para que os actores se podan cambiar tranquilamente. - Consta de 15 metros de profundidade e de 3 metros nas partes máis altas 2 metros case 3 nas partes máis baixas. 20
  • 21. 6. Ficha artística Voz en off: A voz do protagonista. Eu, o autor de este proxecto audiovisual, Borja Carreiro, que vai contando as vivencias do pasado mentres se avanza na búsqueda do tesouro; pero non sempre, haberá momentos de suspense ou mesmo en que non ocorra nada interesante, é dicir, só “silencio” mentres este explora o monte. Protagonistas principais: persoas cercanas a historia: xente do pobo, persoas maiores, avós, historiadores… A ficha de voces é: o Borja Carreiro. É o conductor da historia, o protagonista. Regresa ao que era a súa casa en busca dos recordos, da infancia, de aquilo que perdeu una vez. o Avoa: voz principal, o seu nome: Mercedes Losada Pérez 21
  • 22. o Avó: voz principal, o seu nome: Manuel González Pulido o Veciños de Quintela de Canedo o 22
  • 23. o Marcial Gondar Portasany as.gondar@usc.es 981563100 (extensión 12524) É o historiador Datos de vida: Nado en Pontevedra en 1948, é un antropólogo galego. Traxectoria: Catedrático de Antropoloxía Social na Universidade de Santiago, é membro da Sección de Etnografía do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e mais do Patronato do Museo do Pobo Galego. Comezou publicando traballos sobre o proceso de transformación da sociedade campesiña galega como ¿Fracaso del corporativismo agrícola en Galicia? Aportaciones para una teoría del cambio social (Valencia, 1977). Posteriormente dedicouse ao estudo da morte na cultura galega. Actualmente investiga en problemas de antropoloxía urbana e comunicación e marketing. Obra en galego Ensaio A morte, 1987. Romeiros do alén, 1989 Mulleres de mortos, 1991. Crítica da razón galega: entre o nós-mesmos e o nós- outros, 1993. ¿Qué é a antropoloxia aplicada?, 2004. ¿Fracaso del corporativismo agrícola en Galicia?, 1977. Antropología y racionalidad, 1980. 23
  • 24. Obras colectivas Alimentación e cultura, 1993, Loas (Vigo). Obras colectivas Espiritados: ensaios de etnosiquiatría galega (con Emilio González Fernández), 1992, Laiovento. Entrevista: http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=12129 Ladeira do monte O Formigueiro 24
  • 25. 7. Ficha técnica Productor executivo: Borja Carreiro Director de produción: Manuel Gómez Xefe de produción: César Amorín 1º Axudante de produción: Mario Fernández Director: Borja Carreiro Director de fotografía: Bieito Atanes 2º operador de cámara: Borja Carreiro Guionista: Borja Carreiro Compositor música: Rubén Varela Xefe de son: Manuel Gómez Script: Ánxela Dominguez Airabella Montador: Borja Carreiro Xefe eléctricos: César Amorín 25
  • 26. 8. Calendario e plan de rodaxe A duración das entrevistas sería aproximadamente a seguinte: o Avós: 2 días o Veciños: 1 día o Familia: 1 día o Historiador: 1 día A duración das escenas no monte: 2 días A duración da escena na cova: 1 ou 2 días XULIO 2012 LUNS MARTE MÉRCO XOVES VENR SÁBA DOMI S RES ES DO NGO 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 DÍA 1 DÍA 2 DÍA 3 DÍA 4 DÍA 5 Entrevista Entrevista Entrevista Escenas no Escena avós + avós + historiador monte na cova familia + familia + + Escenas veciños veciños no monte 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 26
  • 27. Plan de rodaxe DÍA DE DATA Nº MATERIAL RODAX DE ESCENA LOCALIZACIÓN TÉCNICO E RODAXE DÍA 1 5 xulio 1,2,4,8 Quintela de Cámara + Canedo son DÍA 2 6 xulio 10,12 Quintela de Cámara + Canedo son DÍA 3 7 xulio 3,5,6,7 Quintela de Cámara + Canedo son DÍA 4 8 xulio 9,11 Quintela de Cámara + Canedo son DÍA 5 9 xulio 13 Ramirás Cámara + son 27
  • 28. 9. Orzamento a. Catering - GADIS b. Alquiler equipo técnico: micrófonos, cámaras, iluminación… Rider técnico para rodaxe Equipo de cámara Cámara Canon 550d. Cantidad: 1 Soportes de cámara Trípode SACHTLER CINE 30 HD. Cantidad: 1 28
  • 29. Equipo de son SENNHEISER MKH 60. Cantidad: 1 + PÉRTIGA K-TEPÉRTIGA K-TEK (1.1-5.1m)K (1.1-5.1m). Cantidad: 1 Auriculares SENNHEISER HD 280 PRO. Cantidad: 1 29
