SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 1
Descargar para leer sin conexión
Sr. Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Xunta de Galicia
As persoas que subscriben a presente, e que máis abaixo asinan, na súa calidade de
estudantes de Conservación Restauración de Bens Culturais na ESCRBCG, e en
representación da asemblea de alumnado do centro,
SOLICITANLLE unha entrevista coa finalidade de trasladarlle o desexo unánime da
comunidade educativa que representamos de que no curso escolar 2013-2014 as
ensinanzas artísticas superiores da Comunidade Autónoma de Galicia se adscriban ao
sistema universitario galego, e, en consecuencia, se poñan en marcha os mecanismos
para que o alumnado que no curso escolar 2010-2011 se matriculou nunhas
ensinanzas de grao reciba ao finalizar os seus estudos unha titulación de grao.
Debemos trasladarlle a nosa inquietude diante do feito de que a equivalencia
prevista entre as titulacións superiores e as de grao é unha norma española, non
europea, que pode traer consecuencias nefastas na nosa mobilidade e no
recoñecemento dos nas nosas titulacións en Europa e en España, onde en numerosas
ocasións a titulación universitaria é a única que computa para acceder a determinadas
becas, postos e concursos, pois a titulación superior se considera un mérito. España é
un dos poucos países europeos que mantén esa duplicidade de titulacións, pois na
inmensa maioría dos países europeos os títulos das artísticas superiores son
expedidos polas universidades, medida que beneficia aos naturais de cada país. No
noso país semella que se quere prexudicar aos naturais en beneficio dos comunitarios.
Por todo iso, e para acabar coa nosa permanente discriminación negativa
(becas, residencias, axudas ao transporte, Erasmus, estudos de posgrao....),
solicitamos esa entrevista, e facémolo tamén en nome das nosas nais e pais, irmáns e
irmás, familiares, veciños e veciñas, amigas e amigos, que non son quen de entender
como un problema de tan doada solución se demora no tempo, e cando ademais
todos os sectores implicados manifestan un consenso total.
Finalmente debemos trasladarlle a nosa plena confianza nas comunidades
educativas das que formamos parte para desenvolver ese proceso de adscrición e
posterior integración, pois tanto as direccións dos centros, como o profesorado e o
alumnado, saberán asumir co maior grao de rigor e responsabilidade todos os retos
que esa nova etapa lles demande e nos demande.
Agardando as súas novas, e pedíndolle se sume ao consenso que fomos construíndo
nestes meses, reciba un cordial saúdo.
En Pontevedra, a 15 de Maio de 2013

Más contenido relacionado

Similar a Carta conselleiro alumnado

Plan de desenvolvemento europeo
Plan de desenvolvemento europeoPlan de desenvolvemento europeo
Plan de desenvolvemento europeoAgualada
 
Good bye, adios, adeus Jesús Vázquez, conselleiro de educación e cultura.
Good bye, adios, adeus Jesús Vázquez, conselleiro de educación e cultura.Good bye, adios, adeus Jesús Vázquez, conselleiro de educación e cultura.
Good bye, adios, adeus Jesús Vázquez, conselleiro de educación e cultura.A Curuxa da Veiga
 
Ntc convocatoria-2019 2020
Ntc convocatoria-2019 2020Ntc convocatoria-2019 2020
Ntc convocatoria-2019 2020satelite1
 
Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019
Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019
Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019satelite1
 
convocatoria_edurefrentes_2023-24.pdf
convocatoria_edurefrentes_2023-24.pdfconvocatoria_edurefrentes_2023-24.pdf
convocatoria_edurefrentes_2023-24.pdfssuser42eafa
 
Senda dos-faros-convocatoria
Senda dos-faros-convocatoriaSenda dos-faros-convocatoria
Senda dos-faros-convocatoriasatelite1
 
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015Coordinadora Galega ENDL
 
O proceso de Bolonia. Un cambio estructural.
O proceso de Bolonia. Un cambio estructural.O proceso de Bolonia. Un cambio estructural.
O proceso de Bolonia. Un cambio estructural.Dives Gallaecia
 
Orientacion 4 eso sin admision
Orientacion 4 eso sin admisionOrientacion 4 eso sin admision
Orientacion 4 eso sin admisionLuisAlberto720
 
