1. Ramón Caamaño Bentín, naceu en 1908
en Muxía (A Coruña) e morreu o 13 de
maio de 2007 na mesma vila.
2. Formación e primeiros anos
Ao pouco de nacer el, o seu pai emigra a Cuba e México
onde se dedica á venda do encaixe que elaboran na casa
familiar.
Aos 8 anos o seu pai mándalle unha máquina de cine con
algunha película, que lles proxectaba aos rapaces de
Muxía cobrándolles a entrada en alfinetes que logo vendía
ás palilleiras.
Con 16 anos merca a súa primeira máquina de fotos. Era
unha máquina de caixa que tiraba as fotos sen enfocar.
3. A partir do ano 1925 comeza a
fotografar o o seu contorno:
mariñeiros, campesiños,
paisaxes, solpores, romarías...
(Foto tomada da Voz de Galicia)
4.
5.
6. No 1927 compra unha máquina para proxectar cine, e
comeza a distribuír películas pola Costa da Morte.
Marcha a Santiago de Compostela nos invernos dos
anos 29, 30 e 31, onde traballará co fotógrafo Ksado,
de quen aprenderá entre outras cousas a técnica de
colorear fotos con ácidos.
7. En 1938 é mobilizado co motivo da Guerra Civil e
destinado á fronte de Aragón, onde leva canda si a
cámara West Pocket. As súas fotos de guerra
poden considerarse como o primeiro exemplo de
fotoxornalismo galego.
Á volta da contenda segue cun estudio en Cee, pero
a súa actividade esténdese a toda a comarca,
principalmente ás vilas de Corcubión e Muxía.
8.
9. Nas súas fotografías emprega
fundamentalmente o branco e negro, e é sobre
todo coñecido polos seus retratos. Os
fotógrafos de aldea, coma el, vivían de
realizar fotografías por encarga a labregos e
mariñeiros, que buscaban con elas manter o
vínculo cos familiares da emigración. Tamén
ten series de fotografías de defuntos, aos que
retrataba a petición dos seus familiares, coma
derradeiro recordo.
11. Facía as fotos no estudio,
sobre uns decorados de pano,
ou senón nas propias aldeas,
con panos e telas que se
colocaban de fondo en
escenar. O contraste entre
eses decorados irreais e a
expresión seria dos
retratados, é unha das
características deste xénero.