SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 6
Descargar para leer sin conexión
LINGUA DE AMOR
O amor na túa lingua
Concurso de mensaxes e cancións na rede




BASES DO CONCURSO:

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas e do Día Internacional
da Internet presentámosvos a terceira edición de Lingua de amor, o concurso
de declaracións de amor a través do correo electrónico, e que este ano, como
novidade, inclúe unha nova categoría: a musical.


1 Obxectivos do concurso
- Un dos obxectivos principais deste concurso é conquistar novos espazos
de uso para o galego: internet, o correo electrónico ou os chats son espazos
de comunicación nos que os mozos e mozas empregan o castelán como lingua
habitual. Pretendemos con este concurso dinamizar o uso da lingua galega entre
os máis novos nestes espazos de comunicación habitual.

- Pretendemos vincular as rapazas e rapaces de Galicia coa súa lingua e incrementar
a percepción do galego como unha lingua que é útil para as actividades de lecer e
momentos de diversión: o galego ábreche ás portas á hora de coñecer xente, facer
amigos e... por que non? Tamén para formar parellas!

- Así mesmo, outro obxecto é relacionar o galego coas formas de diversión
xuvenil e potenciar os seus valores como unha lingua próxima, útil e moderna,
perfectamente válida para a música. A normalización da lingua galega en moitas
ocasións céntrase en contextos institucionais marcadamente formais que non
chegan á mocidade dun xeito atractivo. Con este concurso o que pretendemos é
normalizar o uso da nosa lingua dende unha perspectiva lúdica, actual e atractiva
para a xente nova.

2 Este concurso organízao o Consello da Xuventude de Galicia, a través do seu
Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración co Servizo de Normalización
Lingüística do Concello de Vigo, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a
Libraría Couceiro.


3 O concurso Lingua de amor consta de dúas modalidades:
            - MODALIDADE 1: declaracións de amor en galego a través da rede
            - MODALIDADE 2: cancións de amor en lingua galega
4 MODALIDADE 1: declaracións de amor en galego a través da rede
- Consiste na elaboración dunha mensaxe que conteña unha declaración de amor.
Todas as declaración que se envíen deberán estar escritas en lingua galega.


- A temática das mensaxes será amorosa e poderán estar escritas en prosa ou
en verso.


- A extensión máxima da mensaxe é de 350 caracteres, incluídos os espazos en
branco. As mensaxes que excedan esta extensión quedarán fóra do concurso.


- Terase en conta o grao de elaboración e a orixinalidade. Ademais todas as
declaracións deberán ser inéditas.


- Establecerase un máximo de dúas mensaxes por participante.


- Establécense dúas categorías de idade dentro da modalidade 1:
             Categoría A: de 14 a 19 anos
             Categoría B: de 20 a 35 anos


- Para poder enviar as mensaxes é necesario rexistrarse na páxina do concurso:
www.linguadeamor.eu, para o que se deberá cubrir un formulario de inscrición.


- Todas as mensaxes serán publicadas na páxina www.linguadeamor.eu. Só
aparecerán con nome as mensaxes gañadoras.


- A data límite para o envío das declaracións é o 10 de maio de 2009.


- As persoas que queiran participar só como votantes tamén se deberán rexistrar
na páxina do concurso. Para esta modalidade o proceso de votacións será o
seguinte: os usuarios contarán cun máximo de dez votos por cada unha das

dure o período establecido para isto.


- O período de votacións permanecerá aberto dende o 11 ata o 17 de maio.


- O xurado estará composto pola presidenta do Consello da Xuventude de Galicia,
a concelleira de Igualdade, Xuventude e Normalización Lingüística do Concello
de Vigo, dous representantes de recoñecido prestixio do mundo da cultura e as
técnicas de normalización lingüística do CXG e do Concello de Vigo.
- O xurado do concurso reunirase unha vez rematado o prazo de votación, e
elixirá as declaracións gañadoras de entre as 100 declaracións máis votadas polos
usuarios en cada unha das categorías de idade.


- Os nomes das persoas gañadoras faranse públicos o 21 de maio na páxina web
do concurso (www.linguadeamor.eu). Contactarase coas persoas gañadoras a
través do número de teléfono que se facilitara no formulario de inscrición.


