2. Morning Star é unha novela de aventuras na que un rapaz chamado Lourenzo Tasende comeza á idade de trece anos unha serie de aventuras entre bandoleiros e roubos que o levarán a pasar os peores momentos da súa vida. Lourenzo vivía cos seus pais nunha disputa cerca de Pontevedra, traballaba alí, e a súa vida era tranquila e boa. Un día chegou á taberna un home chamado Lázaro Rivadulla, e con el viñeron todos os problemas. A súa nai enferma e morre, mentres que o seu pai vólvese unir a unha gavela de bandoleiros á que pertencera anos atrás. Pouco a pouco vaise involucrando en roubos da gavela ata que nun deles decide fuxir e salvar a unha rapaza da que se namora, Helena Rouco. Os dous encamíñanse cara Lugo, onde Helena ten familia. Nese viaxe Lázaro persígueos sen descanso, ata chega a matar ó pai de Lourenzo por encubrilos. Camiño de Santiago atópanse con Campanachoca, un vello cego que se ofrece a acompañalos xunto coa súa muller, a Pindonga. Unha vez Helena a salvo en Lugo, os tres regresan cara Pontevedra, e entón alíanse coa gavela de Tomás das Congostras. Lourenzo amósalles onde se atopa o tesouro que Lázaro escondera e diríxense todos a conseguilo. Entón a gavela de Lázaro atácaos e apresan a Lourenzo e a Tomás. Finalmente consegue escapar e gracias a Helena chega a coñecer ós seus avós. Lázaro morre a mans de Tomás nunha forte loita, pero desafortunadamente a Garda Civil chega e os mete na cadea. Case morto conseguen liberalo e a historia remata cun resumo da vida posterior de todos os personaxes, e Helena e Lourenzo vanse a vivir xuntos á disputa poñéndolle o nome de Morning Star. resumo:
3. personaxes: · Lourenzo Tasende: É o protagonista da novela. Desde pequeno viviu na disputa cos seus pais traballando nela, por iso estaba acostumado a convivir con borrachos e toda clase de xente que quedara na posada. Namórase dunha rapaza chamada Helena e con ela fuxe por toda a xeografía galega vivindo moitas aventuras e ata arriscando a súa vida por protexer á rapaza. Ó final é el o que resolve o misterio do tesouro pero con tan mala sorte que acaba na cadea. Gracias a Helena coñece ós seus avós e pode pasar uns anos con eles antes de que lles chegue a súa fin. Lourenzo faise un home e queda con Helena, coa que pasará o resto da súa vida na disputa que pertencera ós seus pais. · Lourenzo Tasende pai: É un bo home, pero cun pasado moi turbio. É el o que provoca que o seu fillo se vexa implicado nos roubos da gavela. Lourenzo morre ó defender a Helena e ó seu fillo de Lázaro, que foi o causante da súa morte por dispararlle un tiro na cabeza. · Lázaro Rivadulla: É coa súa chegada á disputa cando comeza todo; a enfermidade da súa nai, o cambio no carácter do seu pai, a chegada de outros bandoleiros á disputa, ... É un home moi egoísta, ruín, malo, ... Capaz de matar a quen se lle poña por diante con tal de conseguir o que el quere. Matou ó pai de Lourenzo e perseguiu a Helena e a Lázaro coa mesma intención pero sen conseguilo. Este personaxe caracterizábase fisicamente pola ausencia dunha das mans. · Helena Rouco: Helena era filla de persoas con diñeiro, e cando os seus pais morren o seu tío, un cura de Beluso, queda con ela e herda todo o diñeiro que estes posuían. É por iso polo que deciden asaltalo, e é nese momento cando coñece a Lourenzo. É unha rapaza de cabelos louros e rizados, que namora a Lourenzo. Helena ó longo da aventura ensínalle a ler, e mentres o rapaz únese á gavela de Tomás ela busca ós seus avós para que Lourenzo poida coñecelos e vivir con eles. · Tomás das Congostras: É un home portugués e manda na outra gavela da zona. Ó contrario que Lázaro parece ter bo corazón, pois encaríñase de Lourenzo e arríscase para tentar salvalo de Lázaro no momento en que escapan da casa do pozo. Nesa casa foi onde os atacou a gavela á que Lourenzo pertencera anteriormente e era onde tamén estaba agochada unha parte do tesouro. Ó final, Tomás tamén acaba na cadea con Lourenzo, onde pasará uns anos antes de que poida saír. · Campanachoca: Pertence á gavela de Tomás; é un home vello e cego. Axuda a Lourenzo na súa fuxida e é o que lle conta o pasado do seu pai. Encóntrase con el nunha praza cando estaba cantando pequenos romances e entre eles o do seu pai, foi nese momento cando Campanachoca dille que o acompañará a el e a Helena ata Lugo. Gracias a el consegue volver a Pontevedra despois de deixar a salvo a Helena.
4. Ficha técnica: T ítulo: Morning Star Autor: Xosé Miranda Xénero: Narrativa Edición: 5ª edición setembro, 2000 Editorial: Xerais de Galicia, S.A., Premio Xerais da Lingua 1998 272 páxinas XOSÉ MIRANDA