2. A aldea de Xinzo
Isto é Xinzo dende o seu monte. Está situado uns quilómetros máis arriba de Cuntis, na estrada
que vai a Cequeril. Pertence á parroquia de Sta. María de Cuntis. E unh aldea pequena e moi, moi
silenciosa. A súa poboación está aenvelledica, hai unhas 50 persoas, das que35 son anciáns, 10
son adultos e tan só hai 5 rapaces. Cada vez hai máis casas deshabitadas. Os montes están moi
descoidados, xa que a xente tira o lixo e os cascallos no monte.
3. Castro Sebil
O Castro Sebil ten 502 metros de
altitude, din que pertence a Sebil, pero
tamén está situado no monte de
Xinzo. Agora chégase con moita
facilidade xa que os veciños de Xinzo
venderon a leña, como se pode ver na
imaxe. Arriba de todo, as pedras son
enormes, e dentro dunha delas sae
unha pequena fonte aínda que a auga
non é potable.
Noutra pedra hai inscritos uns anos
(1912-1956).
Para chegar á cima hai que pasar por
debaixo dunha pedra enorme. Unha
lenda di que pasar por debaixo desa
pedra trae moi boa sorte e que tantas
veces como pases por debaixo dela,
tantos fillos terás.
Desde o cume hai unhas vistas
espectaculares, ata se chegan a ver as
Rías de Pontevedra e Arousa. Alí hai
unha placa sinalando un ‘vértice
geodésico’ a seu carón de forma
cilíndrica.
4. Río Umia
O rio Umia ao seu paso por
Xinzo. Nesta imaxe non se ve moi
ben pero é moito máis fermoso,
aquí non ten moito fondo.
Sempre hai moitos pescadores, e
tamén persoas que veñen a
bañarse polo verán. Eu non llo
aconsellaria xa que hai moita
serpes que, aínda que non son
moi grandes, son realmente
noxentas.
Máis abaixo está a que lle
chaman a Poza do Pego,
chámanlle así porque ten moito
fondo. Tamén din que
antigamente cando ninguén
quería un animal atábanlle unha
pedra grande ó pescozo e o
tiraban a auga para que afogase.
Polo verán o rio Umia non ten
moito caudal, pero polo inverno
chega ata unhas brañas que hai
un pouco máis para arriba.
5. A fonte-piscina
Ésta é a única piscina que hai
en Xinzo. Está un pouco
deteriorada xa que como agora
non hai rapaces ninguén se
baña alí, e non a coidan. Nunca
está sucia porque a súa auga
sempre está correndo, por iso
está tan fría. Antigamente non
era unha piscina senón un pilón
para beber as vacas.
Hai xente á que lle gusta beber
a auga tan fria e cóllea sempre
alí.
Non ten nin un metro de fondo.
Hai uns cantos anos os rapaces
andaban polo bordo a ver quen
caía antes.
6. As casas
Esta é a miña casa, non é moi
grande pero é moi acolledora. É
a máis alta de Xinzo. Foi
contruída no 2002, ten moi boas
vista e sobre todo encaixa moi
ben no medio xa que non é moi
grande nin moi pequena. Ten
unha eira bastante ampla e un
garaxe no que hai moitísima
maquinaria do meu pai.
A casa que menos me gusta
porque non encaixa co medio é
esta.
Non me gusta porque é moi
grande, está a beira da estrada e
porque non ten unhas vistas moi
boas.
7. Os hórreos
Este hórreo construíse no ano 1930.
Antigamente nel gardábase o millo, o
centeo, e as veces ata as pacas para
darlle de comer as vacas. Os seus
donos tivérono sempre ben coidadiño.
Hai uns meses cambiaronlle a porta
xa que estaba moi deteriorada.
Non se ve moi ben pero arriba, a
esquerda, ten unha cruz cun Cristo e
na outra ten unha bola. Este hórreo
ten dous claros de millo, unha medida
que tiñan antigamente. As portas
están sempre ubicadas cara o norte,
porque se meten millo ábrenas para
que cure, porque din que o aire do
norte cura o millo.
O hórreo de abaixo é moi antigo,
contruiuse no ano 1915. Os seus
donos non viven na casa e por iso
está tan descoidado. Este xa non ten
nin a madeira nin a porta.. Case non
se ve porque as silvas e as hedras
estano cubrindo.
8. Os invernadoiros
En Xinzo só hai dous
invernadoiros, un é
este que ten tomates,
leitugas, pementos e
sobre todo moita
remolacha.
A remolacha úsana
para comer e tamén
para darlle ós puchos
cando son pequenos.
9. A parada do bus e a vella escola
Aquí é onde os poucos rapaces que
hai en Xinzo esperámo o bus.
Cando o meu pai era pequeno este
caseto xa estaba alí, así que xa
debe ter uns 40 anos ou máis.
Ó ter tantos anos está un pouco
deteriorado, chove máis dentro del
que fóra. Tamén hai outro
problema, que está a 200 metros de
por onde pasa o autobús, e as
veces cando chove temos que estar
alí e o bús case non nos ve.
Antes había escola en Xinzo pero
xa hai moito anos que non se usa, e
o edificio, por desgraza está
abandonado