SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 69
FLORA E FAUNA EN PERIGO DE
EXTINCIÓN EN GALICIA
FLORA EN PERIGO DE EXTINCIÓN
EN GALICIA
Armeria humilis subsp.
humilis (Armeria humilis
subsp. humilis)
Descrición. Planta ramificada que cando é adulta
ten aspecto almofadado. Follas lineares, as
externas planas, as internas máis estreitas e
acanaladas. Presenta brácteas externas máis
curtas que as internas. Moitas plantas novas
morren a causa da seca; as plantas que chegan a
ser adultas poden desenvolver un sistema
vigoroso de raíces, no cal a radícula vaise
convertendo gradualmente nunha raíz pivotante
superior a 15 cm.
Demografía. Que esta especie pase de xuvenil a
adulta depende en gran medida da competencia,
das características climatolóxicas e a
profundidade do solo correspondentes ao
primeiro ciclo completo da plántula.
Hábitat. Fendas de grandes rochedos situados
nos cumes e en solos areosos no profundo das
inmediacións.
Distribución. Endemismo das serras do Xurés-
Gerês, na fronteira entre España e Portugal. A
poboación desta especie está localizada dentro
do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.
Estado de conservación. A principal ameaza
correspóndese coa reintrodución de cabras da
subespecie alóctona (Capra hispanica subsp.
hispanica) e os incendios forestais. Existen
problemas de endogamia.
Categoría de conservación. En perigo de
extinción.
Nome común Armeria humilis subsp. humilis
Nome científico Armeria humilis subsp. humilis
Clase Plantas superiores Familia Plumbaginaceae
Armeria humilis subsp.
odorata (Armeria humilis
subsp. odorata)
Descrición. Caméfito de pequeno tamaño,
con escapo moi curto (< 10 cm). Follas en
roseta, as externas planas e as que nacen do
centro da roseta filiformes. Flores de color
malva.
Demografía. Non se reproduce ben por
sementes. Morren bastantes exemplares
antes do primeiro ano de vida a causa da
seca estival.
Hábitat. Plantas de solos areosos pouco
profundos na proximidade de afloramentos
granitoides alcalinos e esquistos.
Distribución. Na fronteira entre Ourense e
norte de Portugal. As poboacións galegas
están incluídas dentro do P. Natural Baixa
Limia-Serra do Xurés e do LIC Baixa Limia.
Estado de conservación. A construción de
estradas, polígonos, a plantación de Pinus
sylvestris e o abandono das actividades
tradicionais supoñen cambios no territorio
que diminúen o hábitat óptimo da especie.
Categoría de conservación. En perigo de
extinción.
Nome común Armeria humilis subsp. odorata
Nome científico Armeria humilis subsp.
odorata Clase Plantas superiores Familia
Plumbaginaceae
Armeria merinoi (Armeria
merinoi)
Descrición. Planta de follas basais lineares ou
sublineares, planas. Brácteas externas máis
longas e ovadas. Corola de cor rosada. Flores
hermafroditas, polinizadas por insectos.
Demografía. A poboación é pequena, isto é
debido a que o seu hábitat é moi específico. En
determinadas zonas, as poboacións poderían
estar en regresión ao evolucionar o seu hábitat
cara a matogueiras ou prados.
Hábitat. Vive sobre substrato ultrabásico,
xeralmente en solos encharcados
temporalmente.
Distribución. Endemismo galego. Poboacións
localizadas na serra do Careón, ligadas ao
afloramento serpentínico, e incluídas no LIC Serra
do Careón.
Estado de conservación. Dada a súa escasa
distribución ecolóxica, son moitos os factores que
poden supoñer unha ameaza, como a construción
de novas vías de comunicación, pastoreo ou a
explotación forestal. Ademais disto, o avance da
matogueira tamén supón unha ameaza de tipo
biótico pola transformación do hábitat, o que
termina desprazando a especie.
Categoría de conservación. En perigo de
extinción.
Nome común Armeria humilis subsp. odorata
Nome científico Armeria humilis subsp. odorata
Clase Plantas superiores Familia Plumbaginaceae
Centaurea borjae
(Centaurea borjae)
Descrición. Planta perenne de ata 6 cm. Follas basais,
as primeiras enteiras ou lobadas, e segundo van
crecendo fanse pinnatisectas (con nervadura pinnada
e co bordo fendido en divisións longas e estreitas que
levan o nervio medio). Os capítulos poden ser desde
solitarios ata en grupos de 2 ou 3. Brácteas do
involucro pilosas, con espiña apical longa e recurvada.
Corolas de cor rosado-púrpura. Aquenio piloso e sen
vilano. Presenta flores hermafroditas que son
polinizadas por insectos.
Demografía. As poboacións son moi escasas (vinte
individuos por metro cadrado).
Hábitat. Vive na parte superior dos acantilados en
ambientes moi venteados e con escasa vexetación, en
fendas sobre afloramentos rochosos de carácter
ultrabásico. Algúns individuos tamén colonizan pistas
ou camiños situados nas proximidades das poboacións
naturais.
Distribución. Endemismo galego. Localizado no
noroeste da provincia da Coruña (A Capelada e cabo
Prior). As súas poboacións sitúanse dentro do LIC
Costa Ártabra.
Estado de conservación. Os principais problemas que
producen unha diminución na especie son, por un
lado, a súa pobre estratexia reprodutiva e, por outro,
a escaseza de solos ultrabásicos no litoral de Galicia.
Outro dos inconvenientes é o pastoreo do gando en
réxime de semiliberdade, que causa danos á especie
pola pisadura e pola inxesta, principalmente dos
capítulos.
Categoría de conservación. En perigo de extinción.
Nome común Centaurea borjae Nome científico
Centaurea borjae Clase Plantas superiores Familia
Compositae
Centaurea ultreiae
(Centaurea ultreiae)
Descrición. Planta perenne con estolóns
subterráneos. Follas enteiras dispostas en roseta.
Forman capítulos sésiles no centro da roseta.
Brácteas con espiña punzante. Corola amarela ou
alaranxada. Aquenios grandes, comprimidos
lateralmente con vilano curto e caedizo. As flores
son polinizadas por insectos, principalmente por
abellóns e abellas. A dispersión dos froitos é
principalmente por formigas (mirmerocoria).
Demografía. A dinámica poboacional depende
basicamente das variacións de cobertura
existentes. En solos con escasa vexetación
alcánzanse densidades altas, pero ao
desenvolverse matogueira o número de abrochos
vai diminuíndo ata desaparecer case por
completo.
Hábitat. Desenvólvese en matogueiras pouco
desenvolvidas, de escaso talle ou queimadas
periodicamente, e bordos de camiños.
Distribución. A única poboación coñecida
encóntrase en Monte do Castelo (A Coruña). O
seu estado de conservación é bo.
Estado de conservación. Especie moi ameazada
actualmente pola transformación dos seus
hábitats en prados e plantacións de eucaliptos.
Categoría de conservación. En perigo de
extinción.
Nome común Centaurea ultreiae Nome científico
Centaurea ultreiae Clase Plantas superiores
Familia Compositae
Chaetopogon fasciculatus
subsp. postratus
(Chaetopogon fasciculatus
subsp. postratus)
Descrición. Herba anual que chega a alcanzar os 15
cm, con talos de prostrados a erecto-patentes.
Inflorescencia en panícula estreita de ata 6 cm de
lonxitude. Follas con lígula patente. Espigas con
pedúnculos curtos e grosos que presentan de 1 a 3
flores. Aresta de tamaño similar á gluma (ata 5 mm).
Demografía. Con variacións importantes nos últimos
anos. Ao parecer está extinta a poboación de Xuño
(Porto do Son, A Coruña) e presenta unha apreciable
expansión na enseada de Trece a causa dos incendios
forestais.
Hábitat. Solos pouco profundos cun nivel de
encharcamento variable, que experimentan un
importante desecamento durante a época estival.
Distribución. Litoral do occidente de Galicia e
Portugal. En Galicia está repartida en catro
localidades: estuarios do Miño, Umia, Ulla e na
enseada de Trece (Camariñas) (integradas nos LIC
Costa da Morte, Complexo Ons-O Grove, Complexo
Fluvial Ulla-Deza e Baixo Miño).
Estado de conservación. Exceptuando a mencionada
poboación de Trece, o seu estado de conservación é
alarmante. Vese ameazada por fenómenos de
competencia natural, nomeadamente pola actividade
humana (urbanismo incontrolado, realización de obras
de acondicionamento e transformación da actividade
agraria).
Categoría de conservación. En perigo de extinción.
Nome común Chaetopogon fasciculatus subsp.
postratus Nome científico Chaetopogon fasciculatus
subsp. postratus Clase Plantas superiores Familia
Poaceae
Christella dentata
(Christella dentata)
Descrición. Herbácea perenne, con rizoma rastreiro.
Frondes de 60 a 115 cm, en multicaule, pilosas.
Lámina pinnada, con pinnas de 15 a 25 pares,
pinnatífidas, as basais claramente máis curtas que as
medias. As pínnulas presentan o ápice truncado, son
peludas polo envés e laxamente pilosas pola face.
Soros sobre os nervios, orbiculares, equidistantes da
marxe e do nervio medio. Indusio reniforme,
densamente piloso. Esporas papilosas.
Rizomas moi resistentes que rebrotan tras perder as
frondes. Non se observaron os gametófitos; todas as
frondes son esporóxenas. As esporas dispérsanse pola
auga ou polo vento. A maduración das frondes adoita
producirse de xuño a marzo. No se observaron
individuos xuvenís. O cultivo de esporas foi infrutuoso,
por contaminación con fungos.
Demografía. Na península é unha especie en franca
regresión. Semella que desapareceu a poboación
ourensá e corre risco de facelo a gaditana.
A superficie de ocupación real é inferior a 5 km2.
Detectouse unha diminución demográfica en case
todas as poboacións.
Hábitat. En Ourense medraba sobre muros de granito
(Asplenietea trichomanis) ligados a surxencias de
augas termais. En ambos os casos o dominio potencial
é de ameneirais. En Cádiz desenvólvese sobre
substratos higronitrófilos con vexetación herbácea.
Distribución. Na península Ibérica as citas proceden
exclusivamente de dúas localidades: Ourense, onde
semella que desapareceu, e Cádiz. A especie chega ás
illas Canarias.
Estado de conservación. A drenaxe do seu hábitat é o
principal factor de ameaza. As poboacións
peninsulares están en fase de desaparición.
Categoría de conservación. En perigo de extinción.
Crepis novoana (Crepis
novoana)
Descrición. Herba de flores liguladas de cor
amarela, caracterizada polas súas follas
basais elípticas ou oblanceoladas. Flores
hermafroditas polinizadas por himenópteros
e dípteros fundamentalmente. A dispersión
dos froitos é realizada polo vento debido á
presenza de vilano.
Demografía. Presenta en xeral flutuacións
importantes. Produciuse unha redución do
número de individuos nos últimos anos
debido á destrución do seu hábitat.
Hábitat. Vive en acantilados costeiros
conformados parcialmente por rochas
ultrabásicas.
Distribución. Endémica do NE da provincia
da Coruña, na ría de Cedeira, con presenza
adicional en acantilados próximos. Incluída
no LIC Costa Ártabra.
Estado de conservación. Están ameazadas
por diversas actividades humanas, como
urbanización, obras de acondicionamento,
etc., que provocan a diminución e
fragmentación do seu hábitat.
Categoría de conservación. En perigo de
extinción.
Nome común Crepis novoana Nome
científico Crepis novoana Clase Plantas
superiores Familia Compositae
Cytisus insularis (Cytisus
insularis)
Descrición. Arbusto con ramas anguladas. Non
presenta follas trifolioladas, o que a diferencia doutras
especies. Cáliz levemente piloso. Flores hermafroditas
polinizadas por insectos. A dispersión realízase por
dehiscencia explosiva, moi probablemente favorecida
polas formigas (mirmerocoria). O froito é un legume
aplanado e viloso.
Demografía. A poboación desta especie na illa de Ons
parece ser estable, mentres que a poboación da illa
Vionta parece estar en regresión.
Hábitat. O seu hábitat prioritario son os acantilados
costeiros. Outro tipo de hábitat que coloniza son os
solos de antigos cultivos abandonados.
Distribución. Endemismo da costa atlántica de Galicia
(illas de Ons (Pontevedra) e Vionta (A Coruña)). As
dúas únicas poboacións que se coñecen están
incluídas no LIC Complexo Ons-O Grove e no P.
Nacional das Illas Atlánticas.
Estado de conservación. As achegas de sales debido a
temporais persistentes parece que afectan
negativamente ás súas poboacións. A poboación da
Illa de Ons, aínda que parece estable, estaba
ameazada por procesos de urbanización, mentres que
a Illa Vionta está moi deteriorada pola acción dos
temporais e a competencia con outras especies.
Categoría de conservación. En perigo de extinción.
Nome común Cytisus insularis Nome científico Cytisus
insularis Clase Plantas superiores Familia Leguminosae
Deschampsia setacea
(Deschampsia setacea)
Descrición. Planta hermafrodita. Follas
raramente planas, levemente pilosas. Presenta
unha lígula de máis de 3 mm, gluma superior con
venas laterais pouco visibles e con aresta de máis
de 5 mm, sobresaíndo da espiga, características
estas que a diferencian doutras especies
próximas.
Demografía. As poboacións españolas manteñen
un aceptable número de individuos, en función
da extensión da súa área de ocupación. A
densidade varía en función da dinámica ou perda
da área de ocupación potencial da especie.
Hábitat. Sempre habita ambientes moi húmidos,
sometidos a inundacións periódicas (xunto a
charcas e lagoas naturais ou en pasteiros do
límite exterior de anegamento de pantanos
artificiais).
Distribución. As poboacións galegas encóntranse
na Coruña e en Lugo.
Estado de conservación. Os ritmos estacionais
(exceso ou defecto de auga) e o pastoreo son os
principais factores de ameaza nas poboacións de
encoros, mentres que nas poboacións de charcas
e lagos naturais a perda total de auga ou destes
ambientes representa a principal ameaza.
Categoría de conservación. En perigo de
extinción.
Nome común Deschampsia setacea Nome
científico Deschampsia setacea Clase Plantas
superiores Familia Gramineae
Eleocharis parvula
(Eleocharis parvula)
Descrición. Herba que forma un céspede. Brota
de talos subterráneos con estolóns e bulbiños
ganchudos. Os abrochos aéreos rematan en
espigas con 2-7 flores. O aquenio presenta un
tubérculo apical.
Planta hermafrodita, polinizada polo vento
(anemocoria), cuxas sementes e bulbiños se
dispersan primordialmente polo fluxo das
mareas, aínda que podería dispersarse a novos
territorios enganchada ás patas das aves
(ornitocoria).
Demografía. Contabilizáronse catro poboacións
que suman 15.665.857 individuos, os cales
ocupan unha superficie de 1,03 hectáreas.
Hábitat. Medra no lodo de charcas de auga
salobre.
Distribución. Poboacións dispersas por todo o
litoral europeo. En España localízase en Asturias,
Cantabria e Galicia. A poboación galega está
presente no LIC Monte e Lagoa de Louro.
Estado de conservación. A contaminación das
augas (mareas negras), xunto coas obras públicas,
supoñen un alto risco para a supervivencia da
especie.
Categoría de conservación. En perigo de
extinción.
Nome común Eleocharis parvula Nome científico
Eleocharis parvula Clase Plantas superiores
Familia Cyperaceae
Erodium maritimum
(Erodium maritimum)
Descrición. Planta anual ou bienal, con talos
prostrados e follas lobulado-dentadas. Flores
solitarias, raramente en parellas, hermafroditas, de
pequeno tamaño e fráxiles. A corola ten pétalos de cor
branco-rosada, a miúdo ausentes.
Demografía. A poboación sufriu unha importante
regresión e presenta unha substancial variación anual
no número de individuos por poboación.
Hábitat. En Galicia habita solos sen vexetación
próximos ao mar, localizándose ademais en fendas de
camiños empedrados e muros.
Distribución. Distribúese por toda a zona costeira
occidental europea ata o mediterráneo central. En
Galicia, as poboacións desta especie aparecen nas
provincias da Coruña e Pontevedra. Están incluídas
dentro do LIC Costa Ártabra.
Estado de conservación. Dependendo da súa situación
estarán en maior ou menor medida ameazadas. Desta
maneira, as poboacións situadas na isla Dragonera
(Baleares) non están expostas ao estado de
conservación, mentres que noutras localidades como
Santo André de Teixido (A Coruña) poden estar
afectadas pola elevada afluencia de visitantes, labores
de sega e aclareo e labores de acondicionamento de
camiños e muros (rozas e aplicación de herbicidas). De
feito, a pequena poboación das illas Cíes desapareceu
a consecuencia dunhas obras de acondicionamento de
camiños realizadas na zona do faro.
Categoría de conservación. En perigo de extinción.
Nome común Erodium maritimum Nome científico
Erodium maritimum Clase Plantas superiores Familia
Geraniaceae
Eryngium duriaei subsp.
juresianum (Eryngium
duriaei subsp. juresianum)
Descrición. Planta de máis de 1,5 m de altura. Da
roseta basal sae un ou varios talos terminados en
inflorescencia cilíndrica. Presenta follas coriáceas, de
bordo recortado, as da roseta basal case planas e de
bordo pouco recortado.
Demografía. Existen algunhas poboacións, que
presentan unha flutuación grande no número de
individuos entre anos consecutivos.
Hábitat. Aínda que pode penetrar no sotobosque de
carballeiras, prefire solos despexados, sendo especie
pioneira na colonización de áreas acabadas de
queimar.
Distribución. Localizouse na serra do Xurés e de Santa
Eufemia e nos montes do Invernadoiro (Ourense), na
serra do Candán (Pontevedra) e nos montes do Pindo
(A Coruña). Están incluídas nos parques naturais de
Baixa Limia-Serra do Xurés e Serra do Invernadoiro e
nos LIC Serra do Candán e Carnota-Monte Pindo.
Estado de conservación. Unha poboación ameazada é
a da serra do Candán debido ao seu baixo número de
individuos. A poboación do Invernadoiro parece ter
problemas de hibridación con E. duriaei subsp. duriaei.
As poboacións poden verse desprazadas co aumento
de vexetación de maior porte.
Categoría de conservación. En perigo de extinción.
Nome común Eryngium duriaei subsp. juresianum
Nome científico Eryngium duriaei subsp. juresianum
Clase Plantas superiores Familia Umbelliferae
Eryngium viviparum
(Eryngium viviparum)
Descrición. Planta acuática bienal de pequeno
tamaño que vive somerxida ata 9 meses ao ano.
Presenta roseta basal de follas linear-lanceoladas
e de bordo denticulado. Talos con ramificación
dicotómica. Inflorescencias con 6-9 flores.
Estames amarelos que sobresaen da corola.
Froitos globosos.
Demografía. Habita lugares moi específicos.
Prodúcese perda de localidades, polo que hai
grandes descontinuidades na súa distribución;
isto parece estar relacionado cunha progresiva
redución dos seus efectivos poboacionais.
Hábitat. Vive en planicies e depresións de
substrato arxiloso sometidas a encharcamento
temporal (clima atlántico).
Distribución. Endemismo atlántico presente no
NO ibérico. As poboacións galegas localízanse
principalmente no interior da provincia de Lugo
(Terra Chá) e Ourense, das cales só cinco se
atopan baixo algunha figura de protección.
Estado de conservación. A maior ameaza é por
perda de hábitat, aínda que o taxon tamén está
ameazado pola presión humana e gandeira.
Categoría de conservación. En perigo de
extinción.
Nome común Eryngium viviparum Nome
científico Eryngium viviparum Clase Plantas
superiores Familia Umbelliferae
Euphorbia uliginosa
(Euphorbia uliginosa)
Descrición. Planta erguida. Follas de bordo
serrado que nunca se dispoñen formando
rosetas, carácter que as diferencia doutras
especies similares. As flores son hermafroditas
con polinización por medio de insectos
(entomofilia). A dispersión dos froitos realízase
por autocoria explosiva ao abrirse bruscamente
as cápsulas.
Demografía. Moitas delas encóntranse nunha
enorme regresión e algunhas, como a de Lamas
(A Coruña), están drasticamente reducidas.
Hábitat. Vive fundamentalmente en matogueiras
hidrófilas da Genisto berbereideae-Ericetum
tetracilis (uceiras húmidas atlánticas de zonas
temperadas de Erica ciliaris e Erica tetralix,
segundo a Directiva 92/43/CEE).
Distribución. Localizada nunha pequena área do
NO galego.
Estado de conservación. A transformación das
matogueiras encharcadas en cultivos de especies
forestais de crecemento rápido e pradarías para
o gando, así como a urbanización dos seus
hábitats constitúen unha forte ameaza para esta
especie.
Categoría de conservación. En perigo de
extinción.
Nome común Euphorbia uliginosa Nome
científico Euphorbia uliginosa Clase Plantas
superiores Familia Euphorbiaceae
Fento de cabelinho
(Culcita macrocarpa)
Descrición. Trátase dun fieito supervivente da era
Terciaria, dos tempos en que a Terra estaba dominada
polos grandes dinosauros. Caracterízase por ter un
cauloide subterráneo, chamado rizoma, moi longo e
engrosado, estendido polo chan e que emite grumos
erectos que se recobren por follas, chamadas frondes,
de ata 3,5 m de lonxitude, persistentes durante todo o
ano. Estas frondes encóntranse divididas moitas veces,
teñen unha forma triangular e son moi brillantes pola
face.
Reprodución. Cando se van reproducir, estes fieitos
producen unas estruturas no envés das follas en forma
de ril, chamadas soros, que son uns receptáculos onde
se xeran e almacenan as esporas. Cando estas
maduran, os soros abren e as esporas son
transportadas polo vento.
Hábitat. Require zonas de sombra, temperaturas
suaves durante todo o ano e unha elevada humidade
na atmosfera e no solo, factores que case sempre
ocorren xuntos en vales encaixados de forte pendente
e próximos á costa. É habitual encontralos ao cabo de
cascadas, que subministran humidade á maneira de
salseiros, ou ben en bosques de ribeira maduros (ricos
en ameneiros, freixos, abeleiras...).
Distribución. Está presente en zonas moi localizadas
do N e NO do noso territorio, case sempre relegadas a
bosques de ribeira ben desenvolvidos e conservados.
Estado de conservación. A principal ameaza reside na
destrución do bosque para cultivos forestais de
especies de crecemento rápido, na construción de
minicentrais que alteran e destrúen os seus hábitats
preferentes e os efectos derivados da presión humana
(canalizacións, excursionismo...).
Categoría de conservación. En perigo de extinción.
Genista ancistrocarpa
(Genista ancistrocarpa)
Descrición. Arbusto espiñoso. As follas poden ser
trifolioladas ou unifolioladas. O cáliz é
lixeiramente piloso. Presenta flores
hermafroditas con polinización entomófila
realizada por diversos tipos de insectos. Froito
con 10-30 sementes; a dispersión das sementes é
por autocoria explosiva ao abrirse de forma
brusca os legumes, como na maioría das
leguminosas.
Demografía. Planta que se encontra en regresión
debido á transformación das zonas húmidas en
que vive, ademais da escasa fertilidade da
especie (polo menos a poboación galega). Tamén
é importante o ataque de patóxenos, que lle
confire un aspecto moi enfermo. Está en grave
perigo de extinción.
Hábitat. Vive en matogueiras encharcadas.
Distribución. En Galicia atópase exclusivamente
en Pontevedra, concretamente no LIC Gándaras
de Budiño.
Estado de conservación. A principal ameaza
parece ser a súa baixa fertilidade e o parasitismo
por fungos, ademais da contaminación de
fábricas próximas e desmontes.
Categoría de conservación. En perigo de
extinción.
Nome común Genista ancistrocarpa Nome
científico Genista ancistrocarpa Clase Plantas
superiores Familia Leguminosae
Herba becerra
(Antirrhinum majus subsp.
linkianum)
Descrición. Planta monoica, herbácea, perenne, de
talo erguido de ata 80 cm. Follas ovado-lanceoladas.
Inflorescencia glandular e pilosa. Corola con pétalos
soldados, sen esporón, de cor púrpura rosada, con
mancha amarela.
Os principais polinizadores son himenópteros e
lepidópteros.
Demografía. Nesta especie, os individuos aparecen en
pequenos grupos dispersos ao longo das praias, polo
que a área de ocupación real é difícil de calcular. As
principais poboacións da especie localízanse en Ferrol
e Valdoviño. Nos últimos anos produciuse unha
diminución do número de exemplares debido á
construción de pistas.
Hábitat. Crece principalmente en sistemas dunares,
aínda que secundariamente tamén se encontra en
acantilados.
Distribución. Endemismo occidental ibérico. As
poboacións galegas localízanse no norte da provincia
da Coruña, desde Ferrol ata Cedeira, e están incluídas
no LIC Costa Ártabra.
Estado de conservación. A principal ameaza é a perda
de calidade do hábitat. O acondicionamento que se
está levando a cabo en moitas zonas de praia,
mediante a construción de paseos, aparcadoiros,
zonas de recreo, etc., representan unha ameaza
potencial para esta especie. Un exemplo disto é o
acontecido nas poboacións de Ferrol. Outros factores
importantes son as motos tipo quad.
Categoría de conservación. En perigo de extinción.
Nome común Herba becerra Nome científico
Antirrhinum majus subsp. linkianum Clase Plantas
superiores Familia Scrophulariaceae
Herba de llamuerga
(Rhynchospora fusca)
Descrición. É unha planta de aspecto xunciforme, con
talo erecto (10-30 cm). Presenta un rizoma rastreiro e
follas de forma filiformes e cor agrisada. Desenvolve
unha espiga xeralmente de dúas flores nun acio
ovoide terminal denso, de cor parda. A bráctea
exterior é moito máis longa que o acio, e supéraa.
A polinización é anemófila, pero sábese pouco sobre o
seu mecanismo de dispersión, aínda que o máis
probable é que sexa por hidrocoria grazas ás
flutuacións do nivel de encharcamento que poden
ocorrer nas turbeiras onde vive a planta.
Demografía. Este taxon atópase nunha importante
regresión.
Hábitat. Vive xunto a canles de drenaxe, en zonas
turbosas máis ou menos chás e constantemente
encharcadas.
Distribución. Situado ao longo da vertente cantábrica
da península Ibérica, onde se encontra en regresión.
En Galicia crese extinta, aínda que figura no Catálogo
galego de especies protexidas.
Estado de conservación. Os seus hábitats son moi
vulnerables á drenaxe, á excesiva achega de
nutrientes e á pisadura e bebedura do gando. Esta
especie ten unha escasa plasticidade ecolóxica, xa que
crece en biótopos moi específicos, esixindo zonas
especialmente encharcadas dentro da turbeira.
Categoría de conservación. En perigo de extinción.
Nome común Herba de llamuerga Nome científico
Rhynchospora fusca Clase Plantas superiores Familia
Cyperaceae
Hydrocharis morsus-ranae
(Hydrocharis morsus-
ranae)
Descrición. Planta herbácea acuática, con talos
rastreiros, longos e delgados (estoloníferos), non
enraizados que flotan preto da superficie. Follas
flotantes ou ocasionalmente emerxentes, de forma
orbicular con bordo enteiro e cordadas na base. As
flores femininas solitarias son olorosas, con nectarios
que atraen os insectos; as masculinas aparecen en
grupos de 2-3, con pedicelo alongado. Pétalos brancos
coa base amarela. O froito é unha baga.
Demografía. En función dos cálculos realizados, a
especie presentaría unha densidade de 40
individuos/40 m2.
Hábitat. Vive en lagoas permanentes, con baixa
mineralización e con fondos ricos en materia orgánica.
As formacións flotantes fórmanse nas zonas de augas
remansadas.
Distribución. A poboación da Terra Chá (Lugo) é unha
das poucas existentes na península Ibérica. Está
situada dentro dun territorio protexido: o LIC Ladra-
Parga-Támoga.
Estado de conservación. En Galicia, nos últimos anos,
encontrouse unha nova localidade. Observouse que se
reduciron notablemente as poboacións da península
Ibérica. A aparición de especies invasoras como o
cangrexo vermello americano e o fieito (Azolla
filiculoides), xunto con outros, son os principais
factores que inflúen na supervivencia desta especie.
Categoría de conservación. En perigo de extinción.
Nome común Hydrocharis morsus-ranae Nome
científico Hydrocharis morsus-ranae Clase Plantas
superiores Familia Hydrocharitaceae
Hymenophyllum wilsonii
(Hymenophyllum wilsonii)
Descrición. É un fieito moi pequeno, con aspecto
xeral de brión, que presenta un cauloide moi fino,
liso, de mínima lonxitude. As súas follas ou
frondes medran estendidas sobre o substrato,
conformando un denso tapiz. Estas frondes son
translúcidas, de cor verde oliva, e están
profusamente divididas. Poden durar varios anos
e crecer de forma indefinida.
Reprodución. Como en todos os fieitos, a
reprodución realízase por medio de esporas, que
son esparexidas polo vento cando maduran.
Porén, esta especie tamén presenta reprodución
asexual por ramificación e multiplicación do seu
cauloide ou rizoma.
Hábitat. Alí onde reside tapiza grandes rochas
básicas de orixe metamórfica e ecloxitas no fondo
de vales fluviais con bosques de ribeira ben
conservados de marcado clima oceánico.
Distribución. A nosa única poboación localízase
no N da provincia da Coruña, na serra da
Capelada.
Estado de conservación. As ameazas están na
destrución do bosque de ribeira, no posible
desvío do caudal do río para unha minicentral
hidroeléctrica e no seu illamento xenético
respecto doutras poboacións.
Categoría de conservación. En perigo de
extinción.
Nome común Hymenophyllum wilsonii Nome
científico Hymenophyllum wilsonii Clase Fentos
Familia Hymenophyllaceae Descrición
Iris boissieri (Iris boissieri)
Descrición. Planta que sobrevive ás
épocas desfavorables en forma de bulbo
subterráneo (xeófito). Presenta as follas
inferiores longas e as distais máis curtas e
co limbo máis ancho. Talo terminado
nunha soa flor, excepcionalmente dúas,
de cor violácea.
Demografía. As poboacións desta especie
encóntranse actualmente en regresión,
especialmente as situadas a baixa
altitude.
Hábitat. Vive en solos pouco profundos
en comunidades de uceira, aínda que
tamén pode habitar en fendas de grandes
rochas graníticas.
Distribución. Localizada principalmente
dentro do P. Natural Baixa Limia-Serra do
Xurés, os LIC Ancares-Courel e Carnota-
Monte Pindo, e en Baltar (Ourense).
Estado de conservación. Os cambios no
uso do solo e o coleccionismo constitúen
as principais ameazas para esta especie.
Categoría de conservación. En perigo de
extinción.
Nome común Iris boissieri Nome
científico Iris boissieri Clase Plantas
superiores Familia Iridaceae
Isoetes fluitans (Isoetes
fluitans)
Descrición. Planta acuática, con talo moi curto do
que xorden as frondes. Estas portan na súa parte
basal os esporanxios.
É un fieito heterospóreo, con macrosporas
esféricas e verrugosas (484,6-730,74 mm) ou
microsporas espinulosas con forma de media lúa
(27,5-42,5 x 15-25 mm). As súas esporas
desenvólvense entre xullo e setembro. É unha
planta hidrófila.
Hábitat. Crece nalgúns leitos fluviais sobre
substratos silíceos e areosos de augas oligótrofas
e ben osixenadas (Romero & Onandia, 1995).
Distribución. Un fieito endémico con só dous
núcleos poboacionais: en ribeiras dos ríos da
Costa da Morte e en Lugo (na conca alta do
Miño). Entre ambos os núcleos coñécense
algunhas pequenas e illadas poboacións.
Soamente o núcleo poboacional da conca alta do
Miño se encontra nunha área LIC (Ladra-Parga-
Támoga).
Estado de conservación. A poboación encóntrase
moi fragmentada e ameazada. Os vertidos
incontrolados aos ríos e outros factores como o
desenvolvemento de infraestruturas de recreo
(praias e paseos fluviais, etc.), a presión antrópica
e a limpeza de leitos son as principais afeccións a
que se ve sometida.
Categoría de conservación. En perigo de
extinción.
Nome común Isoetes fluitans Nome científico
Isoetes fluitans Clase Fentos Familia Isoetaceae
Leucanthemum gallaecicum
(Leucanthemum gallaecicum)
Descrición. Planta perenne, con talos de ata 40 cm
pouco ramificados e as follas máis ou menos dentadas.
Conxunto de brácteas pequenas situado na base
dunha inflorescencia, lixeiramente pilosas. As flores
son liguladas e de cor branca. O froito é un aquenio
pequeno, obovoide, que se pode dispersar por vento e
chuvia ou por formigas.
Demografía. Os incendios alteran de forma
imprevisible a dinámica poboacional da especie,
chegando incluso a facela desaparecer por completo.
En condicións naturais hai un equilibrio entre as
plantas adultas que morren e as novas que nacen.
Hábitat. Habita en pasteiros, matogueira aberta e
ocasionalmente bordos de camiños, habitualmente
sobre solos de escaso espesor. Atópase sobre rochas
ultrabásicas (serpentinitas e peridotitos).
Distribución. Especie endémica de Galicia. Encóntrase
en afloramentos puntuais de rochas ultrabásicas do
terzo meridional de Melide. A maioría das poboacións
desta especie atópanse protexidas pola Directiva
Hábitat (Dir. 92/43/CEE) e encóntranse dentro do LIC
Serra do Careón.
Estado de conservación. Especie ameazada pola
crecente destrución dos seus hábitats como
consecuencia da transformación do seu medio en
cultivos.
Categoría de conservación. En perigo de extinción.
Nome común Leucanthemum gallaecicum Nome
científico Leucanthemum gallaecicum Clase Plantas
