2. ÍNDICE
1. INTRODUCCIÓN:
1. CONTEXTUALIZACIÓN.
2. MARCO LEXISLATIVO.
2. OBXECTIVOS.
3. CONTIDOS.
4. EIXOS TRANSVERSAIS DO CURRÍCULO.
5. ORGANIZACIÓN, SECUENCIACIÓN E TEMPORALIZACIÓN DOS
CONTIDOS.
6. METODOLOXÍA.
7. CRITERIOS DE AVALIACIÓN.
8. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS.
9. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES.
10. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.
11. SEGUEMENTO DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA.
2
3. 1. INTRODUCCIÓN.
1. CONTEXTUALIZACIÓN.
A programación da asignatura de Grego I forma parte do
Proxecto Curricular de Centro do I.E.S. da Terra Chá de Castro
de Rei, na provincia de Lugo. Esta asignatura forma parte do
Bacharelato na súa modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais,
impartíndose no primeiro curso. O grupo de Grego I está formado
por 2 alumnas. Non hai ningún/a alumno/a de 2º de bacharelato
con esta asignatura pendente.
2. MARCO LEXISLATIVO.
O marco lexislativo desta programación constitúeno as seguintes
normas:
1. Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (B.O.E. de 4
de maio de 2006)
2. Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a
ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade
Autónoma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2008)
3. Orde do 24 de xuño de 2008 pola que se desenvolve a
organización e o currículo das ensinanzas de bacharelato na
Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 27 de xuño de 2008)
2. OBXECTIVOS.
Os obxectivos establecidos para a asignatura de Grego (I e II) no
Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación
e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia
(DOG do 23 de xuño de 2008) son:
1. Iniciarse na comprensión, interpretación e tradución de textos de
3
4. dificultade progresiva, utilizando para este fin o coñecemento dos
elementos morfolóxicos, sintácticos e léxicos básicos da lingua
grega.
2. Reflexionar sobre o léxico de orixe grega presente na linguaxe
cotiá e na terminoloxía científica, identificando étimos, prefixos e
sufixos gregos que axuden a unha mellor comprensión das linguas
modernas.
3. Ler textos gregos tanto orixinais como adaptados ou traducidos,
realizando unha lectura comprensiva e crítica, distinguindo as
características principais e o xénero literario a que pertencen.
4. Coñecer, na medida en que sexa posible, as máis importantes
manifestacións culturais da Grecia antiga e recoñecer e valorar a
súa contribución e continuidade ao longo da historia no mundo
actual.
5. Utilizar de maneira crítica fontes de información variadas,
obtendo delas datos relevantes para o coñecemento da lingua e a
cultura estudadas.
3. CONTIDOS.
O anexo I do Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se
establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade
Autónoma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2008), estrutura os
contidos da asignatura de Grego I en 5 bloques:
1. CONTIDOS COMÚNS:
1. A lectura, comprensión e tradución do grego clásico: a
precisión na expresión en calquera lingua; a expresión dos
matices.
4
5. 2. As relacións políticas e sociais en Grecia: orixinalidade con
respecto a outras culturas anteriores ou contemporáneas;
evolución posterior e influencia na sociedade occidental.
Farase fincapé nas estruturas políticas, na situación da muller
e da infancia, na escravitude e nas relacións económicas e
militares entre as cidades-estado.
3. Imbricación cultural entre Grecia e o mundo contemporáneo.
4. Aproximación a outras culturas do mundo antigo.
2. A LINGUA GREGA.
1. Do indoeuropeo ao grego moderno.
2. O alfabeto grego. Pronunciación. Signos gráficos. Transcrición.
3. Clases de palabras. Flexión nominal, pronominal e verbal.
Paradigmas máis frecuentes.
4. Valor e uso dos casos. A concordancia. As preposicións.
5. Sintaxe das oracións:
• nexos e partículas, a oración simple, a coordinación;
• inicio do estudo da subordinación:
◦ construcións sinxelas de infinitivo e participio,
◦ subordinadas de relativo.
◦ introdución ao uso das partículas subordinantes máis
frecuentes.
3. OS TEXTOS GREGOS E A SÚA INTERPRETACIÓN.
1. Iniciación á lectura comprensiva e ás técnicas de tradución e
ao comentario de textos gregos.
2. Análise morfosintáctica.
3. Lectura comprensiva de obras e fragmentos traducidos.
4. O LÉXICO GREGO E A SÚA EVOLUCIÓN.
5
6. 1. Aprendizaxe do vocabulario grego básico en función da súa
frecuencia ou da súa relevancia en galego e castelán.
2. Formación de palabras. Prefixos e sufixos. Composición e
derivación.
3. Helenismos no vocabulario común das linguas modernas.
4. O vocabulario científico e técnico.
5. GRECIA E O SEU LEGADO.
1. Xeografía da Grecia antiga. Contexto xeográfico de Grecia.
2. Sinopse da historia de Grecia. Os grandes períodos.
3. A polis grega: organización política e social. Etnocentrismo e
androcentrismo.
4. A vida cotiá.
5. Relixión e mitoloxía gregas (crenzas, ritos, mitos máis
importantes, incluíndo a súa continuidade e importancia nas
manifestacións culturais do mundo occidental).
6. Literatura grega: xéneros, autoras e autores principais.
7. O pensamento; a ciencia. A arte grega.
4. EIXES TRANSVERSAIS DO CURRÍCULO.
1. A dimensión histórica do coñecemento, o contexto no que se
producen os avances e o papel desenvolvido por quen os fixeron
posibles.
