SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 17
Descargar para leer sin conexión
Colecci ón docum ental.                                   Capítulo IX                            1º de Bacharelato.


                          A Primeira Guerra Mundial. (1914-1918)


O longo camiño cara a guerra.                                                Temor e desconfianza en Europa.

A. A politica exterior de Bismarck. Principios básicos.
        “Se neste clima de tensión política hai un estado capaz de traballar polo mantemento da paz, é
Alemaña. Unha Alemña que non se sinte interesada polas cuestións que axitan ás restantes potencias, e que
considerou oportuno, dende a consti tución do Imperio, non atacar a ningún dos seus viciños, a menos que a
obriguen.
        Pero señores, para cumprir esta dificil, e se cadra ingrata misión, é precis o que Alemaña sexa
poderosa e estea preparada para a guerra... Non temos instinto belicoso. Non temos neces idade de loita;
somos deses estados que o príncipe de Metternich chamaba “estados saturados”.
        Desde o acordo de Francfort, o noso primeiro desexo foi manter unha paz o máis duradei ra posible
e aproveitala para consolida-lo imperio alemán. Non era unha empresa doada. Acordamos un completo
entendement o con Austria.
        A amistade con Rusia non sufriu nin gún contratempo durante os períodos de guerra e hoxe non pode
poñerse en dúbida. Non tememos ningún ataque nin politica hostil por parte de Rusia...
         A cuestión de s aber cales serán as nosas relacións con Francia no futuro, é máis dificil de resolver.
         Entre Francia e nós, a paz é dificil porque subsiste entre os dous países un antigo litixio histórico
polo problema das fronteiras...
         A superioridade de Francia dependerá das alianzas que teñ a. Non creo que esas alianzas poidan ter
lugar. O labor da diplomacia é evitar esas alianzas ou prreparar contra-alianzas se tivesen lugar...”
(BISMARCK, O. V.: Discurso no Reichstag o 11 de xaneiro de 1887. En: VOILLIARD, CAB O U R D I N , D RE Y F U S e MA R X :
Documents d’ histoire, 1851-1971. Ed. Armand Colin, París, 1964. Paxs. 145-147)


B. A politica exterior de Bismarck. O sistema de alianzas.
         “Considerando, finalmente que un acordo estreito entre Aust ria-Hungría e Alemaña non pode ameazar
a nadie, senon máis ben consolidar a paz europea xurdida dos acordos do Tratado de Berlín.
       SS.MM. O Emperador de Austria e Rei de Hungría e o Emperador alemán, comprométense
solemnemente a non dar xamais unha interpretación agresiva ó seu acordo puramente defensivo...
         Art. 1. Se, contrariamente ó que cabe esperar e ó desexo sincero das dúas Altas Partes contratantes,
un dos imperios cheg ara a ser atacado por Rusia, as dúas partes estarán obrigadas a prestarse axuda mútua
coa totalidade das súas forzas militares e, igualmente, a non concluir a paz por separado...
        Art.3. Este tratado, de conformidade co seu carácter pacífico e para evitar toda falsa interpretación,
será mantido en segredo polas dúas Altas Partes contratantes...
(Tratado de alianza austro-alemán. Feito en Viena, a 7 de outubro de 1879)


C. A formación dos b loques. Alianza franco-rusa.
         “Francia e Rusia, animadas dun mes mo de sexo de co nservar a paz, sen out ra finalidade que atender
ás necesidades dunha guerra defensiva, provocada por un ataque das forzas da Triple Alianza contra unha
delas, conveñen as seguintes disposicións:
        1ª. Se Francia é atacada por Alemaña, ou por Italia sostida por Alemaña, Rusia empregar' qa todas as
súas forzas dispoñibles para atacar a Alemaña. Se Rusia é atacada por Alemaña, ou por Austria sostida por
Alemaña, Francia empregará todas as súas forzas dispoñibles para loitar contra Alemaña...
         3ª. Estas forzas empregaranse a fondo e con toda dilixencia, de maneira que Alemaña teñ a que loitar
á vez no leste e no oeste...


                                                           1 47
7ª. Todas as cláusulas enumeradas anteriormente serán mantidas en riguroso segredo.”
(Tratado franco-ruso. 18 de agosto de 1892)


D. A formación dos bloq ues. A Triple Alianza.
           “As Súas Maxestades.
         O Emperador de Austria e Rei de Hungría, o Emperador de Alemaña, Rei de Prusia, e o Rei de Italia,
animados do desexo de aumentar as garantías da paz xeral, de fortificar o principio monárquico e de asegurar
con isto mismo o mantemento intacto da orde social e política nos seus Estados respectivos, acordaron a
conclusión dun tratado que, en virtude da súa natureza esencialmente conservadora e defensiva, non persigue
outro fin que o de precaverlles contra os perigos que puideran ameazar a seguridade dos seus Estados e a
tranquilidade de Europa.
         Artículo 1. As Altas Partes con tratantes prométense recíprocam ente paz e amistade, e non entrarán
en alianza ou compromiso algún dirixido contra calquera dos seus Estados. As Altas Partes contratantes
comprométense a proceder a un intercambio de ideas a cerca das cuestións políticas e económicas de carácter
xeral que puideran sobrevir, prometéndose ademais mutuo apoio dentro do límite dos seus propios intereses.
        Artículo 2. No caso de que Italia, sin mediar provocación pola súa parte, fose atacada por Francia por
calquera motivo, as outras dúas partes contratantes estarán dispostas a prestar á Parte atacada socorro e
axuda con todas as súas forzas. A mesma obrigación incumbirá a Italia en caso dunha agresión non
directamente provocada de Francia cont ra Alemaña.
        Artículo 3. Se unha ou dúas das Altas Partes contratantes, sen provocación directa pola súa parte,
chegasen a ser atacadas e a encontrase empeñadas nunha guerra con dúas ou máis grnades potencias non
firmantes do presente tratado, o “casus foederis” presentaráse simultaneam ente para todas as Altas Partes
contratantes.
        Artículo 4. No caso de que unha gran potencia non firmante do presente tratado ameazase a
seguridade dos Estados dunha das A ltas Partes contratantes e, en razón disto, a parte ameazada se vise
forzada a facerlle a guerra, as outras dúas obríganse a observar con respecto á súa aliada unha ne utralidade
benévola...
         Artículo 5. Se a paz dunha das Altas Partes contratantes chegase a ser ameazada nas circunstanc ias
previstas nos artículos anteriores, as Altas P artes contratantes poranse de acordo no tem po útil sobre as
medidas militares a adoptar con miras a unha eventual cooperación. Para todo caso de participación común
nunha guerra, as Altas Partes contratantes comprométense, desde agora mesmo, a non concluir nin armisticio,
nin paz, nin tratado senon de común acordo entre os tres.
        Artículo 6. As Altas Partes contratantes prométense recíprocamente o segredo, tanto sobre o
contido como sobre a existencia do presente tratado.
        Artículo 7. O presente tratado manterase en vigor durante o especio de cinco anos, a partir do día
de intercambio de ratificacións.
       Artículo 8. As ratificacións do presente tratado serán intercambiadas en Viena no prazo de tres
semanas, ou antes se fose posible.
           Feito en Viena o día 20 de maio de 1882.
(Primeiro Tratado da Triple Alianza, en Viena, o 20 de maio d e 1 88 2 . E n: L Ó P EZ - C O R D Ó N, M . V . e M A R T Í N E Z C A RR E R A S ,
J. U.: Analisis y comentarios de Textos Históricos. T. II. Edad Moderna y contemporánea.. Ed. Alhambra. Madrid, 1978. Paxs.
290-291)


E. A formación dos bloques. Acordo colonial fraco-británico ou “Entente Cordiale”.
         Art. 1. O goberno da S.M. británica declara que non ten intención de cambiar o status político de
Exipto. Pola súa parte, o goberno da República francesa declara que non porá ob stác ulos á acción d e Ing laterra
neste país.. . Acéptase qu e a Dirección Xeral de Antigüi dades de Exipto siga como agora confiada a un sabio
francés. As escolas francesas de Exipto seguirán tendo a mesma liberdade que ata aquí.
       Art.2. O goberno da República francesa declara que non ten a intención de cambiar o status político
de Marrocos. Pola súa parte, o goberno de S.M. británica recoñece que lle corresponde a Francia,


                                                                     1 48
especialmente como potencia que linda en grande extensión cos de Marrocos, conservar a orde neste país e
facilitarlle axuda para todas as reformas administrativas, económicas, financeiras e militares que precise...
         Art. 4. O comercio dunha e outra nación con Marrocos e con Exipto gozará do mesmo trato no tránsito
a través das posesións francesas e británicas en África...
        Art. 7. Coa fin de asegurar o libre tránsito do Estreito de Xibraltar, ambos gobernos conveñen en non
permitir que se levanten fortificacións ou obras estratéxicas na parte da costa marroquí.”
(Tratado entre Fran cia e Gran Br etaña . Londres , 8-IV-1904. E n: Historia do Mundo Contemporáne. 1º de b acha relat o. Cons orcio
editorial galeg o. A Coruña, 20 03. Pax. 176)


F. O ambiente prebé lico. A paz e a guerra vistas desde Inglaterra.
          “Os dous grandes obxectivos da politica de Bismarck son:
          1. A supremacía de Alemaña en Europa e da raza alemana no mundo.
          2. A n eutralización do po der e da influen cia da raza latina en Franci a e en calquera o utro lugar.
         Para conseguir estes obxectivos non se deterá diante de nada mentres viva, polo que deb emos estar
preparados para calquera sorpresa no fu turo ( ... ). Teño a sensación d e que o res tablecemento do futu ro
equilibrio de poder en Europa sobre a base dunha paz xeral é o obxectivo diplomático polo que debemos
traballar, e que nada pode facerse mentras os alemáns teñan conseguido o seu ouro francés e os franceses
se desfagan dos soldados alemán s: Os alemáns, como vostede sabe, ven a guerra de vinganza como algo
inevitable e están facendo inmensos preparativos para isto.”
(Lord Russell a Lord Layan, 1873)


G. O ambiente prebélico. O odio alemán a Inglate rra.
          “¿Qué nos importan Rusi a ou os frnaceses?... , golpe por golpe, bota por bota.
         Non os amamos, non os odiamos: protexemos o Vístula e os pasos dos Vosgos. Non sentimos máis que
un só odio. Amamos en común, odiamos en común. Non temos máis que un inimigo.
          Todos o coñecedes.
          Todos o coñecedes.
        Agazapado detrás do mara grisáceo, cheo de envexa, de maldade, de carraxe e de astucia, separado
de nós por augas máis mestas que o sangue.
          Non temos todos máis que un odio.
          Non temos todos máis que un inimigo: Inglaterra.”
(LISSAUER,Ernst: Canto de odio contra Inglaterra (Hassgesang). En: FERR O, M.: La Gran Guerra (1914-1918). Ed. Alta ya. Col.
Grandes Obras de Historia, nº 36. Barcelona 1997. Pax. 53)


H. O ambiente prebé lico. A guerra na prensa.
         “Francia aínda non está disposta para o combate; Inglaterra está atormentada por dificultades
interiores e colo niai s. Rusia tem e moito a guerra, porq ue te n medo a un ha revo luci ón in terior. ¿Imos agardar
que os no sos advers arios estean dispostos ou debe mos aproveitarn os do mom ento favorable para provocar a
deci sión? Velaquí a dificil cu estión q ue se trata de resolver.
         O exercito austríaco é aínda fiel e ú til; Italia está aínda firmem ente com prometida co a Triple
Alianza... Podemos, igu almente, contar, ch egado o caso, con Tu rquía e Romanía. Temos así todas as de gañar,
poderiamos dirixir os mandos da política europea, mediante unha ofen siva deci dida e poderiam os as egura r o
noso porvi r.
         Isto non quere dicir que debamos provocar a guerra, pero alín onde se prduza un conflicto de
intereses... non deberiamos retroceder, senon facelo depender da guerra e comenzar esta por unha ofensiva
resolta; pouco importa o pretexto, pois non é isto do que se trata, snon de todo o noso porvir que está en
xogo.”
(Artigo en “Die Post”. 24-II-1914.En: ALFEI RAN R ODR IGUEZ , X. e ROME RO MA SIÁ, A.: Historia do mundo contem poráneo.
1º de bacharelato. Consorcio editorial galego. A Coruña, 2003. Pax. 180)




