2. Esta é a aldea de Trasponte, onde vive moi pouca xente. A aldea ten casas non moi modernas, a maioría delas foron restauradas fai pouco, só hai unha que está feita unha ruína. Na aldea de Trasponte hai un río pequeno e unha ponte, tamén hai un parque onde se fai a misa da Virxe do Carme. A aldea é pequena pero silenciosa e cómoda. A maioría da xente que vive nela é maior de 65 anos, case non hai ningún rapaz e a xente de menos de 30 anos é moi pouca. Tampouco hai moitos animais, só uns poucos vecinos teñen cabras e ovellas. Nesta pequena aldea hai moitas veigas onde a xente cultiva: millo, tomates, repolos, cabazos, cenorias, cebolas…Todo tipo de hortalizas. Os veciños desta aldea, algunas veces, reúnense en concello para ver como poder mellorar a aldea. A ALDEA DE TRASPONTE
3. Isto é no parque de Trasponte, aquí é onde se fai a misa do Carme o día 16 de xullo. A mesa que está enfronte da estatua da Virxe do Carme, é o altar onde o cura di a misa. Nesta misa reunímonos todos os veciños de Trasponte e máis xente dos arredores. Neste parque hai varios bancos para que toda a xente se poida sentar.. Despois da misa, poñen uns mexilóns, unhas empanadas e uns refrescos para que a xente os coma. Todos os anos á Virxe do Carme lle poñen unas velas acendidas, tamén se lle poñen unas flores. Nesta misa o cura ponlle ao altar un mantel onde pon o cáliz e as ostias sagradas. A MISA DA VIRXE DO CARMEN
4. Esta é a estatua da Virxe do Carme á que todos os anos se lle fai unha misa no parque onde está, para que os veciños nos acordemos dela. Esta estatua está feita de pedra e representa á Virxe co neno Xesús nos seus brazos. A estatua é moi visitada polos turistas que veñen dar paseos por Trasponte.. O día anterior ao día da Misa pola tarde, os veciños de Trasponte reúnense para lavar o altar e a estatua da Virxe para a misa. Á estatua sopórtaa unha columna grande de pedra. A estatua non é moi grande, pero é moi bonita. A VIRXE DO CARME
5. Éste é o parque de Trasponte onde hai varias cousas para que os nenos poidan xogar. Os tobogáns e os columpios puxéronse fai pouco porque os outros xa estaban moi oxidados e feos. O parque está ao carón dun río pequeno. Este parque ten árbores e plantas, aínda que non todas son de Galicia. Hai dúas árbores pequeniñas con pinchos e unha que é grande que parece unha oliveira. O parque está construído case onde remata a aldea de Trasponte. O parque está moi ben coidado, cando a herba crece demasiado, hai un encargado de cortala, de regar as plantas e de limpalo. O PARQUE
6. Esta é a fonte de Trasponte que foi construída en 2003. Esta fonte bota auga grazas a un pozo grande que hai no monte. Está enfronte do parque de Trasponte. A fonte esta feita de pedra, é moi sinxela, xa que non ten ningún adorno. Cando é a festa dos cabalos na Ran, beben nesta fonte. A auga é potable. O río de Trasponte é pequeno, case un regato. O río non ten unha auga limpa, non é potable, está moi contaminada. O río está cheo de herbas e de desperdicios. Antes, o río usábase para que os veciños puidesen lavar a súa roupa ou en verán para refrescarse cando facía moita calor. Ó lado del tiña unha especie de lavadoiro do que agora só se pode ver unha parte pequena. A FONTE E O RÍO
7. Este é o monte de Trasponte, non é un monte moi grande, pero ten moitas á rbores: carballos, casti ñ eiros, alg ú n pi ñ eiro e demasiados eucaliptos. Nel habitan animais como o esquiu e moitas aves. O monte está moi limpiño, cada certo tempo curtan as silvas, os toxos secos, etc., por se hai incendios, para que non se avive moito. O monte est á xusto ó lado dun campo onde se fai a festa dos cabalos. Na festa a xente deixa o s seus cabalos atados a unhas á rbores e monta tendas de campa ñ a. Á festa veñen persoas de toda Galicia para competir cos seus cabalos Algunhas persoas ve ñ en ó monte á durmir e fan unha fogueira, rodeada cun círculo de pedras, para cociñar. No monte, cando é inverno, os ú nicos froitos que se vén polo chan son as pi ñ as, as landras e as casta ñ as. O MONTE
