SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 17
Descargar para leer sin conexión
Colección documental                                Capítulo VII                                 1º de bacharelato.


                                         A era do imperialismo
O concepto de imperialismo.                                                       Colonialismo e imperialismo.

A. Diferencias entre colonialismo e imperialismo.
         “O concepto de Imperialismo adoita ser empregado con certa ambigü edade. Na súa máis ampla
acepción enténdese por tal toda forma de domini o habitual dunha potenc ia sobre outra; fálase, pois, de
imperialismo referíndose a un xeito de supeditación económica, ou politica, ou incluso cultural e, ás veces,
territorial.
        O colonialismo é polo tanto unha das maneiras posibles do imperialismo, consistente na explotación
dun territorio en proveito doutro polo xeral mediante o chamado pacto colonial (materias primas en troques
de manufacturas e inversións na infraestructura, no seu prantexamento máis elemental).
        En rigor, tamén o término colonialismo adoita ser empregado coa mesma ambigüedade e semellantes
acpcións que as advertidas para o imperialismo. Aquí referímonos sen embargo ó tipo de explotación de scrita.
         Trátase polo demáis dunha forma histórica secular que se precipita non obstante entre 1870 e 1914.
Isto levou á formulación de teorías diversas para explicar o feito.
         Tivo en concreto particularísima relevancia a elaborada polo pensamento socialista nos primeiros anos
do século XX. Segundo él, a insoslaiable lei de expansión contínua, inherente ó sistema capitalista, conduce
a nivel nacional a un estadio de plenitude, tanto no q ue concerne ó emprego de to das as súas virtualidades
productivas como no que atinxe ó dominio do mercado. E isto forza a proxección exterior, á conquis ta de novas
áreas económicas.
        En tal sentido exprésase en 1902 o laborista e economista británico John Atkinson Hobson
(Imperialismo), en términos que logo serán erroneamente atribuídos a Lenin.
        Aínda antes deste, o tamén economista e socialdemócrata alemán Rudolf Hilferding (1910, El capital
finaciero) anuncia que aquela proxección exterior do capitalism o nacional dará ademáis lugar ó triunfo do
sistema económico socialista, pola imposibilidade de aquél de colocar os excedentes unha vez consumada así
mesmo tal conquista de mercados foráneos.”
(ANDR ÉS-GALL EGO. J.: Historia del Mundo Contemporáneo. Ed. Librería General, Zaragoza, 1978)



As causas do imperialismo. A economía e o imperialismo                                  Crear novos mercados.

B. O pensamento dun intelectual contemporáneo.
        “Cada mellora nos métod os de producci ón, cada c oncentra ción da pro pied ade. .. s eme lla reforzar a
tendencia a expansión imperialista. Na medida en que unha nación tras doutra entran na era das maquinarias
e adoptan os métodos in dustriais máis avanzados, é máis dificil para o s seus empresarios, comerciantes e
financeiros colocar as súas reservas económ icas, e progresivamente ven se tentados a aproveitar os seus
gobernos para asegurar para os seus fins particulares países lonxanos e subdesenvolvidos a través da anexión
e protectorado(...).
         Este estado da cuestión na economía é a raíz do imperialismo. Se os consumidores deste país poideran
elevar tanto o seu nivel de con sumo que foran capaces de avanzar parellos ás forzas de producción, non habería
ningún excedente de mercadurías e capital capaz de esixir do imperialismo o descubremento de novos
mercados(...).
        O impe rialismo é o es forzo dos grandes don os da indu stria para facilitar o desaugue do seu excedente
de riqueza, buscando vender ou colocar no extranxeiro as mercadurías ou os capitais que o mercado interior
non pode abso rber.
           Non é o crece mento in dustrial o que desexa a apertura de novos mercados e de novas rexió ns para
inve rtir, senón a deficiente distribución do poder adquisitivo a que impide a absorción de mercadurías e capital
dentro do país.

                                                         114
O imperialismo é o froito desa falsa politica económica, e o remedio é <<a reforma social>>.”
(HOBS ON, J.A.: El imp erialism o: un es tudio . 1902)



C. O comercio exterior das potencias europeas.




D. A producción mundial en 1913.




                                                         115
E. O tipo de intercambios entre as metrópoles e as colonias.




As causas do imperialism o.A ideoloxía e o im perio.                                              Civilizar e evanxelizar.

F. A filosofía do imperialismo.
         “Podemos dividir as nacións do mundo, grosso modo, en vivas e mori bundas. Por unha banda, temos
grandes países cúio enorme poder aumenta de ano en ano, aum entando de riqueza, aume ntan do o s eu po der,
aumentando a prefección da súa organización. Os ferrocarriles déronlles o poder de concentrar nun só punto
a totalidade da forza militar da súa poboación e de reunir exercitos dun tamaño e un poder nunca soñados polas
xeneracións que teñen exis tido... Xu nto a estas espléndidas organizacións , cúia forza nada semella capad de
disminuir e que sosteñe n ambicións encontradas que só o futu ro poderá dirimir a traves dunha arbitraxe
sangrenta, a caron destas, existe un número de comunidades que só podo describir como moribundas(...).
Década tras década, cada vez son máis febles, máis pobres, e posúen menos homes destacados ou institucións
en que poder confiar (...); e diante dos ollos da parte do mundo in form ada, mostran, en diverso grado, un
panorama terrible, un panorama que, desafortunadamente, o incremento dos nosos medios de información e
comunicac ión describen c os máis osc uros tintes diante da vis ta de todas as nacións, apelando tanto ós seus
sentimentos como ós seus intereses, pedindo que lles ofrezan un remedio(...).
          Por unha ou outra razón, por necesidades politic as ou baixo presións filantrópicas, as n acións vivas
iranse apropiando gradualmente dos territorios das moribundas e xurdirán rapidamente as s ementes e as
causas de conflicto entre nacións civili zadas (...). Naturalmente, non debemos supor que a unha sóa das nacións
vivas se lle permita ter o beneficioso monopolio de curar ou desmenuzar a eses desafortunados pacientes
[risas]... Indudablemente non imos permitir que Inglaterra quede en situación desventaxosa en calquer
reaxuste que poida ter lu gar [aplaus os]. Por ou tra banda, non sentiremos envexa se o engrandecemento dun
rival elimina a desolación e a esterilidade de rexións nas que os nosos brazos non poden alongarse.”
(Disc urso p ronun ciado o 4 de m aio de 1 898 p or Lor d Salis bury no Alb ert H all. The Times, 5 de maio de 1898)




                                                               116
G. Darwinis mo soci al.
         “A politica colonial imponse e n primeiro lugar nas nacións que deb en recurrir á emigración, xa sexa por
ser pobre a súa poboación, xa por ser excesiva. Pero tamén se impon nas que teñen ou ben superabundancia de
capitais ou ben excedente de productos; esta é a forma moderna actual máis extendida e máis fecunda (...).
         Dende este punto de vista, repítoo, a fundación dunha colonia é a creación dun mercado (...). No te mpo
que estamos e coa crise que pasan todas as industrias europeas, a fundación dunha colonia é a creación dunha
salida. Ali onde permaneza o nudo colonial entre a nai-patria que produce e as colonias que ela fundou, terase
predominio dos productos: predominio económico, e tamén predominio politico (...).
         Hai un segundo punto que debo igualmente ab ordar (...): é o lado humanitario e civilizador da cuestión...
É preciso dicir abertamen te que, por suposto , as razas superiores teñen un dereito c on respecto ás razas
inferiores...[alboroto en varios b ancos da extrema izquierda].
           Sr. Maigne: ¿Atrévese vostede a dicir iso no país onde se proclamaron os dereitos do home?
           Sr. de Guilloutet: É a xustificación da escravitude e da trata de negros.
        Jules Ferry: Se o honorable Sr. Maigne ten razón, se a Declaración de Dereitos do Home foi escrita
para os negros de África ecuatorial, entón, ¿con qué dereitos van vostedes imporlles os intercambios, o
tráfico?. Eles non os chamaron (...).
        As razas superiores teñen o deber de civilizar ás razas inferiores. ¿E existe alguén que poida negar
que hai máis xustiza, máis orde material e moral (...) Na África do Norte dende que Francia fixo a súa
conquista?”.
(Disc urso d e Jule s Fer ry ant e a Cá mar a dos D iputa dos, Pa rís, 188 2 e 18 85.)



As causas do imperialismo. C iencia e imperio.                                             As sociedades xeográficas.

H. O descubremento de ambientes descoñecidos.

                                            Algunhas exploracións im portantes

         1837-1840                Dumont d’Urville no Antártico.
         1839-1842                Wilkes no Antártico.
         1850-1853                Mac Clure descobre o paso do noroeste ent re América e Euroasia.
         1872-1876                Expedici ón cient ífica de volta ó mundo co a nave “The Ch allenger” (sir Wyvi lle
                                  Thompson).
         1878-1879                Nordenskkhöld desc obre o paso do nordés entre Eurasia e Amé rica.
           1888                   Nansen en Groenlandia.
         1895-1908                Sven Hedin e n Asia Cen tral.
           1909                   Peary chega ó Polo norte.
            1911                  Amundsen chega ó Polo sur


As causas do imperialismo. A demografía e o imperialismo.                                         Emigración ou paro.

J. A explosión branca.

                                                 O crecemento da poboación
                                                  (en millóns de hab itantes)

                          Países e continentes                                           1800             1914

 Europa (con Rusia)                                                                      180               460
 Estados Unidos e Canadá                                                                  6                100
 Xapón.                                                                                  26                52
 TOTAL (países dominantes)                                                               212               612



                                                                    117
O crecemento da poboación
                                               (en millóns de hab itantes)

                         Paises e continentes                                            1800                      1914

 Asia (agás Xapón).                                                                       550                        870
 África.                                                                                  95                         125
 América Latina.                                                                           17                        75
 TOTAL (Países dominados)                                                                 662                       1070


K. A ameaza do paro nos países desenvolvidos.
        “Onte estiven no East-End londinense e asistín a unha asemblea de parados. Ó escoitar discursos
exaltados coa nota dominant e de ¡pan!, ¡pan! E ó reflexionar, de vol ta á casa, sobre o qu e escoitara,
convencínme, máis ca nunca, da importancia do imperialismo...
         A idea que eu acaricio é a solución do problema social: Para salvar os corenta millóns de habitant es do
Reino Unido durante unha mortífera guerra civil, nós, os políticos coloniais, debemos tomar posesión de novos
territorios; alí enviaremos o exceso de poboación e neles atoparemos novos m ercados para os productos das
nosas fábricas e das nosas minas.
        O imperio, sempre o dixen, é unha cuestión de estómago. Se queredes evit ar a gue rra civil, debedes
convertervos en imperialistas.”
( R H O D E S , Cecil.: Carta ó periodista Stead. 1895. En: Historia do mundo contem poráneo. Ed. Ro deira . A Coruña, 2002. Pax.109)


As causas do imperialismo. A xeoestratexia e o imperialismo.                             Hexemonía e aprovisionamento.