Convocatoria redacción proyecto life
Convocatoria redacción proyecto lifeConvocatoria redacción proyecto life
Convocatoria redacción proyecto lifeIES Nº 1
 
Af cartaz concurso
Af cartaz concursoAf cartaz concurso
Af cartaz concursosatelite1
 
Concursoascoladosmeusavos copia
Concursoascoladosmeusavos copiaConcursoascoladosmeusavos copia
Concursoascoladosmeusavos copiasatelite1
 

Similar a Carta conselleiro alumnado (19)

Plan de desenvolvemento europeo
Plan de desenvolvemento europeoPlan de desenvolvemento europeo
Plan de desenvolvemento europeo
 
Good bye, adios, adeus Jesús Vázquez, conselleiro de educación e cultura.
Good bye, adios, adeus Jesús Vázquez, conselleiro de educación e cultura.Good bye, adios, adeus Jesús Vázquez, conselleiro de educación e cultura.
Good bye, adios, adeus Jesús Vázquez, conselleiro de educación e cultura.
 
Ntc convocatoria-2019 2020
Ntc convocatoria-2019 2020Ntc convocatoria-2019 2020
Ntc convocatoria-2019 2020
 
Manifesto
ManifestoManifesto
Manifesto
 
Presentación ORE LUGO
Presentación ORE LUGOPresentación ORE LUGO
Presentación ORE LUGO
 
Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019
Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019
Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019
 
convocatoria_edurefrentes_2023-24.pdf
convocatoria_edurefrentes_2023-24.pdfconvocatoria_edurefrentes_2023-24.pdf
convocatoria_edurefrentes_2023-24.pdf
 
Albares 2016
Albares 2016Albares 2016
Albares 2016
 
Guia de orientación académica IES
Guia de orientación académica IESGuia de orientación académica IES
Guia de orientación académica IES
 
Senda dos-faros-convocatoria
Senda dos-faros-convocatoriaSenda dos-faros-convocatoria
Senda dos-faros-convocatoria
 
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
 
O proceso de Bolonia. Un cambio estructural.
O proceso de Bolonia. Un cambio estructural.O proceso de Bolonia. Un cambio estructural.
O proceso de Bolonia. Un cambio estructural.
 
Orientacion 4 eso sin admision
Orientacion 4 eso sin admisionOrientacion 4 eso sin admision
Orientacion 4 eso sin admision
 
Guia curso curso 20-21
Guia curso   curso 20-21Guia curso   curso 20-21
Guia curso curso 20-21
 
Convocatoria redacción proyecto life
Convocatoria redacción proyecto lifeConvocatoria redacción proyecto life
Convocatoria redacción proyecto life
 
Orientacion 4 eso
Orientacion 4 esoOrientacion 4 eso
Orientacion 4 eso
 
Af cartaz concurso
Af cartaz concursoAf cartaz concurso
Af cartaz concurso
 
Concursoascoladosmeusavos copia
Concursoascoladosmeusavos copiaConcursoascoladosmeusavos copia
Concursoascoladosmeusavos copia
 
A Loe
A LoeA Loe
A Loe
 

Más de Fernando Carrera

Respuesta subdirección general de aprendizaje a lo largo de la vida
Respuesta subdirección general de aprendizaje a lo largo de la vidaRespuesta subdirección general de aprendizaje a lo largo de la vida
Respuesta subdirección general de aprendizaje a lo largo de la vidaFernando Carrera
 
Proposición no de ley sobre integración enseñanzas artisticas superiores en l...
Proposición no de ley sobre integración enseñanzas artisticas superiores en l...Proposición no de ley sobre integración enseñanzas artisticas superiores en l...
Proposición no de ley sobre integración enseñanzas artisticas superiores en l...Fernando Carrera
 
Convocatoria de Comisión 4.ª, Educación e Cultura para o día 4 de xuño de 2013
Convocatoria de Comisión 4.ª, Educación e Cultura para o día 4 de xuño de 2013 Convocatoria de Comisión 4.ª, Educación e Cultura para o día 4 de xuño de 2013
Convocatoria de Comisión 4.ª, Educación e Cultura para o día 4 de xuño de 2013 Fernando Carrera
 