                                                                1 49
I. O ambiente prebélico. A actitude dos intelectuais.
        “Durante os calurosos días de finai s de xullo, eu estaba en Cambridge, discu tindo a situació n con todo
o mundo. Consideraba imposible crer que Europ a est ives e tan tola c omo para precipi tarse á guerra, pero eu
estaba convenc ido d e que, s e chegab a a hab er gue rra, In glate rra veríase involucrada. Eu desexaba vivamente
que Inglaterra permanecera neutral, polo que recollín firmas dun amplo número de profesores e compañeiros
para unha declaración que, a tal efecto, apareceu no Manchester Guardian. O día que a guerra foi declarada,
case todos eles camb iaron de pensar. Botei a tarde paseando polas rúas, especialm ente nas proximidades de
Trafalgar Square, observando a un entusiasmado xentío que me facía a min mesmo sensible a tales emocións.
        ...Eu supuxera inxenuamente o que a maioría dos pacifistas afirmaban: que as guerras eran unha
imposición de gobernos despóticos e maquiavélicos sobre unha poboación que as rexeitaba...”
(RUSSELL, Bertrand: Autob iography, 1951)



J. O ambiente prebélico. O militarismo alemán.
        “Nos círculos militares de aquí estase en perfecta forma. Hai xa meses, o X efe do e Estado Maior,
Von Moltke, expresou a idea de que o momento era militarmente tan favorable que non se podería dar o utro
nun prazo breve. Os motivos aducidos eran:
          1.         Superioridade da artillería alemana, Francia e Rusia non posúen obuses e non poden, de feito,
                     combater contra unha tropa cube rta por un tiro desde arriba.
          2.         Superioridade das armas de infantería alemanas.
          3.         Instrucción deficiente das tropas francesas.”
(LER CHE NFE LD,( encargado de asuntos de Baviera en B erlín). Carta a H ertling (minist ro-presidente d e Baviera). 31-VII-1914.
En: ALFE IRAN RODR IGUEZ , X. e ROME RO MA SIÁ, A. O bra citada , pax. 181)


K. O ambiente prebélico. A resistencia dos pacifistas.
         “... Nesta situación intolerable, nós, representantes de partidos socialistas, de sindi catos e de
minorías destas organizacións, alemáns, franceses, italianos, rusos, polacos, letóns, romaneses, búlgaros,
suécos, noruegos, holandeses e suízos; nós que non nos situamos no te rreo da solidariedade nacional cos nosos
explotadores, senón que permanec emos fieles á so lidariedade internacional do proletariado e á loita de crases,
reunímonos aquí para reanudar os lazos rotos das relacións internaci onais, para chamar á crase obreira a
recobrar a conciencia de si m esma e lanzala á loita pola paz.
         Esta loita é a loita pola liberdade, pola fraternidade dos pobos, polo socialismo. Hai que emprender
esta loita pola paz, pola paz sin anexións nin indemnizacións de guerra... O dereito dos pobos a dispor deles
mesmos debe ser o fundamento inquebrantable na orde das relacións de nación a nación.”
(Manifesto aproba do pola confe rencia de Z immer wald en setem bro de 191 5. En: Histo ria del s ocialis m o. E l s o ci a li sm o
democrático. Ed. Laia, Barcelona, 1977. Pax. 189)


L. O aumento da agresividade. A “Politica Mundial” ou weltpolitik.
         “(...) O diputado Groeber pídeme unha explicación oficial do térmo “politica mundial”; resposto que esta
palabra significa cumplir cos deberes que nos impon o desenvolvemento da nos a industria, do noso comercio
(...).
        É imposible parar o crecemento dos nosos intereses de ultramar. Non podemos mutilar o noso
comercio, a nosa industria, o traballo, a actividade e a intelixencia do noso pobo. Non soñamos cunha politica
de expansión agresiva; queremos simplemente protexer os importantes intereses que nos producíu o
desenvolvemento normal das cousas en todas as partes do mundo.”
(Discurso do c hanceler Vo n Bülow per ante o Parlam ento alem án. 1908)


M. O aumento da agresividade. Relaci óns entre Servia e Austria.
        “A historia destes últimos anos, e especialmente os acontecementos do 28 de xuño, demostraron a
existencia en Serbia dun movemento subversivo cuio fin é separar da monarquía austro-húngara algunhas partes
do seu territorio (...). O gob erno real servio debe comprometerse a:


                                                               1 50
1. Suprimir toda publicación que excite ó odio e ó menosprezo da monarquía (...).
        2. Eliminar inmediatamente a sociedade chamada Narodna Odbrana* e confiscar todos os seus medios
de propaganda (...).
       3. Eliminar sin demora a instrucción públi ca en Serbi a (.. .), todo o que sirva ou poida s ervir para
fomentar a propaganda contra Austria-Hungría.
         4. Separar do servicio militar e da administración a todos os oficiai s e funcionarios c ulpables da
propaganda contra a monarquía austro-húngara, dos que o goberno im perial e real se reserva o comunicar os
feitos e os nomes ó goberno real (...).
         6. Abrir unha enquisa xudic ial contra os participantes no complot do 28 de xuño que se atopan en
territorio serbio (...).
        8. Impedir o concurso das autoridades serbias no tráfico ilegal de armas e explosivos a través da
fronteira.
O goberno im perial e real espera a resposta do goberno real o máis tarde ata o sábado 25 deste mes, ás cinco
da tarde.”
(Do goberno de Austria-Hungría ó goberno de Serbia, 23 de xullo de 1914)
* Narodna Odbrana ou Mano Negra era o nome popular co que se coñecía a organización secreta serbia Ujedinjenje ili Smrt (Unidade ou Morte),
fundada por xoves oficiais do exercito serb io en 1911. O seu obxect ivo era a unión de todos os servios que vivían baixo os imperios turco e
austro-húngaro nun só Estado. Os seus métodos incluían o terrorismo de inspiración anarquista.



N. Desencadeantes da contenda. O asasinato de Saraxevo.
         “Gabrilo Príncipe foi o mozo serbobosnio que cometeu o atentado do 28 de xuño de 1914 que lle custou
a vida ao herdeiro da Coroa Austrohúngara e foi o detonante do inico da Gran Guerra. A organización deste
magnicidio é motivo de controversia entre os historiadores. Sábes e que contou c oa colaboración da
organización nacionalista serbia, A Man Negra, pero non se pode determinar ata que punto estivo implicado o
goberno servio dirixido por N. Pasic. A Man Negra estaba dirixida polo coronel que mandaba nos servicios de
información do exercito servio, o coronel Dimitrievitch, e nela militaban oficiai s do exercito e da policiá se rvia.
Cando remat ou a guerra o presi dent e Pas ic ordeno u a sú a detención e morreu fus ilado . O hi storiador M. Ferro
sosten que o presidente servio, Pasi c, advertira ó goberno de Viena da inoportunidade da viaxe dos herdeiros
da Coroa a Saraxevo, xa que o goberno de Belgrado non era quen de controlar os movementos terroristas
serbobosnios. Outro prestixioso histo riador da época, Pierre Rnouvin, mantén que está comprobado que os
asasinos recibiron as armas de Belgrado coa complicidade da garda fronteiriza serbia.”
(BRAGADO RODRIGU EZ e outros:Historia do mundo contem poráneo. 1º de bachare lato. Ed. Xerais. Vigo , 2002. Pax. 209 )



O. Desencadeante s da guerra. Ultimátum de Alem aña a Rusia.
         “Despois de que a pesar das negociacións de mediación en curso, e aínda cando nós, ata este momento,
non temos tomado medida algunha de mo vilizaci ón (preparac ións para a gu erra), Rusia mo vilizou c ontra nós todo
o seu exercito e a súaarmada. (Para a seguridade do noso Imperio, a consecuenc ia de) estas medi das rusas
obrígannos, para seguridade do Imperio, a proclamar o inminente perigo de guerra (ou a movilización que
significa a guerra que a guerra ha seguir), que non significa aínda a movilización. Pero a movilización hase
producir en caso de que Rus ia dentro de doce horas non anule toda me dida mili tar co ntra nós e cont ra Austria-
Hungría e nos dea explicacións sobre o feito. Rogo llo transmita de contado ó señor Sassonow e telegrafíe a
hora da comunicación. [B(e thmann) H(ollweg)]. ( Excl usivame nte p ara a súa información confidencial). Eu (teño
fundamentos para crer) sei que Swerbeyew onte (pola tarde) telegrafiou a Petersburgo que nós nos tiñamos
movilizado; o que non é certo ata este momento (ata onte non tiñamos tomada ningunha medida militar).
(B(erlín) 31.7.14 . Minuta da propia man do cha nceler Bethm ann-Hollweg para o telegram a ó embaixador alem án en Petersburg o,
recollido en GOT Z, W.: Historia Universal, t. X, A época do imperialismo, 1890-1933. Ed. Espasa-Calpe, Madrid, 1936)


P. Desencadeant es da guerra. Xustificac ións da delaración de guerra a Alemaña por parte de Inglaterra.
           “A) Edward Grey, ministro de Asuntos Exteriores:
           O meu punto de vista persoal é este: a frota de Francia está no Mediterráneo, As súas costas do



                                                                    1 51
Norte e do Oeste están sen protección. Se unha frota estranxeira chega e os ataca, Inglaterra ten a
obrigación de actuar...
         Se a independencia de Bélxic a desaparece, ocorrería o mesmo coa in dependencia de Holanda.
Considerade agora os intereses británi cos que est arán en xogo se nos mantemos lonxe de semellante crise.
¿É que o que teñamos aforrado en forzas ó final da guerra vai a com pens a-lo perdido en prestixio? De calquera
xeito, sufri remos espantosam ente esta guerra. O noso c omercio de exportación has e det er, ou se mante rá
igual no mellor dos casos, estaremos na imposibilidade de cambia-lo que vai chegar no transcurso da guerra:
toda Europa occidental, agás nós , caerá baixo a dominación dun ha soa potencia.


         B) Lord Asquith, Primeiro Ministro:
         Combatemos polo principio de que as pequ enas nacións non sexa esmagadas, con tra toda lealdade
internaci onal, pola vontade arbitraria dunha potencia superior, non creo que haxa ningunha nación que entrase
nunha disputa coa conciencia tan tranquila coma nós. Non combatemos, en efecto, nin para atacar a alguén nin
para soste-los nosos propio intereses; sen ón pola defensa de principios dos que depende a civilizaci ón do
Universo.”
(TACE L, M.: Le Royaume-Uni (1867-1980): Ed. Masson. París, 1981, pax. 113)


Os recursos das potencias.                                               Unha enorme capacidade destructiva.
Q. Os exercitos en liza. Número de efectivos.


      AS FORZAS DAS POTENCIAS CENTRAIS E DA ENTENTE EN AGOSTO DE 1914

                                                                                           Entente
                                                  Potencias centrais
               Recursos:                                                           (Francia, R. Unido, R usia,
                                              (Alemaña. Austria-Hungría)
                                                                                       Belxica e Servia)

               Poboación                              120.000.000                        240.000.000

               Soldados                                1.000.000                          2.000.000

                Divisións                                  160                                200

                  Flota                     40 acorazados e 54 cruceiros         85 acorazados e 148 cruceiros

R. Os recursos das poten cias. A potenc ia industrial




                                                           1 52
S. Os recurso s das poten cias. A potencia n aval.




T. Os recu rsos das pote ncias. A carreira armamenti sta.




                                                     1 53
U. Os recursos das potencias. Personal naval e militar das potencias.




