SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 68
Asorey, 50 Aniversario
Naceu en Cambados o 4 de marzo de 1889, nunha casa da rúa do Sol (hoxe Praza de Asorey).  Fillo de D. Antonio Asorey Rey (oriundo da Coruña) e Dona Elisa González (de Fefiñáns), comerciantes procedentes de Bos Aires.
Estudou no Colexio Salesiano de Sarriá (Barcelona) desde os 14 aos 17 anos, acadando premios nos cursos 1904-5 e 1905-6. A partir do segundo mes de estancia no colexio costea os propios gastos facendo traballos de escultura. “ ... foi unha cousa instintiva, en vez de ir á escola pasábame as horas no campo facendo santos cunha navalla...” Francisco Asorey
Entre 1906 e 1909 traballa como profesor de debuxo e segue estudios no Colexio Salesiano de Barakaldo.  Monta tamén un taller de imaxinería con Julio Beobide e Juan Guraya onde traballan fundamentalmente obras relixiosas como  O Calvario  que conserva aínda o Colexio . Participa no Certame do Traballo coa obra  Romeiros Vascos.  Participa na EXPOSICIÓN NACIONAL DE SANTIAGO coa obra  A Viúva do pescador  (2º premio). Entre 1909 e 1917 vive en Madrid, onde  fai o servizo militar e coñece a varios artistas cos que fai amizade, o cordobés Julio Romero de Torres, co que comparte pensión ou os galegos Lloréns, Soutomaior e Juan Luis.  Gaña a vida facendo reproduccións e encargos: bustos de  D. Jaime de Borbón, D. Antonio Maura, D. Alejandro Mon ... E empeza a ser coñecido entre a alta sociedade madrileña. Retrato en 1916
“ Lo jondo”,1914
1913:  Exposición conxunta co   pintor Juan Luis e coa colaboración do Centro Galego de Madrid. 1914  Obras:  Busto do pintor Juan Luis,  e do crítico e  amigo José Francés 1916  Lápidas dos Bugallal en Ponteareas.  Presenta no SALÓN DOS HUMORISTAS DE MADRID as obras  Volta do enterro  e  Cabaleiros negros. Fai a medalla conmemorativa de  D. Marcelo Macías.   Volta do enterro
O lugar, Compostela. Media tarde a hora... Dobran lentas campás, baixo o ceo medroso... un presaxio de chuvia no aire brumoso... Cruzan varios canónigos –o andar lento e vago-, portan todos ó peito vermella cruz de Santiago. Media tarde a hora. O lugar, Compostela.   Xavier Bóveda.  Cabaleiros negros.  “ De los pazos gallegos”,  versos de miedo y de superstición. Ourense 1922, p37 Cabaleiros  Negros, 1915
EXPOSICIÓN DE ARTE GALEGA NA CORUÑA, 1917. Neste número do xornal A Nosa Terra aparece o poema dedicado a Asorey, do escritor Eladio Rodríguez. Cita  nel as  obras que o autor debeu ver na exposición da Coruña como Deseo, O Campo, Cabaleiros,  ou Rezos de Beatas e xa fala “do escultor da raza nosa”.
[object Object],Estase preparando a creación dunha arte nacional galega que acompañe aos ideais nacionalistas das Irmandades, nesta tarefa Asorey terá un papel de primeira orde.
1918   O 31 de maio gaña a oposición para escultor anatómico da Facultade de Mediciña.  Instálase definitivamente en Santiago de Compostela. Rezo de Beatas  ou “Devotiñas”(1918 )
1919  Casa con Jesusa Ferreiro. Monta un taller de escultura en Santiago.  Asorey diante do novo taller de Caramoniña Jesusa Ferreiro
1920  Primeiras obras saídas do taller de Caramoniña, perto do Convento de S. Domingos de Bonaval. Picariña . Escultura en madeira policromada (perdida). Monumento funerario da familia Gil no cimeterio de Vigo .
Fotografía aparecida en Vida gallega en 1920, trátase do boceto, para o busto do famoso violinista Manuel Quiroga. O busto en pedra fíxose posteriormente e non se colocou nun monumento ata 1949, en Pontevedra .
Naiciña  (1922), escultura en madeira policromada hoxe en paradeiro descoñecido (posiblemente na Arxentina). Presentouna Asorey á Exposición Nacional de Belas Artes de Madrid, onde foi moi admirada e para escándalo xeneral só foi premiada cunha bolsa de estudos apara o autor. En desagravio a intelectualidade galega organiza un  gran xantar de homenaxe en Cambados .
Debeuse a organización do xantar-homenaxe aos cambadeses e amigos de Asorey: Cabanillas, Antonio Magariños e Isidoro Millán. E participou a totalidade da intelectualidade galega do momento, especialmente os nacionalistas. O xornal vigués Galicia, dá a seguinte crónica do acto: “  El banquete se celebró en el castañar de uno de los pazos señoriales de la hidalga villa marinera. Sirviendo de fondo a la cabacera de la mesa, se extendía un gran tapiz con el escudo de Galicia bordado en terciopelo rojo. Todos los comensales llevaban prendida en la solapa una banderita con los colores de la enseña gallega. En la presidencia, se sentaron, con Asorey, el senador por la Universidad, Sr. Gil Casares; el diputado por el distrito, Sr. González Garra; el exgobernador de Barcelona, Sr. Portela Valladares; el jefe del nacionalismo gallego, D. Vicente Risco y representaciones de los ayuntamientos de Compostela y Cambados. Los restantes comensales, hasta un número de 115, se acomodaron en dos largas mesas, artísticamente decoradas”.
1923 Expón a  Ofrenda a San Ramón  no SALÓN DO OUTONO de Madrid. Emprega  Asorey nesta obra por vez primeira a policromía directa sobre a madeira, innovación que revoluciona a imaxinería tradicional. A Ofrenda a S. Ramón xunto con Picariña e Naiciña e as que virán máis tarde: O Tesouro e Santa dan forma escultórica aos ideais nacionalistas das Irmandades da  Fala e teñen en común a representación  de mulleres (símbolo de Galicia) con traxes galegos, mostrando costumes galegas e denunciando ao tempo  a situación da “Terra Asoballada”. Asorey é “O escultor da Raza”
Outras obras de  1923-24 :  Monumento funerario de Dona Dolores Santamarina  na capela do Asilo de Ourense.  Busto de D. Lino Torre  para a   biblioteca América, en Santiago.  Lápida de Carracido  para a Facultade de Farmacia (Santiago).  Monumento funerario de Dona Dolores Santamarina
1924   Presenta  O Tesouro  na EXPOSICIÓN NACIONAL DE BELAS ARTES de Madrid e recibe a 2ª medalla, tamén con grandes protestas por non levar a 1ª. Cómpraa o dono do xornal ABC, Torcuato Luca de Tena polo dobre do valor do premio. O Tesouro
 
