SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 5
Descargar para leer sin conexión
Profesora: Carmen Rodríguez Varela
Traballar o xénero xornalístico era un dos obxectos co meu curso de 1º da ESO e en especial a entrevista.
Previamente traballáronse na aula aspectos teóricos deste xénero xornalístico, tales como a estrutura e os mecanismos lingüísticos.
Dedicáronselle tres sesións da materia de lingua galega e literatura.
A finalidade desta entrevista foi dar coñecer como é o día a día dun bombeiro profesional, cales son as causas que o motivaron a
exercer esta profesión que entre outras actuacións ten a principal de apagar os lumes que nos asolan cando chega o calor.
ENTREVISTA A UN BOMBEIRO
UN HEROE AO SERVIZO DAS NOSAS VIDAS
Que fariamos se non tiveramos
uns servizos de emerxencia?
Por todos e todas, é coñecido
que os servizos de emerxencia
son fundamentais en calquera
sociedade: Policía, Garda Civil,
Protección Civil, Bombeiros,
Ambulancias...
Na entrevista de hoxe estamos
cunha persoal moi especial
para min, que se dedica a
axudar a todas aquelas persoas
que se ven en apuros.
Xoán Carlos Somoza Viturro naceu o 26 de marzo de 1975. Dende moi cativo sempre se encamiñou á
docencia, a ensinar, á música... sempre quería axudar aos demais e era algo que corría polo seu interior,
polas súas veas. Os seus inicios académicos parten do CEIP Santa Baia de Boiro, onde fixo a E.X.B, para logo
facer o bacharelato no IES Praia Barraña. No 1997 diplomouse como Mestre de Educación Primaria na
Universidade de Santiago. Combinou toda a súa vida coa música galega, onde exerceu como mestre de gaita
e percusión pola contorna do Barbanza. No seu afán de superación decidiu formarse nunha academia de
Bombeiros en Santiago de Compostela, opositando e obtendo unha praza en propiedade no 2003. Dende
aquela, sempre estivo en constante formación coordinando o seu traballo coa vida docente, ensinando en
academias de formación, dando cursos de emerxencia por diferentes zonas de España...
Actualmente ten 48 anos e segue traballando no Parque de Bombeiros de Santiago de Compostela, onde
combina o posto de Xefe de Dotación (Cabo), Xefe de Equipo (Sarxento) e de bombeiro. Leva traballando
nesta profesión dende hai uns vinte anos.
Para saber en que consiste o seu traballo no día a día, imos facerlle unha entrevista persoal para coñecer o
mundo que se somerxe neste servizo de emerxencias.
_ Bo día Carlos!
_ Bo día!!
_ Queremos coñecer un pouco en que consiste o teu labor como bombeiro, polo que quería facerche
unhas preguntas.
_ Pois a diante coa entrevista. Estou encantado de poder mostrarvos este traballo a todos vós.
_ Por que te decidiches por esta profesión tan perigosa?
_ Por circunstancias da vida e por buscar traballo, leváronme ata aquí. A miña formación universitaria
estaba encamiñada cara a docencia, pola cal estiven preparando unhas oposicións entre seis e sete meses,
pero como non se convocaban, un compañeiro e veciño, amigo meu da zona, comentoume que en Santiago
había unhas probas de bombeiro; díxome máis ou menos os horarios laborais que tiñan, canto traballaban,
canto descansaban... en fin, era un traballo estable, que é o que busca todo o mundo, coa categoría de
funcionario de carreira, podendo optar por outros camiños se querías ascender dentro deste corpo, se che
gusta.
_ Que probas tiveches que facer para acceder ao corpo de bombeiros?
_ Dependendo ao concello no que te presentes ás probas, porque parques profesionais só hai sete, neste
caso, dicirche que temos A Coruña, Lugo Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo e Ferrol, que son as sete
grandes cidades galegas de sempre que tiveron parques profesionais de bombeiros. Actualmente hai outros
parques pero son consorcios que naceron nun principio como parques privados xestionados por empresas
privadas, pero que ata hai pouco estanos convertendo, e así o vexo de mellor maneira, dependentes da
Deputación e da Xunta de Galiza. Nós, neste caso, somos funcionarios de carreira do Concello de Santiago
de Compostela.
As probas que fixen para acceder a bombeiro foron varias e dependendo de cada zona, como dixen antes,
varían, pero no meu caso creo recordar que había unha proba de natación de cincuenta metros en piscina
no estilo que quixeses, sempre ponderado nun tempo determinado. Tamén tiñamos unha carreira de
resistencia de mil metros; outra proba era unha carreira de velocidade de douscentos metros onde tiñas
que levar un saco de vinte quilos ao lombo e facela nos tempos adecuados; a seguinte proba era de salto de
lonxitude a un foso de area; tamén había outra na que se medía a forza do tren superior trepando por unha
corda de doce metros, aproximadamente.
Logo había outras probas máis específicas do traballo de bombeiro como a subida á autoescada do camión
despregada nun tempo, cortar un ferro cunha máquina de corte, padexar un metro cúbico de area
enchendo un caixón desa capacidade tamén nuns tempos determinados.
Unha vez pasadas as probas físicas, tamén temos unhas probas teóricas onde debemos saber moito de
carpintería, fontanería, electricidade, lexislación, rueiros de Santiago; para rematar cunha proba de tipo