V. O sistem a de alianzas nos comenzos da guerra. Os escenarios da guerra.




                     As alianzas militares europeas en 1914. Fonte:
                     www.historiasiglo20.org

                                                      1 54
O desenvolvemento da guerra.                                                              Movement os e posicións.
W. Os planos estratéxicos. O Plan Schlieffen.
         “Despois da guerra de 1870-71 (entre Francia e Prusia) fíxose evidente que unha guerra simultánea
contra Franc ia e Rusia serí a a prob a mái s peri gosa para a es tabi lidad e do novo Imperio ale mán. .. Nunha guerra
así, atopariámonos na “liña interior”. Raramente, nese caso, un é o bastante forte comopara atacar aos dous
adversarios ao mesmo tempo. A conducta a seguir é a mesma en todos os manuais: atendese primeiro a un
adversario e logo ao outro, ao que se contivo ata ese momento. Así actuou xa Federico O Grande durante a
Guerra dos sete anos... e Napoleón... Entón era preciso conseguir, mediante a rapidez das marchas e a
conservación do segredo das operacións, o que hoxe nos proporc iona n os f errocarrís. A man obra parece sinxela,
pero a súa execu ción é ext remadament e dificil. ¿Contra que adversario volverse primeiro? ¿Ata que punto levar
esta operación? ¿Cando abandonala? ¿Como conter ao outro adversario ata que chegue o m omento? ... O co nde
Schlieffen decatouse deseguida de que os franceses eran o inimigo máis poderoso, o máis ameazador, ao que
había que atacar con tanta superioridade numérica como fose posible... Nos anos seguintes, o conde Schlieffen
foi acentuando progresivamente a idea de envolvemento. O ataque de fronte foi abandonado ... Atravesando
Bélxica e o norte de Francia coma un poderoso rodete, desbordariamos toda posición francesa que nos
atoparamos. O teatro de operacións estendíase, creando espacio para un exercito inmenso... Era preciso
aniquilar o exercito francés.”
( V O N KUHL (Xeneral alemán, Xefe do I Exercito na invasión de Bélxica e Francia en 19 14). O Alto Estado Maior alemán antes
e durante a I Guerra mundial. 1920. En: ALFEIRAN RODRIGUEZ e ROMERO MASIÁ: Obra citada. Pax. 185)


X. Estratexias. As trincheiras.
        “Nas tropas enfrontadas, a instalación dun frente defensivo contínuo convértese na preocupación
inmediata; este fronte equípase rapidamente... Pouco a pouco queda constituído por dúas posicións paralelas,
separadas por unha distancia de 3 ou 4 km. O sistema defensivo complétase con centros de resistencia; os
defensores poderían operar, mediante fogos de branco, contra a infante ría inimiga, se esta c onsegui se toma-la
primeira posición.
          No sucesivo, a ofen siva choca con grandes difi cultades. Para que o asalto da infantería poida triun far,
é preci so ab rir unh a ferida nos aramados para permitirlle o paso, neutralizar momentáneamente o fogo dos
ocupantes da trin cheira inim iga, e non deixar que os ho mes amon toados no s refu xios teñan tem po de saír. A
artillería é a que debe realizar esta preparación do ataque. Pero os progresos da fortificación poñen de seguida
os refuxios a proba de obuses lixeiros, e o tiro tendido da artillería de campaña está mal adpatado para a
destrución dos aramados ou das trincheiras. É preci so desenvo-la artillería pesada e crear unha “artillería de
trincheira” que utilice aparatos de tiro curvo. O armamento mesmo da infantería non se adapta xa ás novas
condicións de combate: a granada de man é a arma indispensable para alcanzar, a curta distancia, ó adversario
protexido na sú a trincheira. P or último, a avi ació n, que du rante a campaña de 1914 só cumprira misións de
exploracións, debe facer fronte a novas tarefas: é a encargada de fotografi-las posi cións i nimigas , de regula-lo
tiro da artilleria, de vixiar na retagarda inimiga os indicios que poidan revela-la preparación dunha ofensiva, de
bombardea-los depósitos de material e de municións, os convois de abastecemento, e por suposto, as tropas
cando se ven obrigadas a moverse durante o día.”
(RENO UVIN, P.: La Primera Guerra Mundial. Ed. Ooikos-tau, Barcelona, 1972. Paxs. 35-36)


Y. Estratexias. A guerra de movementos.
         “Seguindo as previsión s do plan Schli effen, bas eado no cálc ulo de que o exercito ruso precisaría varias
semanas para colocar no frente toda a súa potencia, os alemáns atravesan Bélxica e lanzanse sobre Francia,
empurrando ós ingleses cara Mons e ós f rnace ses cara Ch arleroi. A “bat alla das fron teiras” re vela o erro de
cálculo do Estado Maior francés sobre os efectivos xermanos. Moltke continúa a penetración e o goberno
francés abandona París. O 2 de setembro as vangardas alemanas chegan a Senlis, a 25 km. Da capital francesa.
O contraataque, planificado por Jofre, concentrase no Marne, donde se colocou a ala dereita alemana. Os
alemans corrían o perigo de ser desbordados, de ver cortadas as súas comunicacións. A batalla do Marne supón
o fracaso do plan Schlieffen e provoca a sustitución de Moltke por Falkenhayn como generalísimo alemán.
          Fracasado o avance en pun ta cara París, os alemans inic ian as bat allas de Fla ndes , a carreira c ara o mar,


                                                            1 55
ocupando sucesivame nte Iprés, Gante e Bruxas. Aseguran deste xeito as súas comunicac ións a través das
chairas belgas, pero en troques de renunciar ó afundimento de Francia. Un frente de 800 km., desde a costa
do canal da Mancha á fronteira suíza, sinala a situación dos exercitos. No Oest e fracasou o plan de movementos
en profundidade dos alemans.”
(FERN ÁND EZ, A. : Historia del mundo contemporáneo. Ed. Vicens -vives. Col. Textos de orientación universitaria. Barcelona,
1980. Paxs. 268-269)


Z. Estratexias. A coorde nación do mando.

        “Un dos maiores erros cometi dos pola nosa coalición durante a aúltima guerra foi a falta de dirección
nas operacións...
         A posición xeográfica dos nosos adversarios, agrupados nun único bloq ue, compens ábaos en certo modo
da falta de unidade no mando; eles tiñan a liberdade de concentra-los seus esforzos nopunto e na hora que
escollesen. Pola contra, o noso campo atopáb ase dividido en tres facci óns: o grupo occidental, n o que inclúo as
forzas italianas coas que nos comunicabamoslibremente, o grupo dos exercitos aliados de Oriente e os
exercitos rusos...
         Para facer unha idea das dificultades coas que eu choc aba, abonda pensar que, no cant o de “mand ar”
(que é a única maneira de conduci-las operacións militares), estab a obrigado a persuadi-los xenerais en xefe
aliados, algúns dos cales, como Haig e Cardona, eran os meus iguais e outros, como o Rei dos belg as, o Zar e
o príncipe Alexandro de Servia, unían ás súas funcións militares as de Xefes de Estado. Engádase a isto que
todos eses comandantes en xefe, sen distinción, estaban limitados na súa iniciativa e na súa boa vontade por
trabas políticas e así se terá unha idea cabal das condicións en que se formulaba cada problema estratéxico
pendente de resolución.”
(GIRALT, O R T E G A e ROIG: Text os, ma pas y crono logía d e hist oria moderna y contemporánea. Ed. Teide, Barcelona, 1976. Pax.
377)


Z. 1. Est ratexias. Ope racións no fren te oriental.
          “Cuartel Xeneral, 26 de xullo de 1915.
       A Vosa Maxestade Imperial e Real dígn ese conside rar a exposición que, respetuosamente e en
cumprimento do m eu deber, lle fago da situació n en que, ó meu xuízo, se atopa actualme nte a guerra:
        Ante os ex ercitos do marisc al Von Mack ensen ret írase o inimigo na dirección de Brest-Litovsk. É
verosímil que traslade as súas forzas, ben contra o grupo de Gallwitz, ben na direcc ión de Wilna.
        A forza ofensiva dos exercitos do mariscal Von Macke nsen parece esgotada no es encial polas
contínuas loitas; isto fai problemático o éxito da operación ordenada pola Vosa Maxestade. O Vístula medrou
a consecuencia das contínuas chuvias. Ó m eu xuízo, non pode realizarse o paso do río Iwangorod e Varsovia
mentras o inimigo se atope en posesi ón da ribeira dereita.
         O grupo Gallwitz cobrará máis terreo aínda. Pero se o inimigo dispón de novas forzas contra él, a
enerxía ofensiva de dito grupo quedará pronto paralizada; a non ser que reciba inmediatamente reforzos. E
cando obteña éxito, o seu avance non logrará a derrota completa do exercito inimigo. Conseguirá, como moito,
rexeitar ós rusos sbre a liña de Brest-Litovsk-Bielostk. Pero con isto non obtemos a deci sión da guerra, a pesar
de todos os éxitos. O ruso ten que ser alacanzado de xeito moito máis s ensible aínda. I sto, ademais, dada a
actual situación da guerra, só poderá conse guirse robustecen do o décimo exercito, tomando Kowno e dirixindo
a ofensiva do exercito décimo e do exercito do Niemen contra as comunicacións rusas. Esta operación podería
iniciarse preparando material de ataque sobre Kowno, robustecendo o exercito décimo con partes dos
exercitos do mariscal Von Mackensen, do grupo Woyrsch e do exercito noveno, deste último despois de que
teña executado o seu ataque actual.”
( V O N HINDENBUR G, comandante en xefe do frente oriental: Informe ó emperador. En: GOTZ , W.: Histo ria Un iversa l, T . X ,
La época del imperialismo 81890-1933). Ed. Espasa-Calpe. Madrid, 1936. Paxs. 456-457)


Z. 2. Novas armas. A aviación.
       “...O primeiro combate aéreo de todos os tempos acabab a de realizarse . A 5 de out ubro de 1914 Frantz
e Quenault abateran a un aviatik (alemán) a tiro de metralladoras. Frantz e Quenault podían permitirse o luxo


                                                               1 56
dunha metralladora porque voaban a bordo dun Voisin, pesado, lento (90/100 km/hora en voo horizontal), máis
espacioso. A maior parte dos outros aparellos franceses da época non posuían metralladoras: dúas prazas: o
piloto atrás; á fronte, o navegador-observador-combatente. ¿Combatente com o? Á carabina. Os rapaces de
hoxe, coñecedores, apaixonados polos foguetes, teñen dificultades para comprender eses combates, para eles
prehistóricos. Os avións aproximábanse a 15, a 10 metros, colocados bordo con bordo, no mesmo sentido. Os
adversarios víanse como eu os vexo; como os pasaxeiros de dous trens marchando para lelamente. Entón o home
da fronte empuñaba a súa carabina e apuntaba, e o seu advers ario tamén . Mesmo de tan pre to era preciso ser
un certeiro tirador a causa da inestabilidade en altitude. Un duelo á “americana”, como se dixera antes da
guerra. Cando algún sorprendía ó adversario -iso acontecía- por detrás, ou picando, víao de tal maneira ben , de
tan preto -e por veces el non vos vira- que se experimentaba mesmo unha sensación de asasinato. Mesmo un
pouco máis tarde, cando todos os avións tiñan metralladoras (unha ou dúas, atirando a través da hélice), os
pilotos experimentaban aínda esa impresión... Máis a maioría das veces o adversario víavos. Comenzaba entón
nos aires a danza da morte, frecuentemente seguida aqui abaixo por miles de espectadores.”
( B L O ND , G.: Verdum . Docu men to nº 2 78. Pa rís. 196 1. En: LÓ PEZ FAC AL, R . e DÍAZ OTER O, A.: Historia do mundo
conte mpo ráneo . 1º Cur so. Ed. Xunta de Galicia. Col. Materiais curriculares. Santiago de Compostela, 1998. Pax. 102)


Z. 3. Novas armas. A metralladora.




Z. 4. Novas armas. As armas químic as.




                                                                     Bomba química da Primeira Guerra Mundial



                                                              1 57
Z. 5. Novas armas. Carro de combate.




           Carro de comb ate francés Re nault F. T. En: www.europa1939.com


Z. 6. Novas armas. A guerra psicolóxic a.




                               Cartel fr ancés: Non p asar án. 191 4-1918 . En:
                               www.historiasiglo20.org




                                                            1 58
Z. 7. A vida cotiá nas trincheiras.
A. As vivencias dun poilu *
         “Ises tres días pasados encollidos na terra, sin beber nin comer: os queixidos dos feridos, logo o
ataque entre os boches (alemáns) e nós. Despois, ó fin, para as queixas; e os obuses, que nos estragn os nervios
e nos apestan, non nos dan tregua algunha, e as terribles horas que se pasan coa máscara e as gafas na cara,
¡os ollos choran e escúpese sangue!, despois os oficiais que se van para sempre; noticias fúnebres que se
transmiten de boca en boca no buraco; e as ordes boches dadas en voz alta a 50 metros de nós; todos de pe;
logo o traballo co pico debaixo das terribles balas e o horrible ta-ta-ta das ametralladoras.”
(Carta dun soldado. Verdún, marzo de 1916.
* Poilu (barbudo) era o sobrenome dado ós soldados franceses da Primeira Guerra Mundial. Debíase ó aspecto hirsuto da súa braba, que non
podían afeitar polas deficientes condicións hixiénicas que soportaban.