A VACA A vaca é o símbolo da paz.  Val máis o que siñifica unha vaca que o que simboliza un león rampante. Xa o dixo un dos nosos economistas: "O albre xenealóxico dunha vaca de leite é máis útil que o albre xenealóxico dun aristócrata”.  A vaca esquenceuse dos cornos e danos o seu traballo, o seu leite, a súa carne, o seu coiro e a carne e o coiro dos seus fillos. No-nos pode dar máis.  O can será o amparo dos ricos, que defende a propiedade do amo e ladra ós probes que van polos camiños. En troques a vaca é o amparo dos probes libres.  Os concursos de vacas leiteiras valen máis que os "concursos de belleza". A nosa vaca ten o pesebre en Galiza e os tetos en Madrid. E o que non lle da de comer a unha vaca non ten dereito a muxila.  As "señoritas" que choran pola morte dun can ridículo non comprenden a door dunha familia labrega cando se lle rnorre unha vaca.  Se non fose polo leite das vacas a piolleira das cidades morreríase desnutrida. A vaca é a ama de cría da Humanidade.  O día que seipamos o que val unha vaca, Galiza quedará redimida.     CASTELAO
Á esquerda o taller do artista en Caramoniña, onde se pode ver o tesouro en 1º termo e por detrás Picariña, “as devotiñas” e o busto de Lino Silva.  Abaixo diploma da 2ª medalla
Homenaxe a Asorey  nas ruínas do Mosteiro de Sobrado dos Monxes en recoñecemento á obtención da 2ª medalla en Madrid polo Tesouro. Xullo de 1924.
19 Obras inauguradas en  1925 , Monumento ao médico Maximino Rodríguez en Mondariz (esq) e Monumento a José Soage en Cangas do Morrazo
[object Object],[object Object]
1926 Presenta dúas obras á EXPOSICIÓN NACIONAL DE BELLAS ARTES de Madrid:  Santa , e  San Francisco . Os franciscanos encárganlle un monumento conmemorativo do VII Centenario da Morte de San Francisco Monumento a García Barbón , en Vigo. Inaugurado polos Reis.
San Francisco, 1º Premio na Exposición Nacional de Bellas Artes
Santa (1926) “ ELEXÍA DE SANTA” Texto motivado por unha anécdota que xurdíu na exposición en Madrid: unha visitante con título nobiliario protestou porque admitiran semellante escultura. Esa marquesa asustose de verte na Exposición amosando o teu corpo tal como é, sen suaves blanduras, nin lisuras de cromo... sen a desnudez convencional dos pintores de bonecas decorativas... Pero ti, Santa, eres unha muller de carne e oso, unha verdadeira muller, sen redondeces ebúrneas nin abandonos voluptuosos. Eres unha muller na que a natureza foi descobrindo, ó mesmo tempo que as formas peculiares da feminidade, o desgaste do traballo e o sulco da fatiga; na que a pegada do labor campesiño de cada día foi pondo asperezas na túa pel e durezas nos teus músculos. Non, ti non eres unha muller pintada, unha figura de muller fraguada por unha imaxinación erótica, un muller que afoga o seu tedio xunto á estufa ou sobre o diván...  Ti eres, Santa, o corazón, a inocencia e o esforzo, ti eres a tenrura que se sublima no sofrimento e o amor que fecunda a árbore da vida. E levas sobre ti, coma un símbolo, un xugo; un xugo, ¡que é teu compañeiro case desde o berce e que parece ser o símbolo destes tempos!... Roberto Blanco Torres. Vigo 1926
1927   Monumento funerario do Cardeal Martín de Herrera  no Colexio das Orfas de Santiago.
Nos anos  1926 e 1927  colabora coa CERÁMICA CELTA de Pontecesures con modelos para reproducir en distintos tamaños:  O Tesouro  (vendéronse en Cuba 10.000 exemplares);  Pórtico da Gloria; Naiciña, Castelao.  Mais adiante fará:  Rezos de beatas; Maternidade; Coengos; Sobriña.
n A fama de Asorey consolídase e o encargo de  obras de gran tamaño obrígao a deixar o pequeño taller de Caramoniña para o novo obradoiro de Santa Clara, xunto a este convento de monxas santiagués. Empeza a época dos grandes monumentos. Monumento a Cuba no Parque do Retiro de Madrid feito  xunto cos escultores Mariano Benlliure, Miguel Blay e Juan Cristobal. Asorey fai a figura de Colón (1930).
Monumento a San Francisco inaugurado en  1930 , fronte ao Convento dos franciscanos en Santiago
San Xosé de Gernika . Virxe dos ollos grandes no antigo Sanatorio de Lugo  1930-31
1932  Presenta na Exposición Nacional de Belas Artes a talla  Nai de Dor , hoxe en Bilbao.  Estatua da  Virxe de Tanxil,  en Rianxo. Virxe da Guadalupe. Tanxil, Rianxo. Nai de Dor.
1933  Monumento ao Aviador Loriga  en Lalín.
JOAQUÍN LORIGA TABOADA Lalín 1895, Madrid, 1927. Militar e aviador. Realizou o primeiro voo Madrid-Manila, o primeiro ensaio co autoxiro de La Cierva e a primeira aterraxe dun avión en Galicia. O monumento fíxose cos cartos que os seus paisanos xuntaran para regalarlle un avión, que non foi posible porque morreu nesas datas nun accidente aéreo.
1934  Monumento a Curros Enríquez  inaugurado o día 12 de agosto na Coruña polo presidente da República Alcalá Zamora.  Monumento a Curros
MANUEL CURROS ENRÍQUEZ Celanova 1851, A Habana 1908 Poeta e galegusta. A obra principal está reunida no  Divino Sainete.
ÓS MOZOS ¡Que triste está a aldea, que triste eque sola! A terra sin frutos, a feira sin xente, sin brazos o campo, sin nenos a escola, sin sol o hourizonte, sin fror a semente! A pedra i as nubes a sembra arrasando, agoiran un ano de fame sombría; sin pan os labregos, nin herba pró gando, ¿qué vai a ser deles na crúa invernía? Manadas famentas de lobos montesos baixaron das chouzas na noite calada e postos en ringla, cos ollos acesos, acenan dos probes prá porta pechada... Mociños honrados de sangue bravía, si ó mal dos petrucios non fordes alleos, librádeos da morte, ¡facei montería nos lobos da terra, nos lobos dos ceos! Curros Enríquez