psicolóxico, para comprobar se tes actitudes propias para desempeñar este traballo.
Outro requisito para poder optar a el, é que debes ter unha chea de carnés de conducir: coche, camión,
camión articulado... Ben pois estas foron as probas que tiven que facer aló polo 2003.
_ É difícil pasar as probas? Por exemplo, cantos anos tardaches para prepararte as probas físicas?
_ Unha vez que decides dar o paso de prepararte para bombeiro, como é o meu caso, aquí as probas
sempre son moi difíciles. Vaste presentar con moitas persoas que están fisicamente moi fortes, que fan moi
bos tempos e cada vez se superan eses tempos e ves que no paso dos anos nos que me presentei eu, a
xente que se presenta ás oposicións fai uns tempos moito mellores.
No meu caso, cando me preparei, estiven na academia onde empecei, e alí era onde che dicían que estabas
listo para poder enfrontarte ás oposicións nos distintos concellos. No meu caso estiven preparándome
durante ano e medio, dous anos, tanto fisicamente como no relativo ao temario teórico, porque temos
moito temario e é algo do que non se fala moito, xa que realmente só se fala do aspecto físico, do aspecto
máis forzudo, e en cambio do aspecto teórico, hai que controlar moito de tódolos temas: carpintería,
fontanería, electricidade, rescate en altura, incendios de todo tipo...somos aprendices de todo e mestres de
nada, como se di entre os bombeiros.
_ Cantos anos levas exercendo esta profesión?
_ Actualmente levo vinte anos exercendo esta profesión, e non só de bombeiro porque hai categorías
profesionais ás cales podes acceder opositando unha vez que xa es bombeiro, para ascender a xefe de
dotación (antigamente Cabo) ou xefe de equipo (antigamente Sarxento). No 2009 preparei outras
oposicións para xefe de dotación e dende aquela estou combinando entre xefe de dotación e xefe de equipo
porque algúns compañeiros xubilábanse e había que cubrir postos, tendo eu que exercer un pouco de todo.
_ Que características físicas esixen para presentarte ao corpo de bombeiros?
_ Realmente non se esixe ningún tipo de característica física determinada, é dicir, que poidas desenvolver
unha tarefa perigosa con tódalas garantías posibles. O requisito de ter unha forza determinada vaise valorar
nas probas da propia oposición. O único requisito que te esixen é que non podes presentarte ás oposicións
cunha idade na que só che falten dez anos para xubilarte.
_ É unha profesión maioritariamente masculina. Tes compañeiras bombeiras? Cres que hai discriminación
na profesión?
_ Efectivamente é unha profesión maioritariamente masculina e non teño ningunha compañeira bombeira.
No parque de Santiago non hai ningunha muller. Si sei que hai algunha muller noutros parques; en Coruña
había algunha, en Ourense tamén... As probas físicas son para ambos sexos iguais pero no caso das mulleres
danlle un dez por cento de mellora en comparación cos homes, polo tanto non considero que haxa moita
discriminación. Basicamente é un traballo físico e de equipo. Eu avogaría porque se presentaran máis
mulleres a esta profesión porque é unha profesión que ten moitos estereotipos xa que cando se fala deste
traballo sempre se pensa nos homes. As mulleres teñen moita cabida porque dentro deste corpo temos
bombeiros con maior ou menor forza e desempeñan o seu traballo satisfactoriamente. É obvio que as
condicións físicas deben ser as mellores pero esta profesión tense que realizar sempre en equipo.
_ É vostede bombeiro forestal ou urbano? Que diferenza hai entre un e outro?
_ Eu son bombeiro urbano en Santiago de Compostela. A diferenza entre bombeiro urbano e forestal é que
o forestal basicamente apaga os lumes que se producen na masa forestal, no monte. Nós como bombeiros
urbanos, atallamos todo tipo de situacións, non só apagando lumes senón que facemos rescates,
salvamentos... tanto de bens como de persoas ou de animais. Estamos en calquera tipo de situación onde
haxa risco ou colla risco a integridade das persoas, dos bens ou dos animais.
_ Que é o que máis che gusta de ser bombeiro? E o que menos?
_ O que menos me gusta desta profesión é que me saian mal as cousas. Son xefe de dotación e cando algo
non sae como debe, é algo que non gusta. Obviamente somos un servizo vulnerable porque vemos
situacións moi comprometidas, situacións de vida ou morte, e intentámolo facer da mellor maneira posible
pero ás veces as cousas non saen. Dentro das propias desgrazas hai que ter sorte.
O que máis me gusta de ser bombeiro é cando fas unha intervención na que axudas ás persoas e ver as
caras de agradecemento cando lle resolves un problema; é o mellor agasallo que podemos ter diariamente
nas intervencións dos bombeiros.
_ Tes algún heroe que che inspirase nesta profesión? Se é así, cal? E por que?
_ Non, non tiven ningún heroe que me inspirase para ter este traballo. Os meus heroes son os veciños e as
veciñas. Considero que non somos heroes, somos bombeiros cun único fin, que é axudar ás persoas que o
precisan.
_ Consideras que as condicións laborais son boas: horario, soldo, vacacións...?
