1. A CARTA DE AMOR
UN MAR DE EMOCIÓNS María Carballo Tubío
2011-2012 CEIP. VIRXE DO ROCÍO
2. OLA AMIGOS
Esta historia que vos vou contar,
é misteriosa, querédela escoitar???
Fala de cartas, abrazos e bicos;
O libro das emocións
bolboretas, “quérotes” e admiradores
secretos.
Se escoitas a miña historia
Hasme entender,
porque todos os nenos,
coñecen o AMOR dende a nenez!!!
Sentistes AMOR algunha vez????
3. QUE SERÁ O AMOR?
Eu nunca falara de AMOR antes. Pensaba que o
AMOR sentíase cando eras maior e te bicabas
como fan nas películas. A min o AMOR dábame
un pouco de “noxo”. Non quería perder o tempo
facendo aquelas cousas que para min eran moi
aburridas. Prefería xogar ao fútbol ou ás bólas!!
Vós estades namorados??
O libro das emocións
4. DEMOSTRACIÓNS DE
AMOR
O AMOR é un sentimento cálido, agradable e
protector. Cando queres a alguén sentes
ganas de coidal@, de facer que se senta feliz
e que nada poida lastimal@. Eu quero á miña
O libro das emocións
nai, ao meu pai, ao meu can e ao meu mellor
amigo Troy. Para demostrarlles o meu AMOR,
doulles moreas de bicos e apertas. Outras
veces quero sacarlles un sorriso e cántolle
unha canción ou cóntolles un chiste.
Calquera día, aínda que non sexa un día
especial, sorpréndoos con algo que lles
guste moito; a papá e a mamá prepárolles
un saboroso almorzo, ao meu cadelo Sampo
lévoo ao parque máis grande da miña cidade
e a Troy regálolle algún dos meus tesouros
para que el mo garde.
Qué facedes vós para demostrar o voso AMOR ás persoas que queredes?
5. MEU ADMIRADOR SECRETO
Un día descubrín que o
AMOR tamén se pode
O libro das emocións
sentir como centos de
bolboretas bailando
no teu interior. O
AMOR é moi
poderoso!! Cando
recibín a primeira
carta do meu
“admirador secreto”
descubrín que o AMOR
é un misterio!!
Recibistes cartas de amor anónimas??
6. A CARTA DE AMOR
Naquela carta me dicían:
“Es a persoa máis marabillosa
O libro das emocións
deste mundo. Gústanme os
teus ollos, o teu pelo e a
forma na que nos contas os
luns todo o que fixeches na fin
de semana. Gústame estar
contigo e cando non estás
conto o tempo que falta para
verte. Quérote”
Quén pode ser o seu admirador secreto?
7. QUÉROTE
Despois desa carta recibín moitas máis. En todas
expresaba o moito que me quería pero en
ningunha poñía o seu nome. Tentei pescudar
de quen se trataba porque me tería gustado
O libro das emocións
dicirlle o feliz que me fixeron aquelas cartas.
Cando pensaba no meu “ admirador secreto” as
preocupacións desaparecían. Sentía ganas de
bailar, cantar e subir á montaña máis alta e
berrar….