A GUERRA CIVIL E A POSTGUERRA A represión franquista levoulle a Asorey varios amigos coma  o pintor e escenógrafo Camilo Díaz Valiño, pai de Isaac Díaz Pardo. Él mesmo temeu pola súa vida xa que pese a distanciarse dos nacionalistas durante a República, tivera un papel moi destacado como artista das Irmandades da Fala nos anos 20. Trala guerra acomódase á nova situación política por motivos de supervivencia persoal e artística e fará varios encargos para as autoridades franquistas Monumento ao Soldado galego, Cuartel de Atocha, A Coruña, 1940 Monumento aos caídos, Ourense, 1951 Vitoria en bronce do Monumento aos mortos na Guerra de África, 1951
1940  Sagrado Corazón  do Colexio da Enseñanza (Santiago).  O 2 de decembro A Real Academia de Belas Artes de "San Fernando" concédelle o grao de "Membro correspondente".  1942   Estatuas para a Escola Naval de Marín:  Virxe do Carme  e  D. Álvaro de Bazan  Monumento a Cabanelas.   Monumento a Cabanelas (Pontevedra), 1942, MANUEL BARREIRO CABANELAS Coñecido como o Conde Cabanelas. Natural do Covelo. Foi benefactor do seu pobo, protector de artistas e contrubuíu á construción do hospital de Pontevedra.
1944 Inauguración da Piedade  do  Altar da Igrexa do Centro Galego de Bos Aires no Cemiterio da Chacarica
O   28 de abril é nomeado numerario da Academia de Belas Artes da Nosa Sra. do Rosario da Coruña.
1945  Monumento ó Sagrado Corazón  en Cuntis.  Traballa intensamente no ensino:  ESCOLA DE ARTES E OFICIOS ARTÍSTICOS, ESCOLA DO TRABALLO, PROFESOR NA FACULTADE DE MEDICIÑA.
1947  Inaugúrase en Samos o  monumento ao Padre Feijóo  no que traballa desde anos anteriores.  San Cristobo   San Cristobo.  Madrid.
Monumento ao Padre Feijóo en Samos. BENITO JERÓNIMO FEIJOO MONTENEGRO Pereiro de Aguiar 1676, Oviedo 1764. Frade bieito, profesor, ensaista e poeta. A súa obra principal é o  Teatro Crítico  (9 tomos de ensaios sobre as materias máis diversas). No pedestal, inmobre, erguido, surrí bondoso e escoita, compracido noso Padre Feixoo, o mestre aceso pola verdade, alleo ó prexuício que aquí xogou novicio e visteu a cogulla de profeso; o gran galego de visión certeira e pruma sabia, crítica e recoita que aquí atopou repouso na canseira do longo enseño e da esforzada loita. Ramón Cabanillas.  Samos
1948   Presenta a obra  Filliña  na Exposición Nacional de Belas Artes.
1949   Virxe do Desamparados;  para un barrio novo obreiro de Bos Aires.  1950  Busto de Pérez Porto  (Colexio Notarial da Coruña).  Virxe dos Desamparados, perdida Asorey con Gala Murguía de Castro e o alcalde de Padrón, para tratar sobre a realización dun monumento a Rosalía que finalmente non fixo Asorey
1952  Cristo da Igrexa de Santa María de Moiá, Barcelona. V I I  HIJO DEL HOMBRE  Dicen que dicen lenguas sabihondas  que el Cristo de Asorey es Cristo celta,  no semita; gallego soma rubio,  no joven nazareno, galileo.  Quizás. ¿Y qué? Otro tanto convendría  decir de los Profetas y el Apóstol  del Pórtico, saudades y sonrisas  de rústicos galaicos hechos piedra,  perdurable valor sin referencia  de tiempo ni de espacio, allá en su «Gloria».  Viva y excelsa escuela en que el artista  aprendió su lección polícromada.  Aunque no fuera así, Cristo es el Hijo  del Hombre universaI, Hombre arquetípico,  módulo sin confín, raza ni tribu,  módulo del gentiI y del judío. Anaco dun poema de M Rabanal inspirado no  Cristo de Moiá de Asorey.
1953  Retrato do Bispo Blanco Nájera  (Ourense).  Faise en Barcelona unha exposición co Cristo de Moiá. 1956   A Purísima  (A Estrada).  1957   Asunción  do Seminario Menor de Santiago. O 13 de octubro concédenlle o título de Académico de Honra da Real Academia Galega. É proposto polo Claustro da Facultade de Filosofía e Letras de Santiago para o premio JUAN MARCH. Asorey retratado por Felipe Criado
Virxe da Asunción do Seminario Menor de Santiago. 1957.
1958  Monumento ao Alcalde López Pérez , en Lugo.
1960   Proxecto do  monumento a   Luís Otero  para o Estadio de Riazor, A Coruña , que non chegou a realizarse. Traballando na maqueta para o monumento a Luís Otero.
1960 Inaugúrase o Monumento a Ramón Cabanillas  en Cambados . A  ASOREY ¡Ditoso o que se sabe guiar pol-as estrelas! ¡Ditoso ti que nado baixo o feitizo delas atopaches o sendeiro e acertache a voar co corazón a arder, nos beizos un cantar! Cuberto das silveiras e as edras silenzosas, a céltiga roseira morría sin dar rosas. E surdéu “Picariña”. o gomo milagreiro e na mesma ponliña, fillas do mesmo amor, o sol de cada maio puxo unha nova fror, até que o derradeiro, abrindo a Edade de Ouro, frorecéu por enteiro na rosa de “O Tesouro”. ¡Ditoso o que se sabe guiar pol-as estrelas! ¡Ditoso o que no fondo das íntimas arelas encontra a nova Vida e a misteriosa traza dos místicos ensonos da súa enxebre Raza! ¡Bendito ti que soio, na noite escurecida, forxando a chave de ouro dende Mateu perdida, guiado das estrelas, soupeche eternizarte abrindo a Porta-Santa da Catedral do Arte Ramón Cabanillas.  Poesías Ventureiras
Visita a Cambados en 1959 para ultimar os detalles do monumento a Cabanillas .
Traballando no monumento ao astrónomo de Lalín Aller Ulloa
1960  Inaugúrase o  Monumento a Ramón Mª Aller,  en Lalín RAMÓN MARÍA ALLER ULLOA Lalín, 1878-1966 Xesuíta, astrónomo e profesor na Universidade. Creou o observatorio astronómico de Lalín, (o primeiro de Galicia). Un cráter da Lúa leva o seu nome.
Caricaturas de Asorey
Busto de Asorey por Acuña Busto de Asorey por Cao Lata
Asorey ,o seu fillo Xosé e a súa neta, no obradoiro de Eduardo Parrado, discípulo seu.
Imaxes do acto de homenaxe na facultade de Mediciña con motivo da súa xubilación. 1959
1961   Morre o día 2 de xullo cando contaba 72 anos. Estaba a traballar nunha gran réplica de pedra do Tesouro que se atopa na matadeiro de O Porriño. Entérrano o día 4 de xullo no PANTEÓN DE GALEGOS ILUSTRES de SAN DOMINGOS DE BONAVAL, a carón do seu amigo Cabanillas
O 12 de decembro de  1965  Inaugúrase O MONUMENTO A ASOREY en Cambados, réplica en pedra da Naciña feita polo seu alumno  José Cao Lata. A efixie en bronce é do seu amigo e discípulo  Joaquín Gil Armada.
 