- O 30 de maio haberá unha entrega de premios que terá lugar na cidade de Vigo


- Establécense tres premios por cada unha das categorías de idade:
             Categoría A:
                         1.º Un ordenador portátil
                         2.º Unha videoconsola PlayStation3
                         3.º Un Ipod
             Categoría B:
                         1.º Un ordenador portátil + unha cea para dúas
                             persoas
                         2.º Unha videoconsola PlayStation3 + unha cea para
                             dúas persoas
                         3.º Un Ipod + unha cea para dúas persoas


Ademais destes premios, todas as persoas gañadoras recibirán un lote de libros
en galego.

- A organización do concurso poderá desbotar aquelas mensaxes de carácter
discriminatorio ou ofensivo.

5 MODALIDADE 2: cancións en galego
- Consiste na elaboración dunha canción cuxo contido estea relacionado coa
temática deste concurso: o amor (á parella, á familia, á terra, aos animais, á
lingua...), o desamor, a amizade, as relacións persoais... Así mesmo, tamén se
poderán musicar poemas de amor da literatura galega.


- Todas as cancións que participen deberán empregar o idioma galego.


- Nesta modalidade, poderán participar todas as persoas ou grupos que o desexen,
sen límite de idade. O/A concursante deberá ser obrigatoriamente o artista/
intérprete e o autor da maqueta presentada a concurso, aínda que poderá estar
acompañado na interpretación por outros músicos (estes non serán considerados
como concursantes).
- O estilo das cancións é libre.


- Non se admiten cancións que inciten ao racismo, á xenofobia, á homofobia, a
calquera tipo de violencia, fagan apoloxía do terrorismo ou que atenten conta a
dignidade da persoa.


- As cancións deberán ser orixinais e non poderán estar suxeitas a ningunha obriga
contractual previa. A organización do concurso non se responsabiliza da autoría
das composicións. Calquera apropiación indebida de dereitos de autor na canción
é responsabilidade da persoa que a inscribiu.


- Cada autor/a ou grupo poderá participar co número de obras que considere
oportuno.


- As maquetas das cancións deberán enviarse a través da páxina web do concurso
en formato audio (.mp3) ou vídeo en quicktime (.mov)


- Para poder enviar as maquetas é necesario rexistrarse na páxina do concurso:
www.linguadeamor.eu, para o que se deberá cubrir o formulario de inscrición.


- Os autores e autoras ceden gratuitamente os dereitos das súas cancións para
facer uso delas sen fins comerciais co fin da promoción do concurso durante este
ano ou en convocatorias posteriores.


- Todas as cancións serán publicadas na páxina www.linguadeamor.eu. Publicarase
o título da obra, o estilo e o nome do autor/a ou grupo.


- A data límite para o envío das cancións é o 10 de maio de 2009.


- O período de votacións permanecerá aberto dende o 11 ata o 17 de maio.


- As persoas que queiran participar só como votantes tamén se deberán rexistrar na
páxina do concurso. Para esta modalidade o proceso de votacións será o seguinte:
os usuarios poderán asignarlle a cada unha das cancións unha puntuación, que irá
do 1 ao 5. Os usuarios poderán modificar as súas votacións mentres permaneza
aberto o prazo para votar.


- O xurado estará composto pola presidenta do Consello da Xuventude de Galicia,
a concelleira de Igualdade, Xuventude e Normalización Lingüística do Concello de
Vigo, dous representantes de recoñecido prestixio do mundo da industria musical e
as técnicas de normalización lingüística do CXG e do Concello de Vigo.
- O xurado do concurso reunirase unha vez rematado o prazo de votación, e elixirá
as cancións gañadoras de entre as 20 máis votadas polos usuarios.


- Os nomes das persoas/grupos gañadores faranse públicos o 21 de maio na páxina
web do concurso (www.linguadeamor.eu). Contactarase coas persoas gañadoras a
través do número de teléfono que se facilitara no formulario de inscrición.