superiores Familia Compositae
Limonium dodartii
(Limonium dodartii)
Descrición. Planta leñosa de talo ramificado
de 10-30 cm. Follas en forma de roseta, con
nerviación paralela. Espigas formadas por
espiguiñas densas con dúas ou tres flores e
unha bráctea externa. As flores son de cor
azul-violácea, polinizadas por distintos
insectos.
Demografía. Citouse un total de 16
poboacións.
Hábitat. Planta que vive en solos areosos.
Distribución. Endemismo da costa atlántica
de Francia, España e Portugal. En España
localízase no noroeste costeiro (occidente de
Asturias, Lugo, A Coruña e Pontevedra). As
poboacións da costa atlántica coruñesa e da
Lanzada están incluídas en diferentes LIC.
Estado de conservación. A hibridación con
Limonium binervosum e Limonium vulgare, a
degradación do hábitat e a contaminación
marítima (vertidos) son os principais factores
que ameazan esta especie.
Categoría de conservación. En perigo de
extinción.
Nome común Limonium dodartii Nome
científico Limonium dodartii Clase Plantas
superiores Familia Plumbaginaceae
Luronium natans
(Luronium natans)
Descrición. Pequena planta acuática.
Pódense diferenciar dous tipos de follas: as
follas somerxidas, que son lineares, e as
flotantes ou aéreas, que son elípticas. As
flores teñen unha corola composta por
pétalos brancos coa base amarela. Os poucos
froitos que se forman están dispostos á
mesma altura.
Demografía. Se carece de competencia pode
formar comunidades moi densas. A miúdo, as
poboacións son moi flutuantes.
Hábitat. Planta que vive en ambientes
húmidos; medra en bordos de charcas,
lagoas, remansos de ríos e leitos superficiais.
Distribución. Forma varios núcleos
poboacionais na Terra Chá (Lugo), a maior
parte dos cales se encontran integrados na
Rede Natura 2000.
Estado de conservación. Está fortemente
fragmentada, presentando poboacións illadas
sen posibilidade de intercambio xenético
entre elas.
Categoría de conservación. En perigo de
extinción.
Nome común Luronium natans Nome
científico Luronium natans Clase Plantas
superiores Familia Alismataceae
Lycopodiella inundata
(Lycopodiella inundata)
Descrición. Fieito caracterizado por presentar
cauloides rastreiros ou rizomas profusamente
revestidos de pequenas follas duns 5 mm de
lonxitude, non divididas e de cor verde amarela,
dispostas en espiral. A súa morfoloxía fai que
sexan confundidos, as máis das veces, con brións.
Os cauloides poden estenderse polo chan e
conseguir os 20 cm de lonxitude. Deles emerxen
xemas erectas.
Reprodución. Na parte apical dos gromos
aparecen os soros, receptáculos onde se
producen e gardan as esporas, células
xerminativas características dos fieitos. Maduran
entre os meses de xullo e setembro.
Hábitat. Reside en zonas de turbeira, pantanos,
lugares encharcados, sempre en solos ácidos en
ambiente con breixos e carqueixa.
Distribución. Encóntrase moi localizado en certos
puntos das provincias de Lugo e Ourense
caracterizados polo seu asolagamento temporal.
Estado de conservación. Moi sensible aos efectos
producidos polo gando en réxime de
semiliberdade e polas infraestruturas derivadas
da posta en funcionamento de parques eólicos
(camiños, estradas, áreas erosivas...).
Categoría de conservación. En perigo de
extinción.
Nome común Lycopodiella inundata Nome
científico Lycopodiella inundata Clase Fentos
Familia Lycopodiaceae
Nymphoides peltata
(Nymphoides peltata)
Descrición. Planta acuática, perenne, levemente
pilosa, que ten a peculiaridade de poder enraizar a
profundidades de máis de 1 m. Follas flotantes con
forma circular e bordo enteiro, dispostas sobre longos
pecíolos. Emite estolóns que lle permiten estenderse e
constituír comunidades. As flores (2-5), pentámeras,
insírense nas axilas das follas superiores opostas,
formando fascículos. Presenta pétalos lobulados dun
amarelo intenso. As sementes son planas e están
provistas de pelos marxinais para dispersarse pola
auga.
Demografía. Quedaron poucos efectivos, situándose
unha poboación na conca alta do río Miño e outra na
parte baixa.
Hábitat. Desenvólvese en augas de curso lento e en
áreas de inundación que comunican cos ríos,
prevalecendo en charcas na época de estiaxe. Forma
comunidades que enraízan en profundidade.
Distribución. As poboacións galegas están situadas no
alto e baixo Miño, incluídas na Rede Natura 2000.
Estado de conservación
Teremos que diferenciar entre o alto e baixo Miño. No
alto Miño, durante a época estival, as plantas están
suxeitas a unha forte presión antrópica que prexudica
os individuos destas áreas. No baixo Miño, a
construción de paseos fluviais constitúe unha ameaza,
podendo incluso levar á desaparición da especie no
lugar.
Categoría de conservación. En perigo de extinción.
Nome común Nymphoides peltata Nome científico
Nymphoides peltata Clase Plantas superiores Familia
Menyanthaceae
Omphalodes littoralis subsp.
gallaecica (Omphalodes
littoralis subsp. gallaecica)
Descrición. Planta anual, terófita, glauca. Talos
raramente erectos. Follas espatuladas e algunhas
lanceoladas. Inflorescencia bracteolada e flores con
corola de cor branca, xeralmente con matices azuis. A
dispersión das sementes é zoócora, grazas á súa
capacidade de adhesión ao pelo dos animais.
Demografía. As poboacións desta planta parecen
experimentar importantes oscilacións, polo que poden
multiplicar ou dividir por dez os seus efectivos en anos
consecutivos. Pode ser puntualmente moi abundante
ou salpicar en baixas densidades o territorio.
Hábitat. Vive en dunas semifixas grises e pouco
alteradas (asociada á comunidade xerofítica de
fenoloxía estival Violo hanriquesii-Silenetum littoreae
e á endémica Iberidetum procumbentis). En ocasións
habita zonas expostas, onde o substrato rochoso está
cuberto por unha capa de area.
Distribución. Endemismo coruñés. A súa poboación
distribúese en varios núcleos, área norte de Ferrol,
Costa da Morte e península da Barbanza. Todos eles
situados nalgún destes LIC: Costa Ártabra, Costa da
Morte, Complexo Húmido de Corrubedo.
Estado de conservación. Encontrábase en lugares ata
hai pouco inalterados, pero na actualidade, a causa do
turismo en zonas de praia, comezou unha
deterioración das súas poboacións coa construción de
zonas de recreo, paseos, aparcadoiros, etc. Ademais
disto, as dunas onde medra a especie están sendo
degradadas mediante a extracción de area, pisaduras,
quads e tránsito de maquinaria agrícola, o que está
provocando que as poboacións diminúan.
Categoría de conservación. En perigo de extinción.
Nome común Omphalodes littoralis subsp. gallaecica
Nome científico Omphalodes littoralis subsp.
gallaecica Clase Plantas superiores Familia
Boraginaceae
Paxariños (Linaria
arenaria)
Descrición. Planta anual, de pequeno tamaño,
tan só 15 cm, con talo piloso-glanduloso.
Presenta follas elípticas de bordo enteiro. As
flores encóntranse formando acios con pedicelos
moito máis curtos que as brácteas. Corola de cor
amarelenta, con esporón curto. Sementes de cor
negra.
Demografía. En poboacións de difícil acceso
presenta poboacións numerosas e densas (illa de
Sálvora), pero en zonas turísticas descenden
debido á presión que sobre elas se exerce. Os
seus efectivos oscilan de maneira importante
entre anos consecutivos, o que incrementa a súa
vulnerabilidade.
Hábitat. Habita sobre dunas e areas
relativamente asentadas. Se a presión que se
exerce sobre ela é elevada tende a desaparecer.
Distribución. Na península Ibérica só se atopa en
Galicia, onde vive en tres localidades: na illa de
Arousa, na illa de Ons e na illa de Sálvora. Os LIC
Complexo Ons-O Grove e Complexo Húmido de
Corrubedo inclúen todas as poboacións desta
especie. Ademais, Ons e Sálvora pertencen ao
Parque Nacional das Illas Atlánticas.
Estado de conservación. A pisadura que coincide
coa floración e a artificialización do seu contorno
fai especialmente sensible esta especie.
Categoría de conservación. En perigo de
extinción.
Nome común Paxariños Nome científico Linaria
arenaria Clase Plantas superiores Familia
Scrophulariaceae
Paxariños amarelos
(Linaria polygalifolia
subsp. aguillonensis)
Descrición. Planta perenne, talos de ata 40
cm, ramificados na metade superior. Follas
ovado-elípticas. Inflorescencia en acio de 2-6
flores hermafroditas de color amarela e con
sépalos desiguais. A polinización realízase por
medio de insectos (entomofilia). As sementes
presentan unha á membranosa ancha que
podería indicar un tipo de dispersión polo
vento.
Demografía. Difícil de estimar dada a
complicada accesibilidade aos acantilados.
Hábitat. Vive en acantilados e areais
costeiros.
Distribución. As poboacións distribúense ao
longo da costa da Coruña, desde o cabo Vilán
ata Estaca de Bares, e están incluídas no LIC
Costa Ártabra e no LIC Costa da Morte.
Estado de conservación. Foi afectada polo
vertido de fuel do petroleiro Prestige (no
cabo Vilán). Ademais disto, unha ameaza moi
importante para esta especie é a construción
de paseos e acondicionamento das praias.
Categoría de conservación. En perigo de
extinción.
Nome común Paxariños amarelos Nome
científico Linaria polygalifolia subsp.
aguillonensis Clase Plantas superiores Familia
Scrophulariaceae
Petrocoptis grandiflora
(Petrocoptis grandiflora)
Descrición. Planta herbácea, perenne, de 15-30
cm de altura, con cáudices bastante alongados,
moi ramificados na maioría das plantas e
recubertos de vellos pecíolos. As follas son
opostas, dispóñense sobre o talo (sésiles) ou cun
corto pecíolo. As flores, cun cáliz de cor purpúrea
e unha corola composta por cinco pétalos
enteiros de cor púrpura forte, están dispostas en
cimas dicótomas terminais (dicaseos). O froito é
unha cápsula que ten unha soa cavidade e as
sementes son de cor negra, lisas e brillantes.
Demografía. O tamaño das poboacións é, nalgúns
casos, moi reducido.
Hábitat. Vive ocupando as fendas e fisuras das
paredes rochosas de forte pendente, e non
superan os 800 m de altitude.
Distribución. Endemismo restrinxido ao Bierzo
occidental; en Galicia está presente unicamente
en afloramentos calcarios da provincia de
Ourense (Parque Natural Serra da Enciña da
Lastra).
Estado de conservación. A reducida área
bioxeográfica da especie, así como o pequeno
tamaño dalgunha das súas poboacións, son
variables que ameazan a súa supervivencia. As
explotacións de calcaria tamén supoñen un factor
de ameaza alí onde vive a planta.
Categoría de conservación. En perigo de
extinción.
Nome común Petrocoptis grandiflora Nome
científico Petrocoptis grandiflora Clase Plantas
superiores Familia Caryophyllaceae
Pilularia globulifera
(Pilularia globulifera)
Descrición. Trátase dun pequeno fieito acuático
que desenvolve un cauloide subterráneo ou
rizoma de aspecto filiforme, moi ramificado. Ao
longo dese rizoma xorden, en pequenos grupos,
frondes erectas de ata 15 cm de lonxitude.
Reprodución. Este fieito vive somerxido gran
parte do ano, aproveitando a primavera para
producir as esporas no momento en que secan as
áreas en que habita. Porén, esta planta tamén
pode reproducirse de maneira asexual,
multiplicándose por fragmentación do rizoma.
Esta característica fai que, ás veces, orixine
auténticos tapices ou céspedes sobre os solos en
que vive.
Hábitat. Desenvólvese en zonas con encharcada
temporal, ben sexan brañas, charcas de pouca
profundidade, charcos, marxes de lagoas ou colas
de embalses.
Distribución. Só está presente en áreas ligadas á
Terra Cha.
Estado de conservación. Vese afectada polos
cambios nos usos do solo, pola drenaxe e
explotación de áridos nos seus hábitats
preferentes.
Categoría de conservación. En perigo de
extinción.
Nome común Pilularia globulifera Nome científico
Pilularia globulifera Clase Fentos Familia
Marsileaceae
Rhamnus pumila subsp.
legionensis (Rhamnus
pumila subsp. legionensis)
Descrición. Arbusto anano que vive prostrado
sobre o substrato. As follas teñen forma ovalada
e presentan pelos. Na flor destaca un cáliz de cor
verde-amarelenta, xa que carece de pétalos. Os
seus froitos son consumidos por aves que
participan na súa dispersión (endozoocoria).
Demografía. Fertilidade elevada, polo que
durante a frutificación pode aparecer sobre a
planta unha cantidade elevada de froitos. Os
individuos necesitan chegar a un diámetro de 10
cm para poder xerar flores.
Hábitat. Desenvólvese exclusivamente sobre
paredes calcarias verticais.
Distribución. En Galicia é endémico de Ourense,
encóntrase unicamente no Parque Natural da
Serra da Enciña da Lastra.
Estado de conservación. A destrución do hábitat
é causada en gran medida pola explotación
mineira de calcaria en forma de canteiras, unha
das actividades económicas principais da comarca
de Valdeorras. O parasito Puccinia coronata
podería ter un efecto nocivo para esta especie,
ao parasitar nos seus froitos.
Categoría de conservación. En perigo de
extinción.
Nome común Rhamnus pumila subsp. legionensis
Nome científico Rhamnus pumila subsp.
legionensis Clase Plantas superiores Familia
Rhamnaceae
Rhynchospora modesti-
lucennoi (Rhynchospora
modesti-lucennoi)
Descrición. Planta cun talo horizontal,
subterráneo e ramificado. As follas presentan
espiñas nas marxes. A súa alta capacidade de
demografía vexetativa é grazas a un rizoma
do que xorden novos individuos a partir
dunha planta.
Demografía. Debido fundamentalmente á
rareza do hábitat onde vive, existen poucas
poboacións desta especie e son moi
pequenas.
Hábitat. Vive en solos de turba con alto grao
de humidade.
Distribución. Suroeste da península Ibérica e
noroeste de África. En Galicia crese
actualmente extinta. A última poboación
coñecida, localizada en Pontevedra,
desapareceu debido ao desecamento da
turbeira de Gándaras de Budiño.
Estado de conservación. A maior ameaza
para esta especie é o desecamento do seu
hábitat, natural ou artificialmente. A
competencia con Molinia caerulea tamén
pode ser outra causa da súa desaparición.
Categoría de conservación. En perigo de
extinción.
Nome común Rhynchospora modesti-
lucennoi Nome científico Rhynchospora
modesti-lucennoi Clase Plantas superiores
Familia Cyperaceae
Rumex rupestris (Rumex
rupestris)
Descrición. Planta perenne de ata 80 cm. Presenta un
rizoma a partir do cal a planta danada pode rebrotar. As
follas son dunha cor máis ou menos verdosa. Inflorescencia
con verticilos subcontiguos, só os inferiores presentan
brácteas. Valvas do froito con tubérculos grosos. Os froitos
posúen unha alta flotabilidade e viabilidade tras longos
períodos en auga mariña. Planta polinizada polos insectos
que a visitan (entomofilia).
Demografía. As poboacións desta especie encóntranse
fragmentadas na súa maioría e son de moi pequena
entidade: non superan os 60 individuos (existen varias cun
só individuo).
Hábitat. Vive en hábitats onde exista achega de auga fresca.
Dous son os hábitats onde podemos atopar esta especie: o
máis común son arroios que discorren sobre areas costeiras,
aínda que tamén se pode encontrar en cantís, sobre
paredes, areas ou coios.
Distribución. Localizada en varios puntos de Pontevedra (illa
de Ons, Nigrán) e A Coruña (norte de Ferrol, Costa da
Morte). A maioría destas poboacións inclúense dentro dun
espazo protexido (LIC Costa Ártabra, LIC Costa da Morte, LIC
Complexo Ons-O Grove e Parque Nacional das Illas
Atlánticas).
Estado de conservación. As súas poboacións situábanse en
lugares costeiros ata agora ben conservados, pero a
intensificación turística produciu o desenvolvemento de
infraestruturas (paseos, piscifactorías, facilitación de
acceso...) que xa danaron gravemente certas poboacións
debido á alteración de arroios, deposición artificial de arena
e queima. A marea negra do Prestige tamén afectou
notablemente este taxon.
Categoría de conservación. En perigo de extinción.
Nome común Rumex rupestris Nome científico Rumex
rupestris Clase Plantas superiores Familia Polygonaceae
Santolina melidensis
(Santolina melidensis)
Descrición. Arbusto prostrado de ata 30 cm, con
capítulos de flores amarelas. Talos vexetativos de leve
pilosidade. Follas dimórficas, as adultas lobuladas e as
xuvenís pinnatífidas.
Demografía. Aínda que a taxa de mortalidade é moi
elevada na fase de establecemento das plántulas, a
dinámica natural da poboación indica que unha alta
porcentaxe dos individuos vexetativos se corresponde
con xuvenís, polo que a poboación podería
permanecer estable nos próximos años.
Hábitat. Desenvólvese en solos de escasa fertilidade,
relacionada coa abundancia de magnesio e o elevado
contido en elementos tóxicos. Ademais, tamén
coloniza solos removidos, como noiros de camiños ou
canteiras.
Distribución. Endémica de Galicia. A súa única
poboación coñecida localízase no límite entre as
provincias da Coruña e Lugo (Santiso e Palas de Rei),
dentro do LIC Serra do Careón. Citada en Basadre
(Pontevedra), aínda que non foi localizada en
prospeccións recentes.
Estado de conservación. A principal ameaza é a
transformación do seu hábitat. Estanse transformando
os seus hábitats en eucaliptais e prados. A
transformación en prados é unha actividade moi
agresiva para a especie, xa que incrementa a
profundidade do solo, perdéndose con iso a natureza
esquelética dos solos necesaria para o seu
desenvolvemento.
Categoría de conservación. En perigo de extinción.
Nome común Santolina melidensis Nome científico
Santolina melidensis Clase Plantas superiores Familia
Compositae
Scirpus pungens (Scirpus
pungens)
Descrición. Planta perenne que presenta rizoma.
Os talos solitarios teñen unha lonxitude de ata 1
m, e presenta un limbo foliáceo nas vaíñas
superiores. A inflorescencia é superada por unha
bráctea que parece prolongar o talo, con 2-6
espigas ovoides de glumas de cor parda e
numerosas flores cada unha.
Demografía. Son coñecidas un total de nove
poboacións que conteñen case 2 millóns de
individuos.
Hábitat. Vive semisomerxida temporalmente en
auga salobre no bordo de canais de drenaxe na
cola dos estuarios, en cubetas rodeadas de
canaveiras e xunqueiras anfibias, e incluso en
charcas temporais próximas ao litoral.
Distribución. Presente no Complexo Ons-O
Grove, LIC Baixo Miño, Monte e Lagoa de Louro e
Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo
e Lagoas de Carregal e Vixán (LIC Complexo
Húmido de Corrubedo).
Estado de conservación. Algunhas poboacións
han desaparecido a causa de construcións e
recheos, ou pola invasión doutras especies.
Categoría de conservación. En perigo de
extinción.
Nome común Scirpus pungens Nome científico
Scirpus pungens Clase Plantas superiores Familia
Cyperaceae
Serratula legionensis
(Serratula legionensis)
Descrición. Planta levemente pilosa. Talo
simple de ata 85 cm. Follas basais e
caulinares pinnatisectas de bordo lobado-
sinuado, con tricomas nas nerviacións pero
de aspecto levemente piloso. Inflorescencia
formada por un conxunto de flores simples
que nacen xuntas e apertadas nun
receptáculo común. Capítulos solitarios.
Brácteas involucrais medias e externas
ovadas, glabras ou glabrescentes na súa
superficie, lanixinosas nas marxes, co ápice
tinguido de estrías púrpuras ou castañas.
Espiñas das brácteas involucrais medias finas
e non tan ríxidas e consistentes como as de S.
pinnatifida. Flor de cor púrpura. O froito é un
aquenio.
Hábitat. Especie de ambientes acidófilos, que
se atopa nos bosques alterados de Quercus
pyrenaica, así como nas súas orlas e
matogueiras de substitución.
Distribución. Endemismo ourensán-
sanabrés, que parece alcanzar o sector
orocantábrico. En Galicia está localizada na
serra do Invernadoiro, preto do alto de Touza
(Ourense).
Categoría de conservación. En perigo de
extinción.
Nome común Serratula legionensis Nome
científico Serratula legionensis Clase Plantas
superiores Familia Compositae
Succisa pinnatifida
(Succisa pinnatifida)
Descrición. Planta herbácea, perenne. As follas son de
ovadas a pinnatisectas. As flores hermafroditas
dispóñense en capítulos. A polinización prodúcese
principalmente por abellas e abellóns e parece que a
morfoloxía do froito podería permitir a dispersión
(exozoocoria).
Demografía. Hai uns 100 anos, a especie era
abundante polo menos no extremo SO de Galicia.
Actualmente só se citaron catro poboacións. Parece
que a competencia coas plantas da matogueira en que
vive a acaba desprazando, pero obsérvase que se
rexenera con rapidez tras os incendios ao ser
eliminada a vexetación coa que convive e compite.
Hábitat. Vive nas zonas máis cálidas das uceiras-
toxeiras, a miúdo tamén en ambientes sombríos e
incluso con solos algo hidromorfos.
Distribución. Distribuída polo O e SO de Galicia. Só a
poboación de Budiño se atopa dentro dun espazo
protexido (LIC Gándaras de Budiño).
Estado de conservación. A principal ameaza que
afecta esta planta posiblemente sexa a competencia
coa vexetación con que convive, xa que parece
desprazala con facilidade. Tamén lle afectan factores
como a degradación do seu hábitat por pisadura,
artificialización e creación de novas vías de
comunicación.
Categoría de conservación. En perigo de extinción.
Nome común Succisa pinnatifida Nome científico
Succisa pinnatifida Clase Plantas superiores Familia
Dipsacaceae
FAUNA EN PERIGO DE EXTINCIÓN
EN GALICIA
Abetouro (Botaurus
stellaris)
Descrición. Ave de hábitos crepusculares, de tamaño grande
e aspecto repoludo, con partes superiores acastañadas, moi
apencadas e raiadas de negro ou pardo escuro. As partes
ventrais son máis claras. Ten un píleo negro e unha raia
negra nas meixelas. Patas e bico longos e de cor verde.
A súa conduta ao sentirse asustado é adoptar unha postura
erguida, vertical e estática, co pescozo moi estirado.
Reprodución. Especie polígama. Constrúe o niño nunha
especie de balsa feita con carrizos situados dentro das
masas de auga nas que residen. A femia é a encargada de
incubar de 3 a 6 ovos. A poboación reprodutora de España
está dispersa e fragmentada, con poucas localidades entre
as que Galicia está por confirmar. Esta especie criou na lagoa
de Antela (Ourense) ata principios do século pasado, pero a
caza e a perda de hábitat motivaron a súa extinción. As
ribeiras do Louro (Pontevedra) e as lagoas de Baldaio e
Valdoviño son os lugares onde a cría recente da especie é
posible, en base á presenza de machos cantores, aínda que
non está confirmada.
Alimentación. Come, sobre todo, peixes pequenos, anfibios,
pequenos vertebrados e algúns invertebrados acuáticos.
Hábitat. Lagoas e zonas húmidas con abundantes masas de
carrizos onde se esconde.
Distribución. No país é posible observalo nos meses de
outono e inverno, e moi esporadicamente no verán.
Aparece en zonas húmidas con extensas canaveiras de auga
doce ou salobre.
Estado de conservación. As principais ameazas de
conservación son a destrución e mala xestión do hábitat e
reprodución, a caza incontrolada e a contaminación das
augas.
Categoría de conservación. En perigo de extinción.
Nome común Abetouro Nome científico Botaurus stellaris
Clase Aves Familia Ardeidae
Aguia real (Aquila
chrysaetos)
Descrición. A máis maxestosa das nosas aves de
rapina. Enorme e poderosa, de longas ás, anchas e
rectangulares, con matices claros na súa parte inferior.
En xeral, é de cor parda escura, aínda que a cabeza, o
pescozo e as cobertoras alares presentan plumas
arroibadas.
Reprodución. Fai o seu niño en cavidades e ocos en
paredes verticais a grande altura. En marzo-maio
incuban dous ovos, aínda que o normal é que
sobreviva só un deles.
Menos de 10 parellas reprodutoras en Galicia.
Alimentación. Aliméntase de pequenos mamíferos,
aves e réptiles.
Hábitat. Especie asociada a hábitats rupícolas,
encóntrase en declive en toda a cordilleira Cantábrica.
En Galicia preséntase tan só nas serras sudorientais,
especialmente na provincia de Ourense, onde
selecciona rexións montañosas con paisaxes abertas.
Distribución. No país cría na zona leste da provincia de
Ourense, limítrofe con Castela e León, e tamén no
Parque Natural do Xurés (territorio veciño ao Parque
Nacional da Peneda-Gerês de Portugal).
Estado de conservación. As principais ameazas de
conservación son a persecución directa (disparo,
cebos envelenados, espolio de niños, etc.), as
molestias e a perda de hábitat favorable. Porén, non
se deben esquecer os posibles efectos da mortalidade
en liñas eléctricas e parques eólicos.
Categoría de conservación. En perigo de extinción.
Nome común Aguia real Nome científico Aquila
chrysaetos Clase Aves Familia Accipitridae
Alcaraván (Burhinus
oedicnemus)
Descrición. De tamaño medio, destaca polo seu aspecto
descoidado, con ollos moi grandes e amarelos. Ten o corpo
acastañado claro, con manchas escuras repartidas polo
dorso e as ás. Bico forte, coa base amarela e a punta de cor
negra. A parte ventral é cremosa, con manchas pardas no
peito. Nas ás destaca unha banda branca rodeada de negro
nas cobertoras. Patas longas e amarelas. Gusta de correr
rápido, en movementos fugaces, e logo ficar inmóbil,
mirando fixamente.
Reprodución. O niño é unha depresión no chan entre
pedras. A partir de marzo incuban 2 ovos de cor crema con
pintas acastañadas. Os polos abandonan o niño nada máis
nacer. Unhas 40 parellas reprodutoras en Galicia.
Alimentación. Aliméntase principalmente de escaravellos
(coleópteros) e saltóns (ortópteros).
Hábitat Gústanlle os sistemas dunares, campos ermos,
pasteiros e áreas de cultivo.
Distribución. Especie cunha ampla distribución na península
Ibérica, pero que está practicamente ausente na franxa
húmida do norte. En Galicia distribúese fundamentalmente
na comarca da Limia e en certos areais costeiros
(especialmente no Parque Natural complexo dunar de
Corrubedo e lagoas de Carrexal e Vixán). Ocupa terreos
chans, con pouco ou sen arborado; nas zonas de cultivo
prefire a vexetación natural a estes.
Estado de conservación. A ameaza principal de
conservación é a intensificación agrícola, que prexudica o
hábitat de reprodución da especie. O uso excesivo de
insecticidas tamén supón un factor significativo de ameaza.
Categoría de conservación. En perigo de extinción.
Nome común Alcaraván Nome científico Burhinus
oedicnemus Clase Aves Familia Burhinidae
Ameixa perlífera de río
(Margaritifera
margaritifera)
Descrición. Trátase dun molusco bivalvo doceacuícola
de gran tamaño (ata 15 cm de lonxitude). O seu
mecanismo de reprodución implica unha fase parasita
das branquias de peixes como o salmón ou a troita.
Alimentación. Na súa dieta constan todo tipo de
microorganismos planctónicos de auga doce,
especialmente microalgas. Non son selectivos.
Hábitat. Ríos de augas moi limpas e claras, con
correntes non demasiado fortes. Prefire as augas
pobres en calcio e limos. Entérrase en gravas, area e
rochas. Os exemplares adoitan encontrarse en pozas
naturais da beira dos ríos en que vive.
Distribución. Especie que se distribúe no continente
europeo, presentando as mellores poboacións en
Rusia. Na península Ibérica, Galicia acolle as mellores
poboacións da especie, nos tramos superior e medio
de ríos de augas limpas das provincias de Pontevedra,
A Coruña e Lugo, aínda que chega ata Asturias.
Estado de conservación. Conservar ou mellorar os ríos
onde se localizaron as poboacións de M. margaritifera
e os seus peixes hospedadores. Control da
eutrofización e prohibición da recolección, control do
uso recreativo da auga e xeración de zonas de reserva
integral que manteñan as condicións naturais do seu
hábitat. Podería pensarse a reintrodución das especies
de peixes hospedadores, así como da propia
Margaritifera. Altamente necesario o seguimento das
súas poboacións.
Categoría de conservación. En perigo de extinción.
Nome común Ameixa perlífera de río Nome científico
Margaritifera margaritifera Clase Moluscos Familia
Margaritiferidae
Arao (Poboación
nidificante) (Uria aalge)
Descrición. De tamaño medio, presenta as típicas cores dos
pingüíns. A plumaxe nupcial ten as partes superiores e a
cabeza de cor escura, case negra. Peito e ventre moi
brancos. Prolongación da boca de cor negra. En inverno,
presenta unha raia alar de cor branca, garganta e meixelas
tamén brancas e parte superior da cabeza de cor chocolate.
Reprodución. O niño apenas é un monllo de algas e ramiñas
colocadas ao chou nun resalte do acantilado. O único ovo
ten forma de pera, para que non rode cara ao mar.
Alimentación. A súa dieta está baseada en peixes e
moluscos.
Hábitat. Esencialmente peláxico, só acode á terra para criar.
En inverno recóllese en rías e estuarios máis protexidos, e
incluso en portos.
Distribución. É unha das aves mariñas máis abundantes do
planeta, mais na península Ibérica tan só nidifica en Galicia.
Para iso emprega repisas en cantís rochosos e furnas na
Costa da Morte, aínda que a finais do século pasado tamén
nidificou nas illas Cíes e Ons e en Estaca de Bares.
Fortemente ligada ás augas mariñas, onde pasa gran parte
do tempo descansando e na busca de alimento (peixes
peláxicos). Malia que é frecuente observar araos en augas
galegas durante o inverno, estes proceden
fundamentalmente de colonias de reprodución británicas e
francesas.
Estado de conservación. Na actualidade sobreviven tan só
2-4 parellas reprodutoras, e non máis de 20 individuos
durante a época de reprodución en Galicia, ameazados
fundamentalmente pola mortalidade en artes de pesca e a
contaminación mariña (especialmente os vertidos de
petróleo). A caza abusiva xogou un papel importante no
descenso das súas poboacións a finais do século pasado.
Categoría de conservación. En perigo de extinción.
Nome común Arao (Poboación nidificante) Nome científico
Uria aalge Clase Aves Familia Alcidae
Avefría (Poboación
nidificante) (Vanellus
vanellus)
Descrición. De tamaño semellante ao dunha pomba, destaca por ter
as partes superiores de cor negra, con matices metálicos verdes e
violetas; tamén por ter de cor negra a parte superior da cabeza, o
peito, a garganta, liña ocular e unha banda subterminal na cola.
Presenta, en troques, a punta das ás, o ventre e o sobrecú de cor
branca. Porén, en época nupcial é característica diferencial unha
crista bastante longa no macho e algo máis curta na femia. Cando
voa resaltan moito as ás arredondadas, que baten con bastante
cadencia, con zonas escuras e brancas ben contrastadas.
Reprodución. Constrúe o seu niño en depresións presentes no chan,
sempre en zonas abertas. En febreiro comeza o celo, e en maio xa
están a incubar 4 ovos verde-crema moi apencados. Os polos
abandonan o niño nada máis nacer e xa poden voar ás 5 semanas.
Especie migradora, presenta núcleos principais de reprodución na
zona central da península Ibérica. En Galicia cría principalmente na
comarca da Limia e en certas localidades da Terra Chá, sen que a
poboación nidificante exceda das 30 parellas.
Alimentación. A súa dieta está baseada en insectos, vermes,
moluscos, arañas e plantas.
Hábitat. Prefire zonas chás e abertas, como as pradarías, os
estuarios, as marismas e as brañas e gándaras.
Distribución. As poboacións nidificantes do noso país están
circunscritas a dúas localidades ben separadas entre si (Terra Chá,
en Lugo, e A Limia, en Ourense). En inverno, en épocas de intenso
frío, chegan á nosa terra moitos exemplares en migración.
Estado de conservación. Selecciona prados húmidos, cultivos e
barbeitos, en xeral asociados a zonas inundables, polo que a
destrución de hábitat por desecamento de lagoas supón un factor
moi importante de ameaza. A intensificación agrícola tamén
ameaza os hábitats de nidificación, e a caza durante o período
invernal, a pesar de afectarlles principalmente a exemplares
migradores, ten unhas consecuencias descoñecidas sobre a
poboación sedentaria que sería conveniente analizar.
Categoría de conservación. En perigo de extinción.
Nome común Avefría (Poboación nidificante) Nome científico
Vanellus vanellus Clase Aves Familia Charadriidae
Becacina común
(Poboación nidificante)
(Gallinago gallinago)
Descrición. Presenta cores crípticas, acastañadas ou
arroibadas, moi apencadas e con raias en dourado e negro.
Peito castaño raiado, costas barradas e ventre branco. A
cabeza tamén presenta barras escuras, cunha liña de cor
crema no cocote. Cola curta e bico moi longo.
Reprodución. Fai o niño no chan en pradarías húmidas, ben
escondido entre as herbas altas. En abril-maio a femia
incuba 4 ovos. Os polos abandonan o niño ao pouco de
nacer. Conta só con dúas áreas de cría en España, no sur da
provincia de Ourense e en varios puntos do Sistema Central
