Se ha denunciado esta presentación.
Utilizamos tu perfil de LinkedIn y tus datos de actividad para personalizar los anuncios y mostrarte publicidad más relevante. Puedes cambiar tus preferencias de publicidad en cualquier momento.
Actividades deseñadas para Primaria:
SET. OUT. NOV. DEC. XAN. FEB. MAR. ABR. MAI. XUÑ.
Cámbialle o final
ao conto
Un conto...
2.- COÑECEMOS A MULLERES
DESTINATARIOS: Alumnado de todos os niveis de Educación Primaria
TEMPORALIZACIÓN: 2º trimestre, a...
2.- COÑECENDO “SUPERHEROÍNAS”
DESTINATARIOS: Alumnado de Educación Infantil
TEMPORALIZACIÓN: 2º trimestre, antes do día da...
Próxima SlideShare
Cargando en…5
×
Próxima SlideShare
What to Upload to SlideShare
Siguiente
Descargar para leer sin conexión y ver en pantalla completa.

1

Compartir

Descargar para leer sin conexión

Programación plambe

Descargar para leer sin conexión

Programacion de actividades para o segundo trimestre

Audiolibros relacionados

Gratis con una prueba de 30 días de Scribd

Ver todo

Programación plambe

  1. 1. Actividades deseñadas para Primaria: SET. OUT. NOV. DEC. XAN. FEB. MAR. ABR. MAI. XUÑ. Cámbialle o final ao conto Un conto por mes Coñecemos a mulleres Previo ao día da muller traballadora (8 marzo) Ponte nos seus zapatos Obradoiro de horto e cociña Maletas viaxeiras Quen ven sendo? Xoga que te xoga Xoguetes Esta Mafalda A música Dálle unha volta ao conto Actividades deseñadas para Educación Infantil: SET. OUT. NOV. DEC. XAN. FEB. MAR. ABR. MAI. XUÑ. Colorín colorado este conto está igualado Un conto por mes Coñecendo superheroínas Previo ao día da muller traballadora (8 marzo) As pegadas da igualdade Obradoiro de horto e cociña Maletas viaxeiras Elas son... Xoga que te xoga Os xoguetes son de... persoas Aquí todos pintamos moito En clave de igualdade Dálle unha volta ao conto En canto aos contos, obradoiro de horto e cociña, maletas viaxeiras, elas son...., esta Mafalda e xoga que te xoga seguirase coa programación que xa se iniciou no primeiro trimestre
  2. 2. 2.- COÑECEMOS A MULLERES DESTINATARIOS: Alumnado de todos os niveis de Educación Primaria TEMPORALIZACIÓN: 2º trimestre, antes do día da muller traballadora (8 de marzo) DESCRICIÓN: Moitas veces o noso alumnado ten moi estereotipado o traballo por xénero e seguen a considerar con valor feminino ou masculino algunhas profesións ou tarefas diarias. Pretendemos con esta actividade coñecer mulleres do noso contorno e romper con estes estereotipos, afondando no que significa o seu traballo, lugar, instrumentos, horarios e as repercusións que tiveron para o futuro traballo doutras mulleres. A actividade será moi diferente para os distintos niveis do alumnado:  O alumnado de 1º e 2º nivel reproducirá o coñecido programa da televisión denominado “Juego de niños” no que se gañaban “gallifantes”, gravándolles o que para eles e elas é unha profesión, onde se exerce esa profesión, con que, etc. Un exemplo móstrase no seguinte vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=YwTbl1-pnUs Esas gravacións gardaranse e utilizaranse posteriormente.  O alumnado de 3º e 4º elaborará entrevistas a mulleres que coñecemos como a condutora do bus, unha camioneira, unha taxista, Marina a da tenda, unha bombeira, unha garda civil...  O alumnado de 5º e 6º gravará as entrevistas feitas polos compañeiros ás distintas mulleres.  O día da Muller traballadora ensinaremos as súas gravacións paralelas, o que pensan os pequenos e pequenas sobre o que é unha profesión e o que nos conta realmente a muller entrevistada. Supoñemos que na gravación dos pequenos sairán os estereotipos, o que nos dará pé a traballar a temática da igualdade entre homes e mulleres. 6.- QUEN VEN SENDO? DESTINATARIOS: Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria TEMPORALIZACIÓN: No primeiro trimestre e no segundo ata o día da Muller Traballadora DESCRICIÓN: Elaboración de Webquests simples para coñecer a figura e obra de mulleres de referencia na nosa cultura, tales como Frida Kahlo, Rosalía de Castro, Maruxa Mayo, Menchu Lamas, Clara Campoamor, Concepción Arenal... Cada titor/a escollerá unha dentro das que se propoñan relacionándoas co currículo do nivel que imparte. Por exemplo, se están co espazo estudarán á primeira astronauta. Cada nivel explicará ao resto dos niveis a figura que lles tocou para o que farán un mural de papel continuo ou ben empregando ferramentas TIC como Power Point, Prezi, Emaze, Powtoon ou Glogster. O día 8 de marzo farase a exposición de cada un, co cal todos e todas coñeceremos, polo menos, 6 mulleres importantes e a súa obra. Ademais, trataremos de abrir a nosa experiencia ao contorno polo que traballaremos con centros próximos aos que contaremos o traballado empregando a plataforma Redeiras da Xunta de Galicia ou mesmo o Skype. Posteriormente, faremos o xogo de “Adiviña quen son”. Elaboraremos coroas coa imaxe de cada unha das figuras traballadas e poñeráselle a un neno ou nena que non saberá de quen se trata. Poderá facer preguntas ás que só se pode contestar con si ou non. 11.