Publicidad
Publicidad

Más contenido relacionado

Publicidad
Publicidad

Recital Poesía IES Monte Carrasco 2011

  1. IIIº FESTIVAL DE POESÍA MAIO 2011 BIBLIOTECA- EDLG DO IES MONTE CARRASCO
  2. 2 A poesía serve para ler, cantar, berrar, recitar, rapear, musicar, declararse, rebelarse contra o mundo ou para sinxelamente murmurar suave ao oído. Tamén é un somnífero para durmir ben unha pastilla sen química que mellora a saúde e o benestar, e relaxa as persoas. e serve, sobre todo, para explicar as razóns e as emocións que non veñen no dicionario.
  3. CURIOSIDADE Saber que està un a morte E o corpo é unha paisaxe de batalla: Unha carnicería no cerebro. ¿Permitirías ti, amor deserto, Que nesta febre penitente abrise A derradeira porta e pechase Detràs miña, sonámbulo e impasible, Ou porías o pé entre ela e o destino POEMAS DE LOIS PEREIRO
  4. Guerra de desgaste.Guerra psicolóxica Resistencia pasiva, Resistencia frontal E a rebelión. É o shock. E logo o “impasse”, a guerra fría. Pero obxectivo sempre e victoria ou morte. A vixía terà que ser constante e rigorosa.
  5. Desde a superficie dun novo e imprevisto salvamento Sería a luz que me alagaba os ollos Da vida roubada á morte veciña Pero todos me apalpaban incrédulos Colléndome das mans. Todos aqueles que me amaran morto Amábanme máis vivo. Abríranse dúas portas en direccións opostas E escollín a que se abría cara á vida Co sol entrando a eito polas fiestras. Tería que reanudarme E regresar á miña propia vida Sen contaxiarme outra vez de min mesmo. Retocaría o guión E mudaría outra vez de personaxe Retomando a perdida Aprendizaxe.
  6. Le vent se lève,! il faut tenter de vivre.! Paul Valéry REVISANDO OS DANOS A man dereita á dereita do corpo, A man esquerda á esquerda. En plenas facultades, Teño a cabeza no centro do mundo E voulle cambiando os argumentos Ós meus soños escasos e prudentes.
  7. “ Ti, única desde por e para sempre, Fagas o que fagas, ou esteas onde esteas Para Ela, que me reanudou sen dor entre Poemas; todo o que podo e que aínda teño Por Ela, Ela e Ela Á miña beira sempre, e eu nelas E a todas Elas, as que foron, son e serán Obxecto e causa Deste amor que resucita ilimitado.
  8. ( No amor, como na guerra, nunca oímos O tiro que nos alcanza. A morte, como o amor, nunca advirte por Onde se nos achega…) Namorado outra vez Do amor que levo dentro A sede enfurecida dun futuro Esgotou as miñas alternativas Levándome dereito cara ó impacto: Un proxectil conxelado no aire A poucos metros dun corazón frío E agardo o menor signo de calor Para abrir a súa pel e entrar no sangue Vencido pola forza do desexo Cegamente e sen medo Ó posible desastre.
  9. ( Ausencia ou presencia non alteran A distancia do espírito, Que xa se internou nela. E os elementos das novas tecnoloxías Van elaborando os nosos afectos …) Tristemente convivo coa túa ausencia Sobrevivo á distancia que nos nega Mentres bordeo a fronteira entre dous mundos Sen decidir cal deles pode darme A calma que me esixo para amarte Sen sufrir pola túa indeferencia Á miña retirada preventiva Dunha batalla que xa sei perdida Resolto a non entrar xamais en ti Pero non á tortura de evitarte.
  10. ( Contra a morte!, o amor que vai comigo; contra o tempo que remata!, o voso tempo; contra o loito!, o desexo: contra o mundo!, unha bomba meditada; contra min! Ser o mesmo que fun e que non era eu mesmo) ( Contra a morte o amor que vai comigo) Dos días que reserva para min o destino Cada unha das súas noites por vivir Sería a derradeira A única esencial Se puides vivirte a ti tamén Trasnoitado sobre o teu corpo en calma Cohabitando os teus soños Sobrevivido á miña inexistencia Soñado nas túas noites Ou prorogado en ti.
  11. (Apollinaire?...apollinaire, Apoligrama,caligraire Madame Sosotris Botoume as cartas. E fixen un poema En forma de útero. Debo soñar desperto en Todo o que hai de erótico na terra. Ser amable, levemente perverso: E aproveitar a gratuidade Da Beleza) Soir. La femme qui est derrière moi Me regarde à travers du miroir que j’ai Devant ma face.Soir. Et le soleil brûle nos âmes. Le désir chante. Et moi, maintenant, tout heureux d’être vivant. Quérote. Soir. Serán. A muller que teño detrás observáme Polo espello que hai xusto diante miña.Serán. O sol està a arder nas nosas almas. Canta O desexo. E, eu agora, feliz de seguir Vivo. Je t’aime. Serán. Escribo Isto con calma e sigo Sendo o mesmo, ou Iso penso. Creo
  12.  
  13.  
  14.   A súa beleza cereal e ximnástica, Esa culta enerxía, Dermicamente firme, E mentalmente etérea Vén cara min E atravesa conmigo A música Do aire   E a súa vida segue o seu camiño, Indiferente, Allea á miña morte, Á miña vida.   E aquí estou eu Con ela dentro sempre Insomne E irredenta Como única compaña unha vez máis; A enfermidade.
  15.  