(principalmente na provincia de Ávila), compartindo ambos
un máximo de 75 parellas reprodutoras. O desecamento da
lagoa de Antela acabou co núcleo reprodutor da Limia, de
grande importancia para a conservación da especie na
península. Nidifica en zonas húmidas abertas de media ou
alta montaña con vexetación leñosa baixa ou herbácea,
sendo fundamental a presenza de solos con elevada materia
orgánica. Os efectivos invernantes, procedentes do centro
de Europa e Escandinavia, teñen unha fenoloxía pouco
coñecida.
Alimentación. A súa dieta baséase en moitos tipos de
invertebrados e as súas larvas.
Hábitat. Prefire os prados inundados, gándaras, marismas e
brañas.
Distribución. É pouco común no país, algo mas frecuente
durante o inverno. Existe unha mínima poboación residente
nas terras da Limia.
Estado de conservación. A principal ameaza de
conservación é a modificación do hábitat de cría (ben por
drenaxe, ben por forestación, lumes, etc.). O feito de que en
Galicia esta especie sexa de interese cinexético durante o
período invernal é outro factor de ameaza significativo para
a poboación reprodutora.
Categoría de conservación. En perigo de extinción.
Nome común Becacina común (Poboación nidificante) Nome
científico Gallinago gallinago Clase Aves Familia
Scolopacidae
Bolboreta arlequín
(Zerynthia rumina)
Descrición. Esta bolboreta ten ata 50 mm de
envergadura alar. Ten a face das ás de intensas cores
amarela, negra e vermella; o envés das ás é
abrancazado, amarelento e vermello, con numerosas
escamas negras. Todo este colorido advirte os seus
posibles predadores sobre a súa toxicidade, ademais
de darlle o nome de bolboreta arlequín.
Reprodución. A posta realízase normalmente en maio,
os ovos son esféricos e as larvas nacen unha ou dúas
semanas despois, vivindo exclusivamente nas plantas
do xénero Aristolochia, alimentándose delas e
inxerindo as súas toxinas, almacenándoas no seu
corpo sen problemas. Eirugas cilíndricas e grosas de
cor ocre amarelenta ou rosada, eclosiona en abril, e
revoa ata xuño ás horas de maior calor.
Hábitat. Vive en lugares de clima seco, prefire ladeiras
de espazos abertos con vexetación baixa e abundante,
preferentemente onde se desenvolve a planta do
xénero Aristolochia.
Distribución. Distribúese en poboacións pequenas e
illadas (como por exemplo, desde o Parque Nacional
das Illas Atlánticas ata o Parque Natural da Serra da
Enciña da Lastra). Viven en colonias moi localizadas e
illadas entre si.
Estado de conservación. A principal ameaza é a
alteración do seu hábitat. Tamén lle afectan as
repoboacións forestais (que eliminan os espazos
abertos onde se desenvolven as Aristolochias), os
insecticidas e o gando caprino, que ten tendencia ao
consumo da súa planta nutricia.
Categoría de conservación. En perigo de extinción.
Nome común Bolboreta arlequín Nome científico
Zerynthia rumina Clase Artrópodos Familia
Papilionidae
Bolma rugosa (Bolma
rugosa)
Descrición. Gasterópodo mariño de gran tamaño, que
presenta unha cuncha grande e sólida, duns 5 cm de
altura e 6 cm de anchura, dunha cor gris. Nos
individuos novos a cuncha está formada por varias
prolongacións longas e finas que se atenúan e
erosionan a medida que medra o animal. Posúe un
opérculo calcificado, coñecido como "ollo de Santa
Lucía", cuxa forma é máis ou menos elíptica cunhas
bandas en espiral, consecuencia do seu crecemento.
Reprodución. Reprodución sexual. As larvas son
nadadoras.
Alimentación. É unha especie fitófaga que se alimenta
de macroalgas e fitoplancto.
Hábitat. Vive en zonas rochosas do infralitoral, onde
se camuflan moi ben grazas a que se recobre con algas
e outros organismos, como por exemplo hidrozoos.
Distribución. Desde o Cantábrico ao Mediterráneo.
Estado de conservación. Pola dificultade de
prospección dos ecosistemas onde vive, aínda non se
coñece o tamaño das súas poboacións. A súa presenza
detéctase sobre todo pola arribazón ás praias do
opérculo calcario que tapa a boca da cuncha, coñecido
en certas zonas de Galicia como bítere. A través deste
tipo de observación apréciase unha importante
diminución de opérculos nos areais, o que parece
indicar que a especie se encontra en franca regresión.
Categoría de conservación. En perigo de extinción.
Nome común Caranguexo de río Nome científico
Austropotamobius pallipes Clase Artrópodos Familia
Astacidae
Caracol de Quimper (Elona
quimperiana)
Descrición. Caracol terrestre de cuncha aplanada e delgada,
lisa e brillante. A coloración que máis abunda é o marrón
claro. Podemos coñecer o seu crecemento grazas a unhas
franxas máis claras, case brancas, que presenta na súa
cuncha. As cunchas dos exemplares xuvenís teñen "pelos"
curtos caedizos.
Reprodución. Son hermafroditas e ovíparos; adoitan poñer
os ovos en pequenos buratos na terra. Os individuos novos
eclosionan xa formados.
Alimentación. Herbívoro e coprófago. Aliméntase sobre
todo de fungos e cogomelos.
Hábitat. Especie exclusiva de zonas de clima oceánico e
atlántico, que en Europa só se distribúe nas illas británicas e
norte da península Ibérica. Presenta numerosas poboacións
en Galicia, asociadas fundamentalmente a bosques
caducifolios mixtos, con elevada humidade ambiental,
abundancia de follas e brións; entre ortigas e fieitos, zonas
próximas a cursos de auga con abundante vexetación
herbácea. Tamén en covas e as súas entradas. Presente
desde a costa ás serras occidentais, ata 1600 m de altitude.
Distribución. En Europa extinguiuse recentemente no
suroeste de Francia. É unha especie propia do occidente
europeo, costeiro-atlántica, de distribución disxunta. Na
península distribúese polo litoral cantábrico, malia que a súa
presenza é moi localizada.
Estado de conservación. O tamaño poboacional parece
reducido e con tendencia á diminución debido ás
repoboacións forestais. Presumiblemente, o tamaño da súa
poboación sexa pequeno. A súa área de ocupación puido
verse fortemente minguada a causa das repoboacións e os
incendios forestais. A súa conservación pasa pola protección
do seu hábitat, estudos sobre a súa bioloxía e requirimentos
ecolóxicos, estudos demográficos, etc.
Categoría de conservación. En perigo de extinción.
Nome común Caracol de Quimper Nome científico Elona
quimperiana Clase Moluscos Familia Elonidae
Caranguexo de río
(Austropotamobius
pallipes)
Descrición. Trátase do único caranguexo de río autóctono da
península Ibérica. É de cor verdosa ou abrancazada. Ten o corpo
aplanado dorsoventralmente. Pode chegar a medir uns 10 cm de
longo, sen contar as pinzas, que son dous apéndices modificados
presentes na parte anterior do corpo, chamado cefalotórax, onde
aparecen dous sucos ben marcados. Vida completamente acuática.
É unha especie que foxe da luz, omnívora, con marcada predilección
carnívora e detritívora, feito que a fai especialmente importante
como especie limpadora das augas dos nosos ríos.
Reprodución. Presenta un crecemento lento por mudas. Pode
falarse dunha posta de 1 a 19 ovos por femia e ano, que unha vez
fecundados son coidados e osixenados no abdome materno. A
madurez sexual conséguese ao segundo e terceiro ano de idade.
Hábitat. Vive en charcas, regatos de augas frescas (de 10 a 15 graos
centígrados), pouco profundas, de pH lixeiramente alcalino (nunca
pH < 6), e ricas en calcio. Tamén poden adaptarse a augas
estancadas sempre que estas presenten un alto contido en osíxeno.
Distribución. Endemismo do O-SO europeo, cunha distribución en
España ligada a ambientes calcarios, onde selecciona tramos de
escasa corrente e con presenza de refuxios como bloques, noiros
para escavar galerías e vexetación de ribeira. En Galicia aparece
distribuído en pequenas poboacións dispersas nas provincias de
Lugo e Ourense.
Estado de conservación. Os problemas para a súa conservación son
varios: o principal causante do enorme declive das súas poboacións
é o fungo Aphanomices astaci (pode manterse en forma latente
incrementando a súa virulencia), que provoca a afanamicose. As
especies exóticas introducidas, como o cangrexo de río americano
(Procambarus clarkii), máis resistentes fronte a esa doenza, poden
actuar como posibles vectores de dispersión da enfermidade. A
dragaxe dos ríos e regatos, as canalizacións e a construción de
encoros tamén constitúen importantes factores que destrúen o seu
hábitat. Por último, a contaminación con vertidos orgánicos e
deterxentes, así como a pesca furtiva, ameazan enormemente a as
reducidísimas poboacións existentes, que se caracterizan por unha
grave falta de renovación do material xenético.
Categoría de conservación. En perigo de extinción.
Cerceta (Poboación
nidificante) (Anas crecca)
Descrición. Pato de pequeno tamaño, con marcado
dimorfismo sexual. O macho presenta unha cabeza
arroibada con banda ocular verde que se prolonga ata a
noca e ten uns bordos de cor branca ou crema. O peito é
cremoso, con finas manchas. Dorso e costados agrisados,
ventre de cor branca. No costado resalta unha franxa verde
e negra, así como unha mancha amarela na popa. Patas e
bico agrisados. A femia, como todas as pertencentes a esta
familia, presenta crípticas cores pardas.
Reprodución. Crían no chan, entre a densa vexetación,
sempre preto da auga. En abril-maio a femia incuba de 8 a
10 ovos.
Presenta moi poucos lugares de reprodución regular na
península Ibérica, todos eles zonas húmidas con densa
cobertura vexetal. Entre estes lugares encóntranse as
ribeiras do Louro (Pontevedra), onde crían menos de 5
parellas. A especie foi máis frecuente en décadas anteriores,
pero o proceso de colmatación do lago ou achegas de
materiais externos reduciu sensiblemente a superficie
encharcable, prexudicando notablemente esta anátida.
Ocasionalmente, 1-2 parellas reproducíronse noutras zonas
húmidas galegas (lagoas de Cospeito e Louro).
Alimentación. A súa dieta baséase en materia vexetal
palustre e tamén en moluscos, insectos, crustáceos e incluso
anfibios.
Hábitat. Prefire os estuarios, lagoas e encoros de interior. É
frecuente tamén en certas das nosas rías.
Distribución. No país cría só nun lugar da provincia de
Pontevedra, moi acosado pola presión industrial. Nos meses
de outono e inverno chegan bastantes individuos
procedentes de Europa nos seus desprazamentos
migratorios.
Estado de conservación. A principal ameaza de
conservación en Galicia é a degradación do hábitat de cría,
consecuencia da deterioración xeral das zonas húmidas.
Categoría de conservación. En perigo de extinción.
Nome común Cerceta (Poboación nidificante) Nome
científico Anas crecca Clase Aves Familia Anatidae
Eastonia rugosa (Eastonia
rugosa)
Descrición. Bivalvo mariño dun tamaño
máximo de 35 mm, con valvas de cor branca
e forma suboval que presentan estrías
lonxitudinais de crecemento bastante
ostensibles.
Alimentación. Trátase dun molusco filtrador,
polo que se alimenta de microorganismos e
partículas en suspensión, fundamentalmente
fitoplancton.
Hábitat. Principalmente vive en fondos
areosos ou lamacentos a unha profundidade
de 0,5 a 35 m.
Distribución. Ampla presenza en Europa. A
súa distribución e abundancia en Galicia non
son coñecidas con detalle, aínda que parece
unha especie pouco frecuente.
Estado de conservación. Para a súa
conservación cómpre reducir as verteduras
contaminantes no litoral e erradicar as
dragaxes nas áreas onde vive, así como evitar
a construción de infraestruturas que alteren a
dinámica das mareas e, polo tanto,
modifiquen a estrutura do seu hábitat.
Categoría de conservación. En perigo de
extinción.
Nome común Eastonia rugosa Nome
científico Eastonia rugosa Clase Moluscos
Familia Mactridae
Escribenta das canaveiras
(Emberiza schoeniclus
subsp. lusitanica)
Descrición. Ten o tamaño dun pardal. En plumaxe nupcial, o
macho caracterízase por ter a cabeza, a garganta e o papo
de cor negra cun bigote branco que se prolonga polo peito e
o ventre. Partes dorsais e ás de cor parda arroibada, con
raias escuras. Rabadilla agrisada. As partes laterais da cola
son de cor branca. Patas e bico escuros. Femia e inmaturos
semellantes ao macho en inverno, isto é, apardazado na
parte da cabeza.
Reprodución. Aniña en carriceiras, canaveiras ou
espadanais. A finais da primavera incuban 4-5 ovos. Os polos
voan ao cabo de dúas semanas. Poden poñer dúas postas.
Alimentación. A súa dieta baséase en sementes de plantas
acuáticas e gramíneas, insectos e larvas.
Hábitat. Varía as súas preferencias segundo a estación do
ano, pois en verán acode ás áreas húmidas de ríos, lagoas,
estuarios..., mentres que en inverno prefire campos, cultivos
e xunqueiras.
Distribución. Esta subespecie é endémica da península
Ibérica, sen que se coñeza con precisión a súa área de
distribución. Ocupa principalmente zonas húmidas costeiras
con abundantes canaveiras, onde procura os insectos que
compoñen a súa dieta durante a época de reprodución.
Menos dun centenar de parellas reprodutoras en toda a
comunidade, distribuídas polas provincias da Coruña e
Pontevedra.
Estado de conservación. Ameazado principalmente pola
destrución das zonas húmidas e pola intensificación agrícola,
que reduce a dispoñibilidade dos grans dos que esta especie
se alimenta ao longo do inverno.
Categoría de conservación. En perigo de extinción.
Nome común Escribenta das canaveiras Nome científico
Emberiza schoeniclus subsp. lusitanica Clase Aves Familia
Emberizidae
Esgonzo ibérico (Poboacións
insulares e da provincia de A
Coruña) (Chalcides bedriagai)
Descrición. Semellante ao esgonzo común, pero co corpo
máis curto (consegue tamaños de 60 a 89 mm), cilíndrico e
groso. A cabeza é pequena, de forma cónica e un fociño
redondeado. Os orificios auditivos son foxos oblicuos entre
o pescozo e a cabeza. As extremidades, reducidas, teñen
cinco dedos cada unha, máis longas as posteriores que as
anteriores. A cor do dorso é semellante ao bronce, cos
laterais escuros, e o ventre de cor branca. Presenta
pequenas manchas brancas cos bordos negros preto das
patas posteriores.
Reprodución. O período de celo dáse ben entrada a
primavera. É unha especie ovovivípara, é dicir, os ovos
eclosionan dentro do corpo da nai, e os embrións
desenvólvense nos seus ovidutos. Paren entre 2 e 3 crías a
finais do verán.
Alimentación. Captura as súas presas baixo as pedras onde
vive. Come, sobre todo, escaravellos, arañas e larvas de
insectos.
Hábitat. Vive especialmente en zonas de dunas e zonas
areosas do límite interior das praias, onde a vexetación
dominante sexa a matogueira rica en toxos, xestas,
camariñas... Busca acubillo baixo as pedras e vexetación
morta.
Distribución. Especie endémica da península Ibérica, moi
escasa e localizada en Galicia, onde só existen pequenas
poboacións dispersas na costa atlántica e no interior da
provincia de Ourense. Aparece tamén nas illas Cíes e Ons.
Vive principalmente en zonas areosas costeiras, con
vexetación de baixo porte. Descoñécese o tamaño das súas
poboacións, a pesar de que se observou un importante
retroceso nelas.
Estado de conservación. As poboacións residentes nas illas
Cíes e Ons están en perigo de extinción. O resto das
poboacións do noso territorio están catalogadas como
vulnerables.
Categoría de conservación. En perigo de extinción.
Nome común Esgonzo ibérico (Poboacións insulares e da
provincia de A Coruña) Nome científico Chalcides bedriagai
Clase Réptiles Familia Scincidade
Furabuchos balear
(Puffinus mauretanicus)
Descrición. De tamaño medio-grande, caracterízase por ter as
partes dorsais de cor escura pardoagrisada e as partes ventrais máis
claras, de tonalidades ocres. Posúen unha mancha escura no
pescozo. Son escuras tamén as axilas e a zona arredor da cloaca. As
patas sobresaen un pouco por detrás da cola.
A súa conduta en bando é moi significativa, pois sempre hai
individuos que se levantan dun bando para pousar a uns centos de
metros do anterior, e así de maneira sucesiva.
Reprodución. Aniña en tobos e covachas en terreos próximos ao
mar, en illas ou illotes. Non escava buratos nin aproveita os tobos
dos coellos. Forma colonias relativamente pequenas durante o
período de cría, que abarca de marzo ata xuño.
Alimentación. Come, sobre todo, peixes pequenos e refugos
graxentos botados desde barcos.
Hábitat. Esencialmente mariña, só acode á terra nas épocas de cría.
En outono e en inverno vólvese máis costeira e máis gregaria.
Distribución. Especie endémica do arquipélago balear, única
localidade mundial onde se reproduce e que conta cunha
poboación aproximada de 2000 parellas. Durante o verán e o
outono, numerosos exemplares migran fronte ás costas galegas,
ben para permanecer varios meses nelas o ben durante os
desprazamentos a cuarteis estivais no golfo de Biscaia. Permanecen
continuamente no mar, alimentándose fundamentalmente de
pequenos pescados peláxicos ou ben descansando, pero nunca
sobre terra firme. No país é frecuente observala nas súas viaxes
migratorias nos meses de maio-novembro por desprazamentos
posnupciais ou de regreso ás colonias de cría.
Estado de conservación. A ameaza máis forte e directa sobre a
poboación desta especie é a predación que exercen as ratas e gatos
na época de cría. Tamén hai que destacar a presión humana en
forma de turismo ou destrución de hábitats preferentes.
Varios centos de exemplares aproxímanse cada ano ás costas
galegas, onde as principais ameazas de conservación son a
mortalidade accidental en artes de pesca (fundamentalmente
palangres) e a contaminación mariña (en especial, os vertidos de
hidrocarburos).
Categoría de conservación. En perigo de extinción.
Nome común Furabuchos balear Nome científico Puffinus
mauretanicus Clase Aves Familia Procellariidae
Gomphus graslini
(Gomphus graslini)
Descrición. O corpo desta libélula é de tons escuros con
manchas amarelas e ten uns enormes ollos gris-verdosos
bastante separados entre si, de aspecto globoso. Ten o
corpo de cor amarela, cunha serie de liñas negras moi
marcadas no tórax. Abdome negro con faixa dorsal amarela.
As patas son negras con dúas liñas amarelas ata o fémur. É
unha excelente voadora, de actividade diúrna e que caza as
súas presas (outros insectos acuáticos) mentres voa
axudándose das súas patas e da súa prodixiosa vista.
Reprodución. Como todas as libélulas, o seu ritual de
apareamento é moi complexo, pois o macho suxeita a femia
por detrás da cabeza cuns apéndices terminais do seu
abdome, e así voan un tempo ata que o macho se pousa
nunha galla dunha planta calquera. Entón, a femia revírase
ata colocar o seu orificio xenital en contacto co órgano
copulador masculino, realizándose así a fecundación dos
ovos. Esta maneira tan particular de axuntamento recibe o
nome de tándem. As larvas, chamadas ninfas, teñen vida
completamente acuática, e son voraces predadores de
invertebrados acuáticos e incluso de larvas de anfibios e
peixes.
Hábitat. Reside en zonas de ríos e regatos de leitos que non
superen os 4 m de ancho, en treitos de velocidade media
das augas, e sobre todo con fondos terrosos. Vive nas zonas
de solaina e busca acubillo na profunda vexetación de
ribeira.
Distribución. Distribuída tan só no S de Francia e cunhas
poucas poboacións dispersas no O da península Ibérica.
Semella estar asociada a augas máis ben lentas, en leitos con
marxes sombreadas pola vexetación pero co centro soleado.
Unha única poboación en Galicia (na provincia de Ourense),
sen que se coñeza o número de individuos que a compoñen.
Estado de conservación. Os principais factores de ameaza
en Galicia son a contaminación das augas e a variación do
réxime hídrico dos ríos.
Categoría de conservación. En perigo de extinción.
Nome común Gomphus graslini Nome científico Gomphus
graslini Clase Artrópodos Familia Gomphidae
Macromia splendens
(Macromia splendens)
Descrición. O corpo desta libélula é de tons escuros con
manchas amarelas e ten uns enormes ollos verdes. Trátase
dunha das máis grandes de Europa, pois chega a medir uns
70 mm de lonxitude. As súas patas son tamén bastante
longas. É unha excelente voadora, de actividade diúrna e
que caza as súas presas (outros insectos acuáticos) mentres
voa axudándose das súas patas e da súa prodixiosa vista.
Reprodución. Como todas as libélulas, o seu ritual de
apareamento é moi complexo, pois o macho suxeita a femia
por detrás da cabeza cuns apéndices terminais do seu
abdome, e así voan un tempo ata que o macho se pousa
nunha galla dunha planta calquera. Entón, a femia revírase
ata colocar o seu orificio xenital en contacto co órgano
copulador masculino, realizándose así a fecundación dos
ovos. Esta maneira tan particular de axuntamento recibe o
nome de tándem. As larvas, chamadas ninfas, teñen vida
completamente acuática, e son voraces predadores de
invertebrados acuáticos e incluso de larvas de anfibios e
peixes.
Hábitat. Reside en ríos anchos e algo profundos (de entre 5
e 6 m de profundidade), e sobre todo nos treitos lentos
onde se acumulen os sedimentos e creza adecuadamente a
vexetación acuática. Vive nas zonas de solaina cunha
profunda vexetación de ribeira.
Distribución. Distribuída exclusivamente no S de Francia e
na península Ibérica, onde se considera unha especie rara
con poboacións illadas. Coñécense nove poboacións nas
catro provincias galegas, asociadas aos tramos lentos con
vexetación acuática de ríos anchos e relativamente
profundos. Non se cuantificou con exactitude o número de
exemplares que compoñen esas poboacións, debido á
dificultade de detección dos individuos adultos.
Estado de conservación. Os principais factores de ameaza
para a conservación desta especieen Galicia son a
contaminación das augas, a destrución da vexetación de
ribeira e a variación do réxime hídrico dos ríos.
Categoría de conservación. En perigo de extinción.
Nome común Macromia splendens Nome científico
Macromia splendens Clase Artrópodos Familia Corduliidae
Mazarico real (Poboación
nidificante) (Numenius
arquata)
Descrición. Bastante grande, ten as partes superiores
de cor castaña crema, con manchas escuras. O peito e
o pescozo teñen listas; o ventre é de cor branca. O
bico é moi longo e curvo (especialmente na femia).
Patas de cor agrisada. Cando voa destaca o sobrecú de
cor branca, apuntado cara ao dorso.
Reprodución. En maio constrúe o niño no chan, en
pequenas depresións que forra con herbas secas,
entre as matogueiras. Macho e femia incuban 4 ovos.
Os polos, ao nacer, abandonan o niño.
Alimentación. Come moluscos, miñocas e outros tipos
de invertebrados.
Hábitat. Típico de marismas, estuarios e praias.
Distribución. Especie de ampla distribución en Europa,
con poboacións reprodutoras importantes en Rusia,
Escandinavia e illas británicas. En Galicia encóntrase a
única poboación reprodutora actual na península
Ibérica, na marxe da área de distribución da especie.
Menos de cinco parellas ocupan pasteiros de sega e
matogueiras na Terra Chá entre os meses de febreiro
e xullo.
Estado de conservación. A principal ameaza de
conservación é a destrución do hábitat, provocada por
diferentes vías (forestación, intensificación agrícola,
relevo de pasteiros por cultivos de millo...), aínda que
as molestias das parellas reprodutoras durante a sega
dos pasteiros tamén parece constituír unha ameaza
significativa.
Categoría de conservación. En perigo de extinción.
Nome común Mazarico real (Poboación nidificante)
Nome científico Numenius arquata Clase Aves Familia
Scolopacidae
Oso (Ursus arctos)
Descrición. Caracterízase polo seu gran tamaño, cabeza ancha e maciza, na
que destacan unhas orellas pequenas. Posúe unha cola curta, extremidades
tamén curtas e fortes e ombreiros prominentes. Os machos, máis grandes e
pesados que as femias, poden chegar a pesar 250 kg e medir preto de 2 m de
lonxitude. As mans e os pés están provistos de cinco dedos con uñas longas. A
súa maneira de camiñar é idéntica á nosa, é dicir, é un animal plantígrado,
pois apoia toda a planta do pé e das mans cando camiña. A cor do pelo varía
desde o amarelo pálido ata o pardo escuro, contrastando a maioría das veces
as cores de cabeza, pescozo e extremidades. As crías adoitan presentar un
colar claro do que poden quedar sinais nos adultos.
Reprodución. Son polígamos, o que pode orixinar paternidade múltiple
nunha camada. O celo abarca de abril a xullo. A xestación efectiva é de seis a
oito semanas. O parto, dunha a catro crías, ten lugar na oseira, arredor de
xaneiro, onde os osiños pasan os tres ou catro primeiros meses de vida, pois
pesan ao nacer entre 265 e 380 g. As femias en Europa coidan das crías un
ano e medio (o grupo de irmáns pode seguir unido un ano máis); poden parir
cada dous anos e ser sexualmente activas desde os tres anos e medio ata a
fin da súa vida.
Alimentación. Falamos dun animal omnívoro, cuxa dieta está composta
principalmente de vexetais, especialmente landras, castañas, abelás, noces,
bagas, tubérculos... O resto da dieta é complementada con carne en
descomposición de ungulados silvestres (corzos, cervos...), insectos (formigas
e abellas), mel, cogomelos, aves e ovos.
Hábitat. Necesitan grandes extensións de superficie de campeo, que
xeralmente están conformadas por mosaicos de bosque caducifolio (faias,
carballos, abeleiras, bidueiros...), mesturado con pradarías, pasteiros,
matogueiras de breixos, piornos e carrascos. Necesitan tamén zonas onde
abunden os rochedos e os penedos.
Distribución. Mamífero cunha área de distribución en Europa principalmente
no leste do continente, presenta poboacións reducidas e illadas nalgúns
países occidentais (Francia, Italia e España). En Galicia distribúese
exclusivamente nas serras orientais, que parecen recibir ocasionalmente
exemplares do principal núcleo poboacional da cordilleira Cantábrica.
Estado de conservación. As principais ameazas de conservación para a
especie en Galicia son a morte directa (lazos, veleno, furtivismo, etc.) e a
alteración do hábitat (lumes, construción de infraestruturas, etc.). Galicia
conta cun Plan de Recuperación do Oso desde o ano 1992 (Decreto 148/1992,
do 5 de xuño; DOG 114, 16/06/1992) que trata de asegurar avances no
hábitat dispoñible para a especie na nosa comunidade e a supervivencia dos
exemplares que se acheguen a Galicia.
Categoría de conservación. En perigo de extinción.
Nome común Oso Nome científico Ursus arctos Clase Mamíferos Familia
Ursidae
Pita do monte (Tetrao
urogallus subsp.
cantabricus)
Descrición. Bastante grande, sobre todo o macho, que
resalta pola súa plumaxe negra con reflexos verdes e azuis
sobre o seu peito. As ás son acastañadas, cunha mancha
branca moi evidente na zona da base. Cellas vermellas moi
aparentes. A femia presenta cores crípticas, acastañadas ou
arroibadas, moi apencadas.
Reprodución. Os machos, alá por abril, cando comeza a
época de celo, inician unha corte moi complexa e
rechamante. Exhíbense en certas áreas chamadas
cantadeiros, ao tempo que realizan unha serie de voces e
chamadas para atraer as femias. Incuban de 6 a 10 ovos
colocados nun oco do chan ao pé dunha árbore. Os polos
poden camiñar ao pouco de nacer.
Alimentación. Comen, durante a primavera, bagas,
sementes, gromos e pequenos insectos. Durante o inverno,
dependen case exclusivamente das follas e froitos dos
acivros.
Hábitat. Habita fundamentalmente bosques mixtos de
árbores caducifolias con copas abertas, con abundantes
arandos no sotobosque.
Distribución. As poboacións desta subespecie, que sofren
un declive continuado durante as últimas décadas, atópanse
tan só nos ecosistemas forestais montanos da cordilleira
Cantábrica. En Galicia aparecen exclusivamente nos montes
dos Ancares, onde a poboación reprodutora se encontra
practicamente extinguida.
Estado de conservación. As principais ameazas para a
conservación desta especie en Galicia son a fragmentación e
deterioración do hábitat, as molestias humanas nas áreas de
reprodución e descanso e a depredación e competencia con
outras especies silvestres.
Categoría de conservación. En perigo de extinción.
Nome común Pita do monte Nome científico Tetrao
urogallus subsp. cantabricus Clase Aves Familia Tetraonidae
Sapo-concho común (Emys
orbicularis)
Descrición. Trátase dunha tartaruga de auga doce cunha cobertura
algo abombada, de forma oval e cor escura, máis ancha na parte
posterior e sen quilla nos exemplares adultos. A cobertura está
formada por múltiplas placas unidas entre si mediante suturas,
diferenciándose dúas zonas: unha dorsal e outra ventral, chamada
plastrón. A súa lonxitude pode ir desde os 120 aos 250 mm, de cor
negra ou castaña escura, con liñas amarelentas dispostas
radialmente en cada placa. O plastrón é amarelento ou amarelo
alaranxado, con manchas escuras.A pel que recobre a cabeza é lisa,
de cor negra e con pintas amarelas; as patas teñen escamas grandes
e lisas, cos dedos ben diferenciados unidos por membranas
interdixitais e rematados nunhas uñas longas. A cola é bastante
longa. Tamén presentan pintas de cor amarela.
Reprodución. Os apareamentos suceden en primavera. O macho en
celo persegue as femias nadando e somerxéndose tras delas na
auga. Montado sobre ela, somérxea por enteiro e mórdelle na
cabeza mentres bota aire ou auga pola boca, emitindo así uns sons
característicos. Os ovos (entre 3 e 16), brancos e alongados, son
postos no verán nas beiras acuáticas dentro dun burato de 10 cm
escavado pola femia.
Alimentación. Son carnívoros estritos e comen unha ampla
variedade de animais acuáticos, como crustáceos, moluscos,
insectos, larvas de anfibios e peixes.
Hábitat. Ocupan grandes masas de auga doce quieta ou de corrente
lenta (lagoas, encoros, pantanos, ríos lentos), mais sempre con
abundante vexetación nas ribeiras e fondo lamacento. Incluso pode
encontrarse en estuarios e marismas de augas salobres, ou brañas e
pradarías húmidas e empapadas.
Distribución. A distribución desta especie na península Ibérica é
descontinua e moi fragmentada, e é moi rara en Galicia, onde só se
confirmou a existencia dalgunhas pequenas poboacións en lugares
illados do sur de Pontevedra e Ourense. Ocupa masas de auga doce
con pouca ou nula corrente, con abundante vexetación acuática nas
ribeiras. Descoñécese o número total de individuos presentes en
Galicia, aínda que se cre que é moi reducido.
Estado de conservación. As principais ameazas de conservación son
a alteración dos hábitats acuáticos, a captura de exemplares das
poboacións naturais e a depredación e competencia que exercen
dúas especies introducidas en Galicia (o sapoconcho de Florida,
Trachemys scripta elegans, e a perca americana, Micropterus
salmoides).
Categoría de conservación. En perigo de extinción.
Nome común Sapo-concho común Nome científico Emys orbicularis
Clase Réptiles Familia Emydidade
Sisón (Tetrax tetrax)
Descrición. Ave de tamaño mediano, entre 40-45 cm. O
macho, en plumaxe nupcial, mostra un atraente pescozo
negro cun dobre colar branco; a cara e o papo son grises
azulados, o carapucho e dorso ocre vermiculado, o ventre
branco e as ás cunha ancha mancha branca. A femia
presenta dorso, pescozo e parte superior do peito de cor
parda areosa pálida, raiados e barrados de negro; o ventre é
de cor branca sucia e a mancha alar máis pequena que a do
macho.
Reprodución. A principal actividade dos machos durante a
época reprodutora é a exhibición de celo, que consiste en
bater as ás e en dar saltos "tribunas" (puntos concretos do
seu territorio). O niño é una depresión no solo. A posta
prodúcese de abril a xuño, sendo de 3 a 4 ovos de cor parda
olivácea escura. A incubación é realizada exclusivamente
pola femia e dura entre 20 e 22 días.
Alimentación. Aliméntase principalmente de materia
vexetal e de artrópodos, con preferencia polos coleópteros.
Hábitat. Ocupa hábitats agrícolas abertos dominados por
cultivos cerealistas en secano ou pastizais extensivos, que
atopa a comarca da Limia en a Terra Chá.
Distribución. Especie en declive na maior parte da área de
Europa. As principais poboacións reprodutoras encóntranse
na península Ibérica, con máis da metade dos efectivos
mundiais. En Galicia presenta poboacións reprodutoras na
marxe da área de distribución, sen que se supere o medio
centenar de parellas.
Estado de conservación. A intensificación agrícola e o
cambio nos tipos de cultivos son as principais ameazas de
conservación.
Categoría de conservación. En perigo de extinción.
Nome común Sisón Nome científico Tetrax tetrax Clase Aves
Familia Otididae
Día medio 2015
Día medio 2015
Día medio 2015