L. Consideracións xeoestratéxicas.
        “A política de expansión c olonial está inspirada por unha verdade sobre a que eu quero chamar a vosa
atención; é esta: unha m ariña como a nosa no n pode pres cindir, na superficie dos mares de pos tos sólidos, de
defensas, de centros de abastecemento.
         Señores, nunha Europa como a actual, coa concorrencia de tantos rivais que vemos crecer arredor de
nós, a política de retraerse sobre si mesmos non é outra cousa que o camiño da decadencia.”
(FERRY, Jules: Discurso do primeiro ministro f rancés ante a Cámara dos Deputados. 1885. En: Historia do Mundo
contemporá neo. Ed. Rodeira. A Coruña, 2002. Pax. 111)


M. O asentamento dunha he xemonía contin ental de Alemaña.
         “Os alemáns enfrontábanse a un problema distinto (ó dos franceses). O Reich de Bismarck era un
imperio por definición, pero limitado a Europa central: concretamente ó territorio do antigo Sacro Imperio
Romano. O paxermanismo -a forza emotiva máis vigorosa na crase media a partir da década de 1890-
centrábase en filiacións raciais que sinalaban oscuramente a proximidade dun enfrontamento cos escravos en
xeral e con Rusia en particular. Por outra banda, a competencia coa Gran Bretaña levou á adquisición de colonias
en África, e a fin de contas a unha carreira de armamentos navais que liquidou as posibilidades que puidera
haber de chegar a un arreglo co goberno británico encol da aspiración alemana da súa hexemoní a en Europa
contine ntal.
        Unha política máis racional tería aplazado o conflicto anglo-alemán a fin de conseguir o apoio británico
contra a combinación franco-rusa. Pero os anglófilos qu e defenderon ese rumbo tropezaron cun form idable
argumento: sin unha mariña, Alemaña dependería da boa vontade británica, e deste xeito veríase atrancada na
persecución das súas ambicións nos Balcáns e no Oriente Medio. Pois o ob xectivo primordial da política exterior
alemana durante a era de Guillerme II a partir de 1890 non era África, senón Europa central e, a prazo máis
longo, Turquía. As colonias africanas non eran senón fichas nun xogo diplomático. En cambio, Turquía
representaba un premio enorme. O decrépito imperio otomano estaba a cabalo entre a Europa sudoriental e
o Oriente Medio cos seus crecentes recursos petroleiros...”



                                                                118
(LICHTH EIN,G.: El imperialismo. Alianza editorial, Col. El libro de bolsillo, nº 417. Madrid, 1972. Paxs. 100-101)


As formas de dominación colonial.                                             Un xeito de facilitar a explotación.

N. Protectorado, anexión e dominio.
         “Mentras nos territorios de poboamento europeo ou nas antigas colonias se perfila claramente, unha
vez desa parec ido o Pact o col onia l, un ha evo luci ón cara o “sel government” ou ben cara a aasimilación á
metrópole, o sistema de protectorado parece o máis axeitado ós fins e ós medios da Europa capitalista que a
tutela directa para os países recentemen te ocupados. Non é q ue os liberais manc hesterianos teñan i nventado
o método : Dupleix xa o pux era en práctica; asimesmo xa o aplicaban os ingleses na India e os holandeses en
Xava. Pensouse nel para Arxelia,despois para o Senegal e Cochinchina. Os rusos viron máis vantaxas que
inconvenientes en seguir mantendo khan es influíntes no Turq uestán. Ferry estimou oportuno actuar en Túnez
invocando a urxencia de levar axuda ó Bey e Gambetta declarou: “Nin abandono, nin anexión”. O gobe rno de
Londres xustificou a sú a intervención en exipto utilizando un artificio parecido. Doudart de Lagrée obtivo do
rei de Camboia o recoñecemento do dereito de Francia a protexelo contra as usurpacións dos seus viciños de
Siam e do Vietnam, recoñecemento que Augusto Pavie obtivo tamén, á súa vez, dos xefes do Laos . En xeral,
as cousas dese nvolv erons e des te xe ito c ada vez que a pote ncia coloniz adora se encontrou en presen cia de
rexim es que ti ñan i ntere se en aprov eitar.
          Sen embargo, a anexión impúñ ase cando a autoridade indíxena estaba ou moi desm enuzada ou ben era
impopular ou irreductiblemente hostil. Entón xurdía a colonia de dominio ou de encadramento: mantemento no
seu posto dos xefes locai s, a administración europea os despoxaba de poder político, sometíaos aun estreito
control; incluso podía preferilos ante simples responsables escollidos entre os indíxenas leais. A administración
metropolitana ocúpase directamente dos asuntos do país polo camiño que cré de interese xeral para os seus
poboadores. Os ingleses utilizan este sistema nos lugares da India onde non pode aplicarse o protectorado,
prevalece en África negra e extendese ópropio Madagascar despois da caída da realeza hova.”
(SCHN ERB, R .: El siglo XIX. El apogeo de la expansión europea (1815-1914). Da obra d irixida por CRO UZET , M.: Historia de
las civilizaciones. Vol. VI, ed. Destino, Bar celona, 1969. Pa xs. 219-220)


O. O sistema de concesión.
         “1. Os xefes de Mafela e Ngombi recoñecen, conforme ós seus desexos, que a Asociación
Internacional Africana se estableza nos seus países para o progreso da civilidade e o comercio. De común
acordo, por si, os seus herdeiros e su cesores c édenlle agora e para se mpre á Asociación a soberanía e todos
os dereitos de goberno sobre os seus territorios...
         4. A Asociación Internacional Áfricana obrígase a pagar ós xefes de Ngombi e Mafela os seguintes
artigos mercantís: unha peza de tea por mes a cada un dos xefes infraescritos, ademáis dun regalo de tea por
Xunta, e os devanditos xefes declaran aceptar esta entrega e subsidio mensual como compensació n plena de
todo dereito entregado a esa sociedade.”
(Tratado de H.M. Stanley, ó mando da Asociación Internacional Africana, con xefes indíxenas de Mafela e Ngombi, na marxe
do río Congo. 1 de ab ril de 1884. En: Histo ria do mundo contem poráneo, 1º de bachar elato. Ed. Rodeira. A Coruña., 2002. Pax.
111)


P. O status especial do Congo belga. Explotación e evanxelización.
          “Bruxelas, 16 de xuño de 1897.
         Seño r: ... A tarefa que os axentes do Estado teñen que cumplir no Congo é noble e elevada. Está bai xo
a súa incumbencia proseguir a civilización de África Ecuatorial, guíados polos principios estab lecidos nas
resolucións de Berlín e bruxelas.
         Cara a cara co barbarismo primitivo, loitando contra terribles cos tumes, de m iles de anos de
antiguidade, o seu deber é modificar gradualmente eses costumes. Deben poñer a poboación baixo as nosas
leis, a maís apremiante e saudable delas é,sen dúbida, a do traballo.
        Nos países non civilizados, é preciso, creo eu, unha firme autoridade para acostumbrar ós nativos ás
prácticas da civilización que son totalmente contrarias ós seus hábitos. Para isto é preciso ser ó mesmo tempo,


                                                                119
firme e paternal. E, en primeiro lugar, nun país coma o Congo, a poboación nativa é a base da súa riqueza. Os
primeiros esforzos tenderían a asegurar o seu libre desenvolvemento...
         Baixo esta prosperidade material, na que brancos e negros teñen, evidentemente, un interese comun,
continuará un desexo por part e dos negro s de s uperarse a s i mesmos. A súa n ature za prim itiva non resistirá
sem pre os esforzos da Cultura cristiana, a súa educ ació n, unha ve z teña com enzado, n on se rá xa interrompida.
No seu éxito, vexo eu a culminación da tarefa comenzada polo noso pobo e tan habilmente secundada por
relixiosos misioneiros de am bolos dous sexo s... Agradezo aos nosos axentes os seus esforzos e reitérolles a
expresión da miña real consideración.
                                                                                                 Leopoldo.
(Carta do rei Leopoldo II de Bélxica aos axentes do Estado do Congo. En: G O N Z Á L E Z S A L CE D O , J . e R A M Í R E Z A LE D Ó N ,
G.: Historia del mundo contem poráneo a través de sus documentos . Ed. Teide, Barcelona, 1985. Pax. 234)


A expansión imperialista.                                                             As potencias repartense o mundo.

Q. A Conferencia de Berlín,
          “No nome de Deus Todopoderoso.
        S.M. o Emperador de Alemania, Rei de Prusia; a S.M. o Empe rador de Austria, Rei d e Hun gría; a S.M.
o Rei dos belgas, a S.M. o Rei de Dinamarca, a S.M. o Rei de España, o Presidente dos Es tados Unidos de
América, o Presidente da república Francesa, a S.M. a Raiña do Reino Unido da Gran Bretaña e Irlanda,
Emperatriz das Indias; a S.M. o Rei de Italia, a S.M. o Rei dos Países Baixos, a S.M. o Rei d e Port ugal, a S.M.
o Emperador de todas as Rusias, a S.M. o Rei de Suecia e de Noruega, a S.M. o Emperador dos Otomanos.
         Desexando establecer nun espí ritu de entendement o mutuo as condi cións máis favorables para o
desenvolvemento do comercio e da civilizac ión en determiñadas rexións de África, e asegurar a todos os pobos
as ventaxas da libre navegación polos dous principais ríos africanos que desenbocan no océano Atlántico;
desexosos, por outra banda, de previr os malentendidos e as liortas que poideran suscitar no futuro as novas
tomas de posesión efectuadas nas costas de África, e preocupados ó mesmo t empo polos medios de aum entar
o benestar moral e material das poboacións indíxenas, resolveron, previa in victació n que lles fo i cursada polo
Goberno imperial de Alemania, dacordo co Goberno da República Francesa, reunir a tal obxecto unha
Conferencia en Berlín, e nomearon os seus plenipotenciarios [...]. Os que, provistos de plenos poderes [...],
discutiron e adoptaron sucesivamente:
         1º. Unha Declaración relativa á libertade de comercio na conca do Congo, as súas desembocaduras e
países circunvec iños, con ce rtas disposicións que se refiren a ela.
         2º. Unha Declaración referente á trata de escravos e ás operacións que por terra ou por mar
suminis traban escravos para a trata.
          3º. Unha declaración relativa á neutralidade dos territorios comprendidos na conc a convencional do
Congo.
          4º. Un Acta de Navegació n do Congo [...].
          5º. Un Acta de Navegació n do Níxer [...].
        6º. Unha Declaración establec endo nas relacións inte rnacionais reglas uniformes respe cto ás
ocupacións que en adiante poidan verificarse nas costas do continente africano. [...]
(Acta X eral da Conf erencia de B erlín. 26 febr eiro 1885)



R. A organización do imperio británico.
        “...Sen ningunha dúbida, a m aís grande, a maís importante e ó m esmo tempo a m áis delicada de todas
aas cuestións é a das futuras relacións -políticas e com erciais- entre as colonias autónomas e o Reino Unido.
Non creo que sexa preciso demostrar as vantaxes dunha unión máis estreita...
        Penso qwue existe un ha necesidade real de mellorar as formas de consulta entre as coloni as autónomas
e a nai patria, e que sería posible crear un gran consello do impe rio, ó que as colonias pode rían enviar
plenipotenciarios e non simples deleg ados que serían incapace s de falar no seu nome sen referirse aos seus
gobernos res pectivos , senón pe rsoas que, pola súa situación nas colonias, polo seu carácter representativo e


                                                                  1 20
polos seus estreitos contactos co m edio colonial, serían capace s de dar unha opinión verdadeiramente posi tiva
e valiosa sob re calquera asun to que lles fose plantexad o. Se fose creado tal cons ello acadaría de forma
inmediata unha inmensa importancia, e é perfectamente evidente que aínda podería ampliarse. Podería
transformarse lentamente en consello federal, este cons ello que debe mos cons iderar coma o noso de rradeiro
ideal.”
( C H A M B E R LA I N , J.: Discurso na primeira reunión da Conferencia Colonial de 1887. En: KEITH , A.B.: Speeches and documents
in British colonial Policy (1763-1917). Oxford University Press, 1961. Vol. II, paxs. 210-216)



S. O reparto de África despois da Conferencia de Berlín




      1. Estados independentes, 2. Colonias alemanas, 3. Portuguesas, 4. Inglesas, 5. Francesas, 6. Belgas, 7. Italianas.
      Fonte:www.pais-global.com.ar




                                                                    1 21
T. O imperio británico a comenzos do s. XX.




Font e: web .falco.m i.it


U. A expansión imperialista por Asia


                                        As Colonias enAsia




                                               1 22
V. Os imperios coloniais en 1914.




Fonte: www. Tareasya.com



O imperialismo d as novas potencias.                                                                   EE.UU. E Xapón.