- O 30 de maio haberá unha entrega de premios que terá lugar na cidade de Vigo


- Establécense tres premios ás tres mellores cancións:


                             casa de turismo rural


                             semana
                             nunha casa de turismo rural


                             turismo rural


6 A participación neste concurso implica a plena aceptación destas bases

7
concurso sempre e cando fose necesario para o seu bo desenvolvemento.


                     :
      ORGANIZA




      COLABORA:




                                         Secretaría Xeral de Política Lingüística

Más contenido relacionado

Similar a Bases Lingua De Amor 09

Lingua de namorar
Lingua de namorarLingua de namorar
Lingua de namorarsatelite1
 
Bases lingua de_namorar_2015
Bases lingua de_namorar_2015Bases lingua de_namorar_2015
Bases lingua de_namorar_2015satelite1
 
Bases lingua de_namorar_2018_vf
Bases lingua de_namorar_2018_vfBases lingua de_namorar_2018_vf
Bases lingua de_namorar_2018_vfsatelite1
 
Bases III Certame Literario "Carmela Loureiro"
Bases III Certame Literario "Carmela Loureiro"Bases III Certame Literario "Carmela Loureiro"
Bases III Certame Literario "Carmela Loureiro"cenlf
 
Bases Carmela V
Bases Carmela VBases Carmela V
Bases Carmela Vcenlf
 
Bases certame literario Carmela Loureiro
Bases certame literario Carmela LoureiroBases certame literario Carmela Loureiro
Bases certame literario Carmela Loureirocenlf
 
Af cartaz concurso
Af cartaz concursoAf cartaz concurso
Af cartaz concursosatelite1
 
Bases do concurso #140 en positivo da biblioteca provincial da coruña
Bases do concurso #140 en positivo da biblioteca provincial da coruñaBases do concurso #140 en positivo da biblioteca provincial da coruña
Bases do concurso #140 en positivo da biblioteca provincial da coruñaBibliotecadicoruna
 
Bases II certame
Bases II certameBases II certame
Bases II certamecenlf
 
Bases certame literario Carmela Loureiro
Bases certame literario Carmela LoureiroBases certame literario Carmela Loureiro
Bases certame literario Carmela Loureirocenlf
 
Bases reguladoras do Certame literario Carmela Loureiro
Bases reguladoras do Certame literario Carmela LoureiroBases reguladoras do Certame literario Carmela Loureiro
Bases reguladoras do Certame literario Carmela Loureirocenlf
 
A4 basesvideocreacion
A4 basesvideocreacionA4 basesvideocreacion
A4 basesvideocreacionsatelite1
 
bases especifcas 2023 Certamee literario.pdf
bases especifcas   2023 Certamee literario.pdfbases especifcas   2023 Certamee literario.pdf
bases especifcas 2023 Certamee literario.pdfcenlf
 
Bases%20video
Bases%20videoBases%20video
Bases%20videoMaria
 
Actividades 2023-24.pdf
Actividades 2023-24.pdfActividades 2023-24.pdf
Actividades 2023-24.pdfcenlf
 
Certame carmela cartel-
Certame carmela cartel-Certame carmela cartel-
Certame carmela cartel-cenlf
 
N ¦ 1 concurso letras-10
N ¦ 1 concurso letras-10N ¦ 1 concurso letras-10
N ¦ 1 concurso letras-10Felipe
 
BASES CONCURSO.docx
BASES CONCURSO.docxBASES CONCURSO.docx
BASES CONCURSO.docxJenJS
 
Concurso literario
Concurso literarioConcurso literario
Concurso literarioangelciencia
 

Similar a Bases Lingua De Amor 09 (20)

Lingua de namorar
Lingua de namorarLingua de namorar
Lingua de namorar
 
Bases lingua de_namorar_2015
Bases lingua de_namorar_2015Bases lingua de_namorar_2015
Bases lingua de_namorar_2015
 
Bases lingua de_namorar_2018_vf
Bases lingua de_namorar_2018_vfBases lingua de_namorar_2018_vf
Bases lingua de_namorar_2018_vf
 
Bases III Certame Literario "Carmela Loureiro"
Bases III Certame Literario "Carmela Loureiro"Bases III Certame Literario "Carmela Loureiro"
Bases III Certame Literario "Carmela Loureiro"
 