Este contido transversal trátase en tódolos bloques de contidos,
porque en todos eles hai que facer alusión á evolución no estudo
dos diversos ámbitos tratados (lingüística, historia, literatura,
etc.), a relevancia do contexto histórico e a importancia dos
6
7. individuos ou colectivos que os fixeron posibles.
2. A visión interdisciplinar do coñecemento, salientando as conexións
entre diferentes materias e a aportación de cada unha á
comprensión global dos fenómenos estudados.
Este contido transversal trátase en tódolos bloques de contidos,
pois en todos eles é preciso facer referencia a outros ámbitos de
coñecemento, insistindo no carácter interdisciplinar deste.
3. A aplicación do aprendido ás situacións da vida cotiá, favorecendo
as actividades que capaciten para o coñecemento e análise do
medio que nos circunda e das variadas actividades humanas e
modos de vida.
Este contido transversal é especialmente relevante no bloque de
contidos relativos a Grecia e o seu legado. As experiencias en
tódolos ámbitos da vida humana da sociedade grega (institucións,
vida cotiá, estruturación da sociedade, problemas, etc.) son en
moitos casos comúns ou presentan importantes similitudes con
situacións actuais.
É importante que as alumnas aprecien esta semellanza e poidan
realizar análises e tirar conclusións a partir da comparación.
4. O aproveitamento das diversas fontes de información, cultura,
ocio e estudo presentes na sociedade do coñecemento.
Este contido transversal abórdase indistintamente en tódolos
bloques temáticos, tanto a través de referencias para que as
alumnas poidan amplia-los seus coñecementos (por exemplo, a
través do cine) como a través do uso de materiais desta natureza
7
8. na explicación (por exemplo, a través do uso de presentacións).
5. A toma de conciencia sobre temas e problemas que afectan a
tódalas persoas no mundo globalizado, entre os que se
considerarán a saúde, a pobreza no mundo, o esgotamento dos
recursos naturais, a superpoboación, a contaminación, o
quecemento da Terra, a violencia, o racismo, a emigración e a
desigualdade entre as persoas, pobos e nacións.
Estes contidos transversais abordaranse especialmente a partir
das reflexións que xurdan a partir dos textos traballados en clase
e, tamén, ó tratar algúns aspectos concretos da historia e a
sociedade grega.
6. A análise das formas de exclusión social que dificultan a igualdade
dos seres humanos, con especial referencia á desigualdade das
mulleres.
Este contido transversal hase tratar especialmente ó estuda-la
sociedade grega, con especial referencia á situación dos escravos
e da muller. Hase tratar, sobre todo, de que as alumnas aprecien a
importante evolución e progreso que aportan as sociedades
occidentais nestes campos, en comparación, especialmente, con
outras sociedades contemporáneas.
7. A adopción dunha perspectiva que permita aprecia-la contribución
das diferentes sociedades, civilizacións e culturas ó
desenvolvemento da humanidade, e adquiri-la visión continua e
global do desenvolvemento histórico, especialmente referida ós
últimos séculos, posibilitando así unha interpretación obxectiva do
8
9. devir da humanidade.
Este contido transversal trátase ó considera-las importantes
aportacións do mundo grego en tódolos campos da evolución da
humanidade. É importante que as alumnas entendan que a nosa
sociedade actual non sería posible tal e como a coñecemos sen o
mundo grego.
8. A análise e a valoración das contribucións máis salientables para o
progreso humano nos campos da saúde, o benestar, as
comunicacións, a difusión do coñecemento, as formas de goberno
e as maneiras de satisface-las necesidades humanas básicas.
Hábitos como o do baño e a hixiene persoal, a xeralización de
bibliotecas e escolas, así como as distintas formas de goberno
existentes durante a historia de Grecia son aspectos que
permiten abordar este contido transversal nesta asignatura.
9. O coñecemento dos procedementos e dos temas científicos
actuais e das controversias que suscitan, así como a adquisición de
actitudes de curiosidade, antidogmatismo e tolerancia e a
conciencia da necesidad de camiñar cara a sostibilidade do
planeta.
Este contido transversal hase abordar especialmente nos bloques
temáticos 2º e 3º, especialmente co gallo da análise sintáctica, que
se utilizará para mostrar ás alumnas un ámbito de coñecemento en
formación e que presenta nas súas formulacións disparidade,
disparidade que debe ser admitida sempre que se fundamente
adecuadamente.
9
10. 10. O desenvolvemento dos compoñentes saudables na vida cotiá e a
adopción de actitudes críticas ante as prácticas que inciden
negativamente na mesma, para contribuir ó afianzamento da
personalidade e autonomía do alumnado.
Este contido transversal hase abordar especialmente ó considera-
los hábitos hixiénicos e alimenticios da Grecia clásica,
considerando que prácticas eran beneficiosas y cales non.
11. O afondamento conceptual nas bases que constitúen a sociedade
democrática, analizando as súas orixes durante a historia, a súa
evolución nas sociedades modernas e o fundamento racional e
filosófico dos dereitos humanos.
Este contido transversal hase abordar amplamente ó considera-
las formas de goberno de Grecia. É importante establecer
paralelos entre as distintas formas de goberno da Grecia clásica
(especialmente a democracia ateniense) e os modelos actuais,
facendo especial fincapé nos valores democráticos e igualitarios.