  16.   Un soño alleo repetido   O certo é que teño a impresión ás veces Que se fai máis patente cada día De que pese ás evidencias en contra Debín morrer daquela     E estou vivindo un soño repetido Nas noites dos que me seguen querendo.   (Rirse da vida, da morte, e de todo o que foi Creando o home na súa debilidade e a súa Capacidade imprevisible de crueldade. E dixo Yeats: “ he Knows death to the bone Man has created death”)
  17. XXV   Déixate devorar por quen te escolla Agora que es unha luz evadida Da escuridade que te tiña capturado.   Déixate devorar E impide feramente Que te volva habitar e te contaxie A túa latente sombra irrevocable.  
  18.     (“Onde está o perigo medra tamén O que salva”, pensaba Hölderlin.... Eu empezo a sabelo)     A trav és do colchón     Virá calada, oculta e con nocturnidade, Chegando desde abaixo a través do colchón, Entre as derivacións intuídas e temidas Dunha vírica rebelión interna: A herdanza que conservo e atesouro Como se fose a miña propia sombra.
  19. TRANSMIGRACIÓN   No a la transmigración en otra especie/ No a la post-vida, ni en cielo ni en infierno/ No a que me absorba cualquier divinidad/ Mi envite es al no ser, a lo seguro/ Rechaza otro existir, tras consumida/ Mi ración de este guiso indigerible/ Otra vez no. Una vez ya es demasiado.   J.M Fonollosa
  20.  
  21. DECLARACIÓN   (E se aínda hai máis vida de onde saíu esta, A que roubarlle palabras de amor e morte, voulle Retorcer o pescozo ata que sinta noxo do que Deixa atràs. Pero daquela xa terà penetrado nun remuiño de silencio e de humidade, Calado máis a miúdo cada vez.....)  
  22. Of late Ultimamente I´ve had this thought róndame este pensamento that this country Que este país has gone backwards retrocedeu 4 of 5 decades 4 o 5 décadas and that all the e que todo o  social advancement avance social the good feeling of os bos sentimentos dunha person toward persoa cara a outra person borráronse has been washed e remprazáronse pola away vella and replaced intolerancia de sempre. by the same old bigotries.   PUTREFACCIÓN POEMA DE BUKOWSKI
  23. We have Máis ca nunca more than ever temos  the selfish wants of power egoístas ansias de poder the disregard for the desprezo polo Weak débil  the old o vello the impoverished o pobre The o desvalido helpless. We are replacing want with war Estamos reemprazando a necesidade salvation with pola guerra slavery. a salvación pola  We have wasted the escravitude Gains Estragamos we have become os logros, Rapidly degradámonos less. apresa. .    
  24. We have our Bomb Temos a nosa Bomba it is our fear é o noso medo our damnation a nosa vergonza and our e a nosa condena shame. Agora Now apoderouse de nós something so sad algo tan triste has hold of us que nos deixa that sen alento the breath e nin siquera podemos Leaves chorar. and we can´t even cry.
  25. DESTINO IMPREVISTO   Que ironía a de vir parar a un final de traxecto. Indescifrábel letreiro, Reloxo sen agullas, Efixies xeadas, Cansas pálpebras, E a vella que encera a noite no chan da estación. Todo estaba a reclamar a chegada dun home equivocado.   COSTA DA MORTE BLUES , Manuel Rivas
  26. Elegía pura Aquí no pasa nada, salvo el tiempo: irrepetible música que resuena, ya extinguida, en un corazón hueco, abandonado, que alguien toma un momento, escucha y tira. Ángel González
  27. Hubo un tiempo... De Ana Rossetti Hubo un tiempo en el que el amor era un intruso temido y anhelado. Un roce furtivo, premeditado, reelaborado durante insoportables desvelos. Una confesión perturbada y audaz, corregida mil veces, que jamás llegaría a su destino. Una incesante y tiránica inquietud. Un galopar repentino del corazón ingobernable. Un continuo batallar contra la despiadada infalibilidad de los espejos. Una íntima dificultad para distinguir la congoja del júbilo. Era un tiempo adolescente e impreciso, el tiempo del amor sin nombre, hasta casi sin rostro, que merodeaba, como un beso prometido, por el punto más umbrío de la escalera.  
  28.  
  29. EL AMOR ESTÁ EN LO QUE TENDEMOS   "El amor está en lo que tendemos (puentes, palabras ). El amor está en todo lo que izamos (risas, banderas). Y en lo que combatimos (noche, vacío) por verdadero amor. El amor está en cuanto levantamos (torres, promesas). En cuanto recogemos y sembramos (hijos, futuro). Y en las ruinas de lo que abatimos (desposesión, mentira) por verdadero amor." ( José Ángel Valente)
  30.  
  31. Huelga de GIACONDA BELLI Quiero una huelga donde vayamos todos. Una huelga de brazos, piernas, de cabellos, una huelga naciendo en cada cuerpo. Quiero una huelga de obreros de palomas de chóferes de flores de técnicos de niños de médicos de mujeres. Quiero una huelga grande, que hasta el amor alcance. Una huelga donde todo se detenga, el reloj las fábricas el plantel los colegios el bus los hospitales la carretera los puertos. Una huelga de ojos, de manos y de besos. Una huelga donde respirar no sea permitido, una huelga donde nazca el silencio para oír los pasos del tirano que se marcha.
Publicidad