1. Convertinme nunha vasilla esnaquizada
Xoán Paulo II
Texto da mensaxe pronunciada polo papa Xoán Paulo II durante a súa
visita ao monumento de Yad Vashem en Israel:
As palabras do antigo Salmo elévanse dende os nosos corazóns: quot;Convertinme
nunha vasilla esnaquizada. Escoito as calumnias de moitos, ¡O terror circúndame!,
cando conspiran no meu contra, cando traman para quitarme a vida. Pero confío
en ti, Señor. E digo, Ti és o meu Deusquot;.
Neste lugar de lembranza, a mente, o corazón e o alma senten unha necesidade
extrema de silencio. Silencio no que lembrar. Silencio no que tratar de dar algún
sentido ás memorias que chegan en torrente. Silencio porque non hai palabras o
bastante fortes coma para deplorar a terríbel traxedia do Shoah. Os meus propios
recordos persoais remóntanse a todo o sucedido cando os nazis ocuparon Polonia
durante a Guerra. Recordo aos meus amigos e veciños xudeus, algúns dos cales
morreron, mentres que outros sobreviviron.
Vin a Yad Vashem a render homenaxe aos millóns de xudeus que, desposuídos de
todo, en especial da súa dignidade humana, foron asasinados no Holocausto. Pasou
máis de medio século, pero a lembranza persiste.
Aquí, coma en Auschwitz e en moitos outros lugares de Europa, asobállanos o eco
dos estremecedores queixumes de tantos. Homes, mulleres e nenos claman cara a
nós dende o abismo dos horrores que coñeceron. ¿Como podemos desoír os seus
berros? Ninguén pode esquecer ou ignorar o acontecido. Ninguén pode diminuír as
súas enormes dimensións.
Desexamos lembrar. Pero desexamos lembrar cun obxectivo, especificamente, co de
garantir que a maldade xamais prevalecerá de novo, como fíxoo no caso dos
millóns de vítimas inocentes do nazismo.
¿Como é posíbel que o home teña tanto desprezo polo home? Porque chegara ao
momento de desprezar a Deus. Só unha ideoloxía sen Deus pode planificar e
2. executar o exterminio de todo un pobo.
O honor que o Estado de Israel conferiu aos quot;xentiles xustosquot; en Yad Vashem, por
actuar heroicamente para salvar aos xudeus, en ocasións ate o punto de ofrecer as
súas propias vidas, é un recoñecemento de que nin sequera nas horas máis
sombrías extínguense todas as luces. É por iso que os Salmos, do mesmo xeito que a
Biblia enteira, aínda que ben ao tanto da capacidade humana para o mal, tamén
proclaman que non será a maldade a que terá a derradeira palabra. Dende o máis
profundo do sufrimento e a dor, o corazón dos crentes clama: quot;Confío en ti, Señor.
Digo, Ti és o meu Deusquot; (Salmo 31:14).
Os xudeus e os cristiáns comparten un inmenso patrimonio espiritual, derivado da
mesma autorrevelación de Deus. As nosas ensinanzas relixiosas e a nosa
experiencia espiritual demandan que superemos a maldade co ben. Recordamos,
mais non con desexo algún de vinganza ou de incentivo para o odio. Para nós,
recordar significa orar pola paz e a xustiza e comprometernos coas súas causas. Só
un mundo en paz, con xustiza para todos, pode evitar a repetición dos erros e dos
terríbeis crimes do pasado.
Coma bispo de Roma e sucesor do apóstolo Pedro, asegúrolle ao pobo xudeu que a
Igrexa Católica, motivada polas leis evanxélicas de verdade e amor, non por
consideracións políticas, está profundamente entristecida polo odio, os actos de
persecución e as manifestacións de antisemitismo dirixidos en contra dos xudeus
por parte de cristiáns, en calquera período e en calquera lugar. A Igrexa rexeita o
racismo en calquera das súas manifestacións, coma unha negación da imaxe do
Creador intrínseca en cada ser humano.
Neste lugar de solemne lembranza, oro ferventemente porque a nosa dor pola
traxedia sufrida polo pobo xudeu no Século XX conduza cara unha nova relación
entre cristiáns e xudeus. Construamos un futuro novo no cal non haxa máis
sentimentos antixudeus entre cristiáns ou sentimentos anticristiáns entre os xudeus,
senón máis ben o respecto mutuo requirido de quen adora a un único Creador e
Señor e volven a vista cara a Abraham como un pai común na fe.
O mundo debe escoitar a advertencia que provén das vítimas do Holocausto e do
testemuño dos sobreviventes. Aquí, en Yad Vashem, a memoria persiste e arde nos
nosos corazóns. Fainos berrar: quot;Escoito as calumnias de moitos, ¡O terror
circúndame!... Pero confío en ti, Señor. E digo, 'Ti és o meu Deusquot; (Salmo 31:13-15).