É, ademais, moito importante incidir no concepto de dereitos
humanos como aqueles dereitos propios de todo ser humano polo
feito de o ser, en especial contraposición á práctica común no
mundo antigo da escravitude.
12. O desenvolvemento da capacidade comunicativa e discursiva en
diferentes ámbitos, tanto en castelán e galego como nunha lingua
estranxeira, que permita consolida-las aprendizaxes realizadas
polo alumnado nas etapas educativas anteriores e contribuir á súa
formación integral a través do respeto, o interese e a
comunicación con outros falantes, desenvolvendo unha conciencia
10
11. intercultural como vehículo para a comprensión dos problemas do
mundo globalizado.
En tódolos bloques temáticos hase traballar este contido
transversal. É fundamental que o alumnado sexa quen de se
expresar, non só con corrección, se non tamén con propiedade á
hora de trata-los distintos contidos da asignatura. É por iso que
tanto o traballo en expresión oral como escrita sexa parte
fundamental desta materia.
13. O fomento da actividade investigadora na aula como fonte de
coñecemento, co gallo de harmonizar e conxuga-las aprendizaxes
teóricas coas de carácter empírica e práctica.
Este contido transversal é obxecto de especial atención, en tanto
que as alumnas terán que elaborar traballos persoais nos que,
ademais de acceder a e procesar información, terán que pór en
práctica conceptos e contidos aprendidos na aula.
5. ORGANIZACIÓN, SECUENCIACIÓN E TEMPORALIZACIÓN DOS
CONTIDOS.
Os contidos desta programación organízanse en unidades didácticas
que seguen unha secuenciación progresiva, da 1 á 16. A
temporalización destas unidades didácticas hase concretar na
programación de aula.
De seguido enuméranse as unidades didácticas, os contidos de cada
unha diferenciados segundo os bloques temáticos de contidos e
establécese unha temporalización por avaliacións que é puramente
11
12. estimativa. Non se fai referencia ós textos e actividades, pero toda
unidade didáctica vai acompañada de textos, actividades e o
vocabulario correspondente; a concreción de todo isto déixase para a
programación de aula.
ADDENDA: Os contidos que atinxen ó bloque de cultura ou legado
secuencialízanse de modo independente, agás na primeira unidade
didáctica, dado que han se-los/las alumnos/as os/as que, a partir do
material e recursos dados polo profesor, elaboren os materiais de
traballo e estudo.
1. 1ª AVALIACIÓN.
1. Unidade didáctica 1:
1. A lingua grega:
1. O alfabeto grego. Nocións básicas de fonética, fonoloxía e
transcrición.
2. Concepto de indoeuropeo e de lingua flexiva.
3. Orixe do alfabeto grego.
4. Os dialectos antigos.
5. Valor das letras gregas e dos signos de puntuación.
6. A transcrición do grego ó galego e ó castelán.
2. Interpretación dos textos:
1. Introducción e procedemento para a lectura e escritura
correcta de textos gregos.
3. Léxico e a súa evolución:
1. A transcrición coma instrumento de análise etimolóxica.
2. Familiarizarse con algúns nomes propios (principais deuses).
4. Grecia e o seu legado:
1. Importancia e influencia do grego na cultura occidental e
universal.
12
13. 2. Orixes da escritura grega e influencia posterior xeral.
2. Unidade didáctica 2:
1. A lingua grega:
1. Terceira persoa do singular do presente de indicativo activo.
2. Concepto de xénero, número, caso e concordancia.
3. Nominativo e acusativo singular da flexión temática.
2. Interpretación dos textos:
1. Introducción y procedemento para a tradución de textos.
2. Técnicas de tradución.
3. Léxico e a súa evolución:
1. Concepto de etimoloxía.
2. Procedementos utilizados en etimoloxías: derivados e
compostos a partir de palabras gregas.
3. Unidade didáctica 3:
1. A lingua grega:
1. Singular do presente de indicativo e imperativo.
2. Segunda declinación en singular.
3. Uso de tódolos casos da segunda declinación en singular.
2. Interpretación dos textos:
1. Tradución de textos.
2. Aplicación da gramática ós textos.
3. Interpretación e relación dos textos traducidos con
situacións sociais ou xeográficas da antigüidade.
3. Léxico e a súa evolución:
1. Derivados e compostos a partir de varias palabras gregas.
2. Uso dos prefixos preposicionais coma preverbios.
4. Unidade didáctica 4:
1. A lingua grega:
13
14. 1. Segunda declinación, masculinos e neutros.
2. Os verbos en plural e en infinitivo.
2. Interpretación dos textos:
1. Tradución dos textos da unidade.
2. Interpretación e resumo de textos traducidos sobre a
democracia.
3. Léxico e a súa evolución:
1. Búsqueda de palabras con lito, mega, mono.
2. Análise da formación de verbos compostos en grego.
3. Utilización do dicionario para resolver problemas de
etimoloxía.
5. Unidade didáctica 5:
1. A lingua grega:
1. Tódalas formas do presente de indicativo.
2. Sustantivos femininos da primeira e segunda declinacións.
3. Sustantivos masculinos da primeira declinación.
4. Visión global das formas dos adxectivos da primeira e
segunda declinacións.
5. Formas dos adxectivos μέγας e πολύς.
6. A formación de adverbios.
7. As formas do artigo e o seu uso coma indicador do caso.
2. Interpretación dos textos:
1. Tradución e interpretación dos textos da unidade.
3. Léxico e a súa evolución:
1. Utilización de dicionarios para resolve-las etimoloxías da
unidade.