 
 
Exposición na igrexa de San Bieito de Fefiñáns con motivo do 25 aniversario da morte de Asorey. 1987.
 
Montaxe: Adela Leiro  e Maribel Iglesias Cambados, 2001/2010

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

Mujeres Creadoras
Mujeres Creadoras Mujeres Creadoras
Mujeres Creadoras Ana Rey
 
Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016Marlou
 
Que é un microrrelato
Que é un microrrelatoQue é un microrrelato
Que é un microrrelatombcentoira
 
Carlos Casares. Letras galegas 2017
Carlos Casares. Letras galegas 2017Carlos Casares. Letras galegas 2017
Carlos Casares. Letras galegas 2017Marlou
 
Caderno para colorear
Caderno para colorearCaderno para colorear
Caderno para colorearcalcetin5
 
Catálogo semana das artes na mariña
Catálogo semana das artes na mariñaCatálogo semana das artes na mariña
Catálogo semana das artes na mariñaMarta Pérez Lage
 
Máis vangardas, traballo de Daniel e Luís
Máis vangardas, traballo de Daniel e LuísMáis vangardas, traballo de Daniel e Luís
Máis vangardas, traballo de Daniel e Luístrafegandoronseis
 
Mergúllate na túa cidade 2
Mergúllate na túa cidade   2Mergúllate na túa cidade   2
Mergúllate na túa cidade 2mmcos
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaMonContos
 
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xeraisLourenço Alvarez Ruiz
 
Unidade 14 Inicios Arte ContemporáNea
Unidade 14 Inicios Arte ContemporáNeaUnidade 14 Inicios Arte ContemporáNea
Unidade 14 Inicios Arte ContemporáNeacamposseijo
 

La actualidad más candente (20)

Mujeres Creadoras
Mujeres Creadoras Mujeres Creadoras
Mujeres Creadoras
 
Cartas de amor
Cartas de amorCartas de amor
Cartas de amor
 
Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016
 
Que é un microrrelato
Que é un microrrelatoQue é un microrrelato
Que é un microrrelato
 
Carlos Casares. Letras galegas 2017
Carlos Casares. Letras galegas 2017Carlos Casares. Letras galegas 2017
Carlos Casares. Letras galegas 2017
 
Caderno para colorear
Caderno para colorearCaderno para colorear
Caderno para colorear
 
Resumen
ResumenResumen
Resumen
 
Catálogo semana das artes na mariña
Catálogo semana das artes na mariñaCatálogo semana das artes na mariña
Catálogo semana das artes na mariña
 
LUÍS SEOANE
LUÍS SEOANELUÍS SEOANE
LUÍS SEOANE
 
Mulleres galegas
Mulleres galegasMulleres galegas
Mulleres galegas
 
Máis vangardas, traballo de Daniel e Luís
Máis vangardas, traballo de Daniel e LuísMáis vangardas, traballo de Daniel e Luís
Máis vangardas, traballo de Daniel e Luís
 
7. A nova narrativa galega
7. A nova narrativa galega7. A nova narrativa galega
7. A nova narrativa galega
 
As Vangardas
As VangardasAs Vangardas
As Vangardas
 
Mergúllate na túa cidade 2
Mergúllate na túa cidade   2Mergúllate na túa cidade   2
Mergúllate na túa cidade 2
 
Mulleres artistas
Mulleres artistasMulleres artistas
Mulleres artistas
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didáctica
 
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
 
Sofia casanova
Sofia casanovaSofia casanova
Sofia casanova
 
Unidade 14 Inicios Arte ContemporáNea
Unidade 14 Inicios Arte ContemporáNeaUnidade 14 Inicios Arte ContemporáNea
Unidade 14 Inicios Arte ContemporáNea
 

Similar a Asoreyadleiro

Actividades para conmemorar o Día de Rosalía. Biblioteca Provincial da Corunha
Actividades para conmemorar o Día de Rosalía. Biblioteca Provincial da CorunhaActividades para conmemorar o Día de Rosalía. Biblioteca Provincial da Corunha
Actividades para conmemorar o Día de Rosalía. Biblioteca Provincial da CorunhaBibliotecadicoruna
 
Casa Museo Rosalía de Castro
Casa Museo Rosalía de CastroCasa Museo Rosalía de Castro
Casa Museo Rosalía de Castroaninha9813
 
Castelao
CastelaoCastelao
CastelaoMarlou
 
Rosalía de castro
Rosalía de castroRosalía de castro
Rosalía de castroVinseiro
 
Amando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
Amando Suárez Couto, artigo por Celia CastroAmando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
Amando Suárez Couto, artigo por Celia CastroAntonio Gregorio Montes
 
Roteiro cultural e literario 2018
Roteiro cultural e literario 2018Roteiro cultural e literario 2018
Roteiro cultural e literario 2018Xenza
 
Roteiro 16
Roteiro 16Roteiro 16
Roteiro 16Xenza
 
Isaac Díaz Pardo, un home bo e xeneroso
Isaac Díaz Pardo, un home bo e xenerosoIsaac Díaz Pardo, un home bo e xeneroso
Isaac Díaz Pardo, un home bo e xenerosobibliotecaelvina08
 
Roteiro Castelao
Roteiro CastelaoRoteiro Castelao
Roteiro Castelaotitoogando
 
Diptico o cotia na arte contemporanea Exposición da RedeMuseistica da Funda...
Diptico   o cotia na arte contemporanea Exposición da RedeMuseistica da Funda...Diptico   o cotia na arte contemporanea Exposición da RedeMuseistica da Funda...
Diptico o cotia na arte contemporanea Exposición da RedeMuseistica da Funda...Encarna Lago
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxAgrela Elvixeo
 
Letras galegas caricaturas pak
Letras galegas  caricaturas pakLetras galegas  caricaturas pak
Letras galegas caricaturas pakEndl Félix Muriel
 

Similar a Asoreyadleiro (20)

Roteiro rosaliano en Compostela
Roteiro rosaliano en CompostelaRoteiro rosaliano en Compostela
Roteiro rosaliano en Compostela
 
Actividades para conmemorar o Día de Rosalía. Biblioteca Provincial da Corunha
Actividades para conmemorar o Día de Rosalía. Biblioteca Provincial da CorunhaActividades para conmemorar o Día de Rosalía. Biblioteca Provincial da Corunha
Actividades para conmemorar o Día de Rosalía. Biblioteca Provincial da Corunha
 
Casa Museo Rosalía de Castro
Casa Museo Rosalía de CastroCasa Museo Rosalía de Castro
Casa Museo Rosalía de Castro
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Rosalía de castro
Rosalía de castroRosalía de castro
Rosalía de castro
 
Amando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
Amando Suárez Couto, artigo por Celia CastroAmando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
Amando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
 
1. a poesía das irmandades da fala
1. a poesía das irmandades da fala1. a poesía das irmandades da fala
1. a poesía das irmandades da fala
 