W. O imperialismo americano. Fundamentos ideolóxicos: O “Destino Manifesto”.
         “¡Vaia! Se faltaran outras razóns para elevar a cuestión da recepci ón de Texas pola Unión, da rexión
inferior das nosas pasadas disensións partidarias ó seu nivel adecuado de elevada e ampla nacionaliade, se
atoparán sen dúbida, e se atoparán abundantemente, na maneira en que outras nacións intentaron entrometerse
nela, entre nós e aqueles ós que o problema incumbe, con un espirito que nos é hostil e a confesada intención
de atrancar a nosa política e danar o noso poder, limitando a nosa grandeza e impedindo o cumplimento do noso
destino manifesto, que é o de abarcar o continente outorgado pola providencia para o libre desenvolvemento
dos millóns que se multiplican anualmente...
        É enteiramente inexacto e inxusto para con nós pretender que a anexión teña sido u nha medida de
despoxo inxustific able, de co nquist a militar baixo a forma de paz e o dereito de increme nto territorial a
expensas da xustiza, que se lle debe por partida doble ó féble. Este enfoque da cuestión é totalmente
infundado e xa se refutou an tes moi amplamente nestas páxinas, coma tamén nun milleiro doutras maneiras,
que non nos demoraremos de novo nisto. A independencia de Texas foi completa e absoluta. Foi unha
independencia non só de feito senón de dereito...”
(O ‘ SULLIVA N, J.L.: The United States Magazine and Democratic Rewiew, vol. XVII, nº LXXXV, xullo e agosto de 1845. E n
: KHON , H.: El nacionalismo: su significado y su historia. Ed. Paidos, Buenos Aires, 1966. Paxs. 193-196)



                                                              1 23
X. O imperialismo americano. Fundamentos ideolóxicos: a Doutrina Monroe.
        “7. ... Un principio referente ós dereitos e intereses dos Estados Unidos é que os continentes
americanos pola libre e independiente condición que adqu iriron e que manteñen, non deben ser no suc esivo
considerados como suxeitos a colonización por ningunha potencia europea...
         48. ... En consideración ás amistosas relacións que existen ent re os Estados Unidos e esas potencias,
debemos declarar que consideramos com o un verdadeiro perigo para a nosa paz e tranquilidade toda tentativa
pola súa parte que tivera por obxecto extender o seu sistema a este hemisferio. Coas colonias existentes ou
posesións de calquer nación europea non temos intervido nunca nin o faremos tampouco; pero tratándose dos
gobernos que decrararon e mantiveron a súa independencia, a que respectamos porque está conforme cos nosos
principios, non poderiamos menos que considerar como unha intervención host il cara os Estados Unidos toda
intervención extranxeira que tivese por obxecto oprimilos...
         49. . .. Pero tratándose destes continentes, as circunstancias son moi diferentes; non é posible que
as potencias aliadas extendan o seu sis tema político a ningú n daqueles sen poñe r en perigo a nosa paz e o noso
benestar, nin é de crer tampouco que os no sos irmáns do Sur qu ixeran ace ptar unha i nterv ención e xtranxeira
polo seu propio consentimento. Sería igualmente imposible que aceptaramos con indiferencia unha intervención
desta especie, sea cal fora a forma en que se producira. Comparando as forzas e os recursos de España cos
deses novos gobe rnos, parece claro qu e dit a pote ncia non poderá sometelos nunca; pero de tódolos xeitos a
verdad eira política dos Estados Unidos será respectar a uns e outros, esperando que as potenci as imitarán o
noso exemplo...
        ... Non temos intervido nas guerras entre as potencias europeas e non interviremos..., únicamente
cando os nosos dereitos sexan lesionados ou ameazados, responderemos ás inxurias ou nos prepararemos para
a defensa...”
( M O N R O E , J.: Discurso ó Congreso, 2 de decem bro de 182 3. En: COR DER O TOR RES, J . M.: Textos básicos de América. Ed.
IEP, Madrid, 1955. Paxs. 51-52)


Y. O imperialismo am ericano. A intervención no istmo interam ericano.
           “Art. 1. Os Estados Unidos garanten e manterán a indepependencia da República de Panamá.
           Art. 2 . A R e p úb l ic a de P an a m á concede aos Estados Unidos a perpetuidade o uso, a ocupa ción e o control dunha zona
de terra e a súa prolongación no mar para a construcción, mantem ento, explotación, saneament o e protección de dita canle;
esta zona d e 10 m illas de a nchur a, ext endes e sob re cinc o a cad a veira ...
           Art. 3. A República de Panamá concede aos Estados Unidos todos os dereitos, poderes e autoridade no interior da
zona mencionada e descrita no artículo 2.
           Art. 7. A República de Panamá concede aos Estados Unidos o dereito e o poder de manter a orde pública nas cidades
de Panamá e Colón e os territorios e p ortos adxacentes no caso de que a República de Panamá non sexa capaz, a xuízo de
Esta dos Un idos , de man telo.”
(Convención para a construcción da canle de Panamá. 1903)




Z. O imp erialism o ame ricano. Unha representación
satírica




                                                                    1 24
Z. 1. O imperialismo americano. O escenario xeográfico.




A exp ansión norte ame ricana . (1867 -1914). F onte. Anais. Historia do mundo contem poraneo. Ed. Vicens-vives, A Coruña,
1987. Pax. 100.



Z. 1. O imperialismo xaponés. Causas.
          “O Xapón, país de agricultura pobre, non atopa no seu propio territorio os recursos que lle fan falta.
        Así pois, compen sa este déficit coa industria e mailo comercio. Por iso é para él absolutamente
necesario conqu ista-lo mercado chinés a calque ra prezo e limpalo da competencia estranxeira.
        É evidente que o Xapón ten unhas inmensas expectativas para o futuro. A un lado ten un Estado
poderoso, formidablemente armado e pobre; no outro, e diante mesmo, un Estado inmens o, cheo de riqueza e
desprovisto de forzas militares serias.”
(CL A U D E L , P.: Baixo o signo do Dragón. 1909. En: GA RCÍA , M. e GATEL L, C.: Anais . Histo ria do m undo c ontem porá neo. Ed.
Vivens-vives, A Coruña, 1987. Pax. 100)


Z. 2. O imperialismo xaponés. Bases ideolóxicas.
          “Para a gran maioría do pobo xapon és a guerra do ano 1905 non foi tan só u nha guerra contra a nación
rusa. Foi un verdadeiro levantamento contra esta raza branca tan fahendosa, tan omni potente, tan ameazadora:
foi unha revolución contra estes homes altos e grandes, coa pel branca, cun xeito de falar a berros e de acenos
groseiros, que tantos delict os, incongruenc ias e abusos de pode r cometeran contra o Xapón. ... Tratábase de
vencer á soberanía desta raza que pretendía se-la aristocracia das razas humanas.”
(NADE AU, L.: O Xapón moderno . 1909. En: GARCÍA, M. e GATELL, C. Obra citada. Pax. 100)


Z. 3. O imperialismo xaponés. O militarismo.
         “A independencia e a consolidación de Manchukuo é tan só o prefacio da autonomía e reconstrución
de Asia. A liberación de Manchuria ten que se-lo primeiro paso para a liberación de toda Asia...
          Os límites do expansionismo xaponés son as beiras do canal de Suez.”


                                                                1 25
(NAKA YA BU SEY: D iscurso pronu nciado en 193 4. En: GAR CÍA, M. e GA TELL, C. Ob ra citada, pa x. 100)


Z. 4. A xustificación do imperialismo xaponés




 ( Representación sat írica xaponesa sobre o imp erialismo ruso. En: www.ed-dolmen.com)




As consecuencias do im perialismo.                      Grandes transformacións nas sociedad es indíxenas.

Z. 5. A destrución da vida indíxena.
        En Alxeria tódalas terras boas estaban xa cultivadas cando chegaron as tropas francesas. Así, a
pretendida “explotación da terra” foi máis ben a explotación dos seus habitant es, que se m antivo durante todo
un século. A historia de Alxeria é a dunha concentración progre siva da propiedade territotial en mans dos
europeos, a forza das propiedades alxerianas.
         A revolta do ano 1871 serviu para ocupar centenares de milleiros de hectáreas ós vencidos.
          Pero por se non abondaba, decidiuse darlles un valiosos agasallo ós musulmáns: démoslle-lo noso código
civil. ¿Por que tanta xenerosidade? Porque a propiedade tribal era colectiva na maioría dos casos e queríase
individuali za-la propiedade para permitir ós especuladores mercala de novo ós poucos. ... Velaquí o result ado
desta operación: no ano 1850 os frnacese tiñan tan só 115.000 hectáreas; no ano 1900, 1.600.000; e no ano
1959, 2.505.000...
        Afrancesando e dividindo a propiedade gretouse a vella socie dade tribal sen lle ofrecer nada a cambio.
Estimulouse a anulación das xerarquías tribais, suprimíronse tódalas forzas de resistencia e susbtituíronse
as forzas colectivas polas indivi duais, ó tempo que se creaba unha man de obra barata. Esta man de obra era
a que compens aba os gastos do transporte dos producto s coloniais á met rópole e aseguraba os benefic ios das
empresas coloniais.
          Deste xeito, a colon ización transformou a poboaci ón alxeriana nun inmenso proletariado agrícola.
        Xa que en Europa fundamentaron se mpre as reivindicacións nacionais na unidade da língua, negóuselles
ós musulmans o uso do seu propio idioma. Desde o ano 1830 a língua árabe está considerada en Alxeria como
estranxeira.


                                                            1 26
Máis isto non é todo; para desunir ós árabes, a administración francesa confiscóulle-la relixión e,
ademais, recruta os sacerdotes islámicos entre os seus asalariados. E mantivo as supersticións máis baixas,
porque estas desunen...”
(SART RE, J. P. : Tempos modernos. Nº 123, m arzo-abril, 1956 . En: GARC ÍA, M. e GAT ELL, C. Ob ra citada, pa x. 104)


Z. 6. Unha visión positiva do colonialismo.
         “Nada ten de malo, senón moi ó contrario, que as nacións que, como consecuencia de estar situadas
nun medio xeográfico máis estimulante, prrogresaron máis en certos coñecementos industriais, políticos ou
morais, que os transmitan a nacións que estean máis atrasadas, debido ás súas ci rcunstancias, para así axudalas
a desenvolver tanto os recursos materiais das súas terras coma os recursos humanos da súa poboación. Nin
me atrverí a a firm ar que sexa absolutamen te ilexítimo o uti lizar nesta tarefa algún tipo de “persuasión, de
aguillón ou de presión” (para citar unha frase ben coñecida) ou , dicíndoo maís brevemente, algunha forma de
“coacción”. O facer uso da forza ou da coacción non é, en si mesmo, pero pode selo, a condición previa para que
se poña a anda-lo proceso educativo...
         Se aceptamos que as técnicas do “progreso” ou algunhas delas, so comunicables, cousa que parece
indiscutible, non poden existir dereitos inn atos nun pobo a negarse a recibi -las ensinanzas obrigatorias que
precisa para pasar da infancia á madureza dentro do concerto de nacións.”
(HOBS ON, J. A.: Estudio del imperialismo. Alianza Ed ., Madrid, 1981. Pax. 217 )


Z. 7. Unha vi sión mái s imparcial do feito colo nial.
        A presencia europea en Asia e África, con independencia do xuízo moral que nos mereza a actuación
dos colonialistas, provocou unha auténtica revolución nos países colonizados, pois alte rou un equilibrio soc ial
milenario e creou os fundamentos para unha evolución que, inevitablemente, conduciría á rebelión e á
autonomía...
         Xa no século pasado Karl Marx considerou que Gran Bretaña tiña unha dobre misión n a India:
destructiva, de aniquilamento da vella sociedade asiática, para poder implantar sobre das súas ruínas os
fundamentos materiais da sociedade occidental e constructiva, na medida en que consolidou a unidade política
e contribuíu ó xurdimento dunha élite culta, provista de cualidades administrativas e impregnada do espírito
europeo. Seguindo este razonamento chegouse á conclusión de que a violación da identidade indíxena foi
fructífera, en contra da tese mantida polo antic olonialismo máis virulento, segundo o cal non se logrará a
verdad eira liberación dos pobos descolonizados ata que previam ente non se des trúa a última pegada da
herdanza coloni al.
( M A D R I LE J O S , M.: Colonia lismo y neoco lonialism o. Ed. Salvat, col.Biblioteca Salvat de Grandes Temas, nº 63. Barcelona, 1975.
Pax. 41)


Os conflictos c oloniais.                                                         Antecedentes da 1ª Guerra Mundial.