2. Proceso de formación dos verbos denominativos gregos.
2. 2ª AVALIACIÓN
14
15. 1. Unidade didáctica 6:
1. A lingua grega:
1. Verbos contractos en -α-.
2. Concordancia de suxeito neutro e verbo.
3. Introducción á voz media.
4. O uso do artigo ó principio de frase.
5. Os pronomes persoais.
6. Os adxectivos posesivos e o xenitivo posesivo.
7. A posición atributiva e predicativa do adxectivo.
8. Sustantivos femininos da segunda declinación.
2. Interpretación dos textos:
1. Tradución de textos.
3. Léxico e a súa evolución:
1. Raíces compostas y derivadas de geo.
2. Familiaridade co termo auto.
2. Unidade didáctica 7:
1. A lingua grega:
1. A voz media.
2. Os usos do caso dativo vistos nos textos gregos, incluídos os
que rexen certos verbos.
3. O uso das preposicións cos casos acusativo, xenitivo e dativo.
2. Interpretación dos textos:
1. Tradución de textos relativos ó mito de Teseo, o Minotauro e
Ariadna.
2. Resume e comentario de textos sobre mitoloxía grega.
3. Léxico e a súa evolución:
1. Búsqueda de significados de compostos coa palabra fobia.
2. Descrición de relacións entre palabras da mesma familia
15
16. léxica.
3. Unidade didáctica 8:
1. A lingua grega:
1. Visión completa do concepto de declinación.
2. Dous sustantivos máis da terceira declinación.
3. Introdución ó pronome αύτός e ós pronomes reflexivos.
4. Adxectivos posesivos de primeira e segunda persoa;
sustitucións do adxectivo de terceira persoa.
2. Interpretación dos textos:
1. Tradución de textos.
2. Interpretación de textos traducidos mediante resumos,
debates ou comentarios.
3. Léxico e a súa evolución:
1. Palabras cos compoñentes mito e teo.
2. Derivación e composición con onoma, ergo.
4. Unidade didáctica 9:
1. A lingua grega:
1. Participio de presente medio.
2. Voz media dos verbos contractos en -α-.
3. Outros sustantivos da terceira declinación e o adxectivo πᾶς.
4. Os números cardinais e ordinais dende «un» ata «dez», e
declinación dos ordinais dende «primeiro» ata «décimo».
2. Interpretación dos textos:
1. Tradución de textos.
2. Resumo e comentario de textos traducidos sobre a cidade en
Grecia.
3. Léxico e a súa evolución:
1. Derivados e compostos con polis.
16
17. 2. Deducción do significado de series de adverbios de lugar.
5. Unidade didáctica 10:
1. A lingua grega:
1. Os principais usos do caso xenitivo.
2. Algúns usos do artigo.
3. Participios de presente da voz activa.
2. Interpretación dos textos:
1. Tradución de textos.
2. Interpretación de textos traducidos co seguinte tema:
1. o Partenón e as obras públicas en Atenas en tempo de
Pericles.
2. a Acrópolis.
3. Léxico e a súa evolución:
1. Compostos e derivados con el componente demo.
2. Derivados gregos masculinos do tipo poeta; derivados en
-ico.
3. 3ª EVALUACIÓN.
1. Unidade didáctica 11:
1. A lingua grega:
1. Formas doutros sustantivos da terceira declinación.
2. Exemplos de verbos impersoais.
3. Repaso de palabras usadas para introducir interrogacións.
4. Revisión das formas verbais de λύω, φιλέω, τιμάω e εἰμί
aparecidas ata o de agora.
2. Interpretación dos textos:
1. Tradución de textos.
2. Comentario de textos traducidos sobre a festa en xeral.
3. Léxico e a súa evolución:
17
18. 1. Búsqueda de palabras a partir de macro, piro, oftalmo,
xeno, agon.
2. Unidade didáctica 12:
1. A lingua grega:
1. Os tempos de pasado.
2. O aoristo temático.
2. Interpretación dos textos:
1. Tradución de textos gregos.
2. Interpreta-los textos gregos orixinais e traducidos de
acordo co tema da medicina grega.
3. Léxico e a súa evolución:
1. Compostos co termo logo.
2. Derivados a partir do sufixo grego –της.
3. Unidade didáctica 13:
1. A lingua grega:
1. Aoristo sigmático dos verbos regulares en vocal, consoante e
contractos.
2. Aoristo sigmático dos verbos en consoante líquida.
3. Imperfecto de ειμί, «ser».
4. Aoristos sigmáticos irregulares de verbos moi frecuentes.
5. Aumento dos verbos compostos.
2. Interpretación dos textos:
1. Tradución de textos gregos.
2. Resumo e comentario de textos traducidos sobre a
colonización, comercio e viaxes.
3. Léxico e a súa evolución:
1. Deducción y derivación de compostos con orto-.
2. Compostos con matemat-, poli-.
18
19. 4. Unidade didáctica 14:
1. A lingua grega:
1. O imperfecto.
2. O pronome relativo e as oracións de relativo.
3. Sustantivos e adxectivos da terceira declinación de temas en
consoante σ.
2. Interpretación dos textos:
1. Tradución de textos gregos.
2. Resumo e comentario de textos traducidos sobre diferentes
costumes doutras culturas.