Roteiro cultural e literario 2018
Roteiro cultural e literario 2018Roteiro cultural e literario 2018
Roteiro cultural e literario 2018
 
Roteiro 16
Roteiro 16Roteiro 16
Roteiro 16
 
Díaz Pardo1
Díaz Pardo1Díaz Pardo1
Díaz Pardo1
 
Rosalía de Castro
Rosalía de CastroRosalía de Castro
Rosalía de Castro
 
Isaac Díaz Pardo, un home bo e xeneroso
Isaac Díaz Pardo, un home bo e xenerosoIsaac Díaz Pardo, un home bo e xeneroso
Isaac Díaz Pardo, un home bo e xeneroso
 
Roteiro Castelao
Roteiro CastelaoRoteiro Castelao
Roteiro Castelao
 
Vicente risco
Vicente riscoVicente risco
Vicente risco
 
Diptico o cotia na arte contemporanea Exposición da RedeMuseistica da Funda...
Diptico   o cotia na arte contemporanea Exposición da RedeMuseistica da Funda...Diptico   o cotia na arte contemporanea Exposición da RedeMuseistica da Funda...
Diptico o cotia na arte contemporanea Exposición da RedeMuseistica da Funda...
 
Rosalía de castro
Rosalía de castroRosalía de castro
Rosalía de castro
 
Areal nº 6
Areal nº 6Areal nº 6
Areal nº 6
 
Ramón Cabanillas
Ramón CabanillasRamón Cabanillas
Ramón Cabanillas
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
 
Letras galegas caricaturas pak
Letras galegas  caricaturas pakLetras galegas  caricaturas pak
Letras galegas caricaturas pak
 

Más de mariasorey

Modelado e valeirado dunha escultura
Modelado e valeirado dunha esculturaModelado e valeirado dunha escultura
Modelado e valeirado dunha esculturamariasorey
 
Torre de San Sadurniño
Torre de San SadurniñoTorre de San Sadurniño
Torre de San Sadurniñomariasorey
 
Unha guía de cambados plurilingüe (2)
Unha guía de cambados plurilingüe (2)Unha guía de cambados plurilingüe (2)
Unha guía de cambados plurilingüe (2)mariasorey
 
Expohomenaxe iesasorey2
Expohomenaxe iesasorey2Expohomenaxe iesasorey2
Expohomenaxe iesasorey2mariasorey
 
exposición Asorey escolas de Cambados
exposición Asorey escolas de Cambadosexposición Asorey escolas de Cambados
exposición Asorey escolas de Cambadosmariasorey
 
Arte contemporánea
Arte contemporáneaArte contemporánea
Arte contemporáneamariasorey
 
Colonialism and colonies
Colonialism and coloniesColonialism and colonies
Colonialism and coloniesmariasorey
 
Labour movement
Labour movementLabour movement
Labour movementmariasorey
 
60 aniversario da declaración universal dos dereitos humanos
60 aniversario da declaración universal dos dereitos humanos60 aniversario da declaración universal dos dereitos humanos
60 aniversario da declaración universal dos dereitos humanosmariasorey
 
World climates
World climatesWorld climates
World climatesmariasorey
 
O relevo da península ibérica
O relevo da península ibéricaO relevo da península ibérica
O relevo da península ibéricamariasorey
 
Ramón Cabanillas
Ramón CabanillasRamón Cabanillas
Ramón Cabanillasmariasorey
 
Europa cerrada
Europa cerradaEuropa cerrada
Europa cerradamariasorey
 
America 12 de octubre
America 12 de octubreAmerica 12 de octubre
America 12 de octubremariasorey
 
The Industrial Revolution
The Industrial RevolutionThe Industrial Revolution
The Industrial Revolutionmariasorey
 
Week camp Asorey Llanes
Week camp Asorey LlanesWeek camp Asorey Llanes
Week camp Asorey Llanesmariasorey
 
Cabanillas a natureza
Cabanillas a naturezaCabanillas a natureza
Cabanillas a naturezamariasorey
 

Más de mariasorey (20)

Modelado e valeirado dunha escultura
Modelado e valeirado dunha esculturaModelado e valeirado dunha escultura
Modelado e valeirado dunha escultura
 
Torre de San Sadurniño
Torre de San SadurniñoTorre de San Sadurniño
Torre de San Sadurniño
 
Unha guía de cambados plurilingüe (2)
Unha guía de cambados plurilingüe (2)Unha guía de cambados plurilingüe (2)
Unha guía de cambados plurilingüe (2)
 
Cadiz 1812
Cadiz 1812Cadiz 1812
Cadiz 1812
 
Expohomenaxe iesasorey2
Expohomenaxe iesasorey2Expohomenaxe iesasorey2
Expohomenaxe iesasorey2
 
exposición Asorey escolas de Cambados
exposición Asorey escolas de Cambadosexposición Asorey escolas de Cambados
exposición Asorey escolas de Cambados
 
Arte contemporánea
Arte contemporáneaArte contemporánea
Arte contemporánea
 
Colonialism and colonies
Colonialism and coloniesColonialism and colonies
Colonialism and colonies
 
Locomotora(2)
Locomotora(2)Locomotora(2)
Locomotora(2)
 
Labour movement
Labour movementLabour movement
Labour movement
 
Agua
AguaAgua
Agua
 
60 aniversario da declaración universal dos dereitos humanos
60 aniversario da declaración universal dos dereitos humanos60 aniversario da declaración universal dos dereitos humanos
60 aniversario da declaración universal dos dereitos humanos
 
World climates
World climatesWorld climates
World climates
 
O relevo da península ibérica
O relevo da península ibéricaO relevo da península ibérica
O relevo da península ibérica
 
Ramón Cabanillas
Ramón CabanillasRamón Cabanillas
Ramón Cabanillas
 
Europa cerrada
Europa cerradaEuropa cerrada
Europa cerrada
 
America 12 de octubre
America 12 de octubreAmerica 12 de octubre
America 12 de octubre
 
The Industrial Revolution
The Industrial RevolutionThe Industrial Revolution
The Industrial Revolution
 
Week camp Asorey Llanes
Week camp Asorey LlanesWeek camp Asorey Llanes
Week camp Asorey Llanes
 
Cabanillas a natureza
Cabanillas a naturezaCabanillas a natureza
Cabanillas a natureza
 