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

O bosque de ribeira do Río Miño
O bosque de ribeira do Río MiñoO bosque de ribeira do Río Miño
O bosque de ribeira do Río MiñoPilar
 
Pissodes castaneus (información adicional)
Pissodes castaneus (información adicional)Pissodes castaneus (información adicional)
Pissodes castaneus (información adicional)guane13
 
Plantas carnívoras
Plantas carnívorasPlantas carnívoras
Plantas carnívorasMonContos
 
áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1
áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1
áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1PaulaReySilva
 
O carballo, de Juan David Sobrado
O carballo, de Juan David SobradoO carballo, de Juan David Sobrado
O carballo, de Juan David SobradoTino Grandio
 
O carballo, de Lidia Fernández
O carballo, de Lidia FernándezO carballo, de Lidia Fernández
O carballo, de Lidia FernándezTino Grandio
 
O carballo, de José Antonio Valcárcel
O carballo, de José Antonio ValcárcelO carballo, de José Antonio Valcárcel
O carballo, de José Antonio ValcárcelTino Grandio
 
COMUNIDADE DE ÁRBORES DO PATIO DO CEIP XOÁN DE REQUEIXO
COMUNIDADE DE ÁRBORES DO PATIO DO CEIP XOÁN DE REQUEIXOCOMUNIDADE DE ÁRBORES DO PATIO DO CEIP XOÁN DE REQUEIXO
COMUNIDADE DE ÁRBORES DO PATIO DO CEIP XOÁN DE REQUEIXOLela Daviña Gómez
 

La actualidad más candente (12)

O bosque de ribeira do Río Miño
O bosque de ribeira do Río MiñoO bosque de ribeira do Río Miño
O bosque de ribeira do Río Miño
 
Pissodes castaneus (información adicional)
Pissodes castaneus (información adicional)Pissodes castaneus (información adicional)
Pissodes castaneus (información adicional)
 
Plantas carnívoras
Plantas carnívorasPlantas carnívoras
Plantas carnívoras
 
áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1
áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1
áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1
 
O carballo, de Juan David Sobrado
O carballo, de Juan David SobradoO carballo, de Juan David Sobrado
O carballo, de Juan David Sobrado
 
Taxodio
TaxodioTaxodio
Taxodio
 
O carballo, de Lidia Fernández
O carballo, de Lidia FernándezO carballo, de Lidia Fernández
O carballo, de Lidia Fernández
 
O carballo, de José Antonio Valcárcel
O carballo, de José Antonio ValcárcelO carballo, de José Antonio Valcárcel
O carballo, de José Antonio Valcárcel
 
O carballo
O carballoO carballo
O carballo
 
COMUNIDADE DE ÁRBORES DO PATIO DO CEIP XOÁN DE REQUEIXO
COMUNIDADE DE ÁRBORES DO PATIO DO CEIP XOÁN DE REQUEIXOCOMUNIDADE DE ÁRBORES DO PATIO DO CEIP XOÁN DE REQUEIXO
COMUNIDADE DE ÁRBORES DO PATIO DO CEIP XOÁN DE REQUEIXO
 
Setas Tóxicas
Setas TóxicasSetas Tóxicas
Setas Tóxicas
 
Batata
BatataBatata
Batata
 

Destacado

Alfabetos do mundo def
Alfabetos do mundo defAlfabetos do mundo def
Alfabetos do mundo defloli2015
 
Lengua signos def
Lengua signos defLengua signos def
Lengua signos defloli2015
 
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17soigca
 
Día libro obradoiro sagunt
Día libro obradoiro saguntDía libro obradoiro sagunt
Día libro obradoiro saguntloli2015
 
Calendario 2014. Un ano de Película. IES de Melide
Calendario 2014. Un ano de Película. IES de MelideCalendario 2014. Un ano de Película. IES de Melide
Calendario 2014. Un ano de Película. IES de MelideBiblioteca_Melide
 
Bibliotecas en la Segunda República
Bibliotecas en la Segunda RepúblicaBibliotecas en la Segunda República
Bibliotecas en la Segunda Repúblicasoigca
 
Bibliotecas alternativas
Bibliotecas alternativasBibliotecas alternativas
Bibliotecas alternativassoigca
 
MaruJa Mallo
MaruJa MalloMaruJa Mallo
MaruJa Mallosoigca
 
Blog abecedario g. iñiguez 2
Blog abecedario g. iñiguez 2Blog abecedario g. iñiguez 2
Blog abecedario g. iñiguez 2loli2015
 
Día das escritoras
Día das escritorasDía das escritoras
Día das escritorassoigca
 
O meu libro favorito
O meu libro favoritoO meu libro favorito
O meu libro favoritosoigca
 
Poemas día da Paz
Poemas día da PazPoemas día da Paz
Poemas día da Pazsoigca
 
Día libro. Obradoiro.
Día libro. Obradoiro.Día libro. Obradoiro.
Día libro. Obradoiro.loli2015
 
Día libro
Día libroDía libro
Día librololi2015
 
Ok presentación concurso candeloria
Ok presentación concurso candeloriaOk presentación concurso candeloria
Ok presentación concurso candeloriasoigca
 
Presentación día do libro
Presentación día do libroPresentación día do libro
Presentación día do librosoigca
 
Presentacion actividades semana do libro 2017
Presentacion actividades semana do libro 2017Presentacion actividades semana do libro 2017
Presentacion actividades semana do libro 2017soigca
 
Novidades
Novidades Novidades
Novidades soigca
 
O libro que salvaría
O libro que salvaríaO libro que salvaría
O libro que salvaríaloli2015
 
Presentación alfabetos mundo
Presentación alfabetos mundoPresentación alfabetos mundo
Presentación alfabetos mundololi2015
 

Destacado (20)

Alfabetos do mundo def
Alfabetos do mundo defAlfabetos do mundo def
Alfabetos do mundo def
 
Lengua signos def
Lengua signos defLengua signos def
Lengua signos def
 
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17
 
Día libro obradoiro sagunt
Día libro obradoiro saguntDía libro obradoiro sagunt
Día libro obradoiro sagunt
 
Calendario 2014. Un ano de Película. IES de Melide
Calendario 2014. Un ano de Película. IES de MelideCalendario 2014. Un ano de Película. IES de Melide
Calendario 2014. Un ano de Película. IES de Melide
 
Bibliotecas en la Segunda República
Bibliotecas en la Segunda RepúblicaBibliotecas en la Segunda República
Bibliotecas en la Segunda República
 
Bibliotecas alternativas
Bibliotecas alternativasBibliotecas alternativas
Bibliotecas alternativas
 
MaruJa Mallo
MaruJa MalloMaruJa Mallo
MaruJa Mallo
 
Blog abecedario g. iñiguez 2
Blog abecedario g. iñiguez 2Blog abecedario g. iñiguez 2
Blog abecedario g. iñiguez 2
 
Día das escritoras
Día das escritorasDía das escritoras
Día das escritoras
 
O meu libro favorito
O meu libro favoritoO meu libro favorito
O meu libro favorito
 
Poemas día da Paz
Poemas día da PazPoemas día da Paz
Poemas día da Paz
 
Día libro. Obradoiro.
Día libro. Obradoiro.Día libro. Obradoiro.
Día libro. Obradoiro.
 