3. Léxico e a súa evolución:
1. Compostos con cosmo, aero, nauta, astro.
2. Formación de diferentes familias de palabras a partir de
palabras dadas.
5. Unidade didáctica 15:
1. A lingua grega:
1. Adxectivos comparativos. Adverbios comparativos.
Construcións con adxectivos e adverbios comparativos.
2. Adxectivos demostrativos όδε, οΰτος, έκεινος.
3. Series de adverbios interrogativos. Series de adverbios
indefinidos. Correspondencia entre eles.
2. Interpretación dos textos:
1. Lectura e interpretación de textos traducidos.
2. Lectura, tradución e interpretación de textos gregos.
3. Léxico e a súa evolución:
1. Orixe grega dalgúns nomes propios, como Teodoro, Xurxo,
Felipe, Sofía, Dorotea e Ofelia.
2. O vocabulario da guerra: polémico, estratéxico.
19
20. 6. Unidade didáctica 16:
1. A lingua grega:
1. Formas de tres aoristos atemáticos irregulares (έβην, έγνων
e έστην).
2. Os verbos contractos en - ο-.
2. Interpretación dos textos:
1. Continuación da historia das guerras médicas coa narración
da batalla de Salamina.
2. Abandono polos atenienses da súa cidade e toma de Atenas
polos persas.
3. Léxico e a súa evolución:
1. Compostos co termo grego μόνος.
2. Exercicios con sustantivos e verbos gregos que teñan a
mesma raíz.
4. SECUENCIACIÓN DOS CONTIDOS DO BLOQUE DE LEGADO.
1. Unidade didáctica 01: A Grecia clásica. A lingua grega.
1. O marco xeográfico.
2. Primeiras civilizacións da Grecia antiga.
3. Período arcaico (800-496 a.C.)
4. Período clásico (496-336 a.C.)
5. Período helenístico (336-146 a.C.)
6. Do indoeuropeo ó grego.
2. Unidade didáctica 02: A sociedade grega. A polis.
1. Orixe e forma de goberno na polis.
2. A estrutura social: Esparta e Atenas.
3. Órganos de goberno e maxistrados.
4. Organización da xustiza.
5. A familia.
20
21. 6. A educación.
7. A vida privada en Atenas.
3. Unidade didáctica 03: Mitos e xéneros literarios.
1. Os mitos gregos (I): a orixe dos deuses.
2. Os mitos gregos (II): outros deuses e heroes.
3. A épica.
4. A lírica.
5. A dramática.
6. A prosa.
4. Unidade didáctica 04: A arte grega.
1. Primeiras manifestacións da arte grega.
2. Arquitectura grega (I): o templo.
3. Arquitectura grega (II): o urbanismo e os edificios públicos.
4. Escultura grega.
5. Principais esculturas da arte grega.
6. Pintura e cerámica gregas.
6. METODOLOXÍA.
Advertencia previa: por razóns prácticas agrúpanse nun mesmo
apartado os contidos correspondentes ós bloques de Lingua grega,
Interpretación dos textos e O léxico e a súa evolución.
1. Lingua grega, Interpretación dos textos e Léxico e a súa
evolución.
1. Presentación: toda unidade didáctica iniciarase presentando
ós/ás alumnos/as os obxectivos que se prevé acadar en cada
unidade didáctica, ben oralmente, ben mediante esquemas ou
presentacións.
2. Explicación: de seguido explicaranse os contidos teóricos de
morfoloxía e sintaxe, e faranse os exercicios correspondentes
21
22. propostos no libro de texto. Normalmente os exercicios de
tradución faranse na aula e en grupo, mentres que os de
morfoloxía hanse mandar para casa e hanse corrixir despois,
xa na aula, xa de modo individualizado.
3. Textos. Dos varios textos que presenta cada unidade
didáctica, polo menos un hase facer na aula de modo conxunto
entre os/as alumnos/as e o profesor, e outro de modo
individual polos/as alumnos/as, para ser corrixido polo
profesor. Trátase de que os/as alumnos/as aprendan dun modo
práctico as técnicas de tradución e mailo vocabulario. Así
mesmo, os textos serán a excusa para o comentario e reflexión
sobre aspectos de cultura e legado da Grecia clásica.
4. Léxico e a súa evolución:
1. Léxico. É importante que dende o principio os/as
alumnos/as estean afeitos a aprender vocabulario grego. É
por iso que se considera que todo o vocabulario que se
utilice nos exercicios, agás que se diga o contrario, debe
ser coñecido. O obxectivo desta medida é que os/as
alumnos/as asuman dende o primeiro día que a aprendizaxe
do grego e mailo latín é neste eido moi similar á das linguas
modernas.
2. A súa evolución. En cada unidade didáctica hai unha serie de
contidos relativos á formación de vocabulario en grego e a
súa presenza nas linguas modernas, con especial atención ó
vocabulario científico. Así pois, en función da
dispoñibilidade de tempo e da importancia, hanse tratar
estes apartados na aula ou hanse remitir para unha simple
22
23. lectura na casa.
2. Grecia e o seu legado. A literatura grega.
Este bloque de contidos precisa un tratamento específico, porque
a metodoloxía a empregar nel é moi distinta á do resto dos
bloques.
Para aborda-la metodoloxía que se vai empregar neste apartado
da programación partimos de dous principios:
1. os/as alumnos/as deben aprender a traballar de seu, ben en
grupo, ben individualmente, na procura de novo coñecemento.