  • 30. Iluminación SACHTLER R650 HS. Cantidad: 3 c. Materiales de limpeza propios para acondicionar a cova (propiedade do avó!). d. Desplazamento para a entrevista ao historiador/es e. Hotel par o equipo técnico TOTAL ORZAMENTO SEGÚN ICAA: 24.025€ 30
  • 31. 10. Financiamento PLAN DE FINANCIAMENTO DOCUMENTAL “Recordos do Formigueiro” Aportación Capitalización do traballo…………….11.659€ Concello de Ramirás………………………………...400€ Concello de Ourense………………………………...600€ Capital propio……………………………………….200€ TOTAL………………………………………………….......12.859€ Os ollos da experiencia… 31
  • 32. 11. Memoria: lendas de Galicia Video mouros, corte do documental “ O´Neixón: Historia viva dun castro " (Boiro, 2008). Breve aportación sobre os mouros. http://www.youtube.com/watch?v=_lSxykyUloA Lendas populares galegas: dous exemplos populares A trabe de ouro e a trabe de alcatrán Na parroquia de Vilariño, en terras do Pereiro de Aguiar, existe unha rede de pasadizos subterráneos que unen os restos do monte do castro coas ruínas dun castelo asolagado polas augas do Miño en tempos tan remotos que ninguén os lembra... Estes túneles están habitados por un 'mouro' ou trasno que acocha alí un tesouro inmenso, rico en pedras preciosas e xoias de ouro, que ten tentado a moitos a procura-la entrada ós pasadizos. Sen embargo, a "historia" advirte ás xentes da existencia de dúas trabes que sustentan todo o conxunto de túneles e cuxa disposición constitúe unha trampa para aqueles ousados que vaian na busca do tesouro. Nos arredores houbo un mozo que xa hai moito tempo tentou chegar ás riquezas que estas covas gardaban e quen contou ós veciños como conseguiu atopa-la entrada ós pasadizos. Despois de camiñar un anaco por eles atopou unha sala sustentada por unha gran trabe de ouro e outra escura, que segundo lle pareceu estaba feita de alcatrán. O enorme valor da trabe de ouro cegou o bo sentido do mozo, que axiña tentou tirala para fóra do seu lugar e levala consigo, sen decatarse de que cando comezou a tirar por ela accionou un resorte preparado polo 'mouro' que fixo que o lume prendese na veciña trabe de alcatrán. As lumaradas foron tais no interior da cova que o mozo só conseguiu saír dos pasadizos logo de arrastrarse polo chan, seguindo unha corda que levaba á cintura e que deixara atada fóra a un penedo. 32
  • 33. Pouco antes de que a trabe de alcatrán que sustentaba o teito dos pasadizos fose consumida polas chamas e a cova comezara a derrubarse, o mozo lograra saír para o exterior. Sen embargo, para el todo semellaba aínda o interior do máis escuro dos túneles, decatándose de que o lume da trabe de alcatrán que ardera tan próxima a el o deixara cego. Aínda que feitos como este disuadiron a moitos de procura-la a fortuna do tesouro, algúns dos máis maiores do lugar aínda confesan que de mozos pasaron días escavando e tentando atopa-la entrada ás covas do mouro. No mesmo sito do que conta esta lenda foron atopados restos dun castro e dunha importante inscrición que rezaba unha breve lenda : "sicenata pacata" , e que algúns teñen interpretado como conmemorativa da victoria romana do castro do Medulio, suxerindo algúns o seu emprazamento na zona. Vicente Risco, 1925 33
  • 34. O neno de ouro da Cova de Mera Na praia da Xunqueira ou Espiñeiro, en Mera, Oleitros (A Coruña) hai unha cova que hoxe ten pouco máis de dous metros de longo e da que só queda visible a entrada entre as rochas cando baixa a marea. Dise que antigamente os mouros circulaban por ela ata debaixo do Faro Pequeno, onde había outra entrada agora atoada polas pedras arrastradas polo mar. E aínda hai quen di que ten, ou tiña, outras entradas como a que hai debaixo do Xunqueiro. O caso é que os mouros carrexaban por esta cova os tesouros para embarcalos, e cando marcharon deixaron algún deles soterrados. Un deses tesouros, que seica está enterrrado en Aba, é un neno de ouro. Crenzas e supersticións Os mouros encantados Os mouros son os