En 2019 celébranse os 250 anos do
nacemento de Alexander von Humboldt.
Con este traballo queremos achegar o noso
grao de area aos moitos recoñecementos
dedicados á vida e obra deste grande
científico e humanista.
Panel realizado para a
exposición no IES Francisco
Asorey, no marco da
Semana da Ciencia 2019
-14 de setembro de 1769: nace en Berlín
Friedrich Wilhelm Heinrich Alexander Freiherr
von Humboldt. Fillo de Alexander Georg von
Humboldt, un oficial do exército de Prusia e de
Marie Elizabeth von Hollwege.
-1777-1787: recibe educación, xunto co seu
irmán Wilhelm a cargo de titores particulares.
Vive no castelo de Tegel (do actual distrito de
Reinickendorf).
Placa conmemorativa no
lugar de nacemento de
Humbold en Berlín-Mitte
(hoxe: Academia de Ciencias)
-1787-1788: realiza estudos superiores de Economía na
Universidade de Frankfort do Oder.
-1789-1790: estuda na Universidade de Gotinga: Física e
Química, Filosofía, Historia e Ciencias Naturais. En
Hamburgo estuda Comercio e linguas estranxeiras;
Xeoloxía en Freeiberg, Anatomía en Jena, Astronomía e
usos de instrumentos científicos…
Universidade de Frankfort do Oder
Universidade de Gotinga
-1790: realiza viaxes de investigación a
París e Inglaterra xunto a George Foster.
Percorre o río Rhin ata Holanda e de alí vai
a Inglaterra. O resultado de toda esa
exploración científica recolleuna nunha
obra titulada Mineralogische
Beobachtungen über einige Basalte am
Rhein (Observacións mineralóxicas sobre
algúns basaltos do Rin) (Brunswick, 1790).
-1791: Estuda na Academia de Minas de
Friburgo.
-1793- publica as súas pescudas sobre a
vexetación das minas de Freiberg no Florae
Fribergensis Specimen.
-1792-1795: desempeña un cargo no Consello
Superior de Minas, onde realiza avances para
a explotación mineira.
Abre unha escola de formación de mineiros,
que financia cos seus propios cartos, e realiza
estudos para mellorar a seguridade das
minas.
-1795: realizou unha viaxe de carácter
xeolóxico e botánico a Suíza e Italia.
-1796: morre a súa nai e Humboldt recibe
unha importante herdanza que facilita a súa
dedicación aos viaxes e a exploración.
Humboldt
coa súa nai
Durante a década de 1790, Humboldt coñeceu
a Goethe e Friedrich Schiller.
Xunto co sei irmán Wilhelm, o cuarteto será
coñecido como o Círculo de Jena e será un dos
centros de difusión do idealismo alemán.
Debuxo de 1797: de esquerda a dereita: Schiller,
Wilhelm e Alexander von Humboldt e Johann
Wolfgang Goethe.
-1797: abandona o seu cargo en Minas
para dedicarse á exploración nalgúns
países de Europa. Viaxa a París e planea
unha viaxe a África que non chega a
realizar.
Publica os resultados dunha prolongada
serie de experiencias sobre o fenómeno
da irritabilidade muscular, acabada de
descubrir por Galvani, no Versuche über
die gereizte Muskel- und
Nervenfaser (Berlín, 1797).
-1799: o rei de España concédelle autorización para
realizar unha viaxe de investigación nas colonias
españolas do territorio americano.
O 5 de xuño embarca no buque Pizarro na Coruña
acompañado de Bonpland, que actúa como o seu
segredario.
Fan unha escala de seis días en Tenerife, onde
ascenden ao Teide, e chegan a Cumaná o 16 de
xullo.
Durante a navegación, Humboldt efectúa medidas
astronómicas, meteorolóxicas, de magnetismo e da
temperatura e composición química do mar.
Na noite do 11 ao 12 de novembro, Humboldt
observa e documenta unha extraordinaria chuvia de
meteoros (as Leónidas) “millares e millares de
estrelas fugaces e bólidos caeron durante catro
horas consecutivas”.
-1799-1804:
percorre, xunto
con Aimé
Bonpland e
Carlos Montúfar
(desde 1802) os
territorios actuais
de Venezuela,
Colombia,
Ecuador, Perú,
México, Cuba e
Estados Unidos.
Fixo 9.650 km en
tres etapas a pé,
a cabalo ou en
canoas.
PRIMEIRA ETAPA
En Suramérica, partindo de
Cumaná e Caracas, e no alto
Orinoco visitando A
Esmeralda e o río Casiquiare.