Día libro
Día libroDía libro
Día libro
 
Ok presentación concurso candeloria
Ok presentación concurso candeloriaOk presentación concurso candeloria
Ok presentación concurso candeloria
 
Presentación día do libro
Presentación día do libroPresentación día do libro
Presentación día do libro
 
Presentacion actividades semana do libro 2017
Presentacion actividades semana do libro 2017Presentacion actividades semana do libro 2017
Presentacion actividades semana do libro 2017
 
Novidades
Novidades Novidades
Novidades
 
O libro que salvaría
O libro que salvaríaO libro que salvaría
O libro que salvaría
 
Presentación alfabetos mundo
Presentación alfabetos mundoPresentación alfabetos mundo
Presentación alfabetos mundo
 

Similar a Día medio 2015

Biodiversidade ría de Arousa
Biodiversidade ría de ArousaBiodiversidade ría de Arousa
Biodiversidade ría de Arousapinksoda
 
Especies protexidas animais
Especies protexidas animaisEspecies protexidas animais
Especies protexidas animaisMonContos
 
Anfibios
AnfibiosAnfibios
Anfibiosxancia1
 
Ecosistemas galegos
Ecosistemas galegosEcosistemas galegos
Ecosistemas galegosmxcamba
 
Biodiversidade (especies protexidas)
Biodiversidade (especies protexidas)Biodiversidade (especies protexidas)
Biodiversidade (especies protexidas)monadela
 
Presentación mustélidos
Presentación mustélidosPresentación mustélidos
Presentación mustélidoscerredo
 
Os mustélidos
Os mustélidosOs mustélidos
Os mustélidosxancia1
 
Diana caruncho flora invasora de galicia
Diana caruncho flora invasora de galiciaDiana caruncho flora invasora de galicia
Diana caruncho flora invasora de galiciasatelite1
 
Ecosistemasgalegos1 130409151835-phpapp02
Ecosistemasgalegos1 130409151835-phpapp02Ecosistemasgalegos1 130409151835-phpapp02
Ecosistemasgalegos1 130409151835-phpapp02LOPEZMOURENZA
 
O outono na beira do Miño
O outono na beira do MiñoO outono na beira do Miño
O outono na beira do Miñocrismunoa
 
Aves sedentarias
Aves sedentariasAves sedentarias
Aves sedentariasMonContos
 
Ecosistemas galegos
Ecosistemas galegosEcosistemas galegos
Ecosistemas galegosmonadela
 
Dominios bioclimáticos
Dominios bioclimáticosDominios bioclimáticos
Dominios bioclimáticosCarlosbabilon
 
A protección da natureza en Galiza (II). As especies
A protección da natureza en Galiza (II). As especiesA protección da natureza en Galiza (II). As especies
A protección da natureza en Galiza (II). As especiesmonadela
 
Animais en perigo de extinción
Animais en perigo de extinciónAnimais en perigo de extinción
Animais en perigo de extinciónmusapias
 
Animais en perigo de extinción
Animais en perigo de extinciónAnimais en perigo de extinción
Animais en perigo de extinciónmusapias
 
LIC Sobreirais do Arnego
LIC Sobreirais do ArnegoLIC Sobreirais do Arnego
LIC Sobreirais do Arnegomonadela
 

Similar a Día medio 2015 (20)

Biodiversidade ría de Arousa
Biodiversidade ría de ArousaBiodiversidade ría de Arousa
Biodiversidade ría de Arousa
 
Especies protexidas animais
Especies protexidas animaisEspecies protexidas animais
Especies protexidas animais
 
Anfibios
AnfibiosAnfibios
Anfibios
 
Bosque mediterráneo
Bosque mediterráneoBosque mediterráneo
Bosque mediterráneo
 
Traballo ecosistema
Traballo ecosistemaTraballo ecosistema
Traballo ecosistema
 
Ecosistemas galegos
Ecosistemas galegosEcosistemas galegos
Ecosistemas galegos
 
Biodiversidade (especies protexidas)
Biodiversidade (especies protexidas)Biodiversidade (especies protexidas)
Biodiversidade (especies protexidas)
 
Presentación mustélidos
Presentación mustélidosPresentación mustélidos
Presentación mustélidos
 
Os mustélidos
Os mustélidosOs mustélidos
Os mustélidos
 
Diana caruncho flora invasora de galicia
Diana caruncho flora invasora de galiciaDiana caruncho flora invasora de galicia
Diana caruncho flora invasora de galicia
 
Ecosistemasgalegos1 130409151835-phpapp02
Ecosistemasgalegos1 130409151835-phpapp02Ecosistemasgalegos1 130409151835-phpapp02
Ecosistemasgalegos1 130409151835-phpapp02
 
O outono na beira do Miño
O outono na beira do MiñoO outono na beira do Miño
O outono na beira do Miño
 
Aves sedentarias
Aves sedentariasAves sedentarias
Aves sedentarias
 
Ecosistemas galegos
Ecosistemas galegosEcosistemas galegos
Ecosistemas galegos
 
Dominios bioclimáticos
Dominios bioclimáticosDominios bioclimáticos
Dominios bioclimáticos
 
A protección da natureza en Galiza (II). As especies
A protección da natureza en Galiza (II). As especiesA protección da natureza en Galiza (II). As especies
A protección da natureza en Galiza (II). As especies
 
Animais en perigo de extinción
Animais en perigo de extinciónAnimais en perigo de extinción
Animais en perigo de extinción
 
Animais en perigo de extinción
Animais en perigo de extinciónAnimais en perigo de extinción
Animais en perigo de extinción
 
LIC Sobreirais do Arnego
LIC Sobreirais do ArnegoLIC Sobreirais do Arnego
LIC Sobreirais do Arnego
 
Aves de Galicia
Aves de GaliciaAves de Galicia
Aves de Galicia
 

Más de loli2015

Presentación alfabetos mundo
Presentación alfabetos mundoPresentación alfabetos mundo
Presentación alfabetos mundololi2015
 
Alfabeto sordos
Alfabeto sordosAlfabeto sordos
Alfabeto sordosloli2015
 
Abecedarios do mundo
Abecedarios do mundoAbecedarios do mundo
Abecedarios do mundololi2015
 
Blog ana soportes escritura 2
Blog ana soportes escritura 2Blog ana soportes escritura 2
Blog ana soportes escritura 2loli2015
 
Dia do libro 2
Dia do libro 2Dia do libro 2
Dia do libro 2loli2015
 
Día libro fotos
Día libro fotosDía libro fotos
Día libro fotosloli2015
 
Día libro
Día libroDía libro
Día librololi2015
 

Más de loli2015 (7)

Presentación alfabetos mundo
Presentación alfabetos mundoPresentación alfabetos mundo
Presentación alfabetos mundo
 
Alfabeto sordos
Alfabeto sordosAlfabeto sordos
Alfabeto sordos
 
Abecedarios do mundo
Abecedarios do mundoAbecedarios do mundo
Abecedarios do mundo
 
Blog ana soportes escritura 2
Blog ana soportes escritura 2Blog ana soportes escritura 2
Blog ana soportes escritura 2
 