_ Nos temos un convenio e estamos rexidos polo Estatuto Básico do Empregado Público e aí está todo moi
regulado, e como funcionarios de carreira temos moi ben estipuladas as nosas condicións laborais: horarios,
vacacións... Nós somos servizos especiais e o noso horario consta de cinco quendas de traballo, os 365 días
do ano; da igual que sexan vacacións, semana santa, nadal, fin de ano... cando toca dentro da miña quenda,
teño que estar.
Nos horarios, eu entro ás dez da noite e saio ao día seguinte ás dez da noite. Fago unha quenda
ininterrompida de vinte e catro horas.
As vacacións son as que temos estipuladas dentro do convenio como ten todo o mundo, un mes ao ano. En
canto ao soldo, ninguén está conforme co que lle pagan, pero algunhas veces cres que non gañas nada
porque nalgunhas intervencións, cando te tes que enfrontar a un lume ou meterte nun aparcadoiro onde
hai coches ardendo..., pois non hai cartos que o paguen; algunha vez téñome visto en situacións moi
arriscadas e complicadas, pero é o que escollín e o que teño que defender.
_ Cantos incendios levas apagados no que vai de ano?
_ Non che podería dicir exactamente o número de incendios apagados no que vai de ano, pero uns cantos
si. Sobre todo hai algo común en todos eles, na súa maioría: unha regreta de enchufes sobrecargada, unha
lavadora... son descoidos nas casas das familias. Temos que ter moito coidado cando facemos a comida,
cando deixamos a pota ao lume e marchamos da casa, cando as campás de extracción non se limpan ben
das graxas que recollen de cociñar, coa temperatura alta ou cun chispazo, acaban ardendo. Por moito que os
electrodomésticos teñan sistema de seguranza ou temporizadores, nunca debemos deixar nada ao lume
porque poden fallar. Débese incidir na propia prevención.
_ Que se sente cando estás no medio dun incendio?
_ Un séntese moi amolado xa que aínda que temos un equipo de respiración autónomo, temos unha botella
con aire comprimido cunha máscara, aínda que, todo o mundo pensa que é como mergullarse no mar e
estar fresquiño, pero non. Aquí méteste nun ambiente no que non sabes onde está nin o norte nin o sur, nin
arriba nin abaixo, xa que non coñeces as casas, non coñeces onde están as habitacións, os ocos ou furados
nos que poidas caer... Cando me meto nun incendio cos compañeiros imos totalmente a cegas. Levamos
unha cámara térmica que nos detecta os puntos de calor pero aínda así non podemos ver os distintos
cuartos e moitas veces temos que ir ás apalpadas, non sabemos o que nos podemos atopar, a parte da
incerteza que ten de non saber se subes ou baixas, se vas cara adiante ou cara atrás, así pódeste perder
porque levas unha adulación de aire comprimido, que ven sendo uns trinta e cinco minutos nun traballo
moderado, pero que pode ser menor se se require máis esforzo porque se precisa de máis osíxeno... Así o
equipo de respiración acábase antes e tes que saír porque como sabedes, o fume non se pode respirar.
Outro situación complicada dáse cando fai moita calor, xa que hai un efecto denominado estrés térmico.
Nós imos cun traxe de protección que nos protexe da calor pero ao mesmo tempo dános moita calor, pero
ese estrés térmico que temos ante un lume é moi abafante. Queres saír o antes posible pero temos que
entrar cos compañeiros, coller unha mangueira e apagar ese lume. É unha situación de estrés e de abafo
porque, como xa che dixen, vas co aire limitado, non ves por onde vas, a calor é esaxerada... son moitos
factores que requiren de temperanza, organización e traballo en equipo.
_ Cal foi a experiencia máis traumática que viviches na túa profesión?
_ Houbo moitas experiencias traumáticas ao longo da miña carreira profesional, pero por dicirche algunha,
as peores son os accidentes de tráfico, xa que temos que excarcerar ás persoas que están atrapadas entre
os ferros dos coches. Recordo un caso onde tiven que quitar unha familia enteira do interior do seu coche,
porque viña un de festa co coche ás cinco da mañá, non controlaba e... en fin. Faleceron tres membros da
familia e o cuarto quedou moi mal con varias secuelas importantes. Outra destas experiencias que teño moi
presente foi a dunha rapaza que foi golpeada por un camión. Aparentemente non tiña ningunha ferida, pero
que ao parecer debeu de darse un golpe co marco do vehículo na cabeza e faleceu con tan so vinte dous
anos, e cunha vida por diante para desfrutar.
_ A máis cómica?
_ Si lémbrome dalgunha. Isto aconteceu no Parlamento, na rúa do hórreo. O 112 alertounos á central de
emerxencias de que nun edificio de cinco andares de altura, había unha terraza cun parasol, que estaba
voando dun lado cara outro, e había perigo de se podía caer á rúa e que danase a alguén ou a algún
vehículo. Para poder acceder a esta vivenda tivemos que estender o brazo articulado de corenta e dous
metros polo exterior da fachada. Subimos dous compañeiros no brazo ata que chegamos ao piso. Alí
localizamos o parasol que había que asegurar, pero nesas aparece un home noutra terraza lendo a prensa,
pero o home estaba completamente espido, e claro, non se estaba dando de conta de que había dous