Z. 8. O incidente de Fashoda.
         “O 19 de setembro de 1898 o xeneral Kitchener, comandante das tropas inglesas, che ga a Fashoda,
da que o capitán Marchand, procedente do Congo, tomou posesión no nome de Francia. Kitchener, que no curso
dunha espiñenta entrevist a deu probas de gran tacto e de diplomacia, e que de sde logo dirixe ó noso xefe todas
as súas felicitacións pola empresa que tivemos realizada, insiste unha vez máis... Quere convencernos de que
volvamos a Exipto sobre os seus cañoneiros: “Europa estremeceráse de admiración cando coñeza o que
fixestes. Verdadeiramente, lamento que non sexades inglés. A noticia do noso encontro aquí terá enorme
repercusión no mundo enteiro”.
        “¿Vostede sabe que é a guerra entre os nosos dous países o que pode resultar da vosa negativa a
abandonar Fashoda?”, dí o xeneral... “Pero nese caso, e s e o goberno de Londres desexa ocuparse deste asunto,
¿non é natural que conferencie para isto co de París? Nós somos soldados e non diplomáticos...”
( D R . JULES EMILY : Misión Marchand, 1896-1898. Diario de ruta do Dr. Emily. París, ed Hachette, 1912. E n : LÓ P E Z -C O R D Ó N ,
M.V. e MART ÍNEZ CARR ERAS , J. U.: Análise e comentario d e tex tos his tórico s II. Id ade M odern a e Co ntem porá nea. Ed.
Alhambra. Madrid, 1978. Pax. 302)



                                                                  1 27
Z. 9. A guerra Anglo-boer. 1899-1902.




    Enfrontamentos na guerra anglo-boer.


Z .10. A guerra hispano-norteamericana de 1898
         “Eran as nove e media da ma ñá cando o cru cei ro acoirazado Infanta María Teresa, buque insign ia do
almirante Pascual Cervera, abandonaba a bahía de Santiago de Cu ba. A batalla comezou i nmediatamente : ás
9,35 o "Teresa" abriu lume sobre un acoirazado norteamericano, aínda que a súa intención era dirixirse a toda
máquina cara ao Brooklyn, ao que i nteresaba poñer fóra de combate ens eguida por ser o navío máis rápido da
esc uadra inimiga. Detrás do "Teresa" saíron en ringleira (non había outra posibilidade polas c aracterísticas da
bahía) os tamén cruceiros acoirazados Biscaia, Cristovo Colón e Almirante Oquendo, coa intención de fuxir
rapidamente cara ao oeste. Para rematar fixéronse á mar os destructores Furor e Plutón, qu e non tiñan
ningunha opción ante a potencia de lume de Estados Unidos.

         O único barco que podía, en principio, poñerse a salvo era o Cristovo Colón, ao ser o máis rápido de
ambas flotas. Estivo a piques de conseguilo, pe ro ao consumir todo o carbón de calidade, tivo que empregar
outro de menor poder calorífico; perdeu velocidade e foi alcanzado polos acoirazados inimigos. O seu
comandante decidiu emb arrancarlo ás 13,54 nas proximidades da desem bocadura do río Turquino, a 48 millas
(89 quilómetros) de Santiago. A sorte dos outros cruceiros foi similar. O "Teresa", aíínda que en principio fixo
fuxir ao Brooklyn, sucumbióó baixo o lume do Indiana e o Oregon. O "Oquendo" e os dous destructores sufriron
un intenso castigo desde que abandonaron a bahía e quedaron fóra de combate en pouc o tempo. O Bisc aia,
alcanzado por varias andanadas, decidiu encallar no Aserradero, onde lle explotaron as caldeiras e os pañoles
de munición pouco logo das once da maññá. En algo máis de catro horas, a escuadra española do Atlántico
quedou aniquilada.”
(PEYTA VÍ,R.: El des astr e nava l de Sa ntiag o de Cu ba. En: www.mgar.net/cuba/santiag2.htm . Febreiro 2006)




                                                             1 28
Documentos fílm icos relacionados co a unidade temática.

1. Cincuenta e cinco días en Pekin. EE. UU. 1963. Dir. Nicholas Ray. Xénero: aventuras. Duración: 150 m.
2. As catro plumas. Reino Unido. 1939. Dir. Zoltan Korda. Xénero: aventuras. Duración: 126 m.
3. Kharthoum. Reino Unido. 1966. Dir. Basil Dearden. Xénero: aventuras. Duración: 134 m.
4. Memorias de África. EE. UU. 1985. Dir. Sidney Pollack. Xénero: melodrama romántico. Duración: 154 m.
5. Queimada. Italia. 1969. Dir. Gillo Pontecorvo. Xénero: drama. Duración: 112 m.
6. Zulú. Reino Unido. 1963. Dir. C. Einfeld. Xénero: aventuras. Duración: 138 m.
7. Mencer zulú. EE. UU. 1979. Dir. Douglas Hickox. Xénero: aventuras. Duración: 117 m.
8. América, América. EE. UU. 1963. Dir. Elia Kazan. Xénero: drama. Duración: 177 m.
9. Cimarrón. EE. UU. 1960. Dir. Anthony Mann. Xénero: western. Duración: 147 m.
10. Tres lanceiros bengalís. EE. UU. 1934. Dir. Henry Hathaway. Xénero: aventuras. Duración: 109 m.
11. A xungla en armas. EE. UU. 1939. Dir. Henry Hathaway. Xénero: aventuras. Duración: 95 m.
12. Kim da India. EE. UU. 1950. Dir. Victor Saville. Xénero: aventuras. Duración: 112 m.
13. A revolta dos sipaios. EE. UU. 1954. Dir. László Benedeck. Xénero: drama. Duración: sin datos.
14. Rifles de Bengala. EE. UU. 1954. Dir. László Benedeck. Xénero: aventuras. Duración: 84 m.
15. Lawrence de Arabia. Reino Unido. 1962. Dir. David Lean. Xénero: aventuras. Duración: 222 m.
16. Rebelión na India. Reino Unido. 1965. Dir. Jhon Gilling. Xénero: aventuras. Duración: 81 m.
17. A última carga. Reino Unido. 1968. Dir. Tony Richardson. Xénero: bélica. Duración: 141 m.
18. O Winston novo. Reino Unido. 1972. Dir. Richard Attemborough. Xénero: Biográfico. Duración: 145 m.
19. O vento e o león. EE. UU. 1975. Dir. Jhon Milius. Xénero: aventuras. Duración: 119 m.
20 O home que puido re inar. EE. UU. 1975. Dir. Jhon Huston. Xénero: aventuras. Duración: 129 m.
21. Gandhi. Reino Unido. 1982. Dir. Richard Attemborough. Xénero: biográfico. Duración: 188 m.
22. Berra liberdade. Reino Unido. 1987. Dir. Richard Attemborough. Xénero: drama. Duración: 158 m.




                                                  1 29
1 30

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

La actualidad más candente (19)

Imperialismo e I GM ESA
Imperialismo e I GM ESAImperialismo e I GM ESA
Imperialismo e I GM ESA
 
Presentación historia
Presentación historia Presentación historia
Presentación historia
 
Presentación historia completada con imagenes
Presentación historia completada con imagenesPresentación historia completada con imagenes
Presentación historia completada con imagenes
 
Imperios Coloniais
Imperios ColoniaisImperios Coloniais
Imperios Coloniais
 
Gran capitalismo e imperialismo
Gran capitalismo e imperialismoGran capitalismo e imperialismo
Gran capitalismo e imperialismo
 
Tema 1. antigo réxime
Tema 1. antigo réximeTema 1. antigo réxime
Tema 1. antigo réxime
 
Tema 3 revolución liberal
Tema 3 revolución liberalTema 3 revolución liberal
Tema 3 revolución liberal
 
U2 av
U2 avU2 av
U2 av
 
Sistemas de goberno Gregos e Romanos
Sistemas de goberno Gregos e RomanosSistemas de goberno Gregos e Romanos
Sistemas de goberno Gregos e Romanos
 
O século XVIII. A crise do Antigo Réxime
O século XVIII. A crise do Antigo RéximeO século XVIII. A crise do Antigo Réxime
O século XVIII. A crise do Antigo Réxime
 
Diapositivas Raquel Diz Gil
Diapositivas Raquel Diz GilDiapositivas Raquel Diz Gil
Diapositivas Raquel Diz Gil
 
Xeografia
XeografiaXeografia
Xeografia
 
Tema 1 O século da razón
Tema 1 O século da razónTema 1 O século da razón
Tema 1 O século da razón
 
Tema 1
Tema 1Tema 1
Tema 1
 
UNIDADE 5
UNIDADE 5UNIDADE 5
UNIDADE 5
 
Tema 1 de ciencias sociais
Tema 1 de ciencias sociaisTema 1 de ciencias sociais
Tema 1 de ciencias sociais
 
Tema 1.
Tema 1.Tema 1.
Tema 1.
 
CS4 UD1 Antigo Rexime
CS4 UD1 Antigo ReximeCS4 UD1 Antigo Rexime
CS4 UD1 Antigo Rexime
 
TEMA 1
TEMA 1TEMA 1
TEMA 1
 

Destacado (17)

14. capitalismo e socialismo
14. capitalismo e socialismo14. capitalismo e socialismo
14. capitalismo e socialismo
 
2. O Antigo Réxime.
2. O Antigo Réxime.2. O Antigo Réxime.
2. O Antigo Réxime.
 
13. transportes e comunicacións.
13. transportes e comunicacións.13. transportes e comunicacións.
13. transportes e comunicacións.
 
ColeccióN 6
ColeccióN 6ColeccióN 6
ColeccióN 6
 
Tech At Bam Jan 14
Tech At Bam Jan 14Tech At Bam Jan 14
Tech At Bam Jan 14
 
6. Europa A Finais Do SéCulo Xix
6. Europa A Finais Do SéCulo Xix6. Europa A Finais Do SéCulo Xix
6. Europa A Finais Do SéCulo Xix
 
ColeccióN 4
ColeccióN 4ColeccióN 4
ColeccióN 4
 
ColeccióN 9
ColeccióN 9ColeccióN 9
ColeccióN 9
 
Análise e comentario de pirámides de poboación.
Análise e comentario de pirámides de poboación.Análise e comentario de pirámides de poboación.
Análise e comentario de pirámides de poboación.
 
9. actividades agrarias e pesqueiras.
9. actividades agrarias e pesqueiras.9. actividades agrarias e pesqueiras.
9. actividades agrarias e pesqueiras.
 
R. sacra
R. sacraR. sacra
R. sacra
 
O comentario de documentos filmicos.
O comentario de documentos filmicos.O comentario de documentos filmicos.
O comentario de documentos filmicos.
 
ColeccióN 10
ColeccióN 10ColeccióN 10
ColeccióN 10
 
ColeccióN 14
ColeccióN 14ColeccióN 14
ColeccióN 14
 
14. os espazos turísticos.
14. os espazos turísticos.14. os espazos turísticos.
14. os espazos turísticos.
 
