2. O cristianismo, adoptando o ano novo dos celtas e a
súa festa á honra dos mortos, designaría o primeiro
de novembro como día de Todos os Santos, e no
século XII, ao día seguinte como día de Defuntos.
3. Haimoito tempo, nunha pequena vila irlandesa había
un monxe chamado Jack que se cría moi astuto,
tanto que ata fixo un pacto co demo. O pacto
consistía en que o demo non o deixaría ir ao inferno
se Jack facía o mal na terra. E así foi. Pero Jack era
mortal, e como a todos os mortais lle chegou a súa
hora.
4. No ceo non o deixaron entrar e claro, no inferno o
demo cumpriu a súa parte e non o deixou pasar,
pero deu a Jack unha peculiar lanterna en
compensación por todo o mal causado. Esta
lanterna consistía nun nabo oco que estaría
incandescente por sempre. E desde entón cóntase
que Jack vaga polo mundo coa lanterna en busca
dun lugar onde descansar.
5. Existeoutra variante da lenda en que Jack conta
como lle gastou unha broma ao demo: fíxolle rubir
por unha árbore seca e quedou pechado no seu
tronco. A cambio da súa liberdade o demo tería que o
deixar de tentar coa bebida. O demo en vinganza
pola broma, non o deixou entrar ó inferno e
castigouno a vagar eternamente por aí coa súa
lanterna.
6. Existetamén outra lenda máis que conta que se
recorta a cabaza en forma de monstro e se acende
unha vela dentro para que Jack non se achegue ás
casas.
7. Hai aproximadamente 2.600 anos chegaron a Galicia os
pobos Celtas. Ademais dos seus adiantos científicos e
técnicos, como foi a metalurxia do ferro, tamén trouxeron a
súa cultura e as súas crenzas. O igual que outros pobos
bárbaros, os Celtas consideraban as cabezas dos seus
inimigos máis que como un botín de guerra coma o cerne
dos misterios do ser humano. Crían que "aquel que posuíse
unha caveira posuiría a forza máxica da súa pantasma".
8. A festa do Samain era a data máis perigosa do seu
calendario posto que o mundo dos mortos facíase accesible
para os mortais, podendo pasar a formar parte del por culpa
dun feitizo. Cando chegaban as celebracións do Samain (nas
longas noites escuras) tense por certo que os celtas
colocaban velas no interior das caveiras dos inimigos
mortos. Colocábanas nos cruces de camiños, nos arredores e
nas muradas dos seus castros, co obxecto de arrepiaren os
inimigos para esconxurar os perigos da celebración. É
curioso que moitos anos despois o cristianismo escolleu
estas datas para celebraren o día de defuntos e tódolos
santos.
9. O nome da Galiza, como os nomes Galés, Galia, Galos,
Galego... teñen todos a raíz Gal- que o pobo romano
empregaba para nomear a un pobo da Europa central, os
Celtas. Os pobos Celtas, aínda hoxe, son pobos que teñen un
profundo sentimento relixioso, para quen as cousas naturais
e sobrenaturais mestúranse de forma sinxela. Galiza fica
hoxe como testemuña desta profunda relixiosidade dos
Celtas, como tamén outros pobos céltigos.
10. As mulleres representaron un papel fascinante no mundo
celta, en contraste coa súa posición noutras culturas
europeas paganas e superando en dereitos a outras mulleres
de sociedades avanzadas como a grega ou a romana. Aquí,
podían saír á rúa, xantar co seu marido e ir a lugares
públicos. A muller celta rompía esquemas. Na sociedade celta
atopábanse numerosas figuras femininas desempeñando
cargos públicos de máxima autoridade.
11. Assagas apoian a idea das mulleres como guerreiras raíñas
que aparecen en moitas historias e lendas. O pobo celta tiña
unha mentalidade moi diferente á romana. Mentres os
romanos consideraban á muller como portadora de nenos e
obxectos do pracer, os celtas incluían ás súas mulleres na
súa vida política e relixiosa.