Asoreyadleiro

  • 2. Naceu en Cambados o 4 de marzo de 1889, nunha casa da rúa do Sol (hoxe Praza de Asorey). Fillo de D. Antonio Asorey Rey (oriundo da Coruña) e Dona Elisa González (de Fefiñáns), comerciantes procedentes de Bos Aires.
  • 3. Estudou no Colexio Salesiano de Sarriá (Barcelona) desde os 14 aos 17 anos, acadando premios nos cursos 1904-5 e 1905-6. A partir do segundo mes de estancia no colexio costea os propios gastos facendo traballos de escultura. “ ... foi unha cousa instintiva, en vez de ir á escola pasábame as horas no campo facendo santos cunha navalla...” Francisco Asorey
  • 4. Entre 1906 e 1909 traballa como profesor de debuxo e segue estudios no Colexio Salesiano de Barakaldo. Monta tamén un taller de imaxinería con Julio Beobide e Juan Guraya onde traballan fundamentalmente obras relixiosas como O Calvario que conserva aínda o Colexio . Participa no Certame do Traballo coa obra Romeiros Vascos. Participa na EXPOSICIÓN NACIONAL DE SANTIAGO coa obra A Viúva do pescador (2º premio). Entre 1909 e 1917 vive en Madrid, onde fai o servizo militar e coñece a varios artistas cos que fai amizade, o cordobés Julio Romero de Torres, co que comparte pensión ou os galegos Lloréns, Soutomaior e Juan Luis. Gaña a vida facendo reproduccións e encargos: bustos de D. Jaime de Borbón, D. Antonio Maura, D. Alejandro Mon ... E empeza a ser coñecido entre a alta sociedade madrileña. Retrato en 1916
  • 6. 1913: Exposición conxunta co pintor Juan Luis e coa colaboración do Centro Galego de Madrid. 1914 Obras: Busto do pintor Juan Luis, e do crítico e amigo José Francés 1916 Lápidas dos Bugallal en Ponteareas. Presenta no SALÓN DOS HUMORISTAS DE MADRID as obras Volta do enterro e Cabaleiros negros. Fai a medalla conmemorativa de D. Marcelo Macías. Volta do enterro
  • 7. O lugar, Compostela. Media tarde a hora... Dobran lentas campás, baixo o ceo medroso... un presaxio de chuvia no aire brumoso... Cruzan varios canónigos –o andar lento e vago-, portan todos ó peito vermella cruz de Santiago. Media tarde a hora. O lugar, Compostela. Xavier Bóveda. Cabaleiros negros. “ De los pazos gallegos”, versos de miedo y de superstición. Ourense 1922, p37 Cabaleiros Negros, 1915
  • 8. EXPOSICIÓN DE ARTE GALEGA NA CORUÑA, 1917. Neste número do xornal A Nosa Terra aparece o poema dedicado a Asorey, do escritor Eladio Rodríguez. Cita nel as obras que o autor debeu ver na exposición da Coruña como Deseo, O Campo, Cabaleiros, ou Rezos de Beatas e xa fala “do escultor da raza nosa”.
  • 9.
  • 10. 1918 O 31 de maio gaña a oposición para escultor anatómico da Facultade de Mediciña. Instálase definitivamente en Santiago de Compostela. Rezo de Beatas ou “Devotiñas”(1918 )
  • 11. 1919 Casa con Jesusa Ferreiro. Monta un taller de escultura en Santiago. Asorey diante do novo taller de Caramoniña Jesusa Ferreiro
  • 12. 1920 Primeiras obras saídas do taller de Caramoniña, perto do Convento de S. Domingos de Bonaval. Picariña . Escultura en madeira policromada (perdida). Monumento funerario da familia Gil no cimeterio de Vigo .
  • 13. Fotografía aparecida en Vida gallega en 1920, trátase do boceto, para o busto do famoso violinista Manuel Quiroga. O busto en pedra fíxose posteriormente e non se colocou nun monumento ata 1949, en Pontevedra .
  • 14. Naiciña (1922), escultura en madeira policromada hoxe en paradeiro descoñecido (posiblemente na Arxentina). Presentouna Asorey á Exposición Nacional de Belas Artes de Madrid, onde foi moi admirada e para escándalo xeneral só foi premiada cunha bolsa de estudos apara o autor. En desagravio a intelectualidade galega organiza un gran xantar de homenaxe en Cambados .
  • 15. Debeuse a organización do xantar-homenaxe aos cambadeses e amigos de Asorey: Cabanillas, Antonio Magariños e Isidoro Millán. E participou a totalidade da intelectualidade galega do momento, especialmente os nacionalistas. O xornal vigués Galicia, dá a seguinte crónica do acto: “ El banquete se celebró en el castañar de uno de los pazos señoriales de la hidalga villa marinera. Sirviendo de fondo a la cabacera de la mesa, se extendía un gran tapiz con el escudo de Galicia bordado en terciopelo rojo. Todos los comensales llevaban prendida en la solapa una banderita con los colores de la enseña gallega. En la presidencia, se sentaron, con Asorey, el senador por la Universidad, Sr. Gil Casares; el diputado por el distrito, Sr. González Garra; el exgobernador de Barcelona, Sr. Portela Valladares; el jefe del nacionalismo gallego, D. Vicente Risco y representaciones de los ayuntamientos de Compostela y Cambados. Los restantes comensales, hasta un número de 115, se acomodaron en dos largas mesas, artísticamente decoradas”.
  • 16. 1923 Expón a Ofrenda a San Ramón no SALÓN DO OUTONO de Madrid. Emprega Asorey nesta obra por vez primeira a policromía directa sobre a madeira, innovación que revoluciona a imaxinería tradicional. A Ofrenda a S. Ramón xunto con Picariña e Naiciña e as que virán máis tarde: O Tesouro e Santa dan forma escultórica aos ideais nacionalistas das Irmandades da Fala e teñen en común a representación de mulleres (símbolo de Galicia) con traxes galegos, mostrando costumes galegas e denunciando ao tempo a situación da “Terra Asoballada”. Asorey é “O escultor da Raza”
  • 17. Outras obras de 1923-24 : Monumento funerario de Dona Dolores Santamarina na capela do Asilo de Ourense. Busto de D. Lino Torre para a biblioteca América, en Santiago. Lápida de Carracido para a Facultade de Farmacia (Santiago). Monumento funerario de Dona Dolores Santamarina
  • 18. 1924 Presenta O Tesouro na EXPOSICIÓN NACIONAL DE BELAS ARTES de Madrid e recibe a 2ª medalla, tamén con grandes protestas por non levar a 1ª. Cómpraa o dono do xornal ABC, Torcuato Luca de Tena polo dobre do valor do premio. O Tesouro
  • 19.  