2. para acadaren este obxectivo, os/as alumnos/as deben face-lo
maior uso posible de tódolos recursos das TICs que coñezan, e,
ó mesmo tempo, introducirse no uso de novos recursos.
Así pois a metodoloxía que se propón para tratar este bloque de
contidos é a seguinte:
1. hase asignar a cada alumno/a polo menos un dos temas do
bloque de legado. O modo de asignación quedará a discreción
do profesor.
2. cada alumno/a elaborará un traballo a partir do guión
entregado polo profesor. No guión hanse recolle-los
obxectivos, o modo de realiza-lo traballo, o formato ou soporte
do traballo e, sobre todo, o material mínimo a partir do que
elabora-lo traballo.
3. o traballo será entregado ó profesor para a súa corrección e
valoración. Se o traballo está ben, o/a alumno procederá a
colgalo nun recurso da internet a tal efecto para o poñer á
disposición dos seus compañeiros. Se o traballo non estivera
ben, volvería ó/á alumno/a para a súa corrección.
23
24. 4. unha vez que o traballo está colgado na internet, a alumna fará
unha exposición pública na aula na que utilizará como apoio
todos eses materiais en soporte informático.
7. CRITERIOS DE AVALIACIÓN E MÉTODO DE AVALIACIÓN.
1. CRITERIOS DE AVALIACIÓN:
Os criterios de avaliación recollidos no Anexo I do Decreto
126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e
o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia
son:
1. Ler textos gregos breves, transcribir os seus termos á lingua
materna, utilizar os seus diferentes signos ortográficos e de
puntuación e recoñecer o reflexo do alfabeto grego no
abecedario latino propio das linguas modernas do noso
contorno.
Con este criterio preténdese comprobar se o alumnado recoñece os
signos ortográficos básicos da lingua grega e le con soltura textos
breves. Así mesmo, comprobarase a súa capacidade para transcribir
termos á súa lingua materna e para relacionar os dous sistemas de
escritura, distinguindo as semellanzas e diferenzas ortográficas e
fonéticas entre ambos.
2. Comprender e ser capaz de traducir textos gregos sinxelos.
Preténdese comprobar se, con exercicios de comprensión e posterior
tradución literal dun texto, o alumnado posúe a capacidade de
recoñecer as diversas estruturas dunha lingua flexiva. Os textos
serán breves, orixinais ou elaborados e de dificultade mínima.
3. Recoñecer en textos gregos os elementos básicos da
24
25. morfoloxía e da sintaxe da oración, apreciando variantes e
coincidencias con outras linguas coñecidas.
Este criterio pretende comprobar se se adquiriron as nocións de
morfoloxía e sintaxe que permitan recoñecer as características
dunha lingua flexiva e identificar formas e funcións. Relacionaranse
eses elementos básicos cos do galego e do castelán ou cos doutras
linguas coñecidas.
4. Detectar e comprender os helenismos máis frecuentes do
vocabulario común e do léxico científico e técnico das linguas
modernas a partir de termos que aparezan nos textos.
Este criterio permite comprobar a capacidade de relacionar termos
da propia lingua materna ou doutras que coñeza o alumnado co
correspondente étimo grego. Tamén intenta verificar se o alumnado
adquiriu un vocabulario básico que lle permita deducir palabras da
mesma familia etimolóxica e os seus significados, tendo en conta os
procedementos de derivación e composición.
5. Ler e comentar textos gregos traducidos de diversos xéneros
ou textos referidos ao mundo grego e distinguir aspectos
históricos e culturais contidos neles.
Con este criterio preténdese determinar a capacidade de
comprender o contido esencial dun texto, delimitar as súas partes e
establecer a relación entre elas. Poderase manifestar esta
competencia mediante exercicios de lectura comprensiva de textos
con sentido completo, contrastando os textos gregos con textos de
literatura actual e valorando a súa vixencia na actualidade. Os
textos referidos ao mundo grego servirán, ademais, para aprender a
reflexionar sobre os diferentes modos de se achegar á cultura
clásica.
25
26. 6. Situar no tempo e no espazo os máis importantes
acontecementos históricos de Grecia, identificar as súas
manifestacións culturais básicas e recoñecer a súa pegada na
nosa civilización.
Este criterio trata de comprobar que se sitúan na súa época e marco
xeográfico, tanto os acontecementos máis importantes que
configuraron a historia de Grecia, como as súas manifestacións
culturais máis significativas. Preténdese tamén constatar se se é
capaz de recoñecer os elementos da cultura grega presentes na
actualidade. Poderase manifestar a competencia elaborando mapas e
desenvolvendo exposicións escritas ou orais sobre o mundo clásico.
7. Realizar, seguindo as pautas proporcionadas polo profesorado,
pequenos traballos de investigación sobre a persistencia do
mundo grego, consultando as fontes directas e utilizando as
tecnoloxías da información e da comunicación como ferramenta
de organización e comunicación dos resultados.
Este criterio pretende verificar que as alumnas e os alumnos
distinguen os elementos do mundo clásico, recoñecéndoos como
herdanza do noso propio pasado, e que os interpretan criticamente á
luz dos coñecementos que xa teñen, mediante a utilización selectiva
de fontes diversas. Tamén trata de avaliar se son capaces de
indagar nas fontes directas e tomar contacto coas materias
ordenando os datos obtidos e elaborando o seu traballo mediante o
uso das tecnoloxías da información e da comunicación como
ferramentas fundamentais.