8. Esta é a casa que me gusta. Está feita de pedra e ten un porche pola parte de atrás bastante amplo. Por dentro está feita tamén de pedra pero ten algunhas partes rústicas, como a cociña e o salón. O salón ten uns sofás de coiro, coma os de antes, e cadeiras de mimbre e con mesas de madeira normais. A cociña está feita de pedra e o teito de madeira, tamén ten cadeiras de mimbre coma no salón. As habitacións son normais, as paredes e o teito pintados de branco, e as camas de madeira e os colchóns moi brandiños e suaves. Ten dous cuartos de baño, catro habitacións, duas cociñas e un salón. Non e a casa que está mellor situada pero é moi bonita e está moi ben restaurada. Ten un xardín moi grande con moitas flores de cores e unha pexegueira. A CASA QUE ME GUSTA
9. Esta é a outra casa me gusta, aínda está en obras, pero por dentro xa está rematada e está moi ben feita. Está feita de pedra tanto por dentro coma por fora. Ten dous pisos: no primeiro é onde están as habitacións, un cuarto de baño e unha pequena sala. O piso de abaixo é onde está a cociña, o salón, e un cuarto de baño. A cociña é normal, cunha mesa de mármore e unha vitrocerámica, tamén ten unha televisión e varios mobles para gardar os alimentos, unha neveira, un lavavaixelas, un conxelador pequeño e unha despensa. Esta casa tamén ten un pequeño porche coma a outra, as portas son de madeira e as ventás son pequenas e cos bordes de madeira. Esta casa non ten xardín. A CASA QUE ME GUSTA
10. Esta é a casa que non me gusta, está feita de pedra, tanto por dentro coma por fóra. A porta é de madeira e o tellado está moi deteriorado. Por dentro, tamén está feita de pedra, ten dous pisos. No piso de arriba están as habitacións e un cuarto de baño. Nas habitacións os mobles están moi mollados e moi deteriorados, as patas das camas están rotas. O cuarto de baño ten moitísima humidade. No piso de abaixo só hai unha cociña e un salón que non se sabe que é un salón, as paredes da cociña están moi negras. A CASA QUE NON ME GUSTA
11. Nesta casa antes traballaba un ferreiro que amañaba cousas, coma por exemplo algunha cancela ou calquera material de ferro. O home chámase Manolo pero xa non segue traballando como ferreiro. Esta casa, como se pode aprezar na foto non está en bo estado, o tellado está caendo e as pedras teñen ocos, a porta é de madeira e a madeira xa está empezando a apodrecer. A CASA DO FERREIRO
12. Este é o meu recuncho favorito, un sitio moi tranquilo e alegre, e aquí podes pensar sen que ninguén te moleste. Aquí veño cos meus amigos a pasalo ben e a divertirme, tamén veño para pensar e estar tranquila ou cando estou aburrida ou non teño que facer . Este lugar está moi cerca do monte, como se pode apreZar na imaxe é un lugar que ten árbores, é unha especie de campo, é un lugar moi bonito e agradable, sobre todo en verán. Neste lugar hai unha especie de mesa e unha especie de banquiño pequeno onde se pode esta... tan tranquila!! O MEU RECUNCHO FAVORITO
13. Aquí viven as monxas nun réxime de clausura, dúas delas son da India. Este convento está feito de pedra, como ben se pode observar na imaxe. Está xusto ao lado da casa do cura que se chama Don Manuel. O convento componse de dúas partes: a igrexa e as habitacións das monxas. O convento ten un xardín moi bonito, pero só se pode ver desde fóra. As muralllas son moi altas e anchas, arrodeando todo o recinto do convento e vense desde todo o val do río Gallo. O CONVENTO