En febreiro de 1800
Humboldt deixa a costa para
explorar o curso do río
Orinoco durante catro meses
nos que percorre máis de
2.750 km dunha terra
inhabitada e salvaxe.
Documenta a existencia
dunha comunicación entre os
sistemas hidrográficos dos
ríos Orinoco e Amazonas (a
Canle do Casiquiare)
Alexander von Humboldt e Aimé Bonpland no
Orinoco, pintura de Eduard Ender (1856)
Mapa do sistema de auga arredor do
Casiquiare de Alexander von Humboldt
Río Casiquiare
SEGUNDA ETAPA
De Bogotá a Quito polos Andes. Visitou
Santa Fe de Bogotá coa idea de
entrevistarse co botánico José Celestino
Mutis, para o que tivo que remontar o
río Magdalena e ascender polos
camiños dos Andes.
Escalou e realizou importantes estudos
dos volcáns Chimborazo e Pichincha, en
Ecuador, e fixo unha expedición ás
fontes do Amazonas.
Humboldt gaña renome mundial ao escalar o Chimborazo, pico
considerado na época como o máis alto do mundo.
José Celestino
Mutis.
Sacerdote,
botánico,
matemático e
profesor da
Universidade
do Rosario,
en Bogotá,
TERCEIRA ETAPA
Visita a Nova España onde obtivo as
autorizacións necesarias para percorrer
o vasto territorio, coa condición de que
non revelara esa información ao
goberno dos Estados Unidos. Recolle
una grande cantidade de datos sobre o
clima, os recursos naturais, a orografía,
a flora e a fauna da zona e realiza
mapas. En México, estuda o calendario
azteca.
Humboldt e os seus compañeiros
pasaron o ano 1803 percorrendo
México. Escribe o seu Essai politique sur
le royaume de la Nouvelle Espagne
(Ensaio político sobre o reino da Nova
España) (1811), o primeiro ensaio
xeográfico rexional, no que relata
sumariamente as súas viaxes.
Prismas de basalto en
Santa María Regla
(México), por Alexander
von Humboldt,
publicado en Vue des
Cordillères et
monuments des peuples
indigènes de l'Amérique
Humboldt rematou as súa viaxes por
América cunha visita a Estados Unidos,
onde foi hóspede do presidente Thomas
Jefferson, un grande afeizoado aos estudos
xeográficos, en especial sobre a Nova
España. Achegou inxenuamente
información que facilitou a conquista de
territorios mexicanos polos Estados
Unidos.
O Mapa, que apareceu máis tarde
publicado no seu Ensaio político de la
Nueva España (1811), era coñecido e
utilizado polo exército de Estados Unidos
na guerra contra México.
Mapa de Nova España
A expedición de Humboldt e Bonpland, que durou cinco
anos, custoulle a Humboldt un terzo da súa fortuna.
Foi unha das máis destacadas expedicións científicas de
todos os tempos, cun volume de datos dun valor científico
inestimable e a recollida dunha importante cantidade de
mostras e espécimes.
Debuxos de Humboldt
Precisou latitudes e lonxitudes,
mellorou mapas, identificou 60.000
plantas (6.300 ata entón
descoñecidas), desenvolveu a
xeografía das plantas e describiu a
corrente que levou máis tarde o seu
nome (corrente de Humboldt).
Pode ser considerado quen sentou as
bases das ciencias físicas da xeografía
e da meteoroloxía.
Fixo importantes estudos xeolóxicos
dos volcáns do Novo Mundo. Amosou
que se ordenaban naturalmente en
grupos lineares, presumiblemente
correspondendo a vastas fisuras
subterráneas; e demostrou a orixe
ígnea de moitas rochas.
Lago de Guatavita (Colombia)
Carlos de Montúfar y Larrea-Zurbano (Quito 1780-Buga 1816)
un noble e militar crioulo, considerado un dos libertadores de Ecuador.
Coñeceu en Quito, en 1802, aos xeógrafos Alexander Humboldt e Aimé
Bonpland e acompañounos (con 21 anos) durante o resto da expedición
americana polos actuais Ecuador, Perú, México, Estados Unidos e Cuba.
Montúfar levou un diario da viaxe, con importantes anotacións, que inicia
en Quito e remata no Perú.
Aimé Goujaud Bonpland (La Rochelle 1773-Paso de los Libres 1858). Médico,
naturalista e botánico francés que acompañou a Humboldt na expedición americana.