habitantes dos nosos monumentos máis antigos. Calquera construcción ou ruína de orixe descoñecida para os paisanos, é para eles " cousa de mouros " foi "feita polos mouros " é "dos tempos dos mouros". Os castros, as citanias, as antas e mámoas, as pedras escritas,as pedras miliarias , as pontes vellas etc. Son obra dos mouros. En moitísimos casos a xente di que os primeiros habitantes de Galicia foron mouros expulsados unhas veces por Santiago Apóstolo, e outras polo Emperador Carlomagno e Os Doce Pares de Francia . Hai casos nos que a xente di que os mouros fuxiron deixando as súas obras e os seus tesouros pero noutros casos din que os mouros aínda viven alí , por debaixo da terra ,unha vida especial , invisibles para nós a non ser que eles queiran ser vistos . A sorte de vida que levan os mouros debaixo da terra non está moi clara. Algunhas veces din que están "encantados "sen definir o estado de encantamento. Ao mesmo tempo viven neste mundo e teñen as mesmas necesidades que nós: precisan comida e bebida, andan vestidos; os que lograron ver as súas vivendas atoparon nelas camas, roupas , mesas ... Para coseguir isto moitas veces van ás feiras. 34
  • 35. Os mouros son donos de inmensas riquezas. Son os donos de case todos os tesouros de Galicia. En ocasións pagan con ouro os servicios que lles fan os cristiáns, mais este ouro ,ás veces , preséntase en forma de carbón : o carbón trocado en ouro dos contos e lendas . O que mantén relacións cos mouros, debe telo moi secreto e procurar que ninguén o saiba se non exponse a calquera desgracia, mesmo a perder a vista ou a vida. Polo que respecta á súa relixión non ten nada que ver coa doutrina mahometana: os nosos mouros comen carne de porco, beben viño, teñen ídolos... De todo isto dedúcese que os mouros da nosa mitoloxía teñen pouco que ver cos mouros históricos. Información sobre os mouros Lendas dos mouros Crese que a existencia de numerosas lendas atribuídas a mouros, do mesmo xeito que a atribución de construcións megalíticas aos mouros, procede da acepción antiga de mouro con "pagán". No caso das construcións megalíticas é claro que non se refere aos mouros invasores da Península, dada a falta de coexistencia histórica algunha entre tal invasión e os megálitos. Dinos Francisco Martins Sarmento: "Os nomes de mouro e pagán tornáronse sinónimos, e, como case sempre sucede no conflito de dous sinónimos, prevaleceu o vocábulo que tiña por si unha realidade obxectiva: o nome abstracto de pagán desaparece, o étnico de mouro fica, substituíndo aquel en todas as suas aplicacións, porén dos mais groseiros anacronismos". 35
  • 36. Mouro (mitoloxía) Os mouros eran un pobo de criaturas sobrenaturais de natureza feérica, presentes en mitos e relatos extendidos polo norte da Península Ibérica, e presentados como non bautizados e pagáns, que noutro tempo tamén eran coñecidos como xentís. Os varóns eran escuros e en ocasións deformes, e as mulleres eran fermosas feiticeiras rubias e de tez branca, aínda que nalgúns relatos populares asociánse coa aparencia de vellas bruxas e meigas. Casa dos mouros 36
  • 37. 12. Influencias: visuales, musicais, obras de referencia 1. REFERENCIAS VISUALES: Andrei Tarkovsky A súa estética, o seu trato da natureza, o seu estilo técnico… autor de referencia Andrei Tarkovsky 37
  • 38. David Lynch. A súa linguxe narrativa, combinada con transicións e música agobiantes, converten a este director en irrepetible. David Lynch 38
  • 39. Montxo Armendáriz. Películas como Tasio, onde o monte é o elemento fundamental. Os temas da infancia tamén son un punto forte. Montxo Armendáriz 39
  • 40. Giuseppe Tornatore. A súa película Cinema Paradiso, trata o tema da infancia coma ningunha outra. Giuseppe Tornatore 40
  • 41. 2. Referencias musicais: Ennio Morricone 41
  • 42. 13. Datos de contacto do productor executivo e currículo Teléfono: 661193123 E-mail: o_borja@hotmail.com 42
  • 43. 43
  • 44. 44
  • 45. 45
  • 46. O autor do proxecto, Borja Carreiro Ourense 2012 46
  • 47. 47