4. Ao longo do tempo son innumerables as persoas ou entidades
que loitaron pola paz e a igualdade entre os seres humanos. Por
desgracia moitas delas sonnos totalmente descoñecidas e a súa
loita non consta nos libros de historia.
Desde 1901 os “Premios Nobel da Paz” tentan que esa loita non
caiga no olvido e sexa coñecida por toda a humanidade.
Con seguridade que, a pesar do esforzo da Fundación Nobel,
non todos os merecedores de tal distinción foron premiados no
seu momento e que algún dos que sí o foron non gozan do
parabén xeral.
Sexa como sexa, esta é a relación dos premios concedidos desde
o seu inicio ata a actualidade.
Carballo, 30 de xaneiro de 2013.
135. Ata 2012 o Premio Nobel da Paz foi concedido en 93 ocasións.
Non se concedeu en 19, ben debido ás guerras mundiais (de 1914 a
1918 e de 1939 a 1945), ben porque ningún dos propostos reunía as
condicións suficientes, segundo o xurado.
En total concedéronse 124 premios: 100 a título individual e 24 a
organizacións.
Dos 100 galardóns individuais, 15 foron para mulleres.
136. Repetiron Nobel da Paz a Cruz Vermella (ICRC) con 3 premios e a
Axencia da ONU para os Refuxiados "ACNUR" (UNHCR) con 2.
Un caso particular é o de Linus Pauling, que conseguíu dous
Premios Nobel, un en Química (1954) e outro da Paz (1962).
Tan só un Nobel da Paz foi rexeitado. Fíxoo Le Duc Tho en 1973.
137. En 3 ocasións os premiados atopábanse no cárcere: Carl von
Ossietzky (pacifista alemán), Aung San Suu Kyi (política birmana) e
Liu Xiaobo (activista chinés defensor dos dereitos humanos).
Dag Hammarskjöld recibíu o Nobel da Paz (1961) a título póstumo.
É o único caso. Desde 1974 os Estatutos da Fundación Nobel xa non
o permiten.
138. Mahatma Gandhi, un dos maiores símbolos da non violencia no
século XX, nunca foi premiado. Foi nominado en 1937, 1938, 1939,
1947 e 1948.
Tralo seu asasinato en xaneiro de 1948 o Comité Noruegués do
Nobel da Paz decidíu non conceder o premio a ninguén co
argumento de que "non había ningún candidato vivo adecuado“.
139. Outros personaxes históricos que, sendo propostos para o Nobel da
Paz, tampouco o conseguiron foron Adolf Hitler, Joseph
Stalin, Winston Churchill, Franklin D. Roosevelt, Harry S.
Truman, Dwight D. Eisenhover, Konrad Adenauer, Juan Perón, Eva
Perón, Jawaharlal Nehru, Benito Mussolini, Leo Tolstoy, Pablo
Casals, Pierre de Coubertin e Maria Montessori.
140. Todos os premios Nobel outorganse en Estocolmo (Suecia) agás o
Premio Nobel da Paz que se outorga en Oslo (Noruega). Así o
deixou escrito no seu testamento o fundador dos premios, o sueco
Alfred Nobel.
O premio consiste nunha medalla, un diploma e unha cantidade en
metálico. No ano 2012 o importe económico foi de 8 millóns de
coroas suecas (930.000 euros).
141. A medalla do Nobel da Paz é diferente ás outras medallas Nobel. A
faciana do seu anverso é lixeiramente distinta e no reverso hai un
grupo de tres persoas formando un lazo fraternal coa inscrición
"Pro pace et fraternitate gentium”
(Pola paz e a fraternidade das nacións), figurando no borde o nome
do premiado e o ano.
142. Temas musicais:
Marcha procesional de San Benito - Milladoiro
No dudaría – Antonio Flores
La paz – Falsalarma
Solo le pido a Dios - Ana Belén
Imagine (John Lennon )
http://www.oenceradoverde.com