6. europa a finais do século xix
6. europa a finais do século xix6. europa a finais do século xix
6. europa a finais do século xix
 
1. fontes, métodos e correntes historiográficas
1. fontes, métodos e correntes historiográficas1. fontes, métodos e correntes historiográficas
1. fontes, métodos e correntes historiográficas
 

Similar a ColeccióN 7

Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo RéximeUnidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo RéximeAgrela Elvixeo
 
Trabajo sociales tema 4. lourdes erea 4º eso.
Trabajo sociales tema 4. lourdes erea 4º eso.Trabajo sociales tema 4. lourdes erea 4º eso.
Trabajo sociales tema 4. lourdes erea 4º eso.LourdesErea4
 
Tema 1 de ciencias sociais
Tema 1 de ciencias sociaisTema 1 de ciencias sociais
Tema 1 de ciencias sociaisjuan garcia coto
 
Tema 1 de ciencias sociais
Tema 1 de ciencias sociaisTema 1 de ciencias sociais
Tema 1 de ciencias sociaisjuan garcia coto
 
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónTema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónrubempaul
 
Tema 5 imperialismo i guerra e revolución
Tema 5 imperialismo i guerra e revoluciónTema 5 imperialismo i guerra e revolución
Tema 5 imperialismo i guerra e revoluciónvelazquezturnesnieves
 
Tema 1. antiguo régimen
Tema 1. antiguo régimenTema 1. antiguo régimen
Tema 1. antiguo régimenDudas-Historia
 
O século xviii traballo xeografia
O século xviii traballo xeografiaO século xviii traballo xeografia
O século xviii traballo xeografiapablokatt
 
Historia tema 4
Historia tema 4Historia tema 4
Historia tema 4eva gerpe
 
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismoTema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismorubempaul
 
Nacións e imperios
Nacións e imperiosNacións e imperios
Nacións e imperiosfranbragado
 

Similar a ColeccióN 7 (20)

Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo RéximeUnidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
 
1ºB-HMC.pdf
1ºB-HMC.pdf1ºB-HMC.pdf
1ºB-HMC.pdf
 
Trabajo sociales tema 4. lourdes erea 4º eso.
Trabajo sociales tema 4. lourdes erea 4º eso.Trabajo sociales tema 4. lourdes erea 4º eso.
Trabajo sociales tema 4. lourdes erea 4º eso.
 
Tema 1 de ciencias sociais
Tema 1 de ciencias sociaisTema 1 de ciencias sociais
Tema 1 de ciencias sociais
 
Tema 1 de ciencias sociais
Tema 1 de ciencias sociaisTema 1 de ciencias sociais
Tema 1 de ciencias sociais
 
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónTema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
 
Tema 4
Tema 4Tema 4
Tema 4
 
Nacións e imperios
Nacións e imperiosNacións e imperios
Nacións e imperios
 
Nacións e imperios
Nacións e imperiosNacións e imperios
Nacións e imperios
 
7. O Imperialismo
7. O Imperialismo7. O Imperialismo
7. O Imperialismo
 
Tema 5 imperialismo i guerra e revolución
Tema 5 imperialismo i guerra e revoluciónTema 5 imperialismo i guerra e revolución
Tema 5 imperialismo i guerra e revolución
 
Ciencias sociais tema 4
Ciencias sociais tema 4Ciencias sociais tema 4
Ciencias sociais tema 4
 
Tema 1. antiguo régimen
Tema 1. antiguo régimenTema 1. antiguo régimen
Tema 1. antiguo régimen
 
O século xviii traballo xeografia
O século xviii traballo xeografiaO século xviii traballo xeografia
O século xviii traballo xeografia
 
Historia tema 4
Historia tema 4Historia tema 4
Historia tema 4
 
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismoTema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
 
TEMA 1- HISTORIA
TEMA 1- HISTORIATEMA 1- HISTORIA
TEMA 1- HISTORIA
 
Tema5
Tema5Tema5
Tema5
 
Nacións e imperios
Nacións e imperiosNacións e imperios
Nacións e imperios
 
Temas 2 e 3 segundo trimestre
Temas 2 e 3 segundo trimestreTemas 2 e 3 segundo trimestre
Temas 2 e 3 segundo trimestre
 

Más de Ismael Vide González (20)

17. a nova orde mundial.
17. a nova orde mundial.17. a nova orde mundial.
17. a nova orde mundial.
 
16. un mundo en crise
16. un mundo en crise16. un mundo en crise
16. un mundo en crise
 
15. os contrastes territoriais e as políticas de cohesión
15. os contrastes territoriais e as políticas de cohesión15. os contrastes territoriais e as políticas de cohesión
15. os contrastes territoriais e as políticas de cohesión
 
4. Paisaxes naturais
4. Paisaxes naturais4. Paisaxes naturais
4. Paisaxes naturais
 
12. A terciarización da economía.
12. A terciarización da economía.12. A terciarización da economía.
12. A terciarización da economía.
 
11. os espazos industriais.
11. os espazos industriais.11. os espazos industriais.
11. os espazos industriais.
 
10. r. mineiros e enerxéticos.
10. r. mineiros e enerxéticos.10. r. mineiros e enerxéticos.
10. r. mineiros e enerxéticos.
 
8. O sistema urbano
8. O sistema urbano8. O sistema urbano
8. O sistema urbano
 
7. O poboamento
7. O poboamento7. O poboamento
7. O poboamento
 
6. A poboación.
6. A poboación.6. A poboación.
6. A poboación.
 
5. Os riscos naturais e ambientais.
5. Os riscos naturais e ambientais.5. Os riscos naturais e ambientais.
5. Os riscos naturais e ambientais.
 
2. O clima.
2. O clima.2. O clima.
2. O clima.
 
1. O relevo.
1. O relevo.1. O relevo.
1. O relevo.
 
3. A auga. Recursos hídricos.
3. A auga. Recursos hídricos.3. A auga. Recursos hídricos.
3. A auga. Recursos hídricos.
 
15. a descolonización
15. a descolonización15. a descolonización
15. a descolonización
 
Ud. 1 Xeo
Ud. 1 XeoUd. 1 Xeo
Ud. 1 Xeo
 
13. Unha Paz Ficticia
13. Unha Paz Ficticia13. Unha Paz Ficticia
13. Unha Paz Ficticia
 
12. A Segunda Guerra Mundial
12. A Segunda Guerra Mundial12. A Segunda Guerra Mundial
12. A Segunda Guerra Mundial
 
11. P. De Entreguerras
11. P. De Entreguerras11. P. De Entreguerras
11. P. De Entreguerras
 
10. A RevolucióN Rusa
10. A RevolucióN Rusa10. A RevolucióN Rusa
10. A RevolucióN Rusa
 

Último

GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeEduNoia1
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Último (11)

GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 

ColeccióN 7

  • 1. Colección documental Capítulo VII 1º de bacharelato. A era do imperialismo O concepto de imperialismo. Colonialismo e imperialismo. A. Diferencias entre colonialismo e imperialismo. “O concepto de Imperialismo adoita ser empregado con certa ambigü edade. Na súa máis ampla acepción enténdese por tal toda forma de domini o habitual dunha potenc ia sobre outra; fálase, pois, de imperialismo referíndose a un xeito de supeditación económica, ou politica, ou incluso cultural e, ás veces, territorial. O colonialismo é polo tanto unha das maneiras posibles do imperialismo, consistente na explotación dun territorio en proveito doutro polo xeral mediante o chamado pacto colonial (materias primas en troques de manufacturas e inversións na infraestructura, no seu prantexamento máis elemental). En rigor, tamén o término colonialismo adoita ser empregado coa mesma ambigüedade e semellantes acpcións que as advertidas para o imperialismo. Aquí referímonos sen embargo ó tipo de explotación de scrita. Trátase polo demáis dunha forma histórica secular que se precipita non obstante entre 1870 e 1914. Isto levou á formulación de teorías diversas para explicar o feito. Tivo en concreto particularísima relevancia a elaborada polo pensamento socialista nos primeiros anos do século XX. Segundo él, a insoslaiable lei de expansión contínua, inherente ó sistema capitalista, conduce a nivel nacional a un estadio de plenitude, tanto no q ue concerne ó emprego de to das as súas virtualidades productivas como no que atinxe ó dominio do mercado. E isto forza a proxección exterior, á conquis ta de novas áreas económicas. En tal sentido exprésase en 1902 o laborista e economista británico John Atkinson Hobson (Imperialismo), en términos que logo serán erroneamente atribuídos a Lenin. Aínda antes deste, o tamén economista e socialdemócrata alemán Rudolf Hilferding (1910, El capital finaciero) anuncia que aquela proxección exterior do capitalism o nacional dará ademáis lugar ó triunfo do sistema económico socialista, pola imposibilidade de aquél de colocar os excedentes unha vez consumada así mesmo tal conquista de mercados foráneos.” (ANDR ÉS-GALL EGO. J.: Historia del Mundo Contemporáneo. Ed. Librería General, Zaragoza, 1978) As causas do imperialismo. A economía e o imperialismo Crear novos mercados. B. O pensamento dun intelectual contemporáneo. “Cada mellora nos métod os de producci ón, cada c oncentra ción da pro pied ade. .. s eme lla reforzar a tendencia a expansión imperialista. Na medida en que unha nación tras doutra entran na era das maquinarias e adoptan os métodos in dustriais máis avanzados, é máis dificil para o s seus empresarios, comerciantes e financeiros colocar as súas reservas económ icas, e progresivamente ven se tentados a aproveitar os seus gobernos para asegurar para os seus fins particulares países lonxanos e subdesenvolvidos a través da anexión e protectorado(...). Este estado da cuestión na economía é a raíz do imperialismo. Se os consumidores deste país poideran elevar tanto o seu nivel de con sumo que foran capaces de avanzar parellos ás forzas de producción, non habería ningún excedente de mercadurías e capital capaz de esixir do imperialismo o descubremento de novos mercados(...). O impe rialismo é o es forzo dos grandes don os da indu stria para facilitar o desaugue do seu excedente de riqueza, buscando vender ou colocar no extranxeiro as mercadurías ou os capitais que o mercado interior non pode abso rber. Non é o crece mento in dustrial o que desexa a apertura de novos mercados e de novas rexió ns para inve rtir, senón a deficiente distribución do poder adquisitivo a que impide a absorción de mercadurías e capital dentro do país. 114
  • 2. O imperialismo é o froito desa falsa politica económica, e o remedio é <<a reforma social>>.” (HOBS ON, J.A.: El imp erialism o: un es tudio . 1902) C. O comercio exterior das potencias europeas. D. A producción mundial en 1913. 115
  • 3. E. O tipo de intercambios entre as metrópoles e as colonias. As causas do imperialism o.A ideoloxía e o im perio. Civilizar e evanxelizar. F. A filosofía do imperialismo. “Podemos dividir as nacións do mundo, grosso modo, en vivas e mori bundas. Por unha banda, temos grandes países cúio enorme poder aumenta de ano en ano, aum entando de riqueza, aume ntan do o s eu po der, aumentando a prefección da súa organización. Os ferrocarriles déronlles o poder de concentrar nun só punto a totalidade da forza militar da súa poboación e de reunir exercitos dun tamaño e un poder nunca soñados polas xeneracións que teñen exis tido... Xu nto a estas espléndidas organizacións , cúia forza nada semella capad de disminuir e que sosteñe n ambicións encontradas que só o futu ro poderá dirimir a traves dunha arbitraxe sangrenta, a caron destas, existe un número de comunidades que só podo describir como moribundas(...). Década tras década, cada vez son máis febles, máis pobres, e posúen menos homes destacados ou institucións en que poder confiar (...); e diante dos ollos da parte do mundo in form ada, mostran, en diverso grado, un panorama terrible, un panorama que, desafortunadamente, o incremento dos nosos medios de información e comunicac ión describen c os máis osc uros tintes diante da vis ta de todas as nacións, apelando tanto ós seus sentimentos como ós seus intereses, pedindo que lles ofrezan un remedio(...). Por unha ou outra razón, por necesidades politic as ou baixo presións filantrópicas, as n acións vivas iranse apropiando gradualmente dos territorios das moribundas e xurdirán rapidamente as s ementes e as causas de conflicto entre nacións civili zadas (...). Naturalmente, non debemos supor que a unha sóa das nacións vivas se lle permita ter o beneficioso monopolio de curar ou desmenuzar a eses desafortunados pacientes [risas]... Indudablemente non imos permitir que Inglaterra quede en situación desventaxosa en calquer reaxuste que poida ter lu gar [aplaus os]. Por ou tra banda, non sentiremos envexa se o engrandecemento dun rival elimina a desolación e a esterilidade de rexións nas que os nosos brazos non poden alongarse.” (Disc urso p ronun ciado o 4 de m aio de 1 898 p or Lor d Salis bury no Alb ert H all. The Times, 5 de maio de 1898) 116
  • 4. G. Darwinis mo soci al. “A politica colonial imponse e n primeiro lugar nas nacións que deb en recurrir á emigración, xa sexa por ser pobre a súa poboación, xa por ser excesiva. Pero tamén se impon nas que teñen ou ben superabundancia de capitais ou ben excedente de productos; esta é a forma moderna actual máis extendida e máis fecunda (...). Dende este punto de vista, repítoo, a fundación dunha colonia é a creación dun mercado (...). No te mpo que estamos e coa crise que pasan todas as industrias europeas, a fundación dunha colonia é a creación dunha salida. Ali onde permaneza o nudo colonial entre a nai-patria que produce e as colonias que ela fundou, terase predominio dos productos: predominio económico, e tamén predominio politico (...). Hai un segundo punto que debo igualmente ab ordar (...): é o lado humanitario e civilizador da cuestión... É preciso dicir abertamen te que, por suposto , as razas superiores teñen un dereito c on respecto ás razas inferiores...[alboroto en varios b ancos da extrema izquierda]. Sr. Maigne: ¿Atrévese vostede a dicir iso no país onde se proclamaron os dereitos do home? Sr. de Guilloutet: É a xustificación da escravitude e da trata de negros. Jules Ferry: Se o honorable Sr. Maigne ten razón, se a Declaración de Dereitos do Home foi escrita para os negros de África ecuatorial, entón, ¿con qué dereitos van vostedes imporlles os intercambios, o tráfico?. Eles non os chamaron (...). As razas superiores teñen o deber de civilizar ás razas inferiores. ¿E existe alguén que poida negar que hai máis xustiza, máis orde material e moral (...) Na África do Norte dende que Francia fixo a súa conquista?”. (Disc urso d e Jule s Fer ry ant e a Cá mar a dos D iputa dos, Pa rís, 188 2 e 18 85.) As causas do imperialismo. C iencia e imperio. As sociedades xeográficas. H. O descubremento de ambientes descoñecidos. Algunhas exploracións im portantes 1837-1840 Dumont d’Urville no Antártico. 1839-1842 Wilkes no Antártico. 1850-1853 Mac Clure descobre o paso do noroeste ent re América e Euroasia. 1872-1876 Expedici ón cient ífica de volta ó mundo co a nave “The Ch allenger” (sir Wyvi lle Thompson). 1878-1879 Nordenskkhöld desc obre o paso do nordés entre Eurasia e Amé rica. 1888 Nansen en Groenlandia. 1895-1908 Sven Hedin e n Asia Cen tral. 1909 Peary chega ó Polo norte. 1911 Amundsen chega ó Polo sur As causas do imperialismo. A demografía e o imperialismo. Emigración ou paro. J. A explosión branca. O crecemento da poboación (en millóns de hab itantes) Países e continentes 1800 1914 Europa (con Rusia) 180 460 Estados Unidos e Canadá 6 100 Xapón. 26 52 TOTAL (países dominantes) 212 612 117
  • 5. O crecemento da poboación (en millóns de hab itantes) Paises e continentes 1800 1914 Asia (agás Xapón). 550 870 África. 95 125 América Latina. 17 75 TOTAL (Países dominados) 662 1070 K. A ameaza do paro nos países desenvolvidos. “Onte estiven no East-End londinense e asistín a unha asemblea de parados. Ó escoitar discursos exaltados coa nota dominant e de ¡pan!, ¡pan! E ó reflexionar, de vol ta á casa, sobre o qu e escoitara, convencínme, máis ca nunca, da importancia do imperialismo... A idea que eu acaricio é a solución do problema social: Para salvar os corenta millóns de habitant es do Reino Unido durante unha mortífera guerra civil, nós, os políticos coloniais, debemos tomar posesión de novos territorios; alí enviaremos o exceso de poboación e neles atoparemos novos m ercados para os productos das nosas fábricas e das nosas minas. O imperio, sempre o dixen, é unha cuestión de estómago. Se queredes evit ar a gue rra civil, debedes convertervos en imperialistas.” ( R H O D E S , Cecil.: Carta ó periodista Stead. 1895. En: Historia do mundo contem poráneo. Ed. Ro deira . A Coruña, 2002. Pax.109) As causas do imperialismo. A xeoestratexia e o imperialismo. Hexemonía e aprovisionamento. L. Consideracións xeoestratéxicas. “A política de expansión c olonial está inspirada por unha verdade sobre a que eu quero chamar a vosa atención; é esta: unha m ariña como a nosa no n pode pres cindir, na superficie dos mares de pos tos sólidos, de defensas, de centros de abastecemento. Señores, nunha Europa como a actual, coa concorrencia de tantos rivais que vemos crecer arredor de nós, a política de retraerse sobre si mesmos non é outra cousa que o camiño da decadencia.” (FERRY, Jules: Discurso do primeiro ministro f rancés ante a Cámara dos Deputados. 1885. En: Historia do Mundo contemporá neo. Ed. Rodeira. A Coruña, 2002. Pax. 111) M. O asentamento dunha he xemonía contin ental de Alemaña. “Os alemáns enfrontábanse a un problema distinto (ó dos franceses). O Reich de Bismarck era un imperio por definición, pero limitado a Europa central: concretamente ó territorio do antigo Sacro Imperio Romano. O paxermanismo -a forza emotiva máis vigorosa na crase media a partir da década de 1890- centrábase en filiacións raciais que sinalaban oscuramente a proximidade dun enfrontamento cos escravos en xeral e con Rusia en particular. Por outra banda, a competencia coa Gran Bretaña levou á adquisición de colonias en África, e a fin de contas a unha carreira de armamentos navais que liquidou as posibilidades que puidera haber de chegar a un arreglo co goberno británico encol da aspiración alemana da súa hexemoní a en Europa contine ntal. Unha política máis racional tería aplazado o conflicto anglo-alemán a fin de conseguir o apoio británico contra a combinación franco-rusa. Pero os anglófilos qu e defenderon ese rumbo tropezaron cun form idable argumento: sin unha mariña, Alemaña dependería da boa vontade británica, e deste xeito veríase atrancada na persecución das súas ambicións nos Balcáns e no Oriente Medio. Pois o ob xectivo primordial da política exterior alemana durante a era de Guillerme II a partir de 1890 non era África, senón Europa central e, a prazo máis longo, Turquía. As colonias africanas non eran senón fichas nun xogo diplomático. En cambio, Turquía representaba un premio enorme. O decrépito imperio otomano estaba a cabalo entre a Europa sudoriental e o Oriente Medio cos seus crecentes recursos petroleiros...” 118