B. O diario dun soldado.
         “Venres 25 de febreiro:
         O exercito de 250.000 a 300.000 homes baixo o mando do comandante kronprinz preci pítase sobre
as nosas trincheiras que defenden Verdún. Ata agora non aparecemos. Hai qu e aguantar o golpe sin decaer. As
nosas tropas cederon terreo baixo a avalancha de ferro da gran artillería e baixo a impetuosidade do ataque.
Os comunicados de Berlín, moi tranquilos, din que as liñas francesas foron des truídas sobre un frente de 10
km sobre unha profundidade de 3 km.
         As perdas son i nmensas en am bolo s dou s lado s. Nos pe rderamos 3.000 prisioneiros e unha gran
cantidade de material. Os nosos c omunicados, moi sobrios, in dican que debem os ocupar as posición s de
replegue, pero que o noso frente non fora afundido.
         Mércores 29 de marzo:
         A batalla de Verdún, a máis longa e a máis e spantosa da historia universal, continúa. Os alemáns, cunha
tenacidade inaudita, cunha viole ncia sin igual, atac an as nosas liñas que machacan e roen (...). Os nosos heroicos
poilus (soldados) están ben a pesar do diluvio de aceiro, de líquidos inflamables e de gases asfixiantes.”
(Doctor M arcel Poisot: Mi diario de guerra, 1914-1918)



Os escenarios da guerra                                                                             Centroeuropa destruíd a.

Z. 8. O frente oeste en 1914




         Frente oe ste en 1914 . En: www.atlas-historique.net.


                                                                    1 59
Z. 9. Frente dos Balcáns en 1915.




       Frente do s Balcáns en 1915. En: www.atlas-historique.net.


Z. 10.                                                                           O
frente oeste en 1918




    Ofe nsiva a lema na no f rent e oest e en 19 18. www.atlas-historique.net.


                                                               1 60
Consecuencias da guerra.                                                                      Dificultades postbéli cas.
Z. 11. Os catorce puntos de Wilson e a Paz de París.
       “O programa da paz mundial é o noso programa e, este programa, é o único posible tal e como o
concebemos, é o seguinte:
        1. Acordos de paz ( ... ), de spoi s dos cales non habe rá máis aco rdos i ntern acio nais privad os, de calque ra
natureza que sexan; a diplomacia procederá franca e públicamente.
            2. A liberdade absoluta de navegación sobre os mares, fora das augas territoriais (...).
        3. Supresión, en tanto sexa posible , de toas aas barreiras económicas e estabrecemento de condicións
cmerciais iguais para todas as nacións (...).
       4. Suficientes garantías (...) Para que os armamentos nacionais sexan reducidos ó límite, extremo
compatible coa seguridade interior dos países.
       5. Arreglo libre, nun amplo espíritu e absolutamente imparcial, de todas as reivindicacións coloniais,
baseado sobre o respeto estricto do principio que regula todas as cuestións de soberanía (...).
           6. Evacuación de todos os territorios rusos e regulación de todas as cuestións concernentes a Rusia
(...) Para permitir (...) En plena independe ncia, o seu dese nvolvemen to politic o e nacion al; para asegurarlle unha
sinceira aollida na Sociedade de Nacións libres baixo o goberno que ela mesma se teña dado.”
(Mensaxe do Presidente Wilson, xaneiro de 1918)



Z.12. O tratado de Versalles.
       “Os Estados Unidos de América, o Imperio Británico, Francia, Italia e Xapón (...) Por unha banda e,
Alemaña, doutra, conviñeron as disposicións seguintes:
         42. Prohíbese a Alemaña manter ou construír fortificacións sexa sobre o lado esquerdo do Rhin, sexa
sobre o lado dereito (...)
        45. En compensació n pola destrucción das m inas de carbón no norte de Francia (...), Alemaña cede a
Francia a propiedade das minas de carbón no Sarre (...).
        51. Os territorios que foron cedidos a Alemaña en virtude do Tratado de Paz de 1871 (Alsaci a e
Lorena) son reintegrados á soberanía francesa (...).
            80. Alemaña recoñece e respetará estrictamente a independencia de Austria (...).
            87. Alemaña (...) Recoñece a independencia de Polonia (...).
       102. A cidade de Danzig (...) Queda constitu ída como cidade libre e si tuada baixo a protección da
Sociedade de Nacións (...).
            119. Alemaña renuncia (...) A todos os seus dereitos e títulos sobre posesións de ultramar.”
(Anaco do Tratado de Versalles, 1919)



Z. 13. As cons ecuencias demográficas da guerra.

                                                                        Forzas mobilizadas
                                 Poboación total en 1913
             Países:                                                 (Incluídos os continxentes   Mortos e desaparecidos
                                 (En millóns de habitantes)
                                                                             coloniais)

 Alemaña                                      64,9                          13.250.000                  2.000.000


 Aust ria-Hu ngría                            50,6                           9.000.000                   1.543.000


 Fran cia                                     39,6                           8.500.000                   1.400.000


 Gran Bretaña                                 45,1                           9.500.000                   744.000


 Italia                                       36,1                           5.600.000                   750.000


 Rusia                                       142,6                           13.000.000                  1.700.000


 Estados Unidos                          9 2 , 0 ( 1 9 10 )                  3.800.000                    116.000


 Bélxica                                  7 , 4 ( 1 9 10 )                    380.000                     41.000

Z. 14. As consec uencias eco nómicas da paz.

                                                              1 61
“A politica de reducir a Alemaña a servidume durante unha xeneración, de envilece r a vida de millóns
de seres humanos e de privar a toda unha nación da felicidade, sería odio sa e detestab le aínda que fo ra posible,
aínda que nos enrriquecera a nós, ainda que non sementara a decadencia de toda a vida (...) De Europa (...).
         O tratado non inclúe ningunha disposición para lograr a rehabilitación de Europa; nada para levantar
a Rusia, nin para promover, dalgunha maneira, unha solidariedade económica estreita entre os aliados mesmos.
        Os caracteres que expresan a situación inmediata pódense agrupar baixo tres epígrafes: 1) o
afundimento absoluto para o porvir da productividade interior de Europa; 2) a ruina do transporte e do cambio
que servían para enviar os productos cando e onde máis se precisaban; 3) a incpacidade de Europa para adquirir
productos de Ultramar”.
(Jonh Mayn ard Keyne s: Las consecuencias económicas de la paz, 1919)



Z.15. A Sociedade de Nacións.
         “Preámbulo.
         As altas partes contrat ante s, c onsiderando q ue para fomenta r a cooperac ión e ntre as nacións e para
garantir a paz e a seguridade importa: aceptar certos compromis os de non recurrir á guerra e manter á luz do
día as relacións internacio nais, fun dadas sobre a xu stiza e o honor, observar rigurosamente as prescripcións
do Dereito internacional (...), facer que reine a xustiza e respetar escrupulosamente todas as obrigacións dos
tratados (...) , adoptan presente pacto, que institúe a Sociedade de Nacións:
       Art. 8. Os membros da Sociedade recoñecen que o mantemento da paz esixe a reducción dos
armamentos nacionais ó mínimum compatible coa seguridade nacional e coas obrigacións internacionais (...).
        Art. 10. Os membros da Sociedade comprométense a respetar e a manter, contra toda agresión
exterior, a integridade territorial e a independencia politica presente, de todos os membros da Sociedade.
        Art. 16.1. Se un membro da Sociedade recurrise á guerra (...) Os demáis membros comprométense a
romper inmediatame nte t oda relaci ón co merc ial ou finan ceira con él, aprohibir toda relación (...) Co Estado que
teña quebrantado o pacto (...).
        Art. 16.4. Todo memb ro que se teña feito cu lpable de violar algún dos compromisos da Sociedade
poderá ser excluído dela.”
(Pacto da Sociedade de Nacións, 10 de xaneiro de 1920)



Z. 16. Europa despois do tratado de Versalles.




                                                           1 62
Documentos fílm icos relacionados co a unidade temática.

1. Sen novidade na fronte. EE. UU. 1930. Dir. Lewis Milestone. Xénero: bélico. Duración: 130 m.
2. Sen novidade na fronte. EE. UU. 1979 . Dir. Delbert Mann. Xénero: drama antibelicista. Duración: 126 m.
3. Sendeiros de gloria. EE. UU. 1957. Dir. Stanley Kubrick. Xénero: drama antimilitarista. Duración: 86 m.
4. Lawrence de Arabia. Reino Unido. 1962. Dir. David Lean. Xénero: aventuras biográfica. Duración: 222 m.
5. Capitan Cona n. Francia. 1996. Dir. Bertrand Tavernier. Xénero: drama bélico. Duración: 129 m.
6. O gran desfile. EE. UU. 1925. Dir. Kin g Vidor. Xénero: drama bélico. Duración : 126 m. Película muda.
7. A grande ilusión. Francia. 1937. Dir. Jean Renoir. Xénero; drama bélico. Duración: 95 m.
8. Rei e patria. Reino Unido. 1964. Dir. Joseph Losey. Xénero: drama bélico. Duración: 86 m.
9. Johnny colleu o se u fusil. EE. UU. 1971. Dir. Dalton Trumbo. Xénero: drama bélico. Duración: 111 m.
10. Sarxento York. EE. UU. 1941. Dir. Howard Hawks. Xénero: drama bélico. Duración: 134 m.
11. O barón roxo. EE. UU. 1971. Dir. Roger corman. Xénero: drama bélico. Duración: 97 m.
12. Atentado. O día que cambiou o mundo. 1975. Dir. Veiko Bulajic. Sin datos nos demáis apartados.




                                                   1 63

Más contenido relacionado

Similar a ColeccióN 9

A primera-guerra-mundial-1914-1918
A primera-guerra-mundial-1914-1918A primera-guerra-mundial-1914-1918
A primera-guerra-mundial-1914-1918
samudiego
 
A primera-guerra-mundial-1914-1918-110508115128-phpapp01
A primera-guerra-mundial-1914-1918-110508115128-phpapp01A primera-guerra-mundial-1914-1918-110508115128-phpapp01
A primera-guerra-mundial-1914-1918-110508115128-phpapp01
samudiego
 
Tema VI Historia Alberto Rivas
Tema VI Historia Alberto RivasTema VI Historia Alberto Rivas
Tema VI Historia Alberto Rivas
Alberto Rivas
 
Historiatema6
Historiatema6Historiatema6
Historiatema6
eva gerpe
 
Lecciones 1 2. Tema 6. 4º Eso
Lecciones 1 2. Tema 6. 4º EsoLecciones 1 2. Tema 6. 4º Eso
Lecciones 1 2. Tema 6. 4º Eso
dudashistoria
 
A primeira guerra mundial
A primeira guerra mundialA primeira guerra mundial
A primeira guerra mundial
danilorenzo
 
A Gran Guerra (1914-1918)
A Gran Guerra (1914-1918)A Gran Guerra (1914-1918)
A Gran Guerra (1914-1918)
quiquehs
 
A primeira guerra mundial
A primeira guerra mundialA primeira guerra mundial
A primeira guerra mundial
danilorenzo
 
Tema 6; traballo de sociais de lourdes
Tema 6; traballo de sociais de lourdesTema 6; traballo de sociais de lourdes
Tema 6; traballo de sociais de lourdes
LourdesErea4
 

Similar a ColeccióN 9 (20)

9. A Primeira G. Mundial
9. A Primeira G. Mundial9. A Primeira G. Mundial
9. A Primeira G. Mundial
 
A Primeira Guerra Mundial
A Primeira Guerra MundialA Primeira Guerra Mundial
A Primeira Guerra Mundial
 
A Grande Guerra
A  Grande GuerraA  Grande Guerra
A Grande Guerra
 
A Grande Guerra
A  Grande GuerraA  Grande Guerra
A Grande Guerra
 
T.6 A I Guerra Mundial
T.6 A I Guerra MundialT.6 A I Guerra Mundial
T.6 A I Guerra Mundial
 
A primera-guerra-mundial-1914-1918
A primera-guerra-mundial-1914-1918A primera-guerra-mundial-1914-1918
A primera-guerra-mundial-1914-1918
 
A primera-guerra-mundial-1914-1918-110508115128-phpapp01
A primera-guerra-mundial-1914-1918-110508115128-phpapp01A primera-guerra-mundial-1914-1918-110508115128-phpapp01
A primera-guerra-mundial-1914-1918-110508115128-phpapp01
 