bombeiros nun brazo articulado, polo que empecei tusir para que se decatase da nosa presenza, xa que tiña
o xornal na cara e non vía que estabamos alí. Tan pronto como me escoitou, baixou o xornal, tapouse e
meteuse dentro da vivenda. Foi unha situación bastante cómica.
_ Algunha outra anécdota que queiras contar?
_ Outras anécdotas? O típico dos bombeiros, os clixés de “que ven o bombeiro coa mangueira...” nos pisos
de estudantes, o traxe de bombeiro, sempre con esas connotacións “sexuais”, digamos. Dá moita risa
nalgunhas situacións.
_ Cales son as causas dos incendios forestais e dos incendios en xeral?
_ Non hai unha soa causa ou única causa. Basicamente son multicausais. Nos incendios forestais o caso máis
remoto é que un cristal faga un efecto lupa e se prenda lume, pero é moi difícil. As causas máis xerais son os
pirómanos, neglixencias, descoidos. Isto dáse nos incendios forestais e nos incendios en xeral. Debemos
incidir na propia prevención. Nos incendios forestais, se hai políticas preventivas anuais, políticas selvícolas
que melloren ou que eviten a propagación do lume como o mantemento con cortes e rozas de maleza ou de
árbores anuais, que haxa puntos de auga preto, que haxa zonas con cortalumes...iso é prevención.
Nas casas tamén temos que incidir na prevención como xa expliquei nalgunha pregunta anterior, e é
importante que se se produce un incendio nun edificio ou nunha casa, sempre deberiamos pechar as portas
e ventás, pero non pechalas coa chave; simplemente cerrando as portas estamos facendo que entre menos
osíxeno, polo que o lume non avanzará tan rápido. De seguido chamaremos ao 112.
Se te ves atrapado nunha casa, no teu piso...debes irte a unha zona afastada; é mellor quedarte nunha zona
da casa, por exemplo, dentro do cuarto de baño, cerrando a porta, tapando a porta por debaixo con toallas
molladas para que o fume non entre, xa que é a causa máis habitual de mortalidade nos incendios por
intoxicación.
_ Con que recursos materiais contades?
_ Temos moitos tipos de recursos e atallamos todo tipo de intervencións, rescates de animais, de persoas,
salvamento, extinción de incendios... Contamos con distintos vehículos enfocados para un tipo de
intervención determinada, por exemplo, un tren de saída composto por tres vehículos: cando nos alertan do
centro de atención de emerxencias do 112 de que hai un incendio en tal rúa, en tal edificio, xa temos
protocolizado saír con tres vehículos, dos cales un é primeira saída, un vehículo autobomba, que leva
arredor dos 3200 litros de auga, con todo o material necesario para proxectar esa auga; tamén imos cun
vehículo de altura, un vehículo de autoescada, por se temos que rescatar a persoas que están nun edificio
ou nun balcón; e tamén levamos por diante de todo un vehículo lixeiro que vai abrindo o paso e indicando
aos que van circulando pola estrada de que deben apartarse para deixar paso aos nosos vehículos de
emerxencia e chegar o antes posible ao punto da intervención.
_ Canta auga se necesita para apagar un incendio?
_ Todo depende do incendio. Nas intervencións e nas emerxencias o tempo é fundamental. Temos apagado
incendios en palleiras, na zona máis rural de Santiago; se chegas cinco ou seis minutos tarde a diferenza é
substancial. Se falamos dun conato de incendio, cando está no seu inicio, pode apagarse con pouca auga,
pero se o incendio está moi avanzado, xa hai moita temperatura térmica e xa é moito máis difícil apagalo,
polo que precisaremos maior cantidade de auga con presión abundante.
_ Que opinas dos pirómanos?
_ Penso que é unha enfermidade coma outra calquera. Hai xente que precisa ser tratada e apoiada nos
centros médicos porque teñen un problema. Os pirómanos vense atraídos polo lume e necesitan verse
rodeados del, de aí que prendan lume por onde sexa.
A súa solución é que acudan aos centros médicos onde serán derivados aos departamentos de psicoloxía.
_ Fuches algunha vez de voluntario a algunha zona onde se producira unha catástrofe coma por exemplo
a de Turquía?
_ Non pola sinxela razón de que non podemos deixar descuberto Santiago para mandar xente a outras
zonas cando aquí non temos cubertas as nosas necesidades básicas no tocante ao persoal, aos traballadores
e para as intervencións que se nos presentan diariamente. Algunha vez teño feito cousas de xeito voluntario
cando foi no incendio de Chicolino, aquí en Boiro; estaba na casa e fun botar unha man. Tiña un traxe de
bombeiro na casa e colaborei na extinción dese lume, pero non é nada comparado como o que pasou en
Turquía, ou a efectos de tsunami, terremotos.... Algún compañeiro ten ido pero requírese dunha
infraestrutura e duns procedementos, duns protocolos, que aquí, en Santiago non temos instaurados como
pouca xente na reposición de taxas, pois estamos baixo mínimos. Temos que estar nove persoas de garda
diarios e estamos moi xustos repartidos en 5 quendas, por iso nunca fun de voluntario, pero gustaríame
moito ir, xa que é algo innato na condición propia deste traballo, o voluntariado e a axuda a outras persoas.
_ Carlos, moitas grazas polo teu tempo e por responderme a todas estas preguntas.
_ Foi todo un pracer Mencía!!