Bonpland reuneu e depositou no Jardin des Plantes de París un herbario de 60.000
especies, das que 6.000 eran descoñecidas en Europa.
Como resultado da súa viaxe publicou catro volumes sobre plantas na obra Voyage aux
régions equinocciales du noveau continent fait en 1799 - 1804 e, en colaboración con
Humboldt, os sete volúmenes de Nova genera et spacies plantarum.
Orquídea Masdevallia bonplandii
-3 de agosto de 1804: Humboldt, Bonpland e
Montúfar chegan a Francia (Burdeos) desde
Filadelfia.
O 7 de de decembro presenta no Instituto de París
o seu descubrimento da diminución da
intensidade do campo magnético terrestre dos
polos ao ecuador.
-1804: coñece a Simón Bolívar en París
-1805: viaxa a Italia para atoparse co seu irmán
Wilhelm. En maio reúnese por segunda vez con
Simón Bolívar
Bolívar e Humboldt coñecéronse en París en 1804 e volveron a
verse en Roma en 1805. Bolívar aínda non era o líder que
guiaría as revoluciónes de Sudamérica contra a corona
española. Bolívar decía que Humboldt era ”o descubridor
científico do Novo Mundo e o seu estudo dou a América algo
mellor que todos os conquistadores xuntos”.
Grazas á influencia e os coñecementos de Humboldt, Bolívar
informouse sobre a natureza e os sucesos dos territorios de
Latinoamérica e fixo varias leis para protexer os bosques.
Humboldt, pintura de Friedric Georg Weitsch (1806) Humboldt (debuxo de Frédéric d'Houdetot, 1807)
-1808: volve a París para continuar a
elaboración das súas obras sobre América.
-1810: establécese París (onde pasará 15 anos).
Nese tempo traballa na Escola Politécnica e na
Biblioteca do Instituto Nacional. Durante varios
anos comparte un cuarto con Gay-Lussac.
Publica o seu Voyage interminable sur
l'Amérique du Sud (Viaxe interminable pola
América do Sur).
Joseph Louis Gay-Lussac (1778-1850) foi un químico
e físico francés amigo e colaborador científico de
Alexander von Humboldt.
Xuntos descubriron que a composición da atmósfera
non cambia coa diminución da presión (aumento da
altitude) e que a auga está formada por dúas partes
de hidróxeno e unha de oxíxeno (por volume).
Os gobernos alemán e francés conceden anualmente
o premio de ciencias Gay-Lussac-Humboldt.
-1814: publica en francés o Resume da Situación
Política do Novo Reino de España.
-1818: Humboldt coñece en París ao mozo científico
peruano estudante na École Royal de Mines de París
Mariano Eduardo de Rivero y Ustariz, do que foi anos
despois un grande amigo e mentor.
-1827: volve a Berlín, onde fixa a súa residencia de
forma definitiva.
-1828: imparte cursos na universidade e numerosas
conferencias.
Organiza unha reunión da Asociación Científica en
Berlín na que participan 600 dos máis renomeados
científicos.
Autorretrato de
Humboldt (1814)
Mariano Eduardo de Rivero y Ustáriz, (Perú, 1798-París 1857).
Científico, enxeñeiro de minas, xeológo, mineraloxista, naturalista,
anticuario e diplomático.
Considerado como o principal científico peruano do século XIX.
Diversas publicacións científicas convérteno nun pionero das ciencias
naturaies en América Latina.
Foi alumno e amigo de Humboldt.
Mineral descuberto por Rivero e Boussingault
-1829: realiza unha expedición a Rusia e Siberia con Gustave Rose (profesor
de química e de mineraloxía) e C.G. Ehrenberg (naturalista e zoólogo).
Humboldt pasa un mes estudando as minas dos Urais e predí a existencia de
diamantes. Foi o conde Polier, propietario das minas e a quen Humboldt
explicou a súa teoría, o que atopou o primeiro diamante dos Urais.
A expedición atravesa a Siberia ata o Altai (seis meses e 17.000 km). Anos
máis tarde publica o seu Asie centrale (en tres volumes).
Mapa das expedicións de Humboldt a Rusia e Siberia
-1834: Inicia a redacción da súa obra
Kosmos, unha condensación do
coñecemento científico de súa época.
-1835: morre o seu imán Wilhelm
-1845 a 1847: elabora e publica os
primeiros dous volumes do Kosmos.
-1850 a 1858: terceiro e cuarto volumes
do Kosmos.
Un fragmento dun quinto volumen
publícase postumamente en 1862.