2. MÉTODO DE AVALIACIÓN:
1. A avaliación nesta materia caracterízase por ser CONTINUA,
26
27. polo tanto, en principio, NON SE LIBERARÁ MATERIA.
2. AVALIACIÓN INICIAL.
Este departamento ha levar a cabo unha avaliación inicial do
seguinte modo:
1. mediante unha proba escrita sobre contidos morfolóxicos e
sintácticos. Nesta proba hase tratar de valora-lo
coñecemento que de conceptos de morfoloxía e sintaxe
xeral ten o alumnado. Esta proba será común a de Latín I.
2. mediante unha proba escrita sobre contidos de historia e
legado. Con esta proba preténdese valora-lo grao de
coñecemento que o alumnado ten sobre a historia de Grecia
en xeral e sobre a súa vinculación con España e, en
particular, con Galicia.
3. mediante a conversa os primeiros días de clase hase tratar
de coñece-las razóns que levaron ó alumnado a cursar esta
asignatura.
3. AVALIACIÓN ORDINARIA. Para establece-las cualificacións
establécese o siguinte procedemento:
1. Cualificación avaliación:
1. en cada avaliación hase realizar, polo menos, un exame
ou proba completa (preferiblemente dúas). Cada exame
ou proba completa constará das seguintes partes:
1. proba de morfoloxía e sintaxe (teoría); exame no que
o/a alumno/a deberá demostrar un coñecemento
suficiente dos contidos explicados en clase sobre
morfoloxía, sintaxe teórica e pervivencia da lingua
grega nas linguas modernas coñecidas polo/a
27
28. alumno/a.
Esta proba aporta o 40 % da cualificación final do
exame.
2. Proba de tradución e léxico; exame no que o/a
alumno/a ten que demostrar e aplicar dun modo
práctico os seus coñecementos de morfoloxía,
sintaxe e léxico.
Para a realización desta proba hase dispoñer dun
léxico grego sen tradución ó galego/castelán.
Esta proba pode constar de ata tres partes;
1. unha para traducir de grego a galego/castelán
(valor 1/3)
2. outra para traducir de galego/castelán a grego,
(valor 1/3)
3. outra para traducir do grego ó galego/castelán un
texto visto en clase (valor 1/3).
A proba de tradución aporta o 60 % da cualificación
final do exame.
Debido a que o grupo de Grego I está formado por
dúas alumnas, estas probas poderanse facer de modo
oral, ben nunha sesión ou ben durante un conxunto de
sesións previamente indicadas. En caso de que a
alumna estea en desacordo coa calificación proposta
polo profesor, farase unha proba escrita.
3. NOTA DE CORTE:
1. Nun exame: se o/a alumno/a non acadase polo
menos 4 puntos (NOTA DE CORTE) sobre 10 en
28
29. cada unha das partes do exame mencionadas, o
exame no seu conxunto hase considerar suspenso
e a nota máxima, automáticamente, un tres.
2. Na avaliación: para poder aproba-la avaliación é
preciso, en todo caso, obter máis dun 4 sobre 10
na cualificación do segundo exame de avaliación.
De non ser así, automáticamente e
independentemente da cualificación do primeiro
exame, a avaliación darase por suspensa, sendo a
nota máxima un 3.
4. DOBRE VALOR DA NOTA DO SEGUNDO EXAME: en
tanto que a avaliación desta materia se concibe coma
continua, se nunha mesma avaliación se realizan dous
exames completos, hase prima-la cualificación do
segundo sobre a do primeiro (multiplicarase a
cualificación do segundo por dous, sumaráselle a
cualificación do primeiro e dividirase o total entre
tres).
2. Cualificación final.
1. É o resultado da seguinte fórmula: ((cualificación 1ª
aval.)+(cualific. 2ª aval. X 2)+(cualific. 3ª aval. X 3)) /
6. Esta fórmula hase aplicar sempre e cando o/a
alumno supere a 3ª avaliación. Polo tanto, para poder
aproba-lo curso é preciso aproba-la 3ª avaliación.
2. A fórmula do punto anterior só é de aplicación cando
beneficia ó/á alumno/a. Se a cualificación obtida é
inferior a cualificación da terceira avaliación, a
29
30. cualificación final neste apartado da materia será a
desta avaliación.
3. A fórmula do punto primeiro ou a cualificación do
segundo aportará o 90% da cualificación final. O 10 %
restante obterase a partir da calificación obtida nos
traballos e exposicións orais realizadas polas
alumnas.
3. Recuperación.
1. Nesta asignatura non hai exames de recuperación.
Dado que non se libera materia, os/as alumnas que
suspendan unha avaliación recuperarán
automáticamente a anterior aprobando a seguinte.
4. Proba extraordinaria de setembro.
Exame similar ó final da 3ª avaliación. Calquera
restricción dos contidos farase pública no mes de xuño.
Queda a discreción do profesor esixir ou non os
contidos de legado na proba de setembro. En todo caso
esta circunstancia comunicarase ós/as alumnos/as no
mes de xuño.
5. Redondeos.
Ademais das probas escritas, valorarase especialmente
para a determinación dos redondeos das cualificacións
de avaliación a participación activa en clase, acreditando
a realización das actividades mandadas para casa e o
coñecemento da materia explicado ata o momento, así
como curiosidade polos distintos aspectos da materia.
