2. A v i d a A o b r a
Manuel María Fernández Teixeiro naceu o 6 de outubro de 1929 en
Outeiro de Rei (A Terra Chá, Lugo) no seo dunha familia labrega
acomodada, o que lle permitiu estudar, algo que naquela época non era
doado. Comezou na escola en Outeiro e logo en Rábade prepárase para o
ingreso no instituto e alí tivo o primeiro achegamento á poesía galega, xa
que dedicaba a tarde dos sábados a ler e comentar textos poéticos
galegos.
Á morte de seu pai, cando tiña 12 anos, marchou vivir a Lugo cun tío
paterno. Pasa tamén algúns anos nun internado. Fai o bacharelato nesa
cidade e alí coñece a Uxío Novoneyra. Sempre que pode regresa á casa
familiar onde ademais da compaña de nai e os irmáns, comparte tempo
tamén cun xornaleiro que traballa na casa co que aprende a facer versos.
En Lugo dá a súa primeira conferencia con só dezanove anos no Círculo
das Artes e comeza a súa relación con intelectuais da época (Pimentel,
Fole, Ramón Piñeiro, Aquilino Iglesia, Cunqueiro ou Carballo Calero). É
tamén a esa idade temperá á que escribe o seu primeiro poemario e
convértese en editor da revista Xistral.
Matriculase por libre na universidade en Filosofía e Letras, pero abandona
ao ano seguinte. Despois de cumprido o servizo militar, prepárase para ser
procurador dos tribunais, actividade á que se dedicará ata xubilación.
En 1956 coñece a Saleta Goi, a súa muller e compañeira na vida e á que
dedicará moitos dos seus poemas. Con ela comparte proxectos como a
librería Xistral que abren en Monforte en 1970 e que converten nun
centro de dinamización cultural.
Nos anos 60 comeza o súa militancia política na clandestinidade,
formando parte da UPG e do Frente Cultural da AN-PG. É moi importante
tamén a súa actividade cultural (creación de coleccións de poesía,
edicións de discos...).
É un dos poetas máis coñecidos e recoñecidos e a partir dos anos 80
recibe homenaxes e premios como o Premio Celanova, Casa dos Poetas,
ou o Pedrón de Ouro.
A finais dos anos 90 vai a vivir á Coruña, cidade na que falece o 8 de
setembro de 2004.
Manuel María foi un autor moi prolífico, tendo publicadas case 100
obras. A meirande parte delas son poéticas mais tamén ten algunhas
obras dramáticas e de narrativa; completou a súa escrita con obra
ensaística.
A súa poesía caracterízase por ter unha gran amplitude temática; foi
evolucionando dende a poesía existencial do seu primeiro poemario,
Muiñeiro de brétemas (1950) co que se inaugura a "Escola da Tebra",
ata poemarios socialrealistas como Documentos persoaes, Versos pra un
país de minifundios ou Mar maior; pasando por obras paisaxísticas como
Terra Chá ou poemas de preocupación relixiosa (Libro dos pregos).
Tamén ten obras de carácter infantil como Os Soños na gaiola.
Compromiso, paisaxe, nostalxia, … están tamén presentes en case toda a
súa obra poética. Outros títulos destacados: Poemas ó outono, Luz
resucitada, Poemas da labarada estremecida, Laio e clamor pola Bretaña
e Ritual para unha tribu capital de concello, Poemas a Compostela….
Presentan os seus poemas unha enorme amplitude de formas e
chegaron ao gran público, en moitos casos, despois de seren musicados.
Tamén Manuel María se adentrou na narrativa, escribindo textos para
adultos e para nenos, como O Bigote de Mimí (historia dun gato manso,
agarimoso e moi presumido ao que os ratos lle tiñan un medo enorme);
no xénero dramático: Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo
chamada Berenguela.
Ademais de obras literarias, Manuel tamén escribiu algúns textos de
ensaio sobre todo arredor da poesía.
O idioma é a chave O idioma é a forza
coa que abrimos o mundo: […] que nos xungue e sostén.
o salouco máis feble, ¡Se perdemos a fala,
o pesar máis profundo. Non seremos ninguén!
As rúas do vento ceibe .