Humboldt en 1847
(daguerrotipo de Hermann Biow)
No Kosmos Humboldt ten como obxectivo comunicar
a excitación intelectual e a necesidade práctica da
investigación científica.
Describe en cinco volumes todos os coñecementos
da época sobre os fenómenos terrestres e celestes.
Tenta a representación da unidade no medio da
complexidade da Natureza.
Nesa obra, os grandes e vagos ideais do século
XVIII son recuperados e combinados coas
necesidades científicas do século XIX.
O seu valor supremo consiste no feito de representar
fielmente o reflexo da mente dun grande home. Ao
tentar, representar o universo, conseguiu de maneira
perfecta representar a súa propia intelixencia
comprensiva.
As notas do Kosmos están repletas de citas onde el,
de certa maneira, recoñece as súas "débedas"
intelectuais.
-1852: Humboldt recibe a medalla Copley da
Royal Society de Londres.
-6 de maio de 1859: Humboldt morre en
Berlín aos 89 anos.
Humboldt coa Orde da Águia
Negra (fotografía de 1857)
Último retrato de
Alexander von Humboldt
por Julius Schrader (1859).
Ao fondo o Chimborazo.
Despois da morte de Humboldt os seus amigos
e colegas crearon a FUNDACIÓN ALEXANDRE
VON HUMBOLDT para manter o xeneroso
apoio aos novos científicos.
VIDA: CIENCIA, CULTURA E POLÍTICA
Humbolt, dominador de nove idiomas e “sabio” en moitas
disciplinas do coñecemento, foi explorador, naturalista,
investigador, xeógrafo, xeólogo, vulcanólogo, meteorólogo,
astrónomo, ecólogo, oceanógrafo… ; pero tamén foi un
humanista e, incluso, un político.
Destaca a súa paixón polo coñecemento da natureza e,
especialmente, a súa visión integradora dos diferentes
campos científicos. Entendía que para estudar o planeta
era necesario facelo de forma interdisciplinaria e moitos
dos temas que abordou, así como os seus métodos de
traballo manteñen a súa vixencia.
A partir da morte de Humbolt (1959, data que coincide coa
publicación da “Orixe das especies” de Darwin), a ciencia
comezou a especializarse e ninguén máis tentou abarcar
todos os campos de coñecemento.
Alexander von Humboldt (busto
de Christian Daniel Rauch, 1857)
Mantivo amizade con Johan Carl Friedrich Gauss
(un dos matemáticos máis importantes da
historia), con Gay-Lussac (químico e físico que
enunciou a “Lei dos gases”), con Bonpland
(explorador, médico e botánico francés), con
Goethe (celebridade literaria, novelista,
dramaturgo, poeta, científico e filósofo
humanista), Bouganville (militar e navegante
francés), Schiller (poeta, dramaturgo, filósofo e
historiador), irmáns Grimn (escritores de contos
populares e infantís), Celestino Mutis (un dos
grandes botánicos da época) e con distintos
persoeiros políticos como Thomas Jefferson, o
zar Nicolás I, o rei de España Carlos IV, Federico
Guillermo IV de Prusia, Napoleón, Simón
Bolivar...
Johann Carl Friedrich Gauss
Johann Carl Friedrich Gauss (1777-1855). Considerado
un dos matemáticos máis grandes e influentes de toda a
historia polas súas amplas contribucións en moitos eidos:
teoría dos números, álxebra, estatística, análise,
xeometría diferencial, xeodesia, xeofísica, mecánica,
electrostática, astronomía. Teoría da matriz, óptica...
Fixo os seus primeiros descubrimentos matemáticos
innovadores cando aínda era adolescente e completou a
súa obra máis importante aos 21 anos (Disquisitiones
Arithmeticae.)
Dixo que as matemáticas eran "a raíña das ciencias".
Película basada no libro de Daniel
Kehlmann que relata as vidas
paralelas de Gauss e Humboldt
A correspondencia de Humboldt con colegas científicos
componse de 35.000 cartas (aproximadamente 12.500
están arquivadas).
VIAXES: CIENCIA, AVENTURA, GLORIA …
Nun momento da historia onde o coñecemento
natural do planeta era moi precario, Humbolt
comprendeu que había moito por descubrir e
que para conseguilo era necesario coñecer de
primeira man os diferentes lugares e
continentes; era necesario viaxar e achegarse a
todos aqueles lugares cientificamente
descoñecidos.
O seu obxectivo era viaxar por todo o mundo e
deixar plasmado en ensaios e publicacións a
riqueza natural en todas as súas manifestacións.