  • 20. A VACA A vaca é o símbolo da paz. Val máis o que siñifica unha vaca que o que simboliza un león rampante. Xa o dixo un dos nosos economistas: "O albre xenealóxico dunha vaca de leite é máis útil que o albre xenealóxico dun aristócrata”. A vaca esquenceuse dos cornos e danos o seu traballo, o seu leite, a súa carne, o seu coiro e a carne e o coiro dos seus fillos. No-nos pode dar máis. O can será o amparo dos ricos, que defende a propiedade do amo e ladra ós probes que van polos camiños. En troques a vaca é o amparo dos probes libres. Os concursos de vacas leiteiras valen máis que os "concursos de belleza". A nosa vaca ten o pesebre en Galiza e os tetos en Madrid. E o que non lle da de comer a unha vaca non ten dereito a muxila. As "señoritas" que choran pola morte dun can ridículo non comprenden a door dunha familia labrega cando se lle rnorre unha vaca. Se non fose polo leite das vacas a piolleira das cidades morreríase desnutrida. A vaca é a ama de cría da Humanidade. O día que seipamos o que val unha vaca, Galiza quedará redimida. CASTELAO
  • 21. Á esquerda o taller do artista en Caramoniña, onde se pode ver o tesouro en 1º termo e por detrás Picariña, “as devotiñas” e o busto de Lino Silva. Abaixo diploma da 2ª medalla
  • 22. Homenaxe a Asorey nas ruínas do Mosteiro de Sobrado dos Monxes en recoñecemento á obtención da 2ª medalla en Madrid polo Tesouro. Xullo de 1924.
  • 23. 19 Obras inauguradas en 1925 , Monumento ao médico Maximino Rodríguez en Mondariz (esq) e Monumento a José Soage en Cangas do Morrazo
  • 24.
  • 25. 1926 Presenta dúas obras á EXPOSICIÓN NACIONAL DE BELLAS ARTES de Madrid: Santa , e San Francisco . Os franciscanos encárganlle un monumento conmemorativo do VII Centenario da Morte de San Francisco Monumento a García Barbón , en Vigo. Inaugurado polos Reis.
  • 26. San Francisco, 1º Premio na Exposición Nacional de Bellas Artes
  • 27. Santa (1926) “ ELEXÍA DE SANTA” Texto motivado por unha anécdota que xurdíu na exposición en Madrid: unha visitante con título nobiliario protestou porque admitiran semellante escultura. Esa marquesa asustose de verte na Exposición amosando o teu corpo tal como é, sen suaves blanduras, nin lisuras de cromo... sen a desnudez convencional dos pintores de bonecas decorativas... Pero ti, Santa, eres unha muller de carne e oso, unha verdadeira muller, sen redondeces ebúrneas nin abandonos voluptuosos. Eres unha muller na que a natureza foi descobrindo, ó mesmo tempo que as formas peculiares da feminidade, o desgaste do traballo e o sulco da fatiga; na que a pegada do labor campesiño de cada día foi pondo asperezas na túa pel e durezas nos teus músculos. Non, ti non eres unha muller pintada, unha figura de muller fraguada por unha imaxinación erótica, un muller que afoga o seu tedio xunto á estufa ou sobre o diván... Ti eres, Santa, o corazón, a inocencia e o esforzo, ti eres a tenrura que se sublima no sofrimento e o amor que fecunda a árbore da vida. E levas sobre ti, coma un símbolo, un xugo; un xugo, ¡que é teu compañeiro case desde o berce e que parece ser o símbolo destes tempos!... Roberto Blanco Torres. Vigo 1926
  • 28. 1927 Monumento funerario do Cardeal Martín de Herrera no Colexio das Orfas de Santiago.
  • 29. Nos anos 1926 e 1927 colabora coa CERÁMICA CELTA de Pontecesures con modelos para reproducir en distintos tamaños: O Tesouro (vendéronse en Cuba 10.000 exemplares); Pórtico da Gloria; Naiciña, Castelao. Mais adiante fará: Rezos de beatas; Maternidade; Coengos; Sobriña.
  • 30. n A fama de Asorey consolídase e o encargo de obras de gran tamaño obrígao a deixar o pequeño taller de Caramoniña para o novo obradoiro de Santa Clara, xunto a este convento de monxas santiagués. Empeza a época dos grandes monumentos. Monumento a Cuba no Parque do Retiro de Madrid feito xunto cos escultores Mariano Benlliure, Miguel Blay e Juan Cristobal. Asorey fai a figura de Colón (1930).
  • 31. Monumento a San Francisco inaugurado en 1930 , fronte ao Convento dos franciscanos en Santiago
  • 32. San Xosé de Gernika . Virxe dos ollos grandes no antigo Sanatorio de Lugo 1930-31
  • 33. 1932 Presenta na Exposición Nacional de Belas Artes a talla Nai de Dor , hoxe en Bilbao. Estatua da Virxe de Tanxil, en Rianxo. Virxe da Guadalupe. Tanxil, Rianxo. Nai de Dor.
  • 34. 1933 Monumento ao Aviador Loriga en Lalín.
  • 35. JOAQUÍN LORIGA TABOADA Lalín 1895, Madrid, 1927. Militar e aviador. Realizou o primeiro voo Madrid-Manila, o primeiro ensaio co autoxiro de La Cierva e a primeira aterraxe dun avión en Galicia. O monumento fíxose cos cartos que os seus paisanos xuntaran para regalarlle un avión, que non foi posible porque morreu nesas datas nun accidente aéreo.
  • 36. 1934 Monumento a Curros Enríquez inaugurado o día 12 de agosto na Coruña polo presidente da República Alcalá Zamora. Monumento a Curros
  • 37. MANUEL CURROS ENRÍQUEZ Celanova 1851, A Habana 1908 Poeta e galegusta. A obra principal está reunida no Divino Sainete.
  • 38. ÓS MOZOS ¡Que triste está a aldea, que triste eque sola! A terra sin frutos, a feira sin xente, sin brazos o campo, sin nenos a escola, sin sol o hourizonte, sin fror a semente! A pedra i as nubes a sembra arrasando, agoiran un ano de fame sombría; sin pan os labregos, nin herba pró gando, ¿qué vai a ser deles na crúa invernía? Manadas famentas de lobos montesos baixaron das chouzas na noite calada e postos en ringla, cos ollos acesos, acenan dos probes prá porta pechada... Mociños honrados de sangue bravía, si ó mal dos petrucios non fordes alleos, librádeos da morte, ¡facei montería nos lobos da terra, nos lobos dos ceos! Curros Enríquez
  • 39. A GUERRA CIVIL E A POSTGUERRA A represión franquista levoulle a Asorey varios amigos coma o pintor e escenógrafo Camilo Díaz Valiño, pai de Isaac Díaz Pardo. Él mesmo temeu pola súa vida xa que pese a distanciarse dos nacionalistas durante a República, tivera un papel moi destacado como artista das Irmandades da Fala nos anos 20. Trala guerra acomódase á nova situación política por motivos de supervivencia persoal e artística e fará varios encargos para as autoridades franquistas Monumento ao Soldado galego, Cuartel de Atocha, A Coruña, 1940 Monumento aos caídos, Ourense, 1951 Vitoria en bronce do Monumento aos mortos na Guerra de África, 1951