Bases Carmela V
Bases Carmela VBases Carmela V
Bases Carmela V
 
Bases
BasesBases
Bases
 
Bases certame literario Carmela Loureiro
Bases certame literario Carmela LoureiroBases certame literario Carmela Loureiro
Bases certame literario Carmela Loureiro
 
Af cartaz concurso
Af cartaz concursoAf cartaz concurso
Af cartaz concurso
 
Bases do concurso #140 en positivo da biblioteca provincial da coruña
Bases do concurso #140 en positivo da biblioteca provincial da coruñaBases do concurso #140 en positivo da biblioteca provincial da coruña
Bases do concurso #140 en positivo da biblioteca provincial da coruña
 
Bases II certame
Bases II certameBases II certame
Bases II certame
 
Bases certame literario Carmela Loureiro
Bases certame literario Carmela LoureiroBases certame literario Carmela Loureiro
Bases certame literario Carmela Loureiro
 
Bases reguladoras do Certame literario Carmela Loureiro
Bases reguladoras do Certame literario Carmela LoureiroBases reguladoras do Certame literario Carmela Loureiro
Bases reguladoras do Certame literario Carmela Loureiro
 
A4 basesvideocreacion
A4 basesvideocreacionA4 basesvideocreacion
A4 basesvideocreacion
 
bases especifcas 2023 Certamee literario.pdf
bases especifcas   2023 Certamee literario.pdfbases especifcas   2023 Certamee literario.pdf
bases especifcas 2023 Certamee literario.pdf
 
Bases%20video
Bases%20videoBases%20video
Bases%20video
 
Actividades 2023-24.pdf
Actividades 2023-24.pdfActividades 2023-24.pdf
Actividades 2023-24.pdf
 
Certame carmela cartel-
Certame carmela cartel-Certame carmela cartel-
Certame carmela cartel-
 
N ¦ 1 concurso letras-10
N ¦ 1 concurso letras-10N ¦ 1 concurso letras-10
N ¦ 1 concurso letras-10
 
BASES CONCURSO.docx
BASES CONCURSO.docxBASES CONCURSO.docx
BASES CONCURSO.docx
 
Concurso literario
Concurso literarioConcurso literario
Concurso literario
 

Más de cenlf

XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
POESIA E IMAXE 2023 - Cartaz
POESIA E IMAXE 2023 - CartazPOESIA E IMAXE 2023 - Cartaz
POESIA E IMAXE 2023 - Cartazcenlf
 
Teatro con G 2023.pdf
Teatro con G 2023.pdfTeatro con G 2023.pdf
Teatro con G 2023.pdfcenlf
 
MODELO DECLARACIÓN RESPONSABLE_MENORES.pdf
MODELO DECLARACIÓN RESPONSABLE_MENORES.pdfMODELO DECLARACIÓN RESPONSABLE_MENORES.pdf
MODELO DECLARACIÓN RESPONSABLE_MENORES.pdfcenlf
 
Bases xerais para todas as edicións.pdf
Bases xerais  para todas as edicións.pdfBases xerais  para todas as edicións.pdf
Bases xerais para todas as edicións.pdfcenlf
 
poemas certame 20222023.pdf
poemas certame 20222023.pdfpoemas certame 20222023.pdf
poemas certame 20222023.pdfcenlf
 
Normas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdf
Normas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdfNormas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdf
Normas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdfcenlf
 
MOCIDADE COA LINGUA 2023 - BASES
 MOCIDADE COA LINGUA 2023 - BASES MOCIDADE COA LINGUA 2023 - BASES
MOCIDADE COA LINGUA 2023 - BASEScenlf
 
Poemas 2022
Poemas 2022Poemas 2022
Poemas 2022cenlf
 
Regulamento de participación no XXI Certame de Poesía e Imaxe
Regulamento de participación no XXI Certame de Poesía e ImaxeRegulamento de participación no XXI Certame de Poesía e Imaxe
Regulamento de participación no XXI Certame de Poesía e Imaxecenlf
 
XXI Certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro: Bases
XXI Certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro: BasesXXI Certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro: Bases
XXI Certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro: Basescenlf
 