Humbolt foi o grande viaxeiro, o precursor do
que no século XVIII serían as grandes viaxes
científicas que realizarían, especialmente,
británicos, franceses e alemáns.
LEGADO: PASADO, PRESENTE E FUTURO
Alexander Von Humbolt foi o precursor de
moitas das actuais ramas da ciencia e o seu
legado científico e social segue presente entre
nos.
Foi quen de dar o primeiro paso en moitas
disciplinas científicas.
É é o mellor exemplo de explorador naturalista,
o pai da xeografía moderna universal, o
descubridor científico do Novo Mundo, o
iniciador da ecoloxía que anticipa o cambio
climático e inicia o debate medioambiental da
destrución dos bosques pola acción humana e
o seu negativo efecto no clima.
Tamén foi o precursor doutras como a
oceanografía (descubrimento da “Corrente de
Humbolt”, hoxe vinculada ao fenómeno
atmosférico de “El Niño”) sismoloxía,
vulcanoloxía ou bioxeografía.
Atribúeselle a invención de novas expresións
como isodinámicas, isotermas, isóclinas,
xurásico, tempestade magnética...
PUBLICACIÓNS DESTACADAS
Le voyage aux régions equinoxiales du Nouveau Continent (Viaxe ás rexións equinociais
do Novo Continente), escrita entre 1799-1804, por Alexander von Humboldt e Aimé
Bonpland (París, 1807). Está formada por 30 volumes e engloba un número considerable
de obras subordinadas:
-Vue des Cordillères et monuments des peuples indigènes de l'Amérique (Vista da Cordilleira e monumentos dos
pobos indíxenas de América) (1810).
-Examen critique de l'histoire de la géographie du Nouveau Continent (Exame crítico da historia da xeografía do
Novo Continente) (1814-1834).
-Atlas géographique et physique du royaume de la Nouvelle Espagne (Atlas xeográfico e físico do virreinato da
Nova España) (1811).
-Essai politique sur le royaume de la Nouvelle Espagne (Ensaio político sobre o reino da Nova España) (1811).
-Essai sur la géographie des plantes (Ensaio sobre a xeografía das plantas) (1805).
-Relation historique (Relación histórica) (1814-1825), unha narración inconclusa das súas viaxes, que inclúe Essai
politique sur l'île de Cuba (Ensaio político sobre a illa de Cuba).
-Nova genera et species plantarum (Novos xéneros e especies de plantas) (7 vols), (1825). Contén descricións de
máis de 4.500 especies de plantas colectadas por Humboldt e Aimé Bonpland.
-Ansichten der Natur (Cadros da Natureza)
(1808) .
-Nova genera et species plantarum (Novos
xéneros e especies de plantas) (7 vols), (1815-
1825). Contén descricións de máis de 4.500
especies de plantas colectadas por Humboldt
e Aimé Bonpland.
-Recueil d'observations
astronomiques (Compendio de observacións
astronómicas) (1808) coa colaboración de J.
Oltmanns.
-Recueil d'observations de zoologie et
d'anatomie comparée (Compendio de
observacións de zooloxía e de anatomía
comparada) (1805-1833) coa colaboración de
Cuvier, Latreille, Valenciennes e Gay-Lussac.
-Fragments de géologie et de
climatologie asiatiques (Fragmentos de
xeoloxía e climatoloxía asiáticas) (1831) e
Asie centrale (Asia central) (1843),
recollen os resultados da súa viaxe
asiática.
-Kosmos - Entwurf einer physischen
Weltbeschreibung (Cosmos – Ensaio para
unha descrición física do Mundo) (1845 a
1862). Obra na que fai unha descrición
gráfica do mundo físico que estudou e
observou durante case medio século.
.....
A importancia do traballo de Humboldt recoñécese con numerosos monumentos e dándolle o seu nome
a elementos da natureza (montañas, glaciares, covas, correntes mariñas, minerais, máis de 300 especies
de plantas e 100 de animais, fungos, fósiles...), lugares, institucións, premios, becas...
Monte Humboldt (Venezuela)
Buque de investigación polar peruano Humboldt.
Alexander von Humboldt II,
buque escola da Deutsche
Stiftung Sail Training
(Fundación de
entrenamento de vela
alemana)
Portacontedores
CMA CGM
Alexander von
Humboldt
Cruceiro nas Illas Galápagos
“As ideas so serán útiles
cando estean vivas en
moitas cabezas”
Alexander von Humboldt
Busto de Humboldt na
Universidade da Habana de
Erfurt Christian Paschold.