31. Igrexiña pequeniña,
sacristán rebulidor.
Os santiños que están dentro
sonche da mesma color.
Nunha estancia abobedada
onde o eco se recrea,
un batallón de soldados
repartidos en dúas reas.
Non son máis fortes os
machos,
que son máis fortes as femias,
e, unha muller, entre eles,
por faladora, está presa.
Entre tellas e tellados,
hai unha dama encantada.
Que chova, que faga sol,
sempre a dama está mollada.
Entre moitas pedras brancas,
hai unha moura encantada.
Que chova, que faga sol,
sempre a dama está mollada.
Igrexiña pequeniña,
abade revolvedor,
e todos os seus fregueses
Sentadiños arredor.
(Xulio Cobas, Adiviñas para xogar)
33. Un xigante con tres ollos
cada un da súa cor,
ábreos e péchaos lixeiro
e axuda ao condutor.
Un xigante con tres ollos,
que sen cesar se iluminan;
e os que van pasar a rúa,
todos, todiños o miran.
Un xigante con tres ollos,
Ben espetado no chan
que sempre os vai chiscando
aos que veñen e aos que van.
34. 1. Eliximos un obxecto común, do noso
contorno habitual.
2. Observámolo como se o vísemos por
primeira vez: a súa forma, color, volume,
olor, función… Preguntámonos con que
outro obxecto o podemos comparar. Deste
modo, creamos metáforas, comparacións,
personificacións…
3. Elaboramos unha definición dese obxecto
mediante estes recursos expresivos e
escríbímola en forma de estrofa de 4 versos,
con rima nos pares.
36. 1)
Sempre está chiscando os ollos,
cando a rúa vou cruzar...
2)
Sempre está chiscando os ollos,
cando a rúa vou cruzar.
Porque el é o meu amigo
e axúdame a pasar.
37. 1)
Unha árbore sen follas...
2)
Unha árbore sen follas,
de luces iluminada...
3)
Unha árbore sen follas,
de luces iluminada,
que a todos nos axuda
para cruzar a calzada.