XXI certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro": Poemas
XXI certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro": PoemasXXI certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro": Poemas
XXI certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro": Poemascenlf
 
Bases XX Certame poesia e imaxe
Bases XX Certame poesia e imaxeBases XX Certame poesia e imaxe
Bases XX Certame poesia e imaxecenlf
 
Poemas xx en galego sen filtro
Poemas xx en galego sen filtroPoemas xx en galego sen filtro
Poemas xx en galego sen filtrocenlf
 
Poemas XX en galego sen filtro
Poemas XX en galego sen filtroPoemas XX en galego sen filtro
Poemas XX en galego sen filtrocenlf
 
Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTROPoemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTROcenlf
 
Bases XIX CERTAME POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
Bases XIX CERTAME POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTROBases XIX CERTAME POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
Bases XIX CERTAME POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTROcenlf
 
CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL
CONVOCATORIA ASEMBLEA XERALCONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL
CONVOCATORIA ASEMBLEA XERALcenlf
 
Bases e poemas 2018
Bases e poemas 2018Bases e poemas 2018
Bases e poemas 2018cenlf
 
Poemas2018
Poemas2018Poemas2018
Poemas2018cenlf
 

Más de cenlf (20)

XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
POESIA E IMAXE 2023 - Cartaz
POESIA E IMAXE 2023 - CartazPOESIA E IMAXE 2023 - Cartaz
POESIA E IMAXE 2023 - Cartaz
 
Teatro con G 2023.pdf
Teatro con G 2023.pdfTeatro con G 2023.pdf
Teatro con G 2023.pdf
 
MODELO DECLARACIÓN RESPONSABLE_MENORES.pdf
MODELO DECLARACIÓN RESPONSABLE_MENORES.pdfMODELO DECLARACIÓN RESPONSABLE_MENORES.pdf
MODELO DECLARACIÓN RESPONSABLE_MENORES.pdf
 
Bases xerais para todas as edicións.pdf
Bases xerais  para todas as edicións.pdfBases xerais  para todas as edicións.pdf
Bases xerais para todas as edicións.pdf
 
poemas certame 20222023.pdf
poemas certame 20222023.pdfpoemas certame 20222023.pdf
poemas certame 20222023.pdf
 
Normas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdf
Normas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdfNormas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdf
Normas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdf
 
MOCIDADE COA LINGUA 2023 - BASES
 MOCIDADE COA LINGUA 2023 - BASES MOCIDADE COA LINGUA 2023 - BASES
MOCIDADE COA LINGUA 2023 - BASES
 
Poemas 2022
Poemas 2022Poemas 2022
Poemas 2022
 
Regulamento de participación no XXI Certame de Poesía e Imaxe
Regulamento de participación no XXI Certame de Poesía e ImaxeRegulamento de participación no XXI Certame de Poesía e Imaxe
Regulamento de participación no XXI Certame de Poesía e Imaxe
 
XXI Certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro: Bases
XXI Certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro: BasesXXI Certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro: Bases
XXI Certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro: Bases
 
XXI certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro": Poemas
XXI certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro": PoemasXXI certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro": Poemas
XXI certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro": Poemas
 
Bases XX Certame poesia e imaxe
Bases XX Certame poesia e imaxeBases XX Certame poesia e imaxe
Bases XX Certame poesia e imaxe
 
Poemas xx en galego sen filtro
Poemas xx en galego sen filtroPoemas xx en galego sen filtro
Poemas xx en galego sen filtro
 
Poemas XX en galego sen filtro
Poemas XX en galego sen filtroPoemas XX en galego sen filtro
Poemas XX en galego sen filtro
 
Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTROPoemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
 
Bases XIX CERTAME POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
Bases XIX CERTAME POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTROBases XIX CERTAME POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
Bases XIX CERTAME POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
 
CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL
CONVOCATORIA ASEMBLEA XERALCONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL
CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL
 