Más contenido relacionado

Destacado

Everything You Need To Know About ChatGPT
Everything You Need To Know About ChatGPTEverything You Need To Know About ChatGPT
Everything You Need To Know About ChatGPTExpeed Software
 
Product Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
Product Design Trends in 2024 | Teenage EngineeringsProduct Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
Product Design Trends in 2024 | Teenage EngineeringsPixeldarts
 
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental HealthHow Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental HealthThinkNow
 
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdfAI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdfmarketingartwork
 
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024Neil Kimberley
 
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)contently
 
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024Albert Qian
 
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie InsightsSocial Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie InsightsKurio // The Social Media Age(ncy)
 
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024Search Engine Journal
 
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summarySpeakerHub
 
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd Clark Boyd
 
Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next Tessa Mero
 
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search IntentGoogle's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search IntentLily Ray
 
Time Management & Productivity - Best Practices
Time Management & Productivity -  Best PracticesTime Management & Productivity -  Best Practices
Time Management & Productivity - Best PracticesVit Horky
 
The six step guide to practical project management
The six step guide to practical project managementThe six step guide to practical project management
The six step guide to practical project managementMindGenius
 
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...RachelPearson36
 
Unlocking the Power of ChatGPT and AI in Testing - A Real-World Look, present...
Unlocking the Power of ChatGPT and AI in Testing - A Real-World Look, present...Unlocking the Power of ChatGPT and AI in Testing - A Real-World Look, present...
Unlocking the Power of ChatGPT and AI in Testing - A Real-World Look, present...Applitools
 

Destacado (20)

Everything You Need To Know About ChatGPT
Everything You Need To Know About ChatGPTEverything You Need To Know About ChatGPT
Everything You Need To Know About ChatGPT
 
Product Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
Product Design Trends in 2024 | Teenage EngineeringsProduct Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
Product Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
 
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental HealthHow Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
 
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdfAI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
 
Skeleton Culture Code
Skeleton Culture CodeSkeleton Culture Code
Skeleton Culture Code
 
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
 
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
 
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
 
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie InsightsSocial Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
 
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
 
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
 
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
 
Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next
 
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search IntentGoogle's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
 
How to have difficult conversations
How to have difficult conversations How to have difficult conversations
How to have difficult conversations
 
Introduction to Data Science
Introduction to Data ScienceIntroduction to Data Science
Introduction to Data Science
 
Time Management & Productivity - Best Practices
Time Management & Productivity -  Best PracticesTime Management & Productivity -  Best Practices
Time Management & Productivity - Best Practices
 
The six step guide to practical project management
The six step guide to practical project managementThe six step guide to practical project management
The six step guide to practical project management
 
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
 
Unlocking the Power of ChatGPT and AI in Testing - A Real-World Look, present...
Unlocking the Power of ChatGPT and AI in Testing - A Real-World Look, present...Unlocking the Power of ChatGPT and AI in Testing - A Real-World Look, present...
Unlocking the Power of ChatGPT and AI in Testing - A Real-World Look, present...
 