- DÁLLE UNHA VOLTA AO CONTO DESTINATARIOS: Alumnado de todos os niveis de Educación Primaria TEMPORALIZACIÓN: Entroido DESCRICIÓN: Co fin de celebrar a festividade do Entroido e tendo en conta que a biblioteca é o eixe vertebrador deste proxecto, cada nivel escollerá un conto no que basearse para a realización dos disfraces e evitarase que sexa o alumnado quen escolla un determinado papel por ser considerado por eles como masculino ou feminino. Os contos empregados serán aqueles que non mostren descricións nin accións sexistas e serán dramatizados ao pé da letra e, en cambio, os contos máis tradicionais cargados de estereotipos, haberá que facer unha nova versión dándolle a volta ao conto. * En reunión claustral , acórdase que debido a que no proxecto Xermoliño traballaremos os animais que nos proporcionan alimentos neste trimestre os disfraces serán dos animais que correspondan a cada nivel, relacionándoos cos animais dos contos. Isto refírese tanto a E. Infantil como E. Primaria.
  3. 3. 2.- COÑECENDO “SUPERHEROÍNAS” DESTINATARIOS: Alumnado de Educación Infantil TEMPORALIZACIÓN: 2º trimestre, antes do día da muller traballadora (8 de marzo) DESCRICIÓN: Moitas veces o noso alumnado ten moi estereotipado o traballo por xénero e seguen a considerar con valor feminino ou masculino algunhas profesións ou tarefas diarias. Pretendemos con esta actividade coñecer mulleres do noso contorno e romper con estes estereotipos, afondando no que significa o seu traballo, lugar, instrumentos, horarios e as repercusións que tiveron para o futuro traballo doutras mulleres. A través do visionado de esculturas femininas coñeceremos a importancia do papel das mulleres ao longo do tempo, escolleremos esculturas dedicadas ás sardiñeiras, ás leiteiras, ás mariscadoras… a escultura dedicada á María Pita na Coruña ou a dedicada a Rosalía de Castro en Santiago de Compostela. Despois faremos unha sesión fotográfica na que intentaremos imitar as poses destas mulleres tan relevantes na cultura galega. Despois de coñecer estas esculturas xogaremos a investigar: preguntarémonos se no noso concello existe algunha escultura homenaxe a algunha muller? Isto implicará unha busca de información. Tamén teremos en conta o rueiro do concello de Carballo e intentaremos investigar se hai Rúas dedicadas a mulleres, se as hai contarémolas e compararemos o número coas dedicadas aos homes. Despois de coñecer a estas “superheroínas” do pasado recoñeceremos ás do presente e para iso elaboraremos unhas tarxetas nas se recoñecerá o traballo das nosas “superheroínas” máis próximas; desde as nosas avoas e nais ata a caixeira dun super, a condutora dun autobús, a pediatra que nos atende, unha camioneira….. As tarxetas terán escrito por detrás mensaxes de recoñecemento como por exemplo: “Ti vales moito”, “ Non te esquezas da supermuller que levas dentro”... 6.- ELAS SON..... DESTINATARIOS: Alumnado de Educación Infantil TEMPORALIZACIÓN: No primeiro trimestre e no segundo ata o día da Muller Traballadora DESCRICIÓN: Elaboración de LIMS simples para coñecer a figura e obra de mulleres de referencia na nosa cultura, tales como Frida Kahlo, Rosalía de Castro, Maruxa Mayo, Menchu Lamas, algunha ilustradora dos seus contos, etc. Nestes LIMS terán quebracabezas, memories tanto das imaxes das mulleres coma das súas obras, de tal xeito que se familiarizarán coas mesmas. Farase unha cada trimestre e ao remate do mesmo cada nivel contaralle aos outros o que aprenderon sobre a figura que lles tocou. Deste xeito todos e todas rematarán coñecendo, polo menos, a 6 figuras femininas. 11.- DÁLLE UNHA VOLTA AO CONTO DESTINATARIOS: Alumnado de Educación Infantil TEMPORALIZACIÓN: Entroido DESCRICIÓN: Co fin de celebrar a festividade do Entroido e tendo en conta que a biblioteca é o eixe vertebrador deste proxecto, cada nivel escollerá un conto dos traballados na actividade 5.1 no que basearse para a realización dos disfraces . Farémolos nun obradoiro coas familias de tal maneira que tamén con elas traballaremos os estereotipos que aparecen nos contos 9.- AQUÍ TODOS PINTAMOS MOITO DESTINATARIOS: Alumnado de Educación Infantil. TEMPORALIZACIÓN: Segundo trimestre DESCRICIÓN: Partindo dos contos “El artista que pintó un caballo azul” e “ Los colores”, preténdese facer unha reflexión simple, a nivel destes nenos e nenas tan pequen@s, dos estereotipos que ten a sociedade con respecto ás cores. Leranse os contos e farase un obradoiro de pintura, mesturando as cores, e encontrando a beleza precisamente nas mesturas que se fagan, afastándonos dos estereotipos. Presentarémoslles siluetas tamaño cartolina de diversas cousas, persoas, animais e escolleremos a cor ou mestura de cores coas que o pintaremos.
  • cheloav

    Jan. 14, 2018

Programacion de actividades para o segundo trimestre

Vistas

Total de vistas

324

En Slideshare

0

De embebidos

0

Número de embebidos

202

Acciones

Descargas

0

Compartidos

0

Comentarios

0

Me gusta

1

×