Dia do libro 2
Dia do libro 2Dia do libro 2
Dia do libro 2
 
Día libro fotos
Día libro fotosDía libro fotos
Día libro fotos
 
Día libro
Día libroDía libro
Día libro
 

Día medio 2015

  • 1. FLORA E FAUNA EN PERIGO DE EXTINCIÓN EN GALICIA
  • 2. FLORA EN PERIGO DE EXTINCIÓN EN GALICIA
  • 3. Armeria humilis subsp. humilis (Armeria humilis subsp. humilis) Descrición. Planta ramificada que cando é adulta ten aspecto almofadado. Follas lineares, as externas planas, as internas máis estreitas e acanaladas. Presenta brácteas externas máis curtas que as internas. Moitas plantas novas morren a causa da seca; as plantas que chegan a ser adultas poden desenvolver un sistema vigoroso de raíces, no cal a radícula vaise convertendo gradualmente nunha raíz pivotante superior a 15 cm. Demografía. Que esta especie pase de xuvenil a adulta depende en gran medida da competencia, das características climatolóxicas e a profundidade do solo correspondentes ao primeiro ciclo completo da plántula. Hábitat. Fendas de grandes rochedos situados nos cumes e en solos areosos no profundo das inmediacións. Distribución. Endemismo das serras do Xurés- Gerês, na fronteira entre España e Portugal. A poboación desta especie está localizada dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Estado de conservación. A principal ameaza correspóndese coa reintrodución de cabras da subespecie alóctona (Capra hispanica subsp. hispanica) e os incendios forestais. Existen problemas de endogamia. Categoría de conservación. En perigo de extinción. Nome común Armeria humilis subsp. humilis Nome científico Armeria humilis subsp. humilis Clase Plantas superiores Familia Plumbaginaceae
  • 4. Armeria humilis subsp. odorata (Armeria humilis subsp. odorata) Descrición. Caméfito de pequeno tamaño, con escapo moi curto (< 10 cm). Follas en roseta, as externas planas e as que nacen do centro da roseta filiformes. Flores de color malva. Demografía. Non se reproduce ben por sementes. Morren bastantes exemplares antes do primeiro ano de vida a causa da seca estival. Hábitat. Plantas de solos areosos pouco profundos na proximidade de afloramentos granitoides alcalinos e esquistos. Distribución. Na fronteira entre Ourense e norte de Portugal. As poboacións galegas están incluídas dentro do P. Natural Baixa Limia-Serra do Xurés e do LIC Baixa Limia. Estado de conservación. A construción de estradas, polígonos, a plantación de Pinus sylvestris e o abandono das actividades tradicionais supoñen cambios no territorio que diminúen o hábitat óptimo da especie. Categoría de conservación. En perigo de extinción. Nome común Armeria humilis subsp. odorata Nome científico Armeria humilis subsp. odorata Clase Plantas superiores Familia Plumbaginaceae
  • 5. Armeria merinoi (Armeria merinoi) Descrición. Planta de follas basais lineares ou sublineares, planas. Brácteas externas máis longas e ovadas. Corola de cor rosada. Flores hermafroditas, polinizadas por insectos. Demografía. A poboación é pequena, isto é debido a que o seu hábitat é moi específico. En determinadas zonas, as poboacións poderían estar en regresión ao evolucionar o seu hábitat cara a matogueiras ou prados. Hábitat. Vive sobre substrato ultrabásico, xeralmente en solos encharcados temporalmente. Distribución. Endemismo galego. Poboacións localizadas na serra do Careón, ligadas ao afloramento serpentínico, e incluídas no LIC Serra do Careón. Estado de conservación. Dada a súa escasa distribución ecolóxica, son moitos os factores que poden supoñer unha ameaza, como a construción de novas vías de comunicación, pastoreo ou a explotación forestal. Ademais disto, o avance da matogueira tamén supón unha ameaza de tipo biótico pola transformación do hábitat, o que termina desprazando a especie. Categoría de conservación. En perigo de extinción. Nome común Armeria humilis subsp. odorata Nome científico Armeria humilis subsp. odorata Clase Plantas superiores Familia Plumbaginaceae
  • 6. Centaurea borjae (Centaurea borjae) Descrición. Planta perenne de ata 6 cm. Follas basais, as primeiras enteiras ou lobadas, e segundo van crecendo fanse pinnatisectas (con nervadura pinnada e co bordo fendido en divisións longas e estreitas que levan o nervio medio). Os capítulos poden ser desde solitarios ata en grupos de 2 ou 3. Brácteas do involucro pilosas, con espiña apical longa e recurvada. Corolas de cor rosado-púrpura. Aquenio piloso e sen vilano. Presenta flores hermafroditas que son polinizadas por insectos. Demografía. As poboacións son moi escasas (vinte individuos por metro cadrado). Hábitat. Vive na parte superior dos acantilados en ambientes moi venteados e con escasa vexetación, en fendas sobre afloramentos rochosos de carácter ultrabásico. Algúns individuos tamén colonizan pistas ou camiños situados nas proximidades das poboacións naturais. Distribución. Endemismo galego. Localizado no noroeste da provincia da Coruña (A Capelada e cabo Prior). As súas poboacións sitúanse dentro do LIC Costa Ártabra. Estado de conservación. Os principais problemas que producen unha diminución na especie son, por un lado, a súa pobre estratexia reprodutiva e, por outro, a escaseza de solos ultrabásicos no litoral de Galicia. Outro dos inconvenientes é o pastoreo do gando en réxime de semiliberdade, que causa danos á especie pola pisadura e pola inxesta, principalmente dos capítulos. Categoría de conservación. En perigo de extinción. Nome común Centaurea borjae Nome científico Centaurea borjae Clase Plantas superiores Familia Compositae
  • 7. Centaurea ultreiae (Centaurea ultreiae) Descrición. Planta perenne con estolóns subterráneos. Follas enteiras dispostas en roseta. Forman capítulos sésiles no centro da roseta. Brácteas con espiña punzante. Corola amarela ou alaranxada. Aquenios grandes, comprimidos lateralmente con vilano curto e caedizo. As flores son polinizadas por insectos, principalmente por abellóns e abellas. A dispersión dos froitos é principalmente por formigas (mirmerocoria). Demografía. A dinámica poboacional depende basicamente das variacións de cobertura existentes. En solos con escasa vexetación alcánzanse densidades altas, pero ao desenvolverse matogueira o número de abrochos vai diminuíndo ata desaparecer case por completo. Hábitat. Desenvólvese en matogueiras pouco desenvolvidas, de escaso talle ou queimadas periodicamente, e bordos de camiños. Distribución. A única poboación coñecida encóntrase en Monte do Castelo (A Coruña). O seu estado de conservación é bo. Estado de conservación. Especie moi ameazada actualmente pola transformación dos seus hábitats en prados e plantacións de eucaliptos. Categoría de conservación. En perigo de extinción. Nome común Centaurea ultreiae Nome científico Centaurea ultreiae Clase Plantas superiores Familia Compositae
  • 8. Chaetopogon fasciculatus subsp. postratus (Chaetopogon fasciculatus subsp. postratus) Descrición. Herba anual que chega a alcanzar os 15 cm, con talos de prostrados a erecto-patentes. Inflorescencia en panícula estreita de ata 6 cm de lonxitude. Follas con lígula patente. Espigas con pedúnculos curtos e grosos que presentan de 1 a 3 flores. Aresta de tamaño similar á gluma (ata 5 mm). Demografía. Con variacións importantes nos últimos anos. Ao parecer está extinta a poboación de Xuño (Porto do Son, A Coruña) e presenta unha apreciable expansión na enseada de Trece a causa dos incendios forestais. Hábitat. Solos pouco profundos cun nivel de encharcamento variable, que experimentan un importante desecamento durante a época estival. Distribución. Litoral do occidente de Galicia e Portugal. En Galicia está repartida en catro localidades: estuarios do Miño, Umia, Ulla e na enseada de Trece (Camariñas) (integradas nos LIC Costa da Morte, Complexo Ons-O Grove, Complexo Fluvial Ulla-Deza e Baixo Miño). Estado de conservación. Exceptuando a mencionada poboación de Trece, o seu estado de conservación é alarmante. Vese ameazada por fenómenos de competencia natural, nomeadamente pola actividade humana (urbanismo incontrolado, realización de obras de acondicionamento e transformación da actividade agraria). Categoría de conservación. En perigo de extinción. Nome común Chaetopogon fasciculatus subsp. postratus Nome científico Chaetopogon fasciculatus subsp. postratus Clase Plantas superiores Familia Poaceae
  • 9. Christella dentata (Christella dentata) Descrición. Herbácea perenne, con rizoma rastreiro. Frondes de 60 a 115 cm, en multicaule, pilosas. Lámina pinnada, con pinnas de 15 a 25 pares, pinnatífidas, as basais claramente máis curtas que as medias. As pínnulas presentan o ápice truncado, son peludas polo envés e laxamente pilosas pola face. Soros sobre os nervios, orbiculares, equidistantes da marxe e do nervio medio. Indusio reniforme, densamente piloso. Esporas papilosas. Rizomas moi resistentes que rebrotan tras perder as frondes. Non se observaron os gametófitos; todas as frondes son esporóxenas. As esporas dispérsanse pola auga ou polo vento. A maduración das frondes adoita producirse de xuño a marzo. No se observaron individuos xuvenís. O cultivo de esporas foi infrutuoso, por contaminación con fungos. Demografía. Na península é unha especie en franca regresión. Semella que desapareceu a poboación ourensá e corre risco de facelo a gaditana. A superficie de ocupación real é inferior a 5 km2. Detectouse unha diminución demográfica en case todas as poboacións. Hábitat. En Ourense medraba sobre muros de granito (Asplenietea trichomanis) ligados a surxencias de augas termais. En ambos os casos o dominio potencial é de ameneirais. En Cádiz desenvólvese sobre substratos higronitrófilos con vexetación herbácea. Distribución. Na península Ibérica as citas proceden exclusivamente de dúas localidades: Ourense, onde semella que desapareceu, e Cádiz. A especie chega ás illas Canarias. Estado de conservación. A drenaxe do seu hábitat é o principal factor de ameaza. As poboacións peninsulares están en fase de desaparición. Categoría de conservación. En perigo de extinción.
  • 10. Crepis novoana (Crepis novoana) Descrición. Herba de flores liguladas de cor amarela, caracterizada polas súas follas basais elípticas ou oblanceoladas. Flores hermafroditas polinizadas por himenópteros e dípteros fundamentalmente. A dispersión dos froitos é realizada polo vento debido á presenza de vilano. Demografía. Presenta en xeral flutuacións importantes. Produciuse unha redución do número de individuos nos últimos anos debido á destrución do seu hábitat. Hábitat. Vive en acantilados costeiros conformados parcialmente por rochas ultrabásicas. Distribución. Endémica do NE da provincia da Coruña, na ría de Cedeira, con presenza adicional en acantilados próximos. Incluída no LIC Costa Ártabra. Estado de conservación. Están ameazadas por diversas actividades humanas, como urbanización, obras de acondicionamento, etc., que provocan a diminución e fragmentación do seu hábitat. Categoría de conservación. En perigo de extinción. Nome común Crepis novoana Nome científico Crepis novoana Clase Plantas superiores Familia Compositae
  • 11. Cytisus insularis (Cytisus insularis) Descrición. Arbusto con ramas anguladas. Non presenta follas trifolioladas, o que a diferencia doutras especies. Cáliz levemente piloso. Flores hermafroditas polinizadas por insectos. A dispersión realízase por dehiscencia explosiva, moi probablemente favorecida polas formigas (mirmerocoria). O froito é un legume aplanado e viloso. Demografía. A poboación desta especie na illa de Ons parece ser estable, mentres que a poboación da illa Vionta parece estar en regresión. Hábitat. O seu hábitat prioritario son os acantilados costeiros. Outro tipo de hábitat que coloniza son os solos de antigos cultivos abandonados. Distribución. Endemismo da costa atlántica de Galicia (illas de Ons (Pontevedra) e Vionta (A Coruña)). As dúas únicas poboacións que se coñecen están incluídas no LIC Complexo Ons-O Grove e no P. Nacional das Illas Atlánticas. Estado de conservación. As achegas de sales debido a temporais persistentes parece que afectan negativamente ás súas poboacións. A poboación da Illa de Ons, aínda que parece estable, estaba ameazada por procesos de urbanización, mentres que a Illa Vionta está moi deteriorada pola acción dos temporais e a competencia con outras especies. Categoría de conservación. En perigo de extinción. Nome común Cytisus insularis Nome científico Cytisus insularis Clase Plantas superiores Familia Leguminosae
  • 12. Deschampsia setacea (Deschampsia setacea) Descrición. Planta hermafrodita. Follas raramente planas, levemente pilosas. Presenta unha lígula de máis de 3 mm, gluma superior con venas laterais pouco visibles e con aresta de máis de 5 mm, sobresaíndo da espiga, características estas que a diferencian doutras especies próximas. Demografía. As poboacións españolas manteñen un aceptable número de individuos, en función da extensión da súa área de ocupación. A densidade varía en función da dinámica ou perda da área de ocupación potencial da especie. Hábitat. Sempre habita ambientes moi húmidos, sometidos a inundacións periódicas (xunto a charcas e lagoas naturais ou en pasteiros do límite exterior de anegamento de pantanos artificiais). Distribución. As poboacións galegas encóntranse na Coruña e en Lugo. Estado de conservación. Os ritmos estacionais (exceso ou defecto de auga) e o pastoreo son os principais factores de ameaza nas poboacións de encoros, mentres que nas poboacións de charcas e lagos naturais a perda total de auga ou destes ambientes representa a principal ameaza. Categoría de conservación. En perigo de extinción. Nome común Deschampsia setacea Nome científico Deschampsia setacea Clase Plantas superiores Familia Gramineae
  • 13. Eleocharis parvula (Eleocharis parvula) Descrición. Herba que forma un céspede. Brota de talos subterráneos con estolóns e bulbiños ganchudos. Os abrochos aéreos rematan en espigas con 2-7 flores. O aquenio presenta un tubérculo apical. Planta hermafrodita, polinizada polo vento (anemocoria), cuxas sementes e bulbiños se dispersan primordialmente polo fluxo das mareas, aínda que podería dispersarse a novos territorios enganchada ás patas das aves (ornitocoria). Demografía. Contabilizáronse catro poboacións que suman 15.665.857 individuos, os cales ocupan unha superficie de 1,03 hectáreas. Hábitat. Medra no lodo de charcas de auga salobre. Distribución. Poboacións dispersas por todo o litoral europeo. En España localízase en Asturias, Cantabria e Galicia. A poboación galega está presente no LIC Monte e Lagoa de Louro. Estado de conservación. A contaminación das augas (mareas negras), xunto coas obras públicas, supoñen un alto risco para a supervivencia da especie. Categoría de conservación. En perigo de extinción. Nome común Eleocharis parvula Nome científico Eleocharis parvula Clase Plantas superiores Familia Cyperaceae
  • 14. Erodium maritimum (Erodium maritimum) Descrición. Planta anual ou bienal, con talos prostrados e follas lobulado-dentadas. Flores solitarias, raramente en parellas, hermafroditas, de pequeno tamaño e fráxiles. A corola ten pétalos de cor branco-rosada, a miúdo ausentes. Demografía. A poboación sufriu unha importante regresión e presenta unha substancial variación anual no número de individuos por poboación. Hábitat. En Galicia habita solos sen vexetación próximos ao mar, localizándose ademais en fendas de camiños empedrados e muros. Distribución. Distribúese por toda a zona costeira occidental europea ata o mediterráneo central. En Galicia, as poboacións desta especie aparecen nas provincias da Coruña e Pontevedra. Están incluídas dentro do LIC Costa Ártabra. Estado de conservación. Dependendo da súa situación estarán en maior ou menor medida ameazadas. Desta maneira, as poboacións situadas na isla Dragonera (Baleares) non están expostas ao estado de conservación, mentres que noutras localidades como Santo André de Teixido (A Coruña) poden estar afectadas pola elevada afluencia de visitantes, labores de sega e aclareo e labores de acondicionamento de camiños e muros (rozas e aplicación de herbicidas). De feito, a pequena poboación das illas Cíes desapareceu a consecuencia dunhas obras de acondicionamento de camiños realizadas na zona do faro. Categoría de conservación. En perigo de extinción. Nome común Erodium maritimum Nome científico Erodium maritimum Clase Plantas superiores Familia Geraniaceae
  • 15. Eryngium duriaei subsp. juresianum (Eryngium duriaei subsp. juresianum) Descrición. Planta de máis de 1,5 m de altura. Da roseta basal sae un ou varios talos terminados en inflorescencia cilíndrica. Presenta follas coriáceas, de bordo recortado, as da roseta basal case planas e de bordo pouco recortado. Demografía. Existen algunhas poboacións, que presentan unha flutuación grande no número de individuos entre anos consecutivos. Hábitat. Aínda que pode penetrar no sotobosque de carballeiras, prefire solos despexados, sendo especie pioneira na colonización de áreas acabadas de queimar. Distribución. Localizouse na serra do Xurés e de Santa Eufemia e nos montes do Invernadoiro (Ourense), na serra do Candán (Pontevedra) e nos montes do Pindo (A Coruña). Están incluídas nos parques naturais de Baixa Limia-Serra do Xurés e Serra do Invernadoiro e nos LIC Serra do Candán e Carnota-Monte Pindo. Estado de conservación. Unha poboación ameazada é a da serra do Candán debido ao seu baixo número de individuos. A poboación do Invernadoiro parece ter problemas de hibridación con E. duriaei subsp. duriaei. As poboacións poden verse desprazadas co aumento de vexetación de maior porte. Categoría de conservación. En perigo de extinción. Nome común Eryngium duriaei subsp. juresianum Nome científico Eryngium duriaei subsp. juresianum Clase Plantas superiores Familia Umbelliferae
  • 16. Eryngium viviparum (Eryngium viviparum) Descrición. Planta acuática bienal de pequeno tamaño que vive somerxida ata 9 meses ao ano. Presenta roseta basal de follas linear-lanceoladas e de bordo denticulado. Talos con ramificación dicotómica. Inflorescencias con 6-9 flores. Estames amarelos que sobresaen da corola. Froitos globosos. Demografía. Habita lugares moi específicos. Prodúcese perda de localidades, polo que hai grandes descontinuidades na súa distribución; isto parece estar relacionado cunha progresiva redución dos seus efectivos poboacionais. Hábitat. Vive en planicies e depresións de substrato arxiloso sometidas a encharcamento temporal (clima atlántico). Distribución. Endemismo atlántico presente no NO ibérico. As poboacións galegas localízanse principalmente no interior da provincia de Lugo (Terra Chá) e Ourense, das cales só cinco se atopan baixo algunha figura de protección. Estado de conservación. A maior ameaza é por perda de hábitat, aínda que o taxon tamén está ameazado pola presión humana e gandeira. Categoría de conservación. En perigo de extinción. Nome común Eryngium viviparum Nome científico Eryngium viviparum Clase Plantas superiores Familia Umbelliferae
  • 17. Euphorbia uliginosa (Euphorbia uliginosa) Descrición. Planta erguida. Follas de bordo serrado que nunca se dispoñen formando rosetas, carácter que as diferencia doutras especies similares. As flores son hermafroditas con polinización por medio de insectos (entomofilia). A dispersión dos froitos realízase por autocoria explosiva ao abrirse bruscamente as cápsulas. Demografía. Moitas delas encóntranse nunha enorme regresión e algunhas, como a de Lamas (A Coruña), están drasticamente reducidas. Hábitat. Vive fundamentalmente en matogueiras hidrófilas da Genisto berbereideae-Ericetum tetracilis (uceiras húmidas atlánticas de zonas temperadas de Erica ciliaris e Erica tetralix, segundo a Directiva 92/43/CEE). Distribución. Localizada nunha pequena área do NO galego. Estado de conservación. A transformación das matogueiras encharcadas en cultivos de especies forestais de crecemento rápido e pradarías para o gando, así como a urbanización dos seus hábitats constitúen unha forte ameaza para esta especie. Categoría de conservación. En perigo de extinción. Nome común Euphorbia uliginosa Nome científico Euphorbia uliginosa Clase Plantas superiores Familia Euphorbiaceae
  • 18. Fento de cabelinho (Culcita macrocarpa) Descrición. Trátase dun fieito supervivente da era Terciaria, dos tempos en que a Terra estaba dominada polos grandes dinosauros. Caracterízase por ter un cauloide subterráneo, chamado rizoma, moi longo e engrosado, estendido polo chan e que emite grumos erectos que se recobren por follas, chamadas frondes, de ata 3,5 m de lonxitude, persistentes durante todo o ano. Estas frondes encóntranse divididas moitas veces, teñen unha forma triangular e son moi brillantes pola face. Reprodución. Cando se van reproducir, estes fieitos producen unas estruturas no envés das follas en forma de ril, chamadas soros, que son uns receptáculos onde se xeran e almacenan as esporas. Cando estas maduran, os soros abren e as esporas son transportadas polo vento. Hábitat. Require zonas de sombra, temperaturas suaves durante todo o ano e unha elevada humidade na atmosfera e no solo, factores que case sempre ocorren xuntos en vales encaixados de forte pendente e próximos á costa. É habitual encontralos ao cabo de cascadas, que subministran humidade á maneira de salseiros, ou ben en bosques de ribeira maduros (ricos en ameneiros, freixos, abeleiras...). Distribución. Está presente en zonas moi localizadas do N e NO do noso territorio, case sempre relegadas a bosques de ribeira ben desenvolvidos e conservados. Estado de conservación. A principal ameaza reside na destrución do bosque para cultivos forestais de especies de crecemento rápido, na construción de minicentrais que alteran e destrúen os seus hábitats preferentes e os efectos derivados da presión humana (canalizacións, excursionismo...). Categoría de conservación. En perigo de extinción.
  • 19. Genista ancistrocarpa (Genista ancistrocarpa) Descrición. Arbusto espiñoso. As follas poden ser trifolioladas ou unifolioladas. O cáliz é lixeiramente piloso. Presenta flores hermafroditas con polinización entomófila realizada por diversos tipos de insectos. Froito con 10-30 sementes; a dispersión das sementes é por autocoria explosiva ao abrirse de forma brusca os legumes, como na maioría das leguminosas. Demografía. Planta que se encontra en regresión debido á transformación das zonas húmidas en que vive, ademais da escasa fertilidade da especie (polo menos a poboación galega). Tamén é importante o ataque de patóxenos, que lle confire un aspecto moi enfermo. Está en grave perigo de extinción. Hábitat. Vive en matogueiras encharcadas. Distribución. En Galicia atópase exclusivamente en Pontevedra, concretamente no LIC Gándaras de Budiño. Estado de conservación. A principal ameaza parece ser a súa baixa fertilidade e o parasitismo por fungos, ademais da contaminación de fábricas próximas e desmontes. Categoría de conservación. En perigo de extinción. Nome común Genista ancistrocarpa Nome científico Genista ancistrocarpa Clase Plantas superiores Familia Leguminosae
  • 20. Herba becerra (Antirrhinum majus subsp. linkianum) Descrición. Planta monoica, herbácea, perenne, de talo erguido de ata 80 cm. Follas ovado-lanceoladas. Inflorescencia glandular e pilosa. Corola con pétalos soldados, sen esporón, de cor púrpura rosada, con mancha amarela. Os principais polinizadores son himenópteros e lepidópteros. Demografía. Nesta especie, os individuos aparecen en pequenos grupos dispersos ao longo das praias, polo que a área de ocupación real é difícil de calcular. As principais poboacións da especie localízanse en Ferrol e Valdoviño. Nos últimos anos produciuse unha diminución do número de exemplares debido á construción de pistas. Hábitat. Crece principalmente en sistemas dunares, aínda que secundariamente tamén se encontra en acantilados. Distribución. Endemismo occidental ibérico. As poboacións galegas localízanse no norte da provincia da Coruña, desde Ferrol ata Cedeira, e están incluídas no LIC Costa Ártabra. Estado de conservación. A principal ameaza é a perda de calidade do hábitat. O acondicionamento que se está levando a cabo en moitas zonas de praia, mediante a construción de paseos, aparcadoiros, zonas de recreo, etc., representan unha ameaza potencial para esta especie. Un exemplo disto é o acontecido nas poboacións de Ferrol. Outros factores importantes son as motos tipo quad. Categoría de conservación. En perigo de extinción. Nome común Herba becerra Nome científico Antirrhinum majus subsp. linkianum Clase Plantas superiores Familia Scrophulariaceae
  • 21. Herba de llamuerga (Rhynchospora fusca) Descrición. É unha planta de aspecto xunciforme, con talo erecto (10-30 cm). Presenta un rizoma rastreiro e follas de forma filiformes e cor agrisada. Desenvolve unha espiga xeralmente de dúas flores nun acio ovoide terminal denso, de cor parda. A bráctea exterior é moito máis longa que o acio, e supéraa. A polinización é anemófila, pero sábese pouco sobre o seu mecanismo de dispersión, aínda que o máis probable é que sexa por hidrocoria grazas ás flutuacións do nivel de encharcamento que poden ocorrer nas turbeiras onde vive a planta. Demografía. Este taxon atópase nunha importante regresión. Hábitat. Vive xunto a canles de drenaxe, en zonas turbosas máis ou menos chás e constantemente encharcadas. Distribución. Situado ao longo da vertente cantábrica da península Ibérica, onde se encontra en regresión. En Galicia crese extinta, aínda que figura no Catálogo galego de especies protexidas. Estado de conservación. Os seus hábitats son moi vulnerables á drenaxe, á excesiva achega de nutrientes e á pisadura e bebedura do gando. Esta especie ten unha escasa plasticidade ecolóxica, xa que crece en biótopos moi específicos, esixindo zonas especialmente encharcadas dentro da turbeira. Categoría de conservación. En perigo de extinción. Nome común Herba de llamuerga Nome científico Rhynchospora fusca Clase Plantas superiores Familia Cyperaceae
  • 22. Hydrocharis morsus-ranae (Hydrocharis morsus- ranae) Descrición. Planta herbácea acuática, con talos rastreiros, longos e delgados (estoloníferos), non enraizados que flotan preto da superficie. Follas flotantes ou ocasionalmente emerxentes, de forma orbicular con bordo enteiro e cordadas na base. As flores femininas solitarias son olorosas, con nectarios que atraen os insectos; as masculinas aparecen en grupos de 2-3, con pedicelo alongado. Pétalos brancos coa base amarela. O froito é unha baga. Demografía. En función dos cálculos realizados, a especie presentaría unha densidade de 40 individuos/40 m2. Hábitat. Vive en lagoas permanentes, con baixa mineralización e con fondos ricos en materia orgánica. As formacións flotantes fórmanse nas zonas de augas remansadas. Distribución. A poboación da Terra Chá (Lugo) é unha das poucas existentes na península Ibérica. Está situada dentro dun territorio protexido: o LIC Ladra- Parga-Támoga. Estado de conservación. En Galicia, nos últimos anos, encontrouse unha nova localidade. Observouse que se reduciron notablemente as poboacións da península Ibérica. A aparición de especies invasoras como o cangrexo vermello americano e o fieito (Azolla filiculoides), xunto con outros, son os principais factores que inflúen na supervivencia desta especie. Categoría de conservación. En perigo de extinción. Nome común Hydrocharis morsus-ranae Nome científico Hydrocharis morsus-ranae Clase Plantas superiores Familia Hydrocharitaceae
  • 23. Hymenophyllum wilsonii (Hymenophyllum wilsonii) Descrición. É un fieito moi pequeno, con aspecto xeral de brión, que presenta un cauloide moi fino, liso, de mínima lonxitude. As súas follas ou frondes medran estendidas sobre o substrato, conformando un denso tapiz. Estas frondes son translúcidas, de cor verde oliva, e están profusamente divididas. Poden durar varios anos e crecer de forma indefinida. Reprodución. Como en todos os fieitos, a reprodución realízase por medio de esporas, que son esparexidas polo vento cando maduran. Porén, esta especie tamén presenta reprodución asexual por ramificación e multiplicación do seu cauloide ou rizoma. Hábitat. Alí onde reside tapiza grandes rochas básicas de orixe metamórfica e ecloxitas no fondo de vales fluviais con bosques de ribeira ben conservados de marcado clima oceánico. Distribución. A nosa única poboación localízase no N da provincia da Coruña, na serra da Capelada. Estado de conservación. As ameazas están na destrución do bosque de ribeira, no posible desvío do caudal do río para unha minicentral hidroeléctrica e no seu illamento xenético respecto doutras poboacións. Categoría de conservación. En perigo de extinción. Nome común Hymenophyllum wilsonii Nome científico Hymenophyllum wilsonii Clase Fentos Familia Hymenophyllaceae Descrición
  • 24. Iris boissieri (Iris boissieri) Descrición. Planta que sobrevive ás épocas desfavorables en forma de bulbo subterráneo (xeófito). Presenta as follas inferiores longas e as distais máis curtas e co limbo máis ancho. Talo terminado nunha soa flor, excepcionalmente dúas, de cor violácea. Demografía. As poboacións desta especie encóntranse actualmente en regresión, especialmente as situadas a baixa altitude. Hábitat. Vive en solos pouco profundos en comunidades de uceira, aínda que tamén pode habitar en fendas de grandes rochas graníticas. Distribución. Localizada principalmente dentro do P. Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, os LIC Ancares-Courel e Carnota- Monte Pindo, e en Baltar (Ourense). Estado de conservación. Os cambios no uso do solo e o coleccionismo constitúen as principais ameazas para esta especie. Categoría de conservación. En perigo de extinción. Nome común Iris boissieri Nome científico Iris boissieri Clase Plantas superiores Familia Iridaceae
  • 25. Isoetes fluitans (Isoetes fluitans) Descrición. Planta acuática, con talo moi curto do que xorden as frondes. Estas portan na súa parte basal os esporanxios. É un fieito heterospóreo, con macrosporas esféricas e verrugosas (484,6-730,74 mm) ou microsporas espinulosas con forma de media lúa (27,5-42,5 x 15-25 mm). As súas esporas desenvólvense entre xullo e setembro. É unha planta hidrófila. Hábitat. Crece nalgúns leitos fluviais sobre substratos silíceos e areosos de augas oligótrofas e ben osixenadas (Romero & Onandia, 1995). Distribución. Un fieito endémico con só dous núcleos poboacionais: en ribeiras dos ríos da Costa da Morte e en Lugo (na conca alta do Miño). Entre ambos os núcleos coñécense algunhas pequenas e illadas poboacións. Soamente o núcleo poboacional da conca alta do Miño se encontra nunha área LIC (Ladra-Parga- Támoga). Estado de conservación. A poboación encóntrase moi fragmentada e ameazada. Os vertidos incontrolados aos ríos e outros factores como o desenvolvemento de infraestruturas de recreo (praias e paseos fluviais, etc.), a presión antrópica e a limpeza de leitos son as principais afeccións a que se ve sometida. Categoría de conservación. En perigo de extinción. Nome común Isoetes fluitans Nome científico Isoetes fluitans Clase Fentos Familia Isoetaceae
  • 26. Leucanthemum gallaecicum (Leucanthemum gallaecicum) Descrición. Planta perenne, con talos de ata 40 cm pouco ramificados e as follas máis ou menos dentadas. Conxunto de brácteas pequenas situado na base dunha inflorescencia, lixeiramente pilosas. As flores son liguladas e de cor branca. O froito é un aquenio pequeno, obovoide, que se pode dispersar por vento e chuvia ou por formigas. Demografía. Os incendios alteran de forma imprevisible a dinámica poboacional da especie, chegando incluso a facela desaparecer por completo. En condicións naturais hai un equilibrio entre as plantas adultas que morren e as novas que nacen. Hábitat. Habita en pasteiros, matogueira aberta e ocasionalmente bordos de camiños, habitualmente sobre solos de escaso espesor. Atópase sobre rochas ultrabásicas (serpentinitas e peridotitos). Distribución. Especie endémica de Galicia. Encóntrase en afloramentos puntuais de rochas ultrabásicas do terzo meridional de Melide. A maioría das poboacións desta especie atópanse protexidas pola Directiva Hábitat (Dir. 92/43/CEE) e encóntranse dentro do LIC Serra do Careón. Estado de conservación. Especie ameazada pola crecente destrución dos seus hábitats como consecuencia da transformación do seu medio en cultivos. Categoría de conservación. En perigo de extinción. Nome común Leucanthemum gallaecicum Nome científico Leucanthemum gallaecicum Clase Plantas superiores Familia Compositae