6. Lecturas obrigadas.
30
31. Para o presente curso establecerase, como mínimo, unha
lectura obrigada. Para acredita-la efectiva lectura desta
o profesor poderá optar pola realización dunha breve
proba tipo test, xa por escrito, xa oral. A superación da
proba que acredita a lectura non aportará nada a
cualificación, pero será un requisito indispensable para
poder aproba-la asignatura.
4. Mínimos esixibles e proba para alumnos/as de 2º de
bacharelato con Grego I de 1º de pendente.
Ó remate do curso os/as alumnos/as de primeiro deberán
poder traducir do grego ó galego/castelán as oracións
traballadas na aula durante o curso, e do mesmo xeito deberán
poder traducir do galego/castelán ó grego as oracións
traballadas na aula durante o curso. Estas traducións faranse
co apoio dun glosario do vocabulario grego preciso sen
tradución, e irán acompañadas da análise sintáctica e
morfolóxica explicada na aula. Tamén deberán poder traducir,
sen axuda do dicionario, ó galego/castelán un texto grego visto
e traballado na aula, e coñecer aqueles aspectos da xeografía,
historia, sociedade y legado da Grecia clásica que se
traballaran durante o curso.
5. ADDENDA: para evita-las desgraciadamente habituais faltas
de asistencia masivas nos días anteriores ó remate de cada
avaliación, este departamento dispón que toda falta non
xustificada expresamente polos titores legais do/a alumno/a
durante as últimas dúas semanas de cada avaliación poderá
conlevar que non se lle permita ó/á alumno/a a realización dos
31
32. exames de avaliación, e no caso de que a ausencia se producise
con posterioridade á devandita proba, que se lle suspenda a
avaliación independientemente da cualificación obtida.
3. AVALIACIÓN DOS PROCESOS DE ENSINO E DA PRÁCTICA
DOCENTE.
Para poder facer un seguemento e avaliación tanto dos procesos
de ensino como da práctica docente do profesor, establécense os
siguintes procedementos:
1. En cada avaliación hanse adicar total ou parcialmente polo
menos dúas sesións de clase para comentar cos/as alumnos/as
a marcha do curso; aspectos relativos á práctica docente do
profesor, problemas que lles xurdan cos distintos contidos da
asignatura, etc. O obxectivo é manter unha comunicación
directa cos/as alumnos/as para poder reflexionar sobre a
marcha da asignatura e, sobre todo, sobre a metodoloxía
empregada.
2. Ó remate de cada avaliación, na acta de departamento, hase
recoller unha reflexión sobre estes aspectos. Nesta reflexión
terase en conta expresa e especialmente os comentarios
dos/as alumnos/as.
3. Ó remate do curso o profesor pasará aos alumnos/as algún tipo
de cuestionario para poder avalia-los procesos de ensino e a
práctica docente.
8. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS:
1. Libro de Texto: Este departamento non vai utiliza-lo libro de
32
33. aprobado polo Consello escolar ata o curso 2011-12. O manual de
referencia ha se-lo libro de Griego 1.º de Bachillerato (Proyecto
Exedra, de Oxford EDUCACIÓN), que ten coma autores a José Antonio
Aparicio, Maurice Balme, Jaime Iván Juanes e Gilbert Lawall. En tanto
que este manual non se pode poñer como obrigado, queda na man deste
departamento conseguir que este material estea a disposición dos/as
alumnos/as co menor custo posible.
2. Libro de lectura (OBRIGADO): A Asemblea das Mulleres (para saber
cal é a edición recomendada vid. páxina web).
3. Contas:
1. de correo electrónico (OBRIGADA).
2. no recurso SLIDESHARE (OBRIGADA).
4. Outros recursos didácticos: a través da páxina web do departamento
ofrecerase aos/as alumnos/as recursos didácticos dispoñibles en
internet (http://www.departlatin.260mb.com/).
9. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS Y EXTRAESCOLARES.
Este departamento ten previsto desenvolve-las seguintes
actividades extraescolares cos/as alumnos/as de Grego de 1º de
bacharelato:
1. 2ª Avaliación: asitencia a unha xornada do Festival Grecolatino de
teatro de Lugo, para asistir a representación de, polo menos, unha
obra de teatro clásico.
Esta planificación poderá ser modificada en función de distintas
circunstancias, tanto de dispoñibilidade de días como do
comportamento e rendemento académico dos/as alumnos/as.
10.ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.
33
34. O tratamento da diversidade en Bacharelato ven dado pola mesma
natureza e organización desta etapa, na que os/as alumnos/as
optaron por unha das modalidades, e, dentro de cada modalidade,
escolleron entre varias materias optativas. Polo tanto, non pode te-la
mesma consideración ca nas etapas educativas obrigadas.
En calquera caso, a atención á diversidade realizarase dentro da aula
de acordo coa realidade concreta dos/as alumnos/as que constitúen o
grupo; en función disto seleccionaranse e distribuirán os contidos e
actividades na forma que resulte máis conveniente.
11.SEGUEMENTO DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA.
Para segui-lo axeitado desenvolvemento da programación durante o
curso, polo menos unha vez ó mes hase recoller expresamente no
libro de actas do departamento unha valoración acerca do
desenvolvemento da programación. Nesta valoración hase indicar se a
programación se está a desenvolver segundo estaba previsto ou non.
En caso de non ser así, hanse indicar expresamente as razóns e hanse
propo-las medidas correctoras oportunas.
En Castro de Rei (Lugo) a 25 de setembro de 2009.
Asdo.: Lorenzo Fraga Montero
(Xefe de Departamento de Cultura Clásica)
34