Historia 6
Historia 6Historia 6
Historia 6
 
Tema VI Historia Alberto Rivas
Tema VI Historia Alberto RivasTema VI Historia Alberto Rivas
Tema VI Historia Alberto Rivas
 
Da carreira de armamentos ata as consecuencias da Gran Guerra
Da carreira de armamentos ata as consecuencias da Gran GuerraDa carreira de armamentos ata as consecuencias da Gran Guerra
Da carreira de armamentos ata as consecuencias da Gran Guerra
 
HISTORIA TEMA 6
HISTORIA TEMA 6HISTORIA TEMA 6
HISTORIA TEMA 6
 
Historia, tema 6
Historia, tema 6Historia, tema 6
Historia, tema 6
 
Tema 6
Tema 6Tema 6
Tema 6
 
Ccss tema 6
Ccss tema 6Ccss tema 6
Ccss tema 6
 
Historiatema6
Historiatema6Historiatema6
Historiatema6
 
Lecciones 1 2. Tema 6. 4º Eso
Lecciones 1 2. Tema 6. 4º EsoLecciones 1 2. Tema 6. 4º Eso
Lecciones 1 2. Tema 6. 4º Eso
 
A primeira guerra mundial
A primeira guerra mundialA primeira guerra mundial
A primeira guerra mundial
 
A Gran Guerra (1914-1918)
A Gran Guerra (1914-1918)A Gran Guerra (1914-1918)
A Gran Guerra (1914-1918)
 
A primeira guerra mundial
A primeira guerra mundialA primeira guerra mundial
A primeira guerra mundial
 
Tema 6; traballo de sociais de lourdes
Tema 6; traballo de sociais de lourdesTema 6; traballo de sociais de lourdes
Tema 6; traballo de sociais de lourdes
 

Más de Ismael Vide González

1. fontes, métodos e correntes historiográficas
1. fontes, métodos e correntes historiográficas1. fontes, métodos e correntes historiográficas
1. fontes, métodos e correntes historiográficas
Ismael Vide González
 

Más de Ismael Vide González (20)

6. europa a finais do século xix
6. europa a finais do século xix6. europa a finais do século xix
6. europa a finais do século xix
 
1. fontes, métodos e correntes historiográficas
1. fontes, métodos e correntes historiográficas1. fontes, métodos e correntes historiográficas
1. fontes, métodos e correntes historiográficas
 
17. a nova orde mundial.
17. a nova orde mundial.17. a nova orde mundial.
17. a nova orde mundial.
 
16. un mundo en crise
16. un mundo en crise16. un mundo en crise
16. un mundo en crise
 
15. os contrastes territoriais e as políticas de cohesión
15. os contrastes territoriais e as políticas de cohesión15. os contrastes territoriais e as políticas de cohesión
15. os contrastes territoriais e as políticas de cohesión
 
R. sacra
R. sacraR. sacra
R. sacra
 
14. os espazos turísticos.
14. os espazos turísticos.14. os espazos turísticos.
14. os espazos turísticos.
 
4. Paisaxes naturais
4. Paisaxes naturais4. Paisaxes naturais
4. Paisaxes naturais
 
13. transportes e comunicacións.
13. transportes e comunicacións.13. transportes e comunicacións.
13. transportes e comunicacións.
 
12. A terciarización da economía.
12. A terciarización da economía.12. A terciarización da economía.
12. A terciarización da economía.
 
11. os espazos industriais.
11. os espazos industriais.11. os espazos industriais.
11. os espazos industriais.
 
10. r. mineiros e enerxéticos.
10. r. mineiros e enerxéticos.10. r. mineiros e enerxéticos.
10. r. mineiros e enerxéticos.
 
9. actividades agrarias e pesqueiras.
9. actividades agrarias e pesqueiras.9. actividades agrarias e pesqueiras.
9. actividades agrarias e pesqueiras.
 
8. O sistema urbano
8. O sistema urbano8. O sistema urbano
8. O sistema urbano
 
7. O poboamento
7. O poboamento7. O poboamento
7. O poboamento
 
6. A poboación.
6. A poboación.6. A poboación.
6. A poboación.
 
5. Os riscos naturais e ambientais.
5. Os riscos naturais e ambientais.5. Os riscos naturais e ambientais.
5. Os riscos naturais e ambientais.
 
2. O clima.
2. O clima.2. O clima.
2. O clima.
 
1. O relevo.
1. O relevo.1. O relevo.
1. O relevo.
 
3. A auga. Recursos hídricos.
3. A auga. Recursos hídricos.3. A auga. Recursos hídricos.
3. A auga. Recursos hídricos.
 

Último (7)

XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 

ColeccióN 9

  • 1. Colecci ón docum ental. Capítulo IX 1º de Bacharelato. A Primeira Guerra Mundial. (1914-1918) O longo camiño cara a guerra. Temor e desconfianza en Europa. A. A politica exterior de Bismarck. Principios básicos. “Se neste clima de tensión política hai un estado capaz de traballar polo mantemento da paz, é Alemaña. Unha Alemña que non se sinte interesada polas cuestións que axitan ás restantes potencias, e que considerou oportuno, dende a consti tución do Imperio, non atacar a ningún dos seus viciños, a menos que a obriguen. Pero señores, para cumprir esta dificil, e se cadra ingrata misión, é precis o que Alemaña sexa poderosa e estea preparada para a guerra... Non temos instinto belicoso. Non temos neces idade de loita; somos deses estados que o príncipe de Metternich chamaba “estados saturados”. Desde o acordo de Francfort, o noso primeiro desexo foi manter unha paz o máis duradei ra posible e aproveitala para consolida-lo imperio alemán. Non era unha empresa doada. Acordamos un completo entendement o con Austria. A amistade con Rusia non sufriu nin gún contratempo durante os períodos de guerra e hoxe non pode poñerse en dúbida. Non tememos ningún ataque nin politica hostil por parte de Rusia... A cuestión de s aber cales serán as nosas relacións con Francia no futuro, é máis dificil de resolver. Entre Francia e nós, a paz é dificil porque subsiste entre os dous países un antigo litixio histórico polo problema das fronteiras... A superioridade de Francia dependerá das alianzas que teñ a. Non creo que esas alianzas poidan ter lugar. O labor da diplomacia é evitar esas alianzas ou prreparar contra-alianzas se tivesen lugar...” (BISMARCK, O. V.: Discurso no Reichstag o 11 de xaneiro de 1887. En: VOILLIARD, CAB O U R D I N , D RE Y F U S e MA R X : Documents d’ histoire, 1851-1971. Ed. Armand Colin, París, 1964. Paxs. 145-147) B. A politica exterior de Bismarck. O sistema de alianzas. “Considerando, finalmente que un acordo estreito entre Aust ria-Hungría e Alemaña non pode ameazar a nadie, senon máis ben consolidar a paz europea xurdida dos acordos do Tratado de Berlín. SS.MM. O Emperador de Austria e Rei de Hungría e o Emperador alemán, comprométense solemnemente a non dar xamais unha interpretación agresiva ó seu acordo puramente defensivo... Art. 1. Se, contrariamente ó que cabe esperar e ó desexo sincero das dúas Altas Partes contratantes, un dos imperios cheg ara a ser atacado por Rusia, as dúas partes estarán obrigadas a prestarse axuda mútua coa totalidade das súas forzas militares e, igualmente, a non concluir a paz por separado... Art.3. Este tratado, de conformidade co seu carácter pacífico e para evitar toda falsa interpretación, será mantido en segredo polas dúas Altas Partes contratantes... (Tratado de alianza austro-alemán. Feito en Viena, a 7 de outubro de 1879) C. A formación dos b loques. Alianza franco-rusa. “Francia e Rusia, animadas dun mes mo de sexo de co nservar a paz, sen out ra finalidade que atender ás necesidades dunha guerra defensiva, provocada por un ataque das forzas da Triple Alianza contra unha delas, conveñen as seguintes disposicións: 1ª. Se Francia é atacada por Alemaña, ou por Italia sostida por Alemaña, Rusia empregar' qa todas as súas forzas dispoñibles para atacar a Alemaña. Se Rusia é atacada por Alemaña, ou por Austria sostida por Alemaña, Francia empregará todas as súas forzas dispoñibles para loitar contra Alemaña... 3ª. Estas forzas empregaranse a fondo e con toda dilixencia, de maneira que Alemaña teñ a que loitar á vez no leste e no oeste... 1 47
  • 2. 7ª. Todas as cláusulas enumeradas anteriormente serán mantidas en riguroso segredo.” (Tratado franco-ruso. 18 de agosto de 1892) D. A formación dos bloq ues. A Triple Alianza. “As Súas Maxestades. O Emperador de Austria e Rei de Hungría, o Emperador de Alemaña, Rei de Prusia, e o Rei de Italia, animados do desexo de aumentar as garantías da paz xeral, de fortificar o principio monárquico e de asegurar con isto mismo o mantemento intacto da orde social e política nos seus Estados respectivos, acordaron a conclusión dun tratado que, en virtude da súa natureza esencialmente conservadora e defensiva, non persigue outro fin que o de precaverlles contra os perigos que puideran ameazar a seguridade dos seus Estados e a tranquilidade de Europa. Artículo 1. As Altas Partes con tratantes prométense recíprocam ente paz e amistade, e non entrarán en alianza ou compromiso algún dirixido contra calquera dos seus Estados. As Altas Partes contratantes comprométense a proceder a un intercambio de ideas a cerca das cuestións políticas e económicas de carácter xeral que puideran sobrevir, prometéndose ademais mutuo apoio dentro do límite dos seus propios intereses. Artículo 2. No caso de que Italia, sin mediar provocación pola súa parte, fose atacada por Francia por calquera motivo, as outras dúas partes contratantes estarán dispostas a prestar á Parte atacada socorro e axuda con todas as súas forzas. A mesma obrigación incumbirá a Italia en caso dunha agresión non directamente provocada de Francia cont ra Alemaña. Artículo 3. Se unha ou dúas das Altas Partes contratantes, sen provocación directa pola súa parte, chegasen a ser atacadas e a encontrase empeñadas nunha guerra con dúas ou máis grnades potencias non firmantes do presente tratado, o “casus foederis” presentaráse simultaneam ente para todas as Altas Partes contratantes. Artículo 4. No caso de que unha gran potencia non firmante do presente tratado ameazase a seguridade dos Estados dunha das A ltas Partes contratantes e, en razón disto, a parte ameazada se vise forzada a facerlle a guerra, as outras dúas obríganse a observar con respecto á súa aliada unha ne utralidade benévola... Artículo 5. Se a paz dunha das Altas Partes contratantes chegase a ser ameazada nas circunstanc ias previstas nos artículos anteriores, as Altas P artes contratantes poranse de acordo no tem po útil sobre as medidas militares a adoptar con miras a unha eventual cooperación. Para todo caso de participación común nunha guerra, as Altas Partes contratantes comprométense, desde agora mesmo, a non concluir nin armisticio, nin paz, nin tratado senon de común acordo entre os tres. Artículo 6. As Altas Partes contratantes prométense recíprocamente o segredo, tanto sobre o contido como sobre a existencia do presente tratado. Artículo 7. O presente tratado manterase en vigor durante o especio de cinco anos, a partir do día de intercambio de ratificacións. Artículo 8. As ratificacións do presente tratado serán intercambiadas en Viena no prazo de tres semanas, ou antes se fose posible. Feito en Viena o día 20 de maio de 1882. (Primeiro Tratado da Triple Alianza, en Viena, o 20 de maio d e 1 88 2 . E n: L Ó P EZ - C O R D Ó N, M . V . e M A R T Í N E Z C A RR E R A S , J. U.: Analisis y comentarios de Textos Históricos. T. II. Edad Moderna y contemporánea.. Ed. Alhambra. Madrid, 1978. Paxs. 290-291) E. A formación dos bloques. Acordo colonial fraco-británico ou “Entente Cordiale”. Art. 1. O goberno da S.M. británica declara que non ten intención de cambiar o status político de Exipto. Pola súa parte, o goberno da República francesa declara que non porá ob stác ulos á acción d e Ing laterra neste país.. . Acéptase qu e a Dirección Xeral de Antigüi dades de Exipto siga como agora confiada a un sabio francés. As escolas francesas de Exipto seguirán tendo a mesma liberdade que ata aquí. Art.2. O goberno da República francesa declara que non ten a intención de cambiar o status político de Marrocos. Pola súa parte, o goberno de S.M. británica recoñece que lle corresponde a Francia, 1 48
  • 3. especialmente como potencia que linda en grande extensión cos de Marrocos, conservar a orde neste país e facilitarlle axuda para todas as reformas administrativas, económicas, financeiras e militares que precise... Art. 4. O comercio dunha e outra nación con Marrocos e con Exipto gozará do mesmo trato no tránsito a través das posesións francesas e británicas en África... Art. 7. Coa fin de asegurar o libre tránsito do Estreito de Xibraltar, ambos gobernos conveñen en non permitir que se levanten fortificacións ou obras estratéxicas na parte da costa marroquí.” (Tratado entre Fran cia e Gran Br etaña . Londres , 8-IV-1904. E n: Historia do Mundo Contemporáne. 1º de b acha relat o. Cons orcio editorial galeg o. A Coruña, 20 03. Pax. 176) F. O ambiente prebé lico. A paz e a guerra vistas desde Inglaterra. “Os dous grandes obxectivos da politica de Bismarck son: 1. A supremacía de Alemaña en Europa e da raza alemana no mundo. 2. A n eutralización do po der e da influen cia da raza latina en Franci a e en calquera o utro lugar. Para conseguir estes obxectivos non se deterá diante de nada mentres viva, polo que deb emos estar preparados para calquera sorpresa no fu turo ( ... ). Teño a sensación d e que o res tablecemento do futu ro equilibrio de poder en Europa sobre a base dunha paz xeral é o obxectivo diplomático polo que debemos traballar, e que nada pode facerse mentras os alemáns teñan conseguido o seu ouro francés e os franceses se desfagan dos soldados alemán s: Os alemáns, como vostede sabe, ven a guerra de vinganza como algo inevitable e están facendo inmensos preparativos para isto.” (Lord Russell a Lord Layan, 1873) G. O ambiente prebélico. O odio alemán a Inglate rra. “¿Qué nos importan Rusi a ou os frnaceses?... , golpe por golpe, bota por bota. Non os amamos, non os odiamos: protexemos o Vístula e os pasos dos Vosgos. Non sentimos máis que un só odio. Amamos en común, odiamos en común. Non temos máis que un inimigo. Todos o coñecedes. Todos o coñecedes. Agazapado detrás do mara grisáceo, cheo de envexa, de maldade, de carraxe e de astucia, separado de nós por augas máis mestas que o sangue. Non temos todos máis que un odio. Non temos todos máis que un inimigo: Inglaterra.” (LISSAUER,Ernst: Canto de odio contra Inglaterra (Hassgesang). En: FERR O, M.: La Gran Guerra (1914-1918). Ed. Alta ya. Col. Grandes Obras de Historia, nº 36. Barcelona 1997. Pax. 53) H. O ambiente prebé lico. A guerra na prensa. “Francia aínda non está disposta para o combate; Inglaterra está atormentada por dificultades interiores e colo niai s. Rusia tem e moito a guerra, porq ue te n medo a un ha revo luci ón in terior. ¿Imos agardar que os no sos advers arios estean dispostos ou debe mos aproveitarn os do mom ento favorable para provocar a deci sión? Velaquí a dificil cu estión q ue se trata de resolver. O exercito austríaco é aínda fiel e ú til; Italia está aínda firmem ente com prometida co a Triple Alianza... Podemos, igu almente, contar, ch egado o caso, con Tu rquía e Romanía. Temos así todas as de gañar, poderiamos dirixir os mandos da política europea, mediante unha ofen siva deci dida e poderiam os as egura r o noso porvi r. Isto non quere dicir que debamos provocar a guerra, pero alín onde se prduza un conflicto de intereses... non deberiamos retroceder, senon facelo depender da guerra e comenzar esta por unha ofensiva resolta; pouco importa o pretexto, pois non é isto do que se trata, snon de todo o noso porvir que está en xogo.” (Artigo en “Die Post”. 24-II-1914.En: ALFEI RAN R ODR IGUEZ , X. e ROME RO MA SIÁ, A.: Historia do mundo contem poráneo. 1º de bacharelato. Consorcio editorial galego. A Coruña, 2003. Pax. 180) 1 49
  • 4. I. O ambiente prebélico. A actitude dos intelectuais. “Durante os calurosos días de finai s de xullo, eu estaba en Cambridge, discu tindo a situació n con todo o mundo. Consideraba imposible crer que Europ a est ives e tan tola c omo para precipi tarse á guerra, pero eu estaba convenc ido d e que, s e chegab a a hab er gue rra, In glate rra veríase involucrada. Eu desexaba vivamente que Inglaterra permanecera neutral, polo que recollín firmas dun amplo número de profesores e compañeiros para unha declaración que, a tal efecto, apareceu no Manchester Guardian. O día que a guerra foi declarada, case todos eles camb iaron de pensar. Botei a tarde paseando polas rúas, especialm ente nas proximidades de Trafalgar Square, observando a un entusiasmado xentío que me facía a min mesmo sensible a tales emocións. ...Eu supuxera inxenuamente o que a maioría dos pacifistas afirmaban: que as guerras eran unha imposición de gobernos despóticos e maquiavélicos sobre unha poboación que as rexeitaba...” (RUSSELL, Bertrand: Autob iography, 1951) J. O ambiente prebélico. O militarismo alemán. “Nos círculos militares de aquí estase en perfecta forma. Hai xa meses, o X efe do e Estado Maior, Von Moltke, expresou a idea de que o momento era militarmente tan favorable que non se podería dar o utro nun prazo breve. Os motivos aducidos eran: 1. Superioridade da artillería alemana, Francia e Rusia non posúen obuses e non poden, de feito, combater contra unha tropa cube rta por un tiro desde arriba. 2. Superioridade das armas de infantería alemanas. 3. Instrucción deficiente das tropas francesas.” (LER CHE NFE LD,( encargado de asuntos de Baviera en B erlín). Carta a H ertling (minist ro-presidente d e Baviera). 31-VII-1914. En: ALFE IRAN RODR IGUEZ , X. e ROME RO MA SIÁ, A. O bra citada , pax. 181) K. O ambiente prebélico. A resistencia dos pacifistas. “... Nesta situación intolerable, nós, representantes de partidos socialistas, de sindi catos e de minorías destas organizacións, alemáns, franceses, italianos, rusos, polacos, letóns, romaneses, búlgaros, suécos, noruegos, holandeses e suízos; nós que non nos situamos no te rreo da solidariedade nacional cos nosos explotadores, senón que permanec emos fieles á so lidariedade internacional do proletariado e á loita de crases, reunímonos aquí para reanudar os lazos rotos das relacións internaci onais, para chamar á crase obreira a recobrar a conciencia de si m esma e lanzala á loita pola paz. Esta loita é a loita pola liberdade, pola fraternidade dos pobos, polo socialismo. Hai que emprender esta loita pola paz, pola paz sin anexións nin indemnizacións de guerra... O dereito dos pobos a dispor deles mesmos debe ser o fundamento inquebrantable na orde das relacións de nación a nación.” (Manifesto aproba do pola confe rencia de Z immer wald en setem bro de 191 5. En: Histo ria del s ocialis m o. E l s o ci a li sm o democrático. Ed. Laia, Barcelona, 1977. Pax. 189) L. O aumento da agresividade. A “Politica Mundial” ou weltpolitik. “(...) O diputado Groeber pídeme unha explicación oficial do térmo “politica mundial”; resposto que esta palabra significa cumplir cos deberes que nos impon o desenvolvemento da nos a industria, do noso comercio (...). É imposible parar o crecemento dos nosos intereses de ultramar. Non podemos mutilar o noso comercio, a nosa industria, o traballo, a actividade e a intelixencia do noso pobo. Non soñamos cunha politica de expansión agresiva; queremos simplemente protexer os importantes intereses que nos producíu o desenvolvemento normal das cousas en todas as partes do mundo.” (Discurso do c hanceler Vo n Bülow per ante o Parlam ento alem án. 1908) M. O aumento da agresividade. Relaci óns entre Servia e Austria. “A historia destes últimos anos, e especialmente os acontecementos do 28 de xuño, demostraron a existencia en Serbia dun movemento subversivo cuio fin é separar da monarquía austro-húngara algunhas partes do seu territorio (...). O gob erno real servio debe comprometerse a: 1 50
