Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Que sabemos do lume_.pdf
1. PROXECTO: O LUME E OS INCENDIOS FORESTAIS
O alumnado de 1ºC e 1ºD traballou nos meses de maio e abril nun proxecto centrado no
lume e nos incendios forestais dentro do Proxecto “Non só é lume”. Durante varias sesións
da materia de Lingua galega e Literatura, impartida por Rita Bugallo González, o alumnado
buscou información e elaborou diferentes murais informativos sobre o lume e as súas
consecuencias, centrado fundamentalmente nos incendios forestais en Galicia.
O primeiro que se fixo, dentro de ambas as dúas aulas, foi crear grupos heteroxéneos (cinco
en 1ºC e seis en 1ºD) con cinco integrantes.
A cada un destes grupos entregóuselles unha ficha con seis apartados relacionados co tema
e que completarían coa información adecuada.
Durante tres sesións foron cubrindo a información da ficha-guía cos ordenadores da aula de
informática e coas tabletas da biblioteca que se levaron á aula materia Galego 3.
2. O seguinte paso consistiu na elaboración de diferentes carteis en que se plasmaba a
información recollida sobre cada un dos aspectos relativos ó lume e ós incendios forestais.
Aínda que todos os grupos buscaron a mesma información sobre todos os apartados, para
esta fase decidiuse repartir estes, así en 1ºC cada un dos grupos fixo un dos apartados, agás
un que elaborou dous carteis; en cambio en 1ºD, ó haber seis grupos cada un encargouse
dun.
Entregóuselles un anaco de papel de mural en branco para que expresasen dun xeito
creativo e claro os coñecementos adquiridos. A esta fase dedicáronselle tres sesións.
A última fase foi seleccionar os carteis informativos máis claros e creativos para pegalos no
gran mural da clase. A isto axudou o alumnado de reforzo de ambos os dous grupos que
axudou á docente Rita Bugallo González a escoller entre os diferentes traballos.