EEAASS: Última oportunidad
EEAASS: Última oportunidadEEAASS: Última oportunidad
EEAASS: Última oportunidadFernando Carrera
 

Más de Fernando Carrera (8)

Informe estudiantes
Informe estudiantesInforme estudiantes
Informe estudiantes
 
Respuesta subdirección general de aprendizaje a lo largo de la vida
Respuesta subdirección general de aprendizaje a lo largo de la vidaRespuesta subdirección general de aprendizaje a lo largo de la vida
Respuesta subdirección general de aprendizaje a lo largo de la vida
 
Proposición no de ley sobre integración enseñanzas artisticas superiores en l...
Proposición no de ley sobre integración enseñanzas artisticas superiores en l...Proposición no de ley sobre integración enseñanzas artisticas superiores en l...
Proposición no de ley sobre integración enseñanzas artisticas superiores en l...
 
Convocatoria de Comisión 4.ª, Educación e Cultura para o día 4 de xuño de 2013
Convocatoria de Comisión 4.ª, Educación e Cultura para o día 4 de xuño de 2013 Convocatoria de Comisión 4.ª, Educación e Cultura para o día 4 de xuño de 2013
Convocatoria de Comisión 4.ª, Educación e Cultura para o día 4 de xuño de 2013
 
EEAASS: Última oportunidad
EEAASS: Última oportunidadEEAASS: Última oportunidad
EEAASS: Última oportunidad
 
Carta de santiago
Carta de santiagoCarta de santiago
Carta de santiago
 
Co operation agreement
Co operation agreementCo operation agreement
Co operation agreement
 
PAT ESCRBCG
PAT ESCRBCGPAT ESCRBCG
PAT ESCRBCG
 

Carta conselleiro alumnado

  • 1. Sr. Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Xunta de Galicia As persoas que subscriben a presente, e que máis abaixo asinan, na súa calidade de estudantes de Conservación Restauración de Bens Culturais na ESCRBCG, e en representación da asemblea de alumnado do centro, SOLICITANLLE unha entrevista coa finalidade de trasladarlle o desexo unánime da comunidade educativa que representamos de que no curso escolar 2013-2014 as ensinanzas artísticas superiores da Comunidade Autónoma de Galicia se adscriban ao sistema universitario galego, e, en consecuencia, se poñan en marcha os mecanismos para que o alumnado que no curso escolar 2010-2011 se matriculou nunhas ensinanzas de grao reciba ao finalizar os seus estudos unha titulación de grao. Debemos trasladarlle a nosa inquietude diante do feito de que a equivalencia prevista entre as titulacións superiores e as de grao é unha norma española, non europea, que pode traer consecuencias nefastas na nosa mobilidade e no recoñecemento dos nas nosas titulacións en Europa e en España, onde en numerosas ocasións a titulación universitaria é a única que computa para acceder a determinadas becas, postos e concursos, pois a titulación superior se considera un mérito. España é un dos poucos países europeos que mantén esa duplicidade de titulacións, pois na inmensa maioría dos países europeos os títulos das artísticas superiores son expedidos polas universidades, medida que beneficia aos naturais de cada país. No noso país semella que se quere prexudicar aos naturais en beneficio dos comunitarios. Por todo iso, e para acabar coa nosa permanente discriminación negativa (becas, residencias, axudas ao transporte, Erasmus, estudos de posgrao....), solicitamos esa entrevista, e facémolo tamén en nome das nosas nais e pais, irmáns e irmás, familiares, veciños e veciñas, amigas e amigos, que non son quen de entender como un problema de tan doada solución se demora no tempo, e cando ademais todos os sectores implicados manifestan un consenso total. Finalmente debemos trasladarlle a nosa plena confianza nas comunidades educativas das que formamos parte para desenvolver ese proceso de adscrición e posterior integración, pois tanto as direccións dos centros, como o profesorado e o alumnado, saberán asumir co maior grao de rigor e responsabilidade todos os retos que esa nova etapa lles demande e nos demande. Agardando as súas novas, e pedíndolle se sume ao consenso que fomos construíndo nestes meses, reciba un cordial saúdo. En Pontevedra, a 15 de Maio de 2013