  • 5. 1. Suprimir toda publicación que excite ó odio e ó menosprezo da monarquía (...). 2. Eliminar inmediatamente a sociedade chamada Narodna Odbrana* e confiscar todos os seus medios de propaganda (...). 3. Eliminar sin demora a instrucción públi ca en Serbi a (.. .), todo o que sirva ou poida s ervir para fomentar a propaganda contra Austria-Hungría. 4. Separar do servicio militar e da administración a todos os oficiai s e funcionarios c ulpables da propaganda contra a monarquía austro-húngara, dos que o goberno im perial e real se reserva o comunicar os feitos e os nomes ó goberno real (...). 6. Abrir unha enquisa xudic ial contra os participantes no complot do 28 de xuño que se atopan en territorio serbio (...). 8. Impedir o concurso das autoridades serbias no tráfico ilegal de armas e explosivos a través da fronteira. O goberno im perial e real espera a resposta do goberno real o máis tarde ata o sábado 25 deste mes, ás cinco da tarde.” (Do goberno de Austria-Hungría ó goberno de Serbia, 23 de xullo de 1914) * Narodna Odbrana ou Mano Negra era o nome popular co que se coñecía a organización secreta serbia Ujedinjenje ili Smrt (Unidade ou Morte), fundada por xoves oficiais do exercito serb io en 1911. O seu obxect ivo era a unión de todos os servios que vivían baixo os imperios turco e austro-húngaro nun só Estado. Os seus métodos incluían o terrorismo de inspiración anarquista. N. Desencadeantes da contenda. O asasinato de Saraxevo. “Gabrilo Príncipe foi o mozo serbobosnio que cometeu o atentado do 28 de xuño de 1914 que lle custou a vida ao herdeiro da Coroa Austrohúngara e foi o detonante do inico da Gran Guerra. A organización deste magnicidio é motivo de controversia entre os historiadores. Sábes e que contou c oa colaboración da organización nacionalista serbia, A Man Negra, pero non se pode determinar ata que punto estivo implicado o goberno servio dirixido por N. Pasic. A Man Negra estaba dirixida polo coronel que mandaba nos servicios de información do exercito servio, o coronel Dimitrievitch, e nela militaban oficiai s do exercito e da policiá se rvia. Cando remat ou a guerra o presi dent e Pas ic ordeno u a sú a detención e morreu fus ilado . O hi storiador M. Ferro sosten que o presidente servio, Pasi c, advertira ó goberno de Viena da inoportunidade da viaxe dos herdeiros da Coroa a Saraxevo, xa que o goberno de Belgrado non era quen de controlar os movementos terroristas serbobosnios. Outro prestixioso histo riador da época, Pierre Rnouvin, mantén que está comprobado que os asasinos recibiron as armas de Belgrado coa complicidade da garda fronteiriza serbia.” (BRAGADO RODRIGU EZ e outros:Historia do mundo contem poráneo. 1º de bachare lato. Ed. Xerais. Vigo , 2002. Pax. 209 ) O. Desencadeante s da guerra. Ultimátum de Alem aña a Rusia. “Despois de que a pesar das negociacións de mediación en curso, e aínda cando nós, ata este momento, non temos tomado medida algunha de mo vilizaci ón (preparac ións para a gu erra), Rusia mo vilizou c ontra nós todo o seu exercito e a súaarmada. (Para a seguridade do noso Imperio, a consecuenc ia de) estas medi das rusas obrígannos, para seguridade do Imperio, a proclamar o inminente perigo de guerra (ou a movilización que significa a guerra que a guerra ha seguir), que non significa aínda a movilización. Pero a movilización hase producir en caso de que Rus ia dentro de doce horas non anule toda me dida mili tar co ntra nós e cont ra Austria- Hungría e nos dea explicacións sobre o feito. Rogo llo transmita de contado ó señor Sassonow e telegrafíe a hora da comunicación. [B(e thmann) H(ollweg)]. ( Excl usivame nte p ara a súa información confidencial). Eu (teño fundamentos para crer) sei que Swerbeyew onte (pola tarde) telegrafiou a Petersburgo que nós nos tiñamos movilizado; o que non é certo ata este momento (ata onte non tiñamos tomada ningunha medida militar). (B(erlín) 31.7.14 . Minuta da propia man do cha nceler Bethm ann-Hollweg para o telegram a ó embaixador alem án en Petersburg o, recollido en GOT Z, W.: Historia Universal, t. X, A época do imperialismo, 1890-1933. Ed. Espasa-Calpe, Madrid, 1936) P. Desencadeant es da guerra. Xustificac ións da delaración de guerra a Alemaña por parte de Inglaterra. “A) Edward Grey, ministro de Asuntos Exteriores: O meu punto de vista persoal é este: a frota de Francia está no Mediterráneo, As súas costas do 1 51
  • 6. Norte e do Oeste están sen protección. Se unha frota estranxeira chega e os ataca, Inglaterra ten a obrigación de actuar... Se a independencia de Bélxic a desaparece, ocorrería o mesmo coa in dependencia de Holanda. Considerade agora os intereses británi cos que est arán en xogo se nos mantemos lonxe de semellante crise. ¿É que o que teñamos aforrado en forzas ó final da guerra vai a com pens a-lo perdido en prestixio? De calquera xeito, sufri remos espantosam ente esta guerra. O noso c omercio de exportación has e det er, ou se mante rá igual no mellor dos casos, estaremos na imposibilidade de cambia-lo que vai chegar no transcurso da guerra: toda Europa occidental, agás nós , caerá baixo a dominación dun ha soa potencia. B) Lord Asquith, Primeiro Ministro: Combatemos polo principio de que as pequ enas nacións non sexa esmagadas, con tra toda lealdade internaci onal, pola vontade arbitraria dunha potencia superior, non creo que haxa ningunha nación que entrase nunha disputa coa conciencia tan tranquila coma nós. Non combatemos, en efecto, nin para atacar a alguén nin para soste-los nosos propio intereses; sen ón pola defensa de principios dos que depende a civilizaci ón do Universo.” (TACE L, M.: Le Royaume-Uni (1867-1980): Ed. Masson. París, 1981, pax. 113) Os recursos das potencias. Unha enorme capacidade destructiva. Q. Os exercitos en liza. Número de efectivos. AS FORZAS DAS POTENCIAS CENTRAIS E DA ENTENTE EN AGOSTO DE 1914 Entente Potencias centrais Recursos: (Francia, R. Unido, R usia, (Alemaña. Austria-Hungría) Belxica e Servia) Poboación 120.000.000 240.000.000 Soldados 1.000.000 2.000.000 Divisións 160 200 Flota 40 acorazados e 54 cruceiros 85 acorazados e 148 cruceiros R. Os recursos das poten cias. A potenc ia industrial 1 52
  • 7. S. Os recurso s das poten cias. A potencia n aval. T. Os recu rsos das pote ncias. A carreira armamenti sta. 1 53
  • 8. U. Os recursos das potencias. Personal naval e militar das potencias. V. O sistem a de alianzas nos comenzos da guerra. Os escenarios da guerra. As alianzas militares europeas en 1914. Fonte: www.historiasiglo20.org 1 54
  • 9. O desenvolvemento da guerra. Movement os e posicións. W. Os planos estratéxicos. O Plan Schlieffen. “Despois da guerra de 1870-71 (entre Francia e Prusia) fíxose evidente que unha guerra simultánea contra Franc ia e Rusia serí a a prob a mái s peri gosa para a es tabi lidad e do novo Imperio ale mán. .. Nunha guerra así, atopariámonos na “liña interior”. Raramente, nese caso, un é o bastante forte comopara atacar aos dous adversarios ao mesmo tempo. A conducta a seguir é a mesma en todos os manuais: atendese primeiro a un adversario e logo ao outro, ao que se contivo ata ese momento. Así actuou xa Federico O Grande durante a Guerra dos sete anos... e Napoleón... Entón era preciso conseguir, mediante a rapidez das marchas e a conservación do segredo das operacións, o que hoxe nos proporc iona n os f errocarrís. A man obra parece sinxela, pero a súa execu ción é ext remadament e dificil. ¿Contra que adversario volverse primeiro? ¿Ata que punto levar esta operación? ¿Cando abandonala? ¿Como conter ao outro adversario ata que chegue o m omento? ... O co nde Schlieffen decatouse deseguida de que os franceses eran o inimigo máis poderoso, o máis ameazador, ao que había que atacar con tanta superioridade numérica como fose posible... Nos anos seguintes, o conde Schlieffen foi acentuando progresivamente a idea de envolvemento. O ataque de fronte foi abandonado ... Atravesando Bélxica e o norte de Francia coma un poderoso rodete, desbordariamos toda posición francesa que nos atoparamos. O teatro de operacións estendíase, creando espacio para un exercito inmenso... Era preciso aniquilar o exercito francés.” ( V O N KUHL (Xeneral alemán, Xefe do I Exercito na invasión de Bélxica e Francia en 19 14). O Alto Estado Maior alemán antes e durante a I Guerra mundial. 1920. En: ALFEIRAN RODRIGUEZ e ROMERO MASIÁ: Obra citada. Pax. 185) X. Estratexias. As trincheiras. “Nas tropas enfrontadas, a instalación dun frente defensivo contínuo convértese na preocupación inmediata; este fronte equípase rapidamente... Pouco a pouco queda constituído por dúas posicións paralelas, separadas por unha distancia de 3 ou 4 km. O sistema defensivo complétase con centros de resistencia; os defensores poderían operar, mediante fogos de branco, contra a infante ría inimiga, se esta c onsegui se toma-la primeira posición. No sucesivo, a ofen siva choca con grandes difi cultades. Para que o asalto da infantería poida triun far, é preci so ab rir unh a ferida nos aramados para permitirlle o paso, neutralizar momentáneamente o fogo dos ocupantes da trin cheira inim iga, e non deixar que os ho mes amon toados no s refu xios teñan tem po de saír. A artillería é a que debe realizar esta preparación do ataque. Pero os progresos da fortificación poñen de seguida os refuxios a proba de obuses lixeiros, e o tiro tendido da artillería de campaña está mal adpatado para a destrución dos aramados ou das trincheiras. É preci so desenvo-la artillería pesada e crear unha “artillería de trincheira” que utilice aparatos de tiro curvo. O armamento mesmo da infantería non se adapta xa ás novas condicións de combate: a granada de man é a arma indispensable para alcanzar, a curta distancia, ó adversario protexido na sú a trincheira. P or último, a avi ació n, que du rante a campaña de 1914 só cumprira misións de exploracións, debe facer fronte a novas tarefas: é a encargada de fotografi-las posi cións i nimigas , de regula-lo tiro da artilleria, de vixiar na retagarda inimiga os indicios que poidan revela-la preparación dunha ofensiva, de bombardea-los depósitos de material e de municións, os convois de abastecemento, e por suposto, as tropas cando se ven obrigadas a moverse durante o día.” (RENO UVIN, P.: La Primera Guerra Mundial. Ed. Ooikos-tau, Barcelona, 1972. Paxs. 35-36) Y. Estratexias. A guerra de movementos. “Seguindo as previsión s do plan Schli effen, bas eado no cálc ulo de que o exercito ruso precisaría varias semanas para colocar no frente toda a súa potencia, os alemáns atravesan Bélxica e lanzanse sobre Francia, empurrando ós ingleses cara Mons e ós f rnace ses cara Ch arleroi. A “bat alla das fron teiras” re vela o erro de cálculo do Estado Maior francés sobre os efectivos xermanos. Moltke continúa a penetración e o goberno francés abandona París. O 2 de setembro as vangardas alemanas chegan a Senlis, a 25 km. Da capital francesa. O contraataque, planificado por Jofre, concentrase no Marne, donde se colocou a ala dereita alemana. Os alemans corrían o perigo de ser desbordados, de ver cortadas as súas comunicacións. A batalla do Marne supón o fracaso do plan Schlieffen e provoca a sustitución de Moltke por Falkenhayn como generalísimo alemán. Fracasado o avance en pun ta cara París, os alemans inic ian as bat allas de Fla ndes , a carreira c ara o mar, 1 55
