Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Compromisos de Partido
1. COMPROMISOS DE PARTIDO
Por un partido aberto e forte
1 O poder das bases e da cidadanía
Un militante, un voto, na elección do secretario xeral federal e a elección dos
secretarios xerais locais, provinciais e autonómicos.
Primarias abertas para a elección de candidato á presidencia do Goberno de
España, das Comunidades Autónomas e para a elección de candidatos a
alcalde.
Mecanismos para a apertura do partido á sociedade civil e aos movementos
sociais.
2 A forza do exemplo
Xeneralización de prácticas de transparencia para os socialistas que exerzan
responsabilidades públicas e para promovelas en todas as institucións.
Código ético que garanta a renuncia inmediata ao cargo nos casos de
apertura de vista oral que afecten aos seus dirixentes.
Incompatibilidades máis estritas que as previstas pola lei para os cargos
electos do Partido que impidan non só que poidan dedicarse a actividades
declaradas incompatibles, senón tamén a aquelas que poidan xerar conflitos
de intereses.
Imposibilidade de, despois de exercer un cargo público, realizar tarefas de
dirección, xestión ou asesoramento de empresas privadas relacionadas coa
área de decisión desenvolvida no cargo.
2. 3. O compromiso e a atracción de talento
Cada afiliado socialista non poderá exercer máis dun cargo institucional,
baixo a fórmula de “una persoa, un cargo”.
Os programas electorais presentados polo partido deben ser realistas, deben
cumprirse. O PSOE asumirá cada programa electoral como un contrato firme
cos cidadáns.
Limitación do número máximo de mandatos nos cargos de dirección do
partido.
O partido debe promover a afiliación e converterse nunha organización que
atraia talento e invite á participación en política.
4. O debate dende abaixo e a rendición de contas dende arriba
Os procesos para a toma de decisión empezarán por unha debate entre os
militantes e simpatizantes.
Mecanismos para que a dirección e os cargos electos rendan contas de
forma cotiá ante o partido, a militancia e a cidadanía á que representan.
Facilitar o mantemento da militancia con medidas para atender ás/aos
compañeiras/os que pasen por dificultades económicas.
Promover unha maior presenza da dirección e do Secretario/a Xeneral en
todas as agrupacións do partido, incluídas as do exterior.