  • 40. 1940 Sagrado Corazón do Colexio da Enseñanza (Santiago). O 2 de decembro A Real Academia de Belas Artes de "San Fernando" concédelle o grao de "Membro correspondente". 1942 Estatuas para a Escola Naval de Marín: Virxe do Carme e D. Álvaro de Bazan Monumento a Cabanelas. Monumento a Cabanelas (Pontevedra), 1942, MANUEL BARREIRO CABANELAS Coñecido como o Conde Cabanelas. Natural do Covelo. Foi benefactor do seu pobo, protector de artistas e contrubuíu á construción do hospital de Pontevedra.
  • 41. 1944 Inauguración da Piedade do Altar da Igrexa do Centro Galego de Bos Aires no Cemiterio da Chacarica
  • 42. O 28 de abril é nomeado numerario da Academia de Belas Artes da Nosa Sra. do Rosario da Coruña.
  • 43. 1945 Monumento ó Sagrado Corazón en Cuntis. Traballa intensamente no ensino: ESCOLA DE ARTES E OFICIOS ARTÍSTICOS, ESCOLA DO TRABALLO, PROFESOR NA FACULTADE DE MEDICIÑA.
  • 44. 1947 Inaugúrase en Samos o monumento ao Padre Feijóo no que traballa desde anos anteriores. San Cristobo San Cristobo. Madrid.
  • 45. Monumento ao Padre Feijóo en Samos. BENITO JERÓNIMO FEIJOO MONTENEGRO Pereiro de Aguiar 1676, Oviedo 1764. Frade bieito, profesor, ensaista e poeta. A súa obra principal é o Teatro Crítico (9 tomos de ensaios sobre as materias máis diversas). No pedestal, inmobre, erguido, surrí bondoso e escoita, compracido noso Padre Feixoo, o mestre aceso pola verdade, alleo ó prexuício que aquí xogou novicio e visteu a cogulla de profeso; o gran galego de visión certeira e pruma sabia, crítica e recoita que aquí atopou repouso na canseira do longo enseño e da esforzada loita. Ramón Cabanillas. Samos
  • 46. 1948 Presenta a obra Filliña na Exposición Nacional de Belas Artes.
  • 47. 1949 Virxe do Desamparados; para un barrio novo obreiro de Bos Aires. 1950 Busto de Pérez Porto (Colexio Notarial da Coruña). Virxe dos Desamparados, perdida Asorey con Gala Murguía de Castro e o alcalde de Padrón, para tratar sobre a realización dun monumento a Rosalía que finalmente non fixo Asorey
  • 48. 1952 Cristo da Igrexa de Santa María de Moiá, Barcelona. V I I HIJO DEL HOMBRE Dicen que dicen lenguas sabihondas que el Cristo de Asorey es Cristo celta, no semita; gallego soma rubio, no joven nazareno, galileo. Quizás. ¿Y qué? Otro tanto convendría decir de los Profetas y el Apóstol del Pórtico, saudades y sonrisas de rústicos galaicos hechos piedra, perdurable valor sin referencia de tiempo ni de espacio, allá en su «Gloria». Viva y excelsa escuela en que el artista aprendió su lección polícromada. Aunque no fuera así, Cristo es el Hijo del Hombre universaI, Hombre arquetípico, módulo sin confín, raza ni tribu, módulo del gentiI y del judío. Anaco dun poema de M Rabanal inspirado no Cristo de Moiá de Asorey.
  • 49. 1953 Retrato do Bispo Blanco Nájera (Ourense). Faise en Barcelona unha exposición co Cristo de Moiá. 1956 A Purísima (A Estrada). 1957 Asunción do Seminario Menor de Santiago. O 13 de octubro concédenlle o título de Académico de Honra da Real Academia Galega. É proposto polo Claustro da Facultade de Filosofía e Letras de Santiago para o premio JUAN MARCH. Asorey retratado por Felipe Criado
  • 50. Virxe da Asunción do Seminario Menor de Santiago. 1957.
  • 51. 1958 Monumento ao Alcalde López Pérez , en Lugo.
  • 52. 1960 Proxecto do monumento a Luís Otero para o Estadio de Riazor, A Coruña , que non chegou a realizarse. Traballando na maqueta para o monumento a Luís Otero.
  • 53. 1960 Inaugúrase o Monumento a Ramón Cabanillas en Cambados . A ASOREY ¡Ditoso o que se sabe guiar pol-as estrelas! ¡Ditoso ti que nado baixo o feitizo delas atopaches o sendeiro e acertache a voar co corazón a arder, nos beizos un cantar! Cuberto das silveiras e as edras silenzosas, a céltiga roseira morría sin dar rosas. E surdéu “Picariña”. o gomo milagreiro e na mesma ponliña, fillas do mesmo amor, o sol de cada maio puxo unha nova fror, até que o derradeiro, abrindo a Edade de Ouro, frorecéu por enteiro na rosa de “O Tesouro”. ¡Ditoso o que se sabe guiar pol-as estrelas! ¡Ditoso o que no fondo das íntimas arelas encontra a nova Vida e a misteriosa traza dos místicos ensonos da súa enxebre Raza! ¡Bendito ti que soio, na noite escurecida, forxando a chave de ouro dende Mateu perdida, guiado das estrelas, soupeche eternizarte abrindo a Porta-Santa da Catedral do Arte Ramón Cabanillas. Poesías Ventureiras
  • 54. Visita a Cambados en 1959 para ultimar os detalles do monumento a Cabanillas .
  • 55. Traballando no monumento ao astrónomo de Lalín Aller Ulloa
  • 56. 1960 Inaugúrase o Monumento a Ramón Mª Aller, en Lalín RAMÓN MARÍA ALLER ULLOA Lalín, 1878-1966 Xesuíta, astrónomo e profesor na Universidade. Creou o observatorio astronómico de Lalín, (o primeiro de Galicia). Un cráter da Lúa leva o seu nome.
  • 58. Busto de Asorey por Acuña Busto de Asorey por Cao Lata
  • 59. Asorey ,o seu fillo Xosé e a súa neta, no obradoiro de Eduardo Parrado, discípulo seu.
  • 60. Imaxes do acto de homenaxe na facultade de Mediciña con motivo da súa xubilación. 1959
  • 61. 1961 Morre o día 2 de xullo cando contaba 72 anos. Estaba a traballar nunha gran réplica de pedra do Tesouro que se atopa na matadeiro de O Porriño. Entérrano o día 4 de xullo no PANTEÓN DE GALEGOS ILUSTRES de SAN DOMINGOS DE BONAVAL, a carón do seu amigo Cabanillas
  • 62. O 12 de decembro de 1965 Inaugúrase O MONUMENTO A ASOREY en Cambados, réplica en pedra da Naciña feita polo seu alumno José Cao Lata. A efixie en bronce é do seu amigo e discípulo Joaquín Gil Armada.
  • 63.  
  • 64.  
  • 65.  
  • 66. Exposición na igrexa de San Bieito de Fefiñáns con motivo do 25 aniversario da morte de Asorey. 1987.
  • 67.  
  • 68. Montaxe: Adela Leiro e Maribel Iglesias Cambados, 2001/2010