  • 10. ocupando sucesivame nte Iprés, Gante e Bruxas. Aseguran deste xeito as súas comunicac ións a través das chairas belgas, pero en troques de renunciar ó afundimento de Francia. Un frente de 800 km., desde a costa do canal da Mancha á fronteira suíza, sinala a situación dos exercitos. No Oest e fracasou o plan de movementos en profundidade dos alemans.” (FERN ÁND EZ, A. : Historia del mundo contemporáneo. Ed. Vicens -vives. Col. Textos de orientación universitaria. Barcelona, 1980. Paxs. 268-269) Z. Estratexias. A coorde nación do mando. “Un dos maiores erros cometi dos pola nosa coalición durante a aúltima guerra foi a falta de dirección nas operacións... A posición xeográfica dos nosos adversarios, agrupados nun único bloq ue, compens ábaos en certo modo da falta de unidade no mando; eles tiñan a liberdade de concentra-los seus esforzos nopunto e na hora que escollesen. Pola contra, o noso campo atopáb ase dividido en tres facci óns: o grupo occidental, n o que inclúo as forzas italianas coas que nos comunicabamoslibremente, o grupo dos exercitos aliados de Oriente e os exercitos rusos... Para facer unha idea das dificultades coas que eu choc aba, abonda pensar que, no cant o de “mand ar” (que é a única maneira de conduci-las operacións militares), estab a obrigado a persuadi-los xenerais en xefe aliados, algúns dos cales, como Haig e Cardona, eran os meus iguais e outros, como o Rei dos belg as, o Zar e o príncipe Alexandro de Servia, unían ás súas funcións militares as de Xefes de Estado. Engádase a isto que todos eses comandantes en xefe, sen distinción, estaban limitados na súa iniciativa e na súa boa vontade por trabas políticas e así se terá unha idea cabal das condicións en que se formulaba cada problema estratéxico pendente de resolución.” (GIRALT, O R T E G A e ROIG: Text os, ma pas y crono logía d e hist oria moderna y contemporánea. Ed. Teide, Barcelona, 1976. Pax. 377) Z. 1. Est ratexias. Ope racións no fren te oriental. “Cuartel Xeneral, 26 de xullo de 1915. A Vosa Maxestade Imperial e Real dígn ese conside rar a exposición que, respetuosamente e en cumprimento do m eu deber, lle fago da situació n en que, ó meu xuízo, se atopa actualme nte a guerra: Ante os ex ercitos do marisc al Von Mack ensen ret írase o inimigo na dirección de Brest-Litovsk. É verosímil que traslade as súas forzas, ben contra o grupo de Gallwitz, ben na direcc ión de Wilna. A forza ofensiva dos exercitos do mariscal Von Macke nsen parece esgotada no es encial polas contínuas loitas; isto fai problemático o éxito da operación ordenada pola Vosa Maxestade. O Vístula medrou a consecuencia das contínuas chuvias. Ó m eu xuízo, non pode realizarse o paso do río Iwangorod e Varsovia mentras o inimigo se atope en posesi ón da ribeira dereita. O grupo Gallwitz cobrará máis terreo aínda. Pero se o inimigo dispón de novas forzas contra él, a enerxía ofensiva de dito grupo quedará pronto paralizada; a non ser que reciba inmediatamente reforzos. E cando obteña éxito, o seu avance non logrará a derrota completa do exercito inimigo. Conseguirá, como moito, rexeitar ós rusos sbre a liña de Brest-Litovsk-Bielostk. Pero con isto non obtemos a deci sión da guerra, a pesar de todos os éxitos. O ruso ten que ser alacanzado de xeito moito máis s ensible aínda. I sto, ademais, dada a actual situación da guerra, só poderá conse guirse robustecen do o décimo exercito, tomando Kowno e dirixindo a ofensiva do exercito décimo e do exercito do Niemen contra as comunicacións rusas. Esta operación podería iniciarse preparando material de ataque sobre Kowno, robustecendo o exercito décimo con partes dos exercitos do mariscal Von Mackensen, do grupo Woyrsch e do exercito noveno, deste último despois de que teña executado o seu ataque actual.” ( V O N HINDENBUR G, comandante en xefe do frente oriental: Informe ó emperador. En: GOTZ , W.: Histo ria Un iversa l, T . X , La época del imperialismo 81890-1933). Ed. Espasa-Calpe. Madrid, 1936. Paxs. 456-457) Z. 2. Novas armas. A aviación. “...O primeiro combate aéreo de todos os tempos acabab a de realizarse . A 5 de out ubro de 1914 Frantz e Quenault abateran a un aviatik (alemán) a tiro de metralladoras. Frantz e Quenault podían permitirse o luxo 1 56
  • 11. dunha metralladora porque voaban a bordo dun Voisin, pesado, lento (90/100 km/hora en voo horizontal), máis espacioso. A maior parte dos outros aparellos franceses da época non posuían metralladoras: dúas prazas: o piloto atrás; á fronte, o navegador-observador-combatente. ¿Combatente com o? Á carabina. Os rapaces de hoxe, coñecedores, apaixonados polos foguetes, teñen dificultades para comprender eses combates, para eles prehistóricos. Os avións aproximábanse a 15, a 10 metros, colocados bordo con bordo, no mesmo sentido. Os adversarios víanse como eu os vexo; como os pasaxeiros de dous trens marchando para lelamente. Entón o home da fronte empuñaba a súa carabina e apuntaba, e o seu advers ario tamén . Mesmo de tan pre to era preciso ser un certeiro tirador a causa da inestabilidade en altitude. Un duelo á “americana”, como se dixera antes da guerra. Cando algún sorprendía ó adversario -iso acontecía- por detrás, ou picando, víao de tal maneira ben , de tan preto -e por veces el non vos vira- que se experimentaba mesmo unha sensación de asasinato. Mesmo un pouco máis tarde, cando todos os avións tiñan metralladoras (unha ou dúas, atirando a través da hélice), os pilotos experimentaban aínda esa impresión... Máis a maioría das veces o adversario víavos. Comenzaba entón nos aires a danza da morte, frecuentemente seguida aqui abaixo por miles de espectadores.” ( B L O ND , G.: Verdum . Docu men to nº 2 78. Pa rís. 196 1. En: LÓ PEZ FAC AL, R . e DÍAZ OTER O, A.: Historia do mundo conte mpo ráneo . 1º Cur so. Ed. Xunta de Galicia. Col. Materiais curriculares. Santiago de Compostela, 1998. Pax. 102) Z. 3. Novas armas. A metralladora. Z. 4. Novas armas. As armas químic as. Bomba química da Primeira Guerra Mundial 1 57
  • 12. Z. 5. Novas armas. Carro de combate. Carro de comb ate francés Re nault F. T. En: www.europa1939.com Z. 6. Novas armas. A guerra psicolóxic a. Cartel fr ancés: Non p asar án. 191 4-1918 . En: www.historiasiglo20.org 1 58
  • 13. Z. 7. A vida cotiá nas trincheiras. A. As vivencias dun poilu * “Ises tres días pasados encollidos na terra, sin beber nin comer: os queixidos dos feridos, logo o ataque entre os boches (alemáns) e nós. Despois, ó fin, para as queixas; e os obuses, que nos estragn os nervios e nos apestan, non nos dan tregua algunha, e as terribles horas que se pasan coa máscara e as gafas na cara, ¡os ollos choran e escúpese sangue!, despois os oficiais que se van para sempre; noticias fúnebres que se transmiten de boca en boca no buraco; e as ordes boches dadas en voz alta a 50 metros de nós; todos de pe; logo o traballo co pico debaixo das terribles balas e o horrible ta-ta-ta das ametralladoras.” (Carta dun soldado. Verdún, marzo de 1916. * Poilu (barbudo) era o sobrenome dado ós soldados franceses da Primeira Guerra Mundial. Debíase ó aspecto hirsuto da súa braba, que non podían afeitar polas deficientes condicións hixiénicas que soportaban. B. O diario dun soldado. “Venres 25 de febreiro: O exercito de 250.000 a 300.000 homes baixo o mando do comandante kronprinz preci pítase sobre as nosas trincheiras que defenden Verdún. Ata agora non aparecemos. Hai qu e aguantar o golpe sin decaer. As nosas tropas cederon terreo baixo a avalancha de ferro da gran artillería e baixo a impetuosidade do ataque. Os comunicados de Berlín, moi tranquilos, din que as liñas francesas foron des truídas sobre un frente de 10 km sobre unha profundidade de 3 km. As perdas son i nmensas en am bolo s dou s lado s. Nos pe rderamos 3.000 prisioneiros e unha gran cantidade de material. Os nosos c omunicados, moi sobrios, in dican que debem os ocupar as posición s de replegue, pero que o noso frente non fora afundido. Mércores 29 de marzo: A batalla de Verdún, a máis longa e a máis e spantosa da historia universal, continúa. Os alemáns, cunha tenacidade inaudita, cunha viole ncia sin igual, atac an as nosas liñas que machacan e roen (...). Os nosos heroicos poilus (soldados) están ben a pesar do diluvio de aceiro, de líquidos inflamables e de gases asfixiantes.” (Doctor M arcel Poisot: Mi diario de guerra, 1914-1918) Os escenarios da guerra Centroeuropa destruíd a. Z. 8. O frente oeste en 1914 Frente oe ste en 1914 . En: www.atlas-historique.net. 1 59
  • 14. Z. 9. Frente dos Balcáns en 1915. Frente do s Balcáns en 1915. En: www.atlas-historique.net. Z. 10. O frente oeste en 1918 Ofe nsiva a lema na no f rent e oest e en 19 18. www.atlas-historique.net. 1 60
  • 15. Consecuencias da guerra. Dificultades postbéli cas. Z. 11. Os catorce puntos de Wilson e a Paz de París. “O programa da paz mundial é o noso programa e, este programa, é o único posible tal e como o concebemos, é o seguinte: 1. Acordos de paz ( ... ), de spoi s dos cales non habe rá máis aco rdos i ntern acio nais privad os, de calque ra natureza que sexan; a diplomacia procederá franca e públicamente. 2. A liberdade absoluta de navegación sobre os mares, fora das augas territoriais (...). 3. Supresión, en tanto sexa posible , de toas aas barreiras económicas e estabrecemento de condicións cmerciais iguais para todas as nacións (...). 4. Suficientes garantías (...) Para que os armamentos nacionais sexan reducidos ó límite, extremo compatible coa seguridade interior dos países. 5. Arreglo libre, nun amplo espíritu e absolutamente imparcial, de todas as reivindicacións coloniais, baseado sobre o respeto estricto do principio que regula todas as cuestións de soberanía (...). 6. Evacuación de todos os territorios rusos e regulación de todas as cuestións concernentes a Rusia (...) Para permitir (...) En plena independe ncia, o seu dese nvolvemen to politic o e nacion al; para asegurarlle unha sinceira aollida na Sociedade de Nacións libres baixo o goberno que ela mesma se teña dado.” (Mensaxe do Presidente Wilson, xaneiro de 1918) Z.12. O tratado de Versalles. “Os Estados Unidos de América, o Imperio Británico, Francia, Italia e Xapón (...) Por unha banda e, Alemaña, doutra, conviñeron as disposicións seguintes: 42. Prohíbese a Alemaña manter ou construír fortificacións sexa sobre o lado esquerdo do Rhin, sexa sobre o lado dereito (...) 45. En compensació n pola destrucción das m inas de carbón no norte de Francia (...), Alemaña cede a Francia a propiedade das minas de carbón no Sarre (...). 51. Os territorios que foron cedidos a Alemaña en virtude do Tratado de Paz de 1871 (Alsaci a e Lorena) son reintegrados á soberanía francesa (...). 80. Alemaña recoñece e respetará estrictamente a independencia de Austria (...). 87. Alemaña (...) Recoñece a independencia de Polonia (...). 102. A cidade de Danzig (...) Queda constitu ída como cidade libre e si tuada baixo a protección da Sociedade de Nacións (...). 119. Alemaña renuncia (...) A todos os seus dereitos e títulos sobre posesións de ultramar.” (Anaco do Tratado de Versalles, 1919) Z. 13. As cons ecuencias demográficas da guerra. Forzas mobilizadas Poboación total en 1913 Países: (Incluídos os continxentes Mortos e desaparecidos (En millóns de habitantes) coloniais) Alemaña 64,9 13.250.000 2.000.000 Aust ria-Hu ngría 50,6 9.000.000 1.543.000 Fran cia 39,6 8.500.000 1.400.000 Gran Bretaña 45,1 9.500.000 744.000 Italia 36,1 5.600.000 750.000 Rusia 142,6 13.000.000 1.700.000 Estados Unidos 9 2 , 0 ( 1 9 10 ) 3.800.000 116.000 Bélxica 7 , 4 ( 1 9 10 ) 380.000 41.000 Z. 14. As consec uencias eco nómicas da paz. 1 61
  • 16. “A politica de reducir a Alemaña a servidume durante unha xeneración, de envilece r a vida de millóns de seres humanos e de privar a toda unha nación da felicidade, sería odio sa e detestab le aínda que fo ra posible, aínda que nos enrriquecera a nós, ainda que non sementara a decadencia de toda a vida (...) De Europa (...). O tratado non inclúe ningunha disposición para lograr a rehabilitación de Europa; nada para levantar a Rusia, nin para promover, dalgunha maneira, unha solidariedade económica estreita entre os aliados mesmos. Os caracteres que expresan a situación inmediata pódense agrupar baixo tres epígrafes: 1) o afundimento absoluto para o porvir da productividade interior de Europa; 2) a ruina do transporte e do cambio que servían para enviar os productos cando e onde máis se precisaban; 3) a incpacidade de Europa para adquirir productos de Ultramar”. (Jonh Mayn ard Keyne s: Las consecuencias económicas de la paz, 1919) Z.15. A Sociedade de Nacións. “Preámbulo. As altas partes contrat ante s, c onsiderando q ue para fomenta r a cooperac ión e ntre as nacións e para garantir a paz e a seguridade importa: aceptar certos compromis os de non recurrir á guerra e manter á luz do día as relacións internacio nais, fun dadas sobre a xu stiza e o honor, observar rigurosamente as prescripcións do Dereito internacional (...), facer que reine a xustiza e respetar escrupulosamente todas as obrigacións dos tratados (...) , adoptan presente pacto, que institúe a Sociedade de Nacións: Art. 8. Os membros da Sociedade recoñecen que o mantemento da paz esixe a reducción dos armamentos nacionais ó mínimum compatible coa seguridade nacional e coas obrigacións internacionais (...). Art. 10. Os membros da Sociedade comprométense a respetar e a manter, contra toda agresión exterior, a integridade territorial e a independencia politica presente, de todos os membros da Sociedade. Art. 16.1. Se un membro da Sociedade recurrise á guerra (...) Os demáis membros comprométense a romper inmediatame nte t oda relaci ón co merc ial ou finan ceira con él, aprohibir toda relación (...) Co Estado que teña quebrantado o pacto (...). Art. 16.4. Todo memb ro que se teña feito cu lpable de violar algún dos compromisos da Sociedade poderá ser excluído dela.” (Pacto da Sociedade de Nacións, 10 de xaneiro de 1920) Z. 16. Europa despois do tratado de Versalles. 1 62
  • 17. Documentos fílm icos relacionados co a unidade temática. 1. Sen novidade na fronte. EE. UU. 1930. Dir. Lewis Milestone. Xénero: bélico. Duración: 130 m. 2. Sen novidade na fronte. EE. UU. 1979 . Dir. Delbert Mann. Xénero: drama antibelicista. Duración: 126 m. 3. Sendeiros de gloria. EE. UU. 1957. Dir. Stanley Kubrick. Xénero: drama antimilitarista. Duración: 86 m. 4. Lawrence de Arabia. Reino Unido. 1962. Dir. David Lean. Xénero: aventuras biográfica. Duración: 222 m. 5. Capitan Cona n. Francia. 1996. Dir. Bertrand Tavernier. Xénero: drama bélico. Duración: 129 m. 6. O gran desfile. EE. UU. 1925. Dir. Kin g Vidor. Xénero: drama bélico. Duración : 126 m. Película muda. 7. A grande ilusión. Francia. 1937. Dir. Jean Renoir. Xénero; drama bélico. Duración: 95 m. 8. Rei e patria. Reino Unido. 1964. Dir. Joseph Losey. Xénero: drama bélico. Duración: 86 m. 9. Johnny colleu o se u fusil. EE. UU. 1971. Dir. Dalton Trumbo. Xénero: drama bélico. Duración: 111 m. 10. Sarxento York. EE. UU. 1941. Dir. Howard Hawks. Xénero: drama bélico. Duración: 134 m. 11. O barón roxo. EE. UU. 1971. Dir. Roger corman. Xénero: drama bélico. Duración: 97 m. 12. Atentado. O día que cambiou o mundo. 1975. Dir. Veiko Bulajic. Sin datos nos demáis apartados. 1 63