ENTREVISTA A UN BOMBEIRO (2).docx.pdf

  • 1. Profesora: Carmen Rodríguez Varela Traballar o xénero xornalístico era un dos obxectos co meu curso de 1º da ESO e en especial a entrevista. Previamente traballáronse na aula aspectos teóricos deste xénero xornalístico, tales como a estrutura e os mecanismos lingüísticos. Dedicáronselle tres sesións da materia de lingua galega e literatura. A finalidade desta entrevista foi dar coñecer como é o día a día dun bombeiro profesional, cales son as causas que o motivaron a exercer esta profesión que entre outras actuacións ten a principal de apagar os lumes que nos asolan cando chega o calor. ENTREVISTA A UN BOMBEIRO UN HEROE AO SERVIZO DAS NOSAS VIDAS Que fariamos se non tiveramos uns servizos de emerxencia? Por todos e todas, é coñecido que os servizos de emerxencia son fundamentais en calquera sociedade: Policía, Garda Civil, Protección Civil, Bombeiros, Ambulancias... Na entrevista de hoxe estamos cunha persoal moi especial para min, que se dedica a axudar a todas aquelas persoas que se ven en apuros. Xoán Carlos Somoza Viturro naceu o 26 de marzo de 1975. Dende moi cativo sempre se encamiñou á docencia, a ensinar, á música... sempre quería axudar aos demais e era algo que corría polo seu interior, polas súas veas. Os seus inicios académicos parten do CEIP Santa Baia de Boiro, onde fixo a E.X.B, para logo facer o bacharelato no IES Praia Barraña. No 1997 diplomouse como Mestre de Educación Primaria na Universidade de Santiago. Combinou toda a súa vida coa música galega, onde exerceu como mestre de gaita e percusión pola contorna do Barbanza. No seu afán de superación decidiu formarse nunha academia de Bombeiros en Santiago de Compostela, opositando e obtendo unha praza en propiedade no 2003. Dende aquela, sempre estivo en constante formación coordinando o seu traballo coa vida docente, ensinando en academias de formación, dando cursos de emerxencia por diferentes zonas de España... Actualmente ten 48 anos e segue traballando no Parque de Bombeiros de Santiago de Compostela, onde combina o posto de Xefe de Dotación (Cabo), Xefe de Equipo (Sarxento) e de bombeiro. Leva traballando nesta profesión dende hai uns vinte anos. Para saber en que consiste o seu traballo no día a día, imos facerlle unha entrevista persoal para coñecer o mundo que se somerxe neste servizo de emerxencias. _ Bo día Carlos! _ Bo día!! _ Queremos coñecer un pouco en que consiste o teu labor como bombeiro, polo que quería facerche unhas preguntas. _ Pois a diante coa entrevista. Estou encantado de poder mostrarvos este traballo a todos vós. _ Por que te decidiches por esta profesión tan perigosa? _ Por circunstancias da vida e por buscar traballo, leváronme ata aquí. A miña formación universitaria estaba encamiñada cara a docencia, pola cal estiven preparando unhas oposicións entre seis e sete meses, pero como non se convocaban, un compañeiro e veciño, amigo meu da zona, comentoume que en Santiago había unhas probas de bombeiro; díxome máis ou menos os horarios laborais que tiñan, canto traballaban,
  • 2. canto descansaban... en fin, era un traballo estable, que é o que busca todo o mundo, coa categoría de funcionario de carreira, podendo optar por outros camiños se querías ascender dentro deste corpo, se che gusta. _ Que probas tiveches que facer para acceder ao corpo de bombeiros? _ Dependendo ao concello no que te presentes ás probas, porque parques profesionais só hai sete, neste caso, dicirche que temos A Coruña, Lugo Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo e Ferrol, que son as sete grandes cidades galegas de sempre que tiveron parques profesionais de bombeiros. Actualmente hai outros parques pero son consorcios que naceron nun principio como parques privados xestionados por empresas privadas, pero que ata hai pouco estanos convertendo, e así o vexo de mellor maneira, dependentes da Deputación e da Xunta de Galiza. Nós, neste caso, somos funcionarios de carreira do Concello de Santiago de Compostela. As probas que fixen para acceder a bombeiro foron varias e dependendo de cada zona, como dixen antes, varían, pero no meu caso creo recordar que había unha proba de natación de cincuenta metros en piscina no estilo que quixeses, sempre ponderado nun tempo determinado. Tamén tiñamos unha carreira de resistencia de mil metros; outra proba era unha carreira de velocidade de douscentos metros onde tiñas que levar un saco de vinte quilos ao lombo e facela nos tempos adecuados; a seguinte proba era de salto de lonxitude a un foso de area; tamén había outra na que se medía a forza do tren superior trepando por unha corda de doce metros, aproximadamente. Logo había outras probas máis específicas do traballo de bombeiro como a subida á autoescada do camión despregada nun tempo, cortar un ferro cunha máquina de corte, padexar un metro cúbico de area enchendo un caixón desa capacidade tamén nuns tempos determinados. Unha vez pasadas as probas físicas, tamén temos unhas probas teóricas onde debemos saber moito de carpintería, fontanería, electricidade, lexislación, rueiros de Santiago; para rematar cunha proba de tipo psicolóxico, para comprobar se tes actitudes propias para desempeñar este traballo. Outro requisito para poder optar a el, é que debes ter unha chea de carnés de conducir: coche, camión, camión articulado... Ben pois estas foron as probas que tiven que facer aló polo 2003. _ É difícil pasar as probas? Por exemplo, cantos anos tardaches para prepararte as probas físicas? _ Unha vez que decides dar o paso de prepararte para bombeiro, como é o meu caso, aquí as probas sempre son moi difíciles. Vaste presentar con moitas persoas que están fisicamente moi fortes, que fan moi bos tempos e cada vez se superan eses tempos e ves que no paso dos anos nos que me presentei eu, a xente que se presenta ás oposicións fai uns tempos moito mellores. No meu caso, cando me preparei, estiven na academia onde empecei, e alí era onde che dicían que estabas listo para poder enfrontarte ás oposicións nos distintos concellos. No meu caso estiven preparándome durante ano e medio, dous anos, tanto fisicamente como no relativo ao temario teórico, porque temos moito temario e é algo do que non se fala moito, xa que realmente só se fala do aspecto físico, do aspecto máis forzudo, e en cambio do aspecto teórico, hai que controlar moito de tódolos temas: carpintería, fontanería, electricidade, rescate en altura, incendios de todo tipo...somos aprendices de todo e mestres de nada, como se di entre os bombeiros. _ Cantos anos levas exercendo esta profesión? _ Actualmente levo vinte anos exercendo esta profesión, e non só de bombeiro porque hai categorías profesionais ás cales podes acceder opositando unha vez que xa es bombeiro, para ascender a xefe de dotación (antigamente Cabo) ou xefe de equipo (antigamente Sarxento). No 2009 preparei outras oposicións para xefe de dotación e dende aquela estou combinando entre xefe de dotación e xefe de equipo porque algúns compañeiros xubilábanse e había que cubrir postos, tendo eu que exercer un pouco de todo. _ Que características físicas esixen para presentarte ao corpo de bombeiros? _ Realmente non se esixe ningún tipo de característica física determinada, é dicir, que poidas desenvolver unha tarefa perigosa con tódalas garantías posibles. O requisito de ter unha forza determinada vaise valorar nas probas da propia oposición. O único requisito que te esixen é que non podes presentarte ás oposicións cunha idade na que só che falten dez anos para xubilarte. _ É unha profesión maioritariamente masculina. Tes compañeiras bombeiras? Cres que hai discriminación na profesión? _ Efectivamente é unha profesión maioritariamente masculina e non teño ningunha compañeira bombeira. No parque de Santiago non hai ningunha muller. Si sei que hai algunha muller noutros parques; en Coruña
  • 3. había algunha, en Ourense tamén... As probas físicas son para ambos sexos iguais pero no caso das mulleres danlle un dez por cento de mellora en comparación cos homes, polo tanto non considero que haxa moita discriminación. Basicamente é un traballo físico e de equipo. Eu avogaría porque se presentaran máis mulleres a esta profesión porque é unha profesión que ten moitos estereotipos xa que cando se fala deste traballo sempre se pensa nos homes. As mulleres teñen moita cabida porque dentro deste corpo temos bombeiros con maior ou menor forza e desempeñan o seu traballo satisfactoriamente. É obvio que as condicións físicas deben ser as mellores pero esta profesión tense que realizar sempre en equipo. _ É vostede bombeiro forestal ou urbano? Que diferenza hai entre un e outro? _ Eu son bombeiro urbano en Santiago de Compostela. A diferenza entre bombeiro urbano e forestal é que o forestal basicamente apaga os lumes que se producen na masa forestal, no monte. Nós como bombeiros urbanos, atallamos todo tipo de situacións, non só apagando lumes senón que facemos rescates, salvamentos... tanto de bens como de persoas ou de animais. Estamos en calquera tipo de situación onde haxa risco ou colla risco a integridade das persoas, dos bens ou dos animais. _ Que é o que máis che gusta de ser bombeiro? E o que menos? _ O que menos me gusta desta profesión é que me saian mal as cousas. Son xefe de dotación e cando algo non sae como debe, é algo que non gusta. Obviamente somos un servizo vulnerable porque vemos situacións moi comprometidas, situacións de vida ou morte, e intentámolo facer da mellor maneira posible pero ás veces as cousas non saen. Dentro das propias desgrazas hai que ter sorte. O que máis me gusta de ser bombeiro é cando fas unha intervención na que axudas ás persoas e ver as caras de agradecemento cando lle resolves un problema; é o mellor agasallo que podemos ter diariamente nas intervencións dos bombeiros. _ Tes algún heroe que che inspirase nesta profesión? Se é así, cal? E por que? _ Non, non tiven ningún heroe que me inspirase para ter este traballo. Os meus heroes son os veciños e as veciñas. Considero que non somos heroes, somos bombeiros cun único fin, que é axudar ás persoas que o precisan. _ Consideras que as condicións laborais son boas: horario, soldo, vacacións...? _ Nos temos un convenio e estamos rexidos polo Estatuto Básico do Empregado Público e aí está todo moi regulado, e como funcionarios de carreira temos moi ben estipuladas as nosas condicións laborais: horarios, vacacións... Nós somos servizos especiais e o noso horario consta de cinco quendas de traballo, os 365 días do ano; da igual que sexan vacacións, semana santa, nadal, fin de ano... cando toca dentro da miña quenda, teño que estar. Nos horarios, eu entro ás dez da noite e saio ao día seguinte ás dez da noite. Fago unha quenda ininterrompida de vinte e catro horas. As vacacións son as que temos estipuladas dentro do convenio como ten todo o mundo, un mes ao ano. En canto ao soldo, ninguén está conforme co que lle pagan, pero algunhas veces cres que non gañas nada porque nalgunhas intervencións, cando te tes que enfrontar a un lume ou meterte nun aparcadoiro onde hai coches ardendo..., pois non hai cartos que o paguen; algunha vez téñome visto en situacións moi arriscadas e complicadas, pero é o que escollín e o que teño que defender. _ Cantos incendios levas apagados no que vai de ano? _ Non che podería dicir exactamente o número de incendios apagados no que vai de ano, pero uns cantos si. Sobre todo hai algo común en todos eles, na súa maioría: unha regreta de enchufes sobrecargada, unha lavadora... son descoidos nas casas das familias. Temos que ter moito coidado cando facemos a comida, cando deixamos a pota ao lume e marchamos da casa, cando as campás de extracción non se limpan ben das graxas que recollen de cociñar, coa temperatura alta ou cun chispazo, acaban ardendo. Por moito que os electrodomésticos teñan sistema de seguranza ou temporizadores, nunca debemos deixar nada ao lume porque poden fallar. Débese incidir na propia prevención. _ Que se sente cando estás no medio dun incendio? _ Un séntese moi amolado xa que aínda que temos un equipo de respiración autónomo, temos unha botella con aire comprimido cunha máscara, aínda que, todo o mundo pensa que é como mergullarse no mar e estar fresquiño, pero non. Aquí méteste nun ambiente no que non sabes onde está nin o norte nin o sur, nin arriba nin abaixo, xa que non coñeces as casas, non coñeces onde están as habitacións, os ocos ou furados nos que poidas caer... Cando me meto nun incendio cos compañeiros imos totalmente a cegas. Levamos unha cámara térmica que nos detecta os puntos de calor pero aínda así non podemos ver os distintos