  • 27. Limonium dodartii (Limonium dodartii) Descrición. Planta leñosa de talo ramificado de 10-30 cm. Follas en forma de roseta, con nerviación paralela. Espigas formadas por espiguiñas densas con dúas ou tres flores e unha bráctea externa. As flores son de cor azul-violácea, polinizadas por distintos insectos. Demografía. Citouse un total de 16 poboacións. Hábitat. Planta que vive en solos areosos. Distribución. Endemismo da costa atlántica de Francia, España e Portugal. En España localízase no noroeste costeiro (occidente de Asturias, Lugo, A Coruña e Pontevedra). As poboacións da costa atlántica coruñesa e da Lanzada están incluídas en diferentes LIC. Estado de conservación. A hibridación con Limonium binervosum e Limonium vulgare, a degradación do hábitat e a contaminación marítima (vertidos) son os principais factores que ameazan esta especie. Categoría de conservación. En perigo de extinción. Nome común Limonium dodartii Nome científico Limonium dodartii Clase Plantas superiores Familia Plumbaginaceae
  • 28. Luronium natans (Luronium natans) Descrición. Pequena planta acuática. Pódense diferenciar dous tipos de follas: as follas somerxidas, que son lineares, e as flotantes ou aéreas, que son elípticas. As flores teñen unha corola composta por pétalos brancos coa base amarela. Os poucos froitos que se forman están dispostos á mesma altura. Demografía. Se carece de competencia pode formar comunidades moi densas. A miúdo, as poboacións son moi flutuantes. Hábitat. Planta que vive en ambientes húmidos; medra en bordos de charcas, lagoas, remansos de ríos e leitos superficiais. Distribución. Forma varios núcleos poboacionais na Terra Chá (Lugo), a maior parte dos cales se encontran integrados na Rede Natura 2000. Estado de conservación. Está fortemente fragmentada, presentando poboacións illadas sen posibilidade de intercambio xenético entre elas. Categoría de conservación. En perigo de extinción. Nome común Luronium natans Nome científico Luronium natans Clase Plantas superiores Familia Alismataceae
  • 29. Lycopodiella inundata (Lycopodiella inundata) Descrición. Fieito caracterizado por presentar cauloides rastreiros ou rizomas profusamente revestidos de pequenas follas duns 5 mm de lonxitude, non divididas e de cor verde amarela, dispostas en espiral. A súa morfoloxía fai que sexan confundidos, as máis das veces, con brións. Os cauloides poden estenderse polo chan e conseguir os 20 cm de lonxitude. Deles emerxen xemas erectas. Reprodución. Na parte apical dos gromos aparecen os soros, receptáculos onde se producen e gardan as esporas, células xerminativas características dos fieitos. Maduran entre os meses de xullo e setembro. Hábitat. Reside en zonas de turbeira, pantanos, lugares encharcados, sempre en solos ácidos en ambiente con breixos e carqueixa. Distribución. Encóntrase moi localizado en certos puntos das provincias de Lugo e Ourense caracterizados polo seu asolagamento temporal. Estado de conservación. Moi sensible aos efectos producidos polo gando en réxime de semiliberdade e polas infraestruturas derivadas da posta en funcionamento de parques eólicos (camiños, estradas, áreas erosivas...). Categoría de conservación. En perigo de extinción. Nome común Lycopodiella inundata Nome científico Lycopodiella inundata Clase Fentos Familia Lycopodiaceae
  • 30. Nymphoides peltata (Nymphoides peltata) Descrición. Planta acuática, perenne, levemente pilosa, que ten a peculiaridade de poder enraizar a profundidades de máis de 1 m. Follas flotantes con forma circular e bordo enteiro, dispostas sobre longos pecíolos. Emite estolóns que lle permiten estenderse e constituír comunidades. As flores (2-5), pentámeras, insírense nas axilas das follas superiores opostas, formando fascículos. Presenta pétalos lobulados dun amarelo intenso. As sementes son planas e están provistas de pelos marxinais para dispersarse pola auga. Demografía. Quedaron poucos efectivos, situándose unha poboación na conca alta do río Miño e outra na parte baixa. Hábitat. Desenvólvese en augas de curso lento e en áreas de inundación que comunican cos ríos, prevalecendo en charcas na época de estiaxe. Forma comunidades que enraízan en profundidade. Distribución. As poboacións galegas están situadas no alto e baixo Miño, incluídas na Rede Natura 2000. Estado de conservación Teremos que diferenciar entre o alto e baixo Miño. No alto Miño, durante a época estival, as plantas están suxeitas a unha forte presión antrópica que prexudica os individuos destas áreas. No baixo Miño, a construción de paseos fluviais constitúe unha ameaza, podendo incluso levar á desaparición da especie no lugar. Categoría de conservación. En perigo de extinción. Nome común Nymphoides peltata Nome científico Nymphoides peltata Clase Plantas superiores Familia Menyanthaceae
  • 31. Omphalodes littoralis subsp. gallaecica (Omphalodes littoralis subsp. gallaecica) Descrición. Planta anual, terófita, glauca. Talos raramente erectos. Follas espatuladas e algunhas lanceoladas. Inflorescencia bracteolada e flores con corola de cor branca, xeralmente con matices azuis. A dispersión das sementes é zoócora, grazas á súa capacidade de adhesión ao pelo dos animais. Demografía. As poboacións desta planta parecen experimentar importantes oscilacións, polo que poden multiplicar ou dividir por dez os seus efectivos en anos consecutivos. Pode ser puntualmente moi abundante ou salpicar en baixas densidades o territorio. Hábitat. Vive en dunas semifixas grises e pouco alteradas (asociada á comunidade xerofítica de fenoloxía estival Violo hanriquesii-Silenetum littoreae e á endémica Iberidetum procumbentis). En ocasións habita zonas expostas, onde o substrato rochoso está cuberto por unha capa de area. Distribución. Endemismo coruñés. A súa poboación distribúese en varios núcleos, área norte de Ferrol, Costa da Morte e península da Barbanza. Todos eles situados nalgún destes LIC: Costa Ártabra, Costa da Morte, Complexo Húmido de Corrubedo. Estado de conservación. Encontrábase en lugares ata hai pouco inalterados, pero na actualidade, a causa do turismo en zonas de praia, comezou unha deterioración das súas poboacións coa construción de zonas de recreo, paseos, aparcadoiros, etc. Ademais disto, as dunas onde medra a especie están sendo degradadas mediante a extracción de area, pisaduras, quads e tránsito de maquinaria agrícola, o que está provocando que as poboacións diminúan. Categoría de conservación. En perigo de extinción. Nome común Omphalodes littoralis subsp. gallaecica Nome científico Omphalodes littoralis subsp. gallaecica Clase Plantas superiores Familia Boraginaceae
  • 32. Paxariños (Linaria arenaria) Descrición. Planta anual, de pequeno tamaño, tan só 15 cm, con talo piloso-glanduloso. Presenta follas elípticas de bordo enteiro. As flores encóntranse formando acios con pedicelos moito máis curtos que as brácteas. Corola de cor amarelenta, con esporón curto. Sementes de cor negra. Demografía. En poboacións de difícil acceso presenta poboacións numerosas e densas (illa de Sálvora), pero en zonas turísticas descenden debido á presión que sobre elas se exerce. Os seus efectivos oscilan de maneira importante entre anos consecutivos, o que incrementa a súa vulnerabilidade. Hábitat. Habita sobre dunas e areas relativamente asentadas. Se a presión que se exerce sobre ela é elevada tende a desaparecer. Distribución. Na península Ibérica só se atopa en Galicia, onde vive en tres localidades: na illa de Arousa, na illa de Ons e na illa de Sálvora. Os LIC Complexo Ons-O Grove e Complexo Húmido de Corrubedo inclúen todas as poboacións desta especie. Ademais, Ons e Sálvora pertencen ao Parque Nacional das Illas Atlánticas. Estado de conservación. A pisadura que coincide coa floración e a artificialización do seu contorno fai especialmente sensible esta especie. Categoría de conservación. En perigo de extinción. Nome común Paxariños Nome científico Linaria arenaria Clase Plantas superiores Familia Scrophulariaceae
  • 33. Paxariños amarelos (Linaria polygalifolia subsp. aguillonensis) Descrición. Planta perenne, talos de ata 40 cm, ramificados na metade superior. Follas ovado-elípticas. Inflorescencia en acio de 2-6 flores hermafroditas de color amarela e con sépalos desiguais. A polinización realízase por medio de insectos (entomofilia). As sementes presentan unha á membranosa ancha que podería indicar un tipo de dispersión polo vento. Demografía. Difícil de estimar dada a complicada accesibilidade aos acantilados. Hábitat. Vive en acantilados e areais costeiros. Distribución. As poboacións distribúense ao longo da costa da Coruña, desde o cabo Vilán ata Estaca de Bares, e están incluídas no LIC Costa Ártabra e no LIC Costa da Morte. Estado de conservación. Foi afectada polo vertido de fuel do petroleiro Prestige (no cabo Vilán). Ademais disto, unha ameaza moi importante para esta especie é a construción de paseos e acondicionamento das praias. Categoría de conservación. En perigo de extinción. Nome común Paxariños amarelos Nome científico Linaria polygalifolia subsp. aguillonensis Clase Plantas superiores Familia Scrophulariaceae
  • 34. Petrocoptis grandiflora (Petrocoptis grandiflora) Descrición. Planta herbácea, perenne, de 15-30 cm de altura, con cáudices bastante alongados, moi ramificados na maioría das plantas e recubertos de vellos pecíolos. As follas son opostas, dispóñense sobre o talo (sésiles) ou cun corto pecíolo. As flores, cun cáliz de cor purpúrea e unha corola composta por cinco pétalos enteiros de cor púrpura forte, están dispostas en cimas dicótomas terminais (dicaseos). O froito é unha cápsula que ten unha soa cavidade e as sementes son de cor negra, lisas e brillantes. Demografía. O tamaño das poboacións é, nalgúns casos, moi reducido. Hábitat. Vive ocupando as fendas e fisuras das paredes rochosas de forte pendente, e non superan os 800 m de altitude. Distribución. Endemismo restrinxido ao Bierzo occidental; en Galicia está presente unicamente en afloramentos calcarios da provincia de Ourense (Parque Natural Serra da Enciña da Lastra). Estado de conservación. A reducida área bioxeográfica da especie, así como o pequeno tamaño dalgunha das súas poboacións, son variables que ameazan a súa supervivencia. As explotacións de calcaria tamén supoñen un factor de ameaza alí onde vive a planta. Categoría de conservación. En perigo de extinción. Nome común Petrocoptis grandiflora Nome científico Petrocoptis grandiflora Clase Plantas superiores Familia Caryophyllaceae
  • 35. Pilularia globulifera (Pilularia globulifera) Descrición. Trátase dun pequeno fieito acuático que desenvolve un cauloide subterráneo ou rizoma de aspecto filiforme, moi ramificado. Ao longo dese rizoma xorden, en pequenos grupos, frondes erectas de ata 15 cm de lonxitude. Reprodución. Este fieito vive somerxido gran parte do ano, aproveitando a primavera para producir as esporas no momento en que secan as áreas en que habita. Porén, esta planta tamén pode reproducirse de maneira asexual, multiplicándose por fragmentación do rizoma. Esta característica fai que, ás veces, orixine auténticos tapices ou céspedes sobre os solos en que vive. Hábitat. Desenvólvese en zonas con encharcada temporal, ben sexan brañas, charcas de pouca profundidade, charcos, marxes de lagoas ou colas de embalses. Distribución. Só está presente en áreas ligadas á Terra Cha. Estado de conservación. Vese afectada polos cambios nos usos do solo, pola drenaxe e explotación de áridos nos seus hábitats preferentes. Categoría de conservación. En perigo de extinción. Nome común Pilularia globulifera Nome científico Pilularia globulifera Clase Fentos Familia Marsileaceae
  • 36. Rhamnus pumila subsp. legionensis (Rhamnus pumila subsp. legionensis) Descrición. Arbusto anano que vive prostrado sobre o substrato. As follas teñen forma ovalada e presentan pelos. Na flor destaca un cáliz de cor verde-amarelenta, xa que carece de pétalos. Os seus froitos son consumidos por aves que participan na súa dispersión (endozoocoria). Demografía. Fertilidade elevada, polo que durante a frutificación pode aparecer sobre a planta unha cantidade elevada de froitos. Os individuos necesitan chegar a un diámetro de 10 cm para poder xerar flores. Hábitat. Desenvólvese exclusivamente sobre paredes calcarias verticais. Distribución. En Galicia é endémico de Ourense, encóntrase unicamente no Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra. Estado de conservación. A destrución do hábitat é causada en gran medida pola explotación mineira de calcaria en forma de canteiras, unha das actividades económicas principais da comarca de Valdeorras. O parasito Puccinia coronata podería ter un efecto nocivo para esta especie, ao parasitar nos seus froitos. Categoría de conservación. En perigo de extinción. Nome común Rhamnus pumila subsp. legionensis Nome científico Rhamnus pumila subsp. legionensis Clase Plantas superiores Familia Rhamnaceae
  • 37. Rhynchospora modesti- lucennoi (Rhynchospora modesti-lucennoi) Descrición. Planta cun talo horizontal, subterráneo e ramificado. As follas presentan espiñas nas marxes. A súa alta capacidade de demografía vexetativa é grazas a un rizoma do que xorden novos individuos a partir dunha planta. Demografía. Debido fundamentalmente á rareza do hábitat onde vive, existen poucas poboacións desta especie e son moi pequenas. Hábitat. Vive en solos de turba con alto grao de humidade. Distribución. Suroeste da península Ibérica e noroeste de África. En Galicia crese actualmente extinta. A última poboación coñecida, localizada en Pontevedra, desapareceu debido ao desecamento da turbeira de Gándaras de Budiño. Estado de conservación. A maior ameaza para esta especie é o desecamento do seu hábitat, natural ou artificialmente. A competencia con Molinia caerulea tamén pode ser outra causa da súa desaparición. Categoría de conservación. En perigo de extinción. Nome común Rhynchospora modesti- lucennoi Nome científico Rhynchospora modesti-lucennoi Clase Plantas superiores Familia Cyperaceae
  • 38. Rumex rupestris (Rumex rupestris) Descrición. Planta perenne de ata 80 cm. Presenta un rizoma a partir do cal a planta danada pode rebrotar. As follas son dunha cor máis ou menos verdosa. Inflorescencia con verticilos subcontiguos, só os inferiores presentan brácteas. Valvas do froito con tubérculos grosos. Os froitos posúen unha alta flotabilidade e viabilidade tras longos períodos en auga mariña. Planta polinizada polos insectos que a visitan (entomofilia). Demografía. As poboacións desta especie encóntranse fragmentadas na súa maioría e son de moi pequena entidade: non superan os 60 individuos (existen varias cun só individuo). Hábitat. Vive en hábitats onde exista achega de auga fresca. Dous son os hábitats onde podemos atopar esta especie: o máis común son arroios que discorren sobre areas costeiras, aínda que tamén se pode encontrar en cantís, sobre paredes, areas ou coios. Distribución. Localizada en varios puntos de Pontevedra (illa de Ons, Nigrán) e A Coruña (norte de Ferrol, Costa da Morte). A maioría destas poboacións inclúense dentro dun espazo protexido (LIC Costa Ártabra, LIC Costa da Morte, LIC Complexo Ons-O Grove e Parque Nacional das Illas Atlánticas). Estado de conservación. As súas poboacións situábanse en lugares costeiros ata agora ben conservados, pero a intensificación turística produciu o desenvolvemento de infraestruturas (paseos, piscifactorías, facilitación de acceso...) que xa danaron gravemente certas poboacións debido á alteración de arroios, deposición artificial de arena e queima. A marea negra do Prestige tamén afectou notablemente este taxon. Categoría de conservación. En perigo de extinción. Nome común Rumex rupestris Nome científico Rumex rupestris Clase Plantas superiores Familia Polygonaceae
  • 39. Santolina melidensis (Santolina melidensis) Descrición. Arbusto prostrado de ata 30 cm, con capítulos de flores amarelas. Talos vexetativos de leve pilosidade. Follas dimórficas, as adultas lobuladas e as xuvenís pinnatífidas. Demografía. Aínda que a taxa de mortalidade é moi elevada na fase de establecemento das plántulas, a dinámica natural da poboación indica que unha alta porcentaxe dos individuos vexetativos se corresponde con xuvenís, polo que a poboación podería permanecer estable nos próximos años. Hábitat. Desenvólvese en solos de escasa fertilidade, relacionada coa abundancia de magnesio e o elevado contido en elementos tóxicos. Ademais, tamén coloniza solos removidos, como noiros de camiños ou canteiras. Distribución. Endémica de Galicia. A súa única poboación coñecida localízase no límite entre as provincias da Coruña e Lugo (Santiso e Palas de Rei), dentro do LIC Serra do Careón. Citada en Basadre (Pontevedra), aínda que non foi localizada en prospeccións recentes. Estado de conservación. A principal ameaza é a transformación do seu hábitat. Estanse transformando os seus hábitats en eucaliptais e prados. A transformación en prados é unha actividade moi agresiva para a especie, xa que incrementa a profundidade do solo, perdéndose con iso a natureza esquelética dos solos necesaria para o seu desenvolvemento. Categoría de conservación. En perigo de extinción. Nome común Santolina melidensis Nome científico Santolina melidensis Clase Plantas superiores Familia Compositae
  • 40. Scirpus pungens (Scirpus pungens) Descrición. Planta perenne que presenta rizoma. Os talos solitarios teñen unha lonxitude de ata 1 m, e presenta un limbo foliáceo nas vaíñas superiores. A inflorescencia é superada por unha bráctea que parece prolongar o talo, con 2-6 espigas ovoides de glumas de cor parda e numerosas flores cada unha. Demografía. Son coñecidas un total de nove poboacións que conteñen case 2 millóns de individuos. Hábitat. Vive semisomerxida temporalmente en auga salobre no bordo de canais de drenaxe na cola dos estuarios, en cubetas rodeadas de canaveiras e xunqueiras anfibias, e incluso en charcas temporais próximas ao litoral. Distribución. Presente no Complexo Ons-O Grove, LIC Baixo Miño, Monte e Lagoa de Louro e Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán (LIC Complexo Húmido de Corrubedo). Estado de conservación. Algunhas poboacións han desaparecido a causa de construcións e recheos, ou pola invasión doutras especies. Categoría de conservación. En perigo de extinción. Nome común Scirpus pungens Nome científico Scirpus pungens Clase Plantas superiores Familia Cyperaceae
  • 41. Serratula legionensis (Serratula legionensis) Descrición. Planta levemente pilosa. Talo simple de ata 85 cm. Follas basais e caulinares pinnatisectas de bordo lobado- sinuado, con tricomas nas nerviacións pero de aspecto levemente piloso. Inflorescencia formada por un conxunto de flores simples que nacen xuntas e apertadas nun receptáculo común. Capítulos solitarios. Brácteas involucrais medias e externas ovadas, glabras ou glabrescentes na súa superficie, lanixinosas nas marxes, co ápice tinguido de estrías púrpuras ou castañas. Espiñas das brácteas involucrais medias finas e non tan ríxidas e consistentes como as de S. pinnatifida. Flor de cor púrpura. O froito é un aquenio. Hábitat. Especie de ambientes acidófilos, que se atopa nos bosques alterados de Quercus pyrenaica, así como nas súas orlas e matogueiras de substitución. Distribución. Endemismo ourensán- sanabrés, que parece alcanzar o sector orocantábrico. En Galicia está localizada na serra do Invernadoiro, preto do alto de Touza (Ourense). Categoría de conservación. En perigo de extinción. Nome común Serratula legionensis Nome científico Serratula legionensis Clase Plantas superiores Familia Compositae
  • 42. Succisa pinnatifida (Succisa pinnatifida) Descrición. Planta herbácea, perenne. As follas son de ovadas a pinnatisectas. As flores hermafroditas dispóñense en capítulos. A polinización prodúcese principalmente por abellas e abellóns e parece que a morfoloxía do froito podería permitir a dispersión (exozoocoria). Demografía. Hai uns 100 anos, a especie era abundante polo menos no extremo SO de Galicia. Actualmente só se citaron catro poboacións. Parece que a competencia coas plantas da matogueira en que vive a acaba desprazando, pero obsérvase que se rexenera con rapidez tras os incendios ao ser eliminada a vexetación coa que convive e compite. Hábitat. Vive nas zonas máis cálidas das uceiras- toxeiras, a miúdo tamén en ambientes sombríos e incluso con solos algo hidromorfos. Distribución. Distribuída polo O e SO de Galicia. Só a poboación de Budiño se atopa dentro dun espazo protexido (LIC Gándaras de Budiño). Estado de conservación. A principal ameaza que afecta esta planta posiblemente sexa a competencia coa vexetación con que convive, xa que parece desprazala con facilidade. Tamén lle afectan factores como a degradación do seu hábitat por pisadura, artificialización e creación de novas vías de comunicación. Categoría de conservación. En perigo de extinción. Nome común Succisa pinnatifida Nome científico Succisa pinnatifida Clase Plantas superiores Familia Dipsacaceae
  • 43. FAUNA EN PERIGO DE EXTINCIÓN EN GALICIA
  • 44. Abetouro (Botaurus stellaris) Descrición. Ave de hábitos crepusculares, de tamaño grande e aspecto repoludo, con partes superiores acastañadas, moi apencadas e raiadas de negro ou pardo escuro. As partes ventrais son máis claras. Ten un píleo negro e unha raia negra nas meixelas. Patas e bico longos e de cor verde. A súa conduta ao sentirse asustado é adoptar unha postura erguida, vertical e estática, co pescozo moi estirado. Reprodución. Especie polígama. Constrúe o niño nunha especie de balsa feita con carrizos situados dentro das masas de auga nas que residen. A femia é a encargada de incubar de 3 a 6 ovos. A poboación reprodutora de España está dispersa e fragmentada, con poucas localidades entre as que Galicia está por confirmar. Esta especie criou na lagoa de Antela (Ourense) ata principios do século pasado, pero a caza e a perda de hábitat motivaron a súa extinción. As ribeiras do Louro (Pontevedra) e as lagoas de Baldaio e Valdoviño son os lugares onde a cría recente da especie é posible, en base á presenza de machos cantores, aínda que non está confirmada. Alimentación. Come, sobre todo, peixes pequenos, anfibios, pequenos vertebrados e algúns invertebrados acuáticos. Hábitat. Lagoas e zonas húmidas con abundantes masas de carrizos onde se esconde. Distribución. No país é posible observalo nos meses de outono e inverno, e moi esporadicamente no verán. Aparece en zonas húmidas con extensas canaveiras de auga doce ou salobre. Estado de conservación. As principais ameazas de conservación son a destrución e mala xestión do hábitat e reprodución, a caza incontrolada e a contaminación das augas. Categoría de conservación. En perigo de extinción. Nome común Abetouro Nome científico Botaurus stellaris Clase Aves Familia Ardeidae
  • 45. Aguia real (Aquila chrysaetos) Descrición. A máis maxestosa das nosas aves de rapina. Enorme e poderosa, de longas ás, anchas e rectangulares, con matices claros na súa parte inferior. En xeral, é de cor parda escura, aínda que a cabeza, o pescozo e as cobertoras alares presentan plumas arroibadas. Reprodución. Fai o seu niño en cavidades e ocos en paredes verticais a grande altura. En marzo-maio incuban dous ovos, aínda que o normal é que sobreviva só un deles. Menos de 10 parellas reprodutoras en Galicia. Alimentación. Aliméntase de pequenos mamíferos, aves e réptiles. Hábitat. Especie asociada a hábitats rupícolas, encóntrase en declive en toda a cordilleira Cantábrica. En Galicia preséntase tan só nas serras sudorientais, especialmente na provincia de Ourense, onde selecciona rexións montañosas con paisaxes abertas. Distribución. No país cría na zona leste da provincia de Ourense, limítrofe con Castela e León, e tamén no Parque Natural do Xurés (territorio veciño ao Parque Nacional da Peneda-Gerês de Portugal). Estado de conservación. As principais ameazas de conservación son a persecución directa (disparo, cebos envelenados, espolio de niños, etc.), as molestias e a perda de hábitat favorable. Porén, non se deben esquecer os posibles efectos da mortalidade en liñas eléctricas e parques eólicos. Categoría de conservación. En perigo de extinción. Nome común Aguia real Nome científico Aquila chrysaetos Clase Aves Familia Accipitridae
  • 46. Alcaraván (Burhinus oedicnemus) Descrición. De tamaño medio, destaca polo seu aspecto descoidado, con ollos moi grandes e amarelos. Ten o corpo acastañado claro, con manchas escuras repartidas polo dorso e as ás. Bico forte, coa base amarela e a punta de cor negra. A parte ventral é cremosa, con manchas pardas no peito. Nas ás destaca unha banda branca rodeada de negro nas cobertoras. Patas longas e amarelas. Gusta de correr rápido, en movementos fugaces, e logo ficar inmóbil, mirando fixamente. Reprodución. O niño é unha depresión no chan entre pedras. A partir de marzo incuban 2 ovos de cor crema con pintas acastañadas. Os polos abandonan o niño nada máis nacer. Unhas 40 parellas reprodutoras en Galicia. Alimentación. Aliméntase principalmente de escaravellos (coleópteros) e saltóns (ortópteros). Hábitat Gústanlle os sistemas dunares, campos ermos, pasteiros e áreas de cultivo. Distribución. Especie cunha ampla distribución na península Ibérica, pero que está practicamente ausente na franxa húmida do norte. En Galicia distribúese fundamentalmente na comarca da Limia e en certos areais costeiros (especialmente no Parque Natural complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carrexal e Vixán). Ocupa terreos chans, con pouco ou sen arborado; nas zonas de cultivo prefire a vexetación natural a estes. Estado de conservación. A ameaza principal de conservación é a intensificación agrícola, que prexudica o hábitat de reprodución da especie. O uso excesivo de insecticidas tamén supón un factor significativo de ameaza. Categoría de conservación. En perigo de extinción. Nome común Alcaraván Nome científico Burhinus oedicnemus Clase Aves Familia Burhinidae
  • 47. Ameixa perlífera de río (Margaritifera margaritifera) Descrición. Trátase dun molusco bivalvo doceacuícola de gran tamaño (ata 15 cm de lonxitude). O seu mecanismo de reprodución implica unha fase parasita das branquias de peixes como o salmón ou a troita. Alimentación. Na súa dieta constan todo tipo de microorganismos planctónicos de auga doce, especialmente microalgas. Non son selectivos. Hábitat. Ríos de augas moi limpas e claras, con correntes non demasiado fortes. Prefire as augas pobres en calcio e limos. Entérrase en gravas, area e rochas. Os exemplares adoitan encontrarse en pozas naturais da beira dos ríos en que vive. Distribución. Especie que se distribúe no continente europeo, presentando as mellores poboacións en Rusia. Na península Ibérica, Galicia acolle as mellores poboacións da especie, nos tramos superior e medio de ríos de augas limpas das provincias de Pontevedra, A Coruña e Lugo, aínda que chega ata Asturias. Estado de conservación. Conservar ou mellorar os ríos onde se localizaron as poboacións de M. margaritifera e os seus peixes hospedadores. Control da eutrofización e prohibición da recolección, control do uso recreativo da auga e xeración de zonas de reserva integral que manteñan as condicións naturais do seu hábitat. Podería pensarse a reintrodución das especies de peixes hospedadores, así como da propia Margaritifera. Altamente necesario o seguimento das súas poboacións. Categoría de conservación. En perigo de extinción. Nome común Ameixa perlífera de río Nome científico Margaritifera margaritifera Clase Moluscos Familia Margaritiferidae
  • 48. Arao (Poboación nidificante) (Uria aalge) Descrición. De tamaño medio, presenta as típicas cores dos pingüíns. A plumaxe nupcial ten as partes superiores e a cabeza de cor escura, case negra. Peito e ventre moi brancos. Prolongación da boca de cor negra. En inverno, presenta unha raia alar de cor branca, garganta e meixelas tamén brancas e parte superior da cabeza de cor chocolate. Reprodución. O niño apenas é un monllo de algas e ramiñas colocadas ao chou nun resalte do acantilado. O único ovo ten forma de pera, para que non rode cara ao mar. Alimentación. A súa dieta está baseada en peixes e moluscos. Hábitat. Esencialmente peláxico, só acode á terra para criar. En inverno recóllese en rías e estuarios máis protexidos, e incluso en portos. Distribución. É unha das aves mariñas máis abundantes do planeta, mais na península Ibérica tan só nidifica en Galicia. Para iso emprega repisas en cantís rochosos e furnas na Costa da Morte, aínda que a finais do século pasado tamén nidificou nas illas Cíes e Ons e en Estaca de Bares. Fortemente ligada ás augas mariñas, onde pasa gran parte do tempo descansando e na busca de alimento (peixes peláxicos). Malia que é frecuente observar araos en augas galegas durante o inverno, estes proceden fundamentalmente de colonias de reprodución británicas e francesas. Estado de conservación. Na actualidade sobreviven tan só 2-4 parellas reprodutoras, e non máis de 20 individuos durante a época de reprodución en Galicia, ameazados fundamentalmente pola mortalidade en artes de pesca e a contaminación mariña (especialmente os vertidos de petróleo). A caza abusiva xogou un papel importante no descenso das súas poboacións a finais do século pasado. Categoría de conservación. En perigo de extinción. Nome común Arao (Poboación nidificante) Nome científico Uria aalge Clase Aves Familia Alcidae
  • 49. Avefría (Poboación nidificante) (Vanellus vanellus) Descrición. De tamaño semellante ao dunha pomba, destaca por ter as partes superiores de cor negra, con matices metálicos verdes e violetas; tamén por ter de cor negra a parte superior da cabeza, o peito, a garganta, liña ocular e unha banda subterminal na cola. Presenta, en troques, a punta das ás, o ventre e o sobrecú de cor branca. Porén, en época nupcial é característica diferencial unha crista bastante longa no macho e algo máis curta na femia. Cando voa resaltan moito as ás arredondadas, que baten con bastante cadencia, con zonas escuras e brancas ben contrastadas. Reprodución. Constrúe o seu niño en depresións presentes no chan, sempre en zonas abertas. En febreiro comeza o celo, e en maio xa están a incubar 4 ovos verde-crema moi apencados. Os polos abandonan o niño nada máis nacer e xa poden voar ás 5 semanas. Especie migradora, presenta núcleos principais de reprodución na zona central da península Ibérica. En Galicia cría principalmente na comarca da Limia e en certas localidades da Terra Chá, sen que a poboación nidificante exceda das 30 parellas. Alimentación. A súa dieta está baseada en insectos, vermes, moluscos, arañas e plantas. Hábitat. Prefire zonas chás e abertas, como as pradarías, os estuarios, as marismas e as brañas e gándaras. Distribución. As poboacións nidificantes do noso país están circunscritas a dúas localidades ben separadas entre si (Terra Chá, en Lugo, e A Limia, en Ourense). En inverno, en épocas de intenso frío, chegan á nosa terra moitos exemplares en migración. Estado de conservación. Selecciona prados húmidos, cultivos e barbeitos, en xeral asociados a zonas inundables, polo que a destrución de hábitat por desecamento de lagoas supón un factor moi importante de ameaza. A intensificación agrícola tamén ameaza os hábitats de nidificación, e a caza durante o período invernal, a pesar de afectarlles principalmente a exemplares migradores, ten unhas consecuencias descoñecidas sobre a poboación sedentaria que sería conveniente analizar. Categoría de conservación. En perigo de extinción. Nome común Avefría (Poboación nidificante) Nome científico Vanellus vanellus Clase Aves Familia Charadriidae