  • 6. (LICHTH EIN,G.: El imperialismo. Alianza editorial, Col. El libro de bolsillo, nº 417. Madrid, 1972. Paxs. 100-101) As formas de dominación colonial. Un xeito de facilitar a explotación. N. Protectorado, anexión e dominio. “Mentras nos territorios de poboamento europeo ou nas antigas colonias se perfila claramente, unha vez desa parec ido o Pact o col onia l, un ha evo luci ón cara o “sel government” ou ben cara a aasimilación á metrópole, o sistema de protectorado parece o máis axeitado ós fins e ós medios da Europa capitalista que a tutela directa para os países recentemen te ocupados. Non é q ue os liberais manc hesterianos teñan i nventado o método : Dupleix xa o pux era en práctica; asimesmo xa o aplicaban os ingleses na India e os holandeses en Xava. Pensouse nel para Arxelia,despois para o Senegal e Cochinchina. Os rusos viron máis vantaxas que inconvenientes en seguir mantendo khan es influíntes no Turq uestán. Ferry estimou oportuno actuar en Túnez invocando a urxencia de levar axuda ó Bey e Gambetta declarou: “Nin abandono, nin anexión”. O gobe rno de Londres xustificou a sú a intervención en exipto utilizando un artificio parecido. Doudart de Lagrée obtivo do rei de Camboia o recoñecemento do dereito de Francia a protexelo contra as usurpacións dos seus viciños de Siam e do Vietnam, recoñecemento que Augusto Pavie obtivo tamén, á súa vez, dos xefes do Laos . En xeral, as cousas dese nvolv erons e des te xe ito c ada vez que a pote ncia coloniz adora se encontrou en presen cia de rexim es que ti ñan i ntere se en aprov eitar. Sen embargo, a anexión impúñ ase cando a autoridade indíxena estaba ou moi desm enuzada ou ben era impopular ou irreductiblemente hostil. Entón xurdía a colonia de dominio ou de encadramento: mantemento no seu posto dos xefes locai s, a administración europea os despoxaba de poder político, sometíaos aun estreito control; incluso podía preferilos ante simples responsables escollidos entre os indíxenas leais. A administración metropolitana ocúpase directamente dos asuntos do país polo camiño que cré de interese xeral para os seus poboadores. Os ingleses utilizan este sistema nos lugares da India onde non pode aplicarse o protectorado, prevalece en África negra e extendese ópropio Madagascar despois da caída da realeza hova.” (SCHN ERB, R .: El siglo XIX. El apogeo de la expansión europea (1815-1914). Da obra d irixida por CRO UZET , M.: Historia de las civilizaciones. Vol. VI, ed. Destino, Bar celona, 1969. Pa xs. 219-220) O. O sistema de concesión. “1. Os xefes de Mafela e Ngombi recoñecen, conforme ós seus desexos, que a Asociación Internacional Africana se estableza nos seus países para o progreso da civilidade e o comercio. De común acordo, por si, os seus herdeiros e su cesores c édenlle agora e para se mpre á Asociación a soberanía e todos os dereitos de goberno sobre os seus territorios... 4. A Asociación Internacional Áfricana obrígase a pagar ós xefes de Ngombi e Mafela os seguintes artigos mercantís: unha peza de tea por mes a cada un dos xefes infraescritos, ademáis dun regalo de tea por Xunta, e os devanditos xefes declaran aceptar esta entrega e subsidio mensual como compensació n plena de todo dereito entregado a esa sociedade.” (Tratado de H.M. Stanley, ó mando da Asociación Internacional Africana, con xefes indíxenas de Mafela e Ngombi, na marxe do río Congo. 1 de ab ril de 1884. En: Histo ria do mundo contem poráneo, 1º de bachar elato. Ed. Rodeira. A Coruña., 2002. Pax. 111) P. O status especial do Congo belga. Explotación e evanxelización. “Bruxelas, 16 de xuño de 1897. Seño r: ... A tarefa que os axentes do Estado teñen que cumplir no Congo é noble e elevada. Está bai xo a súa incumbencia proseguir a civilización de África Ecuatorial, guíados polos principios estab lecidos nas resolucións de Berlín e bruxelas. Cara a cara co barbarismo primitivo, loitando contra terribles cos tumes, de m iles de anos de antiguidade, o seu deber é modificar gradualmente eses costumes. Deben poñer a poboación baixo as nosas leis, a maís apremiante e saudable delas é,sen dúbida, a do traballo. Nos países non civilizados, é preciso, creo eu, unha firme autoridade para acostumbrar ós nativos ás prácticas da civilización que son totalmente contrarias ós seus hábitos. Para isto é preciso ser ó mesmo tempo, 119
  • 7. firme e paternal. E, en primeiro lugar, nun país coma o Congo, a poboación nativa é a base da súa riqueza. Os primeiros esforzos tenderían a asegurar o seu libre desenvolvemento... Baixo esta prosperidade material, na que brancos e negros teñen, evidentemente, un interese comun, continuará un desexo por part e dos negro s de s uperarse a s i mesmos. A súa n ature za prim itiva non resistirá sem pre os esforzos da Cultura cristiana, a súa educ ació n, unha ve z teña com enzado, n on se rá xa interrompida. No seu éxito, vexo eu a culminación da tarefa comenzada polo noso pobo e tan habilmente secundada por relixiosos misioneiros de am bolos dous sexo s... Agradezo aos nosos axentes os seus esforzos e reitérolles a expresión da miña real consideración. Leopoldo. (Carta do rei Leopoldo II de Bélxica aos axentes do Estado do Congo. En: G O N Z Á L E Z S A L CE D O , J . e R A M Í R E Z A LE D Ó N , G.: Historia del mundo contem poráneo a través de sus documentos . Ed. Teide, Barcelona, 1985. Pax. 234) A expansión imperialista. As potencias repartense o mundo. Q. A Conferencia de Berlín, “No nome de Deus Todopoderoso. S.M. o Emperador de Alemania, Rei de Prusia; a S.M. o Empe rador de Austria, Rei d e Hun gría; a S.M. o Rei dos belgas, a S.M. o Rei de Dinamarca, a S.M. o Rei de España, o Presidente dos Es tados Unidos de América, o Presidente da república Francesa, a S.M. a Raiña do Reino Unido da Gran Bretaña e Irlanda, Emperatriz das Indias; a S.M. o Rei de Italia, a S.M. o Rei dos Países Baixos, a S.M. o Rei d e Port ugal, a S.M. o Emperador de todas as Rusias, a S.M. o Rei de Suecia e de Noruega, a S.M. o Emperador dos Otomanos. Desexando establecer nun espí ritu de entendement o mutuo as condi cións máis favorables para o desenvolvemento do comercio e da civilizac ión en determiñadas rexións de África, e asegurar a todos os pobos as ventaxas da libre navegación polos dous principais ríos africanos que desenbocan no océano Atlántico; desexosos, por outra banda, de previr os malentendidos e as liortas que poideran suscitar no futuro as novas tomas de posesión efectuadas nas costas de África, e preocupados ó mesmo t empo polos medios de aum entar o benestar moral e material das poboacións indíxenas, resolveron, previa in victació n que lles fo i cursada polo Goberno imperial de Alemania, dacordo co Goberno da República Francesa, reunir a tal obxecto unha Conferencia en Berlín, e nomearon os seus plenipotenciarios [...]. Os que, provistos de plenos poderes [...], discutiron e adoptaron sucesivamente: 1º. Unha Declaración relativa á libertade de comercio na conca do Congo, as súas desembocaduras e países circunvec iños, con ce rtas disposicións que se refiren a ela. 2º. Unha Declaración referente á trata de escravos e ás operacións que por terra ou por mar suminis traban escravos para a trata. 3º. Unha declaración relativa á neutralidade dos territorios comprendidos na conc a convencional do Congo. 4º. Un Acta de Navegació n do Congo [...]. 5º. Un Acta de Navegació n do Níxer [...]. 6º. Unha Declaración establec endo nas relacións inte rnacionais reglas uniformes respe cto ás ocupacións que en adiante poidan verificarse nas costas do continente africano. [...] (Acta X eral da Conf erencia de B erlín. 26 febr eiro 1885) R. A organización do imperio británico. “...Sen ningunha dúbida, a m aís grande, a maís importante e ó m esmo tempo a m áis delicada de todas aas cuestións é a das futuras relacións -políticas e com erciais- entre as colonias autónomas e o Reino Unido. Non creo que sexa preciso demostrar as vantaxes dunha unión máis estreita... Penso qwue existe un ha necesidade real de mellorar as formas de consulta entre as coloni as autónomas e a nai patria, e que sería posible crear un gran consello do impe rio, ó que as colonias pode rían enviar plenipotenciarios e non simples deleg ados que serían incapace s de falar no seu nome sen referirse aos seus gobernos res pectivos , senón pe rsoas que, pola súa situación nas colonias, polo seu carácter representativo e 1 20
  • 8. polos seus estreitos contactos co m edio colonial, serían capace s de dar unha opinión verdadeiramente posi tiva e valiosa sob re calquera asun to que lles fose plantexad o. Se fose creado tal cons ello acadaría de forma inmediata unha inmensa importancia, e é perfectamente evidente que aínda podería ampliarse. Podería transformarse lentamente en consello federal, este cons ello que debe mos cons iderar coma o noso de rradeiro ideal.” ( C H A M B E R LA I N , J.: Discurso na primeira reunión da Conferencia Colonial de 1887. En: KEITH , A.B.: Speeches and documents in British colonial Policy (1763-1917). Oxford University Press, 1961. Vol. II, paxs. 210-216) S. O reparto de África despois da Conferencia de Berlín 1. Estados independentes, 2. Colonias alemanas, 3. Portuguesas, 4. Inglesas, 5. Francesas, 6. Belgas, 7. Italianas. Fonte:www.pais-global.com.ar 1 21
  • 9. T. O imperio británico a comenzos do s. XX. Font e: web .falco.m i.it U. A expansión imperialista por Asia As Colonias enAsia 1 22
  • 10. V. Os imperios coloniais en 1914. Fonte: www. Tareasya.com O imperialismo d as novas potencias. EE.UU. E Xapón. W. O imperialismo americano. Fundamentos ideolóxicos: O “Destino Manifesto”. “¡Vaia! Se faltaran outras razóns para elevar a cuestión da recepci ón de Texas pola Unión, da rexión inferior das nosas pasadas disensións partidarias ó seu nivel adecuado de elevada e ampla nacionaliade, se atoparán sen dúbida, e se atoparán abundantemente, na maneira en que outras nacións intentaron entrometerse nela, entre nós e aqueles ós que o problema incumbe, con un espirito que nos é hostil e a confesada intención de atrancar a nosa política e danar o noso poder, limitando a nosa grandeza e impedindo o cumplimento do noso destino manifesto, que é o de abarcar o continente outorgado pola providencia para o libre desenvolvemento dos millóns que se multiplican anualmente... É enteiramente inexacto e inxusto para con nós pretender que a anexión teña sido u nha medida de despoxo inxustific able, de co nquist a militar baixo a forma de paz e o dereito de increme nto territorial a expensas da xustiza, que se lle debe por partida doble ó féble. Este enfoque da cuestión é totalmente infundado e xa se refutou an tes moi amplamente nestas páxinas, coma tamén nun milleiro doutras maneiras, que non nos demoraremos de novo nisto. A independencia de Texas foi completa e absoluta. Foi unha independencia non só de feito senón de dereito...” (O ‘ SULLIVA N, J.L.: The United States Magazine and Democratic Rewiew, vol. XVII, nº LXXXV, xullo e agosto de 1845. E n : KHON , H.: El nacionalismo: su significado y su historia. Ed. Paidos, Buenos Aires, 1966. Paxs. 193-196) 1 23
  • 11. X. O imperialismo americano. Fundamentos ideolóxicos: a Doutrina Monroe. “7. ... Un principio referente ós dereitos e intereses dos Estados Unidos é que os continentes americanos pola libre e independiente condición que adqu iriron e que manteñen, non deben ser no suc esivo considerados como suxeitos a colonización por ningunha potencia europea... 48. ... En consideración ás amistosas relacións que existen ent re os Estados Unidos e esas potencias, debemos declarar que consideramos com o un verdadeiro perigo para a nosa paz e tranquilidade toda tentativa pola súa parte que tivera por obxecto extender o seu sistema a este hemisferio. Coas colonias existentes ou posesións de calquer nación europea non temos intervido nunca nin o faremos tampouco; pero tratándose dos gobernos que decrararon e mantiveron a súa independencia, a que respectamos porque está conforme cos nosos principios, non poderiamos menos que considerar como unha intervención host il cara os Estados Unidos toda intervención extranxeira que tivese por obxecto oprimilos... 49. . .. Pero tratándose destes continentes, as circunstancias son moi diferentes; non é posible que as potencias aliadas extendan o seu sis tema político a ningú n daqueles sen poñe r en perigo a nosa paz e o noso benestar, nin é de crer tampouco que os no sos irmáns do Sur qu ixeran ace ptar unha i nterv ención e xtranxeira polo seu propio consentimento. Sería igualmente imposible que aceptaramos con indiferencia unha intervención desta especie, sea cal fora a forma en que se producira. Comparando as forzas e os recursos de España cos deses novos gobe rnos, parece claro qu e dit a pote ncia non poderá sometelos nunca; pero de tódolos xeitos a verdad eira política dos Estados Unidos será respectar a uns e outros, esperando que as potenci as imitarán o noso exemplo... ... Non temos intervido nas guerras entre as potencias europeas e non interviremos..., únicamente cando os nosos dereitos sexan lesionados ou ameazados, responderemos ás inxurias ou nos prepararemos para a defensa...” ( M O N R O E , J.: Discurso ó Congreso, 2 de decem bro de 182 3. En: COR DER O TOR RES, J . M.: Textos básicos de América. Ed. IEP, Madrid, 1955. Paxs. 51-52) Y. O imperialismo am ericano. A intervención no istmo interam ericano. “Art. 1. Os Estados Unidos garanten e manterán a indepependencia da República de Panamá. Art. 2 . A R e p úb l ic a de P an a m á concede aos Estados Unidos a perpetuidade o uso, a ocupa ción e o control dunha zona de terra e a súa prolongación no mar para a construcción, mantem ento, explotación, saneament o e protección de dita canle; esta zona d e 10 m illas de a nchur a, ext endes e sob re cinc o a cad a veira ... Art. 3. A República de Panamá concede aos Estados Unidos todos os dereitos, poderes e autoridade no interior da zona mencionada e descrita no artículo 2. Art. 7. A República de Panamá concede aos Estados Unidos o dereito e o poder de manter a orde pública nas cidades de Panamá e Colón e os territorios e p ortos adxacentes no caso de que a República de Panamá non sexa capaz, a xuízo de Esta dos Un idos , de man telo.” (Convención para a construcción da canle de Panamá. 1903) Z. O imp erialism o ame ricano. Unha representación satírica 1 24