  • 4. cuartos e moitas veces temos que ir ás apalpadas, non sabemos o que nos podemos atopar, a parte da incerteza que ten de non saber se subes ou baixas, se vas cara adiante ou cara atrás, así pódeste perder porque levas unha adulación de aire comprimido, que ven sendo uns trinta e cinco minutos nun traballo moderado, pero que pode ser menor se se require máis esforzo porque se precisa de máis osíxeno... Así o equipo de respiración acábase antes e tes que saír porque como sabedes, o fume non se pode respirar. Outro situación complicada dáse cando fai moita calor, xa que hai un efecto denominado estrés térmico. Nós imos cun traxe de protección que nos protexe da calor pero ao mesmo tempo dános moita calor, pero ese estrés térmico que temos ante un lume é moi abafante. Queres saír o antes posible pero temos que entrar cos compañeiros, coller unha mangueira e apagar ese lume. É unha situación de estrés e de abafo porque, como xa che dixen, vas co aire limitado, non ves por onde vas, a calor é esaxerada... son moitos factores que requiren de temperanza, organización e traballo en equipo. _ Cal foi a experiencia máis traumática que viviches na túa profesión? _ Houbo moitas experiencias traumáticas ao longo da miña carreira profesional, pero por dicirche algunha, as peores son os accidentes de tráfico, xa que temos que excarcerar ás persoas que están atrapadas entre os ferros dos coches. Recordo un caso onde tiven que quitar unha familia enteira do interior do seu coche, porque viña un de festa co coche ás cinco da mañá, non controlaba e... en fin. Faleceron tres membros da familia e o cuarto quedou moi mal con varias secuelas importantes. Outra destas experiencias que teño moi presente foi a dunha rapaza que foi golpeada por un camión. Aparentemente non tiña ningunha ferida, pero que ao parecer debeu de darse un golpe co marco do vehículo na cabeza e faleceu con tan so vinte dous anos, e cunha vida por diante para desfrutar. _ A máis cómica? _ Si lémbrome dalgunha. Isto aconteceu no Parlamento, na rúa do hórreo. O 112 alertounos á central de emerxencias de que nun edificio de cinco andares de altura, había unha terraza cun parasol, que estaba voando dun lado cara outro, e había perigo de se podía caer á rúa e que danase a alguén ou a algún vehículo. Para poder acceder a esta vivenda tivemos que estender o brazo articulado de corenta e dous metros polo exterior da fachada. Subimos dous compañeiros no brazo ata que chegamos ao piso. Alí localizamos o parasol que había que asegurar, pero nesas aparece un home noutra terraza lendo a prensa, pero o home estaba completamente espido, e claro, non se estaba dando de conta de que había dous bombeiros nun brazo articulado, polo que empecei tusir para que se decatase da nosa presenza, xa que tiña o xornal na cara e non vía que estabamos alí. Tan pronto como me escoitou, baixou o xornal, tapouse e meteuse dentro da vivenda. Foi unha situación bastante cómica. _ Algunha outra anécdota que queiras contar? _ Outras anécdotas? O típico dos bombeiros, os clixés de “que ven o bombeiro coa mangueira...” nos pisos de estudantes, o traxe de bombeiro, sempre con esas connotacións “sexuais”, digamos. Dá moita risa nalgunhas situacións. _ Cales son as causas dos incendios forestais e dos incendios en xeral? _ Non hai unha soa causa ou única causa. Basicamente son multicausais. Nos incendios forestais o caso máis remoto é que un cristal faga un efecto lupa e se prenda lume, pero é moi difícil. As causas máis xerais son os pirómanos, neglixencias, descoidos. Isto dáse nos incendios forestais e nos incendios en xeral. Debemos incidir na propia prevención. Nos incendios forestais, se hai políticas preventivas anuais, políticas selvícolas que melloren ou que eviten a propagación do lume como o mantemento con cortes e rozas de maleza ou de árbores anuais, que haxa puntos de auga preto, que haxa zonas con cortalumes...iso é prevención. Nas casas tamén temos que incidir na prevención como xa expliquei nalgunha pregunta anterior, e é importante que se se produce un incendio nun edificio ou nunha casa, sempre deberiamos pechar as portas e ventás, pero non pechalas coa chave; simplemente cerrando as portas estamos facendo que entre menos osíxeno, polo que o lume non avanzará tan rápido. De seguido chamaremos ao 112. Se te ves atrapado nunha casa, no teu piso...debes irte a unha zona afastada; é mellor quedarte nunha zona da casa, por exemplo, dentro do cuarto de baño, cerrando a porta, tapando a porta por debaixo con toallas molladas para que o fume non entre, xa que é a causa máis habitual de mortalidade nos incendios por intoxicación. _ Con que recursos materiais contades? _ Temos moitos tipos de recursos e atallamos todo tipo de intervencións, rescates de animais, de persoas, salvamento, extinción de incendios... Contamos con distintos vehículos enfocados para un tipo de
  • 5. intervención determinada, por exemplo, un tren de saída composto por tres vehículos: cando nos alertan do centro de atención de emerxencias do 112 de que hai un incendio en tal rúa, en tal edificio, xa temos protocolizado saír con tres vehículos, dos cales un é primeira saída, un vehículo autobomba, que leva arredor dos 3200 litros de auga, con todo o material necesario para proxectar esa auga; tamén imos cun vehículo de altura, un vehículo de autoescada, por se temos que rescatar a persoas que están nun edificio ou nun balcón; e tamén levamos por diante de todo un vehículo lixeiro que vai abrindo o paso e indicando aos que van circulando pola estrada de que deben apartarse para deixar paso aos nosos vehículos de emerxencia e chegar o antes posible ao punto da intervención. _ Canta auga se necesita para apagar un incendio? _ Todo depende do incendio. Nas intervencións e nas emerxencias o tempo é fundamental. Temos apagado incendios en palleiras, na zona máis rural de Santiago; se chegas cinco ou seis minutos tarde a diferenza é substancial. Se falamos dun conato de incendio, cando está no seu inicio, pode apagarse con pouca auga, pero se o incendio está moi avanzado, xa hai moita temperatura térmica e xa é moito máis difícil apagalo, polo que precisaremos maior cantidade de auga con presión abundante. _ Que opinas dos pirómanos? _ Penso que é unha enfermidade coma outra calquera. Hai xente que precisa ser tratada e apoiada nos centros médicos porque teñen un problema. Os pirómanos vense atraídos polo lume e necesitan verse rodeados del, de aí que prendan lume por onde sexa. A súa solución é que acudan aos centros médicos onde serán derivados aos departamentos de psicoloxía. _ Fuches algunha vez de voluntario a algunha zona onde se producira unha catástrofe coma por exemplo a de Turquía? _ Non pola sinxela razón de que non podemos deixar descuberto Santiago para mandar xente a outras zonas cando aquí non temos cubertas as nosas necesidades básicas no tocante ao persoal, aos traballadores e para as intervencións que se nos presentan diariamente. Algunha vez teño feito cousas de xeito voluntario cando foi no incendio de Chicolino, aquí en Boiro; estaba na casa e fun botar unha man. Tiña un traxe de bombeiro na casa e colaborei na extinción dese lume, pero non é nada comparado como o que pasou en Turquía, ou a efectos de tsunami, terremotos.... Algún compañeiro ten ido pero requírese dunha infraestrutura e duns procedementos, duns protocolos, que aquí, en Santiago non temos instaurados como pouca xente na reposición de taxas, pois estamos baixo mínimos. Temos que estar nove persoas de garda diarios e estamos moi xustos repartidos en 5 quendas, por iso nunca fun de voluntario, pero gustaríame moito ir, xa que é algo innato na condición propia deste traballo, o voluntariado e a axuda a outras persoas. _ Carlos, moitas grazas polo teu tempo e por responderme a todas estas preguntas. _ Foi todo un pracer Mencía!!