Bases e poemas 2018
Bases e poemas 2018Bases e poemas 2018
Bases e poemas 2018
 
Poemas2018
Poemas2018Poemas2018
Poemas2018
 

Bases Lingua De Amor 09

  • 1.
  • 2. LINGUA DE AMOR O amor na túa lingua Concurso de mensaxes e cancións na rede BASES DO CONCURSO: Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas e do Día Internacional da Internet presentámosvos a terceira edición de Lingua de amor, o concurso de declaracións de amor a través do correo electrónico, e que este ano, como novidade, inclúe unha nova categoría: a musical. 1 Obxectivos do concurso - Un dos obxectivos principais deste concurso é conquistar novos espazos de uso para o galego: internet, o correo electrónico ou os chats son espazos de comunicación nos que os mozos e mozas empregan o castelán como lingua habitual. Pretendemos con este concurso dinamizar o uso da lingua galega entre os máis novos nestes espazos de comunicación habitual. - Pretendemos vincular as rapazas e rapaces de Galicia coa súa lingua e incrementar a percepción do galego como unha lingua que é útil para as actividades de lecer e momentos de diversión: o galego ábreche ás portas á hora de coñecer xente, facer amigos e... por que non? Tamén para formar parellas! - Así mesmo, outro obxecto é relacionar o galego coas formas de diversión xuvenil e potenciar os seus valores como unha lingua próxima, útil e moderna, perfectamente válida para a música. A normalización da lingua galega en moitas ocasións céntrase en contextos institucionais marcadamente formais que non chegan á mocidade dun xeito atractivo. Con este concurso o que pretendemos é normalizar o uso da nosa lingua dende unha perspectiva lúdica, actual e atractiva para a xente nova. 2 Este concurso organízao o Consello da Xuventude de Galicia, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Libraría Couceiro. 3 O concurso Lingua de amor consta de dúas modalidades: - MODALIDADE 1: declaracións de amor en galego a través da rede - MODALIDADE 2: cancións de amor en lingua galega
  • 3. 4 MODALIDADE 1: declaracións de amor en galego a través da rede - Consiste na elaboración dunha mensaxe que conteña unha declaración de amor. Todas as declaración que se envíen deberán estar escritas en lingua galega. - A temática das mensaxes será amorosa e poderán estar escritas en prosa ou en verso. - A extensión máxima da mensaxe é de 350 caracteres, incluídos os espazos en branco. As mensaxes que excedan esta extensión quedarán fóra do concurso. - Terase en conta o grao de elaboración e a orixinalidade. Ademais todas as declaracións deberán ser inéditas. - Establecerase un máximo de dúas mensaxes por participante. - Establécense dúas categorías de idade dentro da modalidade 1: Categoría A: de 14 a 19 anos Categoría B: de 20 a 35 anos - Para poder enviar as mensaxes é necesario rexistrarse na páxina do concurso: www.linguadeamor.eu, para o que se deberá cubrir un formulario de inscrición. - Todas as mensaxes serán publicadas na páxina www.linguadeamor.eu. Só aparecerán con nome as mensaxes gañadoras. - A data límite para o envío das declaracións é o 10 de maio de 2009. - As persoas que queiran participar só como votantes tamén se deberán rexistrar na páxina do concurso. Para esta modalidade o proceso de votacións será o seguinte: os usuarios contarán cun máximo de dez votos por cada unha das dure o período establecido para isto. - O período de votacións permanecerá aberto dende o 11 ata o 17 de maio. - O xurado estará composto pola presidenta do Consello da Xuventude de Galicia, a concelleira de Igualdade, Xuventude e Normalización Lingüística do Concello de Vigo, dous representantes de recoñecido prestixio do mundo da cultura e as técnicas de normalización lingüística do CXG e do Concello de Vigo.
