1. O día 30 de xanaeiro conmemórase o Día da Paz. Desde a biblioteca queremos
ofrecervos a posibilidade de participar nas diferentes actividades que se levarán a cabo.
Tamén estamos abertos a calquera suxestión que queiran facer tanto os alumnos
colaboradores habituais coma o resto de membros da comunidade educativa. Algunhas
das actividades propostas son audición de cancións que versan sobre o tema da paz previa
lectura das letras.