  • 50. Becacina común (Poboación nidificante) (Gallinago gallinago) Descrición. Presenta cores crípticas, acastañadas ou arroibadas, moi apencadas e con raias en dourado e negro. Peito castaño raiado, costas barradas e ventre branco. A cabeza tamén presenta barras escuras, cunha liña de cor crema no cocote. Cola curta e bico moi longo. Reprodución. Fai o niño no chan en pradarías húmidas, ben escondido entre as herbas altas. En abril-maio a femia incuba 4 ovos. Os polos abandonan o niño ao pouco de nacer. Conta só con dúas áreas de cría en España, no sur da provincia de Ourense e en varios puntos do Sistema Central (principalmente na provincia de Ávila), compartindo ambos un máximo de 75 parellas reprodutoras. O desecamento da lagoa de Antela acabou co núcleo reprodutor da Limia, de grande importancia para a conservación da especie na península. Nidifica en zonas húmidas abertas de media ou alta montaña con vexetación leñosa baixa ou herbácea, sendo fundamental a presenza de solos con elevada materia orgánica. Os efectivos invernantes, procedentes do centro de Europa e Escandinavia, teñen unha fenoloxía pouco coñecida. Alimentación. A súa dieta baséase en moitos tipos de invertebrados e as súas larvas. Hábitat. Prefire os prados inundados, gándaras, marismas e brañas. Distribución. É pouco común no país, algo mas frecuente durante o inverno. Existe unha mínima poboación residente nas terras da Limia. Estado de conservación. A principal ameaza de conservación é a modificación do hábitat de cría (ben por drenaxe, ben por forestación, lumes, etc.). O feito de que en Galicia esta especie sexa de interese cinexético durante o período invernal é outro factor de ameaza significativo para a poboación reprodutora. Categoría de conservación. En perigo de extinción. Nome común Becacina común (Poboación nidificante) Nome científico Gallinago gallinago Clase Aves Familia Scolopacidae
  • 51. Bolboreta arlequín (Zerynthia rumina) Descrición. Esta bolboreta ten ata 50 mm de envergadura alar. Ten a face das ás de intensas cores amarela, negra e vermella; o envés das ás é abrancazado, amarelento e vermello, con numerosas escamas negras. Todo este colorido advirte os seus posibles predadores sobre a súa toxicidade, ademais de darlle o nome de bolboreta arlequín. Reprodución. A posta realízase normalmente en maio, os ovos son esféricos e as larvas nacen unha ou dúas semanas despois, vivindo exclusivamente nas plantas do xénero Aristolochia, alimentándose delas e inxerindo as súas toxinas, almacenándoas no seu corpo sen problemas. Eirugas cilíndricas e grosas de cor ocre amarelenta ou rosada, eclosiona en abril, e revoa ata xuño ás horas de maior calor. Hábitat. Vive en lugares de clima seco, prefire ladeiras de espazos abertos con vexetación baixa e abundante, preferentemente onde se desenvolve a planta do xénero Aristolochia. Distribución. Distribúese en poboacións pequenas e illadas (como por exemplo, desde o Parque Nacional das Illas Atlánticas ata o Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra). Viven en colonias moi localizadas e illadas entre si. Estado de conservación. A principal ameaza é a alteración do seu hábitat. Tamén lle afectan as repoboacións forestais (que eliminan os espazos abertos onde se desenvolven as Aristolochias), os insecticidas e o gando caprino, que ten tendencia ao consumo da súa planta nutricia. Categoría de conservación. En perigo de extinción. Nome común Bolboreta arlequín Nome científico Zerynthia rumina Clase Artrópodos Familia Papilionidae
  • 52. Bolma rugosa (Bolma rugosa) Descrición. Gasterópodo mariño de gran tamaño, que presenta unha cuncha grande e sólida, duns 5 cm de altura e 6 cm de anchura, dunha cor gris. Nos individuos novos a cuncha está formada por varias prolongacións longas e finas que se atenúan e erosionan a medida que medra o animal. Posúe un opérculo calcificado, coñecido como "ollo de Santa Lucía", cuxa forma é máis ou menos elíptica cunhas bandas en espiral, consecuencia do seu crecemento. Reprodución. Reprodución sexual. As larvas son nadadoras. Alimentación. É unha especie fitófaga que se alimenta de macroalgas e fitoplancto. Hábitat. Vive en zonas rochosas do infralitoral, onde se camuflan moi ben grazas a que se recobre con algas e outros organismos, como por exemplo hidrozoos. Distribución. Desde o Cantábrico ao Mediterráneo. Estado de conservación. Pola dificultade de prospección dos ecosistemas onde vive, aínda non se coñece o tamaño das súas poboacións. A súa presenza detéctase sobre todo pola arribazón ás praias do opérculo calcario que tapa a boca da cuncha, coñecido en certas zonas de Galicia como bítere. A través deste tipo de observación apréciase unha importante diminución de opérculos nos areais, o que parece indicar que a especie se encontra en franca regresión. Categoría de conservación. En perigo de extinción. Nome común Caranguexo de río Nome científico Austropotamobius pallipes Clase Artrópodos Familia Astacidae
  • 53. Caracol de Quimper (Elona quimperiana) Descrición. Caracol terrestre de cuncha aplanada e delgada, lisa e brillante. A coloración que máis abunda é o marrón claro. Podemos coñecer o seu crecemento grazas a unhas franxas máis claras, case brancas, que presenta na súa cuncha. As cunchas dos exemplares xuvenís teñen "pelos" curtos caedizos. Reprodución. Son hermafroditas e ovíparos; adoitan poñer os ovos en pequenos buratos na terra. Os individuos novos eclosionan xa formados. Alimentación. Herbívoro e coprófago. Aliméntase sobre todo de fungos e cogomelos. Hábitat. Especie exclusiva de zonas de clima oceánico e atlántico, que en Europa só se distribúe nas illas británicas e norte da península Ibérica. Presenta numerosas poboacións en Galicia, asociadas fundamentalmente a bosques caducifolios mixtos, con elevada humidade ambiental, abundancia de follas e brións; entre ortigas e fieitos, zonas próximas a cursos de auga con abundante vexetación herbácea. Tamén en covas e as súas entradas. Presente desde a costa ás serras occidentais, ata 1600 m de altitude. Distribución. En Europa extinguiuse recentemente no suroeste de Francia. É unha especie propia do occidente europeo, costeiro-atlántica, de distribución disxunta. Na península distribúese polo litoral cantábrico, malia que a súa presenza é moi localizada. Estado de conservación. O tamaño poboacional parece reducido e con tendencia á diminución debido ás repoboacións forestais. Presumiblemente, o tamaño da súa poboación sexa pequeno. A súa área de ocupación puido verse fortemente minguada a causa das repoboacións e os incendios forestais. A súa conservación pasa pola protección do seu hábitat, estudos sobre a súa bioloxía e requirimentos ecolóxicos, estudos demográficos, etc. Categoría de conservación. En perigo de extinción. Nome común Caracol de Quimper Nome científico Elona quimperiana Clase Moluscos Familia Elonidae
  • 54. Caranguexo de río (Austropotamobius pallipes) Descrición. Trátase do único caranguexo de río autóctono da península Ibérica. É de cor verdosa ou abrancazada. Ten o corpo aplanado dorsoventralmente. Pode chegar a medir uns 10 cm de longo, sen contar as pinzas, que son dous apéndices modificados presentes na parte anterior do corpo, chamado cefalotórax, onde aparecen dous sucos ben marcados. Vida completamente acuática. É unha especie que foxe da luz, omnívora, con marcada predilección carnívora e detritívora, feito que a fai especialmente importante como especie limpadora das augas dos nosos ríos. Reprodución. Presenta un crecemento lento por mudas. Pode falarse dunha posta de 1 a 19 ovos por femia e ano, que unha vez fecundados son coidados e osixenados no abdome materno. A madurez sexual conséguese ao segundo e terceiro ano de idade. Hábitat. Vive en charcas, regatos de augas frescas (de 10 a 15 graos centígrados), pouco profundas, de pH lixeiramente alcalino (nunca pH < 6), e ricas en calcio. Tamén poden adaptarse a augas estancadas sempre que estas presenten un alto contido en osíxeno. Distribución. Endemismo do O-SO europeo, cunha distribución en España ligada a ambientes calcarios, onde selecciona tramos de escasa corrente e con presenza de refuxios como bloques, noiros para escavar galerías e vexetación de ribeira. En Galicia aparece distribuído en pequenas poboacións dispersas nas provincias de Lugo e Ourense. Estado de conservación. Os problemas para a súa conservación son varios: o principal causante do enorme declive das súas poboacións é o fungo Aphanomices astaci (pode manterse en forma latente incrementando a súa virulencia), que provoca a afanamicose. As especies exóticas introducidas, como o cangrexo de río americano (Procambarus clarkii), máis resistentes fronte a esa doenza, poden actuar como posibles vectores de dispersión da enfermidade. A dragaxe dos ríos e regatos, as canalizacións e a construción de encoros tamén constitúen importantes factores que destrúen o seu hábitat. Por último, a contaminación con vertidos orgánicos e deterxentes, así como a pesca furtiva, ameazan enormemente a as reducidísimas poboacións existentes, que se caracterizan por unha grave falta de renovación do material xenético. Categoría de conservación. En perigo de extinción.
  • 55. Cerceta (Poboación nidificante) (Anas crecca) Descrición. Pato de pequeno tamaño, con marcado dimorfismo sexual. O macho presenta unha cabeza arroibada con banda ocular verde que se prolonga ata a noca e ten uns bordos de cor branca ou crema. O peito é cremoso, con finas manchas. Dorso e costados agrisados, ventre de cor branca. No costado resalta unha franxa verde e negra, así como unha mancha amarela na popa. Patas e bico agrisados. A femia, como todas as pertencentes a esta familia, presenta crípticas cores pardas. Reprodución. Crían no chan, entre a densa vexetación, sempre preto da auga. En abril-maio a femia incuba de 8 a 10 ovos. Presenta moi poucos lugares de reprodución regular na península Ibérica, todos eles zonas húmidas con densa cobertura vexetal. Entre estes lugares encóntranse as ribeiras do Louro (Pontevedra), onde crían menos de 5 parellas. A especie foi máis frecuente en décadas anteriores, pero o proceso de colmatación do lago ou achegas de materiais externos reduciu sensiblemente a superficie encharcable, prexudicando notablemente esta anátida. Ocasionalmente, 1-2 parellas reproducíronse noutras zonas húmidas galegas (lagoas de Cospeito e Louro). Alimentación. A súa dieta baséase en materia vexetal palustre e tamén en moluscos, insectos, crustáceos e incluso anfibios. Hábitat. Prefire os estuarios, lagoas e encoros de interior. É frecuente tamén en certas das nosas rías. Distribución. No país cría só nun lugar da provincia de Pontevedra, moi acosado pola presión industrial. Nos meses de outono e inverno chegan bastantes individuos procedentes de Europa nos seus desprazamentos migratorios. Estado de conservación. A principal ameaza de conservación en Galicia é a degradación do hábitat de cría, consecuencia da deterioración xeral das zonas húmidas. Categoría de conservación. En perigo de extinción. Nome común Cerceta (Poboación nidificante) Nome científico Anas crecca Clase Aves Familia Anatidae
  • 56. Eastonia rugosa (Eastonia rugosa) Descrición. Bivalvo mariño dun tamaño máximo de 35 mm, con valvas de cor branca e forma suboval que presentan estrías lonxitudinais de crecemento bastante ostensibles. Alimentación. Trátase dun molusco filtrador, polo que se alimenta de microorganismos e partículas en suspensión, fundamentalmente fitoplancton. Hábitat. Principalmente vive en fondos areosos ou lamacentos a unha profundidade de 0,5 a 35 m. Distribución. Ampla presenza en Europa. A súa distribución e abundancia en Galicia non son coñecidas con detalle, aínda que parece unha especie pouco frecuente. Estado de conservación. Para a súa conservación cómpre reducir as verteduras contaminantes no litoral e erradicar as dragaxes nas áreas onde vive, así como evitar a construción de infraestruturas que alteren a dinámica das mareas e, polo tanto, modifiquen a estrutura do seu hábitat. Categoría de conservación. En perigo de extinción. Nome común Eastonia rugosa Nome científico Eastonia rugosa Clase Moluscos Familia Mactridae
  • 57. Escribenta das canaveiras (Emberiza schoeniclus subsp. lusitanica) Descrición. Ten o tamaño dun pardal. En plumaxe nupcial, o macho caracterízase por ter a cabeza, a garganta e o papo de cor negra cun bigote branco que se prolonga polo peito e o ventre. Partes dorsais e ás de cor parda arroibada, con raias escuras. Rabadilla agrisada. As partes laterais da cola son de cor branca. Patas e bico escuros. Femia e inmaturos semellantes ao macho en inverno, isto é, apardazado na parte da cabeza. Reprodución. Aniña en carriceiras, canaveiras ou espadanais. A finais da primavera incuban 4-5 ovos. Os polos voan ao cabo de dúas semanas. Poden poñer dúas postas. Alimentación. A súa dieta baséase en sementes de plantas acuáticas e gramíneas, insectos e larvas. Hábitat. Varía as súas preferencias segundo a estación do ano, pois en verán acode ás áreas húmidas de ríos, lagoas, estuarios..., mentres que en inverno prefire campos, cultivos e xunqueiras. Distribución. Esta subespecie é endémica da península Ibérica, sen que se coñeza con precisión a súa área de distribución. Ocupa principalmente zonas húmidas costeiras con abundantes canaveiras, onde procura os insectos que compoñen a súa dieta durante a época de reprodución. Menos dun centenar de parellas reprodutoras en toda a comunidade, distribuídas polas provincias da Coruña e Pontevedra. Estado de conservación. Ameazado principalmente pola destrución das zonas húmidas e pola intensificación agrícola, que reduce a dispoñibilidade dos grans dos que esta especie se alimenta ao longo do inverno. Categoría de conservación. En perigo de extinción. Nome común Escribenta das canaveiras Nome científico Emberiza schoeniclus subsp. lusitanica Clase Aves Familia Emberizidae
  • 58. Esgonzo ibérico (Poboacións insulares e da provincia de A Coruña) (Chalcides bedriagai) Descrición. Semellante ao esgonzo común, pero co corpo máis curto (consegue tamaños de 60 a 89 mm), cilíndrico e groso. A cabeza é pequena, de forma cónica e un fociño redondeado. Os orificios auditivos son foxos oblicuos entre o pescozo e a cabeza. As extremidades, reducidas, teñen cinco dedos cada unha, máis longas as posteriores que as anteriores. A cor do dorso é semellante ao bronce, cos laterais escuros, e o ventre de cor branca. Presenta pequenas manchas brancas cos bordos negros preto das patas posteriores. Reprodución. O período de celo dáse ben entrada a primavera. É unha especie ovovivípara, é dicir, os ovos eclosionan dentro do corpo da nai, e os embrións desenvólvense nos seus ovidutos. Paren entre 2 e 3 crías a finais do verán. Alimentación. Captura as súas presas baixo as pedras onde vive. Come, sobre todo, escaravellos, arañas e larvas de insectos. Hábitat. Vive especialmente en zonas de dunas e zonas areosas do límite interior das praias, onde a vexetación dominante sexa a matogueira rica en toxos, xestas, camariñas... Busca acubillo baixo as pedras e vexetación morta. Distribución. Especie endémica da península Ibérica, moi escasa e localizada en Galicia, onde só existen pequenas poboacións dispersas na costa atlántica e no interior da provincia de Ourense. Aparece tamén nas illas Cíes e Ons. Vive principalmente en zonas areosas costeiras, con vexetación de baixo porte. Descoñécese o tamaño das súas poboacións, a pesar de que se observou un importante retroceso nelas. Estado de conservación. As poboacións residentes nas illas Cíes e Ons están en perigo de extinción. O resto das poboacións do noso territorio están catalogadas como vulnerables. Categoría de conservación. En perigo de extinción. Nome común Esgonzo ibérico (Poboacións insulares e da provincia de A Coruña) Nome científico Chalcides bedriagai Clase Réptiles Familia Scincidade
  • 59. Furabuchos balear (Puffinus mauretanicus) Descrición. De tamaño medio-grande, caracterízase por ter as partes dorsais de cor escura pardoagrisada e as partes ventrais máis claras, de tonalidades ocres. Posúen unha mancha escura no pescozo. Son escuras tamén as axilas e a zona arredor da cloaca. As patas sobresaen un pouco por detrás da cola. A súa conduta en bando é moi significativa, pois sempre hai individuos que se levantan dun bando para pousar a uns centos de metros do anterior, e así de maneira sucesiva. Reprodución. Aniña en tobos e covachas en terreos próximos ao mar, en illas ou illotes. Non escava buratos nin aproveita os tobos dos coellos. Forma colonias relativamente pequenas durante o período de cría, que abarca de marzo ata xuño. Alimentación. Come, sobre todo, peixes pequenos e refugos graxentos botados desde barcos. Hábitat. Esencialmente mariña, só acode á terra nas épocas de cría. En outono e en inverno vólvese máis costeira e máis gregaria. Distribución. Especie endémica do arquipélago balear, única localidade mundial onde se reproduce e que conta cunha poboación aproximada de 2000 parellas. Durante o verán e o outono, numerosos exemplares migran fronte ás costas galegas, ben para permanecer varios meses nelas o ben durante os desprazamentos a cuarteis estivais no golfo de Biscaia. Permanecen continuamente no mar, alimentándose fundamentalmente de pequenos pescados peláxicos ou ben descansando, pero nunca sobre terra firme. No país é frecuente observala nas súas viaxes migratorias nos meses de maio-novembro por desprazamentos posnupciais ou de regreso ás colonias de cría. Estado de conservación. A ameaza máis forte e directa sobre a poboación desta especie é a predación que exercen as ratas e gatos na época de cría. Tamén hai que destacar a presión humana en forma de turismo ou destrución de hábitats preferentes. Varios centos de exemplares aproxímanse cada ano ás costas galegas, onde as principais ameazas de conservación son a mortalidade accidental en artes de pesca (fundamentalmente palangres) e a contaminación mariña (en especial, os vertidos de hidrocarburos). Categoría de conservación. En perigo de extinción. Nome común Furabuchos balear Nome científico Puffinus mauretanicus Clase Aves Familia Procellariidae
  • 60. Gomphus graslini (Gomphus graslini) Descrición. O corpo desta libélula é de tons escuros con manchas amarelas e ten uns enormes ollos gris-verdosos bastante separados entre si, de aspecto globoso. Ten o corpo de cor amarela, cunha serie de liñas negras moi marcadas no tórax. Abdome negro con faixa dorsal amarela. As patas son negras con dúas liñas amarelas ata o fémur. É unha excelente voadora, de actividade diúrna e que caza as súas presas (outros insectos acuáticos) mentres voa axudándose das súas patas e da súa prodixiosa vista. Reprodución. Como todas as libélulas, o seu ritual de apareamento é moi complexo, pois o macho suxeita a femia por detrás da cabeza cuns apéndices terminais do seu abdome, e así voan un tempo ata que o macho se pousa nunha galla dunha planta calquera. Entón, a femia revírase ata colocar o seu orificio xenital en contacto co órgano copulador masculino, realizándose así a fecundación dos ovos. Esta maneira tan particular de axuntamento recibe o nome de tándem. As larvas, chamadas ninfas, teñen vida completamente acuática, e son voraces predadores de invertebrados acuáticos e incluso de larvas de anfibios e peixes. Hábitat. Reside en zonas de ríos e regatos de leitos que non superen os 4 m de ancho, en treitos de velocidade media das augas, e sobre todo con fondos terrosos. Vive nas zonas de solaina e busca acubillo na profunda vexetación de ribeira. Distribución. Distribuída tan só no S de Francia e cunhas poucas poboacións dispersas no O da península Ibérica. Semella estar asociada a augas máis ben lentas, en leitos con marxes sombreadas pola vexetación pero co centro soleado. Unha única poboación en Galicia (na provincia de Ourense), sen que se coñeza o número de individuos que a compoñen. Estado de conservación. Os principais factores de ameaza en Galicia son a contaminación das augas e a variación do réxime hídrico dos ríos. Categoría de conservación. En perigo de extinción. Nome común Gomphus graslini Nome científico Gomphus graslini Clase Artrópodos Familia Gomphidae
  • 61. Macromia splendens (Macromia splendens) Descrición. O corpo desta libélula é de tons escuros con manchas amarelas e ten uns enormes ollos verdes. Trátase dunha das máis grandes de Europa, pois chega a medir uns 70 mm de lonxitude. As súas patas son tamén bastante longas. É unha excelente voadora, de actividade diúrna e que caza as súas presas (outros insectos acuáticos) mentres voa axudándose das súas patas e da súa prodixiosa vista. Reprodución. Como todas as libélulas, o seu ritual de apareamento é moi complexo, pois o macho suxeita a femia por detrás da cabeza cuns apéndices terminais do seu abdome, e así voan un tempo ata que o macho se pousa nunha galla dunha planta calquera. Entón, a femia revírase ata colocar o seu orificio xenital en contacto co órgano copulador masculino, realizándose así a fecundación dos ovos. Esta maneira tan particular de axuntamento recibe o nome de tándem. As larvas, chamadas ninfas, teñen vida completamente acuática, e son voraces predadores de invertebrados acuáticos e incluso de larvas de anfibios e peixes. Hábitat. Reside en ríos anchos e algo profundos (de entre 5 e 6 m de profundidade), e sobre todo nos treitos lentos onde se acumulen os sedimentos e creza adecuadamente a vexetación acuática. Vive nas zonas de solaina cunha profunda vexetación de ribeira. Distribución. Distribuída exclusivamente no S de Francia e na península Ibérica, onde se considera unha especie rara con poboacións illadas. Coñécense nove poboacións nas catro provincias galegas, asociadas aos tramos lentos con vexetación acuática de ríos anchos e relativamente profundos. Non se cuantificou con exactitude o número de exemplares que compoñen esas poboacións, debido á dificultade de detección dos individuos adultos. Estado de conservación. Os principais factores de ameaza para a conservación desta especieen Galicia son a contaminación das augas, a destrución da vexetación de ribeira e a variación do réxime hídrico dos ríos. Categoría de conservación. En perigo de extinción. Nome común Macromia splendens Nome científico Macromia splendens Clase Artrópodos Familia Corduliidae
  • 62. Mazarico real (Poboación nidificante) (Numenius arquata) Descrición. Bastante grande, ten as partes superiores de cor castaña crema, con manchas escuras. O peito e o pescozo teñen listas; o ventre é de cor branca. O bico é moi longo e curvo (especialmente na femia). Patas de cor agrisada. Cando voa destaca o sobrecú de cor branca, apuntado cara ao dorso. Reprodución. En maio constrúe o niño no chan, en pequenas depresións que forra con herbas secas, entre as matogueiras. Macho e femia incuban 4 ovos. Os polos, ao nacer, abandonan o niño. Alimentación. Come moluscos, miñocas e outros tipos de invertebrados. Hábitat. Típico de marismas, estuarios e praias. Distribución. Especie de ampla distribución en Europa, con poboacións reprodutoras importantes en Rusia, Escandinavia e illas británicas. En Galicia encóntrase a única poboación reprodutora actual na península Ibérica, na marxe da área de distribución da especie. Menos de cinco parellas ocupan pasteiros de sega e matogueiras na Terra Chá entre os meses de febreiro e xullo. Estado de conservación. A principal ameaza de conservación é a destrución do hábitat, provocada por diferentes vías (forestación, intensificación agrícola, relevo de pasteiros por cultivos de millo...), aínda que as molestias das parellas reprodutoras durante a sega dos pasteiros tamén parece constituír unha ameaza significativa. Categoría de conservación. En perigo de extinción. Nome común Mazarico real (Poboación nidificante) Nome científico Numenius arquata Clase Aves Familia Scolopacidae
  • 63. Oso (Ursus arctos) Descrición. Caracterízase polo seu gran tamaño, cabeza ancha e maciza, na que destacan unhas orellas pequenas. Posúe unha cola curta, extremidades tamén curtas e fortes e ombreiros prominentes. Os machos, máis grandes e pesados que as femias, poden chegar a pesar 250 kg e medir preto de 2 m de lonxitude. As mans e os pés están provistos de cinco dedos con uñas longas. A súa maneira de camiñar é idéntica á nosa, é dicir, é un animal plantígrado, pois apoia toda a planta do pé e das mans cando camiña. A cor do pelo varía desde o amarelo pálido ata o pardo escuro, contrastando a maioría das veces as cores de cabeza, pescozo e extremidades. As crías adoitan presentar un colar claro do que poden quedar sinais nos adultos. Reprodución. Son polígamos, o que pode orixinar paternidade múltiple nunha camada. O celo abarca de abril a xullo. A xestación efectiva é de seis a oito semanas. O parto, dunha a catro crías, ten lugar na oseira, arredor de xaneiro, onde os osiños pasan os tres ou catro primeiros meses de vida, pois pesan ao nacer entre 265 e 380 g. As femias en Europa coidan das crías un ano e medio (o grupo de irmáns pode seguir unido un ano máis); poden parir cada dous anos e ser sexualmente activas desde os tres anos e medio ata a fin da súa vida. Alimentación. Falamos dun animal omnívoro, cuxa dieta está composta principalmente de vexetais, especialmente landras, castañas, abelás, noces, bagas, tubérculos... O resto da dieta é complementada con carne en descomposición de ungulados silvestres (corzos, cervos...), insectos (formigas e abellas), mel, cogomelos, aves e ovos. Hábitat. Necesitan grandes extensións de superficie de campeo, que xeralmente están conformadas por mosaicos de bosque caducifolio (faias, carballos, abeleiras, bidueiros...), mesturado con pradarías, pasteiros, matogueiras de breixos, piornos e carrascos. Necesitan tamén zonas onde abunden os rochedos e os penedos. Distribución. Mamífero cunha área de distribución en Europa principalmente no leste do continente, presenta poboacións reducidas e illadas nalgúns países occidentais (Francia, Italia e España). En Galicia distribúese exclusivamente nas serras orientais, que parecen recibir ocasionalmente exemplares do principal núcleo poboacional da cordilleira Cantábrica. Estado de conservación. As principais ameazas de conservación para a especie en Galicia son a morte directa (lazos, veleno, furtivismo, etc.) e a alteración do hábitat (lumes, construción de infraestruturas, etc.). Galicia conta cun Plan de Recuperación do Oso desde o ano 1992 (Decreto 148/1992, do 5 de xuño; DOG 114, 16/06/1992) que trata de asegurar avances no hábitat dispoñible para a especie na nosa comunidade e a supervivencia dos exemplares que se acheguen a Galicia. Categoría de conservación. En perigo de extinción. Nome común Oso Nome científico Ursus arctos Clase Mamíferos Familia Ursidae
  • 64. Pita do monte (Tetrao urogallus subsp. cantabricus) Descrición. Bastante grande, sobre todo o macho, que resalta pola súa plumaxe negra con reflexos verdes e azuis sobre o seu peito. As ás son acastañadas, cunha mancha branca moi evidente na zona da base. Cellas vermellas moi aparentes. A femia presenta cores crípticas, acastañadas ou arroibadas, moi apencadas. Reprodución. Os machos, alá por abril, cando comeza a época de celo, inician unha corte moi complexa e rechamante. Exhíbense en certas áreas chamadas cantadeiros, ao tempo que realizan unha serie de voces e chamadas para atraer as femias. Incuban de 6 a 10 ovos colocados nun oco do chan ao pé dunha árbore. Os polos poden camiñar ao pouco de nacer. Alimentación. Comen, durante a primavera, bagas, sementes, gromos e pequenos insectos. Durante o inverno, dependen case exclusivamente das follas e froitos dos acivros. Hábitat. Habita fundamentalmente bosques mixtos de árbores caducifolias con copas abertas, con abundantes arandos no sotobosque. Distribución. As poboacións desta subespecie, que sofren un declive continuado durante as últimas décadas, atópanse tan só nos ecosistemas forestais montanos da cordilleira Cantábrica. En Galicia aparecen exclusivamente nos montes dos Ancares, onde a poboación reprodutora se encontra practicamente extinguida. Estado de conservación. As principais ameazas para a conservación desta especie en Galicia son a fragmentación e deterioración do hábitat, as molestias humanas nas áreas de reprodución e descanso e a depredación e competencia con outras especies silvestres. Categoría de conservación. En perigo de extinción. Nome común Pita do monte Nome científico Tetrao urogallus subsp. cantabricus Clase Aves Familia Tetraonidae
  • 65. Sapo-concho común (Emys orbicularis) Descrición. Trátase dunha tartaruga de auga doce cunha cobertura algo abombada, de forma oval e cor escura, máis ancha na parte posterior e sen quilla nos exemplares adultos. A cobertura está formada por múltiplas placas unidas entre si mediante suturas, diferenciándose dúas zonas: unha dorsal e outra ventral, chamada plastrón. A súa lonxitude pode ir desde os 120 aos 250 mm, de cor negra ou castaña escura, con liñas amarelentas dispostas radialmente en cada placa. O plastrón é amarelento ou amarelo alaranxado, con manchas escuras.A pel que recobre a cabeza é lisa, de cor negra e con pintas amarelas; as patas teñen escamas grandes e lisas, cos dedos ben diferenciados unidos por membranas interdixitais e rematados nunhas uñas longas. A cola é bastante longa. Tamén presentan pintas de cor amarela. Reprodución. Os apareamentos suceden en primavera. O macho en celo persegue as femias nadando e somerxéndose tras delas na auga. Montado sobre ela, somérxea por enteiro e mórdelle na cabeza mentres bota aire ou auga pola boca, emitindo así uns sons característicos. Os ovos (entre 3 e 16), brancos e alongados, son postos no verán nas beiras acuáticas dentro dun burato de 10 cm escavado pola femia. Alimentación. Son carnívoros estritos e comen unha ampla variedade de animais acuáticos, como crustáceos, moluscos, insectos, larvas de anfibios e peixes. Hábitat. Ocupan grandes masas de auga doce quieta ou de corrente lenta (lagoas, encoros, pantanos, ríos lentos), mais sempre con abundante vexetación nas ribeiras e fondo lamacento. Incluso pode encontrarse en estuarios e marismas de augas salobres, ou brañas e pradarías húmidas e empapadas. Distribución. A distribución desta especie na península Ibérica é descontinua e moi fragmentada, e é moi rara en Galicia, onde só se confirmou a existencia dalgunhas pequenas poboacións en lugares illados do sur de Pontevedra e Ourense. Ocupa masas de auga doce con pouca ou nula corrente, con abundante vexetación acuática nas ribeiras. Descoñécese o número total de individuos presentes en Galicia, aínda que se cre que é moi reducido. Estado de conservación. As principais ameazas de conservación son a alteración dos hábitats acuáticos, a captura de exemplares das poboacións naturais e a depredación e competencia que exercen dúas especies introducidas en Galicia (o sapoconcho de Florida, Trachemys scripta elegans, e a perca americana, Micropterus salmoides). Categoría de conservación. En perigo de extinción. Nome común Sapo-concho común Nome científico Emys orbicularis Clase Réptiles Familia Emydidade
  • 66. Sisón (Tetrax tetrax) Descrición. Ave de tamaño mediano, entre 40-45 cm. O macho, en plumaxe nupcial, mostra un atraente pescozo negro cun dobre colar branco; a cara e o papo son grises azulados, o carapucho e dorso ocre vermiculado, o ventre branco e as ás cunha ancha mancha branca. A femia presenta dorso, pescozo e parte superior do peito de cor parda areosa pálida, raiados e barrados de negro; o ventre é de cor branca sucia e a mancha alar máis pequena que a do macho. Reprodución. A principal actividade dos machos durante a época reprodutora é a exhibición de celo, que consiste en bater as ás e en dar saltos "tribunas" (puntos concretos do seu territorio). O niño é una depresión no solo. A posta prodúcese de abril a xuño, sendo de 3 a 4 ovos de cor parda olivácea escura. A incubación é realizada exclusivamente pola femia e dura entre 20 e 22 días. Alimentación. Aliméntase principalmente de materia vexetal e de artrópodos, con preferencia polos coleópteros. Hábitat. Ocupa hábitats agrícolas abertos dominados por cultivos cerealistas en secano ou pastizais extensivos, que atopa a comarca da Limia en a Terra Chá. Distribución. Especie en declive na maior parte da área de Europa. As principais poboacións reprodutoras encóntranse na península Ibérica, con máis da metade dos efectivos mundiais. En Galicia presenta poboacións reprodutoras na marxe da área de distribución, sen que se supere o medio centenar de parellas. Estado de conservación. A intensificación agrícola e o cambio nos tipos de cultivos son as principais ameazas de conservación. Categoría de conservación. En perigo de extinción. Nome común Sisón Nome científico Tetrax tetrax Clase Aves Familia Otididae