  • 4. - O xurado do concurso reunirase unha vez rematado o prazo de votación, e elixirá as declaracións gañadoras de entre as 100 declaracións máis votadas polos usuarios en cada unha das categorías de idade. - Os nomes das persoas gañadoras faranse públicos o 21 de maio na páxina web do concurso (www.linguadeamor.eu). Contactarase coas persoas gañadoras a través do número de teléfono que se facilitara no formulario de inscrición. - O 30 de maio haberá unha entrega de premios que terá lugar na cidade de Vigo - Establécense tres premios por cada unha das categorías de idade: Categoría A: 1.º Un ordenador portátil 2.º Unha videoconsola PlayStation3 3.º Un Ipod Categoría B: 1.º Un ordenador portátil + unha cea para dúas persoas 2.º Unha videoconsola PlayStation3 + unha cea para dúas persoas 3.º Un Ipod + unha cea para dúas persoas Ademais destes premios, todas as persoas gañadoras recibirán un lote de libros en galego. - A organización do concurso poderá desbotar aquelas mensaxes de carácter discriminatorio ou ofensivo. 5 MODALIDADE 2: cancións en galego - Consiste na elaboración dunha canción cuxo contido estea relacionado coa temática deste concurso: o amor (á parella, á familia, á terra, aos animais, á lingua...), o desamor, a amizade, as relacións persoais... Así mesmo, tamén se poderán musicar poemas de amor da literatura galega. - Todas as cancións que participen deberán empregar o idioma galego. - Nesta modalidade, poderán participar todas as persoas ou grupos que o desexen, sen límite de idade. O/A concursante deberá ser obrigatoriamente o artista/ intérprete e o autor da maqueta presentada a concurso, aínda que poderá estar acompañado na interpretación por outros músicos (estes non serán considerados como concursantes).
  • 5. - O estilo das cancións é libre. - Non se admiten cancións que inciten ao racismo, á xenofobia, á homofobia, a calquera tipo de violencia, fagan apoloxía do terrorismo ou que atenten conta a dignidade da persoa. - As cancións deberán ser orixinais e non poderán estar suxeitas a ningunha obriga contractual previa. A organización do concurso non se responsabiliza da autoría das composicións. Calquera apropiación indebida de dereitos de autor na canción é responsabilidade da persoa que a inscribiu. - Cada autor/a ou grupo poderá participar co número de obras que considere oportuno. - As maquetas das cancións deberán enviarse a través da páxina web do concurso en formato audio (.mp3) ou vídeo en quicktime (.mov) - Para poder enviar as maquetas é necesario rexistrarse na páxina do concurso: www.linguadeamor.eu, para o que se deberá cubrir o formulario de inscrición. - Os autores e autoras ceden gratuitamente os dereitos das súas cancións para facer uso delas sen fins comerciais co fin da promoción do concurso durante este ano ou en convocatorias posteriores. - Todas as cancións serán publicadas na páxina www.linguadeamor.eu. Publicarase o título da obra, o estilo e o nome do autor/a ou grupo. - A data límite para o envío das cancións é o 10 de maio de 2009. - O período de votacións permanecerá aberto dende o 11 ata o 17 de maio. - As persoas que queiran participar só como votantes tamén se deberán rexistrar na páxina do concurso. Para esta modalidade o proceso de votacións será o seguinte: os usuarios poderán asignarlle a cada unha das cancións unha puntuación, que irá do 1 ao 5. Os usuarios poderán modificar as súas votacións mentres permaneza aberto o prazo para votar. - O xurado estará composto pola presidenta do Consello da Xuventude de Galicia, a concelleira de Igualdade, Xuventude e Normalización Lingüística do Concello de Vigo, dous representantes de recoñecido prestixio do mundo da industria musical e as técnicas de normalización lingüística do CXG e do Concello de Vigo.
  • 6. - O xurado do concurso reunirase unha vez rematado o prazo de votación, e elixirá as cancións gañadoras de entre as 20 máis votadas polos usuarios. - Os nomes das persoas/grupos gañadores faranse públicos o 21 de maio na páxina web do concurso (www.linguadeamor.eu). Contactarase coas persoas gañadoras a través do número de teléfono que se facilitara no formulario de inscrición. - O 30 de maio haberá unha entrega de premios que terá lugar na cidade de Vigo - Establécense tres premios ás tres mellores cancións: casa de turismo rural semana nunha casa de turismo rural turismo rural 6 A participación neste concurso implica a plena aceptación destas bases 7 concurso sempre e cando fose necesario para o seu bo desenvolvemento. : ORGANIZA COLABORA: Secretaría Xeral de Política Lingüística