  • 12. Z. 1. O imperialismo americano. O escenario xeográfico. A exp ansión norte ame ricana . (1867 -1914). F onte. Anais. Historia do mundo contem poraneo. Ed. Vicens-vives, A Coruña, 1987. Pax. 100. Z. 1. O imperialismo xaponés. Causas. “O Xapón, país de agricultura pobre, non atopa no seu propio territorio os recursos que lle fan falta. Así pois, compen sa este déficit coa industria e mailo comercio. Por iso é para él absolutamente necesario conqu ista-lo mercado chinés a calque ra prezo e limpalo da competencia estranxeira. É evidente que o Xapón ten unhas inmensas expectativas para o futuro. A un lado ten un Estado poderoso, formidablemente armado e pobre; no outro, e diante mesmo, un Estado inmens o, cheo de riqueza e desprovisto de forzas militares serias.” (CL A U D E L , P.: Baixo o signo do Dragón. 1909. En: GA RCÍA , M. e GATEL L, C.: Anais . Histo ria do m undo c ontem porá neo. Ed. Vivens-vives, A Coruña, 1987. Pax. 100) Z. 2. O imperialismo xaponés. Bases ideolóxicas. “Para a gran maioría do pobo xapon és a guerra do ano 1905 non foi tan só u nha guerra contra a nación rusa. Foi un verdadeiro levantamento contra esta raza branca tan fahendosa, tan omni potente, tan ameazadora: foi unha revolución contra estes homes altos e grandes, coa pel branca, cun xeito de falar a berros e de acenos groseiros, que tantos delict os, incongruenc ias e abusos de pode r cometeran contra o Xapón. ... Tratábase de vencer á soberanía desta raza que pretendía se-la aristocracia das razas humanas.” (NADE AU, L.: O Xapón moderno . 1909. En: GARCÍA, M. e GATELL, C. Obra citada. Pax. 100) Z. 3. O imperialismo xaponés. O militarismo. “A independencia e a consolidación de Manchukuo é tan só o prefacio da autonomía e reconstrución de Asia. A liberación de Manchuria ten que se-lo primeiro paso para a liberación de toda Asia... Os límites do expansionismo xaponés son as beiras do canal de Suez.” 1 25
  • 13. (NAKA YA BU SEY: D iscurso pronu nciado en 193 4. En: GAR CÍA, M. e GA TELL, C. Ob ra citada, pa x. 100) Z. 4. A xustificación do imperialismo xaponés ( Representación sat írica xaponesa sobre o imp erialismo ruso. En: www.ed-dolmen.com) As consecuencias do im perialismo. Grandes transformacións nas sociedad es indíxenas. Z. 5. A destrución da vida indíxena. En Alxeria tódalas terras boas estaban xa cultivadas cando chegaron as tropas francesas. Así, a pretendida “explotación da terra” foi máis ben a explotación dos seus habitant es, que se m antivo durante todo un século. A historia de Alxeria é a dunha concentración progre siva da propiedade territotial en mans dos europeos, a forza das propiedades alxerianas. A revolta do ano 1871 serviu para ocupar centenares de milleiros de hectáreas ós vencidos. Pero por se non abondaba, decidiuse darlles un valiosos agasallo ós musulmáns: démoslle-lo noso código civil. ¿Por que tanta xenerosidade? Porque a propiedade tribal era colectiva na maioría dos casos e queríase individuali za-la propiedade para permitir ós especuladores mercala de novo ós poucos. ... Velaquí o result ado desta operación: no ano 1850 os frnacese tiñan tan só 115.000 hectáreas; no ano 1900, 1.600.000; e no ano 1959, 2.505.000... Afrancesando e dividindo a propiedade gretouse a vella socie dade tribal sen lle ofrecer nada a cambio. Estimulouse a anulación das xerarquías tribais, suprimíronse tódalas forzas de resistencia e susbtituíronse as forzas colectivas polas indivi duais, ó tempo que se creaba unha man de obra barata. Esta man de obra era a que compens aba os gastos do transporte dos producto s coloniais á met rópole e aseguraba os benefic ios das empresas coloniais. Deste xeito, a colon ización transformou a poboaci ón alxeriana nun inmenso proletariado agrícola. Xa que en Europa fundamentaron se mpre as reivindicacións nacionais na unidade da língua, negóuselles ós musulmans o uso do seu propio idioma. Desde o ano 1830 a língua árabe está considerada en Alxeria como estranxeira. 1 26
  • 14. Máis isto non é todo; para desunir ós árabes, a administración francesa confiscóulle-la relixión e, ademais, recruta os sacerdotes islámicos entre os seus asalariados. E mantivo as supersticións máis baixas, porque estas desunen...” (SART RE, J. P. : Tempos modernos. Nº 123, m arzo-abril, 1956 . En: GARC ÍA, M. e GAT ELL, C. Ob ra citada, pa x. 104) Z. 6. Unha visión positiva do colonialismo. “Nada ten de malo, senón moi ó contrario, que as nacións que, como consecuencia de estar situadas nun medio xeográfico máis estimulante, prrogresaron máis en certos coñecementos industriais, políticos ou morais, que os transmitan a nacións que estean máis atrasadas, debido ás súas ci rcunstancias, para así axudalas a desenvolver tanto os recursos materiais das súas terras coma os recursos humanos da súa poboación. Nin me atrverí a a firm ar que sexa absolutamen te ilexítimo o uti lizar nesta tarefa algún tipo de “persuasión, de aguillón ou de presión” (para citar unha frase ben coñecida) ou , dicíndoo maís brevemente, algunha forma de “coacción”. O facer uso da forza ou da coacción non é, en si mesmo, pero pode selo, a condición previa para que se poña a anda-lo proceso educativo... Se aceptamos que as técnicas do “progreso” ou algunhas delas, so comunicables, cousa que parece indiscutible, non poden existir dereitos inn atos nun pobo a negarse a recibi -las ensinanzas obrigatorias que precisa para pasar da infancia á madureza dentro do concerto de nacións.” (HOBS ON, J. A.: Estudio del imperialismo. Alianza Ed ., Madrid, 1981. Pax. 217 ) Z. 7. Unha vi sión mái s imparcial do feito colo nial. A presencia europea en Asia e África, con independencia do xuízo moral que nos mereza a actuación dos colonialistas, provocou unha auténtica revolución nos países colonizados, pois alte rou un equilibrio soc ial milenario e creou os fundamentos para unha evolución que, inevitablemente, conduciría á rebelión e á autonomía... Xa no século pasado Karl Marx considerou que Gran Bretaña tiña unha dobre misión n a India: destructiva, de aniquilamento da vella sociedade asiática, para poder implantar sobre das súas ruínas os fundamentos materiais da sociedade occidental e constructiva, na medida en que consolidou a unidade política e contribuíu ó xurdimento dunha élite culta, provista de cualidades administrativas e impregnada do espírito europeo. Seguindo este razonamento chegouse á conclusión de que a violación da identidade indíxena foi fructífera, en contra da tese mantida polo antic olonialismo máis virulento, segundo o cal non se logrará a verdad eira liberación dos pobos descolonizados ata que previam ente non se des trúa a última pegada da herdanza coloni al. ( M A D R I LE J O S , M.: Colonia lismo y neoco lonialism o. Ed. Salvat, col.Biblioteca Salvat de Grandes Temas, nº 63. Barcelona, 1975. Pax. 41) Os conflictos c oloniais. Antecedentes da 1ª Guerra Mundial. Z. 8. O incidente de Fashoda. “O 19 de setembro de 1898 o xeneral Kitchener, comandante das tropas inglesas, che ga a Fashoda, da que o capitán Marchand, procedente do Congo, tomou posesión no nome de Francia. Kitchener, que no curso dunha espiñenta entrevist a deu probas de gran tacto e de diplomacia, e que de sde logo dirixe ó noso xefe todas as súas felicitacións pola empresa que tivemos realizada, insiste unha vez máis... Quere convencernos de que volvamos a Exipto sobre os seus cañoneiros: “Europa estremeceráse de admiración cando coñeza o que fixestes. Verdadeiramente, lamento que non sexades inglés. A noticia do noso encontro aquí terá enorme repercusión no mundo enteiro”. “¿Vostede sabe que é a guerra entre os nosos dous países o que pode resultar da vosa negativa a abandonar Fashoda?”, dí o xeneral... “Pero nese caso, e s e o goberno de Londres desexa ocuparse deste asunto, ¿non é natural que conferencie para isto co de París? Nós somos soldados e non diplomáticos...” ( D R . JULES EMILY : Misión Marchand, 1896-1898. Diario de ruta do Dr. Emily. París, ed Hachette, 1912. E n : LÓ P E Z -C O R D Ó N , M.V. e MART ÍNEZ CARR ERAS , J. U.: Análise e comentario d e tex tos his tórico s II. Id ade M odern a e Co ntem porá nea. Ed. Alhambra. Madrid, 1978. Pax. 302) 1 27
  • 15. Z. 9. A guerra Anglo-boer. 1899-1902. Enfrontamentos na guerra anglo-boer. Z .10. A guerra hispano-norteamericana de 1898 “Eran as nove e media da ma ñá cando o cru cei ro acoirazado Infanta María Teresa, buque insign ia do almirante Pascual Cervera, abandonaba a bahía de Santiago de Cu ba. A batalla comezou i nmediatamente : ás 9,35 o "Teresa" abriu lume sobre un acoirazado norteamericano, aínda que a súa intención era dirixirse a toda máquina cara ao Brooklyn, ao que i nteresaba poñer fóra de combate ens eguida por ser o navío máis rápido da esc uadra inimiga. Detrás do "Teresa" saíron en ringleira (non había outra posibilidade polas c aracterísticas da bahía) os tamén cruceiros acoirazados Biscaia, Cristovo Colón e Almirante Oquendo, coa intención de fuxir rapidamente cara ao oeste. Para rematar fixéronse á mar os destructores Furor e Plutón, qu e non tiñan ningunha opción ante a potencia de lume de Estados Unidos. O único barco que podía, en principio, poñerse a salvo era o Cristovo Colón, ao ser o máis rápido de ambas flotas. Estivo a piques de conseguilo, pe ro ao consumir todo o carbón de calidade, tivo que empregar outro de menor poder calorífico; perdeu velocidade e foi alcanzado polos acoirazados inimigos. O seu comandante decidiu emb arrancarlo ás 13,54 nas proximidades da desem bocadura do río Turquino, a 48 millas (89 quilómetros) de Santiago. A sorte dos outros cruceiros foi similar. O "Teresa", aíínda que en principio fixo fuxir ao Brooklyn, sucumbióó baixo o lume do Indiana e o Oregon. O "Oquendo" e os dous destructores sufriron un intenso castigo desde que abandonaron a bahía e quedaron fóra de combate en pouc o tempo. O Bisc aia, alcanzado por varias andanadas, decidiu encallar no Aserradero, onde lle explotaron as caldeiras e os pañoles de munición pouco logo das once da maññá. En algo máis de catro horas, a escuadra española do Atlántico quedou aniquilada.” (PEYTA VÍ,R.: El des astr e nava l de Sa ntiag o de Cu ba. En: www.mgar.net/cuba/santiag2.htm . Febreiro 2006) 1 28
  • 16. Documentos fílm icos relacionados co a unidade temática. 1. Cincuenta e cinco días en Pekin. EE. UU. 1963. Dir. Nicholas Ray. Xénero: aventuras. Duración: 150 m. 2. As catro plumas. Reino Unido. 1939. Dir. Zoltan Korda. Xénero: aventuras. Duración: 126 m. 3. Kharthoum. Reino Unido. 1966. Dir. Basil Dearden. Xénero: aventuras. Duración: 134 m. 4. Memorias de África. EE. UU. 1985. Dir. Sidney Pollack. Xénero: melodrama romántico. Duración: 154 m. 5. Queimada. Italia. 1969. Dir. Gillo Pontecorvo. Xénero: drama. Duración: 112 m. 6. Zulú. Reino Unido. 1963. Dir. C. Einfeld. Xénero: aventuras. Duración: 138 m. 7. Mencer zulú. EE. UU. 1979. Dir. Douglas Hickox. Xénero: aventuras. Duración: 117 m. 8. América, América. EE. UU. 1963. Dir. Elia Kazan. Xénero: drama. Duración: 177 m. 9. Cimarrón. EE. UU. 1960. Dir. Anthony Mann. Xénero: western. Duración: 147 m. 10. Tres lanceiros bengalís. EE. UU. 1934. Dir. Henry Hathaway. Xénero: aventuras. Duración: 109 m. 11. A xungla en armas. EE. UU. 1939. Dir. Henry Hathaway. Xénero: aventuras. Duración: 95 m. 12. Kim da India. EE. UU. 1950. Dir. Victor Saville. Xénero: aventuras. Duración: 112 m. 13. A revolta dos sipaios. EE. UU. 1954. Dir. László Benedeck. Xénero: drama. Duración: sin datos. 14. Rifles de Bengala. EE. UU. 1954. Dir. László Benedeck. Xénero: aventuras. Duración: 84 m. 15. Lawrence de Arabia. Reino Unido. 1962. Dir. David Lean. Xénero: aventuras. Duración: 222 m. 16. Rebelión na India. Reino Unido. 1965. Dir. Jhon Gilling. Xénero: aventuras. Duración: 81 m. 17. A última carga. Reino Unido. 1968. Dir. Tony Richardson. Xénero: bélica. Duración: 141 m. 18. O Winston novo. Reino Unido. 1972. Dir. Richard Attemborough. Xénero: Biográfico. Duración: 145 m. 19. O vento e o león. EE. UU. 1975. Dir. Jhon Milius. Xénero: aventuras. Duración: 119 m. 20 O home que puido re inar. EE. UU. 1975. Dir. Jhon Huston. Xénero: aventuras. Duración: 129 m. 21. Gandhi. Reino Unido. 1982. Dir. Richard Attemborough. Xénero: biográfico. Duración: 188 m. 22. Berra liberdade. Reino Unido. 1987. Dir. Richard Attemborough. Xénero: drama. Duración: 